T 11- a utilización do alimento

Post on 08-Feb-2017

14 views 4 download

Transcript of T 11- a utilización do alimento

T-11: A UTILIZACIÓN DO ALIMENTO

Unha vez nas células, os nutrintes son utilizados para, a través das reaccións do

catabolismo celular, producir enerxía, que se almacena en forma de ATP.

Como resultado das reaccións catabólicas prodúcense ademáis sustancias de

excreción: H2O, CO

2 e compostos nitroxenados (NH

3...), que hai que eliminar.

PARA QUE EMPREGAMOS A ENERXÍA?Os animais:

- contracción muscular

- transmitir impulsos nerviosos

- transporte de sustancias

- regulación da temperatura corporal

Os vexetais:

- absorción dos sales minerais por transporte activo

- apertura e peche dos estomas

- transporte de nutrientes

O INTERCAMBIO DE GASES

A superficie de intercambio respiratoria debe ser:

- delgada, para favorecer a difusión

- húmida

- moi vascularizada (maior superficie de contacto)

SISTEMAS RESPIRATORIOS- animais acuáticos sinxelos (poríferos, cnidarios, platelmintos): sen estructuras

especializadas: difusión directa

- animais máis complexos: respiración cutánea, traqueal, branquial, pulmonar

RESPIRACIÓN CUTÁNEA

- en animais acuáticos ou de ambientes húmidos: moluscos, anélidos, anfibios

- intercambio de gases a través da superficie corporal (pel delgada e húmida, con

abundancia de capilares sanguíneos)

- animais de pequeño tamaño, con taxas metabólicas baixas (necesidades de O2

baixas)

RESPIRACIÓN TRAQUEAL

- en insectos e artrópodos terrestres

- o aire é transportado ata todas as células do corpo a través de conductos chamados

traqueas, revestidas de quitina e abertas ao exterior por un espiráculo.

- a ventilación consíguese por movementos das paredes corporais ou das traqueas.

Nos insectos voadores: sacos aéreos

RESPIRACIÓN BRANQUIAL

- animais de medios acuáticos (baixa concentración de osíxeno: anélidos,

moluscos acuáticos, crustáceos, peixes e larvas de anfibios e insectos.

- branquias: prolongacións da superficie corporal altamente vascularizadas,

que poden ter forma filamentosa, laminar ou arborescente.

- poden ser externas, máis vulnerables (anélidos, crustáceos, larvas) ou

internas (moluscos, crustáceos e peixes)

O Axolote, Ambystoma mexicanum: un anfibio con branquias externas

O INTERCAMBIO CONTRACORRENTE

A auga circula en dirección contraria á

do sangue, de xeito que as diferenzas

de concentración entre a auga e o

sangue sexan máximas.

VENTILACIÓN BRANQUIAL

- en peixes cartilaxinosos: non hai mecanismos de ventilación, polo que necesitan

moverse continuamente. O aire penetra polos espiráculos e sae polas cinco fendas

branquiais aos lados da cabeza.

- en peixes óseos: branquias cubertas por un opérculo, que a través dos seus

movementos renova a auga, que entra pola boca e sae polas fendas branquiais.

RESPIRACIÓN PULMONAR

- en anfibios, réptiles, aves e mamíferos (e nalgúns invertebrados como o caracol!)

- pulmóns: cavidades internas con paredes finas e moi vascularizadas;

comunicados co exterior polas vías respiratorias (fosas nasais, farinxe, larinxe,

traquea e bronquios)

- evolución dos pulmóns nos vertebrados:

- incremento da superficie de intercambio

- adquisición de mecanismos de ventilación

- mellora da circulación pulmonar

AS PLANTAS TAMÉN RESPIRAN!!

...pero non precisan dun aparato respiratorio.

- necesidades de O2 máis baixas que os animais

- proximidade ao exterior da maioría das células

- numerosos espacios intercelulares que facilitan a difusión de gases

ESTOMAS e LENTICELAS

- Día: Fotosíntese + Respiración Celular ----> libérase máis osíxeno do que se consume

- Noite: Respiración Celular ----> consúmese O2 e libérase CO

2

A EXCRECIÓN NOS ANIMAIS

- eliminación de productos do metabolismo das células

- nos animais pluricelulares, o Sistema Excretor participa tamén na homeostase:

regula o volume dos líquidos e mantén a composición do medio interno.

AMONIOTÉLICOS UREOTÉLICOS

URICOTÉLICOS

EXCRECIÓN NOS INVERTEBRADOS- Esponxas e celentéreos: difusión

- Platelmintos: PROTONEFRIDIOS- Tubos moi ramificados

rematados en células ciliadas

(células flamíxeras) ou flaxeladas

(solenocitos).

- O movemento de cilios e flaxelos

provoca a eliminación dos

productos de refugallo.

Anélidos e moluscos: METANEFRIDIOS:

- Tubo enrolado, rodeado de capilares, con unha abertura externa

(NEFRIDIOPORO), pola que se expulsan os refugallos, e unha abertura interna ao

celoma (NEFROSTOMA)

- Reabsorción dos compostos útiles no interior do metanefridio.

Insectos: TÚBULOS DE MALPIGHI:

- pequenos tubos pechados por un extremo e abertos polo outro ao aparato dixestivo.

- os refugallos expúlsanse polo ano; a auga e os solutos recupéranse no intestino

Crustáceos: GLÁNDULAS VERDES O GLÁNDULAS ANTENAIS:

- na base das antenas dos crustáceos

- saco cego (recolle os refugallos), túbulo (reabsorción) e vexiga por onde se

eliminan as sustancias a través do nefridioporo.

A EXCRECIÓN EN VERTEBRADOS:A) APARATO URINARIO

A EXCRECIÓN EN VERTEBRADOS:A) APARATO URINARIO

C) FÍGADOB) PULMÓNS

D) GLÁNDULAS SUDORÍPARAS

A GLÁNDULA DO SAL

A FORMACIÓN DA ORINA

2º) Reabsorción Tubular

1º) Filtración

Glomerular

3º) Secreción

K+

H+

EXCRECIÓN NOS VEXETAIS- Ausencia de estructuras excretoras especializadas

- Menor taxa metabólica, e reutilización no anabolismo dalgunhas das sustancias:

menor producción de sustancias de excreción

- Almacenamento en vacuolas ou en espazos intercelulares