Post on 18-May-2015
TEMA 4. ACTIVIDADES E ESPAZOS INDUSTRIAIS EN
TRANSFORMACIÓN
AS REVOLUCIÓNS INDUSTRIAIS
PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIALFronte á tradición de obter os produtos de maneira
artesanal, a través de obradoiros, a finais do século XVIII iniciouse en Gran Bretaña a Primeira Revolución Industrial.
¿Por qué lugares se estendeu? Polo noroeste de Europa, Estados Unidos e Xapón.
Principais innovacións técnicas:O uso do carbón como principal fonte de enerxía.A aplicación da máquina de vapor, tanto ao traballo
como ao transporte.Sectores industriais máis importantes:
Téxtil.Siderometalúrxico.
Ubicación das novas fábricas:Xunto aos depósitos mineiros ou aos portos.As fábricas produtoras de bens de consumo situáronse
próximas ás cidades e, concretamente, próximas ás estacións do ferrocarril para poder desprazar os produtos de maneira máis rápida e económica.
Consecuencias da Primeira Revolución Industrial: emigración de millóns de persoas do campo á cidade.
SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIALXurde a comezos do século XX e axiña
convértese EEUU como a primeira potencia en acadar os cambios propios desta segunda revolución.
Principais innovacións tecnolóxicas:Uso de hidrocarburos e electricidades como
fontes de enerxía.Utilización do motor de explosión e a maquinaria
eléctrica aplicados ao automóbil e outros transportes ou aos electrodomésticos.
Revolución das comunicacións (invéntase o teléfono, a radio e, posteriormente, a televisión).
Desenvólvese a produción en serie, a través das cadeas de montaxe.
Ubicación das fábricas:Se concentran en zonas de grande aglomeración
urbana, o que ao longo do tempo causaron problemas contaminación atmosférica e tráfico de vehículos.
TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Xurde a partir dos anos setenta do século XX, nas áreas máis dinámicas das cidades.
Principais innovacións tecnolóxicas: O cambio actual a nivel tecnolóxico baséase na microelectrónica e
ten como destino as TICs (tecnoloxías de información e comunicación).
Fabricación de chips cada vez máis pequeños, potentes e baratos. Innovacións na biotecnoloxía, como o láser ou a industria
aeroespacial. Revolución nas comunicacións: internet.
Sectores Importantes: Informática. Robótica. Telecomunicacións. Biotecnoloxía. Ademáis das cadeas de montaxe en masa da Segunda Revolución
Industrial, o novo sistema de produción flexible, substitúe traballadores por máquinas especializadas na fabricación dun produto.
Ubicación das fábricas: A mellora nas comunicacións xa non limita a ubicación das fábricas,
polo que éstas se deslocalizan, é dicir, buscan lugares onde se reduzan os seus custos, trasladando as producións de menos valor a países e rexións con menores salarios e impostos.