Titorial para a consulta da OPAC-MEIGA

Post on 26-Mar-2016

251 views 7 download

description

OPAC son as siglas de Catálogo de Acceso Público en Línea (On Line Public Access Catalogue. Aquí aprenderás a manexalo

Transcript of Titorial para a consulta da OPAC-MEIGA

CONSULTAS NO CATALOGO DA OPAC MEIGA

IES SALVATERRA DE MIÑO

CONSULTAS NO CATALOGOOPAC-MEIGA

A OPAC (On Line Public Access Catalogue), permíteche ACEDER dende calquera ordenador conectado a internet ao catalogo da nosa biblioteca e ao de tódalas bibliotecas de Galicia se teñen o programa MEIGA.

Con este titorial aprenderas a consultar

os fondos da nosa biblioteca

1º PASO: COMO ENTRAR NA OPAC-MEIGA

● Tes dúas opcións

A) PRIMEIRA OPCIÓNA través da páxina do IES Salvaterra de Miño

● Abrindo a páxina do instituto

na parte baixa da mesma, debes clicar no anagrama da biblioteca

➔ Aparecera a páxina da nosa biblioteca (IES Salvaterra) da rede de bibliotecas de Galicia

A) SEGUNDA OPCIÓN: A través da páxina da OPAC-MEIGA

● Podes empregar un buscador e teclear OPAC-MEIGA ou directamente escribir na barra de direccións :http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/

● Aparece a páxina de inicio da rede de bibliotecas de Galicia, alí debes ir seleccionando sucesivamente, ata chegar á nosa biblioteca e darlle a entrar

2º PASO: COMO BUSCAR NO CATALOGOOPAC-MEIGA

● Unha vez na páxina da nosa biblioteca,

debes fixarte na parte superior esquerda, alí podes buscar por título, autor, materia, serie...

● Cando escollas a opción so tes que escribir a palabra correspondente, darlle a entrar e esperar... (pode tardar uns segundos)

Por exemplo: buscar por autor

● Se quero saber se hai na biblioteca un libro de Agustín Fernández Paz:

1) Primeiro escollo o tipo de resposta, hai tres opcións: a lista alfabética, os libros ca frase que eu empregue, so os libros con esa frase exacta.

2) Despois escollo a opción autor

3) No último cadro escribirei o seu nome empezando polo primeiro apelido

● O resultado por lista alfabética será o seguinte

Por exemplo: buscar por autor

● O resultado buscando por frase exacta será o seguinte

Outro exemplo: buscar por título

● Se o que busco é un libro dun autor que non recordo, pero que comezaba co título “O can de...”, podo escoller dúas opcións

● 1º Listado alfabético● 2º Título● 3º Escribir o título sen artigos

nen preposicións, é dicir: “can”O resultado será

● 1º Frase exacta● 2º Título● 3º Escribir o título sen artigos

nen preposicións, é dicir: “can”O resultado será

3º PASO: BUSCA AVANZADA

● Podes facer unha busca máis detallada,

debes selecionar “busqueda avanzada”, no lado esquerdo da páxina principal.

● Alí podes especificar máis datos, como o tema ou a serie...

● É a mellor opción cando teño varios datos do libro que busco, pero tamén a podo empregar cun so dato.