Post on 12-Apr-2017
O IES PEDRAS RUBIAS … UNHA MAÑÁ DE INVERNO…
… NA PRAIA DOS AFOGADOS
Acompañados do autor, Domingo Villar, que comezou contando por que se fixo escritor…
Visitamos, primeiro, Monteferro- Mentres estaba na radio chamou Clara Barcia. Polo visto, un mergullador que facía pesca submarina atopou un barco
afundido. Podería ser o de Castelo.- Onde estaba? (…)
- Afundido xunto ao faro de Punta Lameda, en Monteferro. Sabe onde é?
A praia dos afogados, páx. 260
ATENCIÓN, ALUMNADO de
SALCEDA, POR FIN ACABASTES DE LER
O LIBRO??
Co autor, Domingo Villar, no alto de Monteferro
Era fácil imaxinar como afundiran alí o barco do Rubio…
… Estévez aparcou detrás. O ceo estaba azul e as ondas levantaban cortinas de escuma ao romper nas
rochas…“A praia dos afogados”, páx. 334
… Camiñaron pola ladeira ata o lugar onde aparecera afundida a embarcación de Xusto Castelo (…) Ulía a bosque e a mar, e sobre o ruxido das ondas soaba o coro estridente das gaivotas…
“A praia dos afogados”, páx. 335
…Estévez mirou arredor. Só se vía auga, rochas e terra cuberta de árbores…
Monteferro xa non era unha sombra escura entre a néboa, senón un bosque verde sobre o mar azul.
A praia dos afogados, páx. 437
…E chegamos ao Templo Votivo do Mar
Estévez aparcou ao pé da costa e Caldas saíu do coche. Pediulle ao seu axudante que agardase por el e ascendeu a pendente empinada
que conducía ao Templo Votivo do Mar.A praia dos afogados, páx. 198
Nun lateral, apenas iluminada pola luz lánguida que se filtraba
a través das vidreiras, distinguiu unha figura da Virxe do Carme co neno no colo (…)
Aos pés da Virxe, entre as cristas das ondas, tres
mariñeiros aferrábanse aos restos dun barco esnaquizado.
Tiñan os brazos estendidos cara arriba implorando protección.
A praia dos afogados, páx. 199
O final do Roteiro, na praia da Madorra
Non sei se sabes que á praia á que foi parar o corpo do Rubio, á Madorra, teñen chegado moitos afogados. A corrente devólveos a terra e aparecen flotando entre as algas. Duns sábese o nome porque se tiña noticia dalgún afundimento, pero doutros non se coñece máis que a data en que foron atopados…
A praia dos afogados, páx.170
-Xa- conveu Caldas- Apareceu na praia de Panxón, non si?- Si, pero non na grande senón noutra que hai detrás, entre o
porto e o monte ese que ten un monumento no bico (…)- É unha praia máis pequena, coa beira chea de algas. Polo que
oín, non é o primeiro afogado que aparece alí…
Leo Caldas buscou o paquete de tabaco e acendeu un cigarro. Estaban apoiados na varanda da praia da Madorra, vendo as ondas
romper sobre a franxa escura de algas que cubría a orela…A praia dos afogados, páx. 139
-Onde apareceu?- Alí, entre as algas- respondeu Estévez, sinalando
un punto na beira do mar (…) – Botaba escuma pola boca…
A praia dos afogados, páx.41
Caldas detívose a uns metros da beira e
permaneceu de pé, contemplando as
ondas, co vento frío do mar facendo saltar faíscas do seu cigarro. Imaxinou o corpo sen
vida do mariñeiro preso naquela
arañeira de algas, abaneado polas
mesmas ondas que cada poucos segundos se desfacían fronte a
el…
Páx. 140