Post on 03-Jul-2015
description
O venres 13 de maio, dentro das actividades da Semana Cultural programadas para o 1º ciclo de educación primaria fomos de visita á “Illa de Medal”. A continuación veredes o que alí nos atopamos.
Para comezar, aquí tedes unha imaxe de como se pode ver a illa desde o aire. Sodes capaces de distinguir o pombal e o hórreo?
A EXCURSIÓN:
Cando chegamos á illa nos estaba esperando José María. Alí escoitamos con moita atención as súas explicacións.
A EXCURSIÓN:
Esta é a entrada da illa. Alí nos contaron que en tempos funcionaba unha ponte levadiza. Nós aproveitamos para facernos unha foto.
OS “EDIFICIOS” QUE HAI NA ILLA:
O certo é que para ser unha illa ben pequena ten bastantes construccións: O primeiro lugar que visitamos foi o mirador.
OS “EDIFICIOS” QUE HAI NA ILLA (2):
Despois baixamos ata o taller onde José María nos explicou que en aquel lugar era onde pintaban e facían as pezas de cerámica.
OS “EDIFICIOS” QUE HAI NA ILLA (3):
Alí dentro estivemos vendo uns carteis onde se explicaba como estaba a illa antes da restauración e como quedou despois.
OS “EDIFICIOS” QUE HAI NA ILLA (4):
Logo, desde o taller fomos ata o “palomar”. Chámase así pola súa forma, xa que os pombais (que é o lugar onde fan os niños as pombas) teñen esa forma cilíndrica, pero en realidade era un ceador que tiña unha adega no chan.
OS “EDIFICIOS” QUE HAI NA ILLA (5):
A continuación, e despois de mollarnos un pouco porque estaban regando, fomos ver o hórreo.
OS “EDIFICIOS” QUE HAI NA ILLA (6):
Por último estivemos vendo o pozo. E alí o avó de Igor nos explicou que durante moitos meses do ano a auga sae salgada porque o mar está moi cerca e non se pode beber.
AS “ÁRBORES” QUE HAI NA ILLA:
Á medida que íamos paseando pola illa, tamén nos fomos fixando nas árbores que aínda quedan. Así puidemos ver varios piñeiros e un ciprés.
PIÑEIROS
CIPRÉS
AS “ÁRBORES” QUE HAI NA ILLA (2):
Tamén hai plantado unha camelia que dá unhas flores moi fermosas e un carballo que algún día tamén dará unha boa sombra.
CAMELIACARBALLO
AS “ÁRBORES” QUE HAI NA ILLA (3):
Por último nos fixamos en tres árbores froiteiras: a nespereira que dá nísperos, a maceira que dá mazás e unha cerdeira que dá cereixas.
CERDEIRAMACEIRANESPEREIRA
A EXCURSIÓN:
Aquí remata a visita á illa de Medal e como se pode ver xa imos un pouco cansos. (E aínda por riba tivemos que subir esa costa)Pero, temos máis cousas que contar...
O CAMIÑO DE VOLTA AO COLEXIO:
A primeira árbore curiosa que atopamos foi a “freixoeira” que dá “freixóns”, aínda que como é unha froita de inverno non había ningunha na árbore.
O CAMIÑO DE VOLTA AO COLEXIO (2):
Antes de parar para tomar o bocadillo aínda tivemos tempo de ver dúas árbores froiteiras máis: unha cerdeira e unha nespereira.
NESPEREIRA
CERDEIRA
O CAMIÑO DE VOLTA AO COLEXIO (3):
Merendamos no lugar de lecer en Ballota.
e alí tivemos unha visita sorpresa...
O CAMIÑO DE VOLTA AO COLEXIO (4):
E por último, antes de chegar ao colexio, tamén pasamos polo Cruceiro de Ballota.
Finalmente, queremos darlle as grazas tanto a José María (pai de Jesús 5º)
polas súas explicacións coma a Rosana e Enrique (nai e avó de Igor 2º)
por abrirnos as portas da illa e contarnos algo da historia deste
fermoso lugar.