Post on 23-Sep-2020
1
FACULTADE DE FARMACIA
Grao en Farmacia
5º Curso GUÍA DOCENTE
PRÁCTICAS TUTELADAS
Curso 2016‐17
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
2
1. Datos descritivos da materia.
Nome: Prácticas Tuteladas
Carácter: Obrigatoria (OB)
Convocatoria: Segundo semestre de quinto curso.
Créditos: 24 ECTS
Coordinador/a: Isabel Sández Macho
Profesorado: Titores Académicos:
‐Beatriz Alberte Castiñeiras(COF Ourense) Profesora Asociada/LOU.
‐José Antonio Fornos Pérez (COF Pontevedra) Profesor Asociado/LOU.
‐Santiago Torres Labandeira (COF Lugo). Profesor Asociado/LOU.
‐Belén Pereza Marcos (COF Coruña). Profesora Asociada/LOU.
‐Miguel González Barcia. Asociado de Ciencias da Saúde.
A metodoloxía empregada nas Prácticas Tuteladas é eminentemente práctica, ben na
Oficina de Farmacia ou ben no Servizo de Farmacia Hospitalaria, sempre baixo a
supervisión dun Titor Profesional e Profesor Asociado.
Idioma no que se imparte: Galego, Castelán.
2. Situación, significado e importancia da materia na titulación.
2.1. Módulo ao que pertence a materia no Plan de Estudos.
Materias coas que se relaciona
Módulo de Prácticas Tuteladas e Traballo de Fin de Grao.
2.2. Papel que xoga este curso nese bloque formativo e no conxunto
do Plan de Estudos: Marco Legal
O título de Grao en Farmacia está regulamentado pola Orde CIN/2137/2008, pola
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
3
que se establecen os requisitos para a verificación dos Títulos Universitarios
Oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Farmacéutico (B.O.E.
20/11/2008).
A dita orde establece un Plan de Estudos cunha duración de cinco anos e 300 ECTS,
onde deberá incluír, como mínimo, un módulo de 30 créditos dedicados á materia
de Prácticas Tuteladas e Traballo de Fin de Grao.
Estas prácticas poderán realizarse nunha Oficina de Farmacia (OF) aberta ao
público e/ou nun Hospital baixo a supervisión do Servizo Farmacéutico do dito
Hospital (Directiva 85/432/CEE; directiva 2005/36/CE; directiva 2013/55/UE).
A Lei 16/1997 (BOE 26/04/1997), recolle a regulación dos Servizos das Oficinas de
Farmacia, establecendo que, entre os servizos básicos que o farmacéutico debe
prestar á poboación, se atopa no punto 10 “A colaboración na docencia para a
obtención do título en Farmacia consonte o previsto nas directivas comunitarias e
a normativa estatal e as universidades polas que se establecen os correspondentes
planes de estudo en cada unha delas”.
2.3. Requisitos para cursar a materia.
Para poder cursar e superar a materia é obrigatorio que os alumnos superaran,
como mínimo, 243 ECTS, dos que, polo menos 237 teñen que corresponder a
materias de formación básica e obrigatorias.
Resulta aconsellable, tamén, que saiban desenvolverse con medios ofimáticos e
internet a nivel de usuario, así como ter coñecemento de inglés para o manexo de
esquemas, vídeos ou artigos.
3. Competencias a acadar polo estudante coa materia
3.1.‐Básicas e Xerais
Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e
medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
4
uso humano ou veterinario.
Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de substancias con actividade farmacolóxica.
Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación,
fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que
se consideren necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e
clínicos.
Deseñar, preparar, subministrar e dispensar medicamentos e outros produtos de
interese sanitario.
Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como no eido
nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.
Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, así como adquirir
coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos
recursos sanitarios.
Identificar, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos,
así como participar nas actividades de farmacovixiancia.
Desenvolver as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención
farmacéutica.
Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención da enfermidade, na
entorna individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do
proceso saúde‐enfermidade.
Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo
os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos
ditames de diagnose de laboratorio.
Avaliar os efectos toxicolóxicos de substancias e deseñar e aplicar as probas e análises
correspondentes.
Desenvolver análises hixiénico‐sanitarios, especialmente os relacionados cos
alimentos e medioambiente.
Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas,
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
5
para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade
profesional.
Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia
profesional, dando especial importancia ao aprendizaxe de novos coñecementos
baseándose na evidencia científica dispoñible.
Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, a que se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en
libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos
procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional
e que posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e
defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa
área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes
de índole social, científico ou ético.
Ser capaces de transmitir a información, ideas, problemas e solucións a un público
tanto especializado como non especializado.
Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender
estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Coñecer e comprender a estrutura do corpo humano, así como os mecanismos xerais
da enfermidade, alteracións moleculares e funcionais, expresión sindrómica e
ferramentas terapéuticas para restaurar a saúde.
Desenvolver habilidades de comunicación e información con outros profesionais
sanitarios ou pacientes.
Coñecer os principios éticos e deontolóxicos consonte as disposicións lexislativas,
regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional.
Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a súa
competencia profesional.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
6
3.2. Competencias específicas.
Ser capaz de xestionar o funcionamento dunha OF (Oficina de Farmacia) e/ou
dun SFH (Servizo de Farmacia de Hospital) e, no seu caso, poder realizar a
facturación dunha OF.
Xestionar os medicamentos: selección, adquisición, distribución, conservación,
custodia e dispensación dos medicamentos e outros produtos farmacéuticos na OF
e/ou SFH.
Deseñar, optimizar e elaborar fórmulas maxistrais e preparados oficinais,
garantindo a súa calidade.
Proporcionar atención farmacéutica e aplicar protocolos de actuación de atención
farmacéutica aos pacientes ingresados no hospital ou aos que acoden a unha OF.
Ofrecer e realizar un seguimento farmacoterapéutico.
Realizar farmacovixiancia.
Aplicar os protocolos de notificación de reaccións adversas producidas por
medicamentos.
3.3. Competencias transversais.
Habilidades do manexo da información.
Resolución de problemas de saúde.
Capacidade para comunicarse con expertos de outras áreas.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
7
4. Contidos do curso para alumnos que realizan prácticas en
Oficina de Farmacia
Programa de Prácticas Tuteladas en Oficina de Farmacia.
I. Organización da Farmacia Comunitaria
OBXECTIVOS
Realizar un conxunto de prácticas na Farmacia que permitan poñer en contacto
ao alumno cos problemas reais da xestión dunha Farmacia.
Conseguir que o alumno adquira os coñecementos mínimos para poder realizar a
xestión diaria da Farmacia.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Proceso do traballo en equipo.
Lexislación e normativa.
Proceso de decisión na compra e venta de medicamentos e produtos sanitarios.
Utilización das tecnoloxías aplicadas á xestión dunha empresa.
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de:
Traballar en equipo.
Xestionar a adquisición, almacenamento e dispensación de medicamentos e
produtos sanitarios.
CONTIDO
a.‐ Lexislación/ normativas.
Libros oficiais:
Recetarios.
Estupefacientes.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
8
Farmacopeas.
Lexislación sanitaria vixente
Responsabilidades dos farmacéuticos
Concerto autonómico
b.‐ Administración e xestión
Estrutura física, dotación, organización da Farmacia Comunitaria
Adquisición de medicamentos e produtos sanitarios: provedores, tipos de
pedimentos, albaráns, facturas.
Adquisición de medicamentos estranxeiros, estupefacientes, outros.
Recepción de pedimentos: comprobación e causas de erro.
Devolución de medicamentos: caducidade, error, etc.
Almacenamento de medicamentos, produtos sanitarios, etc. E xestión de stocks
(Rotación, análises ABC, etc...)
Conservación e custodia de medicamentos: condicións xerais de almacenamento.
Condicionantes específicas de almacenamento: medicamentos termolábiles.
Medicamentos estranxeiros: normativa, petición.
Medicamentos estupefacientes: custodia, existencias mínimas, control, informes
a organismos oficiais, devolucións
Clasificación das especialidades farmacéuticas: ATC, tipo de financiamentos (EFP,
OTC, xenéricos...). Símbolos de cartonaxe en especialidades farmacéuticas.
Facturación de receitas de diferentes organismos
c.‐ As novas tecnoloxías na oficina de farmacia. TIC
Programas informáticos de xestión.
Dispensación electrónica: e‐receita.
Aula virtual
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
9
O farmacéutico 2.0
Outros TIC
II. Funcións da Farmacia Asistencial orientada ao paciente
OBXECTIVO
Coñecer e resolver de maneira xeral problemas de saúde coa aplicación dos
medicamentos no paciente.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Elaboración e implantación de protocolos de AF.
Elaboración e implantación de protocolos de fármaco‐vixiancia.
Elaboración e implantación de protocolos en calquera actividade relacionada co
medicamento no paciente.
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de:
Colaborar co paciente e outros profesionais sanitarios en conseguir que os
medicamentos NECESARIOS sexan EFECTIVOS e SEGUROS.
CONTIDOS
a.‐ Atención farmacéutica:
Conceptos e xeneralidades: PRM, RNM, problemas de saúde, intervención
farmacéutica, etc.
Consulta e indicación farmacéutica: Protocolos e casos clínicos.
Dispensación de medicamentos: Protocolos e casos clínicos
Receita médica: tipos, requisitos mínimos, normativa, achega
Receita médica de estupefacientes.
Receita veterinaria.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
10
Requisitos esixidos para receitas de medicamentos especiais: DH (diagnóstico
hospitalario), ECM (especial control médico), vacinas, efectos e accesorios,
ortopedia.
Causas de devolución de receitas.
Medicamentos sen receita: EFP, OTC.
Dispensación de especialidades excluídas da seguridade social.
Xenéricos e prezos de referencia.
Substitución de medicamentos: normativa legal e criterios de actuación.
Dispensación de doses unitarias.
Comprobación, clasificación e facturación de receitas a diferentes organismos.
Preparación e dispensación de SPD.
Receita electrónica.
Seguimento farmacoterapéutico: Protocolo e casos clínicos.
b.‐ Farmacovixiancia
Detección e comunicación espontánea de reacciones adversas a medicamentos.
Tarxeta amarela.
Programas de Farmacovixiancia.
Especialidades sometidas a especial control médico.
Normativa para Inmobilización de especialidades: notificación oficial, rexistro de
medicamentos. Lotes: seguimento da trazabilidade dun preparado.
c.‐ Formulación maxistral en oficina de farmacia
Prescrición de fórmulas maxistrais.
Elaboración e rexistro de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Normas
de correcta elaboración e control de calidade. Documentación.
Obtención, rexistro e almacenamento de p.a., materiais de acondicionamento e
fórmulas maxistrais.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
11
Metodoloxía, locais e ferramentas para a elaboración de fórmulas maxistrais:
preparación, envasado, etiquetado, dispensación.
Niveis de formulación. Formulación a terceiros.
Valoración de fórmulas maxistrais: honorarios profesionais (factor p), prezo da
materia prima, envase, IVE.
Fontes de información en formulación maxistral.
d.‐ Información de medicamentos ao paciente e outros profesionais sanitarios.
Métodos e estratexias na busca da información de medicamentos.
Bibliografía básica.
Fontes bibliográficas de información de medicamentos: fontes terciarias,
secundarias e primarias.
Internet e información de medicamentos.
Centros de información de medicamentos: obxectivos e funcionamento.
Lectura crítica de artigos científicos.
O farmacéutico como informador de medicamentos.
A comunicación co paciente e cos profesionais sanitarios.
e.‐ Educación sanitaria
Educación sanitaria individualizada.
Educación sanitaria grupal.
Educación farmacoterapéutica en xeral e a colectivos específicos.
Campañas institucionais.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
12
III. Outras actividades na FC
OBXECTIVO
Coñecer, de maneira xeral, as actividades de atención aos pacientes/usuarios que non
estean directamente relacionadas cos medicamentos.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Coñecementos xerais sobre todas as seccións existentes nunha Farmacia
Comunitaria.
Coñecemento e aplicación dos produtos sanitarios.
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXJE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno será capaz de:
Dispensar e aconsellar sobre os produtos sanitarios.
Resolver problemas de saúde relacionados coas distintas seccións.
CONTIDOS
Alimentación e dietética
Análises Clínicos
Dermofarmacia
Fitoterapia
Óptica Ortopedia
5.‐ Actividades formativas
Metodoloxía docente e avaliación das Prácticas Tuteladas en O.F
I. Actividades prácticas de avaliación continua
Ao longo do período da realización das prácticas, a través da plataforma virtual, os
alumnos deberán presentar os seguintes documentos:
a. Unha folla resumo mensual onde aparezan sinaladas as partes do programa
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
13
abordados durante ese período. A dita folla mensual de memoria deberá
acompañarse do documento de compromiso de formación escaneado cada mes,
que deberá estar asinado polo titor. Estes documentos deberán subirse a
plataforma na primeira semana do mes seguinte.
b. Dous CASOS DE XESTIÓN, que serán propostos na plataforma virtual da materia ao
longo dos dous primeiros meses. Unha vez resoltos deben de entregarse a través
da dita plataforma entre os días 16 e 30/31 do mes. É obrigatorio resolver todos os
casos propostos para poder superar a materia.
c. Resolución de 4 diferentes CASOS DE INDICACIÓN, que se proporán na
plataforma virtual da materia e se terán que enviar a través da dita plataforma nas
datas que se indiquen. É obrigatorio resolver todos os casos propostos para poder
superar a materia.
d. Resolución de 4 diferentes CASOS DE DISPENSACIÓN, que se proporán na
plataforma virtual da materia e se terán que enviar a través da dita plataforma nas
datas que se indiquen. É obrigatorio resolver todos os casos propostos para poder
superar a materia.
II. Actividades complementarias.
Para completar a formación do alumno está prevista a realización de actividades
complementarias programadas a base de conferencias, coloquios, etc, que se procurarán
concentrar nunha semana ao final do período de realización das estadías ao longo das PT.
A asistencia dos alumnos a estas actividades é obrigatoria, polo que durante o período de
realización das mesmas, os alumnos estarán liberados das súas obrigas na oficina de
farmacia.
Avaliación
Para superar a materia é imprescindible ter realizado todas as actividades programadas
na aula virtual e no tempo establecido. A non realización e entrega de algunha delas (p.e.
un caso de indicación), automaticamente lle IMPIDE SUPERAR A MATERIA.
As porcentaxes de cada actividade na nota total son:
Casos de Xestión: 5%
Casos de Indicación: 15%.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
14
Casos de dispensación: 15%
Memoria: 15%:
Actividades realizadas durante cada mes e avaladas/ asinadas polo titor.
Exame: 40%
Informe de t itor: 10%.
Distribución de traballo do alumnado
1º mes 2ºmes 3ºmes 4ºmes 5ºmes 6ºmes
Casos de Xestión
Casos de indicación
Casos de dispensación
Memoria 1ª semana 1ª semana 1ª semana 1ª semana 1ª semana
6.‐ Contidos do curso para alumnos que realizan prácticas en Farmacia
Hospitalaria
Programa de Prácticas Tuteladas en Farmacia Hospitalaria.
O programa componse de 8 apartados, sendo de obrigado cumprimento os 7 primeiros, e
o oitavo optativo dependendo do hospital onde se realicen as prácticas.
I. ORGANIZACIÓN DUN SERVIZO DE FARMACIA HOSPITALARIA
OBXECTIVO
Coñecer, de maneira xeral, o escenario onde vai desenvolver as actividades de
aprendizaxe o alumno.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Funcionamento xeral, integración e relación con outros servizos do hospital e a
súa área sanitaria, comisións clínicas, comisión de farmacia e terapéutica en
estruturas de atención primaria.
Informatización de actividades.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
15
Docencia e investigación.
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno será capaz de:
Elaborar un procedemento de traballo sinxelo dunha determinada actividade do
Servizo de Farmacia.
Determinar algún tipo de indicador de actividade ou calidade.
II. SELECCIÓN DE MEDICAMENTOS
OBXECTIVO
Asumir a importancia da selección de medicamentos como base para promover a súa
axeitada utilización, así como a importancia do seguimento do dito proceso, mediante o
desenvolvemento das seguintes actividades básicas:
Comprender a importancia da Comisión de Farmacia e Terapéutica como
instrumento multidisciplinar: indispensable na selección de medicamentos.
Ser consciente de que a selección é un proceso permanente, destinado a promover
unha axeitada utilización dos medicamentos e produtos sanitarios.
Manter un espírito crítico baseado na información científica e na entorna
asistencial.
Comprender a necesidade de ter argumentos sólidos para xustificar e convencer a
outros profesionais sanitarios da conveniencia dos procesos de selección de
medicamentos.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Oferta de medicamentos: catálogo de especialidades farmacéuticas.
Métodos e criterios de selección de medicamentos e produtos sanitarios. Comisión
de Farmacia e Terapéutica.
Guía Farmacoterapéutica. Obxectivos, contido, elaboración e actualización.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
16
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de participar en:
‐ A elaboración dun informe técnico e económico sobre a selección dun
medicamento.
‐ O establecemento dun protocolo de utilización dun medicamento.
‐ A análise das pautas de utilización dun medicamento.
III. XESTIÓN DE MEDICAMENTOS E PRODUTOS SANITARIOS
OBXECTIVO
Asumir a importancia dunha correcta xestión de stocks, e do control da recepción,
almacenamento e conservación dos medicamentos e produtos sanitarios en relación á súa
utilización terapéutica, así como as súas implicacións legais.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Conservación e almacenamentos de medicamentos termolábiles, estupefacientes,
psicótropos, mostras de ensaios clínicos.
Control de caducidades.
Organización de almacéns.
Xestión de stock de medicamentos: conceptos básicos.
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno deberá ser capaz de:
Desenvolver o control da recepción, condicións de almacenamento e caducidade de
diferentes especialidades farmacéuticas ou produtos sanitarios.
Realizar un informe en relación ás condicións de conservación dirixido ao persoal
implicado na súa utilización ou ao usuario.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
17
IV. DISPENSACIÓN DE MEDICAMENTOS
OBXECTIVO
Asumir a dispensación de medicamentos como unha responsabilidade básica da
labor asistencial do farmacéutico, de xeito que esta garanta a validación das
prescricións médicas e proporcione ao paciente o medicamento na forma
farmacéutica, dose e vía de administración axeitadas.
Coñecer a achega da monitorización farmacoterapéutica orientada a mellorar a
calidade dos tratamentos farmacolóxicos.
Ser consciente da importancia da atención farmacéutica aos pacientes.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Normativa relativa á prescrición médica.
1. Tipos de medicamentos para a súa dispensación (H, DH, Receita, especiais:
estupefacientes, psicótropos, ECM. )
2. Documentación utilizada.
Substitución de medicamentos polo farmacéutico: criterios, bases legais e
técnicas. Programa de equivalentes terapéuticos.
Dispensación de medicamentos no hospital:
1. Pacientes hospitalizados:
o Atención farmacéutica ao paciente ingresado a través do sistema de
dispensación en doses unitarias e outros sistemas de dispensación
automatizados. Identificación e seguimento dos problemas relacionados
cos medicamentos (PRM). Intervención farmacéutica.
o Dispensación ao alta en tratamentos agudos
2. Pacientes externos:
o Atención farmacéutica ao paciente externo:
Programas especiais (VIH, nutrición, domiciliaria, hepatite C,
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
18
esclerose múltiple, etc)
o Seguimento e detección de PRMs en pacientes polimedicados na consulta
externa.
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe, o alumno deberá ser capaz de:
Interpretar a prescrición médica de cada paciente.
Confeccionar unha historia farmacoterapéutica estruturada, recollendo datos que
poidan ser útiles para detectar e resolver posibles problemas relacionados coa
medicación, actuais ou futuros.
Identificar problemas relacionados co tratamento farmacolóxico dos pacientes e
aplicar procedementos para a súa resolución.
Coñecer a sistemática do rexistro (procedemento de intervención e análise da
aceptación) dos PRMs.
Dar resposta a aspectos relacionados coa dispensación, distribución e control dos
medicamentos que presenten unhas esixencias especiais, consonte a lexislación
vixente.
V. INFORMACIÓN FARMACOTERAPÉUTICA AO PACIENTE E AOS
PROFESIONAIS SANITARIOS
OBXECTIVO
Apreciar a importancia da información farmacoterapéutica como base para a resolución
dos problemas relacionados cos medicamentos e promover a súa correcta utilización.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Coñecemento das fontes bibliográficas básicas.
Selección e utilización da información de medicamentos.
Coñecemento dos diferentes problemas relacionados cos medicamentos.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
19
Información farmacoterapéutica:
1. Ao paciente (oral e escrita):
Ao alta.
Ao paciente externo.
2. Ao persoal sanitario (médicos, enfermeiras).
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe o alumno será capaz de:
Seleccionar fontes bibliográficas e realizar buscas, como consecuencia dunha
demanda de información. Avaliar a información de maneira obxectiva e no prazo
de tempo axeitado.
Elaborar notas informativas normalizadas ou individualizadas dirixidas ao
profesional sanitario.
Desenvolver a información ao paciente: información oral e reforzo escrito.
Establecer un sistema de recuperación da información.
VI. FARMACOVIXIANCIA
OBXECTIVO
Ser consciente da importancia de colaborar e participar en programas que teñan como
obxectivo a detección, comunicación e prevención das reaccións adversas a
medicamentos.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
Alertas farmacéuticas. Tipos: seguridade, calidade.
Programa nacional de farmacovixiancia. Detección e comunicación de reaccións
adversas.
Tarxeta amarela.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
20
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o período de aprendizaxe o alumno será capaz de:
Desenvolver un proceso de comunicación e seguimento dunha alerta farmacéutica
no Hospital
Detectar e comunicar, polo menos, unha reacción adversa mediante o sistema de
notificación voluntaria.
VII. ELABORACIÓN E CONTROL DE FORMAS FARMACEUTICAS.
OBXECTIVO
Ser consciente da súa responsabilidade na elaboración e control das formas
farmacéuticas, garantindo que as formulacións elaboradas sexan seguras e eficaces,
seguindo normas de correcta fabricación.
COÑECEMENTOS A ADQUIRIR
1. Fontes de información máis usuais en relación á farmacotécnia.
2. Formas farmacéuticas non estériles.
Prescrición e rexistro de fórmulas maxistrais.
Metodoloxía e ferramentas para a súa elaboración, materias primas,
excipientes, espazos para a preparación.
Normativa legal
Elaboración de fórmulas normalizadas no hospital. Criterios. Control de
calidade. Identificación, conservación, caducidade.
Dosificación individualizada. Metodoloxía.
3. Formas farmacéuticas estériles. Tipos. Nocións básicas: técnica de preparación,
esterilidade, estabilidade.
Elaboración de mesturas intravenosas.
Metodoloxía.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
21
Material sanitario relacionado coa administración ao paciente (infusores,
analxesia controlada por paciente...).
ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE
Ao finalizar o seu período de aprendizaxe, o alumno será capaz de:
Establecer un protocolo de elaboración e control dunha fórmula maxistral sólida e
unha líquida por vía oral.
Establecer un protocolo de elaboración e control dunha fórmula maxistral por vía tópica.
VIII. OUTRAS ACTIVIDADES
Actividades optativas a desenvolver en función do hospital onde se realicen as
prácticas tuteladas orientadas a incrementar a formación no campo da atención
farmacéutica:
Nutrición artificial. Valoración do estado nutricional. Deseño e preparación de
dietas de nutrición parenteral e enteral. Seguimento de pacientes.
Reconstitución e dosificación de citostáticos. Centralización.
Farmacocinética clínica. Tipos de medicamentos a monitorizar.
Atención farmacéutica ao paciente xeriátrico nunha residencia sociosanitaria.
Ensaios Clínicos. Participación do Servizo de Farmacia. Normativa legal.
Atención farmacéutica ao paciente pediátrico.
Atención farmacéutica ao paciente crítico (UCI, reanimación, transplantes...).
Atención farmacéutica ao paciente con patoloxía psiquiátrica.
7. Actividades formativas. Farmacia Hospitalaria
7.1. Calendario de actividades que van a realizar os alumnos ao largo da realización de
Prácticas Tuteladas. Farmacia Hospitalaria
A materia se desenvolverá segundo o calendario polo Decanato da Facultade que figura
nas páxinas web:
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
22
http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/practicas_tuteladas.html.
O exame final da materia celebrarase na data e hora que figura na páxina web:
http://www.usc.es/gl/centros/farmacia/practicas_tuteladas.html dentro de Calendario.
Ao longo do período da realización das prácticas, os tempos de rotación polas diferentes
áreas dependerá do hospital onde o alumno realice as prácticas tuteladas, pero a titulo
orientativo, este podería ser un exemplo:
Selección e información de medicamentos: 2 meses
Dispensación: 1,5 meses
Elaboración e control de f. farmacéuticas: 1.5 mes
Organización e xestión: 1 semana
Farmacovixiancia: 0,5 meses
Actividades electivas: 0.5 meses
AVALIACIÓN DAS PRÁCTICAS TUTELADAS REALIZADAS EN FARMACIA
HOSPITALARIA
Ao longo do período da realización das prácticas, a t r avé s d a plataforma virtual, os
alumnos deberán presentar os seguintes documentos:
a. Unha FOLLA RESUMO CADA VEZ QUE FINALICEN UNHA DAS ROTACIÓNS. Na dita
folla debe recoller a/s parte/s do programa abordado/s durante ese período. O
dito informe de memoria deberá acompañarse do docuemtno de comrpomiso de
fromación escaneado cada mes, que deberá estar asinado polo titor.
Estes documentos deberán subirse á plataforma. A suma de todos eles constituirá a
memoria, que terá un peso na nota final dun 15%
b. RESOLUCIÓN DE DIFERENTES CASOS que se proporán na plataforma virtual da
materia e se terán que enviar a través da dita plataforma nas datas que se
indiquen.
É obrigatorio resolver todos os casos propostos para poder superar a materia.
Actividades co m p l em en t a r i a s .
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
23
Para completar a formación do alumno, está prevista a realización de actividades
complementarias programadas a base de conferencias, coloquios, etc, que se procurarán
concentrar nunha semana ao principio ou ao final do período de realización das estadías.
A asistencia dos alumnos a estas actividades é obrigatoria, polo que durante o período de
realización das mesmas, os alumnos estarán liberados das súas obrigas no hospital.
Tamén se efectuará unha visita ao Hospital Rof Codina de Lugo, sempre que se dispoña
dos recursos necesarios
Avaliación
Para superar a materia é imprescindible ter realizadas todas as actividades programadas
na aula virtual e no tempo establecido.
A non realización e entrega de algunha delas (p.e. un caso de indicación),
automaticamente lle IMPIDE SUPERAR LA MATERIA.
As porcentaxes de cada actividade na nota total son:
Memoria: 15%:
Actividades realizadas durante cada mes e avaladas/asinadas polo titor.
Resolución dos casos propostos: 35%.
Exame: 40%
Informe do titor: 10%.
Guía docente de Prácticas TuteladasGrado en Farmacia. 5º curso. USC
24
Bibliografía
Normativas de prácticas tuteladas dos centros docentes que imparten o Grao de
Farmacia en España.
Orde CIN/2137/2008, de 3 de xullo, pola que se establecen los requisitos para a
verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da
profesión de Farmacéutico.
Lei 16/1997 de 25 de abril, de regulación de servizos das oficinas de farmacia.
BOE de 26 de Abril de 1997.
Directiva 85/432/CEE, de 16 de setembro de 1985, relativa á coordinación das
disposicións regulamentarias e administrativas para certas actividades
farmacéuticas. DOCE nº L 253/34, de 24 de setembro de 1985.
Directiva 2005/36/CE do Parlamento europeo e do Consello de 7 de
setembro de 2005 relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais. DOCE
nº L255/22, de 30 de setembro de 2005.
Directiva 2013/55/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 20 de
novembro de 2013 pola que se modifica a Directiva 2005/36/CE relativa ao
recoñecemento de cualificacións profesionais e o Regulamento (UE) nº
1024/2012 relativo á cooperación administrativa a través do Sistema de
Información do Mercado Interior («Regulamento IMI»). DOCE nº 354/132, de
28 de decembro de 2013.
Real Decreto 592/2014, de 11 de Xullo, polo el que se regulan as prácticas
académicas externas dos estudantes universitarios. (BOE 184, 30 de xullo de
2014).