...Nunha reunión de compañeiros/as de traballo xorden, entre outros, os seguintes temas. Exprese a...

22
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral Dime que comes e direiche como es! CONTEXTO: Vostede acaba de asistir a unha conferencia sobre hábitos alimentarios. Nela entregáronlle a seguinte pirámide nutricional. Tendo en conta esta información, analice a súa alimentación nos seguintes aspectos: CANDIDATO/A A Describa o seu menú habitual dun día normal Diga os alimentos que adoita comer do grupo 02 Que prato prefire do seu país e cal adora dos de fóra ----------------------------------------------------------------------------- Dime que comes e direiche como es! CONTEXTO: Vostede acaba de asistir a unha conferencia sobre hábitos alimentarios. Nela entregáronlle a seguinte pirámide nutricional. Tendo en conta esta información, analice a súa alimentación nos seguintes aspectos: CANDIDATO/A B Describa o seu menú habitual dun día normal Diga os alimentos que adoita comer do grupo 03 Que prato prefire do seu país e cal adora dos de fóra

Transcript of ...Nunha reunión de compañeiros/as de traballo xorden, entre outros, os seguintes temas. Exprese a...

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Dime que comes e direiche como es! CONTEXTO: Vostede acaba de asistir a unha conferencia sobre hábitos alimentarios. Nela entregáronlle a seguinte pirámide nutricional. Tendo en conta esta información, analice a súa alimentación nos seguintes aspectos:

CANDIDATO/A A

• Describa o seu menú habitual dun día normal

• Diga os alimentos que adoita comer do grupo 02

• Que prato prefire do seu país e cal adora dos de fóra

-----------------------------------------------------------------------------

Dime que comes e direiche como es!

CONTEXTO: Vostede acaba de asistir a unha conferencia sobre hábitos alimentarios. Nela entregáronlle a seguinte pirámide nutricional. Tendo en conta esta información, analice a súa alimentación nos seguintes aspectos:

CANDIDATO/A B

• Describa o seu menú habitual dun día normal

• Diga os alimentos que adoita comer do grupo 03

• Que prato prefire do seu país e cal adora dos de fóra

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Consellos vendo que para min non entendo!

CONTEXTO: Vostede está a falar cun/ha compañeiro/a que lle pide consellos sobre unha serie de temas que lle preocupan. Trate de axudalo/a e solicítelle axuda sobre aqueloutros que son obxecto da súa preocupación.

CANDIDATO/A A

• Como conseguir cartos adicionais para facerlle fronte á hipoteca da casa? • Como facer para baixar eses quiliños de máis que colleu? • Como conseguir ser máis feliz?

-----------------------------------------------------------------------------

Consellos vendo que para min non entendo!

CONTEXTO: Vostede está a falar cun/ha compañeiro/a que lle pide consellos sobre unha serie de temas que lle preocupan. Trate de axudalo/a e solicítelle axuda sobre aqueloutros que son obxecto da súa preocupación.

CANDIDATO/A B

• Como conseguir superar as tensións cotiás? • Como deixar de fumar ou polo menos fumar menos? • Como conseguir ser máis feliz?

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Accidentes domésticos

CONTEXTO: Vostede está a ler un artigo sobre os numerosos perigos que pode ter unha cociña para os/as máis cativos/as da casa. O/a candidato/a A defende que a maioría deles están provocados pola pouca atención que se lles presta aos/ás nenos/as.

CANDIDATO/A A

• Cales cre que son as principais causas dos accidentes domésticos?

• Como protexemos aos máis pequenos dos produtos tóxicos ou do acceso aos medicamentos?

• Que medidas preventivas empregamos para o subministro enerxético (gas, electricidade...)?

-----------------------------------------------------------------------------

Accidentes domésticos

CONTEXTO: Vostede está a ler un artigo sobre os numerosos perigos que pode ter unha cociña para os/as máis cativos/as da casa. O/a candidato/a B considera que todos os aparellos deberían traer incorporadas máis medidas de seguridade e que case non houbo ningún adianto significativo que axude a incrementar a seguridade.

CANDIDATO/A B

• Cales cre que son as principais causas dos accidentes domésticos?

• Que medidas de seguridade traen os principais aparellos domésticos?

• Que controis públicos considera necesarios para garantir a seguridade dos xoguetes?

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Actividades para todos os gustos!

CONTEXTO: Vostede e mais un/ha compañeiro/a son os encargados/as de realizar a convención anual do antigo alumnado do seu centro de estudos. Así e todo, teñen que chegar a un consenso e planificar actividades que lles poidan interesar á maioría dos participantes, tendo en conta:

• Que moitos/as teñen predilección polos deportes • Que non poucos están interesados/as en realizar

actividades culturais • Que a todos lles gustaría participar nalgunha competición de

xogos de mesa

CANDIDATO/A A

Actividades culturais Xogos de mesa Actividades deportivas Un concerto de música Deportes náuticos Xogos de intelixencia Un festival folk Deportes de aventura Xogos de predición Xogos de debuxo Deportes de equipo Unha sesión de cine Unha exposición Xogos de cifras Rutas a cabalo

-----------------------------------------------------------------------------

Actividades para todos os gustos! CONTEXTO: Vostede e mais un/ha compañeiro/a son os encargados/as de realizar a convención anual do antigo alumnado do seu centro de estudos. Así e todo, teñen que chegar a un consenso e planificar actividades que lles poidan interesar á maioría dos participantes, tendo en conta:

• Que moitos/as teñen predilección polos deportes • Que non poucos están interesados/as en realizar actividades

culturais • Que a todos lles gustaría participar nalgunha competición de

xogos de mesa

CANDIDATO/A B

Actividades culturais Xogos de mesa Actividades deportivas Xogos de sociedade Unha ópera clásica Deportes de montaña Xogos de enxeño Unha sesión de fogos Deportes de risco Unha representación teatral Xogos de letras Deportes sincronizados Unha visita guiada Xogos clásicos Rutas de sendeirismo

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Sucesos insólitos

CONTEXTO: Vostede está a ler no xornal a sección de sucesos cun grupo de amigos/as. De todas esas noticias, chámanlle a atención as seguintes e decide contárllelas.

CANDIDATO/A A

• Roubo dun capón nunha aldea • Un ladrón ou unha ladroa escorda un pé na

fuxida • Praga de lagostas nunha praia

-----------------------------------------------------------------------------

Sucesos insólitos

CONTEXTO: Vostede está a ler no xornal a sección de sucesos cun grupo de amigos/as. De todas esas noticias, chámanlle a atención as seguintes e decide contárllelas.

CANDIDATO/A B

• Escorpións a bordo dun avión • Cans de vixilancia domesticados polos ladróns • Contrabando de eucaliptos na costa norte

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Coa saúde non se xoga!

CONTEXTO: Vostede acaba de aprobar unhas oposicións da Xunta de Galicia e vai ser un/ha funcionario/a público/a. Unha das súas primeiras decisións que ten que tomar é a de se elixe o sistema sanitario público ou escolle algunha compañía privada que lle ofreza os seus servizos. Ante a dúbida queda cun/ha amigo/a para falar sobre o tema porque, na actualidade, vostede ten a asistencia do servizo galego de saúde.

CANDIDATO/A A

• Describa (invente) a súa experiencia co Servizo Galego de Saúde

• Comente que está pensando en cambiar a súa asistencia para unha compañía privada

• Opine sobre a importancia de contar cun sistema público de saúde

-----------------------------------------------------------------------------

Coa saúde non se xoga!

CONTEXTO: Vostede acaba de aprobar unhas oposicións da Xunta de Galicia e vai ser un/ha funcionario/a público/a. Unha das súas primeiras decisións que ten que tomar é a de se elixe o sistema sanitario público ou escolle algunha compañía privada que lle ofreza os seus servizos. Ante a dúbida queda cun/ha amigo/a para falar sobre o tema porque, na actualidade, vostede ten contratada unha asistencia sanitaria privada.

CANDIDATO/A B

• Describa (invente) a súa experiencia coa súa compañía privada de saúde

• Comente que está pensando en elixir a cobertura sanitaria do Servizo Galego de Saúde

• Opine sobre a importancia de contar con compañías privadas como complemento do sistema público de saúde

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Tempo de lecer!

CONTEXTO: Vostede ten un/ha amigo/a que só pensa no traballo, polo que lle aconsella que debe procurar ter máis tempo de lecer. Por iso deciden entre os/as dous/dúas inscribirse nalgún dos clubs que existen na cidade. O/a candidato/a A propón inscribirse nalgún campionato de xogos de mesa (baralla, xadrez...) ou populares (a billarda, o peón...)

CANDIDATO/A A

• Por que propón inscribirse nun club de xogos de mesa ou populares?

• Que xogos de mesa ou populares lle gustan máis?

• Describa un xogo de mesa ou popular que coñeza

-----------------------------------------------------------------------------

Tempo de lecer!

CONTEXTO: Vostede ten un/ha amigo/a que só pensa no traballo, polo que lle aconsella que debe procurar ter máis tempo de lecer. Por iso deciden entre os/as dous/dúas inscribirse nalgún dos clubs que existen na cidade. O/a candidato/a B propón inscribirse nalgún club deportivo (fútbol, baloncesto, natación) ou facer sendeirismo.

CANDIDATO/A B

• Por que escolleu inscribirse nun club deportivo? • Que xogos deportivos lle gustan máis? • Describa un xogo deportivo que coñeza

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Quizá, se cadra, seica, disque...

CONTEXTO: Vostede está farto/a de que a xente ande constantemente a falar sobre temas dos que, ás veces, non posúe información ningunha. Nunha reunión de compañeiros/as de traballo xorden, entre outros, os seguintes temas. Exprese a súa opinión sobre eles empregando –no caso de non estar seguro/a– expresións de posibilidade ou de informacións atribuídas a outros/as.

CANDIDATO/A A

• Disque a xente nova bebe moito alcol ás fins de

semana • Seica se producen moitos roubos nas cidades • Disque ultimamente aumentou o número de

mortes por violencia de xénero e por violación

-----------------------------------------------------------------------------

Quizá, se cadra, seica, disque...

CONTEXTO: Vostede está farto/a de que a xente ande constantemente a falar sobre temas dos que, ás veces, non posúe información ningunha. Nunha reunión de compañeiros/as de traballo xorden, entre outros, os seguintes temas. Exprese a súa opinión sobre eles empregando –no caso de non estar seguro/a– expresións de posibilidade ou de informacións atribuídas a outros/as.

CANDIDATO/A B

• Quizá haxa que lle prohibir o consumo de alcol á mocidade

• Se cadra hai que pór máis policía pola rúa • Quizá haxa que endurecer as penas de cárcere por

delitos de violencia de xénero e sexuais

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Sucedeu no século XX!

CONTEXTO: Nunha conversa cuns/has amigos/as xorde o debate sobre os mellores avances producidos ao longo do século XX. Trate de analizar os seguintes cambios e dea a súa opinión sobre os maiores adiantos producidos nese século.

CANDIDATO/A A

• Cambios ideolóxicos • Avances na saúde • Fontes de enerxía

-----------------------------------------------------------------------------

Sucedeu no século XX!

CONTEXTO: Nunha conversa cuns/has amigos/as xorde o debate sobre os mellores avances producidos ao longo do século XX. Trate de analizar os seguintes cambios e dea a súa opinión sobre os maiores adiantos producidos nese século.

CANDIDATO/A B

• Carreira espacial • Telecomunicacións • A aldea global

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Cambio de hora!

CONTEXTO: Vostede está a debater cun grupo de amigos/as as vantaxes e desvantaxes do cambio de hora cada primavera e outono. Esta medida aféctalles a setenta países en todo o mundo. Non obstante, Xapón é o único país industrializado que non adopta esta medida encamiñada ao aforro enerxético.

CANDIDATO/A A

• Economizar enerxía • Máis tempo de luz • Máis tempo fóra • Bo para a saúde: máis sol • Bo para o turismo: actividades de día

-----------------------------------------------------------------------------

Cambio de hora!

CONTEXTO: Vostede está a debater cun grupo de amigos/as as vantaxes e desvantaxes do cambio de hora cada primavera e outono. Esta medida aféctalles a setenta países en todo o mundo. Non obstante, Xapón é o único país industrializado que non adopta esta medida encamiñada ao aforro enerxético.

CANDIDATO/A B

• Menos tempo para durmir • Demasiado tempo de luz • Máis fatiga • Perturbación do ritmo biolóxico • Problemas para as actividades

nocturnas: horarios tardíos

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

A compra diaria!

CONTEXTO: Vostedes son dous/dúas amigos/as que teñen que facer a compra todos os días. Vostede prefire facelo en grandes superficies porque lle supón un considerable aforro de tempo e mesmo de cartos.

CANDIDATO/A A

• Fale da súa compra diaria (produtos, calidade, prezos...)

• Comente os lugares nos que habitualmente realiza as compras

• Defenda as razóns da súa postura

-----------------------------------------------------------------------------

A compra diaria!

CONTEXTO: Vostedes son dous/dúas amigos/as que teñen que facer a compra todos os días. Vostede prefire as pequenas tendas porque considera que o produto é de máis calidade e ofrécelle a vantaxe da proximidade e do trato directo coa xente, ademais de contribuír á supervivencia de moitos postos de traballo.

CANDIDATO/A B

• Fale da súa compra diaria (produtos,

calidade, prezos...) • Comente os lugares nos que

habitualmente realiza as compras • Defenda as razóns da súa postura

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Galicia desde o ceo!

CONTEXTO: Vostede xunto cun/ha amigo/a está pensado en realizar un/ha unha experiencia única: pretende tirarse en paracaídas desde unha altura considerable para poder contemplar Galicia desde o ceo. O/a candidato/a A dá argumentos a favor da idea e o/a candidato/a B, sen desagradarlle a proposta, considera que é demasiado arriscada e propón outras alternativas.

CANDIDATO/A A

• Expoña a súa proposta e explíquea • Comente como verían a paisaxe natural • Argumente a favor de que non é perigoso • Propoña outros deportes de aventura

-----------------------------------------------------------------------------

Galicia desde o ceo!

CONTEXTO: Vostede xunto cun/ha amigo/a está pensado en realizar un/ha unha experiencia única: pretende realizar sky-surf (surf aéreo) para poder contemplar Galicia desde o mar. O/a candidato/a B dá argumentos a favor da idea e o/a candidato/a A, sen desagradarlle a proposta, considera que é demasiado arriscada e propón outras alternativas.

CANDIDATO/A B

• Expoña a súa proposta e explíquea • Comente como verían a paisaxe marítima • Argumente a favor doutra aventura menos perigosa • Propoña outros deportes de aventura

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Non todo vai ser traballo!

CONTEXTO: Vostede está cun grupo de amigos/as e pensan que algún/ha compañeiro/a traballa demasiado. O/a candidato/a A explicará o seu traballo ou a súa ocupación, os seus gustos e afeccións e as súas relacións sociais.

CANDIDATO/A A

• Explique o seu traballo ou a súa ocupación actual

• Defina os seus gustos e afeccións • Describa as súas relacións sociais

-----------------------------------------------------------------------------

Non todo vai ser traballo!

CONTEXTO: Vostede está cun grupo de amigos/as e pensan que algún/ha compañeiro/a traballa demasiado. O/a candidato/a B propón comentarlle distintas alternativas de tempo libre.

CANDIDATO/A B

• Culturais: de cine, de teatro, de pintura, de música...

• Lúdicas: baile, pintura, xadrez, billar...

• Deportivas: tenis, fútbol, natación, baloncesto...

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Rumbo a...!

CONTEXTO: Vostedes xunto con dous/dúas amigos/as queren facer xuntos unha viaxe nas vacacións. Para iso deben poñerse de acordo e dicir a onde van ir. Vostede prefire realizar unha viaxe polo estranxeiro, xa que pensa que lle resulta máis enriquecedor coñecer novas culturas.

CANDIDATO/A A

• Expoña as razóns da súa

elección (o lugar, o tempo, os/as acompañantes, a duración...)

• Propoña diferentes medios de transporte

• Comente as características dos países de destino

• Formule distintas propostas de actividades segundo os destinos

-----------------------------------------------------------------------------

Rumbo a...! CONTEXTO: Vostedes son dous/dúas amigos/as que queren facer xuntos unha viaxe nas vacacións. Para iso deben poñerse de acordo e dicir a onde van ir. Vostede prefire un destino máis próximo, xa que lle ten medo ao avión e considera que os eventuais problemas que poidan xurdir son máis fáciles de resolver dentro da Unión Europea.

CANDIDATO/A B

• Expoña as razóns da súa elección (o lugar, o tempo,

os/as acompañantes, a duración...)

• Propoña diferentes medios de transporte

• Comente as características dos países de destino

• Formule distintas propostas de actividades segundo os destinos

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Compras con garantía!

CONTEXTO: Vostede acaba de comprar unha cámara fotográfica dixital que non funciona demasiado ben porque se lle traba o obxectivo. Vai á tenda coa garantía e explícalle os defectos da máquina ao/á encargado/a.

CANDIDATO/A A

• Describa a súa cámara fotografía (cando,

como, por que e para que a comprou) • Explique que defectos detectou nela e por

que considera que llos debe cubrir a garantía

• Opine sobre o servizo recibido (antes da venda e despois da venda)

-----------------------------------------------------------------------------

Compras con garantía!

CONTEXTO: Vostede acaba de comprar unha cámara de vídeo dixital que non funciona demasiado ben porque non pode ver o que grava. Vai á tenda coa garantía e explícalle os defectos da máquina ao/á encargado/a.

CANDIDATO/A B

• Describa a súa cámara de vídeo (cando, como, por que e para que a comprou)

• Explique que defectos detectou nela e por que considera que llos debe cubrir a garantía

• Opine sobre o servizo recibido (antes da venda e despois da venda)

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Europa máis cerca! CONTEXTUALIZACIÓN: Vostede ten un/ha amigo/a de estudos universitarios e os/as dous/dúas solicitaron unha bolsa Erasmus para realizar un curso nun país estranxeiro. Vostede elixiu un país mediterráneo e, nas vacacións, quedan para intercambiar opinións.

CANDIDATO/A A

• Indique a cidade que escolleu e por que

• Sitúea xeograficamente e conte o que coñeza dela

• Fale do seu centro de estudos e do aloxamento

-----------------------------------------------------------------------------

Europa máis cerca! CONTEXTUALIZACIÓN: Vostede ten un/ha amigo/a de estudos universitarios e os/as dous/dúas solicitaron unha bolsa Erasmus para realizar un curso nun país estranxeiro. Vostede decidiuse por un país do leste e, nas vacacións, quedan para intercambiar opinións.

CANDIDATO/A B

• Indique a cidade que escolleu e por que • Sitúea xeograficamente e conte o que coñeza dela • Fale do seu centro de estudos e do aloxamento

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Como cambiamos!

CONTEXTO: Vostede acode á casa dun/ha amigo/a de estudos co gallo da celebración dunha festa familiar. Durante a comida xorden diversos temas relacionados co paso dos anos e coas diferenzas entre os gustos e afeccións das distintas xeracións (avós, pais, persoais, fillos...)

CANDIDATO/A A

• Fale dalgúns cambios na vida do/a seu/súa avó/avoa que sempre viviu no rural galego

• Fale dos gustos e preferencias do/a seu/súa avó/avoa (estudos, traballo, lecer...)

• Compare as súas vivencias coa súa situación actual (estudos, traballo, lecer...)

-----------------------------------------------------------------------------

Como cambiamos!

CONTEXTO: Vostede acode á casa dun/ha amigo/a de estudos co gallo da celebración dunha festa familiar. Durante a comida xorden diversos temas relacionados co paso dos anos e coas diferenzas entre os gustos e afeccións das distintas xeracións (avós, pais, persoais, fillos...)

CANDIDATO/A B

• Fale dalgúns cambios na vida do/a seu/súa pai/nai que viviu moitos anos nunha cidade estranxeira

• Fale dos gustos e preferencias do/a seu/súa pai/nai (estudos, traballo, lecer...)

• Compare as súas vivencias coa súa situación actual (estudos, traballo, lecer...)

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Como cambiamos!

CONTEXTO: Vostede acode á casa dun/ha amigo/a de estudos co gallo da celebración dunha festa familiar. Durante a comida xorden diversos temas relacionados co paso dos anos e coas diferenzas entre os gustos e afeccións das distintas xeracións (avós, pais, persoais, fillos...)

CANDIDATO/A C • Fale dalgúns cambios na súa vida e na dos seus/súas

amigos/as tendo en conta que algúns viviron en diferentes lugares e/ou países

• Fale dos gustos e preferencias da súa xeración (estudos, traballo, lecer...)

• Compare as súas vivencias coa súa situación actual da xente máis nova (estudos, traballo, lecer...)

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Aforro enerxético!

CONTEXTO: Vostede traballa nunha pequena empresa. Para evitar a perda de cartos, a dirección decidiu propoñer medidas de aforro. Os/as empregados/as están invitados/as a reflexionar para buscar solucións.

CANDIDATO/A A

Vostede propón aforrar luz (luz natural, apagar, usar lámpadas de baixo consumo, detectores...). Argumente a súa opinión.

-----------------------------------------------------------------------------

Aforro enerxético!

CONTEXTO: Vostede traballa nunha pequena empresa. Para evitar a perda de cartos, a dirección decidiu propoñer medidas de aforro. Os/as empregados/as están invitados/as a reflexionar para buscar solucións.

CANDIDATO/A B Vostede propón aforrar calefacción (non quentar de máis, apagala, programala, baixala...). Argumente a súa opinión.

-----------------------------------------------------------------------------

Aforro enerxético!

CONTEXTO: Vostede traballa nunha pequena empresa. Para evitar a perda de cartos, a dirección decidiu propoñer medidas de aforro. Os/as empregados/as están invitados/as a reflexionar para buscar solucións.

CANDIDATO/A C Vostede propón aforrar gastos de funcionamento (fotocopiadora, fax, impresora, papel, material funxible...). Argumente a súa opinión.

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Planeta cine!

CONTEXTUALIZACIÓN: Vostede é un/ha apaixonado/a do cine e nunha conversa cuns/cunhas vellos/as compañeiros/as de estudos comentan algunhas das cuestións cinematográficas.

CANDIDATO/A A

• Que tipo de películas lle gustan máis? • Fale do argumento da película estranxeira que nunca esquecerá • Fale dalgunhas películas de actualidade, próximas estreas, filmografía,

rodaxes, actores ou actrices, etc. da filmografía estranxeira

-----------------------------------------------------------------------------

Planeta cine!

CONTEXTUALIZACIÓN: Vostede é un/ha apaixonado/a do cine e nunha conversa cuns/cunhas vellos/as compañeiros/as de estudos comentan algunhas das cuestións cinematográficas.

CANDIDATO/A B

• Que tipo de películas lle gustan máis? • Fale do argumento da película española que nunca esquecerá • Fale dalgunhas películas de actualidade, próximas estreas, filmografía,

rodaxes, actores ou actrices, etc. da filmografía española

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Planeta cine!

CONTEXTUALIZACIÓN: Vostede é un/ha apaixonado/a do cine e nunha conversa cuns/cunhas vellos/as compañeiros/as de estudos comentan algunhas das cuestións cinematográficas.

CANDIDATO/A C

• Que tipo de películas lle gustan máis? • Fale do argumento da película galega que nunca esquecerá • Fale dalgunhas películas, actores ou actrices, da situación do cine e da

dobraxe, etc. da filmografía galega

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego - Xuño 2008 Expresión e interacción oral

Toda unha vida!

CONTEXTO: Esta semana empezaron a derrubar unha serie de edificios de pisos nos que vostedes viviron. Este acontecemento que lles causou impacto, fíxolles lembrar moitas vivencias e emocións. Varios/as antigos/as veciños/as do barrio afectado intercambian impresións.

CANDIDATO/A A

Vostede viviu aquí desde que tiña 7 anos. Impresiónalle que o derruben todo pero pensa que pode mellorar e anovar o barrio e quere saber o que van poñer no seu lugar.

-----------------------------------------------------------------------------

Toda unha vida!

CONTEXTO: Esta semana empezaron a derrubar unha serie de edificios de pisos nos que vostedes viviron. Este acontecemento que lles causou impacto, fíxolles lembrar moitas vivencias e emocións. Varios/as antigos/as veciños/as do barrio afectado intercambian impresións.

CANDIDATO/A B

Vostede viviu aquí toda a súa vida. Sente moita tristeza e morriña, ten moitos lembranzas que agora van desaparecer. Non entende por que fan isto.

-----------------------------------------------------------------------------

Toda unha vida!

CONTEXTO: Esta semana empezaron a derrubar unha serie de edificios de pisos nos que vostedes viviron. Este acontecemento que lles causou impacto, fíxolles lembrar moitas vivencias e emocións. Varios/as antigos/as veciños/as do barrio afectado intercambian impresións.

CANDIDATO/A C

Vostede xa non vivía neste barrio desde hai seis meses. Marchou para montar a súa empresa de albanelaría. Non lle afecta o derrube pero sente curiosidade por ver ese espectáculo.