0115321 Outono Cultural 2019 triptico - Oroso · 20h - CONCERTO DE SAMAÍN da ESMU. MÉRCORES 30 E...

2
ORGANIZA COLABORA VENRES 8 DE NOVEMBRO 21h - A compañía REDRUM TEATRO representará Invisibles. Teatro para adultos. 3 premios de teatro María Casares. Actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e dirixida por Marián Barañobre Sinopse: Un lugar indeterminado. Tres mulleres. Sete testemuños reais. Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles. OUTONO CULTURAL 2019 OROSO 18 OCT - 22 NOV SÁBADO 16 DE NOVEMBRO 11:30h - Espectáculo para bebés (de 0 a 3 anos). BAOBAB TEATRO. Co espectáculo Puño Puñete Inscricións no 981 690 903 ou no centro cultural. Prazas limitadas. VENRES 22 DE NOVEMBRO 20h - CONCERTO SANTA CECILIA da ESMU.

Transcript of 0115321 Outono Cultural 2019 triptico - Oroso · 20h - CONCERTO DE SAMAÍN da ESMU. MÉRCORES 30 E...

ORGANIZA

COLABORA

VENRES 8 DE NOVEMBRO21h - A compañía REDRUM TEATRO

representará Invisibles. Teatro para adultos.

3 premios de teatro María Casares. Actrices: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez

e dirixida por Marián BarañobreSinopse: Un lugar indeterminado.

Tres mulleres. Sete testemuños reais.

Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles.

OUTONO CULTURAL

2019

OROSO18 OCT - 22 NOV

SÁBADO 16 DE NOVEMBRO11:30h - Espectáculo para bebés (de 0 a 3 anos). BAOBAB TEATRO.

Co espectáculo Puño Puñete Inscricións no 981 690 903

ou no centro cultural. Prazas limitadas.

VENRES 22 DE NOVEMBRO20h - CONCERTO SANTA CECILIA da ESMU.

VENRES 18 DE OUTUBRO21h - TEATRO.

A compañía A PANADARÍA representará Elisa e Marcela.

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.Con esta montaxe reciben 4 premios María Casares o premio Luísa Villalta para Iniciativas Culturais pola Igualdade, o XIV Premio LGBT Marcela e Elisa do Colectivo ALAS, o Premio do Público na MIT de Ribadavia 2018, o Premio do Público no FETEGA do Carballiño 2018 e o Premio á Mellor Actriz ex-aequo (Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no FETEGA do Carballiño 2018.

Teatro para adultos.

AS ACTUACIÓNS LEVARANSE A CABO NO CENTRO CULTURAL

XOVES 24 DE OUTUBRO18h - DÍA DA BIBLIOTECA.

Actuación musical de Pablo Díaz

con tic tac toc canta comigo. Dirixido ao público familiar.

VENRES 25 DE OUTUBRO19h - CHARLA.

A incrible historia da maxia a cargo do Mago Teto.

Dirixido a maiores de 7 anos. Inscricións no 981 690 903.

DOMINGO 27 DE OUTUBRO18h - MAXIA.

A cargo de Teto con Alquimia. Dirixido ao público familiar.

MÉRCORES 3020h - CONCERTO DE SAMAÍN da ESMU.

MÉRCORES 30 E XOVES 31 DE OUTUBRO

ENTREGA DE CABAZAS.Entrega a túa cabaza decorada con temática do

Samaín, e recibirás un agasallo!! As cabazas estarán expostas no centro cultural.

XOVES 31 DE OUTUBRODe 18 a 21h - FESTA DO SAMAÍN.

Fotomatón, disco móbil e obradoiros de maquillaxe.

Colabora traendo aperitivos terrorí� cos para a merenda.

Dirixido ao público familiar.Carpa instalada no exterior do centro deportivo.