0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e...

28

Transcript of 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e...

Page 1: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas
Page 2: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas
Page 3: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

3

Limiar

Cando un centro educativo acada os 175 anos de existencia, cómpre celebralo por todo o alto, xa que a educación é o piar fundamental do desenvolvemento de cada persoa e a base de sociedades máis libres, equitativas, solidarias e tolerantes.

A finais da primeira metade do século XIX, momento no que se creou o que hoxe é o IES Arcebispo Xelmírez I, os intelectuais da época sostiñan que os piares básicos sobre os que tiña que asentarse o progreso do país eran a educación e a cultura.

Durante a súa longa traxectoria, a través de cambios de localización e de denomina-ción, o IES Arcebispo Xelmírez I constitúese en ferramenta formativa que permite tanto o coñecemento da historia propia, como a interpretación da diversidade cultural. É, pois, unha peza clave do patrimonio histórico educativo da nosa comunidade, que forma parte da Rede de Institutos Históricos de Galicia.

Aínda máis, alberga unha das comunidades educativas máis activas do país, coa in-novación pedagóxica e a procura da excelencia como bandeira. Mantén así o difícil equilibrio entre unha educación en rápida transformación e o contacto co esencial do pasado e coas ensinanzas das persoas que sentaron as bases para ofrecer unha edu-cación de calidade.

Desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional saudamos, pois, este amplo e diverso programa de actividades para celebrar os 175 anos de vida deste centro, referencia nunha cidade referente e faro da educación en Galicia.

Carmen Pomar TojoConselleira de Educación,

Universidade e Formación Profesional

Page 4: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

4 -

Colexio de San Xerome, sededo Instituto entre 1845 e 1847

San Caetano, sede do Instituto entre 1965 e 1984

Casa da Compañía, sede doInstituto entre 1847 e 1965

Poza de Bar, sede doInstituto desde 1984

Page 5: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

54 -

Saúdo da dirección

Son moitas as persoas, moitas as xeracións que, desde a fundación en 1845 do Institu-to de Segunda Ensinanza de Santiago, encontraron nas súas aulas o alento intelectual e formativo que acabou por marcar o seu particular devir persoal. Se algo hai de certo nas palabras de Max Aub, segundo o cal un é de onde fai o bacharelato, podemos dicir sen temor a equivocarnos que moita da historia dunha sociedade, dun país, pasa polos seus institutos, onde saber, inquedanzas e, aínda máis, identidade, comezan a fraguarse.

Hai agora vinte e cinco anos, saudabamos a celebración do sesquicen-tenario do cen-tro indicando que o Instituto Xelmírez estaba de aniver-sario, que o Ensino Medio Com-postelán estaba de aniversario, porque na nosa condición de Instituto Histórico nos sentiamos herdeiros, á par do resto dos institutos santiagueses, do estenso legado humano, patri-monial e documental daquela institución pioneira que naceu no Pazo de San Xerome.

Os e as que, por razón de idade, e de biografía profesional, botamos unha ollada ao camiño percorrido, sentimos certa vertixe histórica, porque xunto aos Pondal, os Villar Ponte, os Castelao, os Valle-Inclán, está tamén toda unha sociedade no fardel das nosas aulas.

As actividades que nas páxinas que veñen a seguir, apenas bocexadas nunha enume-ración sucinta, son produto do traballo entusiasta dos homes e mulleres que confor-mamos o Xelmírez I, deses e desas profesionais que para alén do seu horario lectivo dedican tempo, sabedoría e entusiasmo a prestixiar un centro público, o ensino público.

No nome da comunidade educativa do instituto, quero expresar o noso máis profundo agradecemento a cantas persoas e institucións, moi en especial as educativas, acce-deron a colaborar connosco, a apoiarnos para que os actos conmemorativos estean á altura que tal evento merece.

Manuel Portas Fernández Director do IES Arcebispo Xelmírez I

Page 6: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

6 -

Comité de honraPRESIDENCIA

Excmo. Sr. D. Alberto Núñez FeijóoPresidente da Xunta de Galicia

Excma. Sra. Dª. Mª Carmen Pomar TojoConselleira de Educación, Universidade e F. Profesional

Excmo Sr. D. Román Rodríguez GonzálezConselleiro de Cultura e Turismo

Excmo e Magfco. Sr. D. Antonio López DíazReitor da Universidade de Santiago

Ilmo. Sr. D. Xosé Sánchez BugalloAlcalde do Concello de Santiago

Ilmo. Sr. D. Valentín Vázquez FormosoPresidente da Deputación Provincial da Coruña

Comité executivoIlmo. Sr. D. Jesús Oitabén Barcala

Secretario Xeral Técnico da Consellaría de Educación, Univ. e F.P.

Ilmo. Sr. D. Valentín García GómezSecretario Xeral de Política Lingüística

Ilmo. Sr. D. José Manuel Pinal RodríguezDirector Xeral de Centros e Recursos Humanos

Ilmo. Sr. D. Manuel Corredoira LópezDirector Xeral de Educación, Formación Profesional e I.E.

Ilma. Sra. Dª. María do Mar Lorenzo Moledo Vice-reitora de Comunicación, Cultura e Servizos

Ilmo. Sr. D. Indalecio Cabana Leira,Xefe Territorial da Consellaría de Educación, U. e F.P. da Coruña

Ilmo Sr. D. Xosé Xurxo Couto RodríguezDeputado Provincial de Cultura

Ilma Sra. Dª. Sandra González CastroDeputada Provincial de Educación

Ilma. Sra. Dª. Mercedes Rosón FerreiroConcelleira de Cultura do Concello de Santiago

Ilma. Sra. Dª. Noa Díaz Varela,Concelleira de Educación do Concello de Santiago

Ilma. Sra. Dª. Mª Esther Pedrosa CarreteConcelleira de Deportes do Concello de Santiago

Sr. D. Manuel Portas Fernández,wDirector do IES Arcebispo Xelmírez I

Page 7: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

76 -

Comisións de traballo

Coordinación xeralManuel Portas Fernández

Xestión económicaBerta Mata Hermida

Jorge Piñeiro GrandalXosé Antón López Fernández

Xornadas, mesas redondas, encontros

Fernando Prieto ValdésXavier Méndez Zunzunegui

Teresa Castro PazCésar Lema Pérez

Mercedes Neira GonzálezVitoria Fraga GonzálezMabel Prada Bustillo

Encontros literariosCecilia Pensado Banet

Olga Iglesias de la FuenteFernando Gómez Montiel

Paula Ríos EstévezCarme Moure Espiño

ExposiciónsMª Xesús Mascareñas Alonso

Paulo Porta MartínezXavier Corbelle CaoMaría García Alén

César García Camporro

Encontros internacionaisCarme Sande Senande

Roberto Rodríguez CarballadaMaría Xosé Diz ÁlvarezAndrés Fariña Cadenas

Comunicación, deseño gráfico e vídeoCristina Iglesias Saco

Paulo Porta Martínez

Natalia Val Guerreiro

Ramón Paz González

Documental. CinemaXosé Cascudo Rodríguez

Lucas Rei Seoane

Óscar Iglesias Araújo

CertamesBerta Mata Hermida

Eva Garea Traba

Sagrario Torrado Blanco

Paulo Porta Martínez

Luís Rei Tiago

Actividades deportivasJose Nodar Ron

Marcial de Martín Vázquez

Cecilia Pensado Banet

Celebracións musicaisFernando Prieto Valdés

Rosa Mª Fernández García

TeatroSagrario Torrado Blanco

Daniel Baamonde Boquete

Coidador@s do SarelaManuel Antonio Fernández Domínguez

Teresa Varela Fernández

Andrés Fariña Cadenas

Page 8: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

8 -

Xornada inauguralVenres, 17 de xaneiro de 2020

Descubrimento dunha placa conmemorativa do 175 aniversarioSalón de Actos do IES Arcebispo Xelmírez I

Acto solemne de inauguraciónHora: 13.00

Acto académico

Abertura do acto polo Presidente da Xunta de Galicia Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijóo.

Palabras do Director do Instituto Arcebispo Xelmírez I Sr. D. Manuel Portas Fernández.

Reseña histórica pola profesora Sra. Dª Mª. Xesús Mascareñas Alonso.

Intervención do Alcalde de Santiago, Ilmo. Sr. D. Xosé Sánchez Bugallo.

Clausura do acto polo Presidente da Xunta Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijoo.Gaudeamus Igitur, interpretado por alumnos e alumnas dos IES Antón Fraguas e Arcebispo Xelmírez I.

Page 9: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

98 -

Gaudeamus igiturGaudeamus igiturUbi sunt qui ante nos in mundo fuere? Vadite ad superos, transite ad inferos, ubi iam fuere. Vita nostra brevis est, breve finietur. Venit mors velociter, rapit nos atrociter, nemini parcetur. ¡Vivat Academia, vivant professores! ¡Vivat membrum quodlibet, vivant membra quaelibet! semper sint in flore. ¡Vivant omnes virgines faciles, formosas!¡Vivant et mulieres, Dulces et amabilis, Bonae, laboriosae! ¡Vivat et res publica, et qui illam regit! ¡Vivat nostra civitas, maecenatum charitas, quae nos hic protegit! Pereat tristitia, pereant osores. Pereat diabolus, quivis antiburschius, atque irrisores.

Onde están os que antes ca nós pasaron polo mundo? Subide aos ceos, descendede aos infernos, onde eles xa estiveron. A nosa vida é curta, en nadase acaba. Vén a morte axiña, arrástranos cruelmente, a ninguén perdoará. Viva a Universidade, vivan os profesores! Vivan calquera dos seus membrostodos os seus membros! Sempre luzan con esplendor. Vivan as mozas novas alegres e fermosas! Vivan tamén as mulleres, doces e amábeis, honestas, traballadoras! Viva tamén a república, e quen a goberna! Viva a nosa cidade, a axuda dos mecenas que aquí nos acolle!. Morra a tristeza, morran os envexosos. Morra o demo, calquera inimigo, e os burlóns.

O Gaudeamus é un canto estudantil que se acabou consagrando como himno univer-sitario internacional. De brevitate vitae, título que tiña o texto na primeira versión de que temos noticia, remóntase ao século XIII, a cuxa época pertencen as tres estrofas iniciais. As catro seguintes datan do XVIII, con múltiplas variantes e versións que se cantaron nesta etapa en ambientes universitarios alemáns. A variante textual e musical máis co-ñecida vén de 1876, realizada en Óxford polo Mestre Sir Herbert Oakeley.

Tematicamente, este himno universitario enlaza coas diferentes tendencias da poesía medieval europea, quer coa tradición dos monxes goliardos no que atinxe á exaltación hedonista da vida, quer coas escolas de xinea máis reflexiva e ascética. Os topoi litera-

Page 10: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

10 -

rios do carpe diem (que defende o goce do presente e da etapa da mocidade, tamén con pequenas variantes no colligere, virgo, rosas) e do ubi sunt (salientando a fugacida-de do tempo, da vida e dos bens materiais) teñen as súas orixes no mester de clerecía, moi do gusto dos poetas humanistas e clásicos.

Nese sabor clásico que ten o texto, non faltan os saúdos ás autoridades e mecenas, mesturados cos dedicados á muller, neste caso, desde unha perspectiva claramente ultrapasada.

A tradición chega ao seu cume poético e musical coas compilacións antolóxicas, leva-das ao terreo sinfónico e coral máis brillante, como é o caso dos Carmina Burana, de Carl Orff.

O berce orixinario do noso Instituto estivo na Universidade, nacendo no seo do vello Pazo de San Xerome. Co Gaudeamus queremos facer referencia a esa orixe histórica, ao pasado daquel primeiro centro de ensino medio compostelán, mais tamén ao dos nosos profesores e profesoras e do que será, nun futuro non moi afastado, do conxunto do noso alumnado.

Mesas redondasMesa redonda con antigo e novo profesorado

Data: 1º trimestre de 2020

Lugar: Aula Magna.

Mesa redonda con antigo e novo alumnadoData: 2º trimestre de 2020

Lugar: Aula Magna.

A Experiencia Pedagóxica, un fito educativo na historia do centro

Data: 4º trimestre de 2020

Lugar: Aula Magna.

Page 11: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

1110 -

Exposición

175 anos de ensino secundario en SantiagoO patrimonio pedagóxico do Instituto Xelmírez

A través da exposición na Igrexa da Compañía, faremos unha viaxe no tempo desde o nacemento do instituto da Universidade baixo dúas pautas básicas, a necesidade pedagóxica e o marco legal dos intereses políticos.

O nacemento, en San Xerome, busca organizar os estudos previos ás facultades maio-res formando os fillos dunha burguesía que tenta levar adiante a construción dun estado liberal. Para isto, percorremos 175 anos de docencia. Ábrese o Arquivo Histórico e toma vida profesorado e alumnado, materias e notas, esforzos e logros que se conver-ten en esperanzas sociais. Pasamos a porta da casa dos exercitantes de Mazarelos cara ao claustro. Os catedráticos, donos da materia, autores dos libros de texto, e, ao seu carón, ese corpo de substitutos e rexentes que salvan o día a día nas aulas. As leis e reformas acompáñannos no tempo, asomando de cando en vez a liberdade de ensino e as novas materias para os novos tempos.

Veremos notas e exames de todo tipo, superados polos escolares até acadar o título de bacharelato. Sabemos quen son, adolescentes aínda, os que fixeron país, Caste-lao, Pondal, Valle-Inclán, e tantos máis. Exhíbense unha variedade de materiais que formaron esas xeracións. Pezas nas que salienta desde a súa orixe até a súa función pedagóxica. Hoxe moitas delas son consideradas obras de arte.

As láminas didácticas de agricultura, de historia natural, de física; os mapas, moitos dunha España que xa non é; os modelos clásicos e a aprendizaxe en 3 D; os aparellos dos gabinetes científicos, prototipos no seu tempo; os libros da Biblioteca Antiga que arrouparon durante anos a ese alumnado. Esta exposición tenta ser unha reflexión de que un país é o que inviste en educación.

Comisariado: Mª. Xesús Mascareñas, Xavier Corbelle e Paulo Porta.

Datas: Abril-Maio.

Lugar: Igrexa da Universidade.

Page 12: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

12 -

Exposición

Diálogos de Creación175 anos de arte no Instituto Xelmírez

Diálogos de Creación proponse como unha exposición conmemorativa dos 175 anos do Instituto Xelmírez na que se pretende dar a coñecer como este centro chegou a ser un lugar de referencia na historia da creación artística e cultural de Galicia ao longo dos anos, e como desde a súa fundación até a actualidade se foron establecendo redes de colaboración, baseadas nas relacións de coñecemento e amizade forxadas nas aulas entre alumnado e profesorado que traspasaron os tempos do instituto e os levaron a traballar xuntos en proxectos creativos.

A exposición percorrerá de xeito cronolóxico as figuras máis representativas nas di-ferentes disciplinas artísticas que formaron e forman parte da historia do Instituto e construíron entre eles uns Diálogos de creación que van desde a literatura á música, pasando pola escultura e a pintura, desde Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Manuel Murgía, Antonio López Ferreiro, Alfredo Brañas, Ramón María del Valle-Inclán, Alejandro Pérez Lujín, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Jose María Fenollera, Manuel Antonio, Luís Seoane, Isidro Parga Pondal, Eugenio Fernández Granell, Isaac Díaz Pardo, Carlos Maside, Felipe Criado, Roberto Vidal Bolaño ou Manuel Quintana Martelo.

Comisariado: María García-Alén

Datas: Novembro-decembro.

Lugar: Pazo de Fonseca.

Page 13: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

1312 -

Xornadas Xosé Calviño

A lingua galega, identidade dun instituto galego

O Xelmírez foi un dos institutos pioneiros en materia de normalización lingüística, le-vando adiante iniciativas que despois se expandiron a moitos outros centros do país. Parece acaído que, nunha data tan simbólica da nosa historia, fagamos unha reflexión sobre o estado actual dos usos lingüísticos, non só no noso instituto senón tamén no conxunto do sistema educativo galego.

A tal efecto, celebraremos uns encontros, con conferencias e mesas redondas, nas que analizaremos a evolución do compoñente lingüístico na educación, así como as experiencias máis novidosas que se están a levar adiante en Galicia en materia de ex-pansión do uso do idioma propio.

Data: Marzo de 2020

Lugar: Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez I

Page 14: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

14 -

Teatro

25 aniversario de Vai no dentistaCon motivo do 150 aniversario do instituto, no ano 1995 púxose en marcha un obradoi-ro de teatro do que naceu o grupo Vai no dentista, que desde aquela até hoxe nunca deixou de actuar. E de medrar, tanto no número de rapaces e rapazas que cada curso se queren sumar ao seu plantel, como nos éxitos acadados, obtendo nos últimos catro anos tres premios Buero Vallejo de teatro afeccionado.

Naquel 1995, hai 25 anos, representaron “A volta ao mundo”, unha obra que pretendía salientar e reprender o machismo estrutural existente na sociedade. “A volta ao mundo”, lonxe de ser unha obriña de ciencia ficción e aventuras, intercambiaba os papeis dos homes e as mulleres de diferentes idades e ideoloxías, pero sen atallar a desigualdade, resultando unha peza na que o home acababa vivindo sen liberdade, con inseguridades e sendo a vítima da violencia.

Neste 2020 Vai no dentista tentará representala de novo, contando con parte do elenco orixinal, mesturado con parte dos actores e actrices actuais. Coincidindo coa represen-tación, celebraremos unha Gala de Actores e Actrices de Vai no dentista.

Coordinación: Sagrario Torrado e Daniel Baamonde Boquete

Data: 1º e 2º trimestres de 2020

Lugar: Salón de Actos do Instituto / Teatro Principal

Page 15: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

1514 -

Encontros

A Dimensión internacional da educaciónEncontro con centros educativos europeos

Unha das características que definen o proxecto educativo do IES Arcebispo Xelmírez I é a súa compoñente internacional, sabedores de que o relacionamento do noso alum-nado con rapaces e rapazas doutras sociedades, doutras realidades, doutras culturas, só pode ter efectos positivos na súa formación e mesmo na reafirmación da súa iden-tidade diferenciada.

Coincidindo co encontro final dos dous proxectos Erasmus+ que nestes dous últimos anos coordina o noso centro, Bullying e Ciberbuylling e +Camiño UnE, e na súa últi-ma xornada, é a nosa vontade reunir a representantes dos centros educativos europeos cos que estivemos mantendo relación nos últimos tempos para reflexionarmos –reafir-marnos– nese compromiso europeísta que debe ser inherente á educación. Alemaña, Italia, Grecia, Franza, Polonia, Portugal, Eslovenia, Noruega,... ademais de centros de Madrid, Navarra e Salamanca serán os países e cidades convidados a participar. Con-taremos tamén nos actos coas autoridades da Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional, do SEPIE e do Consello de Europa.

Lugar: Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez I

Page 16: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

16 -

Encontro co CERN

Na fronteira do coñecemento,nos límites da tecnoloxía

Xornada sobre a Ciencia desenvolvida no CERN, coa presenza de Mar Capeáns Garri-do, Coordinadora Técnica do experimento CMS Udgrade, e Juan Carlos Pérez, Lider do Laboratorio de I+D de imans supercondutores do CERN, que ofrecerán ao alumando compostelán a conferencia:

Grandes instrumentos para un mundo minúsculo

O CERN, Organización Europea para a Investigación Nuclear con sede en Xenebra (Suí-za), constitúe un exemplo de organización modélica tanto pola súa exitosa traxectoria científica como polos valores que transmite. Fundado en 1954, é un exemplo de co-laboración científica entre diferentes países, de traballo interdisciplinar entre científicos, enxeñeiros e técnicos de culturas diversas. Conta co acelerador de partículas máis po-deroso do mundo, o Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, unha das máquinas máis complexas xamais construída polo ser humano. O LHC permite realizar observacións e descubrimentos sobre o universo, e responder a algúns dos misterios máis importantes da ciencia actual: Como se orixinou a masa das partículas? Que é a materia e a enerxía escura? Esta conferencia presentará os retos da física de partículas e as tecnoloxías utilizadas no CERN, así como a forma na que se combinan os recursos da comunidade científica para planificar, desenvolver e operar estes instrumentos na vangarda da inves-tigación e que reportan relevantes avanzos e aplicacións á sociedade.

Coordinación: Xavier Corbelle, Mercedes Neira e Vitoria Fraga.

Data: 27 de marzo. Lugar: Salón de Actos.

Page 17: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

1716 -

Xornada Clubs de ciencias

Dos Gabinetes de Ciencias dos institutos históricos aos Clubes de Ciencia e o STEMbach

Esta xornada, organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración co IES Ar-cebispo Xelmírez I, estará centrada nos Clubs de Ciencia e no STEMbach.

A xornada comezará cunha conferencia sobre os Gabinetes de Ciencias dos institutos históricos de Galicia, continuará coa retransmisión en directo, desde o Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, de experimentos levados a cabo por alumnado de dis-tintos clubs de ciencia, e rematará cunha visita ao laboratorio histórico do IES Arcebispo Xelmírez I.

Coordinación: Xavier Méndez Zunzunegui

Data: 29 de abril

Lugar: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega e Museo do Instituto.

Page 18: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

18 -

Coidadores do río Sarela

Un dos nosos sinais de identidade vén sendo nos últimos trinta anos a súa impli-cación no coñecemento e na problemática medio ambiental. Dúas razóns sosteñen este enfo-que educativo: a aceptación dun modelo pedagóxico activo e participativo como base dunha aprendizaxe fornecedora das principais competencias humanas, e tamén a in-trodución no ámbito escolar dos problemas reais da sociedade. Xusto un deses retos é o da sustentabilidade do noso modelo económico, dependente dun sistema ecolóxico, alterado polo aumento do impacto ambiental.

A privilexiada situación do centro, no Campus Sur, inmerso no interior dun barrio com-postelán tradicional, e a pouca distancia dunha das dúas vías fluviais da cidade, fai que dispoñamos de recursos didácticos de alto valor para o deseño de actividades. De aí, tomar o Sarela como centro da intervención medioambiental.

Co patrocinio de Coca-cola, desenvolverase ao longo do segundo e terceiro trimestres do curso 2019-2020 co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, de xeito interdis-ciplinario, aínda que co protagonismo básico das materias de Bioloxía-Xeoloxía, Cultura Científica e Economía. Buscarase como un dos obxectivos fundamentais a integración destas actividades escolares coas da Asociación de viciños do Bairro de San Lourenzo.

A metodoloxía de traballo alternará actividades de campo, para a toma de datos, con se-sións de laboratorio, e a elaboración final dun informe escrito e audiovisual para a súa difu-sión e entrega aos destinatarios pertinentes. Pretendese non só coñecer o estado do río, senón tamén emprender as accións necesarias para a súa conservación e restauración.

Coordinación: Manuel Antonio Fernández / Andrés Fariña / Teresa Varela

Entidade patrocinadora: Coca-cola.

Data: 1º, 2º e 4º trimestres 2020

Lugar: Instituto e ribeiras do Sarela.

Page 19: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

1918 -

Música no Xelmírez

A música sempre estivo moi presente en todas as actividades do centro. A presenza dun ciclo de imaxe e son, aínda que ao longo da historia fora mudando de nome, e a capacidade dun gran Salón de Actos, que vai quedar totalmente remodelado para os actos do aniversario, permitiron que ao longo dos cursos o noso alumnado dese ren-da solta a súa creatividade musical. Moitos deses alumnos, desas alumnas, seguiron vencellados ao mundo da música e queremos contar con eles para esta celebración.

Tamén ao longo dos derradeiros cursos impartiron clases profesoras e profesores, case sempre de música, que desenvolven unha acreditada traxectoria artística.

Con todos eles, alumnado e profesorado, de hoxe e de sempre, queremos contar para organizar varios concertos para conmemorar o 175 aniversario do instituto. A nosa idea é celebrar unha grande festa-concerto nunha das salas de concertos da cidade e ou-tras no noso Salón de Actos.

Coordinación: Fernando Prieto Valdés

Data: 1º, 2º e 4º trimestres 2020

Lugar: Salón de Actos e unha Sala de Concertos da cidade

Page 20: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

20 -

Encontros literariosAínda que xa vén un tipo de actividade habitual na vida ordinaria do centro, a través dos catro clubs de lectura que funcionan no presente curso, ao longo do ano 2020 imos celebrar encontros con escritores e escritoras, de maneira moi especial cos que estiveron relacionados co noso instituto, ben como alumnos ou alumnas, ben como profesoras ou profesores.

Coordinación: Cecilia Pensado, Carme Moure, Olga Iglesias, Fernando G. Montiel e Paula Ríos.

Datas: ao longo do ano 2020.

Lugar: Biblioteca Escolar do IES A. Xelmírez I.

Elaboración dunha pintura mural

O instituto é produto das persoas que curso a curso se esforzan en reinventalo, en dotalo de novos contidos. Queremos levar a cabo un proxecto de pintura mural nunha das fachadas exteriores do centro, como homenaxe a todas esas persoas que foron creando esa personalidade diferenciada ao longo dos 175 anos da súa dilatada historia, unha obra que, coordinada por un artista plástico de recoñecido prestixio, será protago-nizada polo alumnado do centro.

Coordinación: Natalia Val Guerreiro.

Data: 1º e 2º trimestre de 2020.

Lugar: Exteriores do instituto.

Page 21: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

2120 -

Premios AXI de banda deseñada

Edición especial 175 AniversarioNa procura de novos incentivos para a expresión artística da xente nova, e co obxectivo de pular porque a súa expresión se faga na lingua propia do país, naceron hai oito anos os Premios AXI de Banda Deseñada.

Nada da colaboración entre a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nesta oitava edición acrecentamos unha Mención Especial dos premios, dirixida ao alumnado dos centros de ensino público da cidade de Santiago, dotado con diploma e agasallo, para conmemorar tamén con esta iniciativa o 175 Ani-versario da fundación do Xelmírez.

Coordinación: Paulo Porta Martínez e Sagrario Torrado Blanco.

Data de entrega dos Premios: 18 de Xuño de 2020

Lugar: Biblioteca Escolar.

Page 22: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

22 -

Premios de ensaio subversivo Guillermo Domínguez

Edición especial 175 AniversarioCos mesmos obxectivos de promoción da lingua galega e con motivo do 175 aniversa-rio, a convocatoria do Premio de Ensaio Subversivo Guillermo Domínguez inclúe unha mención especial dirixida ao alumnado dos centros de ensino público de Santiago de Compostela. Esta mención especial quere deixar constancia de que neste 175 ani-versario non só se celebra o nacemento do noso centro senón tamén, e fundamental-mente, o de todo o ensino secundario da cidade de Santiago, o de todos os que foron xurdindo ao longo destes 175 anos.

Esta é a VIII convocatoria deste premio, xa consolidado no centro e na educación secunda-ria de Galicia. Dirixido a estudantes de secundaria e cunha orientación cara ao pensamento filosófico e crítico, celébrase cada ano para honrar a memoria de Guillermo Domínguez, profesor deste centro que na súa traxectoria docente sempre tivo entre as súas prioridades fomentar o pensamento crítico e a reflexión sobre a sociedade en que vivimos.

Dentro das actividades que entorno a esta convocatoria se celebrarán este ano, man-teremos encontros con escritores e escritoras de ensaio filosófico ao longo dos meses de Febreiro e Marzo de 2020 e faremos unha exposición de traballos de pensamento crítico e diarios filosóficos do alumnado de Bacharelato do IES Xelmirez I.

Coordinación: Eva Garea Traba e Berta Mata Hermida.

Data de entrega dos Premios: 18 de Xuño de 2020

Lugar: Biblioteca Escolar do IES Arcebispo Xelmírez I.

Page 23: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

2322 -

Celebracións deportivasComo non podía ser doutra maneira nun centro educativo onde os mozos e mozas son inmensa maioría, nas celebración do 175 Aniversario non faltan os deportes. Ademais das competicións internas, o Departamento de Educación Física programa encontros deportivos de diferentes deportes con exalumnado do centro, figuras do deporte com-postelán, como Moncho Fernández, exhibicións deportivas mixtas, así como deportes alternativos coeducativos.

Despois de participar un grupo de alumnos e alumnas na Carreira Pedestre Popular de Santiago, con petos identificativos e a colocación de pancartas do 175 Aniversario, imos promover para o conxunto dos institutos da cidade unha Carreira de Orientación, en colaboración coa USC e a Asociación de Orientación Correr e Pensar, na Granxa do Xesto ou no Parque de Galeras.

Do mesmo xeito, e para o deporte que se elixa, queremos celebrar no noso pavillón unha Final do Deporte Escolar que se organiza todos os anos dentro do programa Xo-gade.

Xa por último, vaise elaborar unha Coreografía de Grande Grupo, como actividade rít-mico-artístico-expresiva.

Coordinación: Jose Nodar Ron e Marcial de Martín Vázquez

Data: 1º e 2º trimestres de 2020

Lugar: Pavillón e Pista Deportiva do instituto. Granxa do Xesto / Parque de Galeras.

Page 24: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

24 -

Torneo de xadrezAniversario

O xadrez goza de grande tradición no IES Arcebispo Xelmírez I. Da mesma maneira que hai anos tivemos un equipo federado, nos últimos tempos, e organizado pola Biblioteca do Instituto, celebramos partidas simultáneas nos recreos dos mércores, coordinadas por un monitor, con grande éxito entre o alumnado.

Como actividade conmemorativa, imos celebrar o Torneo Aniversario no que poderán participar os centros de ensino medio de Santiago, coa colaboración de FEXAGA, a Federación Galega de Xadrez, seguindo o sistema de xogo suizo, con número irregular de participantes. Cada centro participará cun mínimo de tres alumnos e alumnas.

Coordinación: Cecilia Pensado, Xosé Luís Veiga e Fernando Sánchez.

Datas: 18 e 25 de marzo.

Lugar: Hostal dos Reis Católicos.

175. Todo o que nos uneVideo promocional

Con motivo da celebración do aniversario do IES Arcebispo Xelmírez I, o alumnado de 2º de Bacharelato (materia Imaxe e Son) conxuntamente co do Ciclo de Video Dj e Son Modular (materias: Instalación e montaxe de equipamentos de son, Captación e gravación de son) realizarán un vídeo promocional dunha duración aproximada de 120 segundos sobre o centro, trasladando ao ámbito do noso centro de estudos un discurso sobre a tolerancia e a empatía cara os demais. A realización de 175. Todo o que nos une supón non só asumir unha linguaxe, a audiovisual, co obxectivo de comu-nicar unha mensaxe transparente sobre o noso proceso de aprendizaxe e crecemento, como alumnado e como persoas, senón tamén empregar ferramentas propias do dis-curso publicitario, a través da emoción e a persuasión.

Coordinación: Xosé A. Cascudo Rodríguez.

Page 25: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

2524 -

Documental sobre a historia do InstitutoUn traballo documental que parte do entorno cotiá do centro para reconstruír a súa historia, partindo da premisa de que calquera persoa que formou parte nalgún momen-to do Xelmírez xa entrou na súa historia. Para a realización do traballo combinaranse diferentes técnicas audiovisuais como entrevistas, rodaxe de secuencias do día a día, manipulación de materiais de arquivo como fotografías e noticias aparecidas na prensa.

A preprodución alongarase de outubro de 2019 a febreiro de 2020, a produción será en marzo deste ano e a postprodución entre marzo e abril. A estrea da obra, duns 40 minutos, está programada para o 14 maio 2020.

Coordinación: Xosé A. Cascudo Rodríguez.

Pensar, rodar, montar... en galego?Xornadas sobre cinema galego

Con este ciclo preténdese mostrar o proceso de creación dunha serie de filmes desde a perspectiva dos directores despois do seu visionado, nun debate aberto co alumnado do centro. Todos os filmes seleccionados son obras de carácter social que abranguen temáticas diversas sobre as que cómpre reflexionar: as identidades difusas, as desi-gualdades nun mundo global, o holocausto do rural, etc.

Entre os filmes proxectados estarán:

Tralas Luces (Sandra Sánchez, 2011). Hamada (Eloy Domínguez Serén, 2018). Ma-tria (Álvaro Gago, 2018). Trote (Xacio Baño, 2018). Avión, el pueblo ausente (Marcos Hervera, Maria Hervera, 2012). Os fenómenos (Alfonso Zarauza, 2014).

Coordinación: Óscar Iglesias Araúxo, Lucas Rei Seoane e Xosé A. Cascudo Rodríguez.

Datas: Febreiro e Marzo.

Lugar: Salón de Actos.

Page 26: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

26

Institucións patrocinadorasConsellaría de Educación, Universidade e F.P.

• Secretaría Xeral Técnica

• Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

• Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e I.E.

• Xefatura Territorial da Consellaría de Educación, U. e F.P. da Coruña

Consellaría de Cultura e Turismo• Secretaría Xeral de Política Lingüística

Concello de Santiago• Concellaría de Cultura

• Concellaría de Educación

• Concellaría de Deportes

Deputación Provincial da CoruñaUniversidade de Santiago de Compostela

• Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos

O Instituto Xelmírez quere facer público o seu profundo agradecemento a todas aquelas institucións e particulares que colaboran connosco na organización dos actos conme-morativos contidos no presente programa.

Page 27: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas
Page 28: 0145049 Programa actividades 175 Aniversario v1Casa da Compañía, sede do Instituto entre 1847 e 1965 Poza de Bar, sede do Instituto desde 1984. 4 -5 Saúdo da dirección Son moitas

CONSELLERÍA DE CULTURAE TURISMO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADEE FORMACIÓN PROFESIONAL

LUIS FELIPE POLO DÍAZ

12362710A

NEUPIC-MUNDODIARIO

CRISTOBAL MARTÍN DOPICO

32680888G

TELECINCO

JOSÉ CARLOS LÓPEZ VARELA

32671870W

CUATRO

ALBERTO VÁZQUEZ FERNÁNDEZ 

36104005P

TVE (LAVINIA)

JUAN JOSÉ ARIAS SOLER

52451878X

LA VOZ DE GALICIA

MAURO BASTÓN PIÑEIRO

53614584C

EUROPA PRESS GALICIA

LAURA PEÑA MOSCOSO

76418784L

TVG

FRANCISCO JAVIER PIÑEIRO VILAS

33241225 S

TVG