04.2 configuración de impresoras en rede
Transcript of 04.2 configuración de impresoras en rede
1. Compartir unha impresora en Windows Server 2008
Inicio → Panel de control → Impresoras. Imos
agregar unha impresora para compartila, picando
en Agregar impresora.
Picamos en Agregar unha impresora local (En
Windows 8, primeiro o sistema intentará detectar a
impresora automaticamente e seleccionaremos a
opción de La impresora deseada no está en la lista
para despois escoller a opción de agregar unha
impresora local ou de rede con configuración
manual)
1. Compartir unha impresora en Windows Server 2008
Como porto da impresora, seleccionaremos o
porto LTP1, que se corresponde co porto
paralelo.
Imos seleccionar o controlador para a impresora.
Neste caso, unha Brother.
1. Compartir unha impresora en Windows Server 2008
Poñemos o nome que queiramos para a
impresora.
Neste paso xa podemos compartir directamente
a impresora. Seleccionamos a opción de
Compartir e dámoslle un nome ao recurso
compartido.
1. Compartir unha impresora en Windows Server 2008
Finalizamos o asistente de creación da
impresora. Se pulsamos en Imprimir unha páxina
de proba poderemos comprobar que é enviada á
impresora para ser imprimida.
Ao rematar pulsamos en Finalizar.
Estado da cola de impresión unha vez enviada a
imprimir a páxina de proba.
1. Compartir unha impresora en Windows Server 2008
Xa podemos ver a impresora no apartado de
Impresoras . Se quixeramos compartir unha
impresora xa creada, teríamos que picar sobre
ela co botón dereito e seleccionar a opción de
Propiedades ou directamente a opción de
Compartir.
Na pestana de Compartir temos a posibilidade
de activar ou non a opción de compartir a
impresora. Tamén temos na parta inferior a
posibilidade de instalar distintos controladores
da impresora para outros sistemas operativos,
para que os equipos que se conecten á
impresora poidan obter os controladores que
precisen deste equipo.
Neste exemplo non imos marcar
esta opción. Se buscamos a
impresora no AD non aparecerá
2. Xestión dos permisos nas impresoras compartidas
Desde a mesma ventá de propiedades da impresora podemos acceder á pestana de Seguridade
que permite establecer permisos sobre a impresora. Obsérvese que neste caso non podemos
establecer permisos sobre o recurso compartido (como no caso das carpetas compartidas), senón que
simplemente poñeremos permisos sobre a propia impresora.
2. Xestión dos permisos nas impresoras compartidas
Permisos en impresoras compartidas Permite ao usuario:
Imprimir Conectarse a unha impresora e enviar documentos a dita impresora.
Administrar impresoras
Realiza-las tarefas asociadas co permiso Imprimir. O usuario tamén ten control administrativo completo da impresora. Pode pausala e reiniciala, cambiar a configuración da cola de impresión, compartila, axustar os seus permisos e cambiar as súas propiedades.
Administrar documentos
Pausar, reanudar, reiniciar, cancelar e reorganizar a orde dos documentos que envían os restantes usuarios. O usuario non pode enviar documentos á impresora nin controlar o estado da mesma.
2. Xestión dos permisos nas impresoras compartidas
Permisos de impresoras asignados a grupos predeterminados
Grupo Imprimir Administrar documentos
Administrar impresoras
Administradores X X X
Creator/Owner X
Todos X
Usuarios Avanzados X X X
Operadores de impresión X X X
Operadores de servidores X X X
3. Acceder a unha impresora en Windows
Para acceder a unha impresora compartida en
Windows imos iniciar de novo o asistente para
agregar unha impresora, pero agregando unha
impresora de rede en lugar de unha impresora
local:
Seleccionamos Impresora de red, inalámbrica o
bluetooth
3. Acceder a unha impresora en Windows
Windows intentará detectar todas as impresoras
compartidas na rede local. Se aparece na lista a
impresora que nos interesa, seleccionámola e
picamos en Siguiente. Senón, podemos picar na
opción La impresora deseada no está en la lista
para indicar a impresora
Desta forma poderemos indicar a impresora á
que queremos acceder poñendo o nome do
equipo que comparte a impresora e o nome do
recurso compartido ou ben podemos buscala na
rede pulsando o botón Examinar.
Se cando compartimos a impresora
marcamos a opción ‘Mostrar lista en el
directorio’ a impresora aparecería aquí.
Probarémolo noutro exemplo
3. Acceder a unha impresora en Windows
Establécese a conexión coa impresora
seleccionada
Establécese un nome para a nova impresora.
3. Acceder a unha impresora en Windows
Finalizamos o asistente. Como vemos, a impresora aparece como unha
impresora mais e xa a podemos utilizar dende
calquera programa, e cando imprimamos nela
Windows redirixirá a petición de impresión á
impresora compartida na rede local.
3. Acceder a unha impresora en Windows
Mostra da cola de impresión da impresora. O documento que se ve enviámolo a imprimir a través da
rede.
4. Administrar controladores de impresora Agregar controladores de impresora para otros sistemas operativos clientes
Instalamos controladores para
sistemas operativos de 64bits.
No cliente, a impresora configurarase
automaticamente sen que lle pida
controladores ao usuario