1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo...

14
1 UNIDADE 7 O verbo As formas amodotemporais As perífrases verbais 1. O verbo Semanticamente, o verbo é unha clase de palabras que indica acción, procesos ou estados: - Foron á manifestación onte (acción) - O neno medrou moito (proceso) - Xoán está moi ledo (estado) Desde o punto de vista sintáctico, o verbo é o núcleo da frase verbal e funciona na cláusula como predicado. Podemos diferenciar dous tipos de verbos: - T ransitivos: se precisan dun complementodirecto para a súa significación plena: A nena estuda a lección . - Intransitivos: se non precisan de complementos para significar: O gato miaña. Desde o punto de vista morfolóxico, é unha palabra variable que está formada por: Tema= Raíz+VT Morfemas flexivos (Morfema modo tempo/ morfema número persoa) TEMA MORFEMAS FLEXIVOS Raíz/lexema VT MMT MNP part i re des cant a ba Mos ` A VT clasifica os verbos en tres conxugacións: VT a (acadar) 1ª conxugación VT e (temer) 2ª conxugación VT i (vivir) 3ª conxugación O MMT indica o modo (indicativo, subxuntivo…) e o tempo O MNP sinala a persoa gramatical suxeito da acción (1ª a 6ª persoas) Aqueles verbos que ao longo da conxugación manteñen inalterado o lexema e seguen o patrón da súa conxugación son regulares; aqueloutros que modifican, ora o lexema ora o modelo da conxugación, son irregulares.

Transcript of 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo...

Page 1: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

1

UNIDADE 7

O verbo As formas amodotemporais As perífrases verbais

1. O verbo Semanticamente, o verbo é unha clase de palabras que indica acción, procesos ou estados: - Foron á manifestación onte (acción) - O neno medrou moito (proceso) - Xoán está moi ledo (estado) Desde o punto de vista sintáctico, o verbo é o núcleo da frase verbal e funciona na cláusula

como predicado. Podemos diferenciar dous tipos de verbos: - Transitivos: se precisan dun complementodirecto para a súa significación plena:

A nena estuda a lección. - Intransitivos: se non precisan de complementos para significar:

O gato miaña.

Desde o punto de vista morfolóxico, é unha palabra variable que está formada por: Tema= Raíz+VT Morfemas flexivos (Morfema modo tempo/ morfema número persoa)

TEMA MORFEMAS FLEXIVOS

Raíz/lexema VT MMT MNP

part i re des

cant a ba Mos `

A VT clasifica os verbos en tres conxugacións:

VT a (acadar) 1ª conxugación

VT e (temer) 2ª conxugación

VT i (vivir) 3ª conxugación

O MMT indica o modo (indicativo, subxuntivo…) e o tempo O MNP sinala a persoa gramatical suxeito da acción (1ª a 6ª persoas) Aqueles verbos que ao longo da conxugación manteñen inalterado o lexema e seguen o patrón da súa

conxugación son regulares; aqueloutros que modifican, ora o lexema ora o modelo da conxugación, son irregulares.

Page 2: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

2

Os verbos regulares

Page 3: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

3

Son verbos regulares aqueles que conservan a raíz e engaden as mesmas desinencias correspondentes á súa conxugación.

I Conxugación andar

II Conxugación varrer

III Conxugación partir

INDICATIVO PRESENTE

ando varro parto andas varres partes anda varre parte

andamos varremos partimos andades varredes partides andan varren parten

COPRETÉRITO andaba varría partía andabas varrías partías andaba varría partía

andabamos varriamos partiamos andabades varriades partiades andaban varrían partían

PRETÉRITO andei varrín partín

andaches varriches partiches andou varreu partiu

andamos varremos partimos andastes varrestes partistes andaron varreron partiron

ANTEPRETÉRITO andara varrera partira andaras varreras partiras andara varrera partira

andaramos varreramos partiramos andarades varrerades partirades andaran varreran partiran

FUTURO Andarei Andarás Andará Andaremos andaredes andaredes andarán

Varrerei Varrerás Varrerá Barreremos Varreredes varrerán

Partirei Partirás Partirá Partiremos Partiredes Partirán

POSPRETÉRITO andaría varrería partiría andarías varrerías partirías andaría varrería partiría

andariamos varreriamos partiriamos andariades varreriades partiriades andarían varrerían partirían

SUBXUNTIVO PRESENTE

ande varra parta andes varras partas ande varra parta

andemos varramos partamos andedes varrades partades anden varran partan

Page 4: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

4

PRETÉRITO andase varrese partise andases varreses partises andase varrese partise

andásemos varrésemos partísemos andásedes varrésedes partísedes andasen varresen partisen

FUTURO andar varrer partir

andares varreres partires andar varrer partir

andarmos varrermos partirmos andardes varrerdes partirdes andaren varreren partiren

IMPERATIVO anda varre parte

andade varrede partide

Verbos con alternancia vocálica Estes verbos considéranse regulares, pero presentan modificación na vogal. Temos catro modelos:

Alternancia e/ℇ; o/ ↄ Alternancia i/e/ ℇ

Alternancia e/i Alternancia u/ ↄ

Beber, comer, querer, esquecer … Servir, sentir, consentir, seguir, ferir, mentir …

Advertir, pedir, preferir …

Durmir, cubrir, fuxir, lucir, subir, sufrir, lucir …

como (o) comes (ↄ) come (ↄ) comemos (o) comedes (o) comen (ↄ)

bebo (e) bebes (ℇ) bebe (ℇ) bebemos (e) bebedes (e) beben (ℇ)

minto mentes (ℇ) mente (ℇ) mentimos (e) mentides (e) menten (ℇ)

advirto advirtes advirte advertimos advertides advirten

durmo dormes (ↄ) dorme (ↄ) durmimos durmides dormen (ↄ)

Valores dos tempos e modos INDICATIVO (real) presente pretérito copretérito

(pretérito imperfecto)

antepretérito (pretérito pluscuamperfecto)

futuro pospretérito (condicional)

Coincidencia co momento de fala

Tempo pasado/ acción rematada

Tempo pasado/ acción duradeira

Pasado con respecto a unha acción xa pasada

Acción posterior ao momento de fala

Posterioridade con respecto ao pasado

Estamos na clase

Nacestes hai varios anos

Eu estudaba nese colexio

Cando chegaches eles xa marcharan

Estaremos en segundo o ano vindeiro

Dixo que sería rica

SUBXUNTIVO (irreal ou hipotético) presente pretérito futuro Acción presente ou futura irreal ou incerta

Acción pasada irreal ou incerta Posterior ao momento de fala con valor hipotético

Poida que vaiamos a Vigo Se tivese cartos compraría ese libro

Se viñerdes algún día poderiamos vernos

NOTA: o futuro de subxuntivo ten moi pouco uso na lingua moderna, deixando á parte certas linguaxes como a xudicial.

Page 5: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

5

Valores especiais PRESENTE INDICATIVO FUTURO INDICATIVO Presente habitual: feito habitual: Á mañá toma o seu café

Futuro de mandato: reforza a idea de mandato Esta tarde non sairás

Presente intemporal: feitos inmutables Lugo está en Galicia

Futuro de probabilidade: establece unha hipótese Valerá 40 euros

Presente histórico: feitos pasados Rosalía publica Cantares Gallegos en 1863

Futuro histórico: futuro con respecto a un pasado Colón chegou a América e as poboacións autóctonas sufrirán moito

ENLACE CONXUGACIÓN VERBOS IRREGULARES https://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Verbo

2.As formas amodotemporais

As formas nominais ou non persoais son o infinitivo, o xerundio e o participio, que carecen de desinencias de tempo e modo, e de número e persoa.

Infinitivo: and-ar, varr-er, part-ir

- Andar sentoulle ben (SUX) O infinitivo pode funcionar como un substantivo:

Xerundio: and-ando, varr-endo, part-indo

- Camiñaba alancando (CCM) O xerundio pode funcionar como un adverbio:

Participio: and-ado, varr-ido, part-ido

- O neno durmido parecía un anxiño (MOD).

O participio pode funcionar como un adxectivo:

O participio dos verbos galegos presenta dúas posibilidades: poden ser regulares e irregulares. En galego existen verbos que constrúen o participio só coa forma regular, outros unicamente coa irregular, e outro grupo de verbos poden formar o participio a través de participios tanto regulares como irregulares.

1) Verbos que teñen un participio regular formado co morfema -do, que son a maioría:

2) Verbos que posúen un participio irregular: Abrir Dicir Escribir Facer Poñer Morrer Ver

Aberto/a Dito/a Escrito/a Feito/a Posto/a Morto/a Visto/a

3) Verbos que teñen dous participios, un regular e outro irregular: verbo Participio regular Participio

irregular Cansar calmar coller comer envolver

cansado/a calmado/a

collido/a comido/a envolvido/a

canso/a calmo/a colleito/a comesto/a envolto/a; envolveito/a

Page 6: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

6

enxugar nacer pagar quentar recoller resolver torcer

enxugado/a nacido/a pagado/a quentado/a recollido/a resolvido/a torcido/a

enxoito/a nado/a pago/a quente recolleito/a resolto/a torto/a

Nos verbos con dous participios, utilízase a forma regular con valor verbal, isto é, nas perífrases (incluída a pasiva), e o participio irregular con valor adxectivo, nos demais casos.

- Hoxe estou moi cansa (valor adxectivo).

- O queixo apareceu comesto(valor adxectivo) polos ratos. - Non dou quentado (valor verbal) os pés con tanta viruxe que vai. - O público foi calmado (valor verbal) pola presentadora.

O infinitivo persoal, conxugado ou flexionado

En galego o infinitivo pode levar desinencias de número e persoa como calquera outro tempo verbal, para indicar a súa concordancia co suxeito: o infinitivo conxugado.

Andar Beber Vivir 1ª andar beber vivir 2ª andares beberes vivires 3ª andar beber vivir 4ª andarmos bebermos vivirmos 5ª andardes beberdes vivirdes 6ª andaren beberen viviren

É obrigatorio empregar o infinitivo conxugado:

- Cando o suxeito do infinitivo, sendo distinto do verbo principal, non está expreso e desexas marcalo.

Convén irmos entrando no avión.

- Cando o infinitivo leva un suxeito expreso distinto do verbo principal. O avogado demostrou teren razón os acusados. Non podemos conxugar o infinitivo:

- Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. Queremos ir con eles á viaxe de fin de curso.

- Cando o infinitivo é parte dunha perífrase. Ten que traer a pantalla nova do ordenador.

- Nas frases feitas, refráns, sentenzas etc. que expresan verdades intemporais Querer é poder.

3. As perífrases verbais

Page 7: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

7

As perífrases son unha agrupación de varias formas verbais constituídas por un verbo conxugado e unha forma finita (infinitivo, xerundio ou participio), unidos ás veces por un elemento de enlace (unha preposición ou a conxunción que).

O significado que presenta este complexo verbal é unitario e non se pode sinalar

independentemente por ningunha das formas verbais que a compoñen nin por outra forma verbal de uso habitual. Tamén son unha unidade formal que funciona como núcleo da frase verbal.

- Creo que non darei feito o traballo (perífrase) - Quero mercarche algo bonito (non é perífrase) - Teño que revisar os meus apuntamentos (perífrase) - Creo que irei contigo ao cine (non é perífrase) - Deu en chover toda a mañá (perífrase)

Para recoñecer as perífrases, 1. O verbo auxiliar debe perder o seu significado, polo menos parcialmente: tes que madrugar máis (o verbo ter perdeu o seu significado de posesión). 2. Se se pregunta polo contido da forma persoal, débese manter a forma da perífrase (Tes que madrugar máis/ Cando tes que madrugar?, e non *Cando tes?

Nas perífrases, o verbo conxugado ofrece a información gramatical e a forma finita o significado léxico.

VALORES DAS PERÍFRASES

Perífrases aspectuais

Incoativas: indican o comezo da acción

- Comezar/Romper/Botar(se) a + infinitivo.. Poñerse/pórse a + infinitivo. Dar en + infinitivo. Empezar a + infinitivo.

Rompeu a andar aos oito meses Púxose a chorar de súpeto Deu en chover ás nove Empezou a ler o artigo

Perfectivas: informan de que a acción está

terminada

Acabar de + infinitivo. Deixar de + infinitivo. Dar + participio.. Ir + participio.. Levar + participio.. Ter + participio.

Acabaron de xantar ás seis

O vento deixou de soprar a media tarde.

Non demos feito os deberes

Xa vai acabado o verán

Leva feitos seis exercicios

Teño ido moitas veces ao cine con el.

Imperfectivas: indican que unha acción aínda non terminou, que está a desenvolverse

Andar a + infinitivo. Estar a + infinitivo. Andar + xerundio. Estar + xerundio. Levar + xerundio.. Seguir a + infinitivo. Seguir + xerundio. Ser a + infinitivo. Ir + xerundio. Vir + xerundio.

Andan a apañar castañas Estou a sacar o carné de conducir. Andaban dicindo que eran ricos Están estudando moito. Levan falando unha eternidade Seguen a bañarse na piscina Segue estudando en Lugo. Naquela festa todos eran a bailar Vaian recollendo que xa é a hora.

Page 8: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

8

Veñen buscando o mesmo ca nós

Terminativas: acción no remate do seu proceso

Chegar a + infinitivo.. Vir (a) + infinitivo. Acabar por + infinitivo.

Non creo que chegues a aprobar nunca Ao final todo me veu dar a razón Acabarei por enfadarme se segues así

Reiterativas: acción que se repite

Ter + participio (pasada e reiterada). Moito teño bailado nesta sala

Perífrases temporais

Futuridade xeral ou inminencia (futura). Indican que a acción se desenvolverá no futuro

Ir + infinitivo. Haber (de) + infinitivo.. Estar a/para + infinitivo.. Querer + infinitivo..

Vou falar con eles agora Ha (de) vir o luns mesmo. As miñas amigas están para chegar Mirando o ceo parece que quere chover

Inminencia (no pasado). No pretérito perfecto do indicativo indica que algo estivo a piques de suceder pero finalmente non sucedeu:

Haber (de) + infinitivo.

Onte tropecei no xardín e houben de caer.

Perífrases modais

Obrigación. Expresan obriga Haber (de) + infinitivo. Hai que + infinitivo. Ter que/de + infinitivo.. Deber + infinitivo.

Primeiro has (de) d i c i r a v e r d a d e Hai que chegar cedo Tivemos que repetir o exame Mañá debemos madrugar.

Hipótese. Acción sobre a cal non se ten seguridade.

Deber de + infinitivo. Poder + infinitivo.

Debe de t e r v i n t e a n o s Pode ter razón no que di

Outros valores Pasiva – Ser + participio. O discurso foi pronunciado polo candidato

Page 9: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

9

PRÁCTICA

1. Nas seguintes formas verbais, separa a raíz das desinencias e indica a persoa, o número e

o tempo de cada unha delas raíz VT MMT MNP ANÁLISE

Rematou

Andei

Coñeceremos

Peiteabas

Volvedes

Desaconsellabamos

Digades

Amaba

Collín

Estarei

2. Corrixe os erros:

• Ese coche consume moita gasolina.

• Dicen que non soupo comportarse.

• Sinten que non hubese festa este ano.

• Fuxen cos cartos porque ninguén os persigue.

• Iso valerá unhas cinco mil pesetas e podrás pagalo ben.

• Non din entendido nada nin puden escoitalo ben.

• Andiven todo o día en busca túa.

3. Completa as frases seguintes escribindo o verbo no tempo que se che indica:

1) Pedíanme sempre que (cantar: pretérito de subxuntivo) aquela canción que lles

gustaba tanto.

2) Chegamos tarde e ela xa (actuar: antepretérito de indicativo) .

3) Vós xa (rematar: pretérito de indicativo) o traballo?

4) Se tivese tempo abondo (ler: pospretérito de indicativo) máis pero éme

imposible.

5) Quen (escribir: pretérito de indicativo) esta novela tan bonita?

6) En que colexio (estudar: copretérito de indicativo) cando erades nenos?

7) Avísame cando (chegar: presente de subxuntivo) o carteiro.

8) Os meus amigos (conducir: pretérito de indicativo) toda a noite.

9) Eu (crer: futuro de indicativo) o que dis cando o vexa.

10) Onte eu (andar: pretérito de indicativo) toda a tarde comprando os agasallos para o

teu aniversario.

11) A mesa estaría ben aquí se (caber: pretérito de subxuntivo) .

12) Ti xa lle (dar: pretérito de indicativo) as grazas?

Page 10: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

10

13) Todo aquel día nós (estar: antepretérito de indicativo) moi preocupados.

14) Penso que é urxente que eles (ir: presente de subxuntivo) ao médico.

15) Intenteino pero non (poder: pretérito de indicativo) facer máis nada.

16) Eu non (poñer: pospretérito de indicativo) aquí eses mobles.

17) Cando cheguen (querer: futuro de indicativo) cear.

18) Se nós o (saber: pretérito de subxuntivo) xa cho diriamos.

19) Vós sempre (saír: presente de indicativo) tarde da casa.

20) Toma este xarope cando (ser: presente de subxuntivo) necesario.

21) Aquela muller (ter: antepretérito de indicativo) dous fillos.

22) A chuvia era tan forte que eu non (ver: copretérito de indicativo) a estrada.

23) Cando nós (vir: presente de subxuntivo) faremos unha festa.

4. Indicar, nas seguintes formas verbais

Persoa, tempo, modo Segmentación

Marcharei

Temo

Marchasen

Cantabas

Cantariamos

Produzan

Conduciu

Falaren

Comestes

Rexeitara

Falades

Comerdes

5. Indicar o valor dos tempos verbais nas seguintes frases

1. Faredes o que vos digan. 2. Nese ano Priciliano é decapitado en Tréveris. 3. Terás uns vinte anos 4. O horizonte é infinito. 5. Serán as dez e cuarto. 6. Saio da oficina ás tres. 7. No entroido comen filloas e torradas. 8. No século VIII os árabes invaden a Península.

Page 11: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

11

9. No colexio cómese ás doce. 10. Rosalía publica Cantares Gallegos en 1863 en tanto que Follas Novas non aparecerá ata 1880.

6. Poñer estas frases en presente

1. As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime. 2. Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa. 3. Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos. 4. Non coñecín os teus amigos alemáns. 5. Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado. 6. Moito temestes a miña reacción. 7. Esta semana concluíron as obras do garaxe. 8. Conducín con moito tino por mor da neve. 9. Todas as noites metestes as ovellas na corte. 10. Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga. 11. Ese lobo non trabou a ninguén. 12. Segundo as premisas, deduciu a conclusión. 13. Cando o collín coa man, escaldoume.

7. Poñer as frases seguintes en presente

1. A avoa sentiu moito as túas desgrazas. 2. A literatura galega rexurdiu no século XIX. 3. Eses pillabáns mentíronche descaradamente. 4. Buliches moito facendo os exercicios. 5. Feriron as perdices, mais non as colleron. 6. Axiña subiches as escadas ata o 3º andar. 7. Os cans fuxiron co rabo entre as pernas. 8. Agora servíchesme con moito agarimo. 9. Acudiron alí como as moscas ao mel. 10. Advertíronme das dificultades do proxecto. 11. Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva. 12. Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto. 13. Seguiches a cantar as mesmas cantigas. 14. Encubriron moi ben os feitos. 15. Mediu mal as distancias. 16. Os veciños non consentiron tales cousas. 17. A Amantia luciu un precioso pano bordado. 18. Nada conseguiron con eses argumentos. 19. Moito lle fundiu no traballo. 20. Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.

8.- Cambiar as frases para a persoa indicada

1. Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...) 2. Traedes todo o pedido? (eu...) 3. Destes moito que falar aquel verán. (eu...) 4. Demos en chorar como nunca se vira. (el...)

9. Completa coa forma de participio correspondente:

Page 12: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

12

- Cando remates deixa todo ----------------------------- (recoller)

- Non darei -------------- (recoller) o cuarto a tempo.

- O galano viña --------------------- (envolver) en papel de prata.

- O galano foi --------------------- (envolver) pola dependenta da tenda)

- O mar ------------------ (calmar) parecía un espello

- Enfadouse moito e non se dá -------------------- (calmar)

- Tomás, ---------------- (nacer) no ano 1979, é o meu fillo máis vello.

- A rapaza non deu -------------------- (nacer) a tempo para que coñecese a súa bisavoa.

10. Utilizar o infinitivo persoal sempre que sexa posible

1. Despois de chegar, puxémonos a conversar un anaco. 2. Por non estudar nada, vas levar un suspenso. 3. Ao morrer nácese outra vez. 4. Para chegar a esa conclusión cumpriría ver novas probas, e que nos puxésemos a traballar en

serio. 5. De chegar a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas. 6. Ao decidir o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos

debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.

7. Sen realizar algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facer a estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes.

8. Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para ver o sitio onde caeron as Torres Xemelgas no 2001 e apreciar as belezas da cidade; en caso de acharnos a gusto, prolongariamos a estadía.

9. Entre saír nós e chegar ti non pasou unha hora. 10. Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitar o premio por diferenzas coa Xunta. 11. Gustaríanos moito poder participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á

final. 12. Por non estar na casa non che puidemos entregar os telegramas. 13. Xa ía sendo tempo de acabar a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos

problemas. 14. Tras exporlle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non. 15. Non vos lembrades que a pouco de entrar comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a

bailar? 16. Con motivo de saír as listas de aprobados demos unha pequena festa. 17. Ao demostrarlles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron

outro remedio que darche a razón. 18. De encontrar petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea. 19. Non lle contes o segredo ata marchar. 20. Despois de reincorporarnos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.

11. Transformar as frases utilizando o infinitivo persoal Por exemplo, cando saímos, chovía: ao saírmos chovía; se o soubeses, contaríalo: de o saberes, contaríalo

1. Despois de que marchases, púxose a recitar.

Page 13: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

13

2. Así que llelo contamos, desfacíanse en gargalladas. 3. Cando o sacaron do coche en chamas, xa era demasiado tarde. 4. Cómpre que andedes máis lixeiros para que cheguedes con tempo. 5. Nesta piscina fai falta que saibades nadar. 6. Non é necesario que vos mergulledes ata o fondo. 7. Non estaría mal que colleses o primeiro tren para Ourense. 8. Se foses un bo fillo, faríasme moitos presentes. 9. Se os indios fosen sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA. 10. Como non vendamos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.

12. Sinalar as perífrases verbais e indicar o seu valor

1. Vou deixar o coche no aparcadoiro, que onte houbéronmo roubar; xa tiña a fechadura un pouco forzada. Cando acabe de pagar a casa, hei de mercar unha praza de garaxe porque quero durmir tranquilo e non ter que andar con preocupacións.

2. Este mes andan a recoller os pexegos. Segundo a televisión, está para mudar o tempo e hai que darse présa.

3. Debe vivir aquí un gaiteiro. Sempre está ensaiando e deberías chamarlle a atención para que non volva a tocar a esas horas da noite.

4. A miña curmá anda para ter un neno. Non ficaba embarazada desde que se puxo a traballar na tenda, e agora volverá pedir a baixa.

5. Puido morrer no accidente e desde entón deu en beber como unha esponxa. Como non deixe de visitar tanto os bares vai acabar con cirrose.

6. Cando rompa a ferver a auga, bótalle as nabizas, que xa han estar medio cocidas noutra pota; báixaslle o lume e, cando remate de ferver, tornas a botarlle máis auga.

7. Boteime a correr detrás del, xa o estaba collendo cando escorreguei e houben caer.

8. Breixo segue sendo un lacazán; leva facendo que traballa moito tempo, porque di que non dá atopado un oficio á súa medida.

9. Ti vai andando diante, que eu xa che levo camiñado moito e estou desfeito.

10. Andas dicindo por aí moitas falsidades. Estás a xogar con pólvora e vaste queimar. Xa sei que non dás controlado, mais iso non é desculpa.

11. En negocios peores me vin eu metido e sempre saín ben librado. Teño feito algún cambio con el e sempre fiquei satisfeito.

12. Anda levado do demo porque ten que facer a declaración da renda e este ano vai pagar o dobre do pasado.

13. Han ser uns vinte. A Uxía tamén quería vir mais non pode porque aínda non acabou de arranxar a horta.

Page 14: 1. O verbo - edu.xunta.gal 7 epa.pdf · 5 Valores especiais ... - Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito. ... O verbo auxiliar debe perder o seu significado,

14

14. Xa vai dito case todo o que tiña preparado. Así que non me vou pór a comezar novos capítulos.

15. Principiou a chover e non deixou de caer auga ata á noite. Debían ser as sete e aínda estaba a decembrar.