15 Outubro 2013 - BXVAC

36
XINZO Páx.9 COMARCA Páx.12 COMARCA Páx.10 Número: 83 - Ano:VIII - Outubro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 PROVINCIA Páx.24 PROVINCIA Páx.23 Retiran 10 toneladas de lixo na VI Limpeza simultánea de ríos A substitución das beirarrúas realízase con cargo ao Plan Provincial. /M. REJO. Expertos europeos en demografía visitan o CDR O Viso, Lodoselo A CHMS tramita a mellora da depuradora de Xinzo O sindicato CIG presenta cen medidas para crear emprego A Xunta arranxará unha praza en Perrelos, Sarreaus Renovación de beirarrúas na rúa Río Arnoia de Xinzo [p. 15] Entrevista a Cristina Baceiredo, traballadora social de Cruz Vermella

description

A Semana da Seguridade Viaria na Eurocidade, as obras da rúa Río Arnoia de Xinzo e a homenaxe a Luis Soto en Celanova, imaxes de portada de Barrios do mes de outubro. A publicación informa tamén do balance da colleita na D.O. Monterrei, que este sábado 19 de outubro celebra o seu I Festival da Vendima.

Transcript of 15 Outubro 2013 - BXVAC

Page 1: 15 Outubro 2013 - BXVAC

XINZO Páx.9 COMARCA Páx.12COMARCA Páx.10

Número: 83 - Ano:VIII - Outubro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

PROVINCIA Páx.24PROVINCIA Páx.23

Retiran 10 toneladas de lixo na VI Limpeza simultánea de ríos

A substitución das beirarrúas realízase con cargo ao Plan Provincial. /M. REJO.

Expertos europeos en demografía visitan o CDR O Viso, Lodoselo

A CHMS tramita a mellora da depuradora de Xinzo

O sindicato CIG presenta cen medidas para crear emprego

A Xunta arranxará unha praza en Perrelos, Sarreaus

Renovación de beirarrúasna rúa Río Arnoia de Xinzo

[p. 15]

Entrevista a Cristina Baceiredo, traballadora social

de Cruz Vermella

Page 2: 15 Outubro 2013 - BXVAC

� BARRIOSOutubro de �013

VERÍN E COMARCA

Entre os erros falta un estudo de mobilidade viaria

P.L.

Un pequeno tropezo admi-nistrativo retrasará a implan-tación en Verín de radares de control de velocidade e cámaras de videovixilancia. O grupo de goberno tivo que renunciar ao “Contrato de subministración, instalación e mantemento de elementos para o control da seguridade viaria (foto vermella, control de acceso e radar de veloci-dade)” tal e como aparece publicado no Boletín Oficial da Provincia do 14 de ou-tubro. O motivo? “Detectá-ronse certos erros e ímolos correxir”, explicaba o rexe-dor, Juan Manuel Jiménez Morán, quen non abandona a idea de implantar a curto prazo estes medios para me-llorar a seguridade vial no casco urbano verinés.

Recolle este anuncio no BOP unha resolución da Al-caldía na que se indica que foron varias as reclamacións efectuadas por licitadores ao detectar “erros técnicos na redacción dos pregos de prescricións técnicas, xa que se esixen requisitos aos elementos para o control da seguridade viaria que non existen no mercado, ocasionando con iso unha información errónea aos li-citadores e unha prestación

Redacción

O Concello de Verín aprobou, cos votos a favor de PP e BNG e a absten-ción do PSOE, unha mo-dificación de créditos por importe de 347.867 euros no pleno de setembro.

O alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, explicou que a modificación faise para amortizar crédito e modificar a partida desti-nada á compra dun camión para o servizo municipal de Vías e Obras. A modi-ficación permitirá ademais realizar obras de eficiencia e aforro enerxético nas zo-nas de Cabreiroá e parque da Alameda, e arranxar uns paneis solares no com-plexo da Granxa e un re-frixerador no tanatorio de Mandín.

“Despois de desenvolver durante varios anos un plan de austeridade e mellora da xestión dos recursos deste Concello, a liquidación do orzamento deu un resulta-do orzamentario axustado de máis de 1.�00.000 euros cun remanente de tesoure-ría positivo para gastos xerais de 896.190 euros e un remanente de tesourería dispoñible positivo para fi-nanciamiento de gastos de 895.830 euros”, afirmou Jiménez Morán. “Dado este excelente resultado orzamentario, vaise amor-

tizar anticipadamente unha serie de créditos e cóntase con partida destinada á rea-lización de obras de eficien-cia e aforro enerxético, que permitirán a este Concello diminuír a factura eléctrica de alumeados públicos, me-llorar o ambiente e continuar coa nosa política de austeri-dade; ademais de realizar a maiores unha reforma da instalación de paneis sola-res do complexo deportivo da Granxa e do aparato de refrixeración do tanatorio de Mandín”, indicou o rexedor.

A modificación de crédi-tos tamén permitirá renovar as instalacións de calefac-ción e climatización da Casa da Xuventude, e contratar un servizo de consultoría para actualizar o Inventario Mu-nicipal de Bens e outro para actualizar os datos catastrais nos núcleos do municipio.

Festivos locaisOnde houbo unanimidade

foi no establecemento como festas locais para o ano �014 dos días 17 de xaneiro (San Antón) e 5 de marzo (Mér-

incorrecta, ou ineficaz, dos servizos obxecto de contra-tación, conducindo a futuros problemas xurídicos”.

Falta estudo de mobili-dade viaria

A mesma resolución in-dica que “tampouco consta no expediente un estudo de mobilidade viaria, que ache-gue unha estimación do nú-mero de infraccións obxecto de sancións, sendo posible que o Concello de Verín non conte con persoal e medios adecuados para a realización dos trámites administrativos. Isto suporá unha prestación incorrecta do servizo”.

Por todo iso, considéra-se necesaria a contratación deste estudo de mobilidade viaria “para que, posterior-

mente, con datos reais, os pregos de cláusulas administrativas e de pres-cricións técnicas teñan en conta este estudo para os efectos do cálculo do orzamento do contrato e que recollan un sistema de xestión administrativa que permita a correcta execu-ción do contrato así como emende os erros detecta-dos neles”.

O alcalde de Verín es-timou que “durante este mes” os erros serán subsa-nados e o Concello voltará sacar a concurso público a instalación das cámaras e radares.

PLENO ORDINARIO

Verín aproba unha modificación de créditos de 347.867 euros 4 Parte do remanente de tesourería destinarase a obras de aforro enerxético.

Erros no contrato obrigan ao Concello a renunciar á instalación de radares4 O alcalde anuncia que se subsanarán e se vol-verá a sacar a concurso o control da seguridade viaria nas rúas de Verín.

Medio Ambiente renovará as rúas de Romaríz, en Riós4 Grazas a un convenio co Concello.

Cruce entre as rúas Luís Espada e avenida de Portugal de Verín. /M.REJO.

cores de Cinza), así como na aprobación inicial do regu-lamento especial de honores e distincións do Concello de Verín.

Tamén se aprobou de modo definitivo a Orde-nanza Fiscal Reguladora da taxa pola prestación do ser-vizo de axuda no fogar, cos votos a favor do PP e BNG, e a abstención do PSdeG-PSOE, e a conta xeral do exercicio �01�, “que revela o esforzo de adecuar gastos e ingresos que fixemos nes-tes tres anos”, indicou Jimé-nez Morán. Neste caso, co voto favorable unicamente do grupo de goberno, pois a oposición abstívose.

Por outra banda, o PP rexeitou a urxencia da mo-ción socialista contra a re-forma da administración local.

Agustín Hernández e Francisco Armando Veiga, na sinatura do acordo./RAMSÉS.

Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas e o Concello de Riós veñen de asinar un convenio para facilitar o arranxo das rúas do núcleo de Romaríz, neste munici-pio ourensán. O consellei-ro Agustín Hernández e o alcalde Francisco Armando

Veiga foron os encargados de asinar o acordo, este luns 14 de outubro.

Segundo o convenio, a Consellería asume o 100% do custo da actuación, 41.300 euros, explicou o rexedor popular, Francisco Armando Veiga.

Os traballos consistirán nunha nova pavimentación das rúas; e deberán estar

A Consellería sufragará os custos da actuación, 41.300 euros

xustificados antes do 15 de decembro. Prazo suficiente, indica o alcalde, para adxu-dicar e realizar as obras, ao tratarse dun contrato menor.

O Concello de Verín arranxará os paneis solares do com-plexo da Granxa./ARQUIVO.

Os festivos locais de 2014 serán o San Antón (17 de xaneiro) e o Mércores de Cinza (5 de marzo)

Page 3: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

3VERÍN E COMARCA

Recollida de uva nunha adega da D.O. Monterrei./ARQUIVO.

A D.O. Monterrei aspira a alcanzar os 2.500.000 quilos de uva recollidos4 A denominación culmina a colleita co I Festival da Vendima, o sábado 19 de ou-tubro no Castelo de Monterrei.

EN BREVE

4 Celis, reelexido secretario xeral de UXT Ourense-Verín

José Luís Fernández Celis vén de ser elexido como se-cretario xeral da Unión Xe-ral de Traballadores (UXT) Ourense-Verin, co apoio de mais do 80 % dos votos, e polo tanto xestionará o sin-dicato nestes territorios nos vindeiros catro anos.

Na súa intervención, Celis criticou que todas as medidas tomadas dende o comenzo da crise polos go-bernos son demoledoras e atentan contra o emprego, a xustiza social e os servi-zos públicos, e Ourense é un exemplo do tremendo impacto destas políticas.

4 Escaseza de auga en Medeiros

O portavoz do BNG en Monterrei, Alberto Rodri-guez, recolle as protestas do veciños de Medeiros, que se queixan da falta de auga no pobo, cos depósi-tos baleiros debido á ausen-cia de choivas no verán.

Con todo, para o BNG “o problema non é quedar-se sen auga, senón o pouco interese que está a causar no Concello que os seus veciños queden sen submi-nistro”. Recorda Rodríguez que en Medeiros hai un de-posito sen conectar á auga, “construido dende fai uns anos, e que está desapro-veitado”. Por iso recláma-lle ao Concello unha “so-lución inmediata”. Propón “facer captacións de auga novas e pór os depósitos en orde e preparalos para que isto non volva suceder”.

4 Curso de Arte Románico

O 31 de outubro inicia-rase en Verín un ‘Curso de Arte Románico’, imparti-do pola investigadora Nu-ria Álvarez Font.

A formación terá lugar todos os xoves de 18 a 19.30 horas e está destina-da a persoas con inquietu-des culturais pero sen nin-gún coñecemento previo no mundo da arte. O curso impartirase na Casa da Cultura e o seu prezo é de 10 euros ao mes, incluíndo excursións para coñecer o patrimonio da comarca.

A Ruta do Viño do Mon-terrei celebra o sábado 19 de outubro o I Festival da Vendima no Castelo de Monterrei. A recreación da vendima e o pisado da uva serán o punto de partida dunha xornada que reu-nirá gastronomía e viño, artesanía e cultura, nun escaparate do produto da comarca.

A partir das 10.30 as ade-gas da Denominación de Orixe Monterrei, Quinta do Buble, Gargalo e Boo Rivero abrirán as súas por-tas, realizando visitas guia-das polas súas instalacións, agora en plena actividade. Posteriormente, na viña ex-perimental do Inorde, situa-da na subida ao Castelo de Monterrei, todos poderán participar na vendima. O persoal técnico do Inorde fará un percorrido polas distintas variedades aco-llidas nesta denominación procedendo á súa colleita en “improvisadas cuadri-llas”. O froito da vide será trasladado nun carro de cabalos ao Castelo, onde se escenificará a operación do pisado da uva, a través do baile e a música tradi-cional. Unha vintena de ne-nas entre os 7 e os 16 anos, recrearán o pisado a través dunha coreografía de danza

acrobática. Será entón cando arrinque o festival no interior da Fortaleza.

A gastronomía e o viño serán claves na xornada, sempre centrada nos produ-tos propios e cunha ampla oferta que se poderá degus-tar nun espazo habilitado pola organización no patio do Castelo. Polbo, carne ao caldeiro, empanada, os produtos ecolóxicos de Bio-coop, o pemento de Oímbra ou a castaña de Riós, serán algunhas das opcións gas-tronómicas para a xornada.

Todo amenizado con nu-merosas actuacións, a través de diferentes manifestacións artísticas que se irán suce-dendo no tempo e que in-cluirán a música tradicional de Tánghete, o folk de Trío Leira, así como un repaso pola discografía de Emilio Rúa, e a actuación da Banda de Gaitas de Verín.

Os artesáns locais exporán a súa obra, mostrando aos asistentes o oficio xa que es-tarán a traballar na creación de novas pezas. Participarán o artesán de Máscaras de Cigarrón, Álvaro Ferreira Diéguez, Gerardo Fernán-dez Pousada coas súas bici-cletas de madeira, o Centro de Desenvolvemento Rural de Portas Abertas cun posto dedicado á cestaría, o escul-

tor Armando Martínez, e o pintor e escultor Xosé Gó-mez Rivada.

Celebraranse ademais talleres de temática vitivi-nícola como o de inicia-ción á cata, no que se po-derán degustar as distintas variedades da uva, o seu mosto unha vez prensadas e o viño xa acabado.

Haberá ademais acti-vidades de entretemento, con obradoiros para os máis pequenos, a recrea-ción dos xogos tradicio-nais, sorteos e concursos que manterán unha activi-dade continuada ao longo do día, como a xinkana “O Tesouro do Castelo”, que repartirá agasallos como estancias de fin de semana en aloxamentos de enotu-rismo ou lotes de produtos da comarca.

Completa o programa unha mesa redonda orga-nizada polo Forum Galai-co-Transmontano baixo o epígrafe “A Viticultura na Cultura Luso-Galaica”.

O I Festival da Vendima é unha iniciativa que nace da colaboración entre con-cellos, asociacións e colec-tivos da comarca, posible grazas ao convenio asina-do entre as rutas do viño de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia.

O Castelo de Monterrei acollerá o I Festival da Vendima.

4 Un amplo programa no I Festival da Vendima de Monterrei

Redacción

A Denominación de Orixe Monterrei agarda que esta semana rematen a co-lleita todas as adegas e viti-cultores inscritos na deno-minación e alcanzar a cifra de �.500.000 quilogramos de uva recollida estimados polo Consello Regulador ao inicio da campaña. Os datos dos que dispoñen non van moi desencamiñados; este luns 14 de outubro xa rexistraran �.060.654 qui-los e finalizaran a vendima 13 das �3 adegas.

Agárdanse excelentes resultados

O Consello Regulador agarda excelentes resulta-dos para a colleita �013. Os controis realizados en campo mostran unha uva en perfecto estado fitosa-nitario, cunha maduración avanzada que mantén ni-veis adecuados de acidez, así como unha correcta ma-duración das partes sólidas que se viu favorecida polos importantes contrastes tér-micos entre o día e a noite

Agárdase que esta semana rematen a colleita todas as adegas

rexistrados no mes de sete-mbro, o que se traducirá en viños de maior estrutura.

A redución da carga ex-perimentada nalgunhas zo-nas de viñedo (a denomina-ción dispón en total de 4�9 hectáreas), en gran medida debida ás choivas ocorridas na época de floración, leva-ron ao Consello Regulador a aprobar un incremento do �% no rendemento autori-zado, correspondente aos quilogramos de uva culti-vada por hectárea de viñe-do. Así mesmo, aprobouse para o �013 un incremento do 5% no rendemento auto-rizado en adega, xustificado no mellor aproveitamento do froito grazas aos avances tecnolóxicos. Deste xeito o rendemento máximo queda fixado para 2013 en 70 li-tros de mosto por cada 100 quilogramos de uva proce-sada en variedades brancas e no 75% para as tintas.

Page 4: 15 Outubro 2013 - BXVAC

4 BARRIOSOutubro de �013

VERÍN E COMARCA

Redacción

A chegada da nova esta-ción significa, nas comar-cas de Monterrei e Conso -Frieiras, a organización da primeira edición das Xor-nadas gastronómicas dos cogomelos, castañas e caza. A proposta enmárcase no programa ‘Catro Estacións Gastronómicas en Puertas de Galicia” e está destinada a potenciar a oferta enogas-tronómica dos 1� munici-pios que integran estas dúas comarcas como atractivo turístico.

Este mes, empresarios e restauradores de ambas zonas participaron no obra-doiro do outono realizado nas localidades de Verín e A Gudiña, co obxecto de preparar os diferentes pra-tos que poderán degustarse durante estas xornadas.

Ademais, aloxamentos (casas rurais, hoteis e Para-dor de Turismo de Verín) e establecementos que elabo-ran produtos típicos da zona como pastelerías e panade-

rías xa confeccionaron ofer-tas especiais para esta tem-pada, que será presentada en vindeiras datas.

Deste modo, o territo-rio de “Puertas de Galicia”

“Puertas de Galicia” prepara as súas primeiras xornadas gastronómicas4 Cogumelos, castañas e caza serán os produtos a promocionar.

amosará unha ampla oferta gastronómica para esta es-tación que permitirá coñe-cer os magníficos produtos autóctonos, elaborados por profesionais locais.

Xornalistas lusos especializados en turismo BTT visitan “Puertas de Galicia”

A finais de setembro un grupo de xornalistas lusos es-pecializados en turismo de bicicleta de montaña desprazá-ronse ata o territorio de Puertas de Galicia para coñecer o funcionamento do centro BTT e os servizos que presta.

Durante esta visita, organizada por Turgalicia e en cola-boración co Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia”, os periodistas visitaron os centros de recepción da Casa da Viúva na Gudiña e de Viana do Bolo, realiza-ron varias tramos das distintas rutas en bicicleta e com-probaron en persoa os servizos de información, aluguer ou lavado de bicicletas que se presta no centro BTT “Puertas de Galicia”.

Os xornalistas visitaron o territorio de “Puertas de Ga-licia”./CdV.

Produtos empregados no obradoiro do outono. /CdV.

Page 5: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

5ESPECIAL

Cerámica Verea iniciou a súa actividade hai máis de 40 anos, seguindo a tradición dos artesáns ce-rámicos galegos. A apos-ta permanente pola tec-noloxía, a investigación e o desenvolvemento, fixo que Cerámica Verea se atope entre as empre-sas punteiras do sector cerámico español e inter-nacional, tanto pola cali-dade dos seus produtos como pola súa capacida-de de produción.

Cada vez son máis os arquitectos e construto-

res que confían na tella Verea e no seu innovador sistema de instalación de cubertas ventiladas (Sys-tem Verea), homologado tanto en EE.UU como en España e de acordo ao Código Técnico da Edi-ficación, tanto para obras novas, pero tamén, e moi especialmente, para obras de rehabilitación e refor-ma de tellados.

Un exemplo de rehabi-litación é a cuberta do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, na que a te-

A Tella Verea no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago

lla elixida foi a tella cur-va Verea que se instalou conforme ao System Ve-rea, pois foi considerado polo equipo técnico que dirixiu a obra, como a solución definitiva para o problema de humidade da catedral. En palabras de Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral, “este sistema, ademais de dar solución ao problema da catedral, «poderá ser utilizado noutros monu-mentos posto que é un sistema reflexionado, in-vestigado, que foi testado aquí e que ofrece facili-dades de intervención e conservación».

Cerámica Verea garante as tellas da marca Verea durante 35 anos desde a súa data de instalación, un extra que poucos fa-bricantes poden ofrecer.

Imaxe cedida por La Voz de Galicia / Autor: Xoán Soler.

Cerámica Verea atópase entre as empresas punteiras do sector cerámico español e internacional, tanto pola calidade dos seus

produtos como pola súa capacidade de produción

Page 6: 15 Outubro 2013 - BXVAC

6 BARRIOSOutubro de �013 VERÍN E COMARCA

Autoridades e veciños amosaron a súa repulsa polo asasinato de Fátima. /CdV.

Condena unánime do asasinato de María Fátima Machado

Veciños e autoridades concentráronse o pasado 16 de se-tembro diante da casa consistorial de Verín para condenar o asasinato de María Fátima Machado Santos, presuntamente a mans da súa ex parella. É a primeira falecida por violencia de xénero na provincia de Ourense no que vai de ano.

O rexidor de Verín fixo público un comunicado institu-cional no que”en nome de toda a corporación municipal” condenaba “publicamente o acto de violencia de xénero que tivo lugar na nosa poboación, manifestando a nosa consternación pola morte de María Fátima, e a nosa soli-dariedade cos familiares e amigos desta veciña da locali-dade, acompañándoos nestes momentos de dor e pesar”.

Mentres, o presunto autor da morte de Fátima, Filiberto dos Santos, ingresou en prisión, acusado de homicidio e quebrantamento de medidas cautelares (a vítima tiña unha orde de afastamento), tras confesar no cuartel da Garda Civil de Verín o homicidio.

Redacción

Dan comezo esta sema-na os programas ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’, enmarcados dentro da ini-ciativa Escola de Familia Municipal de Verín.

O programa ‘Kero-Kolo’ estará conformado este curso por dous grupos de participantes, un máis que na anterior e primei-ra edición. Cada un dos grupos reunirase ben os martes ben os mércores, na aula de psicomotrici-dade do Pavillón Munici-pal de Deportes de Verín, en horario de 11.30 a 13 horas. O ‘Kero-Kolo’ é un espazo de encontro entre proxenitores e menores con idades comprendidas entre os dous e os tres anos, que, conxutamente, coa persoa directora das sesións, aprenden a rela-cionarse entre eles. Pro-

poranse actividades de inte-racción e participación que convertirán a ‘Kero-Kolo’ nunha aula de convivencia antesala da entrada ao cen-tro educativo.

Estrea de ‘Kero-Kedar’Ademais, a Escola de Fa-

milia Municipal de Verin estrea o programa ‘Kero-Kedar’. Esta actividade terá lugar todos os mércores, de 17.30 a 18.30 horas, no edificio municipal do Lava-doiro, e como continuación de ‘Kero-Kolo’, diríxese a cativos de entre 3 e 4 anos. Pretender ser un espazo de xogo e aprendizaxe entre iguais que sirva de conci-liación para as familias.

Tamén a Escola de Fa-milia Municipal presentou este mes o curso do gra-duado en ESO a distancia e entregou os certificados aos participantes en dous cursos formativos.

Volve ‘Kero-Kolo’ e estréase ‘Kero-Kedar’4 A Escola de Familia Muni-cipal de Verín inicia a súa acti-vidade.

O programa ‘Kero-Kedar” terá lugar no edificio do muni-cipal do Lavadoiro./BORYS MARTÍNEZ.

Page 7: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

7VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

Redacción

O IES García Barbón de Verín comeza o novo cur-so �013/�014 cunha oferta educativa moi diversa e con aproximadamente 300 alumnos.

O centro dispón de do-centes cualificados, boas instalacións e recursos tec-nolóxicos para impartir as distintas ensinanzas (Ba-charelatos, Ciclos Formati-vos, Educación de Adultos e Programa de Capacita-ción Profesional Inicial). A oferta de ciclos formativos é este curso de cinco: un superior, de administración e finanzas, e catro de grao medio (coidados auxiliares de enfermería, electrome-cánica de vehículos, man-

temento electromecánico e xestión administrativa).

No centro educativo ta-mén contan cunha sección da Escola Oficial de Idiomas (inglés) e ofertan o Progra-ma Mentor (educación a dis-tancia).

O García Barbón presta unha especial atención ao uso das novas tecnoloxías nos diferentes niveis edu-cativos e fomenta decidida-mente o emprego dos blogs e das redes sociais no quefa-cer informativo, formativo e comunicativo do centro. De feito, dispoñen de blog de centro, blog de orientación, blog do Equipo de Dinami-zación da Lingua Galega, blog de Tecnoloxías da In-formación e da Comunica-ción (Tics).

O IES García Barbón dispón dunha completa oferta formativa4 300 estudantes formaranse no instituto veri-nés este ano.

Este instituto verinés dedica tempo e esforzos ao ámbito da orientación académica e profesional do seu alumnado. A titoría grupal e individualizada é unha constante no seu tra-ballo docente diario.

Complementariamente, no García Barbón realí-zanse moitas e variadas actividades extraescolares (sobre todo, viaxes cultu-rais ao estranxeiro) e ten participado en importantes proxectos europeos, como o Comenius.

A titoría é unha constante no traballo do profesorado

Redacción

�80 menores do último curso de Primaria de co-lexios de Verín e Chaves participaron o pasado 9 de outubro na exhibición de medios, acto central da V Semana da Educación e Se-guridade Viaria organizada pola Eurocidade.

O obxectivo desta Semana

era sensibilizar á poboación de ambos municipios, espe-cialmente aos máis novos, das formas correctas de comportamento en educa-ción e seguridade viaria.

Os escolares asistiron a unha exhibición de medios no campo de fútbol de Fe-ces de Abaixo, na que par-ticiparon efectivos de cor-pos e forzas de seguridade,

medios de salvamento e sanitarios. Os estudantes tamén puideron aprender as normas viarias nun cir-cuíto de karts e bicis.

Na mesma xornada, na sede da Eurocidade aco-lleu o II Foro de Segurida-de Viaria na Eurocidade, no que interviron o xefe provincial de Tráfico de Ourense, David Llorente, e Norberto Aser González, do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense.

A Eurocidade promove estes actos dentro do seu proxecto de educación e se-guridade viaria, creado no �009 e premiado pola Co-misión Europea en �010.

Escolares de Verín e Chaves asistiron á exhibición de medios de salvamento e sanitarios na no campo de fútbol de Feces de Abaixo. /CdV.

A Eurocidade promove a seguridade viaria4 Organizou unha exhibición de medios para escolares.

Redacción

A Consellería de Econo-mía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, iniciou nas localidades de Rairiz de Veiga e Sarreaus un novo curso do proxec-to “Enredando, artesanía

na escola” co fin de achegar aos escolares o traballo dos artesáns galegos.

A iniciativa, que chega á súa terceira edición, permi-tirá ao alumnado coñecer de preto as tarefas diarias do sector artesán a través da organización de demostra-cións nos colexios, visitas a

obradoiros e outras activida-des transversais aos progra-mas educativos.

Ademais do CEIP Anto-nio Vázquez, de Rairiz de Veiga, e o CEIP de Sarreaus, o percorrido de “Enredando, artesanía na escola” conti-nuará este primeiro trimes-tre por Sandiás.

Colexios de Rairiz, Sarreaus e Sandiás coñecen o sector artesán4 Grazas ao proxecto “Enredando, artesanía na escola”.

Page 8: 15 Outubro 2013 - BXVAC

8 BARRIOSOutubro de �013

XINZO E COMARCA

Multiclínica Xinzo suma aos seus servizos de clínica dental e fisioterapia os de logopedia, a cargo de No-elia Fernández Blanco.

Que servizos ofreces? Noelia Fernández: “Son logopeda e os meus ser-vizos son moi amplos. Un logopeda é un terapeuta que avalía e trata todos os problemas relacionados coa comunicación, a fala, a linguaxe, a voz e a deglu-ción. O meu traballo non só se limita aos nenos, cousa que pensa a maior parte da

Multiclínica Xinzo estrea servizo de logopedapoboación”.

A quen están destina-dos?

N.F.: “A todas aquelas persoas que o necesiten dal-gunha das maneiras”.

Cal é o problema que máis tratas?

N.F.: “O máis habitual son as dislalias infantís e os atrasos da linguaxe”.

Que consellos lles da-rías a uns pais que teñen un fillo con problemas coa linguaxe, a fala, etc.?

N.F.: “Que acudan a un especialista canto antes para

que lles saque de dúbidas e lles axude. Unha dislalia tratada a tempo pode evitar males futuros”.

Cales son os teus hora-rios aquí en Multiclínica Xinzo?

N.F.: “De momento aquí veño todos os mércores pola tarde”.

Deixa unha mensaxe aos nosos lectores:

N.F.: “Estou aquí para axudar e intento facelo dun xeito sinxelo e usando a empatía cos meus pacientes e cos seus familiares”. Noelia Fernández.

Servizos da multiclínicaMulticlínica Xinzo ofre-

ce ademais os servizos de clínica dental a cargo de Javier Gómez Salgado, especialista en implantes, endodoncias e próteses, e de fisioterapia por parte de Marta Sobrado.

O centro está situado nas galerías comerciais Cas-telao de Xinzo, locais 8 e 9, e o seu teléfono de cita previa é o 988 680 144. Proximamente ofertará ta-mén servizos de podoloxía e psicoloxía.

O bispo presenta o novo Arciprestado da Limia4 Será arcipreste o párroco de Xinzo, Tomás Delgado.Redacción

O bispo de Ourense, Leonardo Lemos Monta-net, presentou o pasado � de outubro en Xinzo de Limia a nova distribución da diocese en 1� arcipres-tados.

Acompañado dos seus tres vicarios (José Joa-quín, José Pérez Domín-guez e Francisco José Prieto), Monseñor Lemos Montanet deu a coñecer o nome do novo arcipres-te da Limia, o párroco de Xinzo Tomás Delgado Gándara. Será vice-arci-prestre Manuel Vidal, cura de Sandiás. A esta reunión acudiron a maioía dos sa-cerdotes que compoñen o novo arciprestado da Limia, que abrangue 101 parroquias desta comarca ourensá.

Na mesma xornada tivo lugar na igrexa vella de

Xinzo a presentación do novo curso para os Grupos Biblicos.

BeatificaciónsNoutra orde de cousas,

seis ourensáns foron beati-ficados nun multitudinario acto que tivo lugar o 13 de outubro en Tarragona. Re-cibiron esa distinción, “por dala súa vida por Cristo du-rante a persecución relixio-sa dos anos trinta do século XX”, Antonio González Penín, de San Salvador de Rabal, Celanova; Carmen Rodríguez Barazal, de San Cristovo de Cea; Ramón María Pérez Sousa, de San Miguel de Feás (A Limia); Ricardo Atanes Castro, de Cualedro; e Narciso Pas-cual, de Sarreaus.

Asistentes á presentación do novo Arciprestado da Limia por parte do bispo de Ourense.

Este 13 de outubro foron beatificados seis ourensáns

Page 9: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

9XINZO E COMARCA

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo au-tónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Am-biente, licitou, por importe de 60.518 euros, o contrato de “Servizos para a redac-ción do proxecto de mellora da capacidade de elimina-ción de nutrientes da EDAR de Xinzo de Limia”.

O obxectivo da actua-ción é a optimización do rendemento dos procesos biolóxicos da depuradora existente para que se axuste aos parámetros establecidos na autorización de vertedu-ra. Por iso precísase que na redacción do proxecto cons-

trutivo, obxecto de licita-ción, estúdense, definan e valoren as actuacións ne-cesarias para optimizar es-tes procesos, sobre todo no relativo á eliminación de nutrintes, ademais de valo-rar a necesidade de acome-ter outras actuacións que solucionen a problemática actual existente na rede de saneamento de Xinzo de Limia.

O prazo de presenta-ción de ofertas rematou este luns 14 de outubro e agora a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deberá elixir a oferta máis ventaxosa.

As compras en Xinzo tiveron premioA Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Dirección Xeral de Comer-

cio, puxo en marcha a sexta edición da campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas “As compras na túa vila teñen premio”. A iniciativa chegou a Xinzo entre os días 16 e �7 de setembro, culminando nesta xornada cun sorteo de tarxetas regalo. A confianza no comercio de proximidade premiouse cun total de dous mil euros, repartín-dose por sorteo en tres tarxetas agasallo de �00 euros e outras 14 de 100 euros.

Resultaron premiados Rosa Baltar Castillo, Mª Ángeles Novóa Carnero, Raúl Nieto Iglesias, Eugenia Paz Portela, José Manuel Barrio Cid, Carmen Otero Louzao, Veróni-ca Rodriguez Siota, Mª Jesús Penín Paula, Javier Rivera Rodríguez, Luz López Cam-pos, Miguel Méndez González, Lorena Dobaño Tombo, Estrella Rois Méndez, Rosa Celia Paz Antúnez, Raquel Carrera Lama, Aser Pérez Carnero e Mª Carmen López Rodríguez.

A CHMS tramita a mellora da depuradora de Xinzo4 Licitado o contrato para a re-dacción do proxecto.

Carpa instalada na praza Maior de Xinzo na que se desenvolveu a entrega de premios da campaña “As compras na túa vila teñen premio”./FGC.

A minería a ceo aberto terá que ser avalada pola Unión EuropeaRedacción

Unha recente votación no Parlamento europeo acordou que os proxectos de minaría a ceo aberto terán que ser avalados obrigatoriamente pola Comisión Europea para poderen ser aprobados.

A Plataforma veciñal Corno do Monte fíxose eco desta noticia, que su-porá, din, “maior control e avaliación para este tipo de proxectos mineiros e outras instalacións de ca-racterísticas semellantes, o cal é un paso máis en positivo contra a mega-minaría”.

Desde a Plataforma Corno do Monte conside-ran que “novas coma esta significan que o traballo rigoroso produce bos re-sultados” e anuncian que seguirán traballando “na defensa da Limia”.

Serán 60.000 para redactar o proxecto

Page 10: 15 Outubro 2013 - BXVAC

10 BARRIOSOutubro de �013 XINZO E COMARCA

O premio está dotado con 30.000 euros

Redacción

O albergue xuvenil das Corcerizas en Vilar de Barrio foi o gañador do premio que ofrece ‘Hos-telling International’ para proxectos dirixidos a me-llorar o patrimonio natu-ral mediante a redución de emisións de carbono, e que está dotado con �5.000 libras (arredor de 30.000 euros).

O director xeral de Xu-ventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, explicou que grazas a este galar-dón, “o albergue poderá desenvolver un proxecto que lle permitirá conver-terse nunha illa enerxética que funcionará ao marxe

da rede eléctrica conven-cional”.

Para conseguilo, instala-rase un aeroxerador eólico que eliminará os combus-tibles fósiles e construirase un muro radiante de barro cru como sistema de radia-ción. Ademais, implanta-rase un programa dirixido a centros escolares con al-ternativas para enfrontar o cambio climático.

Nesta competición par-ticiparon 15 países e foron premiadas as tres iniciativas máis votadas, procedentes de Gran Bretaña, Estados Unidos e España.

Premio para o albergue das Corcerizas4 Permitiralle desenvolver un proxecto de redución de emi-sións de carbono.

Redacción

O Concello de Vilar de Santos recuperará o forno comunal da localidade, unha vella demanda e un paso máis na recuperación do patrimonio etnográfico deste municipio limián.

Para o proxecto, redacta-do pola Oficina Municipal de Rehabilitación, o Con-cello contou cunha axuda da AGADER. O orzamen-to das obras, xa en execu-ción a bo ritmo por unha empresa local, ascende a �3.584 euros.

Segundo explican desde o Concello, o forno estaba moi deteriorado e practi-camente en ruína. A actua-ción consiste na limpeza de todo tipo de escombros, sabugueiros, silvas e outros restos do antigo teito, a consolidación dos muros, a colocación de no-

vas carpinterías, teito, e por-ta. A gran novidade será un gran lucernario no teito que permitirá a iluminación con luz natural.

Esta actuación no forno comunal forma parte das obras que o Concello está a realizar na zona da Area de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos e con ela to-dos os fornos comunais dos pobos do concello están re-cuperados e en cinco deles: Toxediño, Vieiro, Parada, A Ponte e o Mosqueiro, os veciños fan fornadas habi-tualmente.

Vilar de Santos recuperará o seu forno comunal4 Incorporará un lucernario que permitirá a iluminación con luz natural.

Co remate desta obra, todos os for-nos comunais do municipio estarán recuperados, en cinco deles incluso se fan fornadas

Xinzo executa a renovación de beirarrúas en Río Arnoia4 Un proxecto financiado polo Plan Provincial.

EN BREVE

4 Novos tratamentos de auga potable desde Calvos de Randín

Unha empresa radicada en Calvos de Randín, Alter-nAqua, participa estes días na exposición internacional “Piscina” en Barcelona.

Apostando pola mo-dernidade desde o rural galego, AlternAqua espe-cializouse no desenvolve-mento de dispositivos para o tratamento de auga po-table e de piscinas. Nesta edición da feira barcelone-sa, AlternAqua presentará un regulador de cloro para depósitos de auga sen ac-ceso á rede eléctrica e un dispositivo para monito-rizar instalacións de auga potable desde a distancia.

4 Aprobados os proxectos de dúas obras en Calvos

A xunta de goberno lo-cal do Concello de Calvos de Randín aprobou o �0 de setembro o proxecto técni-co da obra na rede de su-midoiros e pavimentación en Vila, e do acondiciona-mento de locais sociais en Paradela, Rubiás e Silvoso e reparación de selado no forno de Pintás. A obra ten un orzamento de 41.300 euros, e está incluída nos Plans Provinciais de �013.

Tras ser publicado no BOP o 5 de outubro, o proxecto exporase ao pú-blico polo prazo de �0 días hábiles, coa finalidade de que os interesados poidan presentar alegacións ou re-clamacións.

4 Accidente múltiple na A-52 en Xinzo

Un gruísta quedou feri-do con pronóstico reserva-do tras ser atropelado por un vehículo cando estaba a retirar un camión que en-vorcara na autovía A-5�, na calzada sentido Vigo, á altura do municipio de Xinzo.

O accidente produciuse ás 7 da mañá deste martes 15 de outubro e nel víronse implicados catro camións e un turismo. A causa das retencións, a Garda Civil de Tráfico tivo que desviar o tráfico pola N-525 du-rante toda a mañá.

Redacción

O Concello de Xinzo está a renovar as beira-rrúas da marxe esquer-da da rúa Río Arnoia. A actuación, denominada “Urbanización da beira-rrúa da marxe esquerda da

rúa Río Arnoia entre as rúas Dous de Maio e Río Sil”, está incluída no Plan Pro-vincial �013, e conta cun orzamento total de 41.300 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 30.975 euros, mentres que a admi-nistración local sufraga os

10.3�5 euros restantes.Como plan adicional,

o Concello de Xinzo pre-sentara á Deputación a “Urbanización da beira-rrúa dereita da rúa Celso Emilio Ferreiro”, co mes-mo orzamento de 41.300 euros.

A secretaria xeral de Urbanismo, o conselleiro de Medio Ambiente, o alcalde de Sarreaus e o delegado da Xunta en Ourense. /RAMSÉS.

A Xunta arranxará unha praza en Sarreaus4 No núcleo de Perrelos.Redacción

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e In-fraestruturas acondiciona-rá a praza de Perrelos, no concello de Sarreaus. O alcalde da localidade, Gu-mersindo Lamas, asinou este luns 14 de outubro, o convenio corresponden-te co conselleiro Agustín Hernández. O acordo,

incluído no Plan Hurbe, supón que a Consellería asume o 100% do orzamen-to da obra, estimado nuns 75.500 mil euros.

Esta praza, ubicada no cruce de camiños que rodea a capela do pobo, está ac-tualmente degradada polo emprego de materiais como o formigón e o asfalto, que desvirtúan o seu valor ar-quitectónico. Para a súa

recuperación procederase á demolición da soleira de formigón existente; coloca-rase unha nova pavimenta-ción en lastro de granito e pedra morena; ademais de lousas de granito moreno, con cara superior labrada. Así mesmo, instalaran-se bancos de estrutura de tubo de aceiro e respaldo de taboíñas; e papeleiras de forma oval con cubeta basculante de ferro.

Segundo explicou o rexedor, a actuación “non pode demorarse” (o con-venio ten vixencia ata o 31 de decembro) polo que se realizará en novembro.

Obras na rúa Río Arnoia de Xinzo./M.REJO.

Page 11: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

11PUBLICIDADE

Page 12: 15 Outubro 2013 - BXVAC

1� BARRIOSOutubro de �013

XINZO E COMARCA

Muller e saúde, tema do vindeiro obradoiro da Escola Rural de Saúde da Limia 4 O 19 de outubro na Casa da Cultura de Xinzo.Redacción

A Escola Rural de Saú-de da Limia non deixa de organizar actividades para proporcionar coñecemen-tos sanitarios a todos os li-miáns, co fin de mellorar a calidade de vida tanto de pacientes como de coidado-res. A Escola está a preparar un obradoiro sobre muller e saúde para o vindeiro 19 de outubro.

Esta nova conferencia terá lugar de 11 a 14 horas na Casa da Cultura de Xinzo e busca mellorar a informa-ción e a comprensión dos

cambios evolutivos na mu-ller, así como previr enfer-midades propias do colecti-vo feminino.

A matrona do Complexo Hospitalario da Coruña, Paula Sánchez, tratará coas asistentes a menopausia, a osteoporose, prevención xi-necolóxica, factores de ris-co, fisiopatoloxía, alimenta-ción e exercicio.

As interesadas en partici-par neste obradoiro deben inscribirse na asociación.

Aula animadaO pasado �6 de setembro

tivo lugar nas instalación de

Servizos Sociais de Xinzo unha “aula animada”. Tra-touse dun taller para per-soas adultas, dirixido por Lola Rico, que buscaba proporcionar aos asistentes actividades lúdicas e diná-micas; promover novos aprendizaxes e intereses; e estimular a memoria, aten-ción ou a motivación.

A actividade da Escola Rural de Saúde continua-rá o 14 de novembro cun taller de transplante de ór-ganos, o �8 dese mes outro sobre alcol e tabaco, e en decembro un taller de al-cólicos anónimos.

Asistentes ao obraodoiro “Aula animada”. /ERSL.

Expertos europeos en demografía visitan Lodoselo4 Achegáronse ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, para coñecer este exemplo de inno-vación social de base comunitaria.Redacción

A directora xeral de Fa-milia e Inclusión, Amparo González, e un grupo de investigadores de institu-cións académicas e outros expertos en demografía de Galicia, Portugal, Irlanda, Holanda e Finlandia vi-sitaron o �7 de setembro Ourense, para comprobar in situ dúas experiencias que tentan contribuír a me-llorar a vida da poboación, no marco do proxecto eu-ropeo Symbios, promo-vido pola Consellería de

Traballo e Benestar.En concreto, o grupo

achegouse ata a cooperati-va do Ribeiro e o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso de Lodoselo, no muni-cipio de Sarreaus.

No caso deste último, o interese reside, en boa medida, en que presenta innovación social de base comunitaria. A entidade traballa cunha filosofía de desenvolvemento rural en-dóxeno. Neste sentido, a modo de exemplo, presenta experiencias de rehabili-tación do patrimonio local

para darlle utilidade social.

Proxecto SymbiosOs desequilibrios terri-

toriais provocados pola crise demográfica, o enve-llecemento da poboación e a concentración desta nas grandes cidades inciden na calidade de vida das per-soas que habitan nas zonas rurais afectadas.

Debater estas cuestións é un dos obxectivos do proxecto Symbios, que con-ta cun presuposto inicial de 250.000 euros, financiados nun 80% polo Fondo So-cial Europeo. Agárdase que Symbios favoreza a mello-ra do coñecemento para de-señar un III Plan Galego de Inclusión Social.

Symbios aborda os desequilibrios territoriais provocados pola crise e o envellecemento poboacional

Grupo de expertos no CDR O Viso de Lodoselo, Sarreaus. /CDR O VISO.

Page 13: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

13ALLARIZ E COMARCA

Redacción Comezaron as obras de

ampliación do colexio Pa-dre Feijóo de Allariz. Cun orzamento de 1.�07.439 euros e un prazo de exe-cución de sete meses, a ampliación permitirá aten-der a demanda crecente de prazas neste centro educa-tivo alaricano.

O novo edificio acollerá o alumnado de educación infantil, o que liberará espazo no edificio actual, que nos últimos anos su-friu melloras e amplia-cións.

Urbanización do vialAdemais destas obras de

ampliación do centro esco-lar, o Concello de Allariz levará a cabo a urbaniza-ción do vial de aceso dende a estrada de Xunqueira cara ao pavillón de deportes. A intervención, orzamentada en 60.000 euros, suporá “a eliminación do carácter de vía de estrada para a crea-ción dunha zona de bulevar e dunha praza, onde o prio-ritario sexan os peóns”, ex-plicaba o alcalde, Francisco García. Ademais, “mantera-se o tráfico na estrada, priori-

zando a seguridade de pais e nenos, polo que se colocará algunha plataforma elevada para reducir a velocidade”.

A urbanización consistirá na renovación do pavimen-to entre o colexio actual e o novo e o pavillón utilizando adoquíns para diferenciar os espazos de peóns e os de vehículos. Amais planta-ranse árbores e colocaranse maceteiros para humanizar o contorno e melloraranse as zonas de aparcamento demandadas por profeso-res, residentes e usuarios do pavillón, e as de estaciona-mento de autobuses.

Colexio Padre Feijoo de Allariz./ARQUIVO.

Comezou a ampliación do CEIP Padre Feijoo4 As obras durarán sete meses.

Redacción

A concelleira socialis-ta en Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, pre-sentará no vindeiro pleno, unha moción para esixir á Deputación provincial que aumente a seguridade via-ria no cruce do campo de fútbol. “Que é perigoso, que transitan moitos peóns e que hai moitos accidentes son afirmacións da veci-ñanza de Maceda”, declara a edil socialista.

Rodríguez Blanco lem-bra que a proposta socia-lista xa foi aprobada por unanimidade en setembro do �010: petición da cons-trución dunha glorieta; da-quela a lista de accidentes tinguírase cun desenlace fatal.

Sen actuación algunha, nun nó asimétrico, con vi-sibilidade dificultosa e in-tensidade de tráfico, a cifra

de accidentes tanto de ocu-pantes de vehículos, ciclis-tas e peóns, non deixa de aumentar, denuncia a edil do PSOE. “Trátase dunha zona concurrida ademais por deportistas novos, polo que a protección da súa se-guridade tería que ser tida en conta”, recalca a edil na súa moción.

Por isto, tamén a proposta socialista, en maio do �01� e de novo por unanimida-de, envíase a petición de que se tomaran as medidas de seguridade viaria, tanto no cruce como nas inme-diacións da piscina. Como toda resposta, a Deputa-ción contesta cun informe en xuño que conclúe “estas dúas estradas non son con-flitivas”.

“Desgraciadamente, no-vos accidentes sucéden-se sen que nin sequera se realizara a sinalización re-comendada do informe”,

O PSOE de Maceda reclama máis seguridade no cruce do campo de fútbol 4 A concelleira Ana María Rodríguez presen-tou unha moción para debatir no vindeiro ple-no.

É a terceira moción do PSOE para que se constrúa unha glorieta neste punto

engade Ana María Rodrí-guez.

Retraso na convocato-ria plenaria

O pleno ordinario do Concello de Maceda tiña que terse celebrado o úl-timo xoves do mes de setembro, pero polo mo-mento aínda non hai data fixada para a sesión.

Ademais da da segu-ridade vial, a concellei-ra socialista presentará outras tres mocións, nas que insta á corporación a pronunciarse contra o re-pago dos medicamentos e do comedor escolar polos alumnos transportados e contra a reforma da admi-nistración local.

Page 14: 15 Outubro 2013 - BXVAC

14 BARRIOSOutubro de �013

ALLARIZ E COMARCA

De outubro a maio impartirá clases de inglés, francés e alemán, e en novembro, micoloxía

EN BREVE

Redacción

A Fundación Ramón González Ferreiro de Alla-riz acollerá novos cursos este outono-inverno. Dous deles serán relativos á mi-coloxía e outros tres aos idiomas.

Os días 8 e 9 de no-vembro a súa sede de Pa-ciños acollerá un curso de iniciación á micoloxía, que terá un custo de �0 euros. O venres 8 (de 18 a �1 horas) os participan-tes recibirán información teórica relativa á historia, características, cogume-los comestibles e veleno-sos, etc. E o sábado 9 (de 10 a 13.30 horas) será o momento dunha saída ao campo para poñer en prác-tica o aprendido.

Xa o 15 de novembro impartirase un curso de cultivo de cogumelos, cun prezo de 15 euros. Este obradoiro (que terá lu-gar de 10 a 13.30 horas) constará de parte teórica e práctica, e cada participan-te, ao remate do mesmo, levará para casa un saco co cultivo realizado para coidar e recoller a colleita.

IdiomasPola súa banda, os adul-

tos interesados en aprender ou mellorar o seu inglés, francés ou alemán, deben tomar nota dos novos gru-pos que se están a organi-zar e que recibirán clases de outubro a maio.

No caso de inglés ofré-cense tres alternativas. Un

grupo con nivel básico, que terá clases os venres de 10 a 11.30 horas. Así mesmo, constituiranse dous gru-pos con nivel intermedio, un para os martes -de �0 a �1.30 horas- e outro para os xoves -de 19 a �0.30 horas. Nos tres casos os alumnos deberán abonar 75 euros de cuota anual.

Os interesados en apren-der francés contarán con cla-ses os luns de 19.30 a �1.30 horas e o curso terá un prezo de 160 euros que abonarán en dous pagos (100 euros en outubro e 60 en febreiro).

Por último, tamén se im-partirán clases de alemán. Neste caso, terán lugar os mércores de 19.30 a �1.30 horas, e o custo do curso será de �00 euros para os que decidan dividir o pago en oito mensualidades (�5 euros cada mes) e de 160 euros para os que o abonen en só dous pagos (100 en outubro e 60 en febreiro).

Información e inscriciónOs interesados en recibir

máis información sobre estes cursos ou inscribirse nalgún deles só teñen que dirixirse á Fundación Ramón González Ferreiro (Lugar Paciños, �), ao 988 43 61 8� ou escribir a [email protected].

Novos cursos na Fundación Ramón González Ferreiro4 Os temas centrais serán a mi-coloxía e os idiomas.

Xornadas de maiores “Xente con vida”“Xente con vida” foi o nome escollido pola área de Servizos Sociais do Concello de

Allariz para as VII Xornadas de persoas maiores coas que se quixo conmemorar o Día Internacional das persoas de idade e así recoñecer “a contribución das persoas maiores á sociedade e a sensibilización do seu conxunto”, explicaba a técnica municipal Sonia Paz. Unha andaina, visitas culturais, obradoiros e recitais de poemas foron algunhas das actividades incluídas nestas xornadas.

4 Comeza a programación nas asociacións veciñais

A área de Benestar So-cial de Allariz comezou xa a programación de dinami-zación no rural alaricano.

A Asociación de Amia-doso acollerá, os luns de 16 a 18 horas, o Obrado-iro de Autocoidado, que rematará cunha actividade práctica na que se elabo-rarán xabóns e aceites con prantas naturais.

As asociacións de Outei-ro de Orraca e Carda-nachama traballarán, no Obradoiro “Mulleres com-partindo”, aspectos rela-cionados co benestar per-soal e a vida activa dende a perspectiva de xénero.

Ademais, no Fogar dos Maiores impartirase o obradoiro “Xuntas, somos máis fortes”, os martes de 16:30 a 18 horas, dende outubro ata maio.

4 O Centro Quérote + informará na Casa da Mocidade

O Concello de Alla-riz reuníase esta semana co Centro Quérote + de Ourense para establecer a súa colaboración coa Casa da Mocidade.

A Casa da Mocidade de Allariz contará cun punto de información do Centro Quérote + de Ourense que ofrecerá asistencia á moci-dade de Allariz, todos os primeiros xoves de cada mes, para a prevención de condutas pouco saudables.

A través de obradoiros e sesións individuais e a co-ordinación do programa de radio Tuenti Fm, o centro pretende axudar á moci-dade na súa formación in-tegral ofrecendo informa-ción, apoio e formación.

Editan un libro ilustrado sobre o “Xigante de Magarelos”O venres 11 de outubro tivo lugar no Fogar do Maior de Allariz a presentación do

libro ilustrado “Xigante de Magarelos”. Trátase da compilación de 30 micro-relatos acompañados de 11 ilustracións que versan sobre a figura de Monchiño, alcumado “O xigante de Magarelos” debido a súa extraordinaria estatura (�,35 cm) e que naceu nunha aldea de Allariz no 1916.

O recadado pola venda deste libro, ilustrado por artistas e veciños alaricanos, será doado á Asociación Puzzle de Allariz, que traballa pola integración social e laboral de persoas con discapacidade.

Á presentación da obra asistiron a concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, a pre-sidenta da Asociación Puzzle, Ánxeles Fernández, o promotor do libro, Luis Morales, o ilustrador Xabier Varela e a representante da libraría Aira das Letras (promotora do concurso de micro-relatos), Margarita Fernández.

Presentación do libro ilustrado “Xigante de Magarelos” no Fogar do Maior de Alla-riz./CdA.

Charla da Cruz Vermella nas Xornadas de maiores./M.REJO.

Page 15: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

15ALLARIZ E COMARCA

“A nosa colaboración cos servizos sociais municipais é continua”

4III Xornadas Romasanta, o 1 de novembro

A Fundación Vicente Ris-co en colaboración co Con-cello de Allariz e o Arquivo Castro Vicente celebrará o 1 de novembro as “III Xorna-das Romasanta, o home lobo de Allariz”.

Este evento pretende re-cuperar e divulgar a historia do “home lobo de Allariz a través dun debate científico. Así, estas xornadas contarán con dúas mesas redondas no Fogar dos Maiores. Unha de-las tratará sobre estudos an-tropolóxicos de licantropía a cargo de prestixiosos estudo-sos, mentres que a segunda estará aberta a todos aqueles que queiran aportar coñece-mentos sobre Romasanta.

4 Os museos de Allariz mudan o seu horario

Co cambio de estación, os museos e a biblioteca de Allariz mudan o seu horario.

Así, o Museo do Coiro e o novo Museo da Moda abri-rán ao público os venres de 17 a 19 horas e os sábados, domingos e festivos de 1� a 14 horas e de 17 a 19 horas. O renovado Museo do Xo-guete poderase visitar sába-dos, domingos e festivos de 1� a 14 e de 17:30 a �0:30 horas. Mentres que o Festi-val de Xardíns abrirá venres de 15:30 a �0:30 e sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16:30 a �0:30 horas.

Pola súa banda, a bibliote-ca municipal de Allariz cam-bia de horario para axeitalo ao horario do colexio públi-co. As instalacións estarán abertas de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, de luns a venres.

P. Lodeiro

Cristina Bacereido é tra-balladora social da asam-blea comarcal da Cruz Vermella en Maceda desde fai 14 anos. Xunto a ela, a colaboración de 43 volun-tarios e as achegas de �6� socios fan posible que a Cruz Vermella desenvolva as súas actividades nesta comarca ourensá.

Segundo a memoria da institución, en �01� atende-ron �.411 usuarios, sendo a actividade máis numerosa os obradoiros de educación para a saúde levados a cabo nos institutos de Maceda e Allariz (con 585 asistentes). O Desafío solidario xunto coa asociación deportiva Via XVIII para promover hábitos saudables tamén foi outra das actividades destacadas do ano pasado, coa participación de 3�9 persoas, mentres que aos obradoiros sobre a auga, a reciclaxe e o coidado dos bosques acudiron 307 per-soas, e nas actividades lú-dicas participaron 61 nenos e nenas macedáns. No tra-ballo diario, destaca a pres-tación do servizo de axuda no fogar complementaria a 78 anciáns, os 41 usua-rios da teleasistencia do-

miciliaria, ou a entrega das prestacións do chamamen-to “Agora máis ca nunca” (material escolar, productos de hixiene, alimentos, xo-guetes…) a 4� usuarios.

Que área cubre a asam-blea comarcal de Mace-da?

Cristina Beceiredo: “A asamblea comarcal de Ma-ceda cubre 13 concellos: Allariz, A Teixeira, Baños de Molgas, Castro Calde-las, Chandrexa de Queixa, Esgos, Maceda, Montede-rramo, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Vilar de Ba-rrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañe-

do”.Este curso comezades a

traballar en Allariz, con que proxecto?

C.B.: “A sede está en Maceda pero eu estou todos os mércores de 9:30 a 14 horas en Allariz, no Fogar do Maior, para atender a calquera persoa que precise algo.

Ademais, en outubro em-pezamos con apoio escolar para nenos de Primaria de familias sen recursos. Axu-dámolos a facer os deberes, ensinánmoslle hábitos de estudo e actividades parale-las. A actividade é no Fogar do Maior, de momento os

luns e mércores de 4 a 6; temos tres nenos e outros cinco máis van vir”.

Que iniciativas desen-volvedes nos diferentes municipios da comarca?

C.B.: “Facemos talleres diferentes en cada un destes municipios, por exemplo, os días 8 e 9 de outubro tivemos talleres de preve-ción de accidentes domés-ticos no Fogar do Maior de Allariz. Hai un pouco de todo: teleasistencia, axu-da a domicilio, obradoiros para xente maior, en verán en Maceda temos activida-des lúdicas para nenos… Tamén realizamos todas as

ENTREVISTA A CRISTINA BACEIREDO, DA CRUZ VERMELLA MACEDA:

“A xente estase volcando, vese que quere axudar”

4 Esta traballadora social achéganos o labor que desenvolve a ins-titución benéfica en toda a comarca de Allariz-Maceda.

campañas de Cruz Verme-lla, distribuímos kits de hixiene, kits infantís…”

Quen son os beneficia-rios destas iniciativas?

C.B.: “Traballamos coas persoas que nos de-rivan os servizos sociais dos concellos. A nosa co-laboración cos servizos municipais é continua, te-mos moi boa relación con eles”.

Como se ve a crise des-de unha comarca emi-nentemente rural como a que abrangue a vosa asamblea?

C.B.: “A xente maior ten máis medo a nivel económico porque as pensións se lles reducen, porque teñen que axudar a fillos e netos. Por exem-plo, temos familias que veñen da cidade ás antigas casas dos avós, porque fo-ron desafiuzados; vemos familias sen ningún tipo de ingreso, e axudámoslle a pagar os alugueres, con vales para comida… “

É a xente máis solida-ria agora nesta época de crise?

C.B.: “A xente estase volcando. A campaña de captación de socios nos está sorprendendo, conse-guimos máis do que pen-sábamos; xente que non pode facerse socia pero daba un pequeno donati-vo, vese que a xente quere axudar”.

EN BREVE

Cristina Baceiredo, na oficina desde a que a Cruz Vermella atende aos seus usuarios en Allariz, no Fogar do Maior. /M. REJO.

Page 16: 15 Outubro 2013 - BXVAC

16 BARRIOSOutubro de �013

ALLARIZ E COMARCA

Redacción

As obras de construción da senda peonil da estrada que une Piñeira de Arcos- A Ponte Noalla (OU-3�0) co-mezarán no mes de novem-bro, sempre que a meteo-roloxía o permita, segundo anunciou a Consellería de Medio Ambiente. Esta obra pública foi adxudicada por un importe de �63.000 euros á empresa Construc-ciones Crespo, que disporá de tres meses para o remate dos traballos necesarios.

Esta actuación creará unha senda peonil nunha marxe da estrada que parte dende o casco histórico de Allariz en dirección oeste, que pasa polo núcleo de Outeiro de Orraca e chega ao núcleo de Gundiás. Ade-

mais de ordenar a circula-ción e mellorar a seguridade viairia, facilitará o acceso ás parcelas colindantes á vía.

Dende a Consellería de Medio Ambiente considéra-se necesario esta actuación ante o estado inaxeitado das beiravías, así como pola inexistencia de beirarrúas, polo que se proxecta unha

Unha senda peonil unirá Allariz co núcleo de Gundiás 4 As obras comezarán en novembro, anuncia a Consellería de Medio Ambiente.

senda peonil que facilite o tránsito da poboación entre os núcleos de Allariz, Gun-diás e Outeiro de Orraca.

Redacción

Co tema central “O xar-dín da abundacia” a con-vocatoria para participar no 5º Festival de Xardíns de Allariz en �014 perma-necerá aberta ata o 15 de novembro deste ano.

Xa na apertura do fes-tival este ano, o alcalde de Allariz anunciara que o tema para o �014 se-ría precisamente este, a abundancia, para separar-se do sentimento xeral de austeridade e recortes que afecta negativamente á so-ciedade. O obxectivo, des-tacar como contrapunto a esta austeridade a exube-rancia do mundo vexetal, elemento que atrae un áni-mo positivo.

O concurso está aberto

a paisaxistas, estudantes, xardineiros, profesionais e afeccionados, e, en xeral, a todo aquel que valora a xardinaría e o paisaxismo. En cada edición contou cun nivel crecente no número e calidade das propostas, que se reflicten na dificultade, cada vez maior, do xurado para facer a selección final. A organización agarda su-perar a cifra de 40 propostas do ano anterior.

Festival de Xardíns O Festival de Xardíns de

Allariz permanecerá aberto ata o 10 de novembro, en horario de tarde os venres (de 15:30 - �0:30) e de mañá e tarde sábados, domingos e festivos (de 11 a 14 de 16:30 a �0:30 horas).

Unha vez remate desvela-

“O xardín da abundancia”, tema do próxima FIXA4 As propostas pódense presentar ata o 15 de novembro; a edición actual pecha as súas portas o 10 de novembro.

rase que xardín de entre as 11 propostas foi o máis vo-tado polo público.

Festival de Xardíns./CdA.

A OU-302 na entrada a Allariz./ARQUIVO.

Facilitará o tránsito entre os núcleos de Allariz, Gundiás e Outeiro de Orraca

Page 17: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

17CELANOVA E COMARCA

Propoñen a utlización de vasos de plástico reutilizables e retornables

Acto de inauguración da sala micolóxica Plan C en Celanova./TITO DOMINGUEZ.

Inauguración en Celanova da única Sala Micolóxica de Galicia O 1 de outubro abriu ao público en Celanova a única Sala Micolóxica de Galicia, que

contempla nos seus 300 metros cadrados unha zona expositiva, sala de conferencias, bi-blioteca, laboratorio e tapería especializada en pratos elaborados con cogomelos.

O proxecto pretende manter viva a tradición micolóxica de Celanova e recoller nun espazo físico a historia relacionada co mundo dos cogomelos, documentación, cartele-ría, libros, fotografías, diapositivas, exemplares secos, en conserva, curiosidades... O local participará xa neste mes de outubro na iniciativa gastronómica “Os Sabores do Bosque Máxico”, que agrupa a �� locais de hostalaría da Terra de Celanova e Baixa Limia. Plan C ofrecerá unha tapa consistente nunha “Sopa de Cantarelas” e unha copa de viño por 3,5 euros. Ademais dende o �8 de outubro acollerá as XXVIII Xornadas Micolóxicas de Celanova, unhas das máis veteranas de Galicia, con charlas divulgativas, saídas ao campo, degustacións, identificación e exposición de exemplares reais.

Os que se acheguen a este local poderán degustar tanto unha carta micolóxica como outra “normal”, e os afeccionados á micoloxía poderán participar en saídas tuteladas para a recollida de cogomelos silvestres e despois consumilos no local, ou en degustacións para grupos con conferencia explicativa, entre outras actividades.

Redacción O BNG de Celanova non

quere que a vila amaneza, ano tras ano, chea de lixo durante a celebración das súas festas de verán. Por iso, os seus concelleiros reuníronse cos propieta-rios de negocios de ocio nocturno para proporlles a implantación dun modelo sustentable nas festas lo-cais de Celanova do próxi-mo ano.

A iniciativa pretende conquerir varios obxecti-vos: reducir os consumos de auga nos labores de lim-peza, reducir a xeración de residuos e mellorar a cali-dade de vida dos veciños

nas zonas onde se desenvol-ven as festividades locais.

Estes obxectivos iniciais pretenden obtelos median-te a implantación de varias medidas, sendo a de maior importancia a utilización de vasos reutilizables duran-te as festas, para reducir a xeración de residuos e, por tanto, un menor investimen-to en persoal e en limpeza. O emprego de vasos de plás-tico reutilizables e retorna-bles durante as mesmas, non suporía un maior gasto nin para os bares nin restauran-tes, explica o BNG.

Despois da reunión man-tida co colectivo hostalei-ro, o BNG considera que a colaboración do Concello

é indispensable para poder levar a cabo a campaña que pretende un modelo máis sostible nas festas de maior afluencia.

Os nacionalistas tamén propoñen o emprego de papel reciclado nas accións de difusión dos festexos, a colocación de papeleiras dobres para a separación de envases e restos, e o em-prego de lámpadas de baixo consumo para iluminar os espazos.

O BNG de Celanova propón aos hostaleiros un modelo sustentable de festas 4 Os nacionalistas reuníronse cos propietairos de negocios de ocio nocturno.

Page 18: 15 Outubro 2013 - BXVAC

18 BARRIOSOutubro de �013

CELANOVA E COMARCA

4 Mellora de camiños en Ramirás

O Boletín Oficial da Provincia publicaba este 14 de outubro a apertura do prazo de exposición pública do proxecto técni-co da obra de mellora de camiños veciñais no con-cello de Ramirás.

A actuación afecta a treitos comprendidos en-tre os núcleos da Facha, Casarío, A Arrifana, Pías e O Lameiriño. Durante o prazo de �0 días hábiles poderanse presentar ale-gacións; de non habelas, o proxecto considerarase definitivamente aprobado.

4 ITV de maquinaria agrícola na Bola

O próximo día 1� de novembro a empresa Su-pervisión y Control des-prazará unha unidade mó-bil á Bola para proceder á inspección de maquinaria agrícola deste municipio.

A unidadade estará ins-talada de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas xunto á área recreativa do río Orille. Pódese pe-dir cita previa no 90� 309 000 ou na web www.syci-tv.com. Os que non a so-liciten serán atendidos por orde de chegada.

4R chega a Celanova

Celanova engrosa desde o mes pasado o grupo de municipios ourensáns di-rectamente conectados á rede de telecomunicacións de última xeración que R está a despregar en toda a comunidade autónoma, dentro das accións do Plan de Banda Larga da Axen-cia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

EN BREVE

Redacción

A xerente do Servizo Galego de Saúde, María Nieves Domínguez Gon-zález, visitou, acompaña-da do alcalde de Pontede-va, Juan Carlos González Carbajales, os terreos onde se construirá o centro de saúde.

A construción desta nova instalación da rede sanitaria pública galega, que conta cun investimen-to de 487.000 euros, está cofinanciada con fondos europeos e enmárcase no obxectivo da Estratexia Sergas �014 de moderni-zar as infraestruturas da rede de atención primaria, para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o

contorno de traballo dos profesionais.

O centro de saúde, que contará cunha superficie construída de ao redor de 400 metros cadrados, situa-rase nunha parcela de 970 metros cadrados cedida gra-tuitamente polo concello.

Na súa visita, a xerente do Sergas estivo acompa-ñada por técnicos do co-lectivo de profesionais que encabeza Joaquín López Fando, coordinador respon-sable do equipo que leva a cabo a revisión do proxecto de execución do centro de saúde, introducindo, entre outras melloras, elementos de eficiencia enerxética coa fin de dotalo dos máximos estándares de calidade e sustentabilidade ambiental.

Tamén a acompañou a xerente de Xestión Inte-grada de Ourense, Verín e O Barco, Eloina Núñez; o secretario territorial de Ourense, Luis Menor, e a subdirectora xeral de Investimentos do Sergas, Belén Currás.

Plan funcionalOs espazos máis impor-

tantes recollidos no pro-grama funcional do centro son, na área de medicina xeral e enfermería, dúas consultas e unha sala poli-valente. Na área de admi-nistración disporase de ar-quivo, almacéns e outros servizos comúns.

O centro de saúde de Pontedeva terá dúas consultas e unha sala polivalente4 A xerente do Sergas visitou os terreos onde se construirá o novo ambulatorio.

Custará 487.000 euros

A xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, a doutora do centro de saúde de Pontedeva e a xerente do Sergas, no actual ambulatorio de Pontedeva, que comparte espazos coa casa consistorial./RAMSÉS.

P.L.

O Concello da Merca celebrou o pasado � de outubro unha sesión ex-traordinaria a petición do BNG, que presentaba unha moción “para abordar as causas do lume que provo-caron o desastre ecolóxico, medioambiental e persoal o luns día �3”, que quei-mou máis de 300 hectáreas e que segundo estimacións municipais provocou da-nos cuantificables por riba dos 50.000 euros.

A moción do Bloque incluía cinco puntos, e recibiu o apoio dos tres concelleiros nacionalistas e do edil socialista; cinco concelleiros do grupo de goberno do PP votaron en contra, un abstívose e outro non asistiu á sesión. Con todo, os populares dixeron estar a favor de tres puntos da moción: a declaración de zona catastrófica, de modo que o Concello di-rixirase ao Goberno cen-tral, a través da Subdele-gación en Ourense, para conseguir esta declaración e que os afectados poidan acceder a axudas; amosar a solidariedade cos veci-ños damnificados para os que se creará unha oficina de atención no Concello e restablecer as infraestrutu-ras danadas.

O voceiro do BNG, Ma-nolo Outumuro, lamentou

que os concelleiros popula-res non apoiaran o resto da moción, na que se solicitaba á Xunta de Galicia “unha nova política forestal e unha política de intervención no medio rural para combatir o despoboamento”.

Co debate neste pleno ex-traordinario, os nacionalis-tas quixeron evidenciar “as eivas que ten o operativo contra o lume”, recordando que o incendio do pasado �3 de setembro traballaron “sete colectivos diferentes apagando o lume”. O incen-dio, un dos máis virulentos do verán na provincia, arra-sou con máis de 300 hectá-reas de monte preto dos nú-cleos de Corredoira, Proente (onde arderon varias casas e alpendres) e a capitalidade municipal, afectando ade-mais a viñedos e fincas.

Falta de prevenciónOutumuro chamou a aten-

ción pola fatla de medidas tanto por parte do Goberno galego como do Concello da Merca para previr os incen-dios. “No concello contamos cun tractor-desbrozadora desde �008, hai unha orde-nanza municipal para facer limpeza ao redor dos núcleos e nos dous últimos anos non se limpou nada”, explicaba o edil nacionalista.

A Merca solicita a declaración de zona catastrófica4 Polo incendio que arrasou o �3 de setembro máis de 300 hectáreas e queimou catro ca-sas, unha delas habitada.

Os danos están cuantificados en 50.000 euros

Page 19: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

19CELANOVA E COMARCA

S.N.

É licenciada en Química e doutora pola Universidade de Vigo. Avanzou no mundo da investigación en Vallado-lid, Madrid e Praga, e agora conseguiu voltar á súa Gali-cia natal. Marina Nieto (Cer-dal, A Bola) é na actualidade investigadora e profesora asociada da Universidade de Santiago.

Como foi o teu labor den-de que te licenciaches?

Marina Nieto: “Nestes anos nos que iniciei o meul labor investigador pasei por varias liñas de investigación. Primeiro finalicei a tese, que consistiu no estudo de novas vías de vehiculización de fármacos de difícil adminis-tración. Posteriormente, na Universidade de Valladolid, seguín nesta liña, pero adap-tada á industria alimentaria. Alí só estiven nove meses e aprendín unha técnica. Den-tro do tema de sensores, apli-car un fármaco que chegue a un punto concreto e nós iso sensorialmente podelo

diagnosticar, e iso era o que en Valladolid se facía cos ali-mentos.

En Praga, onde estiven seis meses, tamén aprendín a empregar unha nova técnica: “fluoriscencia correlaciona-da”; o que intentabamos era introducir nanopartículas fluorescentes nun material e que foran funcionais. Todo con fins farmacéuticos e sempre no mundo “bio”.

Logo, dende a miña incor-poración ao CSIC en Madrid a miña liña de investigación cambiou radicalmente, em-pezando no campo dos mate-riais. En Madrid dediqueime á procura de novas rutas de síntese de materiais nos cales poidamos, por exemplo, eli-minar contaminantes de au-gas. Nós dedicabámonos ao deseño dun material, ao cal podemos dotalo de funciona-lidade e unha desas funcións pode ser, por exemplo, elimi-nar axentes contaminantes. Dado que hoxe en día a auga que bebemos ten que sufrir moitos procesos para que sexa potable, os investigado-res buscamos poder deseñar un material que sexa capaz de absorber o contaminante e á súa vez que sexa sinxela a súa rexeneración para poder traballar en modo continuo

para que non encareza o pro-ceso, porque se o encarece non é viable.

E nesta liña é na que con-tinúo. Seguindo co exemplo dos contaminantes, por un lado encárgome do deseño de materiais para eliminalos; e, por outro, deseño materiais que poidan ter aplicacións na industria farmacéutica. Polo que podemos deseñar ma-teriais a base de polímeros naturais, como pode ser o citosano, e empregalo para vehiculizar fármacos ou fa-cer que se use como un im-plante. E á súa vez o mesmo material podemos metelo nun reactor e aplicalo sobre unha auga residual”.

Logo das túas experien-cias, como ves a investiga-ción en Galicia?

M.N.: “Mal, principalmen-te no ámbito de financiación. No caso do contrato que eu teño a Xunta pon enriba da mesa diñeiro para pagar os salarios, pero non para que levemos a cabo unha inves-tigación, non temos ningún tipo de axuda. Nembargantes, os contratos do Ministerio inclúen unha partida, aínda que sexa pequena, para que poidas comezar a traballar. Ademais, o momento no que eu vin para Galicia coinci-

diu xusto coa crise, polo que isto córtanos a traxectoria a todos os que nos estivemos preparando para agora poder desempeñar o noso labor en condicións”.

A crise económica afec-toulle moito a este sector.

M.N.: “Moito, tanto a ni-vel autonómico como nacio-nal. De feito a nivel nacional en tres anos van ter lugar só dúas convocatorias de pra-zas, porque a estas alturas a convocatoria de �013 non saíu, polo que sairá o próxi-mo ano. E a de �011 saíu a finais de ano e resolveuse a principios de �01�, e así van solapándoas. E na Xunta pasa exactamente o mesmo.

Ademais, no meu caso particular, este ano para po-der solicitar un proxecto de grupos emerxentes precisas xente que estea vencellada á institución durante o tempo do proxecto. Se ti non tes a ninguén ao teu cargo, como un becario cunha beca de tres anos, non podes crear un gru-po en condicións, polo que se frea o teu traballo se estás nun grupo pequeno, como o meu”.

Se tes que puntuar do 1 ao 10 a xestión da crise no ámbito da investigación que fixo tanto o goberno

central como autonómico, que valoración farías?

M.N.: “Non souberon en absoluto xestionar a crise neste ámbito. Na miña opi-nión teñen un 1 sobre 10 e estou sendo bastante xenero-sa. Non se dan conta de que non investir nin en investi-gación nin en educación é un paso atrás. Porque o que se foi investindo nestes últi-mos anos se agora recortan de golpe perdeuse”.

Hai algún país que con-sideres modelo no trato que lle dá ao teu sector?

M.N.: “Toda Europa está en crise, non só España, pero por exemplo en Alemaña se-guiuse investindo en inves-tigación. E se en España hai que xestionar este ámbito doutra maneira que se faga. Por exemplo, que non fagan a ninguén fixo e que avalíen todos os anos para ver quen merece seguir aí e quen non, como en EEUU.

Ademais, se aos que es-tamos entrando nos esixen unha serie de coñecementos e temos que pasar uns fil-tros, aceptámolo porque así é como debe ser, pero entón que a todos os fixos os fagan cumplir as mesmas esixen-cias. Que a norma sexa igual para todos”.

Se o teu futuro laboral te levara de novo fóra de España, marcharías?

M.N.: “Neste momento a nivel nacional é moi compli-cado que atopase nada. Ade-mais, a época actual está a ser moi complicada para min e se me propoñen seguir neste campo e coas mesmas condicións diría que non. Pero cunhas condicións decentes si que marcharía, igual que o fixeron outros compañeiros, pero entón te-ría claro que sería imposible voltar.

En España investiron grandes cantidades de diñei-ro en formarnos e agora non nos aproveitan. Aproxima-damente investiuse nun in-vestigador semellante a min (entre a carreira, o doutora-do e diversos contratos pú-blicos) uns 360.000 euros por persoa, e iso todo vaise reverter noutro país. Tráta-se dunha inversión a fondo perdido”.

Cres que esta incertidu-me laboral está a afectar ao voso rendimento?

M.N.: “Non estamos mo-tivados. A inestabilidade quéimate e fai que cada día penses en que dentro dun ano vas correr a mesma sor-te que outros moitos compa-ñeiros que foron despedidos e a investigación quedará aberta. A ti motívate traba-llar se sabes que tes un pre-mio. A min gústame moito o meu traballo, pero se cando remate o contrato a inves-tigación vai quedar nun caixón déixate sen ánimo”.

Se te nomeasen ministra de Ciencia cal sería a túa primeira medida?

M.N.: “Non podería ser política, eu teño escrúpulos e eles non. E non me moles-taría en recomendarlles que fixeran nada, porque son to-dos iguais e todos nos min-ten. Levamos anos loitando con eles e prométennos cou-sas que nunca cumplen”.

Din que non sabemos va-lorar o que temos ata que o perdemos. E, en España, vai ser certo.

[Entrevista completa en www.mundourense.com]

ENTREVISTA A MARINA NIETO - INVESTIGADORA E PROFESORA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

“O investimento que fai España na formación dos seus investigadores é a fondo perdido”

4 Marina Nieto, licenciada en Química, amósanos as carencias do noso país no ámbito da investiga-ción científica e sinala Alemaña como modelo a seguir neste sector.

“Non investir en investigación e educación é un paso atrás”

“Nun investigador semellante a min investiuse en formación uns 360.000 euros e agora iso vai reverter noutro país. Neste momento a nivel nacional non temos posibilidades laborais”

Marina Nieto aposta pola evaluación continua dos investi-gadores./RAMSÉS.

A Universidade de Santiago organiza a “Semana da Ciencia”, durante a cal Marina -así como os seus compañeiros- amosa os seus coñecementos ás novas xeracións.

Page 20: 15 Outubro 2013 - BXVAC

�0 BARRIOSOutubro de �013

CELANOVA E COMARCA

Carne cachena, cogumelos e mazás “boi encarnado”, menú deste outono4 A asociación O Vieiro Leboreiro organiza as xornadas gastro-nómicas “Sabores do Bosque Máxico”, do 11 de outubro ao 10 de novembro, en �� locais de Celanova e Baixa Limia.P. Lodeiro

Menús, pratos ou me-nús compostos por carne de vacún de raza cachena, cogumelos e mazás da va-riedade “boi encarnado” serán a proposta gastro-nómica que ofertarán en-tre o 11 de outubro e o 10 de novembro �� locais de hostalería das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia.

A iniciativa parte da aso-ciación O Vieiro Leborei-ro, grupo de desenvolve-mento rural que xestiona os fondos Leader Galicia �007-�013 nestas dúas co-marcas. Elixiron estes tres produtos por seren propios da zona ou ter longa tradi-ción nela, e como parte do proxecto “Consumir para conservar” que comparten con outros seis grupos de desenvolvemento rural de toda España. “Queremos poñer en valor variedades autóctonas para que non

desaparezan”, explicaba a presidenta do Vieiro Lebo-reiro, María Jesús Boo, e que esta oferta gastronómi-ca serva de excusa para o coñecemento da comarca.

ParticipantesOs �� restaurantes, tape-

rías e casas de turismo rural participantes ofrecerán nas fins de semana (venres, sá-bados e domingo) do 11 de

outubro ao 10 de novembro menús a prezos de entre 15 e �0 euros ou tapas de � a 5 euros. Participan os res-taurantes Anros, O Forno do Lito, Vieira, O Muíño do Chirlo, as taperías Londres, O Novo Par de Rubias, Plan C e a casa de turismo rural Rectoral de Ansemil de Ce-lanova; o restaurante Mesón do Labrego e o gastro-bar Parroira da Merca, A Casa

da Tulla de Gomesende, a Casa Ramirás de Ramirás, o restaurante París de Pon-tedeva, o restaurante O Es-quecemento de Lobeira, a Casa Mariña, o restaurante Orellas e o Trébol de Ban-de, a Casa da Feiravella e o restaurante O Toural de Entrimo, e o hotel balneario Caldaria, o restaurante Lu-sitano e a Casa Baralló de Lobios.

Integrantes do Vieiro Leboreiro presentando as xornadas gastronómicas./P.LODEIRO.

Redacción

O BNG de Celanova rexistrou unha moción para esixir á Xunta de Galicia unha partida económica para atender o servizo de axuda no fogar para os con-cellos do rural.

Para os nacionalistas, du-rante a crise, aumentou o número de persoas deman-dantes dos servizos sociais públicos para cubrir boa parte das súas necesidades máis básicas e fundamen-tais. Ademais, acusan ao Partido Popular de recurtar orzamentariamente os ser-vizos sociais co Decreto 99/�01� de 16 de marzo, que establece un novo mo-delo de financiamento para os servizos de benestar e de-termina importantes modifi-cacións co anterior modelo. Todo isto supón “un trato claramente discriminatorio para os concellos con menor poboación”, como é o caso

Moción do BNG de Celanova sobre a axuda no fogar4 Tamén piden ao alcalde máis compromiso coas empresas lo-cais.

de Celanova, e o avance na privatización e o copa-go destes.

Compromiso coas em-presas locais

Por outra banda, o Blo-que denuncia que dende o Concello adxudican máis concursos de servizos a empresas de fóra do mu-nicipio. O portavoz nacio-nalista, Leopoldo Rodrí-guez, cita como exemplo o contrato do mantemento de equipos informáticos e administración web, por un importe de 4�.688,80 euros. Afirma Rodríguez que o Concello solicitou tres ofertas e ningunha era da localidade, cando existen tres empresas do sector.

O voceiro asegura que sucede o mesmo coa lim-peza da escola infantil, obras de arranxos na vila, ou o mantemento dos pa-sos de peóns.

Page 21: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

�1PUBLICIDADE

Page 22: 15 Outubro 2013 - BXVAC

�� BARRIOSOutubro de �013

PROVINCIA

Gaspar Ethan durante a súa actuación o 11 de outubro en Luar./JABICHO LEMOS.

Convocado o Premio Manuel Iglesias de investigaciónRedacción

Coa intención de man-ter o legado intelectual, cultural e relixioso do que fora párroco de Celanova ao longo de dúas décadas, Manuel Iglesias Gran-de, falecido no ano 1994, convócase un ano máis o premio anual de investiga-ción que leva o seu nome, establecido no ano 1996 pola súa familia.

Dende o ano �011 a Academia Auriense-Min-doniense de San Rosendo, con sede en Mondoñedo e Celanova, convoca o pre-mio, que se poderá conce-der en dúas modalidades.

A primeira, a un traba-llo de investigación, “de tema histórico, artístico, musical ou sociolóxi-co sobre a figura de San Rosendo, a idade media galega en xeral, o cal-quera aspecto histórico o artístico relacionado ca diocese de Mondoñedo, o mosteiro de Celanova ou outras materias afíns o territorios vencellados á figura de San Rosendo”. Deberán ser presentados antes do 15 de novembro na parroquia de Celanova ou no correo electrónico [email protected].

O premio de investi-gación consistirá nun di-ploma acreditativo, 1.500 euros, e tamén a posibili-dade de ser proposto o seu autor como académico.

Personalidade ou ins-titución

A segunda modalida-de do galardón premia a unha personalidade ou institución proposta po-los académicos e elexi-da por maioría de votos que “destaque por unha traxectoria lúcida e xene-rosa nos campos de estudo e investigación propios da Academia Rosendiana”.

O premio neste caso será un diploma e unha escultura de San Rosendo dos escultores académicos Manuel Buciños o Xosé Cid, e a publicación dun libro con algún traballo do premiado.

O premio entregarase nun acto social que terá lu-gar o 1 de marzo, festa de San Rosendo en Celanova.

Redacción

�6 casas de turismo ru-ral da provincia participan na 7ª edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural, un programa para dinamizar o turismo no eido rural, promocionar a gastronomía galega, des-envolver a oferta comple-mentaria neste segmento e favorecer a desestacio-nalización neste período. A iniciativa estará vixente durante todas as fins de se-mana ata o 15 de decem-bro, mantendo os mesmos prezos que en �011.

Na provincia de Ouren-se, os establecementos que se incluíron nos Outonos

Gastronómicos son, entre outros, Aldea Rural Couso Galán (Sarreaus), Casa das Augas Santas, Casa Rural Vilaboa e Pousada Torre Lombarda (Allariz); Casa A Rousía (Baltar); Rectoral de Ansemil (Celanova); O Retiro do Conde (Monte-rrei) Casa de Sixto (Paderne de Allariz); Casa Ramirás (Ramirás); e Casa Sabariz e Rectoral de Candás (Rairiz de Veiga).

Este ano, o Outono Gas-tronómico ofrece por pri-meira vez a posibilidade de regalar unha experien-cia gastronómica e rural en Galicia a través do Bono Agasallo Outono Gastronó-mico.

26 casas de turismo rural participan no 7º Outono Gastronómico4 Esta promoción ten por obxec-tivo favorecer a desestacionali-zación deste segmento.

GASPAR ETHAN - REPRESENTANTE DE OURENSE SUR NO CONCURSO “RECANTEIROS” DO LUAR

“O meu obxectivo é atopar un pequeno oco no mundo da televisión”

4 O verinés Gaspar Ethan está a participar no concurso “Recanteiros” do programa Luar, no cal busca vivir a experiencia e lograr unha oportunidade laboral. Redacción

Ten �7 anos e leva den-de os �1 no mundo da mú-sica, mellorando de xeito autodidacta. É de Verín e todo un apaixoado das gorras. Conta cunha co-lección de entre 80 e 90, e nunca sae ao escenario sen este complemento. “É parte da miña personalida-de”, explicóunos Gaspar Ethan, o mozo que está a representar as comarcas de Monterrei, A Limia e Baixa Limia (Ourense Sur) no concurso “Re-canteiros” da tempada �013/�014 do programa Luar, da TVG.

Como decidiches pre-sentarte a este concur-so?

Gaspar Ethan: “Pre-senteime por facer algo distinto, e seleccionáron-me no mes de xuño para

representar as zonas de Ve-rín, Xinzo e Lobios”.

O venres pasado logra-ches pasar á seguinte fase.

G.E.: “Si, logrei �0 pun-tos do xurado e 5 por parte do público. E así pasei á se-guinte ronda, que terá lugar a partir do 8 de novembro.

A miña actuación foi algo frouxa por culpa dos nervios, pero estou moi contento de seguir no con-curso”.

Cres que a túa partici-pación neste programa de televisión axudarache de cara a novas contrata-cións?

G.E.: “Si. A televisión é unha canle que abre moitas portas. Eu agardo que grazas a este concurso poida atopar unha oportunidade no mun-do da música, das orquestras ou da televisión”.

Cal é o teu principal obxectivo neste concurso?

G.E.: “Non busco gañar, só quero facer amigos, lo-grar contactos e vivir esta experiencia. Ademais, bus-co un pequeno oco no mun-do da televisión, de repor-teiro, que é o que máis me gusta”.

Como reaccionaron a túa familia e amigos can-do lles comentaches que te presentabas a este con-curso?

G.E.: “Sorprendéronse moito, porque a min non me gusta este tipo de for-mato. Por respecto, porque creo que moitas veces hai xente con máis talento na casa que os que se presen-tan aos concursos de televi-sión. Pero agora todos me están a animar moito”.

A seguinte fase do concurso terá lugar a partir do 8 de novembro

Redacción

Neste �013 a celebración da XIX Feira da Castaña e do cogumelo de Riós terá unha duración de dous días, os � e 3 de novembro, con-tando con actividades di-rixidas a todos os públicos.

O sábado 1 de novembro, a partir das 18 horas, inau-gúrase a exposición de cas-tañas e de artesanía local,

na planta baixa do Multiu-sos de Riós. No mesmo re-cinto, unha hora máis tarde, haberá un concerto-recital de Emilio Rúa e o grupo de cantareiras Xestreu. A partir das �0 horas, haberá un ma-gosto popular con castañas, empanada, panceta, chouri-zo e bebida, organizado pola Asociación de veciños de Riós e Marcelín na praza do Toural. Desde as 9 da noite

XIX Feira da castaña e do cogumelo de Riós4 Os días � e 3 de novembro.

unha disco móbil ameniza-rá a velada.

Xornada dominicalO domingo ás 9:30 horas

darase á saída aos partici-pantes no Tour ciclista da Castaña, cuxos premios se entregarán ás 14 horas na praza do Toural.

Ás 10:30 horas abrirá o recinto feiral, así como as exposicións de castañas e artesanía. Ao longo da mañá, pasarrúas a cargo da banda de gaitas do Conce-llo animarán a feira, xunto cun desfile infantil dos es-colares do CEIP As Vendas da Barreira.

A partir das 13 horas, haberá unha degustación de produtos típicos, como chourizos, castañas asadas, cogumelos e viño, ao prezo de 1,5 euros. Ese mediodía os restaurantes do Concello ofrecerán menús especiais ao prezo de dez euros, e do mesmo modo, estarán ins-taladas pulpeiras no recinto feiral. Unha charanga ame-nizará musicalmente a tar-de ata a clausura do recinto ás �0 horas.Stands de chourizos na pasada edición da feira./ARQUIVO.

Page 23: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

�3PROVINCIA

Os congresos de Xunqueira de Espadañedo, Cualedro e Baños de Molgas terán lugar os días 18, 24 e 31 de outubro

Redacción

O PP de Ourense está a celebrar congresos locais nos 9� municipios da pro-vincia para elixir os seus novos presidentes. En to-dos os casos celebrados ata o momento, a candidatura única foi a tónica.

Desde o pasado 14 de setembro José Luis Ferro é o novo presidente do PP de Celanova e desde o 4 de outubro Luz Doporto asu-me a presidencia do PP de Allariz, substituindo a An-tonio Mouriño e Antonio Rodríguez Miranda, respec-tivamente. En Quintela de Leirado Pablo Pérez asume a presidencia local, mentres que en Castrelo do Val os-tentará este cargo Manuel Pérez.

Os congresos continúan o día 18 de outubro en Xun-queira de Espadañedo, con Carlos Gómez como único candidato a presidir o par-tido; o día �4 en Cualedro, con Luciano Rivero optan-do á reelección; e o día 31, con Eladio Mangana pre-sentándose de novo como presidente local do PP de Baños de Molgas. No mes de novembro, terán lugar os congresos da Bola, o día 15, e Vilardevós, o día �9.

Doporto promete refor-zar a comunicación cos veciños

Luz Doporto Real, a ac-tual portavoz do Grupo Municipal do PP en Allariz, asume desde este mes a pre-sidencia local do PP neste municipio, logo do Con-greso Local no que acadou o 100% dos votos dos com-promisarios participantes.

Tralas palabras de agra-decemento a compañeiros e familiares, Luz Doporto fixo mención no seu discur-so aos obxectivos marca-dos para esta nova etapa no PP de Allariz. Estes pasan, segundo explicou, por re-forzar a comunicación cos veciños; comezar a traballar

de inmediato nas seguintes citas electorais -sinalou que as Eleccións Europeas de �014 serán un “barómetro” para os populares-; inten-sificar o traballo do Grupo Municipal, cunha maior presenza tanto en Allariz coma nos núcleos rurais; crear os mecanismos nece-sarios para crear emprego e fomentar a implantación de empresas no Polígono de Chorente e, en definitiva, seguir traballando sempre a prol de Allariz e dos intere-ses dos alaricanos “con res-ponsabilidade e compromi-so como viñemos facendo ata o de agora”, dixo a nova presidenta local do PPOU.

Ferro buscará moderni-zar o partido

José Luís Ferro tamén contou co 100% de apoio dos compromisarios para sair elixido presidente lo-cal do Partido Popular de Celanova. O alcalde cela-novés agradeceu o apoio masivo recibido polos elec-tores populares do congreso afirmando que afronta con humildade, gratitude e ilu-sión esta responsabilidade para que Celanova siga a ter unha maioría popular. Do seu programa enumerou a modernización do partido, a potenciación das novas tec-noloxías, abrir a sede do PP aos cidadáns, para que sexa un punto de referencia na vila, e potenciar o contacto cos pobos do rural. Pero, por riba de todo, Ferro dixo que a comunicación directa cos veciños será a súa máxima dedicación “para que entre

todos fagamos un PP e unha Celanova máis grande”.

Quintela de LeiradoPablo Pérez , teniente

de alcalde do Concello de Quintela de Leirado é desde este mes o novo presidente local do PP neste munici-pio, en substitución de José Antonio Pérez Cortés, al-calde da localidade. Pablo Pérez acadou a unanimi-dade dos compromisarios participantes no Congreso Local e dixo que baseará o seu programa no “traballo en equipo” que “ é a mellor receita para os retos en co-mún, e esto é o que eu vos ofrezo”. O novo presidente local sinalou que creará un equipo, “no que trataremos de reunirnos varias veces ao ano para poñer en co-mún pensamentos, ideas e puntos de vista diferentes sobre temas de actualida-de, tratando sempre de sa-car conclusións e propostas que despois eu farei chegar ao propio presidente pro-

vincial e aos diferentes órganos do partido, para que na medida do posible sexan tomadas en conta, para o mellor desenvolve-mento do noso pobo”.

Castrelo do ValTamén co 100% de

apoio dos compromisa-rios que emitiron os seus votos, saiu elixido Manuel Pérez Araujo como presi-dente do PP de Castrelo do Val.

No seu discurso, Pé-rez Araujo sinalou como obxectivo irrenunciable “poder axudar a todas e todos os veciños, e cando digo todos, refírome aos 1.�40 habitantes que ten o noso concello actualmen-te. Poremos todo o noso esforzo en solucionar os problemas que dependen das administracións públi-cas”. Ademais, recalcou que as prioridades estarán centradas nos maiores, na xuventude, nos desempre-gados e na infancia.

O PP celebra os seus congresos locais4 Ferro e Doporto, elixidos presidentes locais en Celanova e Allariz.

O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, intervén no Congreso Local de Celanova, ante a mirada do novo presidente local Jose Luis Ferro./PP.

Luz Doporto, nova presidenta do PP en Allariz./PP.

Paula Lodeiro

A CIG promove unha semana de mobilizacións polo emprego baixo o lema, “Salvemos Galiza, 100 medidas para crear emprego”. O sindicato convocou marchas en toda a comunidade, sendo a da comarca de Verín o mér-cores 16 de outubro con saída ás 10 da mañá da avenida de Castela ata o polígono de Pazos e rema-te no Concello de Monte-rrei. En Ourense capital a marcha terá lugar o dia 17 e finalmente o sábado 19 terá lugar unha manifesta-ción en Santiago de Com-postela, que porá fin á pri-meira fase da campaña.

A partir de decembro, a central sindical iniciará a recollida de firmas para poder presentar unha ini-ciativa lexislativa popu-lar (precisa 15.000) e que esta poida ser debatida no Parlamento galego. Entre as medidas propostas po-los sindicato nacionalista, destacan a reactivación da inversión pública, a apos-ta por un sector público forte, a aplicación dunha tarifa eléctrica especial para Galicia con descon-tos , a implantación dunha banca pública, e unha re-forma fiscal con impostos ás grandes riquezas, enu-meraba o seu secretario xeral en Ourense, Etelvi-no Blanco.

Para o sindicalista, “es-tamos nunha situación tan dramática a nivel de desemprego que cremos que é necesario que sexa o gran debate que se produ-za neste país”. Referíndo-se á situación concreta da provincia, Blanco consi-dera que é de “emerxencia total”, e xustificouno en varios datos: os �9.000 ocupados menos que hai desde �008, os 7.175 mo-zos entre 15 e 34 anos que emigraron nos últi-

A CIG presenta cen medidas para crear emprego4 Cunha semana de mobili-zacións que culminarán coa presentación dunha iniciativa lexislativa popular.

mos anos, ou o aumento de ERES e concursos de acreedores neste �013.

Inestabilidade en em-presas

Unha realidade que non ten visos de mellorar a cur-to prazo. Así, o secretario xeral da CIG enumerou unha serie de empresas “en situación de tal inestabili-dade que posiblemente nos próximos meses pechen”. Da comarca de Monterrei, apuntou a Hermanos Carra-jo, “unha empresa vital que chegou a ter 300 traballado-res e hoxe ten 50”. De feito, Etelvino Blanco insistiu en que nesta comarca os secto-res da construción a madei-ra están “paralizados, por-que existe un PXOU que foi aprobado coa oposición dos veciños e do sector que está ralentizando por completo a saída da crise”, e que “o que se presentaba como a pana-cea, as obras do AVE, non foi tal panacea, é un fiasco, porque hai subcontratas de subcontratas de contratas, e un traballador por unha xor-nada de 10 horas de 6 días á semana, chega a percibir 800 euros de salario”.

Para Etelvino Blanco, o AVE non é “a panacea”. /ARQUIVO.

En Monterrei os os sectores da construción a madeira están “paralizados”, afirma a CIG

Page 24: 15 Outubro 2013 - BXVAC

�4 BARRIOSOutubro de �013

PROVINCIA

Verín, Xinzo, Maceda e a Mancomunidade Terra de Celanova reciben fondos para os seus CIMs

Redacción

O mal tempo da última fin de semana de setembro non impediu que foran moitas as persoas que se implica-ron na VI Limpeza simultá-nea de ríos. Dende cativos a persoas maiores, un total de 456 persoas colaboraron na limpeza de ríos e rega-tos de toda Galicia, co fin de mellorar o seu estado e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.

A VI Limpeza Simultá-nea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 37 concellos de toda Galicia, entre eles os ourensáns da Merca, Allariz e Verín, e participaron nela un total de 44 entidades e 7 conce-llos.

O Proxecto Ríos, orga-nizador desta iniciativa,

calcula que en total foron retiradas dos ríos galegos 10 toneladas de residuos –entre os que se atoparon envases de plástico, pezas de automóbiles, cristais, electrodomésticos e roupa-.

No caso concreto de Ve-

rín retiráronse 300 quilos de lixo do río Támega, nun-ha acción coordinada polo Centro de Desenvolvemen-to Rural Portas Abertas.

En Allariz, o Centro de Educación Ambiental O Rexo coordinou a elimi-

nación de �50 quilos de basura do río Arnoia; e na Merca, a Asociación Xuvenil A Xoldreira re-tirou outros 70 quilos do mesmo río. Nestes tres concellos participaron 5� voluntarios.

Retiran 10 toneladas de lixo na VI Limpeza simultánea de ríos4 En Verín recolléronse 300 quilos, en Allariz �50 e na Merca 70.

Grupo de voluntarios que retiraron do rio Arnoia en Allariz, nun tramo de 4 km compren-dido entre a praia fluvial de Acearrica e a presa de abaixo do Briñal, 250 quilos de lixo.

Redacción

A Secretaría Xeral da Igualdade repartirá este ano a 44 concellos da provin-cia axudas por importe de 499.�95 euros para a posta en marcha de iniciativas en tres liñas de actuación: a promoción da igualdade entre homes e mulleres e prevención da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIMs).

Das tres liñas de actua-ción establecidas a relati-va ao apoio aos CIMs é a de maior dotación, cunha contía que ascende na pro-vincia a 336.663 euros, que se distribúen en 11 centros, entre eles os de Xinzo da

Limia, Maceda, Verín, e Mancomunidade Terra de Celanova.

A segunda liña, por vo-lume presupostario, é a de promoción da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e tratamento in-tegral da violencia de xéne-ro, que suma 116.837 euros, dos que son beneficiarios 28 concellos.

A liña de medidas de fo-mento da conciliación, con 45.795 euros, beneficia a un total de 8 concellos.

44 municipios reciben axudas para promover a igualdade4 Case medio millón de euros en total.

Page 25: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

�5DEPORTES

Participantes antes da saída da “Rota do Presunto”.

Redacción

O pasado mes de setem-bro tivo lugar o IX Ma-ratón BTT ‘Rota do Pre-sunto’, que contou cunha participación dunhas 1.000 persoas.

Este maratón de BTT con saída e chegada na localidade portuguesa de Chaves discorre por rutas e camiños entre Chaves, Oimbra e Verín, cun grao de dificultade física media e alta.

Os participantes puide-ron escoller un dos dous percorridos -maratón e medio maratón- con dis-tancias aproximadas de 80 e 45 quilómetros, respecti-vamente.

Crece o número de participantes na “Rota do Presunto”4 Acudiron mil persoas fronte ás 700 da edición anterior

Os participantes provi-ñeron de varios puntos de España e de Portugal che-gando ao millar (o ano pa-

sado foi 700 o número de ciclistas inscritos).

PaseoPara os acompañantes

dos ciclistas, a organi-zación promoveu varias actividades, entre as que destacou un paseo guiado de �5 quilómetros.

Esta iniciativa foi orga-nizada polo BTT Clube de Chaves, coa colabora-ción da Eurocidade Cha-ves-Verín e os municipios de Chaves e Verín.

Redacción

O sábado 19 de outubro na praza García Barbón de Verín celebrase a acción solidaria “Todos con José Manuel Jorge González”. Andaina, actuacións mu-sicais e roteiro solidario son os distintos eventos que se celebrarán.

“Todos con José Ma-nuel Jorge González” está promovido polo BTT Ve-rín e o Club Ciclista Verín, coa colaboración da área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.

A partir das 15.30 ho-ras desenvolverase esta xornada lúdico-deportiva co fin de recadar fondos

Deporte, música e ocio para unha causa solidaria4 O domingo 19 de outubro realizarase en Verín a acción solidaria “Todos con José Manuel Jorge González”.

destinados á recuperación José Manuel, ciclista de 16 anos que sufriu un acciden-te mentres adestraba.

ActividadesAs actividades que terán

lugar o 19 de outubro son: unha andaina de 8 quilóme-tros; un roteiro solidario en bicicleta de �0 quilómetros; recollida de tapóns de plás-tico; actuacións musicais do cantautor Emilio Rúa

(17.30 horas) e da Asocia-ción de Gaiteiros de Vilar-devós; amais das discomó-bil Jorge e Gramola. Tamén haberá obradoiros infantís, inchables e unha pequena merenda para as persoas asistentes.

Todo o que queira poderá realizar o seu donativo en urnas aportadas a tal fin. Co donativo entregarase vales para participar no sorteo de numerosos agasallos.

Para as persoas que non poida asistir e que estean interesadas en colaborar con esta causa solidaria poden realizalo no número de conta �100-4148-�3-��00113367 de La Caixa a nome de BTT Verín ou Club Ciclista de Verín.

Cartel do evento solidario a favor de José Manuel.

Page 26: 15 Outubro 2013 - BXVAC

�6 BARRIOSOutubro de �013

DEPORTES

O CD Ourense xoga en VerínRedacción

O Club Deportivo Ourense xogará o partido da xornada número 9 da Segunda División B en Verín. O encontro terá lu-gar no José Arjiz o domin-go �0 de outubro a partir das 17 horas.

Este traslado de escena-rio débese a que o céspede do estadio do Couto aínda está en fase de reparación e xogar agora mesmo alí suporía un retroceso na súa recuperación.

O encontro disputa-rao contra o Tropezón. O equipo cántabro esta situado en postos de des-censo ocupando a 18ª po-sición con 6 puntos, a un da salvación.

Redacción

O sábado �8 de setem-bro tivo lugar a terceira piraguandaina da amizade, que se desenvolveu entre os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, or-ganizada conxuntamente polo Concello alaricano e a Asociación Xuvenil Ami-zade de Allariz, coa cola-boración do Concello de Xunqueira de Ambía e do Club Piragüismo Fluvial Allariz, e co patrocinio do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

A andaina deu comenzo ás 9.15 horas dende a Alame-da de Allariz e con destino á praia fluvial de Xunqueira de Ambía. Nesta ocasión o pistoletazo de saída correu a cargo da concelleira de Deportes de Allariz. De se-guido, ás 11.00 horas, foi o momento de iniciar a volta ata Allariz, indicando esta vez a saída o tenente alcal-de de Xunqueira de Ambía.

Parte do percorrido fíxo-

se en piragua, naquelas zonas do río que eran navegables (no foi po-sible en todas debido ao baixo nivel da auga do río Arnoia e a climatoloxía adversa do día). O perco-rrido tivo dúas zonas de avituallamento, unha ao final da primeira etapa (na praia fluvial de Xunqueira de Ambía), e outra ao final da proba (na Alameda de Allariz).

A pesar das inclemen-cias do tempo, ao final un cento de participantes estiveron presentes nesta terceira piraguandaina.

Xornada ecolóxicaEse mesmo día tamén

se realizou una xornada ecolóxica, xa que a cada participante se lle deu una bolsa para que recollera o lixo que se acumula nas marxes do río entre Allariz e Xunqueira. Polo que ao final da xornada o aspecto deste trazado mellorou de forma significativa.

Piraguandaina pola amizade4 Os concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía acolleron a 3ª piraguandaina.

Momento da proba disputada en Allariz.

Redacción

Un total de �30 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na sétima edición da súa an-

Un paseo pola Raia4 �30 persoas participan na 7ª andaina da Eurocidade Cha-ves-Verín/XVIII Paseo Raiano de Vilarelho da Raia: Ruta dos Muíños.

daina popular, organizada conxuntamente co XVIII Paseo Raiano, que este ano estiveron incluidas dentro da Semana Europea da Mo-bilidade �013.

Esta iniciativa estivo organizada polo Centro Social, Cultural e Depor-tivo de Vilarelho da Raia, Eurocidade Chaves-Verín, Municipio de Chaves e Concello de Verín, e con-tou co apoio da Associação Flaviense de Caminheiros, Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas de Verín e Cruz Vermelha. A andaina tivo unha distancia de de 15 quilómetros e a súa dificul-tade é moderada. Atravesou territorio raiano pasando por tres poboacións e cinco muíños, e finalizou en Vi-

larelho da Raia, onde tivo lugar un pequeno almorzo para todos os participantes.

Beleza naturalO Paseo Raiano e a an-

daina da Eurocidade visitou pequenas localidades de gran beleza paisaxística e con contacto coa natureza. En edicións anteriores, esta andaina realizouse pola ‘Ruta da Fronteira’, ‘Ruta polo Camiño Portugués In-terior de Santiago – Vidago/Chaves’, ‘Ruta dos Ríos’ ou ‘Ruta do Contrabando da Cidadella’. Participantes da 7ª andaina da Eurocidade.

R. Torres

Desde o 15 de outubro e ata o vindeiro 10 de no-vembro queda aberta a inscrición da 37ª carreira pedestre popular do San Martiño, que coma en anos anteriores (e despois da polémica suscitadas nestas datas) será gratuíta. O día elixido para a celebración deste evento tan importan-te do deporte ourensán terá lugar o domingo 17 de no-vembro.

Este ano a novidade máis destacada é a dunha terceira carreira, a de ca-tivos. Será a partir das 13 horas e poderán participar os nados entre o ano �005 e posteriores. A distancia a cubrir por parte dos inscri-tos será de 1,4 km e pasa-rán pola ponte do Milenio -saída-, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte Vella e meta no pavillón dos Remedios. Os cativos poderán ir acompañados

Aberto o prazo de inscrición da Carreira do San Martiño4 A novidade deste ano é a proba de cativos.

dun adulto que non contará coma participante.

O resto das carreiras son as de anos anteriores. A ab-soluta, sobre unha distan-cia de 10.000 metros que comezará ás 11 horas; e a escolar (nados desde 1997 a �004), de 4,7 km, dando o pistoletazo de saída ás 1�.30 horas.

Entrega de chips e dorsais

A recollida de chips e dorsais será o venres día 15, entre as 16 e as �0 ho-ras, e o sábado día 16, de 9 a �0 horas na cancha cen-tral do Pavillón dos Reme-dios. Tamén haberá varios lugares da xeografía galega para que retiren os dorsais os participantes que non se poidan achegar a Ouren-se a recollelos neses días; para elo teñen que configu-ralo á hora de inscribirse. A inscrición realizarase a través da web www.depor-tesourense.com.

Presentación da San Martiño./RAMSÉS

162 participantes na andaina da Merca4 Na quinta edición desta cita deportiva.Redacción

O concello da Merca or-ganizou a quinta edición da súa andaina.

Unha andaina de 18 quilómetros que tivo o seu punto de partida e a súa fi-nalización no local social de Rubillós.

Ás 9.30 horas do do-mingo 13 de outubro par-tían os 16� andaríns parti-cipantes, que percorreron lugares coma A Pousada, Entrambosríos, Ponte Hu-mida, Covas do río, Fon-tao (onde tivo lugar o avi-tuallamente), Salpurido,

Rebola, Oxén ou Casal.A paisaxe espectacular

foi o máis chamativo para cantos participaron, e den-de o propio Concello pre-tenden potenciar máis este evento en edicións vindei-ras para, así, percorrer sen-deiros dunha beleza incon-testable.

XantarDespois de realizar a an-

daina, que tivo unhas tres horas e media de duración, aos participantes agasallou-selles cun xantar no punto de partida do evento: no lo-cal social de Rubillós.

Semana de portas abertasRedacción

Do 16 ao �0 de outubro as instalacións da piscina climatizada de Verín oferta-rán unha ‘Semana de portas abertas’ na sala aeróbica.

Durante eses cinco días, as persoas interesadas po-derán coñecer o funciona-mento da instalación e re-cibir información de todas as actividades deportivas que se programan durante o curso; así como participar en todas elas durante eses días de portas abertas.

As clases impartiranas monitores especializados, que explicarán mediante información teórica devan-ditas actividades, amais de facer participes das mesmas aos interesados.

Page 27: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

�7DEPORTES / OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Que novidades se pre-sentan nas feiras Festibike e Expobike en Madrid?

José María Novoa: “Para este vindeiro ano �014, son principalmente para bici-cleta de monte os tamaños das rodas que habitualmen-te eran de �6” pasan a ser de �7,5” e de �9” polgadas, gañando así tamaño que re-percute satisfactoriamente no confort da marcha.

En estrada, a novidade máis salientable é a incor-poración de 11 coroas na piñonera, conseguindo así cambios de �� relacións de velocidades que farán as delicias dos afecciona-dos das rutas de estrada. Tamén podemos atopar calquera clase de bicicleta cunha versión con motor de asistencia ao pedaleo: MTB, Trekking, Plegables, Touring, Paseo, etc.”

Traballa outros produ-tos diferentes?

J.M.N.: “Si, traballa-mos triciclos, “longboards” (clase monopatín), patine-tes infantís, etc, pero non deixan de ser xoguetes que o mesmo están unha tempa-da de moda como logo son desbancados por outros ar-tigos”.

Que novidades en pro-dutos e servizos ten “No Solo Bicis”?

J.M.N.:“Este ano en “No Solo Bicis” traemos como novidade a incorporación

da marca alemana FOCUS que de momento vendere-mos en exclusiva na pro-vincia de Ourense, poñen-do a disposición do cliente uns produtos de calidade e a uns prezos contidos, tan-to nos modelos de montaña onde destacan as RAVEN �9R e �7,5R, coma nos modelos de estrada coas impresionantes IZALCO. Tamén incorporamos ao fabricante de rodas francés MÁVIC, pondo a dispo-sición dos clientes unha gama de rodas completa dun fabricante recoñecido internacionalmente”.

Que demanda máis o cliente?

J.M.N.:“O que mais va-lora é o contacto persoal, o asesoramento, que lle ex-pliques porque vai mellor con esta talla ou modelo de bicicleta que con outra”.

Como facer que o cliente estea satisfeito e volva?

J.M.N.:“Para que un cliente vaia satisfeito e volva, ten que saír do noso establecemento pensando que fixo unha boa com-pra, que o asesoramos ben e que comprou a un prezo competitivo, e tamén que lle damos un servizo pos-tvenda de mantemento e taller único en quilómetros á redonda”.

Deixe unha mensaxe aos nosos lectores.

J.M.N.:“Animo a todos a andar en bicicleta, ben por primeira vez ou reto-mando vellas afeccións. Pódense facer paseos, rutas pequenas, acompañar aos cativos, descubrir camiños novos … É moi saudable a nivel persoal e beneficioso para o medio ambiente”.

ENTREVISTA A JOSé MARÍA NOVOA, DE NOSOLOBICIS DE CELANOVA:

“Animo a todos a andar en bicicleta, é moi saudable"

Exposición de bicicletas nas feiras do sector. /NOSOLOBICIS.

4FIRMA INVITADA

Resulta evidente que a culpa de que haxa incen-dios é de quen lle prende lume ao monte, pero igual de evidente resulta para min que a responsabilida-de de que eses incendios arrasen cada ano miles de hectáreas, é de quen go-berna a Xunta de Galicia, neste caso o PP, por ser esta a administración que conta con competencias exclusivas nesta materia.

A pesar de terse consu-mido miles de millóns de euros, antes co Plan IN-FOGA e agora co PLA-DIGA, levamos máis de �0 anos de continuos fracasos na loita contra o lume derivados dunha mala política forestal, e unha ausencia total de la-bores de prevención e de iniciativas que poñan en valor o noso monte e o conxunto do medio rural, variables estructurais que ao meu modo de ver son causas fundamentais que explican este fracaso.

Por se isto fora pouco , hai que engadir outras medidas máis de carác-ter conxuntural, como é o caso da continua des-profesionalización dos recursos humanos, e a pri-vatización do operativo de loita contra o lume, así como a descoordinación, medidas que introduciu nas últimas campañas o Goberno da Xunta de Ga-licia, que ten contribuído a que o fracaso das políti-cas de loita contra o lume sexa aínda máis claro.

Que o fracaso resulta evidente, poucos o discu-ten, poucos serían capaces de defender o contrario; pero se queremos porlle solución a este gravísimo problema medioambien-tal, pero tamén económi-co, non abonda con criti-car o que se fai mal por parte do PP, senón que as outras organizacións po-líticas teñen a obriga de achegar solucións, se de verdade lles preocupa esta dramática situación que se repite cada ano e que, ademais de autodestruir o noso País, dá unha pésima imaxe exterior de Galicia.

Esta situación tampouco se soluciona só con incre-mentar as medidas repre-

sivas para os que prenden lume, nin facéndolle pagar os danos ocasionados polos incendios, ou os gastos de extinción, ou pedíndolle aos cidadáns que exerzamos de Policía, como propón Fei-joo, medidas ás que eu non me opoño, pero que son absolutamente insuficientes para empezar a porlle solu-ción a este grave problema. Son insuficientes, non por-que o diga eu, senón porque non chega ao 1% os res-ponsables de prender lume ao monte que acaban sendo xulgados, resultando un número absolutamente in-significante os que acaban sendo condenados. Cada ano hai miles de incendios en Galicia, pero son detidas como sospeitosas pouco máis dun cento de persoas, das cales máis da metade nin tan sequera acaban im-putadas por falta de probas; das que son imputadas só unha mínima parte son xul-gadas, sobrando os dedos dunha man para contar as que acaban condenadas en firme. De que vale que es-tas condenadas en firme, no canto de ser condenadas a 4 anos de cadea, o sexan a 6, ou de que teñan que pagar os gastos de extinción e as perdas ocasionadas polo lume, se na maioría dos ca-sos se declararán insolven-tes? Vale de pouco, por non dicir de nada.

Para rematar con esta grave situación fai falta pois, pór en marcha medi-das de moitísimo máis ca-lado e que, ao meu xuízo, deberían formar parte dun gran Pacto galego para pór en valor o monte e loitar contra o lume; un pacto no que deben estar as comunidades de mon-tes, os partidos políticos, as organizacións agrarias, os grupos ecoloxistas, os pro-fesionais do sector forestal, a industria da madeira, os cazadores…; un pacto de obrigado cumplimento, que debe estar reflectido nunha Lei aprobada por consenso no Parlamento Galego, na que se recollan as medidas a tomar para acadar a me-dio prazo unha valorización do monte e facer máis efi-caz e menos costosa a loita contra o lume en Galicia.

Son moitas as cuestión

que se deberían formar par-te dese Pacto, pero cando menos coido que hai varias que son imprescindibles, se queremos cambiar de vez esta situación:

• reestruturación do te-rreo forestal.

• ordenación do territo-rio.

• modificación do enfo-que dos investimentos e dos traballos do operativo de loita contra o lume, des-estacionalizando os seus labores.

• profesionalización do operativo, que debe ser pú-blico, cun número estable de efectivos ao longo do ano, e ter un mando único.

• apoio da posta en mar-cha de proxectos singulares que poñan en valor o mon-te.

• aumento da conciencia-ción dos cidadáns.

Son consciente de que hai algún precedente que aca-bou en fracaso, e do difícil que é pór a todos os actores implicados de acordo, pero a magnitude do problema así o require; require da política con maiúsculas, require pór os intereses de Galicia por diante dos lexí-timos intereses de parte.

Compromiso por Galicia é ate o de agora a única orga-nización política que aposta abertamente por facer todos os esforzos necesarios para acadar ese ansiado Pacto; pero á marxe dos partidos, son cada vez máis as voces que defenden como única solución posible chegar a un gran acordo, só falta que cadaquén asuma a súa res-ponsabilidade para que se poida facer posible antes do próximo verán.

Ou iso, ou seguiremos sendo cómplices da auto-destrucción de Galicia. Cla-ro que sempre nos quedará a choiva, como a mellor aliada dos nosos montes.

Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en

Ourense de Compromiso x Galicia

Por un pacto galego para pór en valor o monte e loitar contra o lume

“Levamos máis de 20 anos de continuos fracasos derivados dunha mala política forestal”

Publicado o sétimo número da revista “A Torre do Castro”Redacción

Vén de saír do prelo o nú-mero 7 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás “A Torre do Cas-tro”.

Con esta publicación, o Concello de Sandiás intenta achegar a visitantes e veci-ños á súa historia e o seu pa-trimonio cultural, “dándoo a coñecer primeiro entre nós mesmos e logo a todos aqueles que nos visiten”.

Neste novo número, a re-vista ofrece dous vellos arti-

gos sobre a Lagoa de Antela publicados na revista “Vida Gallega”. No primeiro de-les, Jaime Solá, o fundador da revista, fala no ano 1913 dunha maneira bastante es-céptica do potencial turísti-co da lagoa de Antela. No seguinte artigo de 1931, o matemático polifacético e membro da Sociedade Ga-lega de Historia Natural de Santiago de Compostela, Heliodoro Gallego describe a lagoa de Antela.

O número recolle a nova sinalización turística da ruta das Torres da Limia, con in-formación recompilada nos paneis explicativos das tres torres aínda en pé na co-marca limiá.

“A Torre do Castro” dedi-

ca, como xa é habitual, un espazo ao deporte cunhas páxinas sobre á cuarta edi-ción da Carreira Popular Torre do Castro.

A publicación recolle ta-mén unha mostra de vellas fotografías dos veciños de Sandiás, así como un dos “Exemplos recitados á Virxe” nos anos corenta na parroquia de Santo Es-tevo de Sandiás, recompi-lados entre as veciñas que acudiron ás actividades de animación sociocultural celebradas nos centros so-ciais de Sandiás.

[A revista podese ver en PDF na seguinte

ligazón: http://issuu.com/torredocastro/docs/revis-

taatorredocastro�013]

Page 28: 15 Outubro 2013 - BXVAC

�8 BARRIOSOutubro de �013

OCIO E CULTURA

A Fundación Curros Enríquez visitará as terras de PondalRedacción

A Fundación Curros En-ríquez promove unha acti-vidade de achegamento á figura de Eduardo Pondal, coetáneo de Manuel Cu-rros Enríquez, consistente nunha excursión ás terras nativas da figura pondalia-na: Cabana de Bergantiños, Corme e sobre todo Ponte-ceso o día 19 de outubro. Trátase dunha proposta enmarcada na promoción dos Roteiros do Rexurdi-mento.

A primeira parada será en Cabana de Bergantiños para visitar o dolmen de Dombate e unha vez en Ponteceso, representantes da Fundación Pondal farán de guías polos xardíns da casa do poeta. Nesta xor-nada tamén se realizará a visita ao Museo etnolúdi-co de Galicia, que abriu as súas portas recentemente, e xa pola tarde darase un paseo pola Costa da Mor-te, visitando localidades como Corme e Laxe.

A inscrición para a par-ticipación nesta actividade será na Casa dos Poetas en Celanova ata cubrir as 50 prazas dispoñibles.

O roteiro “Vieiros da Memoria” recorda a figura de Luis Soto4 O Concello de Celanova dalle o nome do antigo camiño a Vila-nova ao mestre, pedagogo e activista exiliado, inicio dunha serie de homenaxes nos municipios aos que estivo vinculado.Paula Lodeiro

Cubrir as lagoas que exis-ten na historia de Galicia foi un dos motivos principais que levaron á Fundación Lois Peña Novo a coorga-nizar, xunto ao colectivo Galeguizargalicia e unha ducia de muncipios, o ro-

teiro “Vieiros da Memoria” en recordo da figura de Luis Soto Fernández, a quen consideran “inxustamente tratado pola historia”.

O primeiro dos actos tivo lugar o pasado mércores 9 de outubro en Celanova, onde se lle deu o nome deste mestre, pedagogo e

activista exiliado ao antigo camiño de Celanova a Vi-lanova.

O acto completouse coa presentación do resto do roteiro na torre de Vilanova dos Infantes, coa participa-ción do presidente da Fun-dación Lois Peña Novo, Xosé González, o pedagogo

Xosé Manuel Cid, o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, os alcaldes de Celanova, José Luis Ferro, Calvos de Randín, Aquilino Valencia, e Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, as alcaldesas de Lobios, María del Carmen Yáñez, e de Ramirás, Pilar Otilia López, o concelleiro de Cultura de Muíños, Ale-jandro Castro, e as sobriñas de Luis Soto, Sara e Inés Feijoo. Desculparon a súa ausencia os representan-tes dos concellos da Bola, Ourense, Mondariz e Mon-tealegre.

Todas estas persoas e ins-titucións interviron porque teñen ou tiveron algún tipo de relación co homenaxea-do: Cid, como autor dunha tese sobre os Mestres da ATEO (Asociación de Tra-balladores do Ensino de Ourense), sindicato ao que pertenceu Luís Soto du-rante a República. Méndez Ferrín, por ser “case discí-pulo” del, e quen resaltou

que tivo unha vida “longa e fértil en obras e en pala-bras” e que o sindicalismo na ensinanza “tivo un an-tes e un despois” con el.

HomenaxesOs representantes muni-

cipais adiantaron o tipo de homenaxe que se lles fará nos seus concellos: en Cal-vos de Randín colocarase unha escultura recordando a súa estancia alí e agra-decendo ao pobo veciño de Tourem a súa axuda na fuxida de moitos exiliados; en Celanova, promove-rase que os epitafios das lápidas se galeguicen; en Lobios, colocarase unha praca conmemorativa pre-to do pobo de Buscalque, o seu primeiro destino como mestre, e hoxe asulagado baixo as augas do encoro. En Ramirás, daraselle o seu nome a unha aula do centro cultural, mentres que en Muíños organizara-se unha homenaxe en Mu-gueimes o 9 de novembro. En Castrelo do Miño, a fi-nais de novembro, organi-zarase unha mesa redonda coa participación de Mén-dez Ferrín, Xesús Alonso Montero e Xosé Manuel Beiras, e colocarase unha praca para recordar a súa figura. E no Concello da Bola a escola infantil pasa-ra a chamarse Luis Soto. Organizadores do roteiro “Vieiros da Memoria” na torre de Vilanova dos Infantes./P.L.

Page 29: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

�9PUBLICIDADE

Page 30: 15 Outubro 2013 - BXVAC

30 BARRIOSOutubro de �013

AXENDA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Atención ao solO sol aínda é máis

prexudicial para os ollos do que o é para a pel. Os raios ultravioletas tamén atacan os ollos de for-ma lenta e disimulada. Ao longo dos anos e das exposicións deteriorarán o cristalino, até a retina. Por iso, actualmente os oftalmólogos encontran cada vez máis cataratas (o cristalino vóltase opaco) en persoas que teñen ao redor dos 50 anos, men-tres que antigamente era propio dos octoxenarios.

Coñécese actualmente que os raios ultravioletas

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

María Fátima. Carta dende o ceo“Din que teremos o ceo

que na terra gañemos, máis este agasallo acos-tuma ser triste, por ter que morrer para gozalo. E eu, que intentei ser boa per-soa, boa nai e boa esposa, penso que tiña esa gloria gañada dende hai tempo, porque sempre estiven dalguha maneira conde-nada a un calvario perma-nente. Xamais cheguei a pensar que o día que dei o ‘Si, quero’ e recibin aquel fermoso bico, acompaña-do dun susurro cómplice e un sinxelo ‘ámote’, estaba a asinar a miña pena de morte. Sen darme conta, inxenua e confiada, puxen a miña vida nas súas mans, sucias e asasinas.

Agora, detrás da porta, acá no ceo, neste doce ceo azul, como o que sem-pre soñei, espero que me acollan. Máis aínda que descanse ao carón dos es-collidos, mentras agardo choro. As miñas bágoas son bágoas de nai, irreme-diables, que por desgraza, non aliviaran as feridas.

Matoume! Quitoume a vida dunha maneira absur-da, bruta e cruel,un covar-de, un traidor. Agora, acá no ceo, podo berrar ceibe, que coñecín de preto ao

Exposicións- Ata finais de outubro -

Pinturas de Narciso Corral - Taberna Acevedo- Xun-queira de Ambía

Cine - 17 de outubro - “El arte

de apañarse” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

- �4 de outubro - “Re-construcción” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

- 31 de outubro - “El fas-cismo ordinario” - ��:15 h. - Casa da Cultura de Verín

- Ata o 17 de outubro - “Zipi y Zape y el club de la canica” e “Gravity” - Cine Gesma Xinzo

Música - 18 de outubro - Concer-

to de Ugia Pedreira + cola-bordores - �0:30 h - Audito-rio de Celanova

- �6 de outubro - Concerto Ariel Ninas - �0:30h - Cafe-tería Camper de Allariz

Espectáculos- 19 de outubro -”A ilu-

sión dun músico” - �3:45 h- Taberna Acevedo - Xun-queira de Ambía

- �0 de outubro – “Os Axóuxeres” – 1� h na Casa da Cultura de Xinzo e 18:30

4AXENDA

“Outra muller víc-tima do absurdo, da sinrazón, unha lacra podre”

demo, que estiven durmin-do con el no mesmo leito e percorrín, sen merecelo, as entrañas do inferno, que sen dúbida foi para min o ma-trimonio”.

Esta carta dunha mu-ller doutra terra chegou ao fondo do meu ser. Non é sinxelo esquecer esta men-saxe tan sensible, tan clara e concisa, desta vez, sen medo. Quizais tarde, a fon-do perdido.

A violencia de xénero voltou a Monterrei. O pa-sado mes, outra muller víc-tima do absurdo, da sinra-zón, unha lacra podre, que cheira e atenaza a socidade. Resentimento, esquizofre-nia, celos... Cal é o motivo para non apreciar a magni-tude dunha muller, dunha persoa?

Parece incrible que es-coitemos a miudo novas deste calibre nos medios de comunicación. Agora tocou acá, pretiño do Castelo. A tormenta da ingratitude es-talou novamente e os sons do Támega levan as malas novas cara a Portugal.

En Monterrei, onde ado-ramos con devoción ás raiñas que nos gardan, to-das elas, damas fermosas, que velan por nós. Merce-des, Remedios, María e a

Nosa Señora da Estrela, non deixarán sóa a Fátima. Monterrei e Santiago cho-ran. Ao carón do castelo e da catedral voltou o infor-tunio, o terror, unha muller e máis unha nena, vítimas dunha violencia de xénero disfrazada, con inexplica-bles pautas de execución, pero cun mesmo fin.

O mestre Xosé C. Canei-ro, no seu impresionante artigo do xornal La Voz de Galicia, de hai uns días, co título “Doce” estremeceu-nos as entrañas, e fixo que as bágoas fráxiles saíran de novo. Tiña que estar prohi-bido morrer aos doce!

Na terra do viño, da auga e do entroido estamos con dor, a contrapelo, coa ca-chola baixa, asumindo ac-tuacións intolerables, que non son dixeridas con faci-lidade, máis a esperanza da cordura, da xolda e da ilu-sión voltarán xurdir entre a néboa no val de Monterrei, deixando paso á luz, para que brille con forza o máis fermoso que temos, a vida. Miguel A. Prieto “Chita”

son perigosos para os ollos. A acción da luz provoca dúas reaccións: primeiro a formación de radicais li-bres, axentes de envellece-mento, así como a degrada-ción de certas estruturas do ollo. Estas reaccións prodú-cense na cornea, na retina e no cristalino, provocando conxuntivite (ollos verme-llos), cataratas e envellece-mento prematuro do ollo.

Pero hai outros factores agravantes, tales como an-tibióticos, tranquilizantes, etc. Temos que utilizar me-dios de protección, como medicación, lentes con fil-

4HISTORIAS DE MONTERREI

Os nomes dos pobos (II)Volvemos de novo cun ar-

tigo sobre o significado dos nomes das aldeas da nosa comarca:

Laza: Segundo Dasairas, provén dunha “Villa Latia”, do antropónimo latino La-tius, pero tamén advirte de que hai quen o fai derivar de “Glatia”, significando lazo ou frío.

Mourazos: Malia que a súa orixe etimolóxica seme-lla proceder da base prein-doeuropea “mor” (rocha, pedra, lugar pedroso), Xe-rardo Dasairas no seu libro Crónicas Rexiomontanas, fai derivar este topónimo do nome “Mauratius ou Mau-rus”.

Castrelo do Val: Este to-pónimo provén da palabra latina “Castrum” máis o su-

fixo diminutivo “elo”. Este termo latino “Castrum”, tan ben pode significar cas-tro como calquera outro tipo de fortificación.

Marbán: Este parece ser un dos poucos topónimos de orixe árabe que se en-contran na nosa comarca. Provén do nome propio Marwan, que posiblemente fose o posuidor desas te-rras.

Gondulfes: A orixe deste topónimo é claramente xer-mánica. Segundo Dasairas este topónimo esta formado por dúas palabras, “Gond” que significaría loita e “ul-fes” que provén de wulfs e que significaría lobo.

Espiño: Este nome deri-va do latín “Spinu”, que é un fitotopónimo que pode

tro. Hai que usar unha boa protección contra os raios ultravioletas. Creo que as mellores son as de cor cinsa e as castañas.

Ademais, teña unha boa alimentación para com-bater as cataratas e beba moita auga, sen esquecer os antioxidantes. En caso de pequenas perturbacións na vista, procure inxerir o agora tan coñecido mirti-lo (arandos) e evite certos medicamentos, como os anti-histamínicos, anticoa-gulantes, tranquilizantes, café ,tabaco e alcol.

João Damião

designar distintas especies botánicas.

Rubiós: Este topónimo procede da palabra latina “Rubeus” co significado de Vermello ou averme-llado.

Rexosende: É outro dos exemplo de nome de aldea que temos na comarca cun claro orixe xermánico. A terminación “sende” esta claramente identificada como senda ou camiño, pero a primeira parte des-ta palabra xa non ten un significado tan claro, polo que, este topónimo tanto pode indicar unha senda tenebrosa como un cami-ño real.

Andrés Diz D, historiamonterrei.blogs-

pot.com.es

h. na Piscina cuberta de Ve-rín (sala aeróbic)

- �0 de outubro - Actua-ción de “Tanghete” - 19 h. - Taberna Acevedo

- �1 de outubro - “Os Mi-serables”, por alumnos do IES Tabaoada Chivite - 9 h - Casa da Cultura de Xinzo

Teatro- �5 de outubro - Gala

benéfica teatral e posto de artesanía en beneficio de LIMISI - �0:30 h. - Casa da Cultura de Xinzo

Festas e feiras- 19 de outubro - 1º Festi-

val da Vendima de Monte-rrei - Castelo de Monterrei- 19 de outubro - Festa do

Millo - 16:30 h - Seoane, Allariz- �3 de outubro - Feira en

Verín- �7 de outubro - Feira en

Xinzo- Todos os xoves - Feira en

Celanova- Todos os sábados á mañá

- Mercado da Biosfera na Praza de Abastos de Allariz- � e 3 de novembro - Feira

da Castaña e do Cogumelo - Riós- 9 de novembro - VII Ca-

rradado viño de Verín.

- 9 de novembro - Feira

do Outono - Pavillón do IES de Allariz

Outros- 18 de outubro - Presen-

tación do libro ‘Alicornio. O poder de corno de uni-cornio na medicina tra-dicional galega’ de Rafa Quintía Pereira e Miguel Losada García.- 19:30 h. - Biblioteca de Verín- 18 de outubro – “Gale-

gos de por vida”, acto pola normalización lingüística nos cemiterios”. – �0:30 h. – Casa da Cultura de Xinzo- 18 de outubro - Conferen-

cia: “O Couto Mixto” por Luís García Mañá - 1� h - Casa da Cultura de Verín- 19 de outubro - Co-

loquio transfronteirizo “Hermanando culturas vi-tivinícolas” - 16 h - Casa da Cultura de Verín - 1 de novembro - “III

Xornadas Romasanta” - Fogar dos Maiores - Alla-riz

Deportes- 19 de outubro - Roteiro

solidario - 15:30 - Praza García Barbón de Verínwww.mundourense.com

Page 31: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

31CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�006 - OU 186-�006 - OU 77-�01�. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz

Nº83 / 19- Ano: VIII - Outubro �013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado.A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

[Se eres un particular, publica os teus

anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@

ourenseporbarrios.com]

4CLASIFICADOSALUGUER/VENDA

Alugo apartamento en Mon-talvo de 1 e � cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 �7 19 16.Vendo apartamento de � habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 4�� 497. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 9� 58 73.Alugo en 1ª planta, zona S. Francisco, Ourense � dormi-torios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Cale-facción Gas Natural. Telf: 988 �35 876.Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087.Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) re-formado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 7�.000 euros. Tel: 6�98�8647.Alúgase piso preto da univer-sidade (Ourense), compartible para 3 rapazas, con calefacción individual. tel. 988 �4 69 �6Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), ��, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888.Vendo finca urbanizable de 1.500 m� en Amoeiro, bo pre-zo. Tel. 610 54 48 54.Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m� pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 �1 14.Vendo finca edificable para dúas casas a 1� km de Ourense e 5 minutos da autovía de Ce-lanova, bo prezo, tel. 617 9�5 873.Alúgase apartamento no cas-co antigo de Ourense por ��0 euros/mes, Tel. 637 00 59 10.Véndese casa con finca na es-trada de Santiago, tel 637 00 59 10.Vendo piso de 1�0 m� na praza das Mercedes (Ourense) a re-formar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880.Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 �4 60 96 e 664 11 80 65.Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, � dormito-rios, salón, � baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10

VENDASVéndese berce, bañeira de bebe, cadeira de paseo con plástico, por 400 euros. Tel: 696 18 11 73Vendo mesa de comedor para oito persoas e seis cadeiras. Todo por 300 euros. Tel: 696 18 11 73Vendo libros de texto 5º e 6º Primaria, 1º e 3º ESO, 5 euros. Tel. 676 9�8 138Véndese colección de mini copas do Real Madrid.3� co-pas, 30 euros. Tel. 647 �7� 198Vendo llantas de Citroen Saxo, tel. 610 54 48 54Compro revistas fútbol Mar-ca e Don Balón, tel: 667 890 �93Vendo mobles de segun-da man: � librerías, mesa de mármore de comedor, 6 sillas, mesa de cento, lámpadas de pé e teito, taquillóns rústicos, � quentadores de auga, � si-llóns de mimbre, � sillóns de pel, mesa de xardín e 6 sillas. Tel. 677 0� 37 36 e 988 �4 89 67 (Ángel)Vendo cinco llantas de Peu-geot �05 GTi, bo prezo. Tel. 610 54 48 54.Vendo sofá 3+2, cinta anda-dora, apeiros de labranza, un botelleiro e unha caldeira de gas cidade Roca, tel. 637 00 59 10.Vendo DVD Videocámara Panasonic nova, multifor-mato, grava en DVD Ram, DVD-R e DVD-RW, 30x Op-tical Zoom, bo prezo. Tel. 6�7 4�8 7�8.Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha al-mofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de ven-derse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516.

EMPREGO

Comarca de MonterreiConcello de Verín 988 410 001Concello de Monterrei 988 418 00� Concello de Oimbra 988 4�6 160Concello de Vilardevós 988 417 004Concello de Riós 988 4�5 03�Concello de Castrelo de Val 988 419 00�Concello de Laza 988 4�� 00�Concello de Cualedro 988 4�4 004Comisaría de Policía Verín 988 414 1�3Policía Local Verín 988 411 61�Bombeiro Verín 988 41� 1�1Garda Civil 988 410 005Protección Civil 988 41� 1�1Estación de autobuses 988 413 516Taxis - Parada Hospital 988 414 34�Taxis - Parada Estación Autobuses 988 411 81�Taxis - Parada Praza Merced 988 410 385Taxis - Parada Praza do Concello 988 411 113Ambulatorio Urxencias 988 410 800Ambulatorio Cita previa 988 413 460Hospital de Verín 988 413 636Cruz Vermella 988 411 600Correos e Telégrafos 988 411 038Rexistro Civil de Verín 988 410 387Rexistro da Propiedade 988 410 737Oficina de emprego 988 410 703Oficina da Seguridade Social 988 410 253Servizos Sociais Verín 988 414 776Cáritas Parroquial 988 410 679IES nº1 de Verín 988 411 �1�IES García Barbón 988 410 379I. Bacharelato X. Taboada Chivite 988 410 041CEIP Amaro Refoxo 988 411 4�5CEIP Princesa de España 988 410 1�8Comarca de A LimiaConcello de Xinzo 988 550 111Concello de Porqueira 988 466 10�Concello de Calvos de Randín 988 434 000Concello de Baltar 988 466 503Concello de Os Blancos 988 467 506 Concello de Trasmiras 988 445 000Concello de Sarreaus 988 454 00� Concello de Vilar de Barrio 988 449 001Concello de Sandiás 988 465 001Concello de Vilar de Santos 988 465 883Concello de Rairiz de Veiga 988 465 55�Policía Local Xinzo 988 46� 4�5Garda Civil 988 46� 361Estación de autobuses 988 460 309Centro de saúde Xinzo 988 46� �00Punto Atención Continuada 988 46� 456Rexistro civil de Xinzo 988 46 0 188Rexistro da Propiedade 988 460 �09Taxis - Parada 988 460 �58

Oficina de emprego 988 460 375Oficina da Seguridade Social 988 462 951Xulgado de 1ª Instancia 988 46� 364Servizos Sociais Xinzo 988 550 111Cáritas Parroquial 988 460 ���IES Lagoa de Antela 988 46� 454IES Cidade de Antioquía 988 461 �71CEIP Rosalía de Castro 988 460 480CEIP Carlos Casares 988 460 507Gardería Municipal 988 461 049Oficina Agraria Comarcal da Limia 988 460 024Comarca de Allariz-MacedaConcello de Allariz 988 440 001Concello de Baños de Molgas 988 430 000Concello de Maceda 988 463 001Concello de Paderne de Allariz 988 �93 000Concello de Xunqueira de Ambía 988 436 006Concello de Xunqueira de Espadañedo 988 �91 001Policía Local Allariz 988 440 000Garda Civil Allariz 988 440 031Centro de Saúde de Allariz 988 440 958Centro de Saúde de Baños de Molgas 988 430 331Centro de Saúde de Maceda 988 463 370Policia Local Maceda 696 511 038 Garda Civil Maceda 988 463 084Parada taxis Maceda 988 463 �04 CEIP Padre Feixoo 988 440 8�5IES Allariz 988 440 036Gardería municipal Allariz 988 440 �19Servicio Municipal de Augas Allariz 988 440 004Xulgado de Paz Allariz 988 440 704Comarca de Terras de CelanovaConcello de Celanova 988 431 481Concello da Bola 988 433 768Concello de Cartelle 988 491 111 Concello de Gomesende 988 485 000Concello da Merca 988 �60 000 Concello de Padrenda 988 494 783Concello de Pontedeva 988 495 005Concello de Quintela de Leirado 988 493 500Concello de Ramirás 988 491 5�3Concello de Verea 988 430 600Policía Local Celanova 988 431 806Centro de Saúde de Celanova 988 451 736IES Celanova 988 431 �90CEIP Curros Enríquez 988 431 7�5Oficina Seguridade Social Celanova 988 553 055Xulgado 1ª Instancia Celanova 988 431 48�Urxencias Sanitarias 061Cita previa Servizo Galego Saúde 90� 077 333Teléfono maltratadas 016ITV 90� 309 000Protección Civil 11�Incendios forestais 085Fenosa (averías) 988 ��� ���

4TELéFONOS DE INTERESE

Desbrózanse fincas con trac-tor e a man. Ségase herba con segadora.Tel. 630 5�1 448.Empresa de Verín precisa comercial de productos fito-sanitarios y tratamientos de agua. tlf 988 78 46 30.Ofrécese modista, para ten-das e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76.Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 9�.Danse clases particulares. Ex-periencia. Tel: 653 768 357.

Page 32: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

Page 33: 15 Outubro 2013 - BXVAC

Número: 83- Ano:VIII - Outubro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

VERÍN Páx.2 DEPORTES Páx.25VERÍN Páx.3 COMARCA Páx.4 VERÍN Páx.6

Erros no contrato obrigan ao Concello a renunciar aos radares

Deporte, música e ocio para unha causa solidaria en Verín

A D.O. Monterrei aspira a alcanzar os 2,5 millóns de quilos

Volve o programa ‘Kero-Kolo’ e estréase ‘Kero-Kedar’

“Puertas de Galicia” prepara unhas xornadas gastronómicas

Escolares de Verín e Chaves participaron na exhibición de medios en Feces de Abaixo./CdV.

[páx.7]

A Eurocidade promovea seguridade viaria

Entrevista ao verinés Gaspar Ethan,

“recanteiro” en Luar[páx. 22]

Page 34: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013

Page 35: 15 Outubro 2013 - BXVAC

Número: 19 - Ano: VIII - Outubro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

ENTREVISTA Páx.15ALLARIZ Páx.13 COMARCA Páx.20

Cristina Baceiredo, traballadora social de Cruz Vermella

Unha senda peonil unirá Allariz co núcleo de Gundiás

COMARCA Páx.18

O Vieiro Leboreiro organiza os “Sabores do Bosque Máxico”

ALLARIZ Páx.16

Alcalde de Celanova e sobriñas do mestre Luis Soto descubren a praca que lle dá o seu nome ao antigo camiño a Vilanova./P. L.

Entrevista á investigadora e

profesora da USC, Marina Nieto

O roteiro “ Vieiros da Memoria”

recorda a figura de Luis Soto

Comezaron as obras de ampliación do CEIP Padre Feijoo

A Merca solicita a declaración de zona catastrófica

[páx.28]

[páx. 19]

Page 36: 15 Outubro 2013 - BXVAC

BARRIOSOutubro de �013