2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos...

58
2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS (primeira parte) O astrónomo. VERMEER, JOHANNES. Pintor holandés, 1632-1675. Pintado en 1668, Museo do Louvre, París. Francia.

Transcript of 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos...

Page 1: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

2013,

ODISEA

DA ARTE

A PROCURA

DAS ESTRELAS(primeira parte)

O astrónomo.

VERMEER, JOHANNES.

Pintor holandés, 1632-1675.

Pintado en 1668, Museo do

Louvre, París. Francia.

Page 2: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

ARTE E ASTRONOMÍA

PRESENTACIÓN

A fascinación que exerceu a astronomía sobre o ser humano, independentemente da ciencia, axiña levou

a mulleres e homes de tódalas culturas a representar o ceo e os seus elementos na literatura, na poesía,

na filosofía, na música … e, por suposto, nas artes plásticas, amosando innumerables exemplos das

relacións que sempre tivemos co universo.

O ser humano sempre experimentou a necesidade de expresarse a través da arte. O feito artístico como

forma de expresión ou linguaxe que expresa o devir dos homes, foi o resultado da necesidade que estes

tiveron de interpretar e explicar o mundo que lles tocou vivir, facendo uso dos medios técnicos e

materiais ao seu alcance. Por iso, segundo avanzaron os seus coñecementos, tamén se ampliaron e

diversificaron os temas celestes relacionados coas artes.

Polo tanto, a arte é unha testemuña excepcional no proceso da civilización humana, polas súas

calidades estéticas e como documento histórico, porque a iconografía non só describe os elementos

formais senón que tamén identifica os temas e interpreta o seu significado en relación ao contexto

histórico e sociocultural, o cal nos permite achegarnos a calquera período da historia do home,

incluso os máis remotos.

A arte resulta pois, unha porta interesante para achegarse tamén á astronomía, para coñecer as

interpretacións que dela fixeron mulleres e homes ao longo do tempo e para comprender o papel de

responsabilidade que temos todos, de cara ao necesario respecto polo planeta como unha parte

integrante do universo, polos nosos semellantes e por tódolos seres vivos que o habitan, porque a nosa

sorte está unida inevitablemente á da terra e á do universo.

Page 3: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

Por último, as interpretacións que se fixeron do cosmos a través das manifestacións artísticas, deben

considerarse como patrimonio cultural e artístico, forxado pola humanidade ao longo de toda a súa

historia. En consecuencia, dispor das claves para ser capaces de achegarse á astronomía a partir das

interpretacións que se fixeron a través da arte, así como dende outros ámbitos, imponse como unha

tarefa necesaria para permitir coñecer ese patrimonio, aprender a valoralo e a conservalo.

CARMEN M.

Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, do pintor alemán HANS

HOLBEIN “O MOZO”, feito en 1533.

AA

Page 4: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

“Que mesquiño o corazón que non sabe amar. Se non

amas, como podes gozar coa abraiante luz do sol e a doce

claridade da lúa ?”

“Se eu puidera facer a bóveda celeste, quitaría do medio

a bóveda de agora para construír outra de tal maneira que

resultara fácil gozar con liberdade”.

Robaiyyat de OMAR JAYYAM

Poeta, filósofo, astrónomo, físico e matemático persa, s.XI.

ACTIVIDADE: exercicio de reflexión sobre o significado dos versos da obra de JAYYAM.

Relacións entre os Robaiyyat e a Oda 1.11 do famoso tópico carpe diem de HORACIO*.

*HORACIO: poeta latino, 65 a. C. Obras: Odas, Epístolas, Épodos, Sátiras.

1

ARTE E ASTRONOMÍA

ARTE E ASTRONOMÍA

Page 5: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

2

ARTE E ASTRONOMÍA

Miniatura persa da arte da Persia Safávida,

1501-1722. Época do Sha Abbás “o Grande”,

1571-1629. Hotel do Sha Abbás, Ispahán,

Irán.

- A miniatura persa é unha pintura fina,

delicada, simbólica, de gran riqueza

cromática que busca protexerse da

prohibición islámica de representar a

figura humana. Para iso, esta pintura

móvese entre o celestial e o terreal,

representando figuras que parecen

estar suspendidas no aire, planas e

inmateriais, que non producen

sombras aínda que parecen moverse

baixo unha luz sobrenatural e

uniforme.

- Son Metáforas do paraíso, de

temática variada que inclúen

referencias á tempos preislámicos

como aos versos de Jayyam ou

Ferdowsí*.

Libro

*FERDOWSÍ, Libro dos Reis. Poeta persa do 1000 aprox. d. C., que conta nunha epopea, a historia de Persia dende os

tempos lexendarios ata o s. VII, momento da invasión islámica. Ferdowsí ten a particularidade de recuperar a lingua persa,

prohibida nos tempos da dominación árabe de Persia.

ACTIVIDADE: Buscar a similitude entre Ferdowsí e Rosalía Castro.

Page 6: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

3

ARTE E ASTRONOMÍA

Bodegón celeste ou natureza morta é un xénero de pintura que representa seres inanimados

como animais mortos, por exemplo de caza, vexetais ou obxectos; pero tamén pode referirse

a grupos de estrelas do universo.

ACTIVIDADE: facer unha pescuda para encontrar bodegóns importantes dentro do mundo da arte.

Bodegón celeste

Page 7: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

4

ARTE E ASTRONOMÍA

“Decídeme como naceron ao comezo os deuses, a terra, os ríos, o ilimitado Ponto de axitadas olas, e

alí enriba os relucentes astros e o ancho ceo (…) inspirádeme isto, musas que dende o principio

habitades as mansións olímpicas e decídeme o que houbo antes daqueles … “

Teogonía, HESÍODO, poeta grego S. VIII a. C.

ACTIVIDADE: exercicio escrito: - que nos conta Hesíodo na súa obra Teogonía ?

- que nos transmite Van Gogh no seu cadro Noite estrelada?

Page 8: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

5

ASTE E ASTRONOMÍA

- “O que non posúe o don de marabillarse nin entusiasmarse, máis lle valería estar morto, porque

os seus ollos están pechados “ .

- “Son o suficientemente artista para debuxar sobre a miña imaxinación” .

A. EINSTEIN, físico alemán, s. XX.

ACTIVIDADE: buscar citas que poñan de manifesto a implicación do home co universo.

Page 9: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

6

ARTE E ASTRONOMÍA

Odisea do espazo 2001, KUBRICK, S., cineasta americano, s. XX.

“Soamente somos unha raza avanzada de monos nun planeta menor dunha estrela media,

pero podemos entender o universo” .S. HAWKING, físico teórico, cosmólogo, divulgador científico británico, s. XX.

ACTIVIDADE: buscar información sobre Hesíodo, Einstein, S. Hawking. Ver a evolución do

pensamento humano a través destas tres figuras.

Page 10: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

7

ARTE E ASTRONOMÍA

Odisea do espazo 2001, KUBRICK, S., cineasta estadounidense, s. XX.

ACTIVIDADE: ver e comentar esta película.

Page 11: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

8

ARTE E ASTRONOMÍA

Vista dende lonxe, a terra pode parecer

non ter un gran interese. Pero, para nós, é

diferente. Consideremos de novo ese

puntiño. Iso é aquí. Iso é a nosa casa. Iso

somos nós. Aí viviron todos aqueles de

quen oístes falar algunha vez, tódolos

seres humanos que existiron. A suma de

tódalas nosas ledicias e sufrimentos, miles

de relixións seguras de si mesmas,

ideoloxías e doutrinas económicas, cada

cazador e colleiteiro, cada heroe e cada

covarde, cada creador e destrutor de

civilizacións, cada rei e cada campesiño,

cada nova parella namorada, cada neno

esperanzado, cada nai e cada pai, cada

inventor e explorador, cada mestre de

moral, cada político corrupto, cada

superestrela, cada líder supremo, cada

santo e cada pecador na historia da nosa

especie viviu aí _nunha partícula de po

suspendida dun raio de sol_. A terra é un

escenario moi pequeno nunha vasta area

cósmica.

Page 12: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

9

ARTE E ASTRONOMÍA

Pensa nos ríos de sangue derramada por

todos eses xenerais e emperadores, para

que, en gloria e triunfo, puideran

converterse nos amos momentáneos

dunha fracción dun punto. Pensa nas

interminables crueldades cometidas polos

habitantes dun lugar do punto contra os

habitantes doutro lugar do punto. Que

frecuentes os seus malentendidos, que

ávidos están de matarse os uns aos

outros, que ferventes os seus odios! Os

nosos posicionamentos, a nosa imaxinada

autoimportancia, a ilusión de que

ocupamos unha posición privilexiada no

universo (…). Todo iso é desafiado por

este punto de luz pálida. O noso planeta é

un solitario gran de po na gran penumbra

cósmica que todo o envolve. Na nosa

escuridade _en toda esa vasteza_ non hai

ningún indicio de que vaia a chegar axuda

dalgún outro lugar para salvarnos de nós

mesmos. Dependemos só de nós mesmos.

Page 13: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

10

ARTE E ASTRONOMÍA

A terra é o único mundo que alberga vida.

Non hai ningún outro lugar, polo menos no

futuro próximo, ao cal a nosa especie

puidera emigrar (…). Gústenos ou non, a

terra é o único lugar onde temos que

quedarnos. Díxose que a astronomía é

unha experiencia de humildade. Na miña

opinión, no hai mellor demostración da

tolemia da soberbia humana que esta

distante imaxe do noso minúsculo mundo.

Para min, sinala a nosa responsabilidade

de tratarnos os uns aos outros de formas

máis amables e solidarias, e de preservar e

querer ese punto azul pálido, o único lugar

que coñecemos.

Un punto azul pálido

Reflexións de C. SAGÁN, astrónomo e divulgador

científico, s. XX.

ACTIVIDADE: exercicio de reflexión sobre a nosa

pretendida importancia dentro do universo , a senrazón de

matarse uns a outros, a estupidez de aprovisionar

riquezas… ou a necesidade de manter o planeta en forma

para as próximas xeracións e de sentirnos todos cidadáns

dun único mundo sen diferenzas de cor, raza, riqueza ou

relixión…

Page 14: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

11

ARTE E ASTRONOMÍA

- Dende tempos moi remotos, a arte, consciente ou inconscientemente, quedou impregnada pola

astronomía, probablemente xa na época paleolítica a través de prácticas máxicas ou rituais, porque o

home, atraído e abraiado polo que vía no firmamento, sempre buscou establecer nexos de unión co

cosmos por sentirse parte del.

- Cando o home tivo máis ou menos asegurada a alimentación e o abrigo, puido preocuparse de

contemplar e observar as estrelas do ceo para escudriñar nos misterios que se ocultaban detrás da

bóveda celeste.

ACTIVIDADE: pensar e buscar o significado das fermosas e suxestivas imaxes da parella na película, mirando

abraiada a lúa. Ver e comentar esta película.

Na procura do lume,

JEAN JACQUES

ANNAUD, cineasta

francés, s. XX.

Page 15: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

12

ARTE E ASTRONOMÍA

Pinturas das covas de Altamira,16.000 aprox. a. C. no Paleolítico superior.

- Nas pinturas paleolíticas, despois da interpretación do abate Breuil*, acéptase unanimemente que os

animais representados eran os que aseguraban a alimentación e por tanto a supervivencia da especie.

- Pero existen outras interpretacións máis polémicas e arriscadas como a que apunta Luz Antequera na

súa tese de doutoramento presentada na Complutense, onde relaciona o teito pintado das covas coa

bóveda celeste e a colocación dos animais segundo as formas dos signos zodiacais. Para ela, os

pintores de Altamira foron os primeiros homes que trazaron as constelacións e sentiron o influxo do

cosmos nas súas vidas.

*BREUIL, H., 1877-1961, naturalista, arqueólgo, prehistoriador, xeológo, etnólogo e abade francés.

ACTIVIDADE: facer un percorrido polas distintas interpretacións existentes sobre a pintura prehistórica, paleolítica e neolítica.

Page 16: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

13

ARTE E ASTRONOMÍA

Debuxos das mesmas pinturas de Altamira, vistas e publicadas polo seu descubridor, M . Sanz de Sautuola en 1880.o en 1880

*Picasso, ao ver as pinturas de Altamira, exclamou: “Después de Altamira, todo es decadencia”.

Outros autores falan da “Capela Sixtina” do Paleolítico para referirse as pinturas de Altamira e de

Lascaux.

*Picasso, P., 1881-1973, pintor , maior representante do cubismo, español afincado en Francia.

ACTIVIDADE: compara as pinturas de Altamira coa pintura cubista de Picasso

Page 17: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

14

ARTE E ASTRONOMÍA

Pinturas paleolíticas de Lascaux en Francia 17.000 a. C. e pinturas neolíticas de Valltorta en Castellón 5000 a. C. aprox.

*Leroi-Gourhan, apunta ao tema da fertilidade, ao facer unha interpretación sexual asociando o masculino

cos cabalos e o feminino cos bisontes. Pero sobre a representación de puntiños sobre as cabezas ou

sobre os lombos de certos animais, dado o seu carácter abstracto, as interpretacións son máis difíciles.

Algunhas, certamente atrevidas, relaciónanos coa colocación de determinadas estrelas no firmamento.

*Leroi-Gouran, A., 1911-1986, nacido en París, etnólogo, arqueológo e historiador francés.

ACTIVIDADE: facer un percorrido dende a pintura do paleolítico ata a pintura neolítica analizando as súas diferenzas

.

Page 18: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

15

ARTE E ASTRONOMÍA

Petróglifo de Queiruga, Porto do Son, A Coruña e pétróglifo de Campo Lameiro, Pontevedra, Galicia.

Entre as distintas teorías que existen para explicar os petróglifos, como mapas, trampas de

caza, auga ou crenzas relixiosas, ningunha delas aceptada unanimemente, existen as que

os relacionan co cosmos, ben a través de cultos solares ou ben como representacións

astrais.

ACTIVIDADE: facer un percorrido polos petróglifos de Galicia ou un máis pequeno polos do Concello de Porto do Son.

Page 19: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

16

ARTE E ASTRONOMÍA

Cromlech de Stonehenge, 2000 a. C. aprox. , en Inglaterra e o dólmen de Axeitos, Oleiros, na Coruña.

-O movemento dos corpos celestes tamén espertou a curiosidade do home da época megalítica que

levantou os Cromlech, considerados lugares sagrados relacionados coa astronomía.

-O Cromlech de Stonehenge foi pensado como un lugar con sentido relixioso para render culto ao sol

ou/e como observatorio astronómico para predicir as estacións.

ACTIVIDADE: estudo do dólmen de Axeitos e/ou as mámoas do Concello do Son.

Page 20: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

Cromlech de Stonehenge

- Agrúpanse menhires en

dúas disposicións: en liña e

en círculo. Tanto as

aliñacións, orientadas de

leste a oeste, como os

círculos relaciónanse co

culto ao sol, do que se

desprende un claro sentido

relixioso.

- No solsticio de verán, o sol

saía xusto atravesando o

eixo da construción, o que

fai supoñer os seus

coñecementos

astronómicos. O mesmo

día, o sol ocultábase

atravesando o eixo do

Cromlech de Woodgehenge

a 3 km .

ACTIVIDADE: estudo do

castro de Baroña, Porto do Son.

17

ARTE E ASTRONOMIA

Page 21: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

18

ARTE E ASTRONOMÍA

Pirámides de Gizeh, 4ª dinastía, 2500 a. C. aprox. , e pirámide de escaleira de Zoser en Sáqqara, 3ª dinastía.

- Os exipcios tamén, tiveron importantes coñecementos astronómicos. Segundo Herodoto, foron

motivacións relixiosas e astronómicas que lles permitiron crear un calendario de 365 días e doce

meses adicados aos fillos do deus Sol, Rah, para saber con exactitude as enchentes do Nilo, do

cal dependía a súa vida.

- Este calendario foi reformado despois minimamente polos romanos e o Papa Gregorio. Herodoto

escribe con razón que Exipto era un don do Nilo.

ACTIVIDADE: contexto relixioso, político e económico, no que se explica a construción das pirámides.

Page 22: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

Esfinxe de Gizeh, 4ª dinastía, 2500 a. C. aprox.

- Sabían perfectamente que cando aparecía Sirio, a estrela máis brillante do noso firmamento cercana ao

sol, antes do solsticio de verán, anunciaba as enchentes.

- Tamén coñecían as coordenadas astronómicas. As pirámides de Gizeh, son a réplica exacta das tres

estrelas de Orión que están orientadas cara á posta do sol no solsticio de verán . Os seus condutos están

orientados ao norte, porque alí estaban as estrelas que non desaparecían nunca do firmamento; así

tamén os faraóns vivirían sempre na vida de ultratumba.

ACTIVIDADE: en que consistía a vida de ultratumba para os exipcios e cales foron as súas consecuencias

especialmente no mundo da arte?

19

ARTE E ASTRONOMÍA

Page 23: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

20

ARTE E ASTRONOMÍA

Templo de Ransés, s. XIII a. C. en Abu-Simbel, Asuan.

Foi construído orientado de tal xeito que na súa estancia entrara o sol o 21 de febreiro e o 21 de

outubro, quedando iluminado o grupo de Ramsés flanqueado polos deuses Rah e Amón; a un

lado deles, o deus Phat en penumbra por ser un deus do inframundo. As razóns destas datas

descoñécense.

ACTIVIDADE: ver os distintos tipos de arquitectura funeraria exipcia.

Page 24: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

Grupo de Ransés en Abú-Simbel

Grazas ao coñecemento das estrelas, planetas e constelacións, puideron asocialas a diferentes

deidades. Os mesmos faraóns acadaron a consideración de seres sobrenaturais, fillos do deus Rah-Sol,

téndose por deuses viventes.

21

ARTE E ASTRONOMÍA

Page 25: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

22

ARTE E ASTRONOMÍA

Templo e Zodíaco de Denderah, Louvre, París

No Louvre, atópase o templo de Denderah que pertenceu ao templo da deusa Hathor, onde se observa un

zodíaco representado na pedra.

ACTIVIDADE: buscar outros templos exipcios importantes e estudar as súas características arquitectónicas

comparándoos cos templos de arte grega.

Page 26: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

23

ARTE E ASTRONOMÍA

A Tríade de Micerinos, 2500 a.C.

- O faraón aparece como fillo do deus Sol-

Rah, situado entre o divino e o humano.

A súa dereita, a representación da deusa

Hathor, deusa dos mortos, que presidía o

destino dos humanos e evitaba os malos

espíritos.

- Hathor leva o seu atributo, a vaca,

portando os cornos co disco solar no

medio. O símbolo desta e mailo símbolo

divino do astro, repítense sempre

asociados ao faraón.

- No outro lado, represéntase a expresión

do terrestre por medio dunha provincia.

ACTIVIDADE: comentario do grupo

escultórico desenvolvendo as características da

escultura exipcia. Diferenzas coa escultura grega.

Page 27: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

24

ARTE E ASTRONOMÍA

Mesopotamia, a estela do rei Naram-sin, época Acadia, 2300 a. C. Relevo exipcio de Akenatón, Nefertiti e as súas fillas

coroados polo disco solar.

Naram-Sin vitorioso, seguido dos seus soldados, apóstase ante dúas representacións solares do deus

Shamash.

ACTIVIDADE: comentario destes relevos asirio e exipcio respectivamente, analizando similitudes e diferenzas.

Page 28: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

25

ARTE E ASTRONOMÍA

Zigurat e palacios.

Reconstrución dunha

cidade mesopotámica

- En Mesopotamia, xa desde o 3000 a. C., falábase da “Arquitectura do ceo”. Aquí a aparición de culturas

agrarias obrigou a combinar o fervor relixioso coa exaltación real. Ás deidades terrestres, uníronse outras

de carácter celestial, relacionadas coa observación e mailo estudo do ceo, tan importante para a

elaboración dos calendarios agrícolas.

- En consecuencia, construíronse templos aos que os sumerios chamaron “casas do ceo”, os zigurats,

pirámides a modo de escaleiras co templo na parte superior, como se quixeran achegarse ao ceo e servir

ao mesmo tempo de observatorios astronómicos, aínda que tamén servían para albergar ao deus, ao que

cada cidade estaba adicada.

ACTIVIDADE: análise da cidade mesopotámica

Page 29: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

26

ARTE E ASTRONOMÍA

Considérase á civilización mesopotámica a inventora da astronomía. A eles, atribúeselles a construción

da Torre de Babel: o desexo dos homes de acadar o ceo. Este tema será recollido máis tarde pola igrexa

católica e se manifestará non só a través da pintura, senón tamén, simbolicamente, a través da

arquitectura.

ACTIVIDADE: características da pintura flamenca. Bruegel e a súa obra.

Zigurat

pintado por

Brueghel “O

Vello”, Torre

de Babel,

1563.

Page 30: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

27

ARTE E ASTRONOMÍA

Porta de Isthar , Babilonia.

De Mesopotamia, é a

invención de elementos

arquitectónicos como o arco de

medio punto e a bóveda, esta

simboliza a bóveda celeste.

ACTIVIDADE: características

da arquitectura mesopotámica,

innovacións.

Page 31: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

28

ARTE E ASTRONOMÍA

Debaixo da bóveda, sentábase o rei a impartir xustiza.

Porta de Isthar.

Museo de

Pérgamo, Berlín.

Page 32: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

29

ARTE E ASTRONOMÍA

Panteón romano s. I. Roma.

Agrippa realizou o Panteón, arquitectura de síntese do ceo e a terra. É un edificio de proporcións cósmicas, coroado por unha cúpula como analoxía da esfera celeste, na que se reproducen os sete astros ou deidades principais do panteón romano: Mercurio, Venus, Marte, Saturno e Xúpiter, ademais do sol e a lúa, presenciando as actuacións dos homes.

Page 33: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

30

ARTE E ASTRONOMÍA

Interior da cúpula do Panteón

- A arquitectura do Panteón posúe un simbolismo cósmico moi específico. A xeometría básica fai sempre referencia á imaxe e á semellanza do universo e ao movemento celeste. A súa nave, con cementos de planta cadrada e pavimento en taboleiro de xadrez, transfórmase nun octógono inscrito nunha circunferencia. Na xeometría plana, o círculo é o símbolo do ceo e o cadrado da terra, e co octógono intermedio entre un e outro, conséguese a cuadratura do círculo, a unión indisoluble do espírito e a materia.

- A cúpula, coas súas exactas proporcións, representa a bóveda celeste e, os cinco niveis do artesoado da cuberta representan as cinco esferas concéntricas do sistema planetario antigo. O cosmos, na astronomía neoplatónica, é unha esfera que no seu centro alberga á terra.

Page 34: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

31

ARTE E ASTRONOMíA

- O óculo cenital, que domina o espazo interior é a única fonte de luz de todo o edificio, representa o sol

durante o día e a lúa durante a noite. A luz de ámbolos dous, a da lúa como reflexo solar, domina todo o

espazo e percórreo de maneira cíclica. Non se pode esquecer que o edificio se encontra orientado ao

norte, permitindo observar a mecánica do cosmos.

- Durante o solsticio do verán, á hora do mediodía, a proxección do disco solar presentábase cunha

resplandecente presenza na entrada do templo, que permanecía na sombra, enchendo todo o espazo

coa súa luz. O disco solar acompañaba nas súas representacións aos faraóns en Exipto, e tamén aos

dirixentes do imperio romano no seu goberno.

ACTIVIDADE: comentario do Panteón romano.

Page 35: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

32

ARTE E ASTRONOMÍA

Interior e cúpula de Santa Sofía

- Novamente, unha cúpula a

semellanza da bóveda celeste,

que tratándose dunha igrexa

cristiá simboliza o espazo

celestial, idea que se repetirá

moitas veces noutros templos

cristiás e tamén islámicos. A

esta, oponse unha planta

lonxitudinal que simboliza a

terra.

- Esta cúpula articúlase como

unha cuncha gallonada que na

súa base presenta un anel de

fiestras polas que entra a luz

favorecendo a ilusión visual de

que está suspendida no aire,

inundando e transformando o

interior nun espazo máxico,

celestial, cambiante segundo a

hora do día.

ACTIVIDADE: comentario de

San Sofía.

Page 36: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

33

ARTE E ASTRONOMÍA

Cúpula de Santa María das Flores. Catedral de Florencia feita por Brunelleschi, s. XV.

Page 37: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

34

ARTE E ASTRONOMÍA

Cúpula de San Pedro do Vaticano feita por Miguel Anxo, Roma, s. XVI.

ACTIVIDADE: evolución da cúpula a partir do Panteón, a través de Santa Sofía de Constantinopla, Santa

María de Florencia e San Pedro do Vaticano.

Page 38: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

35

ARTE E ASTRONOMÍA

Catedral de Santiago,

románico, s XII.

Pórtico da Gloria,

a Xerusalén celestial.

Mestre Mateo.

As igrexas e catedrais, como os santuarios de calquera relixión, son espellos que reflicten o mundo

celestial. Os interiores escuros e pechados entre grosos muros dos templos románicos son un cacho dese

mundo celestial ao que o fiel só pode entrar humildemente para mirar con distancia e temor ao creador de

todo o universo. No pórtico da Gloria, no tímpano central, represéntase a Xerusalén celestial sobre

columnas, símbolos do espazo terreal, e, na parte inferior, atópanse as figuras de monstros que aluden ao

inframundo, o inferno.

ACTIVIDADE: estudo iconográfico do Pórtico da Gloria.

Page 39: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

36

ARTE E ASTRONOMÍA

Catedral de Chartres, Francia. Gótico,

s. XIII.

- Constrrúese seguindo un

módulo baseado nunha

proporción básica que buscaba a

analoxía simbólica da catedral

coa medida que significaba o

universo e oriéntase situándose

en harmonía con el.

- As catedrais góticas fanse con

altos muros, apuntados arcos e

torres con pináculos e frechas que

apuntan cara ao ceo, como para

achegarse a el. Ao mesmo tempo,

a luz penetra no interior a través

de vidreiras de cores,

desmaterializando o espazo

terreal para transformalo en

máxico e celestial, porque a nova

mentalidade do s. XIII, permite

mirar aos fieis cara a un deus

máis humano e próximo.

ACTIVIDADE: señalar os

elementos da arquitectura gótica.

Page 40: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

37

ARTE E ASTRONOMÍA

O labirinto da Catedral de Chartres

- Téñense noticias de labirintos en diferentes culturas:

Exipto, Grecia, Etruria… Na iconografía, o máis

coñecido é o do Minotauro da Civilización Cretense. A

súa finalidade é un misterio. Apúntanse distintas

teorías. Entre estas, está a que alude ao movemento

dos astros no firmamento. Existen certas imaxes dos

séculos XVI e XVII nas que a órbita de cada planeta

está debuxada como un muro que hai que circundar

para chegar ao centro do universo. Na Idade Media, o

labirinto foi cristianizado e o centro pasou a

representar a igrexa como símbolo do sagrado, da

realidade absoluta ou verdade revelada. Por iso, foi

representado en distintas catedrais, como as de

Reims, Amiens… O labirinto da Catedral de Chartres,

segundo as fontes históricas, chámase “ O Camiño de

Xerusalén”, aludindo á Xerusalén celeste, ao Paraíso

descrito na Apocalipse*.

- Antes de ser un espazo cristián, algúns afirman que

o lugar tería sido un centro druídico importante.

* LLUL, JOSUÉ, www.arteiconograía.com

Page 41: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

38

ARTE E ASTRONOMÍA

Catedral de Chartres,Pórtico Real.

No pórtico da dereita, as arquivoltas están decoradas con anxos na súa parte interior, e na exterior cos

dous símbolos zodiacais que non entraron no lado esquerdo coas sete artes liberais, combinadas con

figuras relativas do mundo antigo: gramática - Prisciano ou Elio Donato, retórica - Cicerón, dialéctica -

Aristóteles, aritmética - Pitágoras, xeometría - Euclides, astronomía - Ptolomeo e a música -

Nicómaco.

ACTIVIDADE: comentar os elementos iconográficos desta portada.

Page 42: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

39

ARTE E ASTRONOMÍA

- A abstracción na arte islámica, conséguese a partir da xeometría sagrada, pola que o musulmán, ó non

poder representar a deus en forma humana, busca plasmalo a través da súa creación. Para isto,

fundaméntase na ciencia, especialmente na matemática, xeometría e no número das formas perfectas da

representación do universo (Pitágoras, Platón e Aristóteles).

- A cúpula de mocárabes de oito puntas, simboliza o cosmos onde a luz divina entra polas ventás, xirando

ao longo do día como as estrelas na bóveda celeste: alternancia das esferas, a procesión dos astros, os

ciclos lunares/solares, a sucesión das estacións, o relevo diúrno/nocturno, o apoxeo e decadencia das

civilizacións e ata a propia vida dos homes.

ACTIVIDADE: exercicio sobre as metáforas que expresa a arquitectura musulmana.

Mezquita de Córdoba. Cúpula da Maqsura. Alhambra de Granada. Cúpula dos Abencerraxes.

Page 43: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

40

ARTE E ASTRONOMÍA

Torre de Comares

ou Salón dos embaixadores

- Esta sala é o salón do trono. As súas paredes e a súa cúpula están decoradas nun alarde de horror vacui,

que emprega todo tipo de recursos ornamentais: lacería, ataurique e caligráfica que aluden constantemente á

simboloxía da cosmoloxía coránica, producíndose unha unión perfecta entre o espazo áulico e o cósmico.

-O teito da sala é unha representación simbólica do universo porque está cuberta cunha bóveda esquifada con

decoración de mocárabes e de estrelas no cubo central, máis os sete círculos nos faldróns. Poderíase tratar

da representación simbólica dos sete ceos do paraíso islámico, co trono de deus situado no centro. Das catro

diagonais da torre saen os catro ríos do paraíso que se expanden por todo o universo. As nove alcobas, que

saen desta sala, máis as tres omitidas son unha referencia ás doce casas zodiacais en correspondencia co

papel do sétimo ceo que ocupa esa altura.

ACTIVIDADE: en que consiste a decoración de lacería, ataurique e caligráfica ?

Page 44: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

41

ARTE ASTRONOMÍA

Patio dos Leóns, s. XIV. Alhambra de Granada.

Patio con catro salas das que saen catro canles para recoller a auga que mana das bocas dos leóns.

Estas simbolizan os catro ríos do paraíso.

ACTIVIDADE: comentario da Alhambra de Granada.

Page 45: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

42

ARTE E ASTRONOMÍA

Exterior cadrado do Palacio de Carlos V.

Simboliza a idea imperial de Carlos V, o seu poder. O

cadrado fai referencia ao terreal e o círculo ao ceo, á

eternidade, á perfección absoluta que está

relacionada coa divindade. O espazo creado é

centralizado como o poder do monarca.

Interior circular do Palacio.

Este edificio tamén é un microcosmos no que se pode

ver reflectida a idea da universitas cristiana do

emperador Carlos V.

ACTIVIDADE: comentario deste palacio.

Page 46: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

43

ARTE E ASTRONOMÍA

No mundo islámico, as cúpulas das mesquitas tamén son asociadas ao cosmos. No caso das

mesquitas persas, faise aínda máis evidente ao cubrilas de azulexos de cor azul intensa, anil ou

esmeralda, tanto no exterior como no interior, nunha clara referencia á bóveda celeste, ao paraíso.

Mesquita do Sha Abbas I en Ispahan, Dinastía Safavida, s. XVI. Irán.

ACTIVIDADE: tipos de mesquitas segundo os territorios e culturas onde se levantaron.

Exterior Interior da Cúpula

Page 47: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

44

ARTE E ASTRONOMÍA

Patio / iwán da Mesquita do venres ou gran Mesquita de Ispahán, Irán.

ACTIVIDADE: comentario da Mesquita de Ispahán.

Page 48: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

45

ARTE E ASTRONOMÍA

Pagode xaponesa

- As pagodes son como torres a

modo de escaleiras que se alzan

cara ao ceo.

- Moitas veces, acaban coa

forma de flor de loto que

representa entre outras cousas a

capacidade de elevarse do lodo

para alcanzar o paraíso.

- Ás veces, estas torres sobre

todo en Xapón, están coroadas

cunha esfera que simboliza o ceo

e a terra.

Page 49: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

46

ARTE E ASTRONOMÍA

Pagode india Pagode china

ACTIVIDADE: filosofía que inspira arquitecturas como as pagodes.

Page 50: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

47

ARTE E ASTRONOMÍA

Pirámide maia de Palenque, México.

- Os pobos precolombinos tiñan

importantes coñecementos

astronómicos. Estes permitíronlles

construír as pirámides

orientándoas de tal xeito que

puideran seguir o camiño dos

corpos celestes e predicir

exactamente o momento dos

solsticios e dos equinoccios.

- Para eles, astros e planetas eran

deidades e os fenómenos

celestes responderían á vontade

divina. Por iso, as pirámides eran

dedicadas ao culto dos deuses,

en particular ao Sol.

- As observacións que desde esas

construcións se facían, non eran

soamente para observar a

natureza, senón tamén para

comunicarse cos deuses.

- A colocación dos templos

sagrados debía de gardar unha

orde cósmica.

Page 51: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

48

ARTE E ASTRONOMÍA

Pirámides do Sol e da Lúa respectivamente. Teotihucán. México.

ACTIVIDADE: buscar información sobre as civilizacións precolombinas que levantaron estas pirámides.

Page 52: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

49

ARTE E ASTONOMÍA

Pedra do Sol, máis coñecida como

Calendario azteca.

- Trátase da representación do

deus Tonatiuh, o Sol, amo e señor

dos ceos e dos fenómenos

naturais, quen se vincula co

Quinto Sol.

- A súa cara aparece no círculo

central. Encontrábase na cúspide

da xerarquía dos deuses aztecas,

xa que protexía a tódolos seres,

aos guerreiros e ás parturientes

mortas.

- O nome de calendario vén dado

polos glifos que aparecen

circundando a súa cara.

- O calendario mexica está

baseado nos ciclos da Terra e de

Venus arredor do Sol e nos da

Lúa arredor da Terra.

Page 53: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

50

ARTE E ASTRONOMÍA

Cando partas cara a Ítaca

pide que o teu camiño sexa longo

e rico en aventuras e coñecemento (…)

Que moitas mañás de verán haxa na túa ruta,

cando con pracer, con ledicia,

chegues a portos nunca vistos.

Párate nos mercados fenicios

para mercar finos obxectos:

madreperla e coral, ámbar e ébano,

sensuais perfumes, - tantos como poidas -

e visita moitas cidades exipcias

para aprender dos seus sabios.

Leva a Ítaca sempre no teu pensamento,

chegar a ela é o teu destino.

Trirreme grega

Non apures a túa viaxe,

mellor que dure moitos anos

e vello sexas cando chegues a ela,

rico co que gañaches no camiño

sen esperar que Ítaca che recompense (…).

CONSTANTINO CAVAFIS, Viaxe a Ítaca. Poeta exipcio

nacido en Alexandría, 1863-1933.

Comentar o sentido das palabras deste poema de

Cavafis.

Page 54: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

51

ARTE E ASTRONOMÍA

- A selección das obras puidera parecer arbitraria por non

ter elexida ningunha pintura. Débese a que esta

sería reservada para continuar o traballo nunha

segunda parte.

- As imaxes foron extraídas de páxinas de Google,

Internet, sendo a maior parte delas de wikipedia.org

por ser unha enciclopedia libre. Cando non foi

posible encontrar imaxes axeitadas en wiki,

extraéronse de páxinas con creative commons para

uso sen fins comerciais, mencionando sempre as

fontes como consta ao final para cada diapositiva.

- Todo o traballo, como profesora de Historia da Arte, foi

feito con fins exclusivamente didácticos para os

alumnos, no marco dun grupo de traballo do CAFI,

Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Non

existe intención de apropiación de imaxes nin de

beneficio persoal.

- Se se dera o caso de que algún autor, por erro meu ou

porque non quixera que se usen as súas imaxes

desde esta plataforma, poderíase poñer en contacto

a través do meu correo: [email protected], e

serían retiradas de inmediato.

- Por último, agradecer a todos aqueles autores que

poñen o seu saber e imaxes a disposición dos que

queremos aprender un pouco máis.

Page 55: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

52

ARTE E ASTRONOMÍA

FONTES UTILIZADAS PARA AS DIAPOSITIVAS:

DIAPO. 1: es.wikipedia.org./wiki/El astrónomo

DIAPO. 3 : https:// es. Wikipedia.org/wiki/los_ embajadores/

DIAPO. 5: commons.wikipedia.org/wiki/File:Miniator_hotel_sha_abbasdeevar.jpg

DIAPO.6: https.:/en.wikipedia.org/ wiki/file:hublle_ultra_deep_fieldjpg/

DIAPO. 7: https://es.wikipedia.org/la_noche_estrellada/

DIAPO. 8: https://a.wikipedia.org./

DIAPO.9:santiagokoval.com/2011/12/13/2001una_odisea_del_espacio_o_el_salto_de_kubrick_en_la_simulacion_de_mundos_i

nefables/ CC. 3.0.

DIAPO. 10: manzanacuadrada.wordpress.com/2010/10/01/2001_odisea_del_espacio / CC.3.0.

DIAP. 11: rompiendolasolas.blogspot.com.es. google compartir.

DIAPO. 12: sensibilidadambiental.blogspot.com.es. google compartir.

DIAPO. 13: camonaznaref.blogspot.com.es/2013/02/la_vuelta_al_mundo_con_la_educacion.html. google compartir.

DIAPO. 14: tierradecinefagos.com/2008/03/23/en_busca_del_fuego_1981_convincente_prehistoria. google compartir.

DIAPO. 15 y 16: https://es.wikipedia.org/wiki/ Cueva_de_Altamira/

DIAPO. 17: https://es.wikipedia.org/wiki/Cueva_de_Lascaux/ e es.wikipedia.org/wiki/ Barranco_de_la_Valtorta.

DIAPO. 18: https:// gl.wikipedia.org/wiki/ficheiro:Laxe_da_Sartaña_-_Cadarnoxp_-_Queiruga_-_Porto_do_Son.jpg/ e

es.wikipedia.org/Parque_arqueológico_de_Campo_Lameiro/

Page 56: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

53

ARTE E ASTRONOMÍA

DIAPO.19: es.wikipedia.org/wiki/cromlech e es.wikipedia.org/wiki/dolmen

DIAPO. 20: paternizer.wordpress.com/contraptions/Stonehenge. CC.

DIAPO.21, 22, 23, 24,25,26: https:// es.wikipedia.org/

DIAPO. 27: https://wikipedia.org/wiki/Akenaton e magentaprof.blogpost.com.es /google compartir/

DIAPO. 28: elnuevodespertar.wordpress.com/2012/12/07 Historia_de_la_antigua_Sumeria. CC 3.0.

DIAPO. 29: https://es.wikipedia.org/wiki/La_torre_de_Babel/

DIAPO. 30: https://es.wikipedia.org/wiki/Puerta_de_Istar/

DIAPO. 31: https://es.wikipedia.org/Puerta/de/Istar/

DIAPO. 32: aprendersociales.blospot.com.es/2009/10/el-Panteón.html. CC3.0.

DIAPO. 33: www.flickr.com .CC 2.0.

DIAPO. 34: https://es.wikipedia.org/Panteón –de-Agripa.

DIAPO. 35:http://es.wikipedia.org/wiki/Santa_Sofía.

DIAPO. 36: arteparati.wordpress.com/2010/11/11/obras_comentadas_Cúpula_de_la_Catedral_de_florencia.

Google+.

DIAPO. 37: commons.wikimedia.org/wiki/file:Ortographia_Partis_Exterioris_Templi_Divi_Petri_in_Vaticano.jpg. Imaxe de

dominio público.

DIAPO. 38.: es.wikipedia.org/wiki/Pórtico_de_la Gloria.

DIAPO.39: es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_Chartres.

DIAPO. 40: www.arteiconografía.com/2010/09/el_Laberinto_de_la_Catedral_de _Chartres. CC por Josué Llul.

Page 57: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

54

ARTE E ASTRONOMÍA53

DIAPO. 41: es.wikipedia.org/wiki/Catedral de Chartres

DIAPO. 42, 43, 44: es .wikipedia.org/.wiki/Alhambra.

42: commons .wikimedia.org/File:Córdoba_La_Mezquita_-_Cúpula_de_la_Maqsua_02.jpg.

DIAPO. 45: es.wikipedia.org/wiki/Palacio_de_Carlos_V.

DIAPO. 46: para os dous exteriores: www.eloriente _express.com/2012/08/La_Mezquita_del_Sha.html. G+.

para a cúpula interior: freepik/fotogratis/Imán_Mezquita_de-Ispahán_detalles_388326htm. G+.

DIAPO. 47: es.wikipedia.org/wiki/anexo:Patrimonio_de_la_Humanidad_en_Irán.

DIAPO. 48: es.wikipedia.org/wiki/To-ji.

DIAPO. 49: https.//wikipedia.org/wiki/global_Vispassana_pagoda.

en.wikipedia.org/wiki/chinesse_pagoda.

DIAPO. 50: es.wikipedia.org/wiki/arquitectura_mesoamericana.

DIAPO. 51: es.wikipedia.org/wiki/Pirámide _del_Sol.

es.wikipedia.org/wiki/Pirámide_de_la_luna.

DIAPO. 52: es.wikipedia.org/wiki/calendarios_mexicas.

DIAPO. 53: es.wikipedia.org/wiki/trirreme.

DIAPO. 54: pixeloz.deviantart.com/art/wall-E-Looking-At-The-Srars-1-350260144. CC 3.0.

DIAPO. 58: commons.wikimedia.org/wiki/File:Edgar_Degas_-_Danseuse_enblanc,_c._1877.jpg.

Page 58: 2013, ODISEA DA ARTE A PROCURA DAS ESTRELAS · integrante do universo, ... Fragmento do cadro dos Embaixadores con instrumentos astronómicos enriba dunha balda, ... cada rei e cada

55

ARTE E ASTRONOMÍA- Os autores elixidos para escoitar

música, mentres percorremos

este traballo, poden ser por

poñer algún exemplo:

- WIM MERTENS: por transmitir

sensacións etéreas, fluídas,

espirituais, ascendentes en

paralelismo coa aparente orde e

harmonía do universo…

- BÉLA BARTÓK: por ser unha

música moi colorida, chea de

matices que pode suxerir a

evolución do universo como unha

sinfonía con momentos de todo

tipo, desde a explosión ata a

calma de estrelas e planetas …

Bailarina en blanco do impresionista francés

Edgar Degas,1877.

Traballo elaborado por CARMEN M.