olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe...

15
Memoria explicativa das actividades do ano 2011 A Asociación Cultural Musical Solfa continuou un ano máis na liña de incidir e traballar no ámbito cultural musical dun xeito destacado. O noso público e participantes son de todas as idades, desde os catro anos ate as persoas maiores. Destacamos as nosas actividades no ano 2011 XORNADAS MUSICAIS Xaneiro, 21 17.00. Apertura das xornadas. 17.05 a 19.50: Aplicación da informática musical ao canto coral Francisco Tobar. 17.05 a 18.15h. Taller de ecoloxía musical 18.30 a 19.45 Sesión de musicoterapia. 20 a 21: Conferencia “Nas raíces da música. Música e instrumentos na Idade Media”. Andrés Díaz ASOCIACIÓN CULTURAL E MUSICAL olfa

Transcript of olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe...

Page 1: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Memoria explicativa das actividades do ano 2011

A Asociación Cultural Musical Solfa continuou un ano máis na liña de incidir e traballar no ámbito cultural musical dun xeito destacado. O noso público e participantes son de todas as idades, desde os catro anos ate as persoas maiores. Destacamos as nosas actividades no ano 2011

XORNADAS MUSICAIS

Xaneiro, 21 17.00. Apertura das xornadas. 17.05 a 19.50: Aplicación da informática musical ao canto coral Francisco Tobar. 17.05 a 18.15h. Taller de ecoloxía musical 18.30 a 19.45 Sesión de musicoterapia. 20 a 21: Conferencia “Nas raíces da música. Música e instrumentos na Idade

Media”. Andrés Díaz

ASOCIACIÓN CULTURAL E MUSICAL

olfa

Page 2: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Xaneiro, 22 10.30 13.30: Construción de instrumentos musicais con material reciclado. 12.00 a 12.15: Descanso 12.15-13.45: Remate da construción de instrumentos. 14.00h. Comida.

17.00- 19.00: Aplicación dos instrumentos á obra: O contedor musical de Antón Alcalde. 19.15h Concerto a cargo alumnos/as das xornadas. 19.30-20.30h. Concerto didáctico a cargo do Quinteto de metais, Samaín

Podemos destacar que estas xornadas foron moi interesantes para os coralistas, aos que lles foi facilitado un programa, Encore5, no que aprenderon a elaborar unha partitura, e sobre todo con ese programa, poden escoitar as obras que posteriormente traballan co coro. É unha ferramenta moi eficaz para os coralistas que permite unha aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical, durante dous días, elaboraron con material de refugallo instrumentos musicais. Posteriormente fíxose unha exposición de todo este material, que estivo exposto no Centro Sociocultural durante o prazo dun mes. Cos instrumentos procedentes do refugallo, deron un concerto, que para a ocasión, o compositor Antón Alcalde compuxo unha obra que foi estreada nas xornadas. Na Conferencia na que disertou Andrés Díaz, Nas raíces da música. Música e instrumentos na Idade Media”, ofreceu moitos datos novidosos para os asistentes, conferencia que espertou moito interese por parte de todos e todas. No concerto didáctico interviu o Grupo Samaín, formado con cinco persoas que didacticamente, ensinaron instrumentos da familia dos metais e un repertorio do máis variado. Fixeron unha exposición dese repertorio dun xeito divertido e moi ameno, pasando da música clásica, jazz, rock, música galega, bandas sonoras... Resultou un concerto divertido e didáctico e o público puido aprender as diferenzas dos diversos estilos musicais dun xeito sinxelo e moi ameno.

Page 3: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Marzo 25 CONCERTO DE SOLISTAS

Ilusión e música de calidade no concerto de Solistas de Solfa no Teatro

Principal

O Coro e a Banda de Solfa deron un concerto no Teatro Principal o venres, día 25 de marzo, ás 21.00h. O concerto foi moi especial sobre todo para seis dos compoñentes da Banda que actuaban de solistas e que amosaron o seu bo facer coa música das frautas, trompeta, óboe e saxofón ante un público entregado. Primeiro, os asistentes puideron gozar coa actuación do coro da Agrupación Musical Cultural Solfa, dirixido por Francisco Tobar Cereijo. ‘Nesta rúa’, canción popular de Brasil; ‘Minueto de Don Xoán’ de Mozart; ‘O cuco’ de Paz Valverde con letra de Manuel María; ‘Morriña’ de Vide; ‘Campanas de Bastavales’ de Xosé Carlos Seráns con letra de Rosalía de Castro; e ‘Ó Rama’, unha peza popular alentexana, foron os temas que interpretou o Coro. A continuación, entrou en escena a Banda que comezou co ‘Concertino para frauta e banda’ de Waignein, no que se luciron como solistas Clara Otero Fernández, Bruno Fernández Crespo e Lucía Seráns Santos. Despois chegou o momento da trompeta, coa solista Belén Varela Suárez na peza ‘Pequeno Concerto para trompeta e banda’ tamén de Waignein. Tras a trompeta, foi a quenda da solista de óboe, Sara Bouzón Mouzo, con ‘Nostalxia de Jacob’ de Haan. A última peza foi a ‘Pequena Rapsodia para saxofón alto e banda’ de Waignein, que contou co saxofón solista Alexandre Louzao Carreira.

Page 4: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Todos os solistas eran mozos e mozas moi novas. Os nervios e, sobre todo, a ilusión eran máis que evidentes e o resultado do concerto deu fe do gran traballo que fan día a día estes rapaces da asociación Cultural Musical Solfa. De seguro que os aplausos recibidos os alentarán para seguir traballando e ofrecérennos grandes concertos coma este no futuro. Para pechar o concerto, ao que asistiu gran número de público, a Banda e o Coro uníronse no escenario para interpretar ‘Rosas’ de Xosé Carlos Seráns con letra de Manuel María. Sen dúbida un broche de ouro para unha estupenda noite de música de calidade, traballo e ilusión.

Page 5: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Programa:

Coral de Solfa

Director: Francisco Tobar Cereijo

Nesta Rúa de Heitor Villalobos Popular

Arranxos de Francisco Tobar Minueto de Don Juan de W.A. Mozart O cuco de A. Paz Valverde Letra de Manuel María Morriña de J.F. Vide. Campanas de Bastabales de Xosé Carlos Seráns Letra de Rosalía de Castro. Ó rama de Adelino Martíns.

Banda de Música de Solfa Director: Rafael Collazo Moares

Concertino para frauta e banda de André Waignein

I.-Allegro Frauta solista: Clara Otero Fernández

II.-Andante Frauta solista: Bruno Fernández Crespo

III.- Rondó Frauta solista: Lucía Seráns Santos

Pequeno Concerto para trompeta e banda de André Waignein

I.-Allegro II.-Adagio III.- Presto

Trompeta solista: Belén Varela Suárez

Nostalxia de Jacob de Haan Óboe solista: Sara Bouzón Mouzo

Pequena Rapsodia para saxofón alto e banda de André Waignein

Saxofón solista: Alexandre Louzao Carreira

Banda e coro de Solfa Rafael Collazo Moares

Rosas de Xosé Carlos Seráns Letra de Manuel María

Page 6: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Marzo, 28

CONCERTOS DIDÁCTICOS

O 28 de marzo ás 20.30h., comezaron os concertos didácticos no Centro Sociocultural das Fontiñas. Foro cheo de familiares, amigos e amigas animadas a escoitar e apoiar con fervor cando os nervios se apoderan dos alumnos e alumnas de Solfa. Cristian Leggiero, profesor de Piano, presentou os nove alumnos e alumnas de piano que interpretaron desde estudos sinxelos de F. Burgmüller até obras mais complexas de L.V. Beethoven.

A continuación Carlos Seráns Santos, profesor de bombardino, presentou ao seu alumno que nos interpreta un Lento e largo de Benedetto Marcello.

As frautas, a cargo do profesor David Martínez, fixeron que puidésemos gozar con O cascanoces de Thchaikowsky e co Duetto para dúas frautas de Benoit Berbiguier. Os alumnos e alumnas de clarinete, con Martín Baleirón, despedíronnos até o próximo día 4 de abril. Realmente, unha xornada entrañable na que saímos coa máxima de que, con esforzo e traballo, os resultados poden ser espectaculares.

28 de marzo

Programa

Piano Canzone dei bimbi - F. Behr

Belén Fernández Sampedro Estudio - J. Bastien

Alberto Carlos Rodríguez Díaz Estudio J. Bastien

Duarte Prieto Mouro Pasatempo - F. Behr Estudio - J. Bastien

Mariña Palacio Fernández Study Op.100 No.9 La Chasse - F. Burgmüller

Clarisa Alcalde García Estudio N. 2 - S. Heller Danza Hungara - J. Brahms

Haidé Álvarez Coiradas

Nocturno - F. Chopin Sara Bouzón Mouzo

Claro de lúa - L.V. Beethoven

Elba Rego Conde

Lágrimas Negras - M. Matamoros

Page 7: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Sobre as ondas - J. Rosasby Fernando Fontán Prieto

Bombardino. Lento e largo de Benedetto Marcello

Ramón Castelao Doce

Frauta O cascanoces de Tchaikovsky

Lucía Seráns Santos Bruno Fernández Crespo, Haydé Álvarez Coiradas Elba Fernández Louzao Alba Méndez Brea

Duetto para dúas frautas de Benoit Berbiguier Bruno Fernández Crespo

Clara Otero Fernández

Clarinete

Menuet de J.S.Bach Marta Varela Suárez Belén Balboa Ferreiro

Peza de Audición I de J. M. Defaye

Uxía Bolaño Amigo Pablo Varela Cajide Andrea Fernández Precedo

Rapsodia para clarinete de Miluccio María Varela Abuín Peza de Audición II de J. M. Defaye

María Varela Abuín Fran Cardama Castaño

Page 8: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Abril, 4

Día 4 de abril, ás 20.30h. o Centro Sociocultural das Fontiñas segue acollendo os concertos didácticos. Cristian Leggiero, profesor de piano, vainos presentando os seus alumnos e alumnas. Día especial para Sara García Cánive, o seu primeiro concerto en Solfa, superando con moita brillantez un Estudio – J. Bastien.

Continúan @s pianistas: Antía Louzao, Ramón Daniel Regueiro e Andrea Fernández. Pecha o ciclo de pianistas Lucía Seráns con Nocturno – F. Chopin.

Seguidamente os percusionistas, a cargo de Gonzalo Pampín, deléitannos con obras desde E.Sejorné/P. Velluet, interpretada por Yolanda Balboa ate o emotivo estreo de Javier García Cacharrón. Os intensos aplausos para Miguel Millán, Javier García e Clara Rei na interpretación de Bossa Variations de E.Sejourné / P. Velluet, converteuse nun recoñecemento ao grande labor de Gonzalo Pampín.

Finalmente rematamos con Escombrandrum de F. Cogollos. Despois dos nervios veu a relaxación, goce e limpeza da sala a cargo de Clara, Antón, Ramón Daniel, Yolanda e Gonzalo.

Programa Piano

A Cuor Leggero - F. Behr Ramón Daniel Regueiro Espiño

Estudio - J. Bastien Estudio N. 37, 40, 45 - B. Bartók

Sara García Cánive Estudio - R. Guzmán

Xoán García Cánive Palmear, Canción folclórica mexicana - J. Bastien Antía Louzao Carreira Gnossienne 1 - E. Satie

Andrea Fernández Precedo Nocturno - F. Chopin

Lucia Seráns Santos

Page 9: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Percusión

Tribo de E.Sejourné / P. Velluet Xoán García Cánive Benson Funk de E.Sejourné / P. Velluet Yolanda Balboa Ferreiro Twinkle Star- Popular Miguel Millán Penide

Javier García Cacharrón Jingle Bells- popular Miguel Millán Penide Jazz Bossa de E.Sejourné / P. Velluet Ramón Daniel Regueiro Espiño Matt de E.Sejourné / P. Velluet Antón Pérez Videla Bossa Variations de E.Sejourné / P. Velluet Clara García Rei Acomp: Miguel Millán Javier García Escombrandrum de F. Cogollos Clara García Rei Antón Pérez Videla Ramón Daniel Regueiro Espiño Yolanda Balboa Ferreiro Gonzalo Pampín Sande

Page 10: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Abril 9

Encontro de Corais

Tarde máxica para a Coral Agarimo, a Coral Polifónica do Milladoiro e a Coral de Solfa. Un concerto cheo de satisfacción polo traballo realizado por cada coral, unha posta en escena que envolveu o público e coralistas nun ambiente musical e festivo, no que rematamos todos gozando desa tarde-noite especial.

Abriu o concerto, baixo a batuta de Rafael Pérez Dopeso, a Coral Agarimo coa interpretación de Zorongo, de F. García Lorca. Seguiron outras catro pezas máis. Aplausos merecidos para o director e coralistas.

Seguidamente Anne Tooming ao fronte da Coral polifónica do Milladoiro, deleitounos con Merlo branco, poema de Lois Pereiro. Continuou, entre outras, con música popular do Brasil e rematou con O vello labraba a leira, popular de Estonia. Unha mostra de diversidade cultural sempre apreciada e que debemos respectar e conservar como un ben patrimonio da humanidade.

A continuación, a anfitrioa, a Coral de Solfa, co seu director Francisco Tobar á fronte, mostrou un repertorio no que a nosa música, os nosos poetas, a nosa lingua e a interculturalidade teñen un lugar preferente. Nesta rúa, de Heitor Villalobos, O Cuco, de A. Paz Valverde, letra de Manuel María, Campanas de Bastabales de Xosé Carlos Seráns e letra de Rosalía de Castro e Ó Rama, (popular Alentejana) así o demostraron.

Finalmente, rematamos esa noite petiscando ao redor dunha boa mesa, na que a gastronomía era o piar fundamental. Mais, como bos afeccionados ao canto, todos os coros nos fundimos en improvisadas interpretacións de cancións do noso patrimonio cultural. Formamos unha única coral creando novos lazos de amizade e compromisos para futuras citas.

Page 11: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Abril, 11

Día importante para Xoán García Cánive que, no seu primeiro concerto ao piano, interpretou o Estudo – R. Guzman e no xilófono a Tribo de E. Sejourné/P. Velluet. Tamén Lucas Lojo Iglesias, coa súa trompa e no seu primeiro concerto, interpretounos o Himno da Alegría- L.V. Beethoven e logo, acompañado da trompetista de Sabrina Salgado, deleitáronnos co Duo-Corumbaya-peter wastal.

Seguidamente os óboes, trombón e trompeta, acompañados da Pianista Paula Gago, recreáronnos con obras de J. S. Bach, Veracini até os contemporáneos como, Ferrer Ferrán.

Por último os saxofonistas, con obras de Marie de H. Fournier, J. M. Allerme, V. Monti, entre outros, despediron estes concertos didácticos cun Catro por catro de S. Lance.

Profesores e alumnos durante este mes abril intentaron que, despois do estudo e unha esforzada aprendizaxe previa, puidésemos gozar dunhas horas de música moi agradable.

Óboe: Sanatina de A. Ameller I. movemento.

Antía Louzao Carreira Pianista: Paula Gago Otero

Sonata para óboe en Do maior OP.166 de C. Saint-Saëns II. Tempo. Sara Bouzón Mouzo

Pianista: Paula Gago Otero

Trombón

Estudio 46 de R.M. Endresen Artúr Pérez Cao

Cabaret de John Kander

Artúr Pérez Cao Pianista: Paula Gago Otero

Trompeta

Minueto de J. S. Bach Breixo Liste Monteagudo

Pianista: Paula Gago Otero

Eolo, o rei de Ferrer Ferrán Belén Varela Suárez Pianista: Paula Gago Otero

Sonata de Veracini

Pedro Carreira Vidal

Page 12: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Saxofón

Rigaudon I-II de J. Ph. Rameau Adrián Doce Villar e Francisco Gil Páramos

Lisse Basse de Marie de H. Fournier

Alexandre Louzao Carreira e Rafael Collazo Moares One - Four Blues de J. M. Allerme Modernesk de J. M. Allerme

Francisco Gil Páramos Pianista: Paula Gago Otero

Just for Babe de J. M. Allerme Ongobongo´s Star de J. M. Allerme

Adrián Doce Villar Pianista: Paula Gago Otero

Czardas de V. Monti

Alexandre Louzao Carreira Pianista: Paula Gago Otero

Catro por catro de S. Lance

I.-Preludio II.-Melodía III.-Historieta IV.-Marcha V.-Menuet VI.-Mazurka VII.-Tarantine VIII.-Rondó IX.-Danza X.-Canon

Cuarteto de saxofóns: Alexandre Louzao Carreira, Adrián Doce Villar, Fracisco Gil Páramos Rafael Collazo Moares

Maio, 26.

Grupo de Teatro Tatometén

Xa é unha cita anual na que Solfa en colaboración coa Anpa do Instituto Antón Fraguas e co grupo de Teatro do propio centro organizaron e presentaron “Animaliños” dirixida por Gustavo G. Dieste. Este espectáculo foi o gañador do certame intercentros 2011. Espectáculo que encheu o foro con alumnos/as, profesores/as do propio centro, pais, nais e veciños do Barrio que puideron gozar un ano máis deste grupo de teatro, do propio barrio.

Page 13: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Xuño 11

Concerto nas Fontiñas Baixo a batuta de Rafael Collazo Moares e a dirección de Francisco Tobar realizouse un concerto en Santiago, no Barrio das Fontiñas, na Praza de Europa o día 11, ás 13.00h. co programa:

Coro

1. Gato na Tuba João do Barro e Alberto Ribeiro

2. Nesta Rúa de Hector Villa-lobos

Arranxos de Francisco Tobar.

3. Ao ver que non tiñas nome de A. Paz Valverde.

4. Minueto Don Xoán de W. A. Mozart

5. Balaio de Hector Villalobos

6. O cuco de A. Paz Valverde.

7. O Rama de Adelino Martíns Dirixe: Francisco Tobar. Banda de Música de Solfa

1. Alborada de Carril de F. Landín

2. Overtura en Miniatura de Antón Alcalde

3. Border Zone de J. de Haan

4. Coruña de B. del Río

5. Mozos do Penedo de M. Novoa.

Dirixe: Rafael Collazo Moares.

Xuño 22 – 28

CAMPAMENTO MUSICAL

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Cultural-Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, organizamos un campamento Musical en Gandarío, que se desenvolve na semana do 22 ao 28 de xuño co nome de Musigalizando. Con esta son xa cinco edicións.

Aos compoñentes das tres agrupacións, sumáronse instrumentistas da Banda de música de Padrón e da Banda de Música da Golada. Con máis de 100 integrantes puidemos conformar a Banda Xuvenil e a Banda Sinfónica. Días de traballo, esforzo e superación que culminarán nun grande concerto na Praza da Quintana o día 28 de xuño, ás 20.00h. E permanecerán nas nosas vidas eses recordos, gravados no noso maxín, nos que a amizade, as boas relacións e o respecto entre todos e todas fan que as bandas de música ocupen un lugar privilexiado nas nosas vidas.

Page 14: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Despois duns días de traballo intenso, Musigalizando chegou ao seu remate. Quedan para sempre no noso maxín eses días de traballo intenso nos ensaios e tamén os xogos populares, a praia, a noite de San Xoán, o concerto na praza central de Gandarío, a festa final e o nacemento de novas amizades que fixeron de Gandarío un espazo único.

A Praza da Quintana foi o escenario do concerto de Musigalizando e testemuña dos desexos e peticións de que Musigalizando debe continuar no ano 2012. As lágrimas dos máis novos e novas selaron esa petición e deixaron claro o complicado que é despedirse de Musigalizando.

Page 15: olfaasociacionsolfa.gal/wp-content/uploads/2012/03/Memoria... · 2014. 9. 1. · aprendizaxe rápida das partituras. Moi interesante. Os alumnos e alumnas matriculados no taller musical,

Programa

Banda Xuvenil

Alborada de Ribadeo de F. Landín African Symphony de Van McCoy Balada Galega de Xoán Montes. Aquarium de J. de Meij

I.- Allegretto grazioso de Neon Tetra, Electric Eel and Angelfish II.- Andante / Adagio de Sea Horse and Zebrafish III.- Finale: Allegro giocoso de Guppy & Co.

Banda Sinfónica

Sedona de S. Reineke Estreliña de L. Brage

A Lenda de Alí Babá de B. Appermont

I.-O Tesouro Secreto II.-Contos do Deserto III.-Os Corenta Ladróns

Suite Catoira de Xosé Carlos Seráns

I.-Abalo II.-Catoira III.-Dimo IV.-Oeste

Abba Gold de Abba

Dotación de Material.

Para levar a cabo todas estas actividades, temos que adquirir partituras e realizar arranxos a cargo do profesor da Banda de Música de Solfa, para poder adaptar as partituras aos coñecementos dalgúns dos compoñentes.

Nadal 2011. Neste Nadal a coral de Solfa actuamos na residencia de maiores de San Simón de Ons en Cacheiras, no Centro Sociocultural de Fontiñas contando cun público selecto, os nosos maiores, traídos pola Cruz Vermella e como non, a nosa colaboración coa asociación Agadea no seu local na Casa das Asociación en Salgueiriños puidemos gozar dunha tarde moi agradábel con todos eles. O noso repertorio fíxose pouco para o numeroso público asistente. Finalizamos o Nadal participando nos concertos de corais organizados polo Concello de Santiago no Auditorio de Galiza o 20 de decembro.

Santiago, decembro de 2011