23 de abril: Día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: Día do libro...

4
CEIP Mallón. Día do libro 2020. 23 de abril: Día do libro 2020. Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Ademais, veredes tres propostas para celebrar este día, a cal delas te apuntas? A todas? Xenial! Propostas: 1.- Visibilizarnos desde as casas a través da lectura . Realizar un mural virtual con fotos de vós mesmos e dos vosos familiares lendo libros. Nesta situación de confinamento, seguro que hai moitas ocasións nas que é fácil “pillar” a alguén na casa lendo. Trátase de sacarlles unha foto (ou varias) e enviarllas á titora; poderemos facer unha presentación ou un mural virtual. 2.- Iniciar un clube de lectura por correspondencia. A proposta é que escollas un libro dos que tes na casa, ten que ser un libro que por algunha razón sexa especial para ti. Despois terás que redactar un correo electrónico no que fales un pouco sobre ti, onde vives, cales son os teus gustos, e todos os datos que queiras poñer; tamén debes incluír unha reseña o máis completa posible sobre ese libro. Ese correo llo enviarás a un neno ou nena doutro centro (eu te facilitarei o seu enderezo electrónico), e terás así a posibilidade de coñecelo e quen sabe se de iniciar unha nova amizade e un intercambio de libros. É unha idea co obxectivo de compartir a paixón pola lectura. 3.- Deseñar un cartel . Un cartel ten que ser algo moi visual, ten que levar unha imaxe impactante ou emocionante e unha frase breve que anime á lectura. A combinación de imaxe e texto ten que ser atraínte e estar impregnada de arte. Aquí vos deixo algúns carteis para coller ideas.

Transcript of 23 de abril: Día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: Día do libro...

Page 1: 23 de abril: Día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: Día do libro 2020. Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Díibro

CEIP Mallón. Día do libro 2020.

23 de abril: Día do libro 2020.

Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Ademais, veredes tres propostas para celebrar este día, a cal delas te apuntas? A todas? Xenial!

Propostas:

1.- Visibilizarnos desde as casas a través da lectura.

Realizar un mural virtual con fotos de vós mesmos e dos vosos familiares lendo libros. Nesta situación de confinamento, seguro que hai moitas ocasións nas que é fácil “pillar” a alguén na casa lendo. Trátase de sacarlles unha foto (ou varias) e enviarllas á titora; poderemos facer unha presentación ou un mural virtual.

2.- Iniciar un clube de lectura por correspondencia.

A proposta é que escollas un libro dos que tes na casa, ten que ser un libro que por algunha razón sexa especial para ti. Despois terás que redactar un correo electrónico no que fales un pouco sobre ti, onde vives, cales son os teus gustos, e todos os datos que queiras poñer; tamén debes incluír unha reseña o máis completa posible sobre ese libro. Ese correo llo enviarás a un neno ou nena doutro centro (eu te facilitarei o seu enderezo electrónico), e terás así a posibilidade de coñecelo e quen sabe se de iniciar unha nova amizade e un intercambio de libros. É unha idea co obxectivo de compartir a paixón pola lectura.

3.- Deseñar un cartel.

Un cartel ten que ser algo moi visual, ten que levar unha imaxe impactante ou emocionante e unha frase breve que anime á lectura. A combinación de imaxe e texto ten que ser atraínte e estar impregnada de arte.

Aquí vos deixo algúns carteis para coller ideas.

Page 2: 23 de abril: Día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: Día do libro 2020. Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Díibro

CEIP Mallón. Día do libro 2020.

Page 3: 23 de abril: Día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: Día do libro 2020. Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Díibro

CEIP Mallón. Día do libro 2020.

O Día Internacional do Libro é una conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual, é dicir, que os autores e autoras sexan valorados e reciban o recoñecemento que merecen.

Escolleuse esta data porque precisamente un 23 de abril faleceron tres autores indispensables na literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

En España, a data coincide coa celebración do Día de San Jordi, patrón de Cataluña, onde é tradicional intercambiar un libro e una rosa.

Este día vai dedicado a todas as persoas, pero moi especialmente aos máis xóvenes, para animalos a descubrir o placer da lectura e a valorar as extraordinarias aportacións de tantos autores e autoras ao progreso social e cultural da humanidade.

A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995. Desde entón cada vez se suman máis países a esta iniciativa. Cada ano, una cidade ostenta o título de Capital Mundial da Lectura, organizando múltiples actividades, exposicións e convencións ao redor da lectura e do mundo editorial.

Aquí tedes a relación de países e capitais dos últimos 20 anos.

Año Ciudad País

2001 Madrid España

2002 Alejandría Egipto

2003 Nueva Delhi India

2004 Amberes Bélgica

2005 Montreal Canadá

2006 Turín Italia

2007 Bogotá Colombia

2008 Ámsterdam Países Bajos

2009 Beirut Líbano

2010

Liubliana Eslovenia

2011 Buenos Aires Argentina

2012 Ereván Armenia

2013 Bangkok Tailandia

2014 Port Harcourt Nigeria

2015 Incheon Corea del Sur

2016 Breslavia Polonia

2017 Conakry Guinea

2018 Atenas Grecia

2019 Sharjah Emiratos Árabes Unidos

2020 Kuala Lumpur

Malasia

Page 4: 23 de abril: Día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: Día do libro 2020. Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Díibro

CEIP Mallón. Día do libro 2020.