25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

8
25 de novembro DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACI N IES MONTE CARRASCO NOVEMBRO 2011

description

actividades dep. de orientación

Transcript of 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

Page 1: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

25 de novembro

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

IES MONTE CARRASCO

NOVEMBRO 2011

Page 2: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

A VIOLENCIA CARA AS MULLERES: PREXUIZOS E MITOS.

REFLEXIONA

QUE É A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES? O artigo 1 da “Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller” das Nacións Unidas, considera que a violencia contra as mulleres é: “Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, inclusive as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria de liberdade, tanto si se producen na vida pública ou privada.”

Page 3: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

A partir desta definición analiza os PREXUIZOS E MITOS existentes contra a violencia ás mulleres:

Hai que comezar dicindo que en todas as familias hai problemas, económicos, laborais, de saúde ou derivados da propia convivencia, pero o que diferencia unhas doutras é a forma de enfrontalos. Unhas fano a través da violencia, e nunca o resolven, senón que os agravan, outras en cambio utilizan a escoita, o diálogo, o respecto mutuo e a negociación.

“Só nas familias con “problemas” hai violencia”

Page 4: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

Crer que a familia é un ámbito privado e “intocable” fai que sempre se vexa desculpada e ignorada a violencia no espazo doméstico, tanto polos Estados como por a propia sociedade. Ante os delitos que se realizan nas familias as persoas calan e non interveñen por un falso respecto a súa intimidade. Ningún dano que se realice contra as mulleres (físico, psicolóxico…) pode ser considerado como privado da familia.

“A violencia dentro da casa é asunto da familia e non debe saír nin difundirse fóra”.

Page 5: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

.

“Sempre se exaxera a realidade

cando se fala de violencia contra as mulleres”.

Xeralmente, cando unha muller solicita axuda, a situación xa é seria.

Hai que dicir que a sociedade está cada vez máis concienciada.

Page 6: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

Sen embargo hai que ter en conta que calquera muller pode sofrir unha agresión. Non hai un tipo de muller que tenda a ser maltratada. Ter unha agresión sexual, con esta idea, só consigue reducir o problema e tranquilizar pensando que é unha situación que afecta a determinadas mulleres, estigmatizando as persoas que o sofren, illándoas e condenándoas ao silencio.

“A violencia a sofren un tipo concreto de mulleres, con características moi estereotipadas, muller pasiva, moza (entre 20 e 35 anos de idade), sen traballo remunerado, con fillos/as e que viven con un alcohólico ou parado”.

Page 7: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

Se a muller é agredida os fillos presenciarán a humillación da súa nai,

converténdose en testemuñas, e en moitos casos en vítimas directas;

producindo trastornos de conduta, saúde e aprendizaxe.

“No caso de ter fillos/as é mellor que aguanten”.

Page 8: 25 de novembro-Día contra a vilencia de xénero

ACTIVIDADES PROPOSTA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA REALIZAR CO ALUMNADO NAS

TITORÍAS

IES MONTE CARRASCO NOVEMBRO 2011