28. contraportada

1
NAMORANDO DE FERROL Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Cunqueiro quería mil primaveras máis para a nosa lingua e Nós, Tamén , pero ademais queriamos outras tantas primaveras para a nosa cidade, para Ferrol que pasa por momentos tan difíciles! Por iso entrelazamos a lingua e a cidade , a cooperación e o traballo, a creatividade e a ilusión, e de toda esa sinerxía naceu o noso proxecto Namorando de Ferrol. Cando comezamos a traballar non podiamos imaxinar o ben que ía funcionar, a cantidade de ideas que se foron unindo ás iniciais, a resposta entusiasta de profesores, alumnos , dirección e persoal non docente, os descubrimentos que fixemos na nosa cidade a través de exposicións, roteiros, paseos pola ría, conferencias, mesas redondas... Sen esquecer o apoio do Concello de Ferrol que nos axudou na organización e financiación de moitas das actividades. Cremos que cumprimos co noso obxectivo de namorar de Ferrol, porque para que a nosa lingua e a nosa cidade medren saudables temos que querelas, e para querelas temos que descubrir a súa forza, o seu poder e a súa beleza. Roteiros pola vila A mesa redonda sobre o futuro do naval A foto gañadora do Certame Namorando de Ferrol Cruceiro pola ría e visita ao Castelo de S. Felipe A instalación artística

Transcript of 28. contraportada

Page 1: 28. contraportada

NAMORANDO DE FERROL

Nós, Tamén [Publicación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega] IES Saturnino Montojo Montojo

Cunqueiro quería mil primaveras máis para a nosa lingua e Nós, Tamén , pero ademais

queriamos outras tantas primaveras para a nosa cidade, para Ferrol que pasa por

momentos tan difíciles! Por iso entrelazamos a lingua e a cidade , a cooperación e o

traballo, a creatividade e a ilusión, e de toda esa sinerxía naceu o noso proxecto

Namorando de Ferrol.

Cando comezamos a traballar non podiamos imaxinar o ben que ía funcionar, a

cantidade de ideas que se foron unindo ás iniciais, a resposta entusiasta de profesores,

alumnos , dirección e persoal non docente, os descubrimentos que fixemos na nosa

cidade a través de exposicións, roteiros, paseos pola ría, conferencias, mesas

redondas... Sen esquecer o apoio do Concello de Ferrol que nos axudou na organización

e financiación de moitas das actividades.

Cremos que cumprimos co noso obxectivo de namorar de Ferrol, porque para que a nosa

lingua e a nosa cidade medren saudables temos que querelas, e para querelas temos que

descubrir a súa forza, o seu poder e a súa beleza.

Roteiros pola vila

A mesa redonda sobre o futuro do naval

A foto gañadora do Certame Namorando de Ferrol

Cruceiro pola ría e visita ao Castelo de S. Felipe

A instalación artística