2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego

2
II CONCURSO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA “ ¿ COMO SOA ESTE CÓMIC ? Poderán participar de forma individual ou por parellas todos aqueles alumnos que se atopen cursando as etapas de primaria, secundaria e bacharelato. O tema é libre pero seguindo as seguintes indicacións: O cómic versará sobre un tema libre e debe conter, polo menos, unha das viñetas, en relevo, utilizando o material que se queira. O número de viñetas do cómic vai desde 5 a 25, todas elas expostas a tamaño folio podendo utilizar calquera material até un máximo de dous. Todas as viñetas teñen que ser de creación propia. Unha vez feito o cómic débese relacionar cunha música que teña que ver co tema tratado nos debuxos. Pódese poñer ao lado do traballo de cómic escaneado ou ben incorporala a través da utilización dos programas movie-maker, power point ou similares, gardando en formato cd e de xeito que non se poida manipular unha vez que se abra o traballo. Idioma a utilizar: castelán, galego, catalán, euskera ou inglés. Admitiranse soamente aqueles traballos que cumpran os requisitos anteriores. Imprescindible enviar o cómic orixinal, aparte do escaneado e a música coa que se relaciona, para comprobar a súa autenticidade. Irá dentro do sobre que se envía por correo. No cd de participación deben constar os seguintes arquivos: Presentación do cómic coa música incorporada ou a carón do mesmo. Cómic escaneado en formato jpg. Datos do participante : Nome e apelidos, correo electrónico, centro no que estuda co seu teléfono de contacto, curso académico , data de nacemento, título do cómic e ficha da obra musical escollida para o cómic ( admítense creacións propias ) cos seguintes datos da obra musical: título, instrumentación, xénero, compositor e época.

Transcript of 2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego

II CONCURSO IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA

“ ¿ COMO SOA ESTE CÓMIC ? ”

Poderán participar de forma individual ou por parellas todos aqueles alumnos que

se atopen cursando as etapas de primaria, secundaria e bacharelato.

O tema é libre pero seguindo as seguintes indicacións:

O cómic versará sobre un tema libre e debe conter, polo menos, unha das viñetas,

en relevo, utilizando o material que se queira.

O número de viñetas do cómic vai desde 5 a 25, todas elas expostas a tamaño

folio podendo utilizar calquera material até un máximo de dous. Todas as viñetas

teñen que ser de creación propia.

Unha vez feito o cómic débese relacionar cunha música que teña que ver co tema

tratado nos debuxos. Pódese poñer ao lado do traballo de cómic escaneado ou

ben incorporala a través da utilización dos programas movie-maker, power point

ou similares, gardando en formato cd e de xeito que non se poida manipular unha

vez que se abra o traballo.

Idioma a utilizar: castelán, galego, catalán, euskera ou inglés.

Admitiranse soamente aqueles traballos que cumpran os requisitos anteriores.

Imprescindible enviar o cómic orixinal, aparte do escaneado e a música coa que

se relaciona, para comprobar a súa autenticidade. Irá dentro do sobre que se envía

por correo.

No cd de participación deben constar os seguintes arquivos:

Presentación do cómic coa música incorporada ou a carón do mesmo.

Cómic escaneado en formato jpg.

Datos do participante : Nome e apelidos, correo electrónico, centro no que

estuda co seu teléfono de contacto, curso académico , data de nacemento, título

do cómic e ficha da obra musical escollida para o cómic ( admítense creacións

propias ) cos seguintes datos da obra musical: título, instrumentación, xénero,

compositor e época.

Importante: Certificación da matrícula do centro escolar ao que pertence o

participante que irá dentro do sobre xunto co cd e folio ou folios orixinais do

cómic.

Data de convocatoria: 9 de xaneiro do 2014.

Límite de recepción: 30 de maio do 2014.

Fallo do xurado: 22 de setembro do 2014.

Datos para envío do traballo por correo ordinario:

Á atención de Almudena Mosquera Fernández e/ou Javier López Quintáns (

coordinadores do concurso )

IES Ramón María Aller Ulloa

Rúa do Parque, 8

36500

Lalín, Pontevedra.

Composición do xurado: Pilar Espiño Espantoso, Javier López Quintáns,

Almudena Mosquera Fernández, Guadalupe Rodríguez Blanco y Sebastián Anxo

Rozas Álvarez, responsables dos departamentos de lingua galega, lingua castelá,

música, inglés e educación plástica e visual.

Premios:

3 diplomas acreditativos por categoría aos 3 traballos mellor valorados, para o

alumnado e para o centro ao que pertencen.

Dotación en metálico de 50 € para o primeiro premio de cada categoría

( PRIMARIA, SECUNDARIA E BACHARELATO)

Publicación dos tres primeiros premios de cada categoría na revista educativa

KAREAL do IES Aller Ulloa, que abarca tirada internacional e galardoada con

mención especial do público 2013 nos Premios Lobo da Asociación nacional de

prensa xuvenil .

O que máis se vai a valorar será a orixinalidade así coma a calidade do seu deseño

en viñetas, redacción e o empaste da música á hora de relacionar o tema tratado.

Respondamos a pregunta ¿Como soa este cómic? Coa creación dos teus debuxos

fagamos que as cores nos guíen na escoita.

Calquera consulta do concurso pódese realizar vía correo electrónico a:

[email protected]

[email protected]