4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo...

9
4ESO B HISTORIA SEMANA 3 Ola, queridos alumnos de 4º ESO: Envíovos o material para esta semana. Como xa rematamos os temas de historia para a avaliación pareceume que podía ser interesante seguir traballando cos temas de arte, así que vos paso apuntamentos de arquitectura contemporánea. -Mirádeos con calma con intención de aprender e non de chapar para pasar exames, creo que é un tema interesante e do que paga a pena saber. Parte do do principio sería para repasar, todo o resto é novo. -Mirade os vídeos que vos inclúo: están moi ben e aprenderedes máis. -Ao rematar tedes unha serie de actividades, fíxenvolas para que pensedes un pouco, non son de facer mecanicamente a partir dos apuntes. Así que, xa sabedes, pensade e poñede libremente o que vos pareza. -Ao final tedes as solucións das actividades da semana 2. -Por último, podedes enviarme as presentacións que vos encarguei a semana pasada, consultarme dúbidas, suxerencias,… a [email protected] MOITO ÁNIMO!!!

Transcript of 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo...

Page 1: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

4ESO B HISTORIA SEMANA 3

Ola, queridos alumnos de 4º ESO:

Envíovos o material para esta semana.

Como xa rematamos os temas de historia para a avaliación

pareceume que podía ser interesante seguir traballando cos

temas de arte, así que vos paso apuntamentos de arquitectura

contemporánea.

-Mirádeos con calma con intención de aprender e non de

chapar para pasar exames, creo que é un tema interesante e do

que paga a pena saber. Parte do do principio sería para

repasar, todo o resto é novo.

-Mirade os vídeos que vos inclúo: están moi ben e

aprenderedes máis.

-Ao rematar tedes unha serie de actividades, fíxenvolas para

que pensedes un pouco, non son de facer mecanicamente a

partir dos apuntes. Así que, xa sabedes, pensade e poñede

libremente o que vos pareza.

-Ao final tedes as solucións das actividades da semana 2.

-Por último, podedes enviarme as presentacións que vos

encarguei a semana pasada, consultarme dúbidas,

suxerencias,… a [email protected]

MOITO ÁNIMO!!!

Page 2: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

A ARQUITECTURA DESDE O FINAL DO S. XIX ATA

1945

A fins do XIX comeza unha ruptura coa arquitectura tradicional que chegará ata o día de

hoxe. Así abandoanse os estilos baseados na antigüidade como o historicismo por estilos que non

deben nada ao pasado e que utilizan materiais completamente distintos aos tradicionais.

O primeiro paso é a utilización do ferro e o cristal para a construción de

edificios. Así xurdirán obras coma o Pazo de Cristal de Paxton (Londres) ou a Torre Eiffel (París).

Posteriormente aparecerá o chamado estilo modernista que ten as seguintes

características:

-Normalmente as obras deixan ver a súa estrutura

-Sentido decorativo

-Racha coas normas e elementos habituais na arquitectura tradicional

-É unha arquitectura ao servizo da burguesía enriquecida coas actividades industriais.

-Varias cidades son os centros onde se desenvolve o estilo (Glasgow, Bruxelas, Barcelona, Viena).

Dentro do modernismo barcelonés o arquitecto máis importante é Gaudí que crea un estilo persoal

que aínda hoxe convirte a visita ás súas obras nun dos principais atractivos da cidade.

Casa Batlló Casa Milá “A

pedrera”

Parque Güell

Obras de Gaudí:

Page 3: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

Se queredes ver un video de cómo será a Sagrada Familia terminada:

https://www.youtube.com/watch?v=ABr1j_aAjLI

Templo da Sagrada Familia:

-Está construíndose con suscripción popular

-Foi comezado polo ábside nun estilo neogótico e logo continuado por

Gaudí

-Gaudí só realizou a Fachada da Natividade

-Os seus continuadores intentan seguir as intencións de Gaudí

-Agárdase rematar sobre 2026

Fachada da Natividade

Fachada da

Paixón

Fachada da Gloria

rematada

(está en

construción)

Naves

Page 4: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

Mentres en Europa trunfaba o modernismo en EEUU desenvolvíase o estilo da Escola

de Chicago. Trátase dun grupo de arquitectos que participan na reconstrución da cidade de

Chicago despois dun gran incendio. Ten como características esenciais:

-Nacemento dos edificios en altura (rañaceos) debido ao elevado prezo dos solares e ao recente

invento do ascensor.

-Os edificios contarán cun esqueleto de ferro e formigón e logo pecharanse con materiais lixeiros

(ladrillo,…) Xa que os muros non son portantes podemos abrir grandes ventás.

O arquitecto F. LLoyd Wright, discípulo dos arquitectos da Escola de Chicago, creará un

novo estilo arquitectónico chamado organicismo porque busca a adaptación da

arquitectura á natureza usando ademáis do ferro e o formigón materiais característicos da zona onde

se ubica (madeira, pedra característica da zona) e a integración das obras na paisaxe con formas

apaisadas e grandes aleiros. Os interiores buscan a calidez e crear ambientes non opresivos. As

súas últimas obras intentan imitar as formas curvas propias dos organismos vivos.

Guaranty Trust Building-Sullivan

Casa da fervenza- (F. LLoyd

Wright) Museo Guggenheim de N. York

(F.Lloyd Wright)

Page 5: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

Vídeo da Casa da Fervenza: https://www.youtube.com/watch?v=2AIPbJRP71E

Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo,

funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

modernismo) Despois da IIGuerra Mundial extendeuse a todo o planeta ata o punto de que moitos o

denominaron estilo internacional. As características esenciais son as seguintes:

-Economía: edifícase con interese social e trátase de edificar barato. Todo adorno é superfluo.

-As vivendas deséñanse para cumprir unha función, non para ter unha fachada bonita. Por tanto, o

aspecto exterior depende do interior.

-Uso de novos materiais ( formigón armado).

-Formas rigurosamente rectas, cadradas.

Le Corbusier é posiblemente o arquitecto máis importante do racionalismo e un gran urbanista que

deseñou o que debía ser o modelo de cidade do racionalismo. Defende unha arquitectura baseada

en cinco puntos que veremos na Vila Saboia.

Edificio da Bauhaus (W.

Gropius)

Edificios de Mies Van der Rohe, arquitecto

caracterizado pola busca da sinxeleza absoluta

e o uso de materiais luxosos (bronce,

mármore):

1. Pabellón de Alemania na

Exposición Universal de Barcelona

de 1929

2. Seagram Building

Page 6: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

Os mellores exemplos de urbanismo racionalista son os deseños de Le Corbusier para

cidades e Brasilia, a nova capital de Brasil, planificada por Lucio Costa e Óscar Niemeyer.

Pilotis: Columnas que sosteñen a vivenda.

Permiten espazos abertos baixo a vivenda.

Fachada libre: os muros da fachada non son

portantes, por tanto podemos extender a

fachada cara o exterior e abrir grandes

ventanais.

Ventanas horizontais: aumentan a claridade.

Planta libre: ao utilizar columnas de formigón

para soster a vivenda podemos modificar a

estrutura interior como nos conveña.

Cuberta-xardín: recolle as augas ao interior e ten

un xardín na azotea.

Unidade de

habitación de

Marsella: Bloque

para uns 1800

habitantes.

Debía ser

prácticamente

autónomo.

Ao final da súa vida Le Corbusier utiliza formas

orgánicas. Un exemplo é esta igrexa de Notre

Dame du Haut

Video Vila Saboia:

https://www.youtube.com/watch?v=RR

WQG3fpucM

Video 5 puntos nova arquitectura:

https://www.youtube.com/watch?v=mnl

Y4ryJZpw

Page 7: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

ACTIVIDADES 1

2

3.

Page 8: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

4

5. Onde preferirías vivir. Na casa da fervenza ou en Vila Saboia? Por que? Cal cres que

sería máis barata de construír? Por que?

6. Pensa no edificio do IES de Ortigueira. Con cal dos estilos arquitectónicos que vimos no

tema o identificarías?

Page 9: 4ESO B HISTORIA SEMANA 3 - edu.xunta.gal · Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo, funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co

CORRECCIÓN EXERCICIOS SEMANA 2

1-D, 2-i, 3-j,4-b, 5-H, 6-E,7-A,8-C,9-F,10-G

2. Por favor, enviádeme os powerpoint a [email protected]