5. a época do gótico
Transcript of 5. a época do gótico
No século XIII comezou a desenvolverse un novo estilo artístico,o Gótico, que naceu en Francia.
As cidades convertéronse no centro da cultura nesa época:
As cidades estaban medrando e precisaban novos edificios. Os nobres e os burgueses comezaron a encargar obras de arte e palacios.
Nesa época producíronse outras dúas innovacións culturais:
Fundáronse as primeiras universidades: París, Oxford, Cambridge, Bolonia... Nas cidades vivían as novas ordes relixiosas, franciscanos e dominicos.
O Gótico: unha cultura urbana
Texto: as ordes mendicantes
As ordes mendicantes
Período de efervescencia social e espiritual, a fin do século XII viu a multiplicación de novas experiencias relixiosas. Todas as ordes mendicantes caracterízanse pola norma básica da pobreza colectiva, que se engade á individual –obriga esta xeral en todos os relixiosos– e a práctica da mendicidade en lugares públicos. Distinguíanse, ademais, dos monxes en que se dedicaban á predicación itinerante, sobre todo nas cidades, exhortando ao pobo á penitencia e á confesión; visitaban os enfermos, asistían aos moribundos e custodiaban as sepulturas dos seus devotos. Estas intromisións en ámbitos tradicionalmente reservados ao clero secular (curas e bispos) provocaron non poucas manifestacións de hostilidade, tanto máis cando que os mendicantes dependían directamente do Papa e non dos bispos. A isto engadíase a animosidade dos estudantes e dos profesores universitarios, entre os que se introduciron axiña os franciscanos e os dominicos.
C. CABY, “Ora et labora”, en A aventura da Historia, n.º 29
A arquitectura gótica converteuse no símbolo de poder das cidades.A catedral pasou a ser o centro da cidade.
Características:
Material: pedra. Elementos arquitectónicos: arco oxival, bóveda de cruzaría, arcobotantes e
contrafortes no exterior. Gran tamaño. Altura elevada. Moita luz: enormes xanelas cubertas con vidreiras e rosetóns. Planta de cruz latina, coa nave central máis alta e ancha ca as laterais
e a cabeceira moi desenvolvida. Gran variedade de edificios, tanto relixiosos coma civís: igrexas, catedrais, concellos,
lonxas, palacios, castelos, universidades...
A arquitectura
A bóveda de cruzaría, os arcobotantes
e os contrafortes
Bóveda de cruzaría
Arcobotante
Contraforte
Piar
Reconstrución ideal dunha catedral gótica
As bóvedas sonde cruzaría etodos os empuxesdescansan sobrearcobotantes.
Portada lateral
Chapitel
Pináculos
O rosetóne as vidreirasproporcionanluz ao interior.
O tímpano central dafachada principal éun dos elementoscon máis decoracióndo edificio.
Fachada principal
Ten tres naves
Función: Arte relixiosa: as obras plasmaban a vida espiritual, non a beleza. Función educativa: as escenas mostraban os principais episodios
e temas da relixión cristiá.
Estilo: Realízanse relevos, pero as esculturas en vulto redondo foron gañando importancia. Máis realismo e naturalismo. Sensación de movemento. Expresión dos sentimentos.
Tipos: Relevos nas portadas dos edificios. Retablos esculpidos. Cadeirado de coro. Esculturas funerarias. Gárgolas
A escultura
Características
Tema relixioso
Vulto redondo
Liña curva e movemento
Representación máis realista
Comunicación entreas figuras
Expresión de sentimentos
PortadasEscena que representaa separación dos xustose dos condenados
Cristo no ceocoma xuíz supremo
Anxos enviados á Terra tocan as trompetas para espertar os mortos
Sepulcro de Filipe o Atrevido e Margarida de Baviera
Anxos
Defunto en actitude de orar
Aos seus pés xace un león
Características
Tema relixioso
Pintura sobre madeira
Riqueza de cores
Uso de dourado
Realismo e movemento