9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en...

18
9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA 7469 Orde do 30 de xullo de 1998 pola que se regula a concesión de axudas para a formación cooperativa, promoción, mello- ra da xestión e consolidación das coo- perativas agrarias, e para o fomento da súa integración. O fomento do asociacionismo agrario constitúe un dos obxectivos fundamentais na busca do cambio e mellora das estructuras productivas do campo galego, xa que a producción, normalización e comercializa- ción das produccións agrarias mediante fórmulas aso- ciativas permite lograr unha maior competitividade nos mercados actuais. A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria considera de máximo interese incen- tiva-las accións que teñen como fins a divulgación e promoción do asociacionismo, a educación e for- mación cooperativa, o fortalecemento das súas estruc- turas productivas e comerciais, o redimensionamento, a integración e a modernización das entidades aso- ciativas agrarias. Para logra–la consecución dos obxectivos citados establécense e regúlanse na presente orde as seguin- tes liñas de axuda: I. Axudas para actividades formativas e de fomento do asociacionismo agrario. II. Axudas para gastos de constitución e primeiro establecemento de novas cooperativas. III. Axudas para o fomento da integración das enti- dades asociativas agrarias. IV. Axudas para a contratación de novo persoal. V. Axudas para a adquisición de novos equipos informáticos. VI. Axudas para a realización de estudios de via- bilidade e auditorías. VII. Axudas para a incorporación ó mundo coo- perativo dos agricultores afectados por plans de aban- dono da producción leiteira. VIII. Axudas para as actividades desenvolvidas polas organizacións representativas das entidades asociativas agrarias.

Transcript of 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en...

Page 1: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA,GANDERÍA E POLÍTICAAGROALIMENTARIA

7469Orde do 30 de xullo de 1998 pola quese regula a concesión de axudas para aformación cooperativa, promoción, mello-ra da xestión e consolidación das coo-perativas agrarias, e para o fomento dasúa integración.

O fomento do asociacionismo agrario constitúe undos obxectivos fundamentais na busca do cambio emellora das estructuras productivas do campo galego,xa que a producción, normalización e comercializa-ción das produccións agrarias mediante fórmulas aso-ciativas permite lograr unha maior competitividadenos mercados actuais.

A Consellería de Agricultura, Gandería e PolíticaAgroalimentaria considera de máximo interese incen-tiva-las accións que teñen como fins a divulgacióne promoción do asociacionismo, a educación e for-mación cooperativa, o fortalecemento das súas estruc-turas productivas e comerciais, o redimensionamento,a integración e a modernización das entidades aso-ciativas agrarias.

Para logra–la consecución dos obxectivos citadosestablécense e regúlanse na presente orde as seguin-tes liñas de axuda:

I. Axudas para actividades formativas e de fomentodo asociacionismo agrario.

II. Axudas para gastos de constitución e primeiroestablecemento de novas cooperativas.

III. Axudas para o fomento da integración das enti-dades asociativas agrarias.

IV. Axudas para a contratación de novo persoal.

V. Axudas para a adquisición de novos equiposinformáticos.

VI. Axudas para a realización de estudios de via-bilidade e auditorías.

VII. Axudas para a incorporación ó mundo coo-perativo dos agricultores afectados por plans de aban-dono da producción leiteira.

VIII. Axudas para as actividades desenvolvidaspolas organizacións representativas das entidadesasociativas agrarias.

Page 2: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.311

Por todo o exposto, en consonancia co establecidono artigo 30.I.1 e 3, do Estatuto de autonomía deGalicia, e no uso das facultades que me confire aLei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xuntae do seu presidente

DISPOÑO:

I. Axudas para actividades formativas e de fomentodo asociacionismo agrario

Artigo 1º

A Consellería de Agricultura, Gandería e PolíticaAgroalimentaria poderá conceder subvencións pararealizar cursos e actividades formativas dirixidas ámellora da capacitación profesional do persoal téc-nico e dos socios das cooperativas e sociedades agra-rias de transformación, así como ó fomento, divul-gación e promoción do asociacionismo agrario.

Artigo 2º

1. Poderán solicitar esta liña de axudas as entidadesasociativas agrarias con domicilio social en Galicia.

2. As actividades formativas que poden ser obxectode subvención son as seguintes:

a) Estadía en empresas e entidades para realizarprocesos de aprendizaxe práctica.

b) Cursos, viaxes formativas de prácticas, xornadas,seminarios e conferencias.

c) Calquera outra actividade semellante que a Con-sellería de Agricultura, Gandería e Política Agroa-limentaria considere de interese.

2. As actividades citadas estarán dirixidas a:

a) Xerentes, técnicos, especialistas e outros tra-balladores cualificados ó servicio das cooperativase SAT, co fin de mellora–la xestión empresarial destase a calidade dos servicios que prestan.

b) Socios das cooperativas e SAT, así como os seusfillos e outros membros da unidade familiar que teñanrelación coas actuacións da entidade asociativa.

Artigo 3º

1. Para as actividades formativas amparadas esta-blécense as seguintes axudas:

a) En caso de estadía de persoal da cooperativaen empresas e entidades para aprendizaxe práctica,subvencionaranse os gastos de desprazamento ealoxamento ata o 70% do seu importe. Se houbeseque pagar cotas de inscrición, matrículas ou taxas,poderanse subvencionar ata o 100% do seu custo.

b) A asistencia do devandito persoal a cursos, xor-nadas, seminarios e conferencias poderá apoiarse atao 50% dos gastos ocasionados polo desprazamento,aloxamento e cotas de inscrición.

c) Se as entidades asociativas agrarias organizancursos, xornadas, seminarios ou conferencias, pode-ranse subvencionar na súa totalidade os custos efec-tivos do profesorado e do material didáctico necesario.

d) Cando organicen viaxes colectivas de prácticas,visitas técnicas ou formativas en xeral, o importe daaxuda poderá cubrir ata o 50% dos gastos derivados,fundamentalmente desprazamento e aloxamento. Se,ademais, a viaxe se realiza como complemento duncurso ou actividade formativa previa, a axuda poderáchegar ata o 70%.

2. Esta consellería, se o considera oportuno, poderáestablecer un importe máximo auxiliable para cadaunha das actividades subvencionables e para os capí-tulos de gastos citados anteriormente.

Artigo 4º

1. As solicitudes virán acompañadas, como docu-mentación específica, por unha memoria explicativadas actividades previstas, na que se faga relaciónalomenos dos seguintes extremos:

a) Motivación e obxectivos.

b) Persoal ó que vai dirixido.

c) Número e relación de participantes.

d) Datas e lugares de celebración.

e) Duración.

f) Programa debidamente xustificado.

g) Coordinador.

h) Profesorado.

i) Orzamento desagregado por partidas.

j) Financiamento previsto.

2. Para a aprobación das solicitudes de axuda teran-se en conta, como criterios de preferencia, o interesedas actividades programadas, o número de partici-pantes e as garantías de cumprimento do programaprevisto.

Artigo 5º

1. Poderase solicitar esta liña de axudas para todasaquelas actividades que sexan auxiliables, realizadasdurante este ano, antes da publicación da presenteorde, sempre que cumpran as condicións esixidase haxa dotación orzamentaria suficiente.

2. De acordo co anterior, e con carácter excepcional,poderase solicitar axuda para actividades formativasque se iniciasen no último cuadrimestre de 1997e terminen durante 1998, sempre que o período deinicio e realización da actividade estean debidamentexustificados.

3. En calquera caso, as actividades auxiliablesdeberanse realizar antes do 31 de outubro do anoen curso, salvo solicitude e concesión de prórrogaó respecto.

Artigo 6º

1. Unha vez concedida a subvención, realizada aactividade proposta e comprobada a súa correcta exe-cución, procederase ó seu pagamento, logo de xus-tificación dos gastos efectuados mediante facturas erecibos orixinais ou as súas copias compulsadas.

Page 3: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.312 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

Esta xustificación de gastos deberá estar perfec-tamente detallada, clasificada por capítulos, e xun-taráselle un informe das actividades realmente efec-tuadas e unha relación definitiva de participantes.

2. A documentación e xustificantes, tal e como serequiren no punto anterior, débense presentar nunprazo máximo de 15 días naturais a partir da datade finalización da actividade realizada. O non cum-primento deste prazo, sen xustificación ó respectosuporá a perda da subvención aprobada.

II. Axudas para gastos de constitución e primeiroestablecemento de novas cooperativas

Artigo 7º

Co fin de contribuír á promoción do cooperativismoagrario, sobre todo naquelas comarcas en que a súapresencia sexa escasa ou inexistente, establéceseunha liña de axudas para o efecto, regulada polapresente orde.

Artigo 8º

Poderán ser subvencionados:

a) Os gastos de constitución e primeiro estable-cemento de novas cooperativas agrarias que sexanorixinados por viaxes, gastos de tramitación e cons-titución, asesoramento, elaboración da documenta-ción, gastos notariais e rexistrais e outros gastos pre-vios á súa entrada en funcionamento.

b) Os estudios de viabilidade dos proxectos eco-nómicos de creación de novas cooperativas agrarias.

Artigo 9º

O importe das axudas, para os fins ós que se refireo artigo anterior, poderá cubrir ata a totalidade dosgastos sinalados no apartado a), e ata o 70% dosconsiderados no apartado b).

Artigo 10º

1. Poderán solicitar estas axudas os promotores danova entidade asociativa.

2. Para efectos de solicitude e pagamento, os pro-motores deberán designar unha comisión, formadaalomenos por tres membros, actuando un deles comopresidente e outro como secretario.

Artigo 11º

As solicitudes presentaranse segundo modeloadxunto, debidamente cuberto e asinado polo pre-sidente da comisión promotora. Virán acompañadasda seguinte documentación:

–Memoria xustificativa.

–Estudio de viabilidade ó respecto.

–Composición da comisión promotora.

–Relación dos socios promotores, cos seus datospersoais e da explotación.

–Relación das actividades e gastos realizados ouque estea previsto realizar.

–Xustificante bancario de apertura dunha contaespecífica a nome da comisión promotora, para efec-tua–lo pagamento da subvención se se concedese.

Artigo 12º

A concesión das subvencións solicitadas farase conbase na memoria xustificativa, no estudio de via-bilidade, no número de socios promotores e na rela-ción de actividades e gastos previstos.

Para a dita concesión será condición necesaria eimprescindible o informe favorable da DirecciónXeral de Industrias e Alimentación, sobre o interesee necesidade de constitución da nova entidadeasociativa.

Artigo 13º

1. Para proceder ó pagamento das axudas conce-didas será necesario xustifica-los gastos efectuados,mediante facturas e recibos orixinais ou as súascopias compulsadas.

2. A documentación e xustificación dos gastos, talcomo se requiren para esta liña de axudas, débensepresentar antes do próximo 31 de outubro.

III. Axudas para o fomento da integración das enti-dades asociativas agrarias

Artigo 14º

Esta liña de axudas ten por obxecto fomentar efavorece–los procesos de fusión, absorción e inte-gración das entidades asociativas agrarias, de formaque poidan incrementar e mellora–los seus serviciosó socio e lograr unha maior viabilidade na súa acti-vidade económica.

Artigo 15º

Poderán acceder a estas axudas:

a) As cooperativas agrarias e SAT que estean inmer-sas nun proceso de fusión ou de absorción.

b) As cooperativas agrarias e SAT que estean dis-postas a integrarse nunha sociedade cooperativa desegundo ou ulterior grao, ou nunha agrupación desociedades agrarias de transformación, xa constituí-das ou por se constituír.

Artigo 16º

Son subvencionables:

a) Os gastos orixinados pola fusión, absorción ouintegración, tales como viaxes, gastos de tramitacióne constitución, asesoramento, elaboración da docu-mentación, gastos notariais e rexistrais e demais gas-tos previos á integración.

b) Os estudios económicos e de viabilidade, con-fección de balances de fusión, memorias técnicas eauditorías para este fin concreto.

c) As contribucións ó capital social e as cotas deingreso de cada unha das cooperativas e SAT quese integre.

Artigo 17º

1. O importe das axudas, para os fins ós que serefire o artigo anterior, poderá cubrir ata a totalidade

Page 4: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.313

dos gastos sinalados na alínea a), ata o 70% dosconsiderados na alínea b, e ata o 50% dos citadosna alínea c.

2. Con respecto á axuda para contribucións ó capitalsocial e cotas de ingreso, establécense como límitesmáximos os importes de 10.000.000 de ptas. por cadacooperativa que se integre, e de 40.000.000 de ptas.para o conxunto de cada integración.

Artigo 18º

As solicitudes acompañaranse da seguinte docu-mentación específica:

a) Estudio de viabilidade e memoria técnica queavalen a conveniencia do proceso de fusión, absorciónou integración que se pretende levar a termo.

b) Relación das actividades e gastos realizados parao efecto, ou orzamento dos que estea previsto realizar.

c) Relación das entidades asociativas agrarias par-ticipantes e copia dos seus estatutos e inscriciónsrexistrais.

d) Copia dos balances de cada unha delas nos dousúltimos exercicios.

e) Informes de auditoría.

f) Relación nominal de socios cos seus efectivosproductivos e capital social.

g) Composición e membros dos respectivos con-sellos rectores.

h) Copia compulsada da acta da asemblea xeralde cada unha das entidades asociativas agrarias par-ticipantes na que se adoptou o acordo de fusión,absorción ou integración, segundo cada caso.

Ademais, na devandita asemblea xeral deberanseadoptar unha serie de compromisos ou delegar ó res-pecto no consello rector. Os ditos compromisos son:

–Obriga de asumi–las contribucións ó capital sociale cotas de ingreso que lle correspondan, e o seuimporte.

–Compromiso de permanecer integrada polo menosdurante 5 anos.

–Compromiso de que tódolos socios participen obri-gatoriamente e de forma total en, alomenos, unhaactividade económica das desenvolvidas pola enti-dade asociativa resultante.

i) Certificacións expedidas polos organismos públi-cos competentes polas que se acredite o cumprimentodos requisitos esixidos pola Lei 11/1992, do 7 deoutubro, de réxime financeiro e presupostario deGalicia.

j) Certificación bancaria do número de conta dasentidades asociativas agrarias que soliciten estasaxudas.

Artigo 19º

A concesión das subvencións solicitadas farase conbase na memoria técnica, no estudio de viabilidade,na relación de actividades e gastos previstos, nonúmero e dimensión das cooperativas participantes

e nas contribucións ó capital social e cotas de ingresoque se establezan.

Para a dita concesión será condición necesaria eimprescindible o informe favorable da DirecciónXeral de Industrias e Alimentación sobre o interesee conveniencia da fusión, absorción ou integración.

Artigo 20º

1. As entidades asociativas deberán realiza–lafusión, absorción ou integración no prazo de seismeses, contados a partir da finalización do prazo depresentación das solicitudes. Unha vez realizada,deben presentar unha relación nominal definitiva desocios cos seus efectivos productivos e capital social.

2. Cando o proceso desenvolvido implique modi-ficacións ou a constitución dunha nova entidade,tamén se deberá presentar certificado da inscriciónrexistral e copia dos estatutos sociais.

3. A entidade asociativa resultante, absorbente ouintegradora, segundo cada caso, deberá presentarbalance e memoria técnica explicativa ante a Con-sellería de Agricultura, Gandería e Política Agroa-limentaria, durante os cinco exercicios seguintes áconcesión desta axuda.

Artigo 21º

1. Para proceder ó pagamento das axudas conce-didas para sufraga–los gastos determinados nas alí-neas a) e b) do artigo 16º, será necesario que osdevanditos gastos se xustifiquen mediante facturase recibos orixinais ou as súas copias compulsadas.

2. No caso das contribucións ó capital social ecotas de ingreso (alínea c) do artigo 16º), para efec-tua–lo pagamento da axuda será necesario presentarcertificación expedida polo secretario da entidaderesultante, absorbente ou integradora, co visto e pracedo presidente, conforme se efectuaron as ditas con-tribucións. Ademais, figurarán os seguintes datos:

–O importe da aportación realizada.

–A data na que se realizou e o destino dacontribución.

–A data de fusión, absorción ou integración.

3. A documentación e xustificación dos gastos, talcomo se requiren para esta liña de axudas, débensepresentar durante o mes natural seguinte á data efec-tiva de culminación do proceso de fusión, absorciónou integración.

4. O incumprimento deste prazo, así como do fixadono punto 1 do artigo 20º, suporá a perda da sub-vención aprobada, salvo solicitude de prórroga debi-damente motivada e a súa posible concesión.

5. O pagamento da axuda poderá realizarse á enti-dade que a solicitou, ou tamén á entidade asociativaresultante, cando por imperativos formais así fosenecesario, logo de solicitude e autorización ó res-pecto.

6. Os procesos de fusión, absorción ou integraciónde cooperativas e SAT poden culminar máis alá do

Page 5: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.314 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

propio exercicio orzamentario debido á súa duración,polo que o gasto correspondente terá carácter plu-rianual.

IV. Axudas para a contratación de novo persoal

Artigo 22º

Establécese unha liña de axudas para fomenta–lacontratación de novo persoal, co obxecto de mello-ra–la xestión, ofrecer novos servicios, realizar novasactividades, fortalece–las estructuras productivas emoderniza-lo asociacionismo agrario galego, tantotécnica como funcionalmente.

Artigo 23º

1. Poderán solicitar esta axuda:

–As cooperativas agrarias.

–As sociedades agrarias de transformación (SAT).

2. Terán preferencia:

–As cooperativas agrarias e SAT de nova creación.

–As cooperativas agrarias e SAT xa existentes sem-pre que poñan en marcha novas actividades ouservicios.

–As cooperativas agrarias e SAT xa existentes, quesoliciten esta axuda por primeira vez.

3. Se se considera oportuno, tamén poden consi-derarse preferenciais en función de:

–A dimensión social e económica da entidadeasociativa.

–A cualificación e dedicación do novo persoal quese contrate, prioritariamente xerencia e serviciostécnicos.

–O coñecemento do mundo cooperativo que acre-dite o dito persoal.

4. En calquera caso, e fundamentalmente candose trate de entidades de nova creación ou que poñanen marcha novas actividades ou servicios, seráimprescindible presenta-lo correspondente estudio deviabilidade ou informe ó respecto.

Artigo 24º

1. Contía e duración da subvención:

a) Cando estea previsto formalizar contratos cunhaduración mínima de dous anos, as cooperativas agra-rias e SAT poderán solicitar unha subvención parao primeiro ano, que pode alcanzar ata o 70% dasretribucións totais dese ano.

b) Cando estea previsto formalizar contratos cunhaduración mínima de tres anos, as cooperativas agra-rias e SAT poderán solicitar:

–Unha subvención para o primeiro ano, que podealcanzar ata o 70% das retribucións totais do devan-dito ano.

–Unha subvención para o segundo ano, que podealcanzar ata o 50% das retribucións totais dese ano.

2. As subvencións aprobadas para contratación denovo persoal non comprenderán as cotizacións á segu-ridade social que correspondan á empresa contra-tante.

3. En todo caso, as retribucións fixadas no contratodeberán estar en relación cos cometidos e co niveldo posto de traballo que se desenvolva.

Artigo 25º

Cando tres ou máis cooperativas agrarias contratenos servicios compartidos dun coordinador de acti-vidades formativas, poderán subvencionarse ata o95% as súas retribucións anuais.

Se estas cooperativas agrarias en concerto non tive-sen establecidos vínculos legais de índole asociativa,deberán designar para estes efectos unha delas comorepresentante das demais e obrigarse solidariamenteó cumprimento dos compromisos contraídos.

Artigo 26º

Ademais da documentación de carácter xeral queposteriormente se cita, para esta liña de axudas débe-se acompaña–la documentación específica seguinte:

–Memoria xustificativa sobre a necesidade, come-tidos e características das novas contratacións.

–Estudio de viabilidade ou informe ó respecto.

–Orzamento anual de contratación.

–Compromiso sobre as condicións de sustitución,no caso de rescisión do contrato de traballo antesde finaliza–lo período mínimo de duración estable-cido, segundo a axuda solicitada.

–Data prevista de contratación do persoal. Se nonfose posible a contratación na referida data, soli-citarase á Dirección Xeral de Industrias e Alimen-tación autorización para pospoñela, indicando as cir-cunstancias que motivan o atraso e sinalando a novadata de formalización do contrato.

Artigo 27º

A concesión das subvencións solicitadas farase conbase na memoria xustificativa, no estudio de via-bilidade ou informe, e de acordo cos criterios depreferencia establecidos no artigo 23º.

En todo caso, para a concesión será necesario oinforme favorable da Dirección Xeral de Industriase Alimentación sobre o interese e conveniencia dacontratación proposta.

Artigo 28º

1. As contratacións de persoal subvencionablesdeberán realizarse ó longo de 1998. A non forma-lización do contrato antes do próximo 31 de decembrosuporá a perda da subvención aprobada.

2. As contratacións realizadas antes da publicacióndesta orde, durante 1998, e que se axusten ó esta-blecido nela, tamén se poderán subvencionar.

3. As contratacións de persoal, pola razón da súaduración, poden culminar máis alá do propio exer-

Page 6: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.315

cicio orzamentario, polo que o gasto correspondenteterá carácter plurianual.

4. Cando se produza a rescisión dun contrato pro-cederase á inmediata substitución do traballador con-tratado ó abeiro desta liña de axudas, debéndosecomunicar tal circunstancia e os datos do substitutona primeira liquidación trimestral que se presente,tal como se detalla no punto 3 do seguinte artigo.

Artigo 29º

1. Para poder realiza–lo pagamento das subven-cións concedidas é necesario xustificar debidamenteos gastos efectuados, no caso desta axuda medianteas nóminas pagadas pola entidade asociativa ó novopersoal contratado.

2. O pagamento efectuarase por períodos trimes-trais, a partir da data de contratación.

3. Coa primeira liquidación, correspondente ó pri-meiro trimestre, deberase achega–la documentaciónseguinte:

–Fotocopia do DNI ou NIF do persoal contratado.

–Copia compulsada do título académico ou acre-ditación da súa cualificación.

–Copia compulsada do contrato ou contratos, nosque deben figura–los datos persoais e profesionaisdos traballadores.

–Documentos orixinais ou copias compulsadas dasnóminas e das cotizacións á Seguridade Social, mode-los TC, do trimestre xustificado.

4. Nas sucesivas liquidacións trimestrais é sufi-ciente con presenta–los orixinais ou copias compul-sadas das nóminas e TC correspondentes ó trimestreen cuestión, como xustificación dos pagamentosefectuados.

V. Axudas para a adquisición de novos equiposinformáticos

Artigo 30º

Coa finalidade de mellora–la eficacia na xestióneconómica e empresarial das entidades asociativasagrarias, así como a prestación de servicios ós seussocios, establécese a presente liña de axudas.

Artigo 31º

1. Poderán solicitala:

–As cooperativas agrarias.

–As sociedades agrarias de transformación.

2. Pódense considerar como criterios de prioridade:

–Que a entidade solicitante sexa de nova creaciónou que poña en marcha novas actividades.

–Que sexa a primeira vez que solicita esta axuda.

–A súa propia dimensión social e económica.

Artigo 32º

1. Son subvencionables os equipos e programasinformáticos, fotocopiadoras e fax, sempre que se xus-tifique debidamente a súa necesidade e uso.

2. A subvención poderá alcanzar:

a) Ata o 50% do custo, cando soliciten cooperativase SAT de nova creación, que inicien novas actividadesou que soliciten por primeira vez.

b) Ata o 35% do custo nos demais casos.

3. A subvención concedida non superará os seguin-tes límites máximos:

a) Equipos e programas informáticos: 2.000.000de ptas.

b) Fotocopiadoras: 200.000 ptas.

c) Fax: 100.000 ptas.

4. Excepcionalmente, cando a entidade asociativaagraria realizase investimentos en equipos e progra-mas informáticos como consecuencia do proceso deacreditación para o aseguramento da calidade (Nor-mas UNE – EN ISO 9000), o límite máximo seráde 5.000.000 de ptas.

Neste caso particular, esta liña de axudas é com-patible con outras existentes para logra–lo mesmoobxectivo, sempre que a subvención total concedidanon supere o 70% do gasto realizado.

Artigo 33º

Para solicitar esta axuda, xuntarase a seguintedocumentación específica:

a) Memoria xustificativa da necesidade do equipoinformático, programas, fotocopiadora e fax que sepretenden adquirir.

b) Especificación das súas características técnicas.

c) Orzamento ou facturas proforma.

d) Ademais, no caso das axudas establecidas nopunto 4 do artigo anterior, débese presentar:

–Copia compulsada da certificación do cumprimen-to da correspondente Norma UNE – EN ISO 9000.

–Declaración formal das subvencións solicitadaspara este efecto e do importe concedido.

Artigo 34º

1. A concesión das subvencións solicitadas efec-tuarase con base na documentación requirida no arti-go anterior e respectando os criterios de prioridadeestablecidos para esta liña de axudas.

2. Para efectua–lo pagamento da axuda é necesarioxustificar previamente o investimento realizado,mediante facturas orixinais ou as súas copias com-pulsadas.

3. O prazo de xustificación remata o 31 de outubrodo presente ano.

VI. Axudas para a realización de estudios de via-bilidade e auditorías

Artigo 35º

Establécese esta liña de axudas para fomenta–larealización de estudios de viabilidade, de análisesde xestión, de auditorías e de estudios de mercado,

Page 7: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.316 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

que lles permitan ás entidades asociativas agrariascoñece–la súa situación real, as súas posibilidadese perspectivas futuras e a conveniencia de poñer enmarcha novas actividades e servicios, mellora–la súaxestión empresarial, actualiza–la súa contabilidadee adaptala ó sistema contable en vigor.

Artigo 36º

Os estudios de viabilidade e os estudios de mercadodeberán ser realizados por técnicos competentes namateria, e as análises de xestión e as auditorías porcensores xurados de contas ou auditores rexistradosoficialmente.

As conclusións dos estudios de viabilidade e osinformes das auditorías, conxuntamente cos dictamesefectuados, deberán ser explicados con claridade óconxunto dos socios na primeira asemblea xeral quese celebre con posterioridade á súa realización. Estaexposición detallada ante o socio recollerase expre-samente na acta da devandita sesión plenaria.

Artigo 37º

1. Poderán solicitar esta axuda:

–As cooperativas agrarias.

–As sociedades agrarias de transformación.

2. Terán preferencia:

–As entidades que teñan como actividade principala transformación e comercialización dos productosdos seus socios.

–As entidades que inicien novas actividades ouservicios.

Artigo 38º

Os estudios de viabilidade, as análises de xestión,as auditorías e os estudios de mercado que se realicen,poderán ser subvencionados ata o 70% do seu custo,cunha subvención máxima de 1.000.000 de ptas. porentidade asociativa solicitante.

Artigo 39º

Coas solicitudes xuntarase a documentación espe-cífica seguinte:

a) Memoria xustificativa.

b) Orzamento.

c) Identificación e cualificación do equipo técnicorealizador.

Artigo 40º

1. Para proceder ó pagamento das subvencións con-cedidas é necesario xustificar previamente os gastosefectuados mediante facturas orixinais ou as súascopias compulsadas.

A xustificación dos gastos virá acompañada de:

–Copia dos estudios de viabilidade, dos estudiosde mercado e dos informes das auditorías que sesubvencionaron.

–Copia compulsada ou certificación da acta dasesión plenaria na que se lle explicasen ós socios

con claridade os estudios e informes realizados.

2. A Dirección Xeral de Industrias e Alimentación,á vista da documentación presentada, poderá emitirinforme ó respecto sobre a súa realización, que serácondicionante para a determinación do importe finalda axuda concedida.

3. O prazo de xustificación finaliza o 31 de outubrodo presente ano.

VII. Axudas para a incorporación ó mundo coo-perativo dos agricultores afectados por plans de aban-

dono da producción leiteira

Artigo 41º

Esta liña de axudas está dirixida a aqueles agri-cultores que, acolléndose a un plan de abandono daproducción leiteira, cambien de actividade produc-tiva e se incorporen a unha entidade asociativa agrariaque non estea relacionada coa producción láctea eque comprenda a nova orientación productiva.

Artigo 42º

1. De acordo co exposto no artigo anterior, pode-ranse subvenciona–las contribucións ó capital sociale as cotas de ingreso que deba efectua–lo novo socioata o 50% do seu importe.

2. Poden solicitar e resultar beneficiarios desta liñade axudas aqueles agricultores que se integrasen encooperativas e SAT antes da publicación desta orde,durante o ano en curso, sempre que cumpran cosrequisitos nela esixidos.

Artigo 43º

1. Esta subvención terá caracter persoal e deberáser formulada en solicitude individual, segundomodelo adxunto, debidamente cuberto e asinado poloagricultor solicitante.

2. Xuntarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI.

b) Xustificantes que acrediten que se acolleu aun plan de abandono da producción leiteira.

c) Certificación, expedida polo responsable daaxencia de extensión agraria da súa comarca, con-forme o solicitante é titular dunha explotación agrariacon orientación productiva distinta da leiteira.

d) Compromiso por escrito de permanencia na enti-dade asociativa como socio durante alomenos 6 anos.Se nese período se dá de baixa, voluntariamente oupor causa imputable ó socio, a cooperativa ou SATdebe comunicalo puntualmente á Dirección Xeral deIndustrias e Alimentación.

e) Certificación do secretario da entidade, na quefaga constar que o agricultor solicitou a admisióncomo socio, a data de solicitude e o importe dascontribucións económicas que debe realizar paraadquirir tal condición.

Artigo 44º

1. Como condición previa para poder efectua–lopagamento da subvención aprobada, os agricultores

Page 8: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.317

beneficiarios están obrigados a xustificar que efec-tuaron as contribucións establecidas, mediante cer-tificación expedida polo secretario da entidade naque se integren, co visto e prace do presidente. Ade-mais, figurarán os seguintes datos:

–A data efectiva de integración do novo socio.

–O importe da contribución e a data na que serealizou.

–O destino da contribución.

–No caso de que a integración teña lugar nunhaentidade asociativa de nova creación, presentarasecopia compulsada dos seus estatutos e inscriciónrexistral.

2. En calquera caso, a integración como socio ea súa xustificación ante esta consellería deberase rea-lizar antes do 31 de outubro do presente ano parapoder percibi–la subvención concedida.

VIII. Axudas para as actividades desenvolvidaspolas organizacións representativas das entidades

asociativas agrarias

Artigo 45º

Esta liña de axudas regula as subvencións ás orga-nizacións representativas das entidades asociativasagrarias, para a realización de actividades de ase-soramento e representación dos seus asociados, e parao fomento e impulso do asociacionismo no sector agra-rio galego.

Na aplicación desta axuda, a Consellería de Agri-cultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de con-formidade co disposto na normativa orzamentariavixente, poderá establecer convenios de colaboracióncoas organizacións representativas das cooperativase SAT para a realización de actividades específicasconsideradas de interese.

Artigo 46º

1. Actuacións subvencionables:

a) Elaboración de estudios, análises e informes téc-nicos sobre o sector agrario, tanto sectoriais comode alcance xeral.

b) Prestación de asistencia técnica e de xestióneconómica das cooperativas e dos seus socios.

c) Impulso do asociacionismo agrario na Comu-nidade Autónoma de Galicia.

d) Representación sectorial ante as instituciónsautonómicas e nacionais, e participación en comi-sións, mesas de traballo ou outros órganos colexiadosque se constitúan para o efecto.

e) Calquera outra actuación específica que, en rela-ción cos obxectivos fixados, se prevexa nos conveniosde colaboración establecidos.

2. Serán subvencionables todos aqueles gastos rela-cionados coas actuacións anteriormente citadas e osque se especifiquen nos convenios de colaboraciónasinados.

3. A contía das axudas establecerase no marco dosconvenios de colaboración asinados entre as orga-nizacións representativas das entidades asociativasagrarias e esta consellería, respectando en todo casoos seguintes criterios:

a) Non se poderá superar o 70% do gasto sub-vencionable.

b) O importe total dos convenios e actividades sub-vencionables amparados por esta liña de axudas nonpoderá supera–lo 10% da dotación económica da apli-cación orzamentaria á que se imputan.

Artigo 47º

1. Poderán solicitar esta axuda as organizaciónsrepresentativas das entidades asociativas agrarias.

2. Coas solicitudes xuntarase a seguinte documen-tación específica:

a) Acordo do órgano competente, debidamente acre-ditado, polo que se decide solicitar esta axuda.

b) Memoria explicativa da configuración da orga-nización solicitante: número de cooperativas e SATasociadas, subsectores nos que está implantada, datosdo seu persoal e cometidos, infraestructura e medios,orzamento anual de gastos e financiamento.

c) Memoria das actividades realizadas ou que seprevea realizar durante 1998 e dos servicios prestadosós seus asociados.

d) Fotocopia compulsada dos seus estatutos, da ins-crición rexistral, do CIF e do DNI do seu repre-sentante.

e) Calquera outra que se estableza nos conveniosde colaboración.

Artigo 48º

1. A concesión das subvencións dependerá do inte-rese, da natureza e do alcance das accións que sepretende levar a cabo por parte das organizaciónssolicitantes.

2. Terán preferencia aquelas organizacións queteñan carácter xeral e que acrediten un maior graode implantación no sector agrario galego.

3. A Dirección Xeral de Industrias e Alimentaciónelaborará un informe ó respecto do citado nos douspuntos anteriores, que deberá ser favorable para pro-ceder á aprobación da subvención solicitada.

Artigo 49º

1. Para proceder ó pagamento das subvencións con-cedidas e das actividades realizadas no marco dosconvenios de colaboración asinados é necesario xus-tifica-los gastos efectuados mediante presentación de:

a) Memoria na que se detallen con precisión asactividades efectivamente desenvolvidas e os servi-cios prestados.

b) Facturas orixinais ou as súas copias compulsadasdos gastos subvencionables.

c) Orixinais ou copia compulsada das nóminas eTC do persoal da organización, non podendo a suma

Page 9: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.318 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

en todo caso supera–lo 50% do importe total xus-tificado.

2. O prazo de xustificación rematará o 16 de novem-bro deste ano, salvo solicitude de prórroga debida-mente motivada e a súa posible concesión.

3. A Dirección Xeral de Industrias e Alimentación,de acordo coas organizacións beneficiarias, poderánomear unha comisión encargada do seguimento ede velar pola correcta execución dos convenios decolaboración asinados.

Disposicións xerais

Artigo 50º

1. En xeral, as solicitudes de axuda formalizaransesegundo o modelo adxunto correspondente a cadaunha das liñas de axuda que se regula na presenteorde, debidamente cubertos e asinados polo presi-dente ou representante legal da entidade solicitante.

2. As solicitudes dirixiranse ó conselleiro de Agri-cultura, Gandería e Política Agroalimentaria e pre-sentaranse no rexistro xeral desta consellería, nassúas delegacións provinciais, nas axencias de exten-sión agraria ou de acordo con calquera das formasprevistas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 denovembro, de réxime xurídico das administraciónspúblicas e do procedemento administrativo común.

3. O prazo de presentación das solicitudes rematará:

a) O 15 de setembro do presente ano para as liñasde axuda I, II, IV, V, VI e VII.

b) O 31 de outubro para as liñas de axuda IIIe VIII.

4. En xeral, pódense solicita–las subvencións quese establecen nas diferentes liñas de axuda paraaccións realizadas durante o ano en curso, previa-mente á publicación desta orde no Diario Oficialde Galicia, sempre que se cumpran as condiciónsque nela se esixen.

Artigo 51º

1. As solicitudes virán acompañadas da documen-tación de carácter xeral que a continuación se cita:

a) Certificación ou copia compulsada da acta naque figure o acordo do consello rector no que seaproben as accións para as que se solicita a axuda,así como o acordo de petición de subvención e aautorización da persoa encargada dos trámites.

b) Memoria explicativa dos obxectivos que se pre-tende alcanzar.

c) Orzamento pormenorizado de tódolos gastosprevistos.

d) Informe xeral sobre a entidade asociativa soli-citante: sede e ámbito xeográfico, relación dos com-poñentes do consello rector, relación de socios cosseus efectivos productivos, relación de empregadoscoa súa titulación e cometido, orientación productivae actividades que realizan, servicios que prestan,medios, facturación sectorial e global nos dous últi-

mos exercicios económicos e calquera outro dato quepoida ser relevante para coñece–la configuración daentidade asociativa peticionaria.

e) Copia compulsada da escritura de constitución,e da de modificación, se a houbese, acompañada dosestatutos sociais.

f) Copia compulsada da inscrición rexistral.

g) Copia compulsada do CIF da entidade solicitantee copia do DNI do seu presidente ou do seu repre-sentante legal.

h) Copia da declaración do imposto de sociedadescorrespondente ó último período impositivo esixible.

i) Copia do balance e da conta de resultados corres-pondente ós dous últimos exercicios económicos.

j) Declaración formal, asinada polo secretario daentidade, co visto e prace do seu presidente, conformenon se solicitou nin se obtivo ningunha outra sub-vención procedente de entidades públicas para osmesmos fins citados nesta orde, salvo a excepciónprevista no punto 4º do artigo 32.

k) Declaración expresa de cumpri-los requisitosestablecidos na presente orde e de permiti-las com-probacións que para o efecto acorde a Conselleríade Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

2. No caso das entidades asociativas agrarias denova creación, ademais da documentación citada,deberán presenta–lo último recibo do imposto de acti-vidades económicas e copia do modelo de impresoA de alta na Seguridade Social.

3. Para efectos de proceder ó pagamento da sub-vención concedida, deberase presentar:

a) Certificación bancaria do número de conta.

b) Certificación expedida pola Consellería de Eco-nomía e Facenda da Xunta de Galicia, conforme aentidade solicitante non ten pendente de pagar nin-gunha débeda, por ningún concepto, coa Adminis-tración pública desta Comunidade Autónoma.

c) Certificación expedida polos órganos competen-tes, acreditativa de que a entidade solicitante se atopaó día no pagamento das obrigas fiscais e da seguridadesocial.

Artigo 52º

1. As unidades administrativas receptoras remitiránno prazo máis breve posible as solicitudes de axudarecibidas á Dirección Xeral de Industrias e Alimen-tación, para que o servicio competente comprobe sea solicitude e a documentación presentada reúnenos requisitos esixidos nesta orde.

Se se observa que está incompleto o expedienteou que presenta defectos corrixibles, requirirase ointeresado para que obre ó respecto, de acordo coestablecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, coaadvertencia de que se así non o fixese considerarasedesistido da súa petición, que se arquivará sen máistrámite.

Page 10: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.319

2. Unha vez examinadas as solicitudes e feito otrámite anterior se fose necesario, elaborarase a pro-posta de resolución, que o Director Xeral de Indus-trias e Alimentación remitirá para a súa fiscalizacióná Intervención Delegada desta consellería. Unha vezfiscalizada, elevarase a proposta para a súa resoluciónó conselleiro de Agricultura, Gandería e PolíticaAgroalimentaria, como órgano competente para oefecto.

Transcorrido o prazo establecido pola lexislaciónvixente para resolve-lo procedemento sen que se dic-tase resolución expresa, entenderase que se deses-tima a concesión da axuda.

3. A resolución poderase realizar nos quince pri-meiros días de cada mes natural para as solicitudespresentadas no mes inmediatamente anterior, ata olímite do crédito existente para cada liña de axudas.

Artigo 53º

1. A Consellería de Agricultura, Gandería e PolíticaAgroalimentaria comunicará ás entidades asociativasagrarias beneficiarias a concesión da subvención eo seu importe previsto, de acordo cos criterios depreferencia establecidos para cada liña de axudas,en función das solicitudes presentadas e da dotaciónorzamentaria existente.

2. Para poder percibi-la subvención concedida serárequisito a súa aceptación expresa por parte da enti-dade asociativa beneficiaria.

3. As subvencións establecidas nesta orde sonincompatibles con calquera outra axuda procedentedas administracións públicas que se conceda paraos mesmos obxectivos, salvo a excepción prevista nopunto 4º do artigo 32. A vulneración deste preceptodará lugar á perda da subvención concedida.

Artigo 54º

1. As subvencións concedidas ó amparo da liñade axudas I (axudas para actividades formativas ede fomento do asociacionismo agrario), imputaranseá aplicación orzamentaria 09.04.612A.470 «Forma-ción de técnicos e socios de cooperativas agrarias»,dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma deGalicia para 1998, dotada con vintetrés millóns catro-centas vintetrés mil pesetas (23.423.000 ptas.).

2. Tódalas demais subvencións concederanse concargo á aplicación orzamentaria 09.04.612A.770«Fomento do asociacionismo agrario», dos devanditosorzamentos, dotada con douscentos cincuenta e oitomillóns duascentas cincuenta e tres mil duascentasonce pesetas (258.253.211 ptas.).

Artigo 55º

1. A xustificación do gasto correspondente ásaccións subvencionables deberase realizar dentro dosprazos establecidos para o efecto para cada unhadas liñas de axuda reguladas nesta orde. O incum-primento dos devanditos prazos implicará a perdada subvención concedida, sen necesidade de aviso

nin notificación ningunha á persoa ou entidadeinteresada.

De tódalas formas, a Dirección Xeral de Industriase Alimentación poderá conceder prórrogas con carác-ter excepcional, cando así o solicite a entidade aso-ciativa beneficiaria e sempre que o motive debi-damente.

2. A xustificación do gasto efectuarase directamenteno Servicio de Fomento Asociativo (Consellería deAgricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, SanCaetano, Santiago de Compostela).

3. O importe final das axudas concedidas calcu-larase en función das facturas e demais xustificantese documentación complementaria presentados. Se osgastos totais xustificados son inferiores ós orzados,practicarase a reducción proporcional corresponden-te.

4. Tódolos gastos ós que se refire a presente orde,para o efecto da xustificación e pagamento das sub-vencións concedidas, entenderanse sen IVE.

Artigo 56º

1. Ante a complexidade e diversidade desta ordede axudas, será obrigatorio que as entidades aso-ciativas agrarias beneficiarias comuniquen a estadirección xeral calquera circunstancia ou eventua-lidade que poida afectar substancialmente o destinoou a correcta aplicación da subvención concedida.

Así mesmo, deberán permitir que a Dirección Xeralde Industrias e Alimentación realice as comproba-cións que considere oportunas para o seu seguimentoe control. Tamén facilitarán a documentación com-plementaria que se puidese solicitar ó respecto,durante os cinco anos seguintes á concesión destaaxuda.

2. O incumprimento dos requisitos e fins estable-cidos na presente orde de axudas implicará a obrigapor parte das entidades asociativas beneficiarias dereintegrar ó Tesouro da Comunidade Autónoma deGalicia as subvencións recibidas, incrementado o seuimporte no xuro legal que proceda. A Xunta de Galiciapoderá interpoñer as accións legais correspondentespara esixi-las responsabilidades a que houbera lugaren dereito.

Disposicións derradeiras

Primeira.–Autorízase o director xeral de Industriase Alimentación para que, no ámbito das súas com-petencias, dicte as normas necesarias para a apli-cación, desenvolvemento e cumprimento da presenteorde.

Segunda.–Esta orde entrará en vigor o día seguinteó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Cástor Gago ÁlvarezConselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

Page 11: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.320 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

ANEXO I

Page 12: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.321

ANEXO II

Page 13: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.322 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

ANEXO III

Page 14: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.323

ANEXO IV

Page 15: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.324 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

ANEXO V

Page 16: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.325

ANEXO VI

Page 17: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

9.326 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998

ANEXO VII

Page 18: 9.310 DIARIO OFICIAL DE GALICIA No 155...a) En caso de estadía de persoal da cooperativa en empresas e entidades para aprendizaxe práctica, subvencionaranse os gastos de desprazamento

No 155 L Mércores, 12 de agosto de 1998 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.327

ANEXO VIII