94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

17
1 XOGANDO COS CONTOSNana Bunilda come pesadelos

description

lectura galego

Transcript of 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

Page 1: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

1

“XOGANDO COS CONTOS”

Nana Bunilda come pesadelos

Page 2: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

2

“XOGANDO COS

CONTOS”

(Grupo de Traballo CEIP O Castiñeiro 11-12)

http://youtu.be/ctrMvamyCP4

Page 3: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

3

Nana Bunilda é pequena e

rechoncha, máis vella que

Matusalén, a súa especialidade son

os pasteis de mazá, pero por culpa

do seu traballo sempre os ten que

facer de chocolate.

Page 4: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

4

E ninguén como ela ten unhas

trenzas tan fermosas, tan prácticas

e especiais.

Así é Nana Bunilda, vive

nunha mesa de noite de noite, a

mesa de noite está no faiado

dunha casa esquecida, construída

aos arredores dun pequeno pobo

que se ergue no medio dun

profundo val ao que van os

Page 5: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

5

turistas en verán e acode a neve

en inverno.

Todos coñecen a Nana

Bunilda, bo, todos non; só os

Page 6: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

6

nenos que teñen medo, e as nais

dos nenos que teñen medo. Tamén

os maiores que recordan a súa

nenez e todos aqueles que a viron

pasar dun lado a outro facendo o

seu traballo, porque o traballo de

Nana Bunilda é levarse os

pesadelos que ás veces,

travesamente, se coan polas fendas

dos belos sonos, cando iso sucede

chámana e as súas trenzas

máxicas reciben o berro de socorro,

Page 7: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

7

Nana Bunilda deixa o que está a

facer, aínda que sexa algo tan

importante como tender a coada,

limpar a súa mesa de noite ou

preparar o caldo, se empolica á

Page 8: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

8

súa máquina-especial-aspira-

pesadelos e acode veloz alí onde a

reclaman.

O berro pode xurdir da

garganta dun neno que se

desgañita de tanto berrar porque,

en sonos, ve como un dragón

xigantesco e impertinente lle estraga

os rotuladores que lle acaban de

regalar. E non se tranquiliza ata

que Nana Bunilda atrapa o

Page 9: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

9

dragón pola cola e o manda ao

fondo do saco.

Ás veces non é berro, senón un

xemido suave e penoso, como o que

lle escapou a Papa Noel a

Page 10: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

10

véspera de repartir os xoguetes.

Soñara que quedaba atascado

nunha cheminea e facíase de día

sen que tivese podido deixar nin

unha bolsa de caramelos.

Nembargante á Nana ósea

perfectamente, é tan rechamante que

Nana Bunilda non necesita

levantar as trenzas para saber que

é ela quen a chama e lle pide que

a salve dun sono feo. Pero non

Page 11: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

11

sempre son pesadelos o que altera

a paz dos que dormen; ás veces

son sonos pesados, angustiosos... e

Nana Bunilda, que é de talante

amable e cariñoso, non ten reparos

Page 12: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

12

en achegarse alí onde se oe un

suspiro inquedo, como aquela noite

en que se levou o enmarañado

sono dun rapaz amante dos gatos.

Así, cada noite, unha vez aquí,

unha vez alí, Nana Bunilda fai a

súa tarefa, cando xa ten a bolsa

de maquínaa ben chea, volve á

súa casa, pero se, de regreso,

tropeza cun belo sono, non

renuncia a pararse uns instantes e

Page 13: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

13

contemplalo embelesada, e se a

punto de trepar pola parede da

casa, se cruza cun sono no que o

seu amigo, o gato arrabaleiro, se

Page 14: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

14

fai o valente cun exército de ratos,

non dubida en facer un recunchiño

no saco e “Ziuu…!, escorréntalle o

pesadelo.

Aínda que o traballo máis

duro lle agarda na casa, sen

quitarse nin a bufanda, dáse presa

en verter o contido da bolsa nun

grande funil que apunta

directamente a unha pota ventruda

e chea de abolladuras, logo acende

Page 15: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

15

o lume e, “pim-pam, pim-pam”, o

aviva sen parar ata que as

chamas, alegres como castañolas,

entusiasman e fan bailar aos

sonos que recolleu, só debe esperar

un momentiño. Segundo como sexa

a lúa: redonda ou con cara de

Page 16: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

16

regaña de melón, branca ou

amarela. Segundo chova ou neve...

Por fin, o baile dentro da pota

máxica transforma os pesadelos

nun doce e saboroso chocolate

co que despois fará pasteis. Fainos

de todas as clases, grandes e

pequenos, en forma de torta e

longos como barras de pan

moreno, e cando xa os ten ben

cocidos e o faiado ule

Page 17: 94332681 nana-bunilda-e-pequena-e-rechoncha

17

deliciosamente, apresúrase a invitar

os seus amigos que, certamente, non

se fan pregar.

E ben, xa o sabes, se de noite

te visita sen pedirche permiso un

sono feo e antipático, chama a

Nana Bunilda e virá a levalo.

Sempre acode, non o dubides.