A arte barroca. O seu contexto histórico
-
Upload
profesor-historia -
Category
Education
-
view
1.623 -
download
11
description
Transcript of A arte barroca. O seu contexto histórico
A ARTE BARROCA
UNHA OBRA BARROCA: IGREXA DE SAN CARLOS DE VIENA
QUE É “O BARROCO”? QUE É O “BARROCO”?
A palabra “barroco” foi un termo empregado polos comentaristas dunha época posterior que combateron as tendencias do s. XVII e desexaron ridiculizalas. Barroco significa, realmente, absurdo ou grotesco, e a palabra foi empregada por persoas que insistiron en que as formas dos edificios clásicos nunca debían aplicadas ou combinadas doutro xeito que como o foran polos gregos e romanos. romanos. Desdeñar as regras estritas da arquitectura antiga parecíalles a eses críticos unha lamentable falta de gusto; de aí que denominaran estilo barroco ao que tal cousa facían. Non nos é de todo doado de percibir na actualidade estas distincións. Tanto nos acostumamos a ver nas nosas cidades edificios que de toda sorte desdeñan e desafían as regras da arquitectura clásica, ou que as decoñecen por completo, que nos volvimos insensibles (...). Enrst Gombrich
O termo “BARROCO” = BARRUECO
Perlas deformes
(portugués) Unha arte desproporcionadacaprichosa e truculenta
Distorsión dos valores clásicos:
o movemento das formas e a libre expresión dos
sentimentosRuptura do equilibrio clásico
O termo “barroco” foi usado cun sentido despectivo, para subliñar o exceso de énfase e a abundancia da ornamentación, a diferenza da racionalidade máis
clara e sobria da Ilustración (s. XVIII principalmente)
A EUROPA DO BARROCO (S. XVII-S. XVIII)
A EUROPA DO BARROCO É UN CONTINENTE EN CRISE
Trátase dun estilo complexo, froito dunha época de crise. É unha arte brillante e
fantasiosa, ostentosa. Con ela exprésase o poder dos grandes monarcas, a fluínte riqueza dos
Estados e a próspera situación do catolicismo
DO GUSTO BARROCO AOS DIVERSOS “BARROCOS”
A variedade de situacións socioeconómicas, políticas e relixiosas orixinan a existencia de barrocos "distintos": un bárroco cortesán e católico, instrumento de propaganda da Igrexa e do Estado absoluto (Italia, Francia, España), e outro barroco burgués e protestante (Inglaterra e Holanda)
BARROCO BURGUÉSE PROTESTANTE
BARROCO CORTESÁNE CATÓLICO
UNIDADE NA DIVERSIDADE
Malia estas grandes diferenzas, existen impulsos estéticos comúns, froito da sensibilidade da época, que desdeña as regras (ruptura do ideal clasicista do Renacemento) e tende ao emotivo e desbordanteÉ un estilo que reflicte o estado de ánimo da persoa dol momento: pesimista, desengañado, realista, con conciencia das súas imperfeccións: isto contrasta co optimismo humanista que dominara na época do Renacemento
CRISE E RENOVACIÓN NAÉPOCA DO BARROCO
A experimentación ea revolución científica:Galileo, Pascal, Newton
A dúbida metódica:o racionalismo
cartesiano
Nova sensibilidade relixiosa:reforma protestante e
contrarreforma católica
Consolidación dasmonarquías absolutase do parlamentarismo(Guerra dos 30 anos e
Paz de Westfalia)
Avance e consolidación do sistema económico
capitalista e da sociedadeburguesa
UN NOVO CONTEXTO CULTURAL, RELIXIOSO E CIENTÍFICO
O BARROCO: ARTE CIVIL E ARTE RELIXIOSA
UNHA ARTE AO SERVIZO DA IGREXA CATÓLICA: PROPAGANDA
DA FE CATÓLICA
INSTRUMENTO DE PROPAGANDA E VANAGLORIA DO MONARCA E
DO ESTADO ABSOLUTISTA
O BARROCO, UNHA ARTE AO SERVIZODA IGREXA CATÓLICA
A CONTRARRE-FORMA
CATÓLICA(O Concilio de
Trento (1545-1563)
•Confirmación dos dogmas tradicionais da Igrexa•Combater a corrupción interna
A creación da Compañía de Xesús en 1540 (Os Xesuítas)
difusión dun novo idearioartístico
Recomendacións para os artistas:• Claridade, sinxeleza e comprensibilidade• Interpretación realista• Estímulo sensible á piedade: exaltación do patetismo da iconografía relixiosa• Os templos en cruz latina, por consideraren os templos circulares de orixe pagá
A evidencia da posesión da verdade substitúe ao ideal da beleza
clásica A arte como propaganda da fe(propaganda fide)
O BARROCO COMA ARTE CIVIL
Consolidación do Absolutismo monárquico
A arte coma instrumento de propaganda e vanagloria dos monarcas
O luxo e a ostentación son a evidencia da omnipotencia real
As Cortes palacianas(o gusto rococó, S. XVIII)
Fixación das capitais políticas dos Estados
A cidade, o palacio e os edificios do goberno convértense en “Imaxe do Poder”
A obediencia dos súbditos é a consecuencia da ostentación dos edificios en que se encarna o poder
urbanismoescenográfico
ROMA, CAPUT MUNDI
Roma, cidade rectora da Europa
católica
centro impulsor do Barroco
Proxección dun urbanismo escenográfico e teatral (planificación levada a cabo por Sixto V (1585-1590)
Prazas, fontes, avenidas, etc.
expresión da magnificiencia e grandiosidade da Igrexa católica
• Piazza del Popolo• Piazza Navona• Praza de San Pedro• Escaleira da Praza de España• A Fontana di Trevi
CONCLUSIÓNS
A humanidade descobre a súa insignificancia, a fugacidade da vida, a presenza da morte A idea do ser humano coma centro do Universo, creada durante o Renacemento, vense abaixo A arte aposta pola apariencia (xa sexa de luxo ou de poder): distorsións visuais, lumínicas ou materiais. O único que importa é a imaxe proxectada sobre o espectador, o seu deslumbramento; por isto a ópera será o espectáculo barroco por excelencia