A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A...

40
CarLoS Ca Sa reS: A ARTE DE CONTAR ANO XXXV - NÚMERO 234 xaneiro-abril 2017

Transcript of A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A...

Page 1: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

CarLoS CaSareS:

A ARTE DE CONTAR

ANO XXXV - NÚMERO 234 xaneiro-abril 2017

Page 2: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA  (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento,  35

MONDOÑEDO  (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»socios honorarios:

Page 3: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R editan:

REALSEMINARIO CONCILIAR DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»----------

Praza do Seminario, 1 Apartado, 2

27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

depósito legal: LU -1609-82

número 234xaneiro- abril de 2017

taboleiro

. tapa:Carlos Casares: a arte de contar

. taboleiro, 3

. a xeito de cancela, 4

. falamos con... Ramón Loureiro, 5

. colaboracións, 13- Xesús Alonso Montero, Tres poemas «políticos» de Carlos

Casares, 13- Xosé Luís Barreiro Rivas, Carlos Casares: «To be and not

to be», 19- Xabier Casares Mouriño, A infancia de Carlos, 26- Andrés Torres Queiruga, Carlos Casares e a imaxe de Deus, 29- Dolores Vilavedra, Apuntes para unha lectura da narrativa

casariana, 31- Ramón Villares, Carlos Casares e o Consello da Cultura

Galega, 35. colaboraron, 37

   sumario

- 3 -

A M E N C E R

coordinadores:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

Page 4: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A XEITO DE CANCELA

- 4 -

A M E N C E R

No plenario da Real Academia Galega celebrado o día nove dexullo  de  2016,  foi  elexido,  na  primeira  votación,  Carlos  CasaresMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegasde 2017.

A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleirase renovadoras da literatura galega das últimas décadas do séculoXX». Subliña ademais a súa implicación na vida do país e o seu com-promiso coa lingua: «Alén do seu talento literario, Casares foi un inte-lectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implica-ción  na  vida  cultural,  social  e  institucional  do  país  e  por  unhalaboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e semprecun compromiso inequívoco coa lingua galega».

 A Real Academia Galega considera a Carlos Casares coma unesritor especialmente idóneo para o Día das Letras Galegas pola«calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter varia-do da súa obra, que incluíu a literatura infantil, o xornalismo e o ensaio».

AMENCER  quere  unirse  á  celebración  do  Día  Letras  dasGalegas con este número dedicado por enteiro a Carlos Casares, noque colaboran unha serie de escritores galegos que nos seus traballosvan  tratando  diversos  aspectos  da  vida  e  da  obra  do  autorhomenaxeado. Tamén se recolle unha conversa con Ramón Loureiroque tratou moito a Carlos Casares.

a redacción

www.mondonedoferrol.org/amencer

Page 5: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 5 -

Rotulou:  Ernesto Barro  Jiménez,  ex alumno

A M E N C E Rfalamos con...

Xornalista e escritor

«Carlos Casares era, como diría onoso  amigo  Damián Villaláin, unauténtico agasallador: un home quevivía para facer felices a todas aspersoas que pasaban pola súa vida,e  por  suposto  para  facer  que  omundo fose un lugar máis habitable»

«Na miña opinión persoal o mellor Casares,literariamente, é o da súa columna diaria noperiódico»

ramón Loureiro

Page 6: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 6 -

A M E N C E R falamos con...

Ramón Loureiro é xornalista e escritor e foi moi amigode Carlos Casares. Mesmo ten publicado dous  libros

sobre o autor ó que se lle dedica este no o Día dasLetras Galegas. Un deles, titulado Casares, acaba de

ser presentado no Liceo de Ourense.

- Ti mantiveches unha fonda amizadecon Carlos Casares ¿como e candoxurdiu esa amizade?

- A  amizade  persoal xurdiu  a  raíz  dapublicación, na editorial Galaxia, da que el erao director xeral, dun libro meu, «O corazónportugués»,  do  que  por  certo  a  primeirapresentación  tivo  por  escenario  o  RealSeminario  de  Santa  Catalina. Aí  comezouunha  longa  e  intensa  amizade  que  segueestando viva, porque eu sigo sendo moi amigode Carlos,  con  independencia de  que nóssigamos vivindo nesta beira do río e de que elxa estea habitando a Eternidade. Pero taménme gustaría comentar que, aínda que eu noncoñecín  persoalmente  a  Casares  ata  quetivemos relación a través de Galaxia, eu xatiña, desde rapaz, unha fonda devocion polasúa obra e por el mesmo. Nunca se me irá dacabeza a primeira lectura que fixen, sendo moinoviño aínda, na nosa casa matriz de Sillobre,na Casa do Forno de Pedre, dos contos doseu  libro  «Vento  ferido».  Esa  lecturamarcoume profundamente.

- ¿Como era Carlos como persoa?

- Carlos era unha persoa excepcional,en todos os sentidos. Un home enormemente

 Carlos eraunha persoa

excepcional, entodos os

sentidos. Unhome

enormementexeneroso, que

non queríanada para el e

que sempreviviu para facer

mellor a vidados demais

Page 7: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 7 -

A M E N C E Rfalamos con...

xeneroso, que non quería nada para el e quesempre  viviu  para  facer  mellor  a  vida  dosdemais. Coñecín pouca xente así. E era, enefecto, e como tantas veces se di, un grancontador  de  historias.  Podías  estaloescoitando horas e horas sen cansarte nuncade  oílo.  Ademais,  era  unha  persoaexcepcionalmente intelixente, que tiña unhavisión moi lúcida da realidade e que sempresabía ver moi ben qué era o que mellor conviñaao  interés  xeral,  ao  ben  común.  Xamaisinterpretou o mundo en clave persoal. Comoxa dixen antes, Casares vivía para os demais,non para si mesmo. A súa vida enteira foi así:dunha entrega absoluta. Algo que, por certo,non  é  demasiado  frecuente  entre  oscreadores.

- De todo isto que nos dixeches ¿calé para ti o rasgo que mellor define a súapersonalidade?

- O rasgo verdadeiramente definitorio dasúa personalidade...? Non é unha preguntadoada, esa. Carlos tiña unha personalidademoi rica, moi poliédrica, moi chea de matices. Pero quizais si que hai algo que está por ribade  calquera  outra  característica,  e  é  esaxenerosidade  inmensa  súa  da  que  xafalabamos antes. Carlos Casares era, comodiría  o  noso  amigo  Damián  Villaláin,  unauténtico agasallador: un home que vivía parafacer felices a todas as persoas que pasabanpola súa vida, e por suposto para facer que omundo fose un lugar máis habitable. Era unhome incapaz de odiar. Incapaz, incluso, desentir calquera clase de rencor.

Casares vivíapara osdemais, nonpara si mesmo.A súa vidaenteira foi así:dunha entregaabsoluta

Carlos tiñaunhapersonalidademoi rica, moipoliédrica, moichea dematices

Page 8: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 8 -

A M E N C E R falamos con...

- Carlos Casares estudiou noSeminario de Ourense ¿como influiu istona súa vida e na súa obra?

- O Seminario moi decisivo na vida deCarlos Casares. Por mil razóns distintas. Entreelas, porque alí foi onde entrou en contactocoa gran literatura. Sobre todo cos clásicos.E onde empezou a estudar tanto grego comolatín, linguas que tiveron un papel esencial nasúa formación.

- ¿Que destacarías da súa obra comocreador literario?

- Casares, como todo o mundo sabe, foiun magnífico escritor. E a mellor proba diso éa maneira na que os seus  libros,  lonxe deesmorecer, se van agrandando cada día quepasa.  De  todas  formas,  na  miña  opiniónpersoal o mellor Casares, literariamente, é oda  súa  columna  diaria  no  periódico.  Esacolumna diaria que en realidade é un dietariono que vai quedando reflectida a vida e todocanto de verdadeiramente valioso hai nela. Ascolumnas de Carlos da serie «Á marxe» sonun inmenso patrimonio xa non só da cultura,senón de Galicia enteira. E despois hai queter en conta que el foi, tamén, un narradorexcepcional, de primeirísima liña, no ámbitoda  ficción, que brilla sobremaneira, para omeu gusto particular, en dous libros. En «Ventoferido», a súa maxistral opera prima, e taménnas páxinas de «Os escuros soños de Clío».

- Un libro de texto de ESO ó falar deCarlos titula o apartado: «Carlos Casares,o pracer de contar» ¿Que che parece?

O Seminariomoi decisivo

na vida deCarlos

Casares. Pormil razóns

distintas

Casares, comotodo o mundo

sabe, foi unmagnífico

escritor

Page 9: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 9 -

A M E N C E Rfalamos con...

- Pois paréceme moi ben, cómo non movai parecer. Porque, ademais, non pode sermáis exacto. Casares encarna o pracer decontar. Carlos non só facía felices aos demaiscontando historias... senón que tamén el erafeliz contándoas.

- ¿Cal é para ti a súa mellor obraliteraria? ¿Por que?

- A ver: como dixen antes, para min oCasares máis brillante está na súa columnadiaria nas páxinas de La Voz de Galicia e nosseus contos, tanto nos de perfil máis realistacoma  naqueles  nos  que  se  adentradirectamente no ámbito do fantástico, ao quepor certo non era demasiado afeccionado.Pero se eu tivese que recomendar un libro delen especial, recomendaría algo moi distinto:«Un país de palabras». Porque aí, nese libroque  se  podería  situar  incluso  no  ámbitoensaístico, aínda que en realidade eu creoque é un libro sen xénero (ou que inventa unxénero novo para a escritura), é onde está,mellor reflectida, a visión do mundo que Carlostiña. «Un país de palabras»  é un monumento

Se eu tivesequerecomendar unlibro del enespecial,recomendaríaalgo moidistinto: «Unpaís depalabras»

Carlos    Casares  na  súa  casa

Foto

gra

fía: 

Ram

ón L

ou

reir

o

Page 10: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 10 -

falamos con...

literario. E ademais, todo sexa dito de paso,unha obra deliciosa.

- ¿Cres que a súa morte –podemosdicir que prematura- nos privou das obrasde madurez do autor?

-  Interesante  pregunta,  esa.  Nuncareflexionara  eu  sobre  iso.  Pero,particularmente,  creo  que  que  Carlos  xachegara á súa madurez como escritor. Á súaplenitude.  Habería  aínda  máis  libros,  porsuposto, se seguise vivindo, e non me cabedúbida de que serían grandes libros, pero creoque  el  tiña  perfectamente  trazado  o  seucamiño desde que era relativamente novo, eque soubo transitar moi ben por el.

- Se tiveses que poner uncualificativo á súa obra literaria ¿cal sería?

- Pois diría que é unha obra única, nosentido  de  singular.  Dunha  singularidadeabsoluta.  Ninguén  escribiu  o  que  escribiuCarlos  Casares.  Nin  sequera  podería  terimitadores,  aínda  que  alguén  pretendeseimitalo. Única e, polo tanto, irrepetible.

- ¿Que vai supoñer o que lledediquen o Día das Letras Galegas 2017?

- A min paréceme que é moi importanteque se lle dedique o Día das Letras Galega.Xa está sendo importantísimo, de feito. Entreoutras razóns, porque vai permitir que a obrade Carlos chegue a sectores da poboaciónaos que, por unha razón ou outra, ata agoraxamais  chegara.  A  min  paréceme  moiimportante,  por  exemplo,  que  a  obra  deCasares, que ten contos infantís marabillosos,

É unha obraúnica, no

sentido desingular. Dunha

singularidadeabsoluta

Page 11: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 11 -

falamos con...

chegue aos nenos. E que todo o mundo vexa,ademais,  que  Carlos  non  só  era  un  granescritor, senón ademais un escritor ao que unlé, unha e mil veces, converdadeiro placer.

- Ti, como xa se dixo, tiveches unhamoi fonda relación con Carlos Casares¿Que nos dis do tema relixioso tanto nasúa vida coma na súa obra?

- Dise a miúdo que Carlos non se sentíaespecialmente cercano ao que está máis aládo que os nosos sentidos perciben, e que arealidade que máis lle interesaba era aquelaque está suxeita ás leis da física. E iso é certo,si. Alomenos, en parte. El, que falaba de tantascousas, non falaba nunca do que existe máisalá das fronteiras deste mundo. Pero eu, arespecto disto, querería facer un matiz: Carlosera plenamente consciente de que vivimosenvoltos nun inmenso misterio. E a existenciadese inmenso misterio era algo que semprelle andaba dando voltas dentro do seu corazón.Probablemente, non o sei, na súa xuventudepasou por momentos de grandes dúbidas, nasque é máis que probable que deixase de crerpor completo. Pero ao final da súa vida euvoume atrever a dicir, sen ter outro dato que aintuición, que era un home crente. Fondamentecrente.

- ¿Carlos Casares tivo relación conMondoñedo? ¿Falastes algunha dosescritores mindonienses?

- Casares  tiña un  inmenso afecto porMondoñedo e polo Real Seminario de SantaCatalina. E coñecía extraordinariamente bena obra, e nalgúns casos a vida, dos poetas do

Carlos eraplenamenteconsciente deque vivimosenvoltos nuninmensomisterio. E aexistenciadese inmensomisterio eraalgo quesempre lleandaba dandovoltas dentrodo seucorazón

Page 12: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 12 -

A M E N C E R falamos con...

Seminario. De Noriega Varela, sen irmos máislonxe, falaba moitas veces. E despois estaba,por  suposto,  a  inmensa  figura  de  ÁlvaroCunqueiro, co que el tivo unha relación moicercana. «Cunqueiro era un home tráxico»,díxome, nunha ocasión, cunha tristeza caseinfinita  escrita  nos  ollos.  Eu  non  sabía,daquela,  moitas  das  terribles dificultadespolas que tivo que pasar o autor de «Merlín efamilia».  Pero  cando  tiven  noticia  delas,moitos anos despois, entendín perfectamentequé era o que Carlos quería dicir. Por certo:non moito antes da súa morte, Carlos estivoen Mondoñedo. Veu, a propósito, mercar unhapequena  cámara  á  reloxería  da  praza  dacatedral. Unha cámara en miniatura que ellevaba moito tempo buscando.

- ¿Queres engadir algo?

- Pois si: gustaría dicir que, sen CarlosCasares,  Galicia  é  infinitamente  máispequena. El foi unha das figuras centrais donoso século XX, e é probable que aínda teñaque pasar un certo tempo para que o nosopaís poida ver, na súa verdadeira magnitude,na transcendencia da súa vida e da súa obraliteraria. Casares foi un regalo que lle fixo aGalicia o ceo. E como estou seguro de queagora  nos  está escoitando  desde  onde  elestá,  querería,  parafraseando  ao  propioCunqueiro, que tamén está alí, aproveitar aocasión  que  me  ofrecedes  para  dicirlle  aCasares, desde estas páxinas de Amencer:«Gracias! Verdadeiramente, moitas gracias!»

Félix Villares Mouteira

Sen CarlosCasares,Galicia é

infinitamentemáis pequena

Casares foi unregalo que lle

fixo a Galicia oceo

Page 13: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 13 -

Tres poemas «políticos» de Carlos Casares

Xesús Alonso Montero(Presidente da Real Academia Galega)

Son moi poucas as persoas que coñecen a obra poética de Casares(1941-2002), el que ten tantos fervorosos admiradores como autor de relatos ecomo autor de columnas nos xornais, nomeadamente en La Voz de Galicia. Ospoemas que coñezo de Carlos Casares son dos primeiros anos da súa carreirade escritor. Ignoro se, a partir de 1967, escribiu poemas, pero todo fai supoñerque, desde esa data, a de Vento ferido, preferiu as musas da narrativa ás dapoesía. A poesía quedaba nas mans se de estritamente contemporáneos falamosde Arcadio López-Casanova (1942).

I: «Verbas de espranza pra Rosalía», 1963

É o primeiro poema seu de que teño noticia. Apareceu no número 1 darevista Grial, correspondente ó terceiro trimestre de 1963, o ano do centenariode Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Nesa ocasión, os directores deGrial ofreceron unha sección con catro poemas de homenaxe a Rosalía: SalvadorGarcía-Bodaño, Arcadio López-Casanova, Xohana Torres e Carlos Casares.Eu diría que os catro poetas ven en Rosalía un nome que os convoca a certoscompromisos cívicos, formulados, naquel tempo de Censura ministerial, de xeitomáis ou menos vago, sobre todo nos textos de García-Bodaño e Xohana Torres.Arrisca un pouco Arcadio cando, nos versos finais de «Palabras na tarde praRosalía», exclama:

¡Qué lediciasentirse entón pobo,

Debuxo de:SIMONETTA DONDI DALL OROLOGIO

A M E N C E Rcolaboracións

Page 14: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 14 -

A M E N C E R colaboracións

cantar antre a limpamañá renacente, tie mais eu, todosos que aíndaagardamos serceibes sobre os sucos da terra redimida!

Quizais o máis claro sexa Casares, capaz de afirmar «é tempo de seerguer» ou, referíndose á «túa lembranza», ollar «o trunfo que se albisca».Vexamos, completo, o poema:

Verbas de espranza pra Rosalía

Non convén chorar máis,ela chorou por todos e pra sempre

Luís Pimentel.Olla, Rosalía,iste novo abrente de espranza.Acabouse o pranto xa pra sempre,endexamais voltaremos hastra as bágoasporque é tempo de se erguer.Dende Padrón a Trasalbabaixa polo tempoun río de arelanzas:Otero, Piñeiro, Carballo, Celestino,García-Sabell, Tovar, Celso Emilio, Novoneyra

Inzadasvoces outas que se chegandeica a cinza quente que sementarana terra longada nosa Galicia sulagada.Eiquí estamos ergueitosó pé da túa lembranzaollando o trunfo que se albiscasobor das torres de Compostela Santa.Iste é o froito da túa sementeira, Rosalía,ista é a Galicia da espranza.

Page 15: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 15 -

A M E N C E Rcolaboracións

II: «Poema de emerxencia pra Antonio Machado», 1966

O 5 de outubro deste ano «rematouse de multicopiar» [a ciclostil], noCírculo de las Artes de Lugo, o opúsculo Antonio Machado na nosa voz,homenaxe ó grande escritor, que eu coordinei. Un dos capítulos titúlase «Coroapoética (seis poemas galegos)» e nel colaboran, por esta orde, con textos inéditos,Arcadio López-Casanova, Bernardino Graña, Manuel María, Manuel LueiroRey, Manuel Álvarez Torneiro e Carlos Casares. Este é o seu poema:

Poema de emerxencia pra Antonio Machado

Aiquí silencio,ó norteColliurei unha morteque enxendra corazós prá liberdade.O milagrede un pobo en pé de amor

Debuxo de: ADRIAN OTERO CANDIA, ex-alumno

Page 16: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 16 -

A M E N C E R colaboracións

ó calorda túa cinza quenteque nos erguecontra pérez-osos tempos.Na terra da charanga e dos pandeiroshai unha esperanza que inda agardaencher de futuro este silencio.

O poema está na liña de tantos e tantos poemas que se escribiron enEspaña nese ano, no que o nome de don Antonio, morto en Collioure o 22 defebreiro de 1939, suscitou homenaxes importantes. Non houbo celebración quenon fose un canto á biografía civil do grande escritor republicano morto no exilio.Unha desas homenaxes, en Baeza, meses antes, fora prohibida con escándalopúblico: intervención da Policía Armada, presos... Os versos de Casares estánno ronsel do tempo: fálase de «esperanza», de «futuro» e «dunha morte / queenxendra corazós prá libertade». No texto de Casares hai unha figura retóricamoi pouco frecuente na poesía, un tipo de encabalgamento ó que os especialistaschaman tmesis: pérez / osos tempos. Tamén aquí hai política: denuncia, desde a«cinza quente» de Antonio Machado, os tempos preguiceiros nos que o poetavive, tempos vulgares, tan vulgares como o apelido Pérez. O noso poeta nonignora que os tempos, en galego, deberían adxectivarse «preguiceiros» peroevita a forma galega e opta polo sinónimo castelán, «perezosos», que lle permite,apelando á tmesis (pérez-osos), indicar, dun xeito tan rechamante, o que hai deatonía e preguiza no ano 1966 (Con «preguiz-osos tempos» non conseguiría oescritor o efecto desexado).

Carlos    Casares

Foto

gra

fía:

Fund

ació

n «

Carl

os C

asa

res»

Page 17: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 17 -

A M E N C E Rcolaboracións

III: «A Ernesto Che Guevara», 1967

Creo que é o poema máis logrado dos tres que exhumo neste artigo.Todo fai supoñer que o escribiu moi pouco despois do 9 de outubro de 1967,data na que o inmortal guerrilleiro foi abatido en Bolivia. Nesas datas foronmoitos os poetas do mundo que desafogaron a súa ira e trataron de mitigar a súamágoa escribindo versos, escribindo poemas. Non só o fixeron os marxistassenón tamén moitas outras persoas que, fóra do ideario de Carlos Marx, percibíannas inquedanzas e nas loitas do Che un engado romántico que os engaiolaba.No caso de Casares sabemos que, polo menos dous anos antes, en 1965, estabafascinado polo marxismo, como demostran as súas cartas a Ramón Piñeiro desasdatas. Quizais comezaba a estar un pouco lonxe dos postulados marxistas candoescribiu este poema, pero aínda estaba de cheo na adhesión moral ó granGuerrilleiro do século XX, a aquel guerrilleiro que, poucos días antes da «viaxe»a Bolivia, escribíalles ós pais, na Arxentina, nestes termos: «Queridos padres:De nuevo mis talones sobre el costillar de Rocinante». É fermosa a elexía deCarlos Casares. Memoricémola:

A Ernesto Che Guevara

Hoxe amañecín un pouco máis pobre,mancado de ti

e sintounha door de buraco fondono teu sitio.

Ó finestán tranquilos, arrincárontede nós, abrironunha ferida máis na nosa fameonde era o teu corazón un pan redondoprá nosa libertá.Agora o mundo coxea do teu lado,sangra de ti, fixéronsemáis pequenas as razóns do amore non hai quen escape a esta pobreza,compañeiro, irmauque perdimos todos,

Page 18: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 18 -

A M E N C E R colaboracións

claror desta mañá recén fuxida.Non sei cómo pensarte, cómoche dar dimensión do que se foi,encher de futuro a tua ausencia,Ernesto, compañeiro,Irmau que nos mataron.

Esta elexía, escrita en 1967 (probablemente en outubro), publicousepor primeira vez, nun volume colectivo titulado Poemas al Che, na Habana, ensetembro de 1969. Contén 84 poemas, algúns en inglés, francés e portugués.No volume, Xosé Neira Vilas, daquela en Cuba, traduce ó castelán os cincopoemas galegos que se ofrecen en edición bilingüe. Estes son os autores: CelsoE. Ferreiro, Manuel Lueiro Rey, Manuel María, Xosé L. Méndez Ferrín e CarlosCasares. Antes desa data intentara publicar este volume, en Barcelona, o grandeeditor de poesía José Batlló. Estabamos na Era de Franco e no tempo de FragaIribarne. Morto o Tirano, Batlló fixo unha edición facsimilar do volume cubanoinicialmente, seu no ano 1976.

Hai outras edicións do poema de Casares en volumes colectivos, ediciónsdas que eu dou noticia no volume que coordinei, co profesor Xosé ManuelSalgado, titulado 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra asúa morte (1967-1973), editado pola Universidade de Santiago en 1998. Unano antes, vixésimo cabodano do Che, fixemos un acto na Universidadecompostelá de homenaxe ó Guerrilleiro no que Carlos Casares leu dúas ou trespáxinas do diario que escribía en outubro de 1967, referidas, concretamente, óimpacto que causou no seu espírito a morte do Che.

O volume universitario de 1998, ilustrado por guevaristas moi coñecidos(Xaime Quesada, Saturno Lois, Reimundo Patiño, Virxilio...), foi presentado naHabana, en edición bilingüe (galego-castelán), no ano 2007. Editouno a Xuntade Galicia e traduciu os textos galegos a escritora María do Cebreiro RábadeVillar. Así pois, o poema guevarista de Carlos Casares tivo un notableespallamento, ás veces en edicións de coidada e fermosa feitura como a de1998 e a de 2007.

Page 19: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

-19 -

colaboracións

Carlos Casares: «To be and not to be»

Xosé Luís Barreiro Rivas (USC)

Se paramos mentes na biografía de Carlos Casares (Ourense,

1941 – Nigrán 2002), e damos por boa a evanxélica máxima de que a

árbore se identifica polos seus froitos, quedaremos convencidos de

que o celebrado e lembrado escritor ourensán, ao que este ano lle

dedicamos  o  Día  das  Letras  Galegas,  foi,  ante  todo,  un  político

comprometido. Porque tal parece o máis cumprido cualificativo para

quen  foi  membro  da  Real Academia  Galega  en  plena  transición

democrática; deputado independente nas listas do PSdeG-PSOE nas

primeiras eleccións autonómicas (1981); presidente do Consello da

Cultura Galega dende 1996 a 2002; director de Grial e da EditorialGalaxia de 1989 a 2002; e colaborador de numerosas  revistas eperiódicos, con unha singular vinculación a La Voz de Galicia1.

Esa sensación de compromiso aumenta se temos en conta ostraballos de ensaio e de estudio biográfico que na súa dimensión deprofesor de ensino medio –temporalmente inhabilitado para o ensinopolo franquismo- dedicou a Vicente Risco, Otero Pedrayo, RamónPiñeiro e Curros Enriquez, xa que todos eles estiveron fondamentecomprometidos coa política galeguista e incluso –no caso de Piñeiro-co  activismo  político de  esquerdas  e  coa  loita contra  a  ditadurafranquista. E por  iso estraña  tanto –e adianto xa a miña  tese- adificultade que temos para extraer do seu currículo e da súa literaturaalgo parecido a un pensamento político claro e estruturado que lledea guía a sentido a tan intensa galeguidade.

Non falta quen diga que o seu credo político pode identificarsecoa súa amizade con Ramón Piñeiro, a quen se mantivo fiel toda avida, e a quen seguiu na súa aventura parlamentaria e no galeguismoecléctico ao que ámbolos dous se sumaron mediada xa a PrimeiraLexislatura do Parlamento de Galicia. Pero ese mesmo suposto dunha

1 Boa parte do traballo xornalístico de Carlos Casares foi recopilado en libros: Á marxe. Palabrade escritor (2 de enero - 10 de marzo de 2002) (2003); Á marxe, 1992 (2005); Á marxe, 1993(2005); Á marxe, 1994 (2006); e Á marxe, 1995 (2006).

Page 20: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 20 -

colaboracións

presunta militancia no piñeirismo axuda a aumentar a confusión, xaque,  mentres  Ramón  Piñeiro  evolucionou  cara  o  galeguismoautonomista e sincrético ao fin dunha longa experiencia, e avaladopor décadas dun comprometido activismo esquerdista e republicano,no que afrontou enormes e graves riscos persoais e sufriu grandeslimitacións nas súas perspectivas vitais, a aproximación ideolóxicade Casares a Piñeiro xa se fixo nun intre de grande comodidadepolítica, e cando o piñeirismo, lonxe de ser unha proposta políticapara a transformación do país, non pasaba de ser unha honrosasublimación da transformación xeral que impuxo a deriva pactista datransición.

Cando máis tratei a Carlos Casares, entre 1981 e 1995, chegueia  conclusión  de  que  el  mesmo,  de  forma  consciente  e  optandolibremente por este modelo, se propuxera ter e desfrutar dunha historiasinxela  e  amable,  e,  lonxe  de  deberse  a  unha  vida  de  loita  ecompetitividade, o seu extenso currículo obedecía precisamente a esacaracterística amable, contemporizadora e ecléctica que o convertíana solución idónea e segura para aquel tempo estraño no que casetodo comezaba. Carlos era, ademais, un observador agudísimo, unescritor imaxinativo e pulcro, e un falador incansable, de onde lle viñaa súa facilidade para ser requirido e amplamente aceptado en tódolosambientes e  tódolos cenáculos, e para converterse en centro deatracción e punto de encontro de tódalas diferencias. E por iso pensoque esa divina indefinición que antes e agora lle reprochei foi a súaopción sinxela e seguramente intelixente, e ata é posible que, inclusoquen coma min entende a política como un remexer permanente,anovador  e arriscado  –como dicía  Fichte-  teña  que  recoñecer  aposibilidade de que foi nese espazo de tránsito onde lle puido prestara Galicia os seus mellores servizos.

Para que non se me tome a mal esta tese, ou esta crítica quevolve a agromar no seu ano de gloria, debo lembrar que xa tiña estamesma convicción cando Carlos vivía, e que mesmo lle presentei acuestión máis dunha vez en intres de extremada dificultade, cada vezque tiñamos a sensación de estármonos xogando as orientaciónsbásicas do futuro do país. De feito xa escribín disto con anterioridade,

Page 21: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 21 -

colaboracións

a propósito dunha fonda conversa que mantivemos Carlos e eu nasúa casa de Nigrán2, e na que eu lle estaba solicitando un compromisoconcreto  e  de  risco  como  os  que  o  seu  amigo  Piñeiro  asumíafrecuentemente  a  favor  dun  ideal  de  país  que  facía  valente  einsubornable. Carlos e eu, que non nos coñecíamos persoalmente ataque chegamos xuntos ao Parlamento de Galicia, tivemos despoismoito e moi franco trato. E por iso non debe estrañar que, deixando ámarxe a profunda admiración que le tiña como escritos de conto enovela, e mesmo como biógrafo, lle manifestase con frecuencia o meuestupor polos xogos literarios cos que concorría a diario en La Voz deGalicia.

A miña tese era sincera e sinxela, e formulábase unha e outravez con estas ou parecidas palabras: nun intre tan difícil e complexo,no que Galicia  esta  creando as  institucións, a  cultura política, aestrutura de partidos e as liñas mestras do sistema que han de rexervarias décadas dos nosos destinos, non me parece acaído que quendispón  dun  púlpito  madiático  como  o  que  ti  tes,  e  quen  tencoñecementos e asesores para contribuír dun xeito decisivo a eseproceso, se mova a diario nun exercicio estético e literario, tantasveces protagonizado polo gato Samuel, coma se este mundo que fervede esperanzas e atavismos lle esvarase arredor sen rompelo nintinguilo.

2 Barreiro Rivas, X. L. (2012): «O derradeiro eco de Vicente Risco». En: VV. AA.: Carlos Casaresen La Voz de Galicia. A Coruña: Biblioteca Gallega, pp. 94-96.

Foto

gra

fía: 

Ram

ón L

ou

reir

o

Page 22: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 22 -

colaboracións

Eu  creo  que  Carlos  Casares  tiña  moita  simpatía  polo  meutraballo na primeira lexislatura e pola miña forma de pelexar o día adía, que el, que só me levaba oito anos, explicaba a xustificaba polamiña  xuventude.  Pero  tamén  creo  que  aquela  teima  miña  polocompromiso político xornalístico, que naquela tarde de Nigrán lleestaba espetando en presencia do famoso gato, e mentres o pequenotren de xoguete daba voltas na maqueta do salón, lle amolaba algo acharla desenfadada, chea de anécdotas e metáforas, que tanto llegustaba.

Nos tempos políticos de hoxe, máis febles e simples que os datransición, e moi afectados pola espectacularización da noticia e polaxestión masiva da postverdade a través das redes sociais, están demoda, sen embargo, dúas perspectivas de análise política cuxo valore eficacia está aínda por ver. A primeira desas perspectivas é a dossentimentos, que, aínda que ofrece matices que o racionalismo tiñamarxinados, tamén alimenta o individualismo político e o debilitamentodos espazos públicos que son substanciais á cultura democráticaavanzada. Un tema moi importante do que hoxe, sen embargo, nonfalarei nada. Porque a outra perspectiva, da que agora vou botar man,é a do «compromiso político» formulado por John R. Searle3, que,moi afastado -como se verá- do vello ideal do compromiso ideolóxicoe de acción e mobilización sociais, que se viu favorecido pola guerrafría e a confrontación entre dúas cosmoloxías económico-sociais quetiñan aspiracións de totalidade, ven a formular a necesidade de actuarás veces –tamén neste tempo político- en contra dos nosos desexos,e a  favor da construción dun  espazo público de solidariedade eliberdade.

Nun mundo abertamente hedonista, no que as ideas de benestar,comodidade, privacidade e  individualidade vertebran o  ideal duncidadán postmoderno, a obra de John R. Searle ven a chamar aatención sobre o risco de fragmentación e desnaturalización do espazo

3 Searle, J. R. (2003): «Ontologia sociale e potere político». En: Di Lucia, P. (2003): Ontologiasociale. Potere deontico e regole costitutive. Macerata: Quodlibert, pp. 27-44.Tamén se pode ver: Searle, J. R. (2004): Libertad y neurobiología. Reflexiones sobre el librealbedrío, el lenguaje y el poder político. Barcelona: Paidós.

Page 23: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 23 -

colaboracións

político e das diferentes expresións –a colectividade, o espazo público,o interese común e da comunidade solidaria- nas que ese espazopolítico  se  concreta,  para  retrotraernos  á  idea  aristotélica  dadeontoloxía política, na que a construción do espazo social se configuracomo tan importante para o ser e a realización do home que esixe decada membro da comunidade un deber de entrega e cooperaciónque está máis aló do desexo individual, e que so pode ser comprendidodende una perspectiva ampla e nomeadamente ética do espazopolítico.

Dalgún xeito acabo de dicir que, lonxe de ser unha auténticanovidade  alumeada  pola  crise  de  valores  das  democraciascontemporáneas, o concepto de «compromiso político» de Jonh R.Searle reformula en linguaxe moderna, e no contexto da sociedadecomunicativa, a unidade indeclinable que debería existir entre a políticae a realización do ben común.

Neste sentido teño que dicir que eu sempre fun un clásico, eque, contra dos intentos modernos de reducir a política ao manexoutilitario do poder, ou ao exercicio dos mecanismos de persuasiónque garanten os apóiaos democráticos, sempre tiven a convicción deque a actividade política non alcanza a súa plenitude sen a existenciadun compromiso persoal, ou dun sentido deontolóxico do exerciciopolítico, que poñan a construción da comunidade e da súa orde internapor enriba dos desexos ou utilidades individuais o de grupo. E diso édo que lle falaba a Carlos Casares a propósito daquel instrumentopolítico tan valioso que eran, para min, as súas reputadas e moiseguidas columnas de La Voz de Galicia. Direi ademais que, sobre ofeito evidente de que eu lle falaba diso, ou o molestaba con iso, taménel entendía con toda claridade cal era o obxecto da miña preocupaciónou do meu desexo, xa que nin a min nin a ninguén se nos oculta quecada vez que esta temática agromaba na nosa conversación eraporque había un debate, un proxecto ou unha crise na que eu precisaba,ou simplemente entendía, que Carlos debía de pronunciarse.

Tamén compre dicir que nunca tratei de forzar a súa posición ámarxe, ou máis alá das súas conviccións, e que se eu me atrevía a

Page 24: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 24 -

colaboracións

dicirlle que tiña o deber de intervir no proceso de construción daautonomía de Galicia era porque el me tiña comunicado a súa posiciónfavorable ás miñas teses, e cando o único que eu lle pedía era queesa opinión confesada se convertera en compromiso político na súafaceta xornalística.

Pero  Carlos  Casares  nunca  cedeu, que  eu  lembre,  a  miñasuxerencia dun compromiso expreso con unha forma determinada defacer país. E, se ben é certo que foi deputado, e que exerceu distintasresponsabilidades institucionais con sentido galeguista e exquisitaelegancia, nunca lembro que en momentos especialmente críticosadoptara a actitude do seu mestre e amigo Ramón Piñeiro, que, apesar de carecer dos instrumentos e dotes de comunicación dos quedispoñía Carlos con tanta abundancia, xamais deixaba de compro-meter a súa opinión e o seu apoio a favor daquilo que considerabamais útil e correcto.

Esta visión persoal de Carlos Casares, que en ningún casocompromete o meu xuízo sobre a súa importancia como escritor exestor cultural, formuleina por primeira vez o día 9 de marzo de 2002na cidade italiana de Lugo, cando, viaxando pola Emilia Romagnacara Ravenna, e tendo parado para tomar un café nesta fermosa cidadeda época romana, monumental, bimilenaria e amurallada, coma o noso

Carlos  Casares

Foto

gra

fía: 

 Fundació

n «

Carl

os C

asare

Page 25: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 25 -

A M E N C E Rcolaboracións

Lugo- recibín unha chamada de La Voz de Galicia que me daba contado falecemento absolutamente inesperado de Carlos Casares. Porquealí me sentín obrigado a pasar varias horas do día compartido a infinitabeleza daquela rexión fascinante coa meditación inevitable sobre ese«sic transit gloria mundi» do que o propio Casares facía un uso tanfrecuente e intelixente como desenfadado. Alí construín a miña imaxedo amigo, xa morto, do que este artigo é soamente un retallo. E alícheguei a convicción de que non lle sería leal á súa memoria, ou amemoria  que  eu  teño  del,  se  desbotara  da  miña  narración  estaimpresión contraditoria que afecta a unha parte  tan importante edeterminante da súa personalidade política e literaria como foi a obraperiodística publicada en La Voz de Galicia, e recollida despois, enforma de literatura perenne, na serie de libros publicados antes edespois daquel triste 9 de marzo de 2002.

Na xa mencionada conversa que mantivemos en Nigrán, mentreso gato Samuel adurmiñaba nunha fiestra, e o tren de xogueta viaxabasen  destino  arredor  da  maqueta,  apremei  a  Carlos  con  toda  aargumentación da que dispoñía, ata que se viu forzado a darme unhacontestación que, por ser de libro, anotei no meu caderno, e que noné  a primeira  vez  que  reproduzo: «Eu  non  traballo  coma  ti  –dixoCasares- nos eidos do poder. Eu so fabrico cultura e identidades paraque os políticos lles deades forma e forza. E sentiríame ledo e satisfeitose, lonxe de terme por un líder, me vises como o derradeiro eco deVicente Risco».

Nunca máis volvín a insistirlle a Carlos no que xa sabía que nonía facer. E por iso me quedou a estraña sensación de que o grande einimitable escritor que  foi Carlos Casares,  capaz de  recrear conmagnífica precisión e soberbia estética os caracteres e sentimentosmáis esenciais da identidade galega, sempre xogou as súas bazaspolíticas  no  fiel  da  balanza,  e  que,  lonxe  de  asumir  a  accióncomprometida que guiará ao seu mestre Piñeiro, preferiu ser e nonser ao mesmo tempo. E non quero dicir que non acertara. So querodicir que nunca o entendín.

En Forcarei (Pontevedra), a 16 de febreiro de 2017.

1

Page 26: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 26 -

A M E N C E R colaboracións

A INFANCIA DE CARLOS

Xabier Casares Mouriño

Carlos, nace un vintecatro de agosto de 1.941 en Orense na rúa

Cardenal Quevedo, onde estaba a casa da avoa materna. Alí vive ata

que cumpre tres anos, idade na que se traslada a Xinzo de Limia,

onde o noso pai exerceu de mestre perto de coarenta anos. Baixo a

súa tutela deu os primeiros pasos de escolar; tamén alí preparou o

ingreso para o bachalerato. Entrou no seminario aos once anos, pero

como non tiña vocación para ser cura, cinco anos máis tarde volve

para a casa.

A súa infancia transcorre entre Xinzo, Lamas e Sabuedo, na LImia

e Beiro, unha parroquia do concello de Ourense, situada a sete

kilómetros da capital. En Xinzo non gozábamos da mesma liberdade

que tiñamos na aldea. A Carlos gostáballe xogar ao futbol; era moi

habilidoso  no  manexo  da  pelota.  Os  compañeiros  chamabanlle

«Kubalita» alcume futbolístico que non lle desagradaba, xa que tiña

unha  grande  admiración  polo  famoso  xogador  húngaro  do  F.  C.

Barcelona. Xa de mozo, xogou no Antela F.C., o equipo da vila. Na

casa, si había visitas, gostáballe escoitar o que falaban os maiores,

ou entretíñase lendo os cómics da época: Suchai, o Cachorro ou os

TBO.  Os  domingos  íamos  ao  cine,  á  sesión  infantil. A  Carlos

gostábanlle moito as de vaqueiros; ao rematar a película organizaba

un xogo no que a metade dos nenos eran vaqueiros e a outra metade

indios. Á escola acudíamos de dez a unha e de tres a cinco todos os

días; os xoves pola tarde,  o noso pai sacaba de paseo ós alumnos

ao monte de Baronzas a gozar da natureza. Ao sair da escola había

que facer alguns deberes na casa.

A tres kilómetros de Xinzo estaba Lamas, onde vivían os avós

paternos. Íamos con moita frecuencia. Alí pasábamolo moi ben porque

gozábamos  de  máis  liberdade  que  na  vila.  Había  unhas  visitas

Page 27: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E Rcolaboracións

- 27 -

ineludibels: Nadal, a matanza e a festa da  Santa Cruz en maio. Cando

anoitecía era cando Carlos máis disfrutaba, xa que se xuntaban na

lareira do avó Herminio, que fora emigrante en Cuba, os seus amigos

tamén emigrantes en  Cuba, Venezuela ou Arxentina, e contaban as

súas experiencias, moitas delas adornadas fantasiosamente. O avó

non era dado ás exaxeracións, era un gran narradador pero sempre

dende a obxetividade. Non así a avoa Francisca: a Santa Compaña,

os  aparecidos,  as  ánimas  do  purgatorio  eran  os  seus  temas

preferidos. Estas dúas maneiras de contar historias, a obxetiva e a

fantástica, servíronlle a Carlos para a súa producción literaria.

En Sabucedo vivían uns tíos da nosa nai. El, o tío Benito, era un

médico liberal moi respectado. Ela, a tía Isolina, estaba cega debido

a unha diabete que padecía dende moi nova. A súa delicada saúde a

mantiña,  con  frecuencia, encamada e a nosa nai pasaba  longas

tempadas en Sabucedo coidandoa;  ata o punto de que durante ese

tempo íamos con ela, e estábamos escolarizados alí. Carlos tiña un

amigo, fillo do sacristán que lle ensinaba os nomes dos paxaros, das

árbores, mirar nos niños para ver os ovos, cazar ras; pero o que máis

impresionaba a Carlos eran as historias que se contaban nas casas,

Carlos Casares  co seu  pai

Foto

gra

fía: 

Fundació

n C

arlos C

asare

s

Page 28: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

colaboraciónsA M E N C E R

- 28 -

das accións dos «maquis» na Limia. Destas historias nutriuse para

escribir Os mortos daquel verán. Pasado o tempo acabaría facendo

amizade con algún guerilleiro sobrevivinte daquela zona.

A Beiro, parroquia que está a sete kilómetros de Ourense, da

que era titular o tío Xosé, irmán da nosa nai, que vivía nun fermoso

pazo que llo cedera o marqués de Camarasa á iglesia. A Beiro tardou

moito en chegar a lluz; as noites eran impresionantes naquela casa

tan grande na que pasábamos o mes de agosto; había que andar dun

lado para outro con quinqués, petromases e candeas.

 A vida en Beiro, por ser verán, permitía un contacto permanente

coa natureza. Había acontecementos moi esperados polos rapaces,

como era  a malla, na que paricipaba todo o pobo na eira comunal, ou

cando se cocía no forno do lugar, que nos permitía facer figuriñas de

pan, bicas de azucre ou asar patacas nas brasas, que comíamos alí

mesmo. Ao ser o noso tío a cura da parroquia, obrigábanos a realizar

unha serie de tarefas: tocar as campás para anunciar a misa, axudalo

nos actos litúrxicos, tocar novamente á hora do «ángelus». Había unha

actividade  que  lle  gostaba  moito  a  Carlos,  «repinicar»  cando

ameazaba tormenta para alonxar os tronos.

Á casa acudían, con moita frecuencia, amigos cregos do noso

tío que viñan visítalo. Botaban longas partidas de tresillo, contaban

historias,  moitas  delas  moi  divertidas,  relacionadas  con

acontecementos das parroquias que rexían. Para Carlos, oir contar

historias era unha festa. Beiro, é o espazo que escolleu para escribir

a sua derradeira novela O sol do verán.

De todas estas vivencias de Xinzo, Lamas, Sabucedo e Beiro,

forneceu Carlos gran parte da súa obra e  artigos peridísticos. Son os

recordos dunha infancia, que lle permitiu crear un mundo onde se

mesturaban realidades e fantasía.

Page 29: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

colaboracións A M E N C E R

- 29 -

A imaxe que se ten de Deus,herdada desde a infancia, cultivada naescola o introxectada polo ambientereviste unha importancia decisiva paramoitas persoas. Carlos Casares sabíaopor formación, por cultura, porobservación do ambiente e, sobre todopor experiencia propia. Non falabamoito do asunto, pero pola súatraxectoria vital, a súa exquisitasensibilidade de artista e a súaextraordinaria agudeza intelectual, oseu caso resulta case paradigmático.En dúas ocasións, animado porsolicitudes externas, manifestouse demaneira expresa e as sús reflexiónsresultan dunha lucidez extraordinaria edalgún modo constitúen un retrato dasituación de tantas persoas, serias ehonestas, cuxa fe entrou en crisedebido a unha falsa imaxe de Deus.

Unha ocasión, a segunda, foinunha entrevista que lle fixo MaríaLuísa Brey no libro O intelectualgalego e Deus, SEPT 1998, pp. 41-58. Ampla e excelente pola súapreparación e a súa factura, é dunhaenorme riqueza nos temas e deixa vero seu talante sereno e a madura lucidezda súa visión do mundo. No ámbitorelixioso expón a súa traxectoria,

dando conta das súa primeirasexperiencias, das súas lecturasteolóxicas sorprendentemente ricas, dasúa militancia de mozo cristiánconciliarmente comprometido e taména súa crise. Unha lectura impagablepara quen o queira coñecer.

Antes, en 1996, falara tamén, eeu tiven a sorte impagable de que foseno prólogo ao meu libro Recupera-lacreación. Por unha relixiónhumanizadora, tamén publicado naEditorial SEPT. Por iso me vou centrarnel. Foi resposta xenerosa a unhapetición de amigo. Nel fala, de maneiraexclusiva nun ton entrañablementepersoal, da súa vivencia relixiosa.Poucas veces un libro pode contarcunha entrada tan fermosa. E poucas,de por parte, pode un autorencontrarse tan exacta e lucidamenteinterpretado, non só no que di senóntamén na intención coa que o di. Endefinitiva, a idea fundamental consistexustamente en subliñar a importanciadecisiva da idea de Deus, á hora detomar as decisións que vanconfigurando a propia fe e, comoconsecuencia, a orientación da propiavida.

Carlos Casares e a imaxe de Deus

Andrés Torres Queiruga

Page 30: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

colaboraciónsA M E N C E R

- 30 -

En definitiva, a raíz máis fondado abandono confesional e externoda fe —a vivencia íntima e a opciónauténtica son outra cousa e só Deus ascoñece— está en sentir a propia vidaensombrecida por unha imaxe falsa queconverte a Deus nun ídolo intragable,nun moloc que escurece a vida, mata aalegría, infantiliza o espírito e lesiona omáis íntimo da propia dignidadehumana.

Non esaxero se afirmo que, nasúa brevidade e falta de pretensións, aamigo Carlos Casares fixo un dosdiagnósticos máis lúcidos e certeirosda crise de fe pola que pasaron e pasanmoitas persoas dentro da culturaactual. Era demasiado profundo comopara ocultar o drama que esa perdapode supor: «Botar a Deus do propiocorazón por sentirse incompatible conEl é unha decisión dura, que non setoma sen consecuencias, o mesmo quesucede cando alguén decide que noncaben debaixo do mesmo teito el e apersoa coa cal convive».

Na análise, malia á escaseza doespazo, vai percorrendo os principais

problemas que hoxe asedian unha visióncoherente da fe. Nun parágrafo fai unhasíntese que desglosa despois, coa súaclareza inimitable: «O Deus que estelibro axuda a descubrir é un Deus dignodo home: máis bo ca el, non máis malo;máis intelixente, non menos; máis xusto,non tan arbitrario; máis maduro, nontan infantil. Crer nel non supón, polotanto, ningunha extravagancia. Non éo Deus que cambia as leis da naturezaó seu antollo e segundo a súaconveniencia, nin o que desoe assúplicas dos seus fillos, aínda que estassexan xustas, como acabar coa fameou coa guerra, comportándose asídunha maneira como non secomportarían moitas persoas, ninsequera as menos inclinadas ámisericordia».

Cara ao final di algo, que correcoma un río de saudade por debaixode todo o discurso: «Desde logo, esteé o Deus no que a moitos nos gustaríacrer nos anos tormentosos daadolescencia e no que podemos crerde novo cantos vemos xa non moialonxado no horizonte o mar sereno davellez». E xa preto do remate, fai unhaafirmación, que lle agradecín decorazón, porque nela recoñezo mellorretrato dunha das miñas conviciónsmáis firmes: «Un decátase de súpetode que Deus tiña que ser así e nonpodía ser de outra maneira».

Page 31: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 31 -

A M E N C E R

Apuntes para unha relectura da narrativa casariana

Dolores  Vilavedra

A singularidade da vida eobra de Carlos Casares lévanosde xeito reiterado a gabar comoexcepcional a súa produción, senrepararmos no diálogo que estaestablece coa literatura galega doseu  tempo  e  tamén  consigomesma,  configurándose  comounha  cadea  na  que  cada  elo,mantendo a súa independencia,interacciona dialecticamente cosrestantes. Na miña opinión, unhaanálise  conxunta  do  corpusli terario  de  Casares,especialmente  da  súa  obranarrativa,  permite  afirmar,  porunha  banda,  que  o  escri torreproduce e interioriza moitos doscomportamentos  autoriais  eeditoriais das xeracións coas queconvive e, por outra, que dendeunha  perspectiva  estéticainaugura  varias  liñas  creativasque acabarían non só por callarsenón por converterse nalgunhasmáis vizosas e caracterizadorasdo discurso narrativo galego dasdécadas dos 70 e 80.

Dende  logo,  e  aínda  quepareza  raro,  aínda  desco-

ñecemos  moitos  aspectos  dapersonalidade  humana    e  dafigura  intelectual  do  escritorourensán.  De  certo,  que  se  llededique  o  Día  das  LetrasGalegas 2017 vai estimular o seuestudo e porá de relevo novidadessustanciais  que  permiti ránlecturas  e  interpretacións  máisaxustadas  da  súa  obraxornalística e literaria e do seulabor institucional. Isto está xa aacontecer: velaí, por exemplo, asachegas biográficas de HenriqueMonteagudo e Ricardo Gurriaránque revelan dimensións inéditasdo seu labor creativo, como  osseus primeiros pasos poéticos,máis firmes e constantes do queata  agora  pensabamos,  ou  dasúa participación no movementoestudantil   compostelán  nadécada dos 60.

Pola  miña  banda,  queroinsistir  na  necesidade  dedeixarmos de considerar ‘raras’determinadas obras de Casarestal Os escuros soños de Clío, quepode  resultar  chamativa  noconxunto da súa narrativa pero

colaboracións

Page 32: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R colaboracións

- 32 -

que  non  o  é  en  absoluto  se  acontextualizamos  na  literaturagalega dos 80, ou Ilustrísima, untanto excéntrica comparada coanovelística  galega  canónicadaquel tempo pero fundamentalcomo punto de inflexión cara aorealismo na restante produción deCasares. Atopámonos  así  cunautor  que  combina  en  singularequil ibrio  a  capacidade  dedialogar  co  seu  tempo  cunhaindesmaiable  f idel idade  áreal ización  do  seu  propioproxecto literario.

Na  miña  opinión,  atendencia  a  singularizarmos  oescritor Casares ten a súa orixena  insistencia  con  que  elreivindicou non ser  incluído nanómina autorial da Nova NarrativaGalega.  Porén,  e  aínda  quepoden  detectarse  grandes

disparidades entre as súas obrase as que adoito se consideran dereferencia entre os autores desegrupo,  eu  coido  que  se  podeafirmar que Casares non ficou ámarxe  da  evolución  estética  eideolóxica dos seus coetáneos,cos que compartía a convicciónda  necesidade  de  renovarradicalmente técnicas e temas, ede incorporar á narrativa galegaunha  sensibi l idade  máiscontemporánea. Así, con Ventoferido  (1967) e Cambio en tres(1969)  Casares  fai  o  seuparticular contributo ao proxectogrupal de actualización definitivada nosa narrativa.

En  1975  Casares  gaña  oPremio  Galaxia  con  Xoguetespara un tempo prohibido.  Anovela ten moito de peche dunhaetapa  vital  e  literaria  e  debeinterpretarse a carón dun feixe deobras  galegas  que,  dendecomezos  dos  70,  empregan  omodelo  xenérico  da  novela  deiniciación  sentimental  comofórmula  idónea  para  a  revisióncrítica do pasado e a abordaxedun futuro alternativo que se intuíacando  menos  conflitivo.  Erantempos  fronteirizos  nos  quecorrían  ventos  de  mudanza,  enovelas  como  Adiós María(1971) de Xohana Torres, Xente

Page 33: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A M E N C E R

- 33 -

ao lonxe (1972) de Blanco Amor,Dos anxos e dos mortos (1977)de Anxo R. Ballesteros ou A nosacinza  (1980)  de  Xavier Alcalárecollen as inquedanzas dunhamocidade diferente: a experienciarural  dos  protagonistas  dasMemorias dun neno labrego deNeiras Vilas ou As aventuras deAlberte Quiñoi de García Barrosempezaba a quedar atrás. Sexacomo for, con Xoguetes Casarespecha  o  ciclo  das  obras  deprotagonista  novo,  infantil  ouxuvenil. A literatura entendida -tamén- como un axuste de contascoa propia identidade quedabaatrás.

Os  inicios  dos  80  abrenunha nova etapa na traxectoriapública  de  Casares.  Os  éxitosli terarios  acompañan  estaandaina  e  vense  retro-alimentados pola cada vez máisconstante presenza do autor naprensa galega. Casares sería xa,de xeito progresivo e ata a fin dosseus días, un escritor nos xornais,unha faceta esta que o vencellaríaaos  seus  inmediatos  pre-decesores, Cunqueiro e Fole. En1979  Casares  sorprende  cosrelatos de Os escuros soños deClío   e  aínda  máis  ao  anoseguinte, ao voltar á novela con

Ilustrísima. Se a primeira foi, namiña  opinión,  unha  obra  detransición,  o  divertimento  dunautor á procura dunha voz e unrexistro  persoais,  a  segunda  éunha  aposta  definitiva  polasinxeleza expresiva como sinal deidentidade literario.

En  1987  Casares  publicaOs mortos daquel verán .Daquela ninguén reparou no quea novela  tiña de precursora notratamento do tema da guerra do36 por parte daqueles que non aviviran en primeira persoa peroque medraran no ambiente feridode  ausencias  e  represión  daGalicia  da  posguerra.  Mais,certamente,  Os mortos daquelverán non naceu da casualidade,senón da convicción do seu autorda  necesidade  de  abrir  un

colaboracións

Page 34: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

- 34 -

proceso  de  reflexión  colectivasobre o conflito, reflexión que elconsideraba  aínda  como  unhamateria pendente na sociedadeespañola,  e  sobre  istomanifestaríase  en  reiteradasocasións.

Pasaría máis dunha décadaata  que  Casares  publicase  en1996  Deus sentado nun sillónazul,  a  máis  extensa  das  súasnovelas e, na miña opinión, a máiscomplexa, profunda e poliédrica,que en certa forma culmina o queparte da crítica considera (xuntocon Ilustrísima e  Os mortosdaquel verán) unha triloxía sobreo  pensamento  dogmático,  aintolerancia,  a  violencia  e  ofanatismo.  Se  nunca  fora  unnovelista excesivamente prolífico,moito  menos  o  vai  ser  nestaetapa,  na  que  as

responsabilidades  editoriais(faise  cargo  da  dirección  deGalaxia en 1986) e institucionais(desde 1996 ocupa a presidenciado Consello da Cultura Galega)serán determinantes para que oescritor  buscase  inspiraciónliteraria  en  formatos  como  oensaio  literario  ou  biográfico,máis  breves  e  menosabsorbentes  cá  novela.  Variosanos  pasarían  tamén  ata  aapariciçón  da  seguinte,  e  xaderradeira, obra de ficción: O soldo verán (2002). Quédanos así aincógnita de sabermos por ondeevoluiría a súa narrativa, pois ofondo alento lírico desta, xunto cosingular equilibrio que a novelaacada  entre  a  saudosaproxección pasatista cara a unhainfancia idílica e a fatal intuicióndun  desenlace  tráxico  quesubxace  ao  argumento,convértena nunha obra singular.Nunca saberemos se a funcióndesta obra era servir de relanzovital a un Casares abafado polopeso  das  responsabilidadesempresariais e institucionais, ouse a saudade existencial que sealbisca de fondo levaría a explorarun novo rexistro a un escritor que,como  el  mesmo  confesou,prefería contar o mundo antes quepensalo.

A M E N C E R colaboracións

Page 35: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

Carlos Casares e o Consello da Cultura Galega

Ramón Villares

(Presidente do Consello da Cultura Galega)

A figura escollida este ano para o Dia das Letras Galegas é a propiadun creador literario que, ao tempo, foi quen de desempeñar moitas outrasactividades na sua, por outra banda, curta vida. Como autor literario ten obrade alta calidade e notable cantidade escrita nos máis variadas rexistros, desdea propia narrativa ou literatura infanto-xuvenil, que é a sua variante máiscoñecida, ata o ensaio biográfico, a crítica literaria, a poesía e, de forma moiintensa, a escrita de xornal, campo no que chegou a ser un referente durantemoitos anos pola colaboración diaria no xornal La Voz de Galicia.Alén desta dimensión estrictamente literaria, na biografía de Casaresencóntranse outras actividades de non menor importancia, desde odesempeño de funcións públicas ata a súa condición durante moitos anoscomo editor e director de Galaxia e da revista Grial. Tamén pola súapresenza en diversas institucións culturais, como a Real Academia Galega,para a que foi elixido a unha idade moi xove (apenas 35 anos) ou o Conselloda Cultura Galega, da que foi seu presidente desde 1996 ata o dia da súamorte, en marzo de 2002.

Pola miña parte, como responsable actual desta institución, penso quepaga a pena prestar algunha atención á relación entre Carlos Casares e oproceso de creación, posta en marcha e, desde logo, xestión directa doConsello da Cultura. Nos primordios do institución, a presenza de Casares emesmo do seu mestre Ramón Piñeiro foi importante na elaboración da Lei decreación da mesma e a súa aprobación parlamentar en xullo de 1983, peronon na súa creación estatutaria. Cómpre lembrar que o principal protagonismonaquela altura fóra, primeiro, dos parlamentarios da UCD e, despois, dogoberno de Fernández Albor e do seu Conselleiro de Cultura, FilgueiraValverde. En todo caso, Carlos Casares, como representante da RealAcademia Galega no plenario do Consello, formou parte do núcleo duro danova institución desde que esta comezou a súa andaina en outubro de 1983,con Ramón Piñeiro como o seu primeiro presidente.

- 35 -

A M E N C E Rcolaboracións

Page 36: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

A participación de Carlos Casares na historia interna do Consello daCultura adquiriu uns trazos propios coa súa elección como presidente en1996, para suceder xustamente a Filgueira Valverde. Non foi unha eleccióndoada, pero a xestión como presidente prestoulle unha lexitimidade deexercicio que se viu reflectida na cómoda revalidación para un segundomandato no ano 2000 e, claramente, confirmouse con ocasión da súa morterepentina, a metade do seu segundo mandato, cun recoñecemento universalda súa persoa, da súa obra e tamén da súa condición de xestor cultural.

Cales foron as principais achegas ao Consello da Cultura do presidenteCasares?. Eu entendo que habería que sinalar especialmente tres. A primeirafoi a apertura a diversos ámbitos da cultura galega, promovendo a ampliacióndas súas Seccións e logrando que algunhas dos seus Informes e propostas (nocampo da música, da arte contemporánea e do ensino da arte dramática)lograsen ter un respaldo do goberno autonómico. A capacidade de Casarespara a mediación institucional foi diferente da de Filgueira, pero non menoseficaz.

Unha segunda achega foi a sentar as bases para unha participaciónactiva do Consello na proxección exterior de Galicia e, nomeadamente, dasúa cultura. Nos anos anteriores do presidente Filgueira, botáranse as basespara a recuperación de patrimonio cultural galego no exterior (coa creacióndos arquivos da emigración e sonoro), mas ao tempo de Casares, que tiñaexperiencia no Pen Club e nos encontros de escritores, como os de Verines, oConsello abriu unha xanela cara a institucións culturais exteriores e,nomeadamente, cara o mundo dos países de lingua oficial portuguesa, no queo propio Casares foi decidido e mesmo audaz.

- 36 -

colaboraciónsA M E N C E R

Page 37: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

E unha terceira achega, tamén moi vinculada á propia inclinación persoalde Casares, foi a apertura da institución ao uso de novas tecnoloxías e,nomeadamente, da incorporación á Internet que daquela estaba a dar os seusprimeiros pasos. A creación, no ano 2000, do portal culturagalega.org,concibido en termos profesionais para actuar como plataforma de difusión dacultura galega e non necesariamente da propia institución promotora, resultouser, co paso do tempo, unha das decisións máis atinadas do seu mandato.Só coa mención destas achegas se pode comprobar que o paso de Casarespola historia do Consello da Cultura Galega foi máis do que unha actividadepuramente representativa ou protocolaria. El herdou o legado deixado porPiñeiro e por Filgueira e deulle novos azos e, sobre todo, novas orientaciónsestratéxicas. É claro que o seu traballo institucional tivo moitos outros trazos eresultados, pero do que se trata, nunha visión concisa, é de escoller aquiloque, na miña opinión, debe formar parte da memoria do Casares xestorcultural e mediador entre a cultura galega e outros espazos e culturas alleas.

- 37 -

A M E N C E Rcolaboracións

COLABORARON:

Textos:. Xesús Alonso Montero. Xosé Luís Barreiro Rivas. Xabier Casares Mouriño. Andrés Torres Queiruga. Dolores Vilavedra. Ramón Villares. Félix Villares Mouteira

Fotografías:. Fundación «Carlos Casares». Ramón Loureiro

Informática e maquetación:. Óscar Santiago Sanmartín. Angel Marful Castañal .Félix Villares Mouteira

Rotulos e debuxos:. Ernesto Barro Jiménez. Simonetta Dondi Dall Oroloxo. Andrián Otero Candia

Page 38: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»socios honorarios:

Page 39: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 40: A ARTE DE CONTARMouriño coma o autor a quen se lle dedica o Días das Letras Galegas de 2017. A Academia sinala que Carlos «é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da

socios  honorarios

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo