A crise demográfica en galicia

6
1 A segunda transición e a crise demográfica en Galicia Sanago González Avión Sociólogo Diversidades.org Para empezar, debemos considerar que a segunda transición como un elemento posivo na evolución demográfica da humanidade. A vida é moito máis longa, a supervivencia infanl está garanda en límites moi próximos aos da bioloxía humana e a calidade de vida xeral connúa a mellorar a nivel planetario, a pesar dos avatares dunha crise cuxa saída aínda non coñecemos. No caso de Galicia, non podemos buscar explicacións adicionais ao que son os factores xa coñecidos e explicados polos demógrafos para o conxunto da humanidade. Sen embargo, debemos ser conscientes dos elementos negavos, específicos da nosa realidade. Somos un país cunha idade media superior ao conxunto da Unión Europea e ao conxunto de España; tamén temos un porcentual maior de persoas en idades comprendidas entre os 65 e os 80 anos, e de maiores de 80; pero a nosa esperanza de vida é inferior. Para completar o panorama, debemos indicar que a nosa natalidade é a segunda máis baixa da nosa contorna, a seguir de Asturias, e unha das máis baixas de Europa e do mundo. Logo, o que se necesita é procurar explicacións ao comportamento diferencial duns territorios respecto de outros. Calquera explicación debería conter elementos económicos, culturais e políco-instucionais. Os elementos máis caracteríscos dunha sociedade son os culturais, seguidos dos instucionais. En troques, os elementos económicos, que son os de maior forza explicava nas grandes tendencias, teñen moi pouca potencialidade para explicar as dinámicas máis caracteríscas dunha sociedade. Convén aclarar esta cuesón mediante varios exemplos, para poder connuar sobre unha base de argumentación sólida e comparda. Desde que a principios de século, coa ampliación europea e coa dislocación das producións industriais aos países emerxentes, Portugal entrou nunha crise de funcionalidade produva, a natalidade da rexión Norte, tradicionalmente vigorosa, caeu por debaixo da media nacional portuguesa, aproximándose aos limítrofes territorios de Galicia e Castela-León, moito menos natalistas. A mellor explicación é que o sistema produvo baseado no baixo custe da man de obra ulizada de forma extensiva deixou de ser funcional a nivel internacional. A contracción económica vai seguida dunha contracción demográfica. Tamén en Galicia, parndo de niveis de natalidade moi baixos hai unha contracción evidente desde o comezo da crise que ven debuxar un panorama máis sombrizo do que xa ñamos. Sen embargo, o comportamento demográfico en España diferencia un Norte menos expansivo e un Sur máis acvo. No Norte existen escasas diferenzas entre territorios ricos como o País Vaso, os intermedios como Cantabria ou Asturias, e os máis pobres, como Galicia. Só os factores instucionais (como a arculación da propiedade ou da herdanza) e os culturais, poden explicar unhas diverxencias entre o Norte e o Sur que non poden explicarse linealmente mediante un patrón de po económico. Aceptamos, daquela, que a segunda transición demográfica é froito do desenvolvemento económico, social e demográfico. Pero que as peculiaridades que levan a un país a unha situación de crise demográfica. Entendemos por crise demográfica a conxuntura de descenso

Transcript of A crise demográfica en galicia

Page 1: A crise demográfica en galicia

1

A segunda transición e a crise demográfica en Galicia

Santiago González Avión

Sociólogo

Diversidades.org

Para empezar, debemos considerar que a segunda transición como un elemento positivo na

evolución demográfica da humanidade. A vida é moito máis longa, a supervivencia infantil está

garantida en límites moi próximos aos da bioloxía humana e a calidade de vida xeral continúa a

mellorar a nivel planetario, a pesar dos avatares dunha crise cuxa saída aínda non coñecemos.

No caso de Galicia, non podemos buscar explicacións adicionais ao que son os factores xa

coñecidos e explicados polos demógrafos para o conxunto da humanidade. Sen embargo,

debemos ser conscientes dos elementos negativos, específicos da nosa realidade. Somos un

país cunha idade media superior ao conxunto da Unión Europea e ao conxunto de España;

tamén temos un porcentual maior de persoas en idades comprendidas entre os 65 e os 80

anos, e de maiores de 80; pero a nosa esperanza de vida é inferior. Para completar o

panorama, debemos indicar que a nosa natalidade é a segunda máis baixa da nosa contorna, a

seguir de Asturias, e unha das máis baixas de Europa e do mundo. Logo, o que se necesita é

procurar explicacións ao comportamento diferencial duns territorios respecto de outros.

Calquera explicación debería conter elementos económicos, culturais e político-institucionais.

Os elementos máis característicos dunha sociedade son os culturais, seguidos dos

institucionais. En troques, os elementos económicos, que son os de maior forza explicativa nas

grandes tendencias, teñen moi pouca potencialidade para explicar as dinámicas máis

características dunha sociedade. Convén aclarar esta cuestión mediante varios exemplos, para

poder continuar sobre unha base de argumentación sólida e compartida.

Desde que a principios de século, coa ampliación europea e coa dislocación das producións

industriais aos países emerxentes, Portugal entrou nunha crise de funcionalidade produtiva, a

natalidade da rexión Norte, tradicionalmente vigorosa, caeu por debaixo da media nacional

portuguesa, aproximándose aos limítrofes territorios de Galicia e Castela-León, moito menos

natalistas. A mellor explicación é que o sistema produtivo baseado no baixo custe da man de

obra utilizada de forma extensiva deixou de ser funcional a nivel internacional. A contracción

económica vai seguida dunha contracción demográfica. Tamén en Galicia, partindo de niveis de

natalidade moi baixos hai unha contracción evidente desde o comezo da crise que ven debuxar

un panorama máis sombrizo do que xa tiñamos.

Sen embargo, o comportamento demográfico en España diferencia un Norte menos expansivo

e un Sur máis activo. No Norte existen escasas diferenzas entre territorios ricos como o País

Vaso, os intermedios como Cantabria ou Asturias, e os máis pobres, como Galicia. Só os

factores institucionais (como a articulación da propiedade ou da herdanza) e os culturais,

poden explicar unhas diverxencias entre o Norte e o Sur que non poden explicarse linealmente

mediante un patrón de tipo económico.

Aceptamos, daquela, que a segunda transición demográfica é froito do desenvolvemento

económico, social e demográfico. Pero que as peculiaridades que levan a un país a unha

situación de crise demográfica. Entendemos por crise demográfica a conxuntura de descenso

Page 2: A crise demográfica en galicia

2

acusado da poboación debido ao incremento da mortaldade ou da emigración, ou á redución

da nupcialidade ou da fecundidade ou ao conxunto de todos estes mecanismos, inducidos por

razóns económicas, por causas esóxenas ou por circunstancias internas que é necesario

dilucidar.

Estratexias de solidariedade e distribución da renda A solidariedade interxeneracional na cultura mediterránea (ou nas culturas familistas do Sur de

Europa) vai institucionalmente da xente nova aos maiores; e familiarmente dos maiores á xente

nova. Esta afirmación é, a un tempo, institucional e cultural, polo que ten a capacidade de

completar calquera aserto sobre a raíz económica dunha crise como a que estamos a vivir.

Os niveis de renda dispoñibles, partindo de orixes familiares iguais, pero con niveis formativos

diferentes e con sectores ocupacionais diferenciados, dependen máis no número de membros

da unidade familiar que do ámbito ocupacional ou do nivel formativo das persoas. Esta

afirmación non é teórica, senón vivencial: Somos seis irmáns, catro con estudos superiores e

dous sen eles. O maior nivel de renda corresponde a quen ten maior formación académica e

non ten fillos. Séguenlle os dous irmáns sen estudos, ambos sen familia, e pechan a renda

dispoñible os tres irmáns con familia, sendo menor a renda canto maior a familia. Tendo en

conta que as nosas diferenzas de idade son pequenas, existen poucas posibilidades de

modificación da nosa composición familiar. E, en calquera caso, a evidencia amosa que as

estratexias de mobilidade social, que os nosos pais relacionaran na nosa educación cos logros

educativos, acaban por verse condicionadas polo tamaño da familia, máis funcional canto máis

miúda.

Nas sociedades antigas, e mesmo nas primeiras sociedades industriais, os fillos formaban parte

da man de obra familiar. Podíase amortizar a inversión en pouco tempo. No momento seguinte,

correspondente ás sociedades industriais maduras, foi a educación o factor diferenciador:

tardábase máis en obter beneficios, pero son compensados en forma de mobilidade. Pero nas

sociedades complexas post-industriais, non hai unha compensación evidente. Enrique Gil Calvo

analiza a reciprocidade entre educación e recoñecemento como estratexia post-moderna, e

conclúe que resulta racional e plausible. Pero afirma, ao mesmo tempo, que a familia que

inviste en futuro funciona como o empresario schumpeteriano, asumindo iniciativas e riscos1.

As sociedades avanzadas compensan ese esforzo redistribuíndo a renda de forma que a crianza

e a educación dos fillos non sexa gravosa para as familias. E a estas formas de compensación

dáselles unha relevancia parella á transferencia de renda de cara ás idades máis avanzadas.

Pero as sociedades do Sur de Europa, nomeadamente a nosa, garanten a protección das idades

avanzadas, mentres que confían na solidariedade interxeneracional para garantir a renda e os

coidados da infancia, así como os custes de percorridos educativos moi prolongados no tempo.

Volvamos agora ao exemplo persoal que me sirve para ilustrar esta cuestión: os meus pais

poden contribuír á crianza de algúns dos seus netos. Pero cando estes viven en dúas

localidades diferentes, deberán centrar a súa atención nunha parte deles e non en todos. A

redistribución mediante servizos no seo das familias, se en sentido ascendente é problemática,

no sentido descendente tórnase inviable. Se en vez de servizos falamos de transferencia de

renda, daquela o único irmán solteiro que permanece no domicilio paterno leva todas as

1 E. Gil Calvo Estrategias familiares, pax. 198, Alianza Editorial, Madrid 20024

Page 3: A crise demográfica en galicia

3

vantaxes. E non se poderá compensar esta tendencia mediante estratexias de herdanza nin

outras similares que poñan en perigo a equidade na relación entre irmáns.

Probablemente, este sexa un ámbito no que aínda se pode intervir desde o punto de vista

político e institucional, reforzando os mecanismos estatais, de carácter impersoal pero dotados

da necesaria imparcialidade, para compensar a inversión que as familias están a realizar en

claves de futuro. Outras sociedades do Centro e do Norte de Europa que fixeran apostas

institucionais nesta dirección, en previsión dos efectos negativos da segunda transición,

presentan pirámides de poboación máis equilibradas que a nosa, a pesar do inevitable

incremento da idade media, e de cohortes de persoas maiores cada vez máis numerosas.

O fin do tempo Abordado o aspecto institucional, convén dicir unhas palabras sobre os aspectos culturais dos

comportamentos demográficos. Algúns expertos na cultura guaraní consideran que o mito do

tempo escachado, o momento en que finaliza a primeira creación e comeza a segunda, fai

referencia a unha situación traumática que este grupo cultural identifica como o final do tempo

primixenio, un tempo de harmonía e equilibrio no universo guaraní, coa chegada dun tempo

novo, o tempo do conflito, que marca o fin do tempo do pobo guaraní. A pesar de que a lectura

máis obvia é que se trata da conquista española e portuguesa, existe a posibilidade de que o

fin do tempo primixenio corresponda á chegada do grupo tupí ao hábitat tradicional dos

guaranís. En calquera caso, o mito do fin do tempo xera un comportamento en que o grupo

cultural decide deixar de existir. E, dado que non se organiza un suicidio colectivo, é o freo á

reprodución biolóxica a forma elixida para poñer fin ao tempo dos guaranís.

Carezo de bases científicas para afirmar a veracidade desta historia. En troques, ten para nós

unha virtude que é ver a nosa imaxe reflectida nun espello. En certo modo, é como se Galicia

vivise un tempo de resistencia durante os chamados “séculos escuros” que, sen embargo,

permitiron conservar a súa identidade cultural e o seu vigor demográfico. Pero é o como se a

chegada da modernidade, o fin da situación de superpoboación (que pode abranguer os

séculos XVIII, XIX e parte do XX), e o recoñecemento institucional de Galicia supuxesen a

entrada nun tempo novo no que decidimos non seguir existindo como comunidade

diferenciada. E, consecuentemente, decidimos colectivamente frear a reprodución biolóxica (e

a reprodución cultural).

Por suposto, que ninguén aceptaría de boa gana unha interpretación “emic” como a que acabo

de expoñer. Pero unha parte das explicacións supostamente de carácter imparcial (“ethic”),

carecen dunha base científica maior. E, en cambio, constitúen construcións teóricas

xustificativas dunha situación de feito que non acabamos de comprender completamente… E

que acaban impulsando a sensación de falta de futuro. Concretamente, o desprestixio do rural

e da cultura galega tradicional, incluíndo o desprestixio da lingua, que segue sendo un

problema por resolver, a insistencia sobre o futuro urbano e mesmo sobre o futuro fóra das

nosas fronteiras, os relatos e os mitos sobre as oportunidades para os galegos fóra de Galicia e

sobre a imposibilidade de erguer un proxecto colectivo de noso, teñen efectos negativos no

comportamento demográfico. Abonda con que a xente nova emigre para reducir as

oportunidades de reprodución biolóxica e cultural.

De momento, aínda é pronto para desenvolver de forma máis ampla este aspecto da miña

argumentación, pero algúns estudos de carácter cualitativo xa reflicten a importancia do que

Page 4: A crise demográfica en galicia

4

denominan prexuízos na evolución da poboación e das expectativas sociais e económicas2. Na

miña interpretación, estamos diante de elementos propios da cultura social. Só que é aínda

pronto para detallar os elementos do discurso que son compartidos culturalmente e que

reforzan negativamente os aspectos económicos e institucionais da problemática.

Debo sinalar, con todo, que tamén nos aspectos relativos aos fundamentos culturais da crise

demográfica estamos a tempo de intervir, mesmo se non temos un diagnóstico preciso. Cando

menos, hai dous aspectos nos que podemos modificar os discursos e as prácticas: en primeiro

lugar, temos pouco tempo para actuar, pero non estamos ante o fin dos tempos; en segundo

lugar, a dignificación dos discursos sobre nós mesmos, sobre o noso territorio e sobre o noso

futuro como pobo, constitúe unha base posible para o cambio de paradigma cultural.

Unha lectura diferenciada desde a exclusión territorial Ata datas moi recentes, os estudos sobre exclusión territorial estaban centrados na pobreza

urbana e os seus paradigmas eran as historias do gueto do Chicago dos anos 20 do pasado

século XX. E, invariablemente, aparecían cuestións relacionadas coa etnicidade e coa

desviación social como explicacións da orixe e do comportamento do gueto. As achegas

clásicas admitían a existencia da pobreza rural. Pero era tratada desde a perspectiva dos

excedentes de man de obra, das carencias en capital humano e de dificultades para xerar

excedentes (e, daquela, aforro) máis alá da subsistencia ou na inversión en terras. Sen

embargo, a evolución da agricultura e do mundo rural a finais do século XX levou á aplicación

do contexto de exclusión aos territorios rurais, non en clave de privación material, senón en

clave de falta de oportunidades vitais e de existencia de barreiras de acceso ás condicións de

vida que son consideradas normais nunha determinada sociedade. Cando un individuo ou

grupo atopa diferenzas significativas entre as súas posibilidades de acceso aos bens e servizos

característicos da sociedade á que pertence en virtude do seu emprazamento xeográfico

territorial e das características estruturais deste, estamos ante unha situación de exclusión

territorial. A exclusión territorial rural, ademais do illamento social, presenta especificidades

relacionadas co transporte e co acceso aos servizos. Precisamente, o illamento social xera

dificultades de relación, básicas na primeira socialización e, daquela, nas decisións

reprodutivas. E o éxodo urbano acaba por perfilar un comportamento demográfico

radicalmente distinto do que observamos nos casos de exclusión territorial urbana.

O círculo da exclusión comeza con carencias en oportunidades de emprego e de acceso a

recursos económicos (que aparecen como accesibles noutros territorios que se consideran

accesibles e desexables). Nese diferencial territorial, prodúcese o éxodo da xente nova;

historicamente eran os homes, pero na actualidade son as mulleres as primeiras en abandonar

os territorios rurais. Como consecuencia, prodúcese un déficit de nupcialidade e de

fecundidade que comporta un envellecemento da poboación. Esa estrutura de poboación

carenciada pon en risco a viabilidade dos servizos, tanto dos de prestación privada, que adoitan

a ser os primeiros e abandonar o territorio, como os públicos. O déficit de servizos de primeira

necesidade deteriora a calidade de vida no territorio, e fai atractivo o seu abandono por parte

de sectores da poboación que con anterioridade consideraran que a mellor opción de vida era

permanecer no territorio. Deste xeito, retroaliméntase a crise demográfica e a exclusión

territorial, nun comportamento moi característico da exclusión territorial de carácter rural.

2 Vid. Elías Trabada Crende Estudo sociolóxico sobre o territorio rural de Galicia, FOESSA, Madrid 2007, p.p. 450-460.

Page 5: A crise demográfica en galicia

5

Este círculo da exclusión territorial explica, polo menos parcialmente, que a mellora da

accesibilidade de determinados territorios, en vez de contribuír a fixar a poboación, lograse o

efecto contrario de acelerar o proceso de despoboamento. Nos territorios periurbanos, as

melloras na comunicación tradúcense en incremento da poboación; nos territorios periféricos

acontece moitas veces o contrario.

Algo podemos facer A demografía é, dentro das ciencias sociais, unha das disciplinas máis solidamente

establecidas, e, acaso, a que permite realizar predicións máis aproximadas, mesmo en

intervalos grandes de tempo. Asemade, poden producirse correccións a esas predicións,

sempre que se tome conciencia da realidade cara á que camiñamos e se tomen medidas

adecuadas. Ora ben, non debemos confundir as liñas de acción a adoptar cos discursos

voluntaristas.

Hai tres elementos que están ben establecidos de cara ao futuro, e que a rápida evolución que

experimentan desde o comezo do século auguran unha transformación moito máis acelerada

do que temos conciencia actualmente:

1. Amplas zonas rurais van quedar despoboadas, nomeadamente nas serras interiores,

pero tamén as zonas costeiras mal comunicadas e nas que o declive demográfico xa é

acusado.

2. Algunhas zonas urbanas, sobre todo nas grandes cidades do país, van recibir

importantes achegas de poboación maior, procedentes das zonas en situación de

despoboamento, ademais de sufrir un proceso de envecellecemento da súa poboación

debido a factores como a estabilidade da propiedade e a lonxevidade. Combinados

ambos factores, conducen a cidades de xente maior e progresivamente dependente,

tanto no económico como no social e mesmo no biolóxico.

3. A leve recuperación dos indicadores de natalidade procedente da inmigración está

desaparecendo a un ritmo paralelo á evolución da crise, polo que nin sequera as zonas

periurbanas nin as vilas máis dinámicas foxen do proceso de deterioro demográfico.

Oportunidades de emprego e actividade económica

Éxodo de xente nova --> Déficit de

fecundidade e envellecemento.

Os servizos chegan a ser

inviables

Déficit de acceso aos servizos de 1ª

Necesidade.

Falta de oportunidades

vitais.

Page 6: A crise demográfica en galicia

6

Desde o noso punto de vista, as accións prioritarias a desenvolver están relacionadas con estes

tres vectores, deben consideralos conxuntamente, aínda que sexan executadas

consecutivamente, polo mesmo orde que propoñemos.

No eido da exclusión territorial de carácter rural, está comezando a poñerse en marcha unha

iniciativa da Xunta de Galicia, no marco do II Plan Galego de Inclusión Social. Este iniciativa,

denominada Symbios, trata de crear redes e intercambio de coñecementos e métodos para a

abordaxe da crise demográfica, tanto no nivel interno do propio país, como a través da

cooperación con territorios limítrofes (Tras-Os-Montes, Castela e León) e con outros de lonxe

pero afectados por problemas demográficos similares (Nord Karelia en Finlandia ou Maastrich

en Holanda). A rede, pensada desde o punto de vista da dinámica inclusión – exclusión, trata

de crear sinerxías tamén con outras iniciativas, como a rede Eu Sumo

(http://www.eusumo.coop/) para a promoción do cooperativismo e a economía social. Inclúe a

perspectiva das administracións públicas (Xunta de Galicia, Nord Karelia), das Universidades

(USC, UTAD, Zuyd) e das entidades sociais (Confederación de Centros de Desenvolvemento

Rural,…). A pretensión é incorporar eses saberes e sinerxías á execución da estratexia Europa

2020, durante a execución do período de planificación de Fondos Estruturais 2014-2020,

mediante a creación de núcleos de poboación que contribúan á vertebración do territorio,

creando poboacións sostibles no tempo, coa aplicación da intelixencia ao desenvolvemento e

inclusivos desde o punto de vista social.

Logo debería vir unha estratexia anovada de vinculación entre os servizos ás persoas e a

creación de emprego. Certo que eses servizos son de escaso valor engadido, e que non crean

riqueza de seu. Pero non é menos certo que existe entre a xente maior máis renda dispoñible

que servizos accesibles, e que a cohesión territorial, tanto no rural como no envellecemento

dos núcleos centrais das cidades, reclama unha atención intensiva ás persoas que permita

recuperar o emprego e as cotizacións sociais, que fagan máis sostible o sistema social e

económico. Que a renda dos maiores se converta en aforro é menos beneficioso para as

xeracións máis novas que a posibilidade de activalo, convertido en emprego. Ademais, os

servizos ás persoas deberían incluír o financiamento de accións a prol da infancia, e,

nomeadamente, na prevención da reprodución xeracional da pobreza. Nunha houbo en Galicia

proporcionalmente tan poucos nenos e nunca avanzou de xeito tan rápido a pobreza entre os

máis novos.

Acaso na extensión dos servizos ás persoas desde o coidado da xente maior ao coidado dos

máis novos teñamos as bases do terceiro ámbito de intervención. Existe a necesidade de dotar

ao territorio de atractivos para a natalidade e para fluxos migratorios positivos, que poden

estar relacionados coas expectativas de ocupacións nos coidados das persoas. Igual que na

experiencia de Symbios, estas medidas, separadas dunha rede de emprendemento social e

económico, resultan de todo estériles, cando non meras proclamas ideolóxicas. Acaso sexa este

o lugar de recuperar a intuición do empresario schumpeteriano, orientado á creación de capital

humano e capaz de asumir riscos e iniciativas.

Vigo, 13 de decembro de 2012