A familia xoga papel importante na lectura

6
A FAMILIA XOGA UN PAPEL IMPORTANTE NA FORMACIÓN DE BOS LECTORES Guía para pais e nais

Transcript of A familia xoga papel importante na lectura

Page 1: A familia xoga papel importante na lectura

A FAMILIA XOGAUN PAPEL IMPORTANTENA FORMACIÓN DE BOS LECTORES

Guía para pais e nais

Page 2: A familia xoga papel importante na lectura

OS LIBROSProvocan a curiosidade polo que nos rodea e acércannos a mundos lonxanos.Levan a cabo o desenvolvemento da imaxinación, do coñecemento do mundo e das xentes que o habitan.

Aumentan a nosa capacidade de expresión e enriquecen a nosa linguaxe.Convídannos a buscar, comparar e comprender.

Educan os sentimentos, axúdannos a coñecernos e a identificarnos cos outros.Relaciónannos coa nosa comunidade cultural e póñennos en contacto con outras visións do mundo.

Page 3: A familia xoga papel importante na lectura

NA CASA

Buscar un tempo e un lugar para ler todos os días cos nenos e nenas.Esta lectura non debe estar relacionada coas tarefas escolares.É máis importante a calidade da relación establecida que a cantidade (15 minutos poden ser suficientes).Sentarse ao seu carón e ler para eles e con eles.

Compartir a lectura en familia, aínda que sexan autónomos lendo.

Facer da lectura un tempo divertido.

Page 4: A familia xoga papel importante na lectura

Ler libros, revistas, xornais que lles resulten interesantes

para poder comentar o que neles aparecen.Non pedirlles que fagan resumos, que expliquen o que entenderon, non é un traballo, é un placer.

Demostrar que para os pais a lectura é gratificante, ler diante deles, comentar o libro que se está lendo.

Interesarse e preguntarlles polo libro que están lendo (de forma voluntaria ou porque lles mandaron no colexio).

Falar cos nenos e nenas dos seus gustos e intereses.

Axudarlles a seleccionar libros, sen impoñer as preferenzas dos adultos.

Page 6: A familia xoga papel importante na lectura

PARA LEMBRARO placer por ler non se esperta de forma automática, supón unha aprendizaxe.

A estimulación debe adecuarse ás habilidades e intereses dos nenos e nenas.

Temos que dar de ler, sen pedir nada a cambio. Dar tempo para que descubran o bo que hai na lectura.

Os intereses e as aficións contáxianse. É necesario que eles vexan que realmente nós disfrutamos co libro.

A curiosidade espértase, non se pode impoñer.

Biblioteca do CEIP Vales Villamarín. Betanzos