A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as...

16

Transcript of A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as...

Page 1: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do
Page 2: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega2

xaneiro 2014

A aprobación da LOMCE, cos votos esclusivos do PP, supón un acto de irresponsabilidade e totalitarismo para levar a cabo unha contrarreforma letal para o ensino público galego a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

A CIG-Ensino, desde o momento en que o ministro anunciou as bases da contrarreforma educativa, asumiu como prioridade contestar e combater esta lei dende todos os ámbitos e artellar diferentes iniciativas para facer visíbeis as súas consecuencias e para provocar o rexeitamento máis amplo posíbel, non só do ámbito educativo, senón do conxunto da sociedade. Foi un traballo prolífero que se converteu no motivo central das diferentes asembleas que realizamos en todos os centros educativos, no anterior curso. Recollemos 10.172 sinaturas dirixidas á Consellaría de Educación nas que o profesorado exixía a retirada da LOMCE por ser unha lei antigalega, mercantilista, clasista e confesional. Procuramos que fose debatida no Consello Escolar de Galiza, mais non foi posíbel pola negativa da Consellaría, malia que o seu vicepresidente apoiou o seu proxecto no Consello Escolar do Estado, sen coñecer nin consultar a posición do órgano que alí representa. Presentamos informe alternativo ao anteproxecto de lei no que solicitabamos a retirada do mesmo así como emendas parciais que converterían o proxecto de lei nun texto totalmente antitético ao presentado polo Goberno.

Foron numerosos os debates que promovemos, as conferencias que impartimos e as reunións formativas que realizamos por toda a xeografía galega sobre a LOMCE. De exitosas temos que valorar as xornadas monográficas, que desenvolvemos no mes de xaneiro en Compostela, tanto pola participación como polas análises achegadas sobre a motivación e as consecuencias desta lei.

No mes de decembro do 2012, a CIG-Ensino xa anunciou que se o ministro persistía neste proxecto non desbotariamos

a posibilidade de convocar unha folga. Conscientes da gravidade deste proxecto de lei, promovemos a constitución dunha Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público na que poderían confluír todas as organizacións que estivesen dispostas a loitar contra os recortes educativos na Galiza e a combater até o final a LOMCE. Hoxe, podemos afirmar que a constitución da plataforma galega non só foi un acerto, senón que se converteu nunha ferramenta indispensábel para combater a LOMCE, confirmando así a necesidade de autoorganización e de que as dinámicas mobilizadoras e as decisións deben artellarse no propio país, na Galiza.

Máis de 3.000 persoas participaron nos peches rotatorios realizados en 15 centros do país no mes de abril. Cooperamos nas diferentes manifestacións en apoio á folga estudantil do 18 de outubro. Convocamos concentracións diante da Consellaría, parodiamos o señor Wert e realizamos actos anti-LOMCE. Promovemos dous manifestos e modelos de resolucións para os consellos escolares, claustros e concellos, etc.

Valoramos como exitosas as folgas

contra a LOMCE que paralizaron, nun 90%, o ensino na Galiza e a participación de máis de 40.000 e de 60.000 persoas, que se deron cita, respectivamente, os días 9 de maio e o 24 de outubro nas diversas manifestacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Que Galiza fose un dos territorios do Estado español onde a participación foi das máis elevadas débese, sen lugar a dúbidas, ao traballo intenso que, centro a centro, fixemos dende a CIG, pois non deixa de ser desalentador que haxa modelos sindicais que baseen a súa acción sindical, exclusivamente, a través dos medios de comunicación, incluso para convocar unha folga.

Outras accións nutriron ao longo dos meses a loita contra a LOMCE. A última mobilización que organizou a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público foi un acto simbólico de incineración da LOMCE e entrega das súa cinzas ao conselleiro. Previamente realizouse unha Marcha a Santiago contra a LOMCE, o 28 de setembro, a entrega de preto de 500 sinaturas de persoas ligadas ao mundo da cultura que asinaron o manifesto da “Cultura

A loita contra a LOMCE

A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, foron un éxito rotundo

A CIG-Ensino fai un chamamento ao profesorado para que na súa práctica docente, na xestión e organización dos centros faga todo o que poida para que a súa aplicación sexa o menos nociva

Page 3: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega3

xaneiro 2014(continúa na páxina seguinte)

galega contra a LOMCE” ou os actos nas cidades e en diferentes vilas realizados o 13 de xuño e o 13 de novembro nos que a música e as letras foron as protagonistas e nos que houbo actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores/as, entre outros.

Debido á actitude censuradora e de atentado contra a liberdade de expresión do presidente do Consello Escolar do Estado que impediu debate dun dos informes alternativos, a CIG, xunto cos representantes doutras OOSS, representantes de estudantes, pais e nais do ensino público, a FEMP -o que significa case o 40% dos membros do CEE- abandonou a reunión do Pleno e acudimos á Comisión de Educación do Congreso dos Deputados, convidados polo BNG, para expor as nosas consideracións sobre a LOMCE.

A CIG-Ensino continuará na loita contra a LOMCE co obxecto de que o seu futuro sexa máis efémero posíbel co convencemento de que antes de que se faga efectivo o calendario de aplicación sexa derrogada.

Desde a CIG-Ensino facemos un chamamento ao

profesorado para que na súa práctica docente, na xestión e organización dos centros faga todo o posíbel para combatela, usando todo tipo de mecanismos e actuacións para que a súa aplicación sexa o menos nociva posíbel ou non aplicándoa cando sexa posíbel.

Unha lei españolizadora e antigalega Nega a configuración plurinacional, plurilingüística e pluricultural do Estado español. •Impide a dotación dun sistema educativo galego.•Reduce as competencias do Goberno galego. Na educación primaria, na ESO e no bacharelato, o Estado resérvase como •mínimo fixar o 50% dos contidos, horarios e criterios de avaliación das materias troncais, podendo mesmamente fixar o 100%. Tamén establecerá os criterios de avaliación e o horario máximo das específicas. No 2º ciclo de educación infantil, formación profesional, ensinanzas artísticas, idiomas e deportivas, o Goberno fixará o 55% dos horarios, obxectivos e competencias.Uniformiza e recentraliza o sistema educativo a través das reválidas e as avaliacións xerais para evitar a galeguización •do ensino. O Goberno central fixará os criterios de avaliación e as características xerais das probas en primaria, ESO e bacharelato. Tamén fixará as materias e as características básicas dos cursos de formación específicos de acceso á FP e os criterios para o desenvolvemento das probas de acceso.Promove o descoñecemento do idioma propio ao decretar o dereito do alumnado a negarse a estudar no noso idioma. A •Administración educativa estará obrigada a garantir esta opción, sufragando incluso a escolarización en centros privados. Liquida o modelo de inmersión lingüística catalán e afianza o modelo de “trilingüismo” en Galiza para conseguir o dominio total •de español.Reproduce e amplía todas as competencias que tiña a Administración central.•

Privatizadora e mercantilistaAmplía os concertos educativos e potencia a rede de centros concertados. Os centros privados concertados poderán obter, en •función do proxecto, maior dotación de recursos que os públicos.Concerta, con carácter preferente, os ciclos de formación profesional básica.•Estende a duración mínima dos concertos en educación primaria a seis anos. •Introduce os concertos no bacharelato.•Elimina a obriga de garantir prazas públicas suficientes. •Facilita solo público para a construción de centros privados concertados.•Garante os concertos con centros que segregan alumnado por razón de sexo.•

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público incinerou a LOMCE e entregoulle as cinzas ao

conselleiro de Educacióno mércores 18 de decembro para simbolizar que non

ten futuro

Page 4: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega4

xaneiro 2014

Promove a especialización curricular •dos institutos de secundaria “sostidos con fondos públicos”, a creación de centros de elite e de excelencia para un alumnado selecto. Subtráense competencias do Consello •Escolar dos centros privados concertados que pasan ao director ou titular do centro.

Selectiva, elistista e segregadora

Estabelece probas finais (reválidas) •externas ao rematar a ESO e o bacharelato. Para o título de Graduado en ESO e en bacharelato é preciso superar as respectivas reválidas.Crea diferentes itinerarios desde 3º da •ESO. O alumnado estará obrigado a elixir itinerario para continuar os estudos en FP ou bacharelato, condicionando o seu futuro académico e laboral.Estabelece unha FP básica a partir dos 15 anos, co obxecto de segregar o alumnado e expulsalo do sistema educativo. A •consecuencia será que os fillos e fillas das clases populares terán vetado o acceso aos estudos universitarios.Exclúe socialmente unha parte importante do alumnado e impide a atención á diversidade.•Obriga a decidir o futuro académico e en boa parte o profesional aos 13 anos.•

Involucionista e confesionalO adoutrinamento relixioso formará parte do currículo escolar. O ensino confesional vese reforzado coa fixación dunha materia •alternativa á Relixión que actuará de efecto chamada para cursala. En primaria será unha materia alternativa de valores culturais e sociais e na ESO de valores éticos.A selección do profesorado, os libros de texto e o material será competencia das autoridades relixiosas.•Na ESO e no bacharelato, a Relixión ofertarase como materia específica, cando o alumnado, dentro das específicas, vai ter que •cursar un mínimo de dúas e un máximo de tres. Repudia a coeducación e subvenciona centros que segregan alumnado por razón de sexo.•Ordena a educación baixo criterios de mercado, destrúe emprego e destina máis diñeiro ao ensino privado. •

Liquida a xestión democrática dos centrosElimina a elección democrática da dirección dos centros que será nomeada pola Administración educativa, por ter a •representación maioritaria na comisión de elección.Reforza a figura do director: poderá estabelecer requisitos e méritos específicos para os postos ofertados, rexeitar a •incorporación de persoal interino e propor o nomeamento de profesorado que traballe nos proxectos de calidade.Traslada á dirección as competencias do Consello Escolar que deixa de ser un órgano de goberno. Concentra na dirección a •maioría das competencias con menoscabo das competencias do Consello Escolar e da participación do profesorado. Dálle á dirección as atribucións para aprobar a programación xeral anual e decidir sobre a admisión de alumnado, aprobar a •obtención de recursos complementarios e fixar as directrices de colaboración con outras institucións ou organismos.Amplía os requisitos para optar ao cargo de directora ou director, co obxectivo de facer, na práctica, un corpo de directoras e •directores.

Xerarquiza, desautoriza e recorta dereitos do profesorado Elimina, na práctica, a liberdade de cátedra, pon en tea de xuízo o noso traballo e desconfía da nosa valía profesional. A función •docente estará limitada exclusivamente a preparar o alumnado para as reválidas.O peso do profesorado para elixir os cargos directivos dos centros é insignificante. •Funcionamento unipersoal e xerárquico dos centros.•

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que esixen a retirada da LOMCE o 18 e novembro na Xunta

Page 5: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega5

xaneiro 2014(continúa na páxina seguinte)

Avaliación final de educación primaria Unha proba ao finalizar 6º de primaria.•O Goberno central estabelecerá os criterios de avaliación e •as características xerais da proba.O resultado expresarase en niveis con carácter informativo •e orientativo para o centro, equipo directivo e familia.

Reválida na ESOPara obter o título de Graduado en ESO, hai que superar •unha avaliación final, á que só se pode presentar o alumnado que suspenda un máximo de 2 materias, ou 3 se entre estas non están matemáticas e a lingua propia ou a española. Os criterios de avaliación, as características das probas, •o deseño e os contidos das probas serán competencia do MECD.Estas probas serán realizadas no propio centro por •profesorado externo e haberá que obter, como mínimo, unha cualificación de 5 sobre 10. Haberá dúas convocatorias anuais (ordinaria, •extraordinaria).O título terá unha cualificación ponderada: 70% das notas •da ESO e 30% da avaliación final (reválida)

Reválida no bacharelato Para obter o título de bacharel, hai que superar unha •avaliación final, á que só se pode presentar o alumnado que aprobe todas as materias.Os criterios de avaliación, as características das probas, •o deseño e os contidos das probas serán competencia do MECD e haberá que obter, como mínimo, unha cualificación de 5 sobre 10. Haberá dúas convocatoria anuais (ordinaria, extraordinaria).•O título terá unha cualificación ponderada: 60% das notas •do Bacharelato e 40% da avaliación final (reválida) e facultará para acceder a distintas ensinanzas.As universidades poderán fixar procedementos de admisión •ás ensinanzas universitarias de acordo coa normativa básica que estabeleza o goberno. En casos excepcionais, as probas específicas de acceso •poderán facerse nunha universidade.

Formación profesional básicaRequisitos de acceso: •- Ter 15 anos ou facelos no ano natural en curso e non superar os 16.- Ter cursado o 1º ciclo de ESO ou, excepcionalmente, 2º de ESOOs ciclos de FPB terán unha duración de 2 cursos, nos •que o alumnado poderá permanecer un máximo de 4 anos.

Haberá dous bloques comúns: - Comunicación e Ciencias Sociais (Lingua Castelá, Estranxeira, Galega, e Ciencias Sociais)- Ciencias aplicadas (Matemáticas Aplicadas, Ciencias Aplicadas) O título de FPB permitirá acceder aos ciclos medios. •Poderán obter o título de Graduado en ESO tras superar a •avaliación final das materias troncais da opción pola que se opte.

Ensinanzas artísticas superioresOs centros de Ensinanzas artísticas superiores poderanse •adscribir mediante convenio ás universidadesAs CCAA poderán estabelecer procedementos para •favorecer a autonomía e xestión de CMUS e Escolas Superiores.

Admisión de alumnadoNas ensinanzas postobrigatorias dos centros docentes que •teñan recoñecida unha especialización curricular ou que participen nunha acción destinada a fomentar a calidade, poderase reservar o 20% da puntuación total estabelecida para a admisión do alumnado a criterios de rendemento escolar .

Concertos educativosContinúase garantindo os concertos en todos os niveis •educativos.Facilítase solo público para a construción de centros •privados-concertados.Esténdese a duración mínima do concerto en primaria até •os 6 anos, manténdose 4 no resto dos niveis. Desaparece a obriga de ofertar prazas públicas suficientes. •A oferta fixarase con base na demanda social. Os concertos da nova formación profesional básica terán carácter preferente.Blíndanse os concertos educativos de centros que segregan •por sexo, xa que , segundo recolle a LOMCE, “a admisión de alumnado ou a organización do ensino diferenciado non constitúe discriminación” .

Programas de calidadeFomentaranse as accións destinadas a fomentar a •calidade dos centros mediante o reforzo da autonomía e a potenciación da función directiva.As accións comprenderán medidas honoríficas tendentes •ao recoñecemento dos centros.Poderanse tomar como referencia modelos de xestión •recoñecidos no ámbito europeo.Estarán sometidos á rendición de contas.•O proxecto educativo de calidade suporá a especialización •

Principais cambios que introduce a LOMCE

Page 6: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega6

xaneiro 2014

dos centros docentes, que poderán comprender, entre outras, a especialización curricular ou excelenciaAs accións de calidade educativa serán competitivas e •suporán a autonomía dos centros para executalas, tanto na xestión dos recursos humanos como materiais e financeiros.O director ou directora disporá de autonomía para:•- Fixar requisitos e méritos para os postos ofertados de funcionariado docente e para a ocupación dos postos en interinaxe. - Rexeitar a incorporación de persoal interino.- Manter o profesorado (de existiren vacantes) que traballase en proxectos de calidade e que sexa necesarios para a súa continuidade.

Programas de mellora do aprendizaxe e do rendemento

Desenvolveranse a partir de 2º da ESO, ao longo dun ou 2 •anos.Destinados ao alumnado que repetiu, como mínimo, un •curso en cada etapa e que, unha vez cursado 1º de ESO non poida promocionar a 2º de ESO ou que unha vez cursado 2º non estea en condición de promocionar a 3º. Excepcionalmente poderá acceder o alumnado que cursado •3º de ESO non pode promocionar a cuarto por ter repetido 3º.

Consello escolarPerde practicamente todas as funcións que tiña como •órgano de goberno. As facultades que tiña de “aprobar, decidir ou fixar” son eliminadas e quedan reducidas a “avaliar, coñecer ou informar”.

Expertos con dominio en linguas estranxeiras

As administracións , de forma excepcional, incorporarán •expertos con dominio en Lingua estranxeira, como profesorado en programas bilingües ou plurilingües.

DirecciónNovas • funcións da dirección:- Aprobar proxectos e normas- Aprobar a PXA - Decidir sobre a admisión do alumnado- Aprobar a obtención de recursos complementarios- Fixar as directrices para a colaboración con concellos, outros centros, entidades e organismos.

Selección da dirección• :- Elimínase a referencia de que se deben seleccionar os candidatos “que obteñan o maior apoio da comunidade educativa”- Incorpórase como requisito ter a certificación acreditativa de ter superado un curso sobre a función directiva. Durante os 5 anos seguintes á entrada en vigor da LOMCE non será requisito, aínda que si se contemplará como mérito.- Non se ten en conta a prioridade

actual do profesorado do propio centro.Procedemento de selección: •- Mediante un concurso de méritos, avaliado por unha comisión na que a administración terá a maioría.- Os representantes do centro sumarán máis do 30% e menos do 50% (o 50% destes, como mínimo, terán que ser membros do Claustro). O resto serán representantes da Administración, é dicir, máis do 50%.

Avaliación do sistema educativoO Goberno central determinará a estrutura e funcións do •Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE)Elimínase a referencia de que as avaliacións, sexan de •ámbito estatal ou autonómico, non se poderán usar para valoracións individuais ou para estabelecer clasificacións dos centros.O Estado será quen estabeleza, a través do INEE, os •estándares metodolóxicos das avaliacións e fixará os criterios e procedementos de avaliaciónAs probas serán cualificadas por profesorado externo ao •centro (incluído profesorado dos centros concertados). As probas de avaliación do alumnado (EP, ESO e BAC) serán deseñadas polo MECD e serán comúns para todo o estado. Os resultados (fóra dos datos persoais) serán públicos e con indicadores comúns.

RelixiónA Relixión será de oferta obrigatoria para os centros. •O currículo, a aprobación dos libros de texto e materiais •didácticos son competencia das autoridades relixiosas.Fíxase unha materia alternativa á Relixión que actuará de •efecto chamada para cursar esta última. En primaria será de valores culturais e sociais e na ESO de valores éticos.Na ESO e no bacharelato, a Relixión ofertarase como •materia específica. Terá valor académico.•O alumnado que non curse relixión poderá escollela como •materia específica, no lugar doutra materia.

O español, lingua vehicular no ensino en todo o Estado

O “castelán” é lingua vehicular do ensino en todo o Estado •e as linguas cooficiais nas respectivas CCAA nos seus respectivos territorios”.A administración educativa garantirá unha oferta na que o •español será utilizado como lingua vehicular.O alumnado terá dereito a recibir ensino en español. Se a •administración educativa correspondente non o garante, o MECD asumirá os gastos de escolarización deste alumnado en centros privados que impartan o ensino en español, repercutindo os gastos na administración educativa correspondente. Correspóndelle á alta inspeccións do Estado velar polo •cumprimento das normas sobre a utilización da lingua vehicular, actuando así como un verdadeiro xendarme da españolización.

Page 7: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega7

xaneiro 2014

LOMCE CALENDARIO IMPLANTACIÓN, AVALIACIÓNS FINAIS E REVÁLIDAS

CURSO 2014-2015

CURSO2015-2016

CURSO2016-2017

CURSO2017-2018

PRIMARIA Cursos 1º, 3º e 5º : Implantación das modificacións no currículo, organización, obxectivos e promoción. Avaliación individualizada en 3º.

Cursos 2º, 4º e 6º : Implantación das modificacións no currículo, organización, obxectivos e promoción. Avaliación final en 6º.

SECUNDARIA Cursos 1º e 3º: Estabelecemento das modificacións no currículo, organización, obxectivos, programas, requisitos para a obtención de títulos e certificados, promoción e avaliacións.

Cursos 2º e 4º:Estabelecemento das modificacións... promoción e avaliacións.

Superar a reválida para cursar o bacharelato.

BACHARELATO 1º BAC:Implantación das modificacións introducidas no currículo, a organización, obxectivos, requisitos para a obtención de certificados e títulos, programas, promoción e avaliacións.

2º BAC:Implantación das modificacións ... promoción e avaliacións.

Superar a reválida para obter o título de bacharel.

FORMACIÓN PROFESIONAL

1º curso FPB:Implantarase o primeiro curso dos ciclos de FP básica (FPB).A oferta de módulos obrigatorios de PCPI será eliminado.

2º curso FPB: Implantarase o segundo curso dos ciclos de FPB.As modificacións introducidas no currículo dos ciclos formativos de grao medio de FP serán implantados ao comezo dos ciclos.

Grao medio FP: Implantación das modificacións nos currículos dos ciclos formativos de grao medio de FP

RÉVÁLIDAS E AVALIACIÓNS FINAIS

6º primaria:Avaliación final ao rematar 6º de primaria

ESO:A avaliación final (reválida) de ESO do ano 2017 non terá efectos académicos. A súa superación non será requisito para estudar o bacharelato. Unha única convocatoria.

2º BAC: As dúas avaliacións finais (reválidas) que se realicen no ano 2017 unicamente se terán en conta para o acceso á Universidade, mais non serán necesarias para obter o título de bacharel.

ESO:Hai que superar a reválida para cursar o bacharelato

2º BAC: Hai que aprobar a reválida para obter o título de bacharel.

ACCESO UNIVERSIDADE

Proba de acceso actual (Artigo 38 da LOE)

Proba de acceso actual (Artigo 38 da LOE)

Proba de acceso actual (Artigo 38 da LOE)

Sistema de acceso fixado na LOMCE

Page 8: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega8

xaneiro 2014

Distribución de competencias

2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS, IDIOMAS E DEPORTIVAS

O Goberno fixará o 55% dos horarios escolares así como os obxectivos, as competencias e os criterios de avaliación.

EDUCACIÓN PRIMARIA, E.S.O. E BACHARELATO

Organización das etapas educativasEDUCACIÓN PRIMARIA

Suprímese Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos.•Poderase repetir unha soa vez durante a etapa.•Avaliación individualizada para todo o alumnado ao final de 3º de primaria. •Avaliación final de educación primaria ao finalizar 6º curso.•

COMPETENCIAS MATERIAS TRONCAIS MATERIAS ESPECÍFICAS MATERIAS DE LIBRECONFIGURACIÓN

ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

• Determinar contidos comúns e horario mínimo, que non será inferior ao 50%.• Estándares de aprendizaxe avaliábeis. • Determinar os criterios de avaliación.

• Determinar estándares avaliábeis.• Determinar os criterios de avaliación.• Determinar o horario máximo.

XUNTA DE GALIZA • Completar contidos.• Fixar o horario máximo.

• Estabelecer contidos .• Fixar o horario. • Completar os criterios de avaliación.

• Estabelecer contidos. • Fixar o horario.• Estabelecer os criterios de avaliación.

CENTROS DOCENTES Desenvolver e ..., no seu caso, o currículo das diferentes etapas e ciclos.

CURSO MATERIAS TRONCAIS (horario non inferior ao 50%)

MATERIAS ESPECÍFICAS(horario non superior ao 50%)

MATERIAS DE LIBRECONFIGURACIÓN

De 1º a 6º.Desaparecen os ciclos.

Ciencias da Natureza•Ciencias Sociais•Lingua Castelá e Literatura•Primeira Lingua •EstranxeiraMatemáticas•

Obrigatorias para todo o alumnado:

Educación Física•Relixión / Valores Sociais e •cívicos.

1 das seguintes áreas:Educación Artística•2ª Lingua Estranxeira•Relixión, • se non se escolleu no

anterior bloque.Valores Sociais e Cívicos, •se non se escolleu no anterior

bloque.

Lingua Galega e Literatura•

Page 9: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega9

xaneiro 2014

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIACURSO MATERIAS TRONCAIS

(horario non inferior ao 50%)MATERIAS ESPECÍFICAS

(horario non superior ao 50%)MATERIAS DE LIBRE

CONFIGURACIÓN1º CICLO

Bioloxía e Xeoloxía •Xeografía e Historia •Lingua Castelá e Literatura•Matemáticas•1ª Lingua Estranxeira•

Obrigatorias para todo o alumnado:Educación Física•Relixión / Valores Éticos•

Entre 1 e 4 das seguintes materias:Cultura Clásica•Educación Plástica e Visual•Iniciación á Actividade •Emprendedora e EmpresarialMúsica•2ª Lingua Estranxeira•Tecnoloxía•Relixión, • se non se escolleu no

anterior bloque.Valores éticos, • se non se escolleu no anterior bloque.

Lingua Galega e Literatura•Materias que poderán fixar as •CCAA ou os centros, dentro das materias específicas non cursadas ou outras que se determinarán

Física e Química•Xeografía e Historia •Lingua Castelá e Literatura•Matemáticas•1ª Lingua Estranxeira•

Bioloxía e Xeoloxía •Física e Química•Xeografía e Historia •Lingua Castelá e Literatura•1ª Lingua Estranxeira•Matemáticas•

- académicas- aplicadas

2º CICLO

Opción de ensinanzas académicas (Iniciación ao bacharelato):

Obrigatorias:Xeografía e Historia •Lingua Castelá e Literatura•Matemáticas académicas•1ª Lingua Estranxeira•

Dúas materias entre as seguintes troncais:Bioloxía e Xeoloxía •Economía•Física e Química•Latín•

Obrigatorias para todo o alumnado:Educación Física•Relixión / Valores Éticos•

Entre 1 e 4 das seguintes materias:Artes Escénicas e Danza•Cultura Científica•Cultura Clásica•Edu. Plástica e Visual•Filosofía•Música•2ª Lingua Estranxeira•Tecnoloxías da Información e a •ComunicaciónRelixión, • se non se escolleu no

anterior bloque.Valores Éticos, • se non se escolleu

no anterior bloque.Unha materia de ampliación de •contidos do bloque de troncaisUnha materia das troncais non •cursada polo alumno/a

Lingua Galega e Literatura•Materias que poderán fixar as •CCAA ou os centros, dentro das materias específicas non cursadas ou outras que se determinarán

••

Opción de ensinanzas aplicadas (Iniciación á FP):

Obrigatorias:Xeografía e Historia •Lingua Castelá e Literatura•1ª Lingua Estranxeira•Matemáticas aplicadas•

Dúas materias entre as seguintes troncais:Ciencias aplicadas a actividade •profesionalIniciación á Actividade Emprendedora •e EmpresarialTecnoloxía•

As administracións educativas ou os centros poderán elaborar itinerarios con materias troncais opcionais.•

Page 10: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega10

xaneiro 2014

1º DE BACHARELATO

MODALIDADES MATERIAS TRONCAIS(horario non inferior ao 50%)

MATERIAS ESPECÍFICAS(horario non superior ao 50%)

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

CIENCIAS

Obrigatorias:Filosofía•Lingua Castelá e Literatura I•Matemáticas I•1ª Lingua Estranxeira I•

2 entre as seguintes:Bioloxía e Xeoloxía •Debuxo Técnico I•Física e Química•

Obrigatorio para todo o alumnado:

Educación Física•

Entre 2 e 3 das seguintes materias:

Análise Musical I•Anatomía Aplicada •Cultura Científica•Debuxo Artístico I•Debuxo Técnico I•Linguaxe Práctica e Musical•Relixión•2ª Lingua Estranxeira I•Tecnoloxía Industrial I•Tecnoloxías da Información •e a Comunicación I Volume•Unha materia das troncais •non cursada polo alumno/a

Poderán cursar algunha materia máis

Lingua Galega e Literatura •

HUMANIDADESE CIENCIAS SOCIAIS

Obrigatorias:Filosofía•Lingua Castelá e Literatura I•1ª Lingua Estranxeira I•Matemáticas aplicadas ás •CCSS (só para itinerarios de CCSS)Latín I • (só para itinerarios de Humanidades

Polo menos 2 entre as seguintes:

Economía•Grego I•Historia do Mundo •ContemporáneoLiteratura Universal•

ARTES

ObrigatoriasFilosofía•Fundamentos da Arte I•Lingua Castelá e Literatura I•1ª Lingua Estranxeira I•

2 entre as seguintes:Cultura Audiovisual I•Historia do Mundo •ContemporáneoLiteratura Universal•

Page 11: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega11

xaneiro 2014

2º DE BACHARELATO

MODALIDADES MATERIAS TRONCAIS (horario non inferior ao 50%)

MATERIAS ESPECÍFICAS(horario non superior ao

50%)

MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN

CIENCIAS

ObrigatoriasHistoria de España•Lingua Castelá e Literatura II•Matemáticas II•1ª Lingua Estranxeira II•

Polo menos 2 entre as seguintes:Bioloxía •Debuxo Técnico II•Física •Xeoloxía •Química•

Entre 2 e 3 das seguintes materias:

Análise Músical II•Ciencias da Terra e do •Medio AmbienteDebuxo Artístico II•Debuxo Técnico II•Fundamentos da Admon. •e da XestiónHistoria da Filosofía•Historia da Música da •DanzaImaxe e Son•Psicoloxía•Relixión •2ª Lingua Estranxeira II•Técnicas de Expresión •Gráfico-Plástica Tecnoloxía Industrial II•Tecnoloxías da •Información e a Comunicación IIUnha materia das •troncais non cursada polo alumno/a

Poderase cursar algunha materia máis

Lingua Galega e •Literatura

HUMANIDADESE CIENCIAS SOCIAIS

Obrigatorias:Historia de España•Lingua Castelá e Literatura II•1ª Lingua Estranxeira II•Latín II (Itinerario de •Humanidades)Matemáticas aplicadas ás •Ciencias Sociais (Itinerario CCSS)

Polo menos 2 entre as seguintes:Economía da Empresa•Xeografía •Grego II•Historia da Arte•Historia da Filosofía•

ARTES

ObrigatoriasFundamentos da Arte II•Historia de España•Lingua Castelá e Literatura II•1ª Lingua Estranxeira II•

Polo menos 2 entre as seguintes:Artes Escénicas•Cultura Audiovisual II•Deseño•

Desaparece do bacharelato Ciencias para o Mundo Contemporáneo•

Page 12: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega12

xaneiro 2014

O gasto en persoal, mingua nun 1.33%, en maior proporción que o de Administración xeral, que queda nun 1%. Redúcese nun 30%, a partida destinada á formación (1.4 millóns) dun cadro de persoal de 30.000 docentes. Dedicaran-se só 4,1 euros anuais á formación de cada profesor/a.

A Consellaría vai transferir directa-mente 244.7 millóns de euros á patronal dos centros concertados, maioritaria-mente pertencentes á Igrexa Católica, entre os que están os centros que se-gregan alumnado por razón de sexo. As cantidades para concertos superan o 12% dos orzamentos da Consellaría.

En infantil e primaria redúcense nun 15% os investimentos reais e un 35,3% a partida destinada a reparación, amplia-ción e mellora dos centros (esta partida no 2013 xa se reduciu nun 22% ). No ba-charelato e na formación profesional re-dúcense os investimentos reais nun 30% (no 2013 xa se reduciron nun 41,8%) e a partida destinada á reparación, am-pliación e mellora dos centros destes niveis educativos tamén se reduce nun 40%.

Só se contempla a construción de dous centros en toda Galiza e refor-mas menores en nove. Esta partida decrece un 18% respecto aos orzamen-

tos de 2013. Rebáixase a partida dedi-cada ao funcionamento dos centros de educación infantil, primaria e ESO nun 2,44%, mentres a partida dos centros de secundaria e formación profesional só se incrementa 0,5%, cando o ano pasado decreceu un 9,47%. Decrece a partida destinada ao transporte escolar nun 1.34%.

A partida destinada ao fomento da lectura redúcese nun 93%, pasando de 165 mil euros a 11.059. Os fondos para bibliotecas (600 mil euros) mingua nun 8,4 e a atención ás bibliotecas escolares queda só en 25.000 euros. Os orzamen-tos para libros de textos caen até os 9,5millóns, reducindo a partida en máis do 25% en relación ao orzado para o ano 2013.

O crecemento dos orzamentos da Universidade non supera o 1% fronte ao recorte do 6,6% que sufriu nos orza-mentos do ano 2013.

Mantense a redución sistemática da partida dedicada ao fomento da lingua galega, que se ve minguada nun 5.05% para o ano 2014, cando xa tivo unha di-minución do 25.31% no ano 2013 e do 10.05% no ano 2012. Mentres a partida referida ás transferencias ás empresas privadas incrementase nun 240%, pa-sando a supor máis do 12% do total que a Xunta dedica á promoción e potencia-ción do noso idioma.

A partida destinada á prevención do fracaso escolar (17,4 millóns de euros), mingua nun 0.83% respecto do ano 2013, que xa decrecera nun 5.32%.

“Sen recursos non é posíbel garantir nin a equidade, nin o dereito universal á educación”, alerta a CIG-Ensino

Orzamentos 2014

A oferta de emprego de 100 prazas en Secundaria é raquítica e insuficiente

A CIG-Ensino denuncia que os orzamentos de Educación para o 2014 redúcense un 0.93% en relación aos do ano 2013, acumulando un recorte desde o 2009 en máis dun 33,5%. O PP dedicará ao ensino 20 millóns menos que no exercicio 2013, 170 menos que no do 2012 e 183 menos que no do ano 2011. En total, 680 millóns de € menos que en 2009. “O gasto en educación supón un 20,86% dos orzamentos totais da Xunta de Galiza, cando chegou a supor o 27% nos anos 2007 e 2088, situándose agora nas porcentaxes máis baixas dos últimos anos”, explica Anxo Louzao, secretario nacional, da CIG-Ensino. “Afóndase no desmantelamento do ensino público, aténtase contra o dereito de acceso universal á educación, atráncase a igualdade de opor-desmantelamento do ensino público, aténtase contra o dereito de acceso universal á educación, atráncase a igualdade de opor-desmantelamento do ensino público, aténtase contra o dereito de acceso universal á educación, atráncase a igualdade de oportunidades e ponse en cuestión a cohesión social”. Isto xunto co feito de que “mesmo se acrecentan as múltiples carencias que ten neste momento o sistema educativo galego”.

A CIG-Ensino subliñou que a OPE para 2014 é absolutamente insignifican-te e raquítica e non responde ás nece-sidades de profesorado que ten actual-mente o ensino público galego. Trátase dunha oferta insuficiente, tendo en conta que nos últimos anos non houbo oferta de emprego nestes corpos e que só en Secundaria hai máis de 3.000 interinos/

as. Ademais, neste tempo producíronse máis de 4.000 xubilacións e reducíron-se os cadros de persoal en 3.000 mil docentes. Nen sequera cumpre co 10% da taxa de reposición de emprego nas administracións públicas limite imposto polos orzamentos da Xunta e do Estado e que tamén crítica a CIG-Ensino porque implica maior inestabilidade laboral.

Oferta de emprego público raquítica

Recortes incluídos nos orzamentos

Page 13: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega13

xaneiro 2014

Outras novas da nosa acción sindical

Unha longa batalla para conseguir o dereito aos recoñecementos médicosA CIG-Ensino vén de pór todos os medios para que a Consellaría garanta este dereito ao profesorado

En maio de 2012, a CIG-Ensino in-terpón demanda de conflito colectivoperante a Sala Social do Tribunal Supe-rior de Xustiza de Galiza (TSXG) para exixir o recoñecemento médico anual. En xuño, o TSXG dita sentenza favo-rábel ao recurso da CIG-Ensino e obriga a Consellaría a “ofrecer ao seu persoal funcionario e laboral docente no presente ano 2012 e sucesivos a posibilidade de realizar os recoñecementos médicos”.

A Consellaría recorre esta sentenza perante o Tribunal Supremo, que o 10 de abril de 2013, desestima o recurso e dita sentenza firme coa imposiciónde costas á Consellaría, A Consellaría seguiu sen executala. O 5 de setem-bro a CIG-Ensino solicítalle ao TSXG que exixa a execución da mesma e o 16 de setembro o tribunal fai un requi-rimento especificando que no prazo dun mes, a Consellaria acredite ante a Sala o cumprimento íntegro da mesma”, coa

advertencia de que “de non verificalo se tomarían as medidas necesarias para lograr a efectividade do mandado”. Ante isto, a Consellaría pídelle ao TSXG un adiamento de execución.

O 16 de decembro de 2013, a Sala do Social do TSXG cita a CIG-Ensino como denunciante e a Consellaría como denunciada para decidir os órganos ad-ministrativo e funcionarios que deben responsabilizarse de realizar as actua-cións, o prazo máximo para o seu cum-primento, atendendo ás circunstancias que concorran para mediar na maneira de efectualas, o procedemento que se vai seguir e as medidas necesarias para lograr a efectividade do mandado.

Nesta comparecencia perante o TSXG, a CIG-Ensino defendeu que o apraza-mento non tiña xustificación. Pola súa parte, a Conselleira solicitou unha mo-ratoria, comprometeuse a levar a cabo as revisións e anunciou que, en breve,

ía asinar un acordo coa Consellaría de Sanidade para levar a cabo os recoñe-cementos médicos do profesorado no SERGAS.

Ante este compromiso, o TSXG fixa unha nova comparecencia para o día 10 de febreiro, co fin de que a Con-sellaría traia unha proposta definitivapormenorizada, cun calendario dos recoñecementos que non debe ir máis alá do primeiro semestre. A Consella-ría non vai ter máis opción que execu-tar o exixido polo TSXG en resposta ao recurso da CIG-Ensino. Agardamos que a partir do primeiro trimestre deste ano, 2014, todo o profesorado interesado poi-da exercer o dereito aos recoñecemen-tos médicos anuais.

Educación condenada a devolver o diñeiro descontado pola baixa dunha operaciónA sentenza fai súa a argumentación da CIG-Ensino encargarda da defensa da docente

Unha sentenza recoñece o dereito dunha mestra a recuperar a parte do salario recortado pola Consellaría logo dunha baixa médica provocada por unha intervención cirúrxica menor. A sentenza conclúe que a Consellaría foi máis restri-tiva na aplicación da normativa imposta pola Xunta e o goberno español para a redución salarial en caso de baixa do que a propia lei permitía. Logo dunha baixa de tan só 1 semana sufriu un des-conto de 168 €. A baixa estaba motivada por unha intervención cirúrxica oftalmo-

lóxica. A CIG-Ensino procurou, antes de es-

gotar a vía administrativa, evitar o xuízo, alertando á Consellaría do seu abuso de poder, ao fundamentar o recorte sa-larial nunhas instrucións internas que non teñen carácter normativo e non po-den limitar os dereitos do seu persoal. A Consellaría pechouse en banda e seguiu adiante co recorte salarial. A sentenza recolle e fai súa a argumentación da CIG-Ensino, cuxos servizos xurídicos se encargaron da defensa da docente.

A Consellaría de Educación vén de acep-tar en vía administrativa un recurso de reposición presentado pola CIG-Ensi-no en nome dun docente con contrato de substitución que foi cesado con data 30 de xuño de 2013. No seu contrato, como acontece con todo o profesorado substi-tuto, figuraba como data de remate a in-corporación do titular ou como data tope o 30 de xuño do curso escolar. Porén, neste caso o titular xubilouse antes de finalizar o curso, ficando vacante a súa praza. Desde a CIG-Ensino sempre demandamos da Consellaría que non aplicase ningún criterio discriminatorio, independentemente de cando se produ-cise a vacante. Malia iso, a Consellaría negábase a aceptar a extensión do con-trato ao curso completo se este cambio tiña lugar a partir do mes de abril.

O profesorado substituto ten dereito á interinaxe cando cese o titular

Page 14: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega14

xaneiro 2014

A CIG-Ensino denunciou que a decisión de cesar no seu cargo ao director do IES Illa de Arousa por ter retrasado un día o inicio das clases debido a falta de profesorado responde a unha decisión política coa que se pretende amedrentar a todas as comunidades educativas que se mobilizan en contra dos recortes. A CIG-Ensino seguirá adiante co director no recurso de alzada diante do Con-selleiro e coas mobilizacións que sexan acordadas pola Comunidade Educativa do IES da Illa de Arousa.

Educación revoga o director do Illa da Arousa para amedrentar a comunidade educativaA Xefatura Territorial cesouno por retrasar un día o inicio das clases pola falta de profesorado

O Correlingua lanza o concurso CantalinguaComo todos os anos o Correlingua, actividade esco-

lar de normalización e dinamización lingüística organi-zada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega,a Mesa pola Normalización Lingüística, os Con-cellos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo coa colabo-ración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, lanza o concurso musical Cantalingua para escoller, entre os par-ticipantes, os grupos que actuarán nas festas do Corre-lingua. O Cantalingua está premiado con 10 actuacións que se repartirán entre tres finalistas, terán lugar entre o

5 e o 16 de maio en diferentes vilas e cidades galegas, e están dirixidas ao público escolar que participará no Co-rrelingua.

As cancións que se presenten serán avaliadas por alumnado de centros inscritos no Correlingua. Os gru-pos ou solistas que desexen presentarse deberán enviar unha canción en formato mp3, xunto cunha reseña, foto-grafía e datos ao enderezo [email protected] . O público poderá ouvir e descargar as cancións en www.cantalingua.org .

A inspección de traballo da Provincia de A Coruña vén de recoñecer, a razón dunha denuncia da CIG-Ensino, a relación laboral por conta allea existente entre a Consella-ría de Educación e o profesorado que imparte os cursos preparatorios do CELGA. Esta actuación da inspección implica a alta na Seguridade Social destes traballadores/as nos períodos nos que traballaron e evidencia a actua-ción fraudulenta da Consellaría de Educación. A CIG-En-

sino xa interpuxo denuncia tamén na inspección de traba-llo de Ourense, Lugo e Pontevedra. Para a CIG-Ensino á Consellaría de Educación non lle queda outra solución que facer extensíbel para toda Galiza a resolución da ins-pección de traballo da Coruña de que hai unha relación laboral por conta allea e que só cabe contrato laboral e alta na Seguridade Social. Podes obter máis información poñénndote en contacto cos nosos locais.

A inspección de traballo vén de recoñecer a relación laboral de Educación co profesorado dos CELGAA CIG-Ensino xa interpuxo denuncia tamén na inspección de traballo de Ourense, Lugo e Pontevedra

Page 15: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega15

xaneiro 2014

Nos últimos meses, a CIG leva feito un intenso traba-llo xurídico, en colaboración con outras centrais sindi-cais, para conseguir a devolución do diñeiro que nos foi confiscado mediante o RDL 20/2012.

Esta é a situación a día de hoxe:• O Tribunal Constitucional ten que resolver a cuestión de inconstitucionalidade que elevou a Sala do Social da Audiencia Nacional española. En boa lóxica, o que diga o Constitucional será de aplicación ao conxunto dos empregados e empregadas públicas.• Os xulgados e tribunais do social (para o persoal labo-ral) e do contencioso-administrativo (para o persoal fun-cionario e estatutario) están ditando sentenzas con estas liñas principais:

- Denegan a petición principal de pagar a paga extra enteira.- Recoñecen o dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra devengada até ao 15 de xullo de 2012, data de entrada en vigor do RDL 20/2012. En función do convenio de aplicación a parte que se recoñece vai desde os 14 días (cando o devengo é semestral) aos 6 meses e 14 días (cando o devengo é anual).- Só unha sentenza, ditada por un Xulgado do Conten-cioso-Administrativo de Sevilla, recoñece o dereito a cobrar a paga íntegra a un funcionario da Adminis-tración de Xustiza, baseándose en que a Lei Orgánica do Poder Xudicial –que é de aplicación a eses concre-tos corpos funcionariais– non fora modificada polo RDL 20/2012.

Nesta situación, a estratexia procesual debe ser dife-rente en función do vínculo laboral ou funcionarial do per-soal, debido a que os prazos de prescrición son tamén diferentes:• Para o persoal laboral, xa contamos coas primeiras sentenzas estimatorias de conflitos colectivos que resolveu o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, para administracións como a Xunta, as universidades, Por-tos de Galiza ou Turgalicia. Nas próximas semanas pre-sentaremos máis conflitos colectivos, tendo en conta que as accións para o persoal laboral prescriben ao ano. Consideramos que as accións colectivas son suficientes para conseguirmos o obxectivo de cobrar, sen prexuízo do dereito que asiste a cada persoa a formular as recla-macións que desexe.• Para o persoal funcionario e estatutario non temos unha ferramenta xurídica como o conflito colectivo, polo que optamos por presentar demandas individuais en diferentes xulgados, a modo de sondaxe. Esperamos ter as primeiras sentenzas en xaneiro de 2014. É impor-tante lembrar que as reclamacións do persoal funcionario ou estatutario teñen un prazo de prescrición moito máis amplo que as dos laborais: catro anos (para o Estado) ou cinco anos (para a Comunidade Autónoma).

Con carácter xeral, e para evitar farragosos trámites e gastos, a CIG vai desenvolver todas as accións ao seu alcance para conseguir o recoñecemento deste dereito.

Información sobre a reclamación da paga extra de decembro 2012

A CIG inicia a recollida das sinaturas da ILP para levar as políticas alternativas de creación de emprego ao debate parlamentar A central sindical vai desenvolver nos próximos meses un intenso traballo de divulgación social e institucional do contido da súa iniciativa lexislativa popular

A Campaña polo Emprego que a CIG está a desenvolver vén de iniciar a súa segunda fase. Logo da admisión a trámite na Mesa do Parlamento, a central sindical comeza agora a recollida das 15.000 sinaturas que se necesitan para levar a debate político a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para a creación de emprego en Galiza.

A CIG quere achegar a maior parte da cidadanía gale-ga o contido da Iniciativa e demostrar que “si é posíbel facer outro tipo de políticas distintas que favorezan o crecemento económico e a creación de emprego”. Neste senso, a ILP recolle un ampla abano de medidas (até 100 propostas) referidas á política industrial, fiscal, financeira, enerxética, medioambiental, laboral, etc.

A CIG vai desenvolver todas as accións ao seu alcance para conseguir o recoñecemento do dereito a cobrar unha paga extra que é froito do traballo e esforzo

Page 16: A loita contra a LOMCE - CIG Ensino INFORMA Para a...A segunda folga contra a LOMCE e as mobilizacións do 24 de outubro, nas fotos, onvocadas pola Plataforma Galega en Defensa do

confederación intersindical galega16

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986609360 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locaisOs nosos locais

A CIG-Ensino cumpriu o seu VI Congreso co lema “Por unha Galiza con futuro, ensino público galego”Ratificou a Anxo Louzao como secretario nacional e escolleu a nova Executiva

Santiago acolleu a realización do VI Congreso da CIG-Ensino o pasado 26 de outubro co lema “Por unha Galiza con futuro, ensino público galego”. Anxo Louzao foi reelixido como secretario nacional con 175 votos a favor e 2 en branco.

Anxo Louzao, estabeleceu como obxectivos prioritarios para os vindeiros catro anos a defensa inequívoca do ensino público; a derrogación do decreto de plurilingüismo e a procura dun marco lexislativo para o galego

que permita camiñar “cara á plena normalización e galeguización do ensino”; combater a LOMCE e os recortes permanentes na Universidade e restituír todos os dereitos retributivos, laborais e profesionais que lle foron arrebatados ao profesorado, entre outros.

A nova Executiva da CIG-Ensino estará integrada por Anxo Louzao Rodríguez, Marta Dacosta Alonso,

Xesús Antón Bermello García, Xosé Lois Rivera Jacome, Marta Ferreiro Fernández, Duarte Correa Piñeiro, Xesús Fernández Rivas, Ana Rodiño Domínguez, Xesús Diz Romai, Mª Xosé Rodríguez Martínez, Diego Boquete Sánchez e Paula Bergantiños Xove.

Nova executiva da CIG-EnsinoNova executiva da CIG-Ensino