A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”,

9
A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”, díxome un día, tomándome por sorpresa. A vida é moi curta, dedícalle tempo. - “Pero eu ámote a Ti”, protestei.

description

A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”, díxome un día, tomándome por sorpresa. A vida é moi curta, dedícalle tempo. - “Pero eu ámote a Ti”, protestei. - Seino. Pero tamén a amas a ela. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”,

Page 1: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

A miña esposa recomendoume saír con outra muller. - “Ti sabes que a amas”, díxome un día, tomándome por sorpresa. A vida é moi curta, dedícalle tempo. - “Pero eu ámote a Ti”,protestei. - Seino. Pero tamén a amas a ela.

Page 2: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

A outra muller, a quen a miña esposa quería que eu visitase, era miña nai, viúva desde había anos,

pero polas esixencias do meu traballo e dos meus fillos facían

que só a visitase ocasionalmente.

Page 3: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

Esa noite chameina para invitala a cear e ir ao cine.- “Que che ocorre? Estas ben?” Preguntoume.

Miña nai é unha muller a quen unha chamada tarde, na noite, ou unha invitación sorpresiva é indicio de malas noticias.

- “Crin que sería agradable pasar algún tempo contigo”, respondinlle. “Os dos soíños”... Que opinas? Reflexionou sobre iso un momento.- “Gustaríame moitísimo”, dixo.

Page 4: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

Ese venres mentres conducía para recollela, despois do meu traballo, encontrábame nervioso, era o nerviosismo que antecede unha cita... e, abofé, cando cheguei á súa casa, vin que ela tamén estaba moi emocionada! Esperábame na porta, co seu vello abrigo posto, rizara o cabelo e usaba o vestido co que celebrou o seu último aniversario de voda, o seu rostro sorría, irradiaba luz coma un anxo. - “Díxenlles ás miñas amigas que ía saír co meu fillo e amosáronse moi emocionadas”, comentoume mentres subía ao meu auto.

Page 5: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

¨ Non poderán esperar a mañá para escoitar algo acerca da nosa velada".

Fomos a un restaurante non moi elegante, pero si moi acolledor, miña nai aferrouse ao meu brazo como se fose “a Primeira Dama da Nación”. Cando nos sentamos tiven que lerlle o menú.

Os seus ollos só vían grandes figuras.

Page 6: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

Cando ía pola metade dos entrantes, Cando ía pola metade dos entrantes, levantei a vista; miña nai estaba levantei a vista; miña nai estaba sentada ao outro lado da mesa sentada ao outro lado da mesa e só me miraba. e só me miraba.

Un sorriso nostálxico deliñábaselle Un sorriso nostálxico deliñábaselle nos beizos. nos beizos.

- “Era eu quen che lía o menú - “Era eu quen che lía o menú cando eras pequeño, lembras?” cando eras pequeño, lembras?”

- “Daquela é a hora de que te relaxes- “Daquela é a hora de que te relaxes e me permitas devolverche o favor”, e me permitas devolverche o favor”, respondinlle.respondinlle.

Page 7: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

Durante a cea tivemos unha agradable conversación, nada extraordinario, só poñernos ao día un coa vida do outro.

Falamos tanto que perdemos o cine. - “Sairei contigo outra vez, pero só se me deixas invitar," díxome miña nai cando a levei á súa casa. Sentina, biqueina e abraceina.

- “Como estivo a cita?” Quixo saber a miña esposa cando cheguei aquela noite. - “Moi agradable, graciñas. Moito máis do que imaxinei”, contesteille.

Page 8: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

Días máis tarde miña nai morreu dun infarto masivo, todo foi tan rápido, non puiden facer nada.

Ao pouco tempo recibín un sobre do restaurante onde cearamos miña nai e mais eu e unha nota que dicía: “A cea está pagada por anticipado, estaba case segura que non podería estar alí, pero igual paguei para dous, para ti e a túa esposa, xamais poderás entender o que aquela noite significou para min. ÁMOTE”! Nese momento comprendín a importancia de dicir a tempo “ÁMOTE” e de darlles aos nosos seres queridos o espazo que se merecen. Nada na vida será máis importante que Deus e a túa familia, dálles tempo porque eles non poden esperar.

Page 9: A miña esposa recomendoume saír con outra muller.   - “Ti sabes que a amas”,

Se vive túa nai............... Gózaa. Se non vive .................. Lémbraa.Se tes nai....................... Reenvíao.

De certo que farás reaccionar a alguén que teña un pouco esquecida a ese ser marabilloso que é A NAI....

e lembra sempre: Deus perdoa, pero o tempo nunca perdoa. !!!!!!!!!!

Nin se pode revolver atrás.