A prehistoria
-
Upload
begona-codesal -
Category
Education
-
view
253 -
download
5
Transcript of A prehistoria
PREHISTORIA
1. Que é a Prehistoria?
A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución
humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está
marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar o seu comezo ao mesmo
tempo en todo o mundo, en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil
anos, no Medio Oriente algo menos de un millón oitocentos millóns de anos, en Asia e
Europa arredor de un millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo
dos 50.000 anos.
2. Que períodos abarca?
A prehistoria pode ser dividida en tres grandes períodos da evolución humana.
� O Paleolítico , que se iniciou hai uns 2,5 millóns de anos .
Os seres humanos deste tempo utilizaban ferramentas de pedra tallada, ósos e
paus. Levaban unha vida nómade, rente dos ríos para se asegurar auga.
Comeza o uso do lume. As súas crenzas relixiosas son de tipo máxico, con
presenza de certas ceremonias funerarias.
� O Neolítico , iniciase co descubrimento da Agricultura sen datas fixas, xa que
este descubrimento non se está a producir nas mesmas datas ao longo do Planeta
(actualmente aínda hai certos pobos que están a vivir no Paleolítico ao longo do
mundo). Ponse como data hai uns 5000 anos. O ser humano convértese en
sedentario.
Desenvolvese a gandaría e as ferramentas son de pedra puída e ósos,
e comezan a desenvolverse os tecidos e a cerámica.
O derradeiro período da Prehistoria coñécese como a Idade dos Metais, na
cal comezan a xurdir as civilizacións e iniciase o período que coñecemos por Historia.
A Idade dos Metais pode subdividirse en:
� A Idade de Cobre .
� A Idade do Bronce .
� A Idade do Ferro , o metal descuberto máis forte
2. Cales son as principais dificultades coas que se en frontaron osnosos antepasados para sobrevivir?
Os home prehistóricos eran nómades , isto quere dicir que non tiñan un lugar fixo onde
vivir e sempre estaban a se mover en busca da supervivencia. Non coñecían a
agricultura, por tanto dependían da caza. Tampouco sabían usar o lume e isto facíalles
comer alimentos crus, sufrir de frío e ademais non tiñan moita protección contra os
animais salvaxes.
3. Que vantaxes supuxo para a mellora das condició ns de vida inventos como:
O lume
O lume supuxo para o home un avance tecnolóxico xigantesco. Grazas a el, as
frías covas onde o home resgardábase dos perigos exteriores quedaron iluminadas
e a calor que este desprendía non só protexeulles do fritiu senón dos depredadores
que até entón atormentaban á nosa especie.
A roda
A invención da roda, que fixo posible a construcción de carros tirados por animais,
e da vela , facilitaron o transporte de mercadorías.
O arado
Coa invención do arado, e co complemento da enerxía animal puidéronse cultivar
maiores extensións de terra.
O tear
Este invento permitiu a creación de teas de orixe vexetal e propiciou un cambio
notable na vestimenta dos homes.
A cerámica A invención da cerámica produciuse durante a revolución neolítica, cando se
fixeron necesarios recipientes para almacenar o excedente das colleitas producido
pola práctica da agricultura.
Supuxo unha revolución á hora de transportar moitos produtos, sobre todo os
líquidos, que podían conservarse mellor; tamén se modelaban figurillas de culto,
adornos, etc
A metalurxia
O descubrimento da metalurxia supuxo unha mellora das ferramentas utilizadas
polos agricultores, aínda que o uso de obxectos de metal xeneralizouse no período
denominado Idade dos Metais.
O traballo metalúrxico consiste en:
� Quentar o mineral no forno para que acade unha temperatura que produzaun cambio de estado de sólido a líquido.
� A continuación o metal líquido métese nun molde para que adquira esaforma e sexa moldeado.
� Cando o metal se arrefría adquire unhas condicións de dureza eflexibilidade que o fan idóneo para ser empregado como instrumento detraballo e guerra.
Mellóranse a resistencia, dureza e maleabilidade do s materiais.
5.- Significado que tiñan as representacións artíst icas nas paredes das covas.
Os prehistoriadores cren que os nosos antepasados as pintaban como parte dunhacerimonia máxica, tendente a favorecer a caza.a finalidade doss obxectos decorativos e das esculturas parece que é principalmenterelixiosa: as venus representan a mulleres invocando a fertilidade, os animais tallados nosósos invocan a boa caza, etc.