Abalar 2012 13
Transcript of Abalar 2012 13
PROXECTO ABALARCurso 2012/13
O proxecto Abalar nace coa intención de introducir nas aulas os contidos e recursos dispoñibles na rede, facilitando así unha maior comprensión e afianzamento dos contidos dados nas diferentes materias.
No noso centro comezamos xa o terceiro año, no que imos introducindo pulatinamente os ordenadores na práctica educativa e no día a día nas nosas aulas.
Imos repasar algunhas ideas que, iniciando este curso, debemos ter en conta para un maior aproveitamento e optimización dos recursos.
Como novidade para este ano, todalas aulas de 2º e 3º ciclo de primaria xa dispoñen da sua pantalla dixital interactiva (PDI), do seu cañon proxector e do ordenador do profesor.
No terceiro ciclo (5º e 6º) ademais, tamén dispoñen do carriño de carga onde se encontrar os ordenadores dos alumnos.
Estamos a espera de recibir, por parte da conselleria, os ordenadores dos alumnos que faltan nas distintas aulas, xa que incrementouse o número de alumnos en relación o ano pasado
CARRO DE CARGA
MINIPORTÁTILES DOS ALUMNOS
ORDENADOR DO PROFESOR
ENCERADO DIXITAL
PROXECTOR
O carro de carga é o lugar onde se gardarán os miniportátiles dos alumnos e mais o ordenador do profesor.
Conta cun programador para iniciar e finalizar a carga dos miniportáiles. Ademáis, os de 5º de primaria, contan con altofalantes e unha regleta para poder cargar os ordenadores do profesor.
Os alumnos/as acudirán a eles baixo a orden do profesor . EN NINGÚN CASO PODERÁN MANUPULALO OU ABRILO SEN O CONSENTIEMNETO DUN MESTRE.
Cada alumno de 5º e 6º conta cun número identificativo do seu ordenador. Este número encontrase debaixo dos miniportátiles e coincide co seu número da clase.
Estamos a espera de recibir algúns ordenadores que faltan en diferentes aulas. Mentras non os recibamos, procuraremios que aqueles alumnos mais aventaxados axuden aos que non o son , e así ter ordenadores libres que repartir entre os que faltan.
Recordade que cada ordenador ten un punteiro e que se poden utilizar en modo “tablet”.
Cada clase conta cun ordenador persoal para o profesor.
Os de 6º curso son propiedade do centro. Os de 5º son propiedade da xunta.
Una vez finalizada a sesión, or ordeadores deberán ser gardados no espacio destinado na carro de carga.
Igual que ocorre cos ordenadores do profesor, os EDI e os proxectores de 6º son propiedade do centro. Os de 5º son propiedade da xunta.Para favorecer un correcto uso, o EDI deberá estar limpo, e, se fora necesario, limpala cun pano húmido. O proxector deberá permanecer apagado se durante un longo espazo de tempo no no imos a usar
O equipo é responsabilidade do alumno para o traballo na clase. Está prohibido sacar o equipo do Centro.
O equipo é propiedade da Xunta de Galicia, polo que queda prohibida a instalación de calquera
programa, aplicación ou ferramenta tecnolóxica que non estea en relación directa co uso docente
que se pretende con el.
O alumno/a é responsable de toda a información que quede almacenada no ordenador portátil. Esta
debe estar relacionada única e exclusivamente con contidos propios das tarefas educativas que se
lles propoña no centro.
O alumno/a é responsable de utilizar a rede con finalidade formativa, evitando o acceso a páxinas
de contidos que non teñen que ver co obxecto de estudo.
Cando se estea a traballar co equipo, deberá de colocarse nun lugar estable a salvo de posibles
incidencias: caídas, golpes, evitando posibles caídas de obxectos sobre el e de calquera outra
circunstancia na que perigue a integridade física do aparello.
O portátil terá que estar no carriño de transporte (baixo chave) cando non se estea a utilizar. Ao
final do día os ordenadores deben quedar correctamente conectados para que cargue a batería.
O feito de non aceptar estas normas ou de non as respectar trae consigo a restrición ou perda dos
privilexios de acceso ao mesmo.
É obriga e responsabilidade de cada alumnos/a do centro o coidado do ultraportátil asignado e o
seu mantemento en bo estado.
O alumno/a é responsable de manter o ordenador portátil no estado no que se lle entregou e non
contribuír ao seu deterioro físico.
No caso de que o alumno/a cause danos neste material de forma intencionada ou por neglixencia, os pais
ou titores legais deberán facerse cargo do custo económico da súa reparación ou da súa reposición.