Acceso ao 2,3,4 ge

21
PROBAS ACCESO GRAO ELEMENTAL Para acceder a calquera dos OUTROS CURSOS DO GRAO ELEMENTAL (2º, 3º E 4º) realizarase unha proba de nivel de danza clásica, danza de carácter , danza galega e música, que terá lugar no mes de setembro. Nesta proba pediranse contidos das materias do curso inmediatamente anterior ao que se accede. Na proba valoraranse a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os coñecementos e a madurez dos aspirantes. ACCESO A 2º CURSO GRAO ELEMENTAL MATERIA: DANZA CLÁSICA Contidos. - Realización de exercicios no chan para a toma de conciencia do corpo, percepción e recoñecemento das primeiras sensacións: tensión, relaxación, elevación, elongación, apoio, empurre, suxeición, peso, xiro e elasticidade. - Coñecemento das diversas funcións de cada parte do corpo: os pes, as pernas, a pelve, o torso, os brazos e a cabeza. - Comezo do estudo “en dehors”. Inicio do estudo dos movementos dos brazos, posicións dos brazos, mans e cabeza. - Concienciación e comezo da coordinación no espazo a partir da súa referencia corporal. - Percepción e educación da respiración na colocación estática. - Toma de conciencia e desenvolvemento dos seus sentidos (oído, vista e tacto). - Traballo en grupo, desenvolvemento do sentimento de unidade en relación cos demais. - Execución de exercicios de improvisación.

description

 

Transcript of Acceso ao 2,3,4 ge

Page 1: Acceso ao 2,3,4 ge

 

PROBAS ACCESO GRAO ELEMENTAL

Para acceder a calquera dos OUTROS CURSOS DO GRAO ELEMENTAL (2º, 3º E 4º) realizarase unha proba de nivel de danza clásica, danza de carácter , danza galega

e música, que terá lugar no mes de setembro. Nesta proba pediranse contidos das

materias do curso inmediatamente anterior ao que se accede.

Na proba valoraranse a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os

coñecementos e a madurez dos aspirantes.

ACCESO A 2º CURSO GRAO ELEMENTAL

MATERIA: DANZA CLÁSICA

Contidos.

- Realización de exercicios no chan para a toma de conciencia do corpo, percepción e

recoñecemento das primeiras sensacións: tensión, relaxación, elevación, elongación,

apoio, empurre, suxeición, peso, xiro e elasticidade.

- Coñecemento das diversas funcións de cada parte do corpo: os pes, as pernas, a

pelve, o torso, os brazos e a cabeza.

- Comezo do estudo “en dehors”. Inicio do estudo dos movementos dos brazos,

posicións dos brazos, mans e cabeza.

- Concienciación e comezo da coordinación no espazo a partir da súa referencia

corporal.

- Percepción e educación da respiración na colocación estática.

- Toma de conciencia e desenvolvemento dos seus sentidos (oído, vista e tacto).

- Traballo en grupo, desenvolvemento do sentimento de unidade en relación cos

demais.

- Execución de exercicios de improvisación.

Page 2: Acceso ao 2,3,4 ge

 

- Realización de exercicios con diferentes pasos e variacións coa implicación do

porque da súa dinámica, do seu ritmo e da súa principal característica.

- Exercicios con posicións correctas e incorrectas, onde o alumno adquira as boas e

malas sensacións e aprenda a coñecerse e a estudar por si mesmo.

Secuenciación Dos Contidos.

Media punta

Exercicios para o coñecemento do corpo. Exercicios de coordinación. Exercicios rítmicos. Exercicios de orientación espacial.

Chan

Exercicios básicos de espalda. Exercicios básicos de pes. Exercicios básicos de cabeza. Exercicios básicos de brazos. Exercicios de colocación do torso. Exercicios de colocación de ombros e brazos para introducir a preparación, a primeira posición, a segunda. Traballo da 1ª posición de pernas. Exercicios para o elongación do torso. Exercicios básicos de cabeza (arriba, abaixo, cara a dereita e cara a esquerda). Estudo da 5ª posición de brazos. Colocación e elasticidade de pes e pernas. Introducción da 2ª posición de brazos.

Barra

Traballo fronte a barra Primeiro contacto coa barra cos pés en 6ª posición. Apoio das mans na barra e aliñación dos cóbados en relación cos ombros e as mans. Traballo do emprazamento da pelve en 6ª posición. Traballo fronte a barra Pedaleos en 6ª. Relevés en 6ª. Demi-pliés en 6ª. Estudo da 1ª posición natural de pernas Estudo do percorrido da perna nos galopes a pé plano e a relevé.

Traballo fronte a barra Demi-plié en 1ª. Pedaleos en 6ª posición Estudo do relevé en 1ª posición Inicio ao traballo do battement tendu.

Centro

Rebotes en 6ª. Preparación, primeira e 2ª de brazos. Saltos sobre unha e outra perna. Rebotes coa punta do pé alternado pernas. Exercicios preparatorios para o chassé. Traballo da 1ª posición de pernas. Exercicios dos port de bras traballados, nunha 1ª natural de pernas. Estudo da 5ª posición de brazos. Estudo do port de bras de 1ª a 2ª de brazos. Sautés en 1ª natural.

Diagonal Camiñadas desde a diagonal. Galopes.

Poderá pedirse un exercicio de improvisación.

Criterios De Avaliación.

Realizar exercicios no chan.

Page 3: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Con este criterio trátase de comprobar que o alumno aprendeu a disociar o

movemento de cada parte e cal é a súa correcta colocación.

- Realizar os exercicios que o alumno aprendeu e que o profesor marque no momento,

empregando a métrica musical esixida neste nivel.

Con este criterio trátase de comprobar a correcta colocación do corpo: apoio

dos pes. Elongación do corpo, colocación da pelve, pernas e torso, para a

obtención dunha base sólida e segura que permita aos alumnos máis adiante

realizar exercicios máis avanzados.

- Realizar no centro un exercicio de “Port de bras” marcado polo profesor.

Con este criterio trátase de comprobar que o alumno aprendeu a colocación e

utilización correcta dos brazos.

- Coñecer e recoñecer os pasos básicos aprendidos programados neste curso,

entendendo o seu vocabulario técnico.

Este criterio permite comprobar que o alumno aprendeu o nome dos pasos e o

seu significado técnico na danza.

- Repetir e realizar no centro os exercicios estudados que o profesor marque no

momento, empregando cambios de dirección no espazo.

Con este criterio trátase de comprobar se o alumno tomou conciencia do uso

correcto do espazo.

- Camiñar e realizar un saúdo improvisado por cada alumno sobre un fragmento

musical.

Búscase con este criterio observar as cualidades necesarias para a estética da

danza, como o desenvolvemento físico, a personalidade, musicalidade,

harmonía e elegancia no movemento e a comunicación co público.

MATERIA: DANZA DE CARÁCTER

Contidos

Estudo da rítmica propia das danzas en compás de 2/4.. Estudo dos pasos básicos,

paso de Polca e marcha. Coñecemento da polca e da súa orixe bohemia e ubicación

dentro do mundo da danza. Estudo das cabezas de acordo co estilo, comezando o

traballo do èpaulment. Adestramento progresivo da memoria a través da aprendizaxe

de novas combinacións de exercicios e fraseos. Asistencia e participación en

Page 4: Acceso ao 2,3,4 ge

 

manifestacións escénicas relacionadas coa danza. Mantemento de xeito continuado e

rigoroso da disciplina estética e da conduta na clase

Secuenciación dos contidos

1. A DANZA DE CARÁCTER: Significado e relación coa danza clásica.

2. A FRASE MUSICAL: O pulso, o acento e o ritmo.

3. PASOS BÁSICOS: paso de marcha, paso saltado e paso cruzado.

4. FORMAS DE ENTRELAZARSE: en filas e en parellas. Execución cos pasos

aprendidos.

5. A CABEZA: Estudo dos movementos da cabeza, comenzando o traballo do

épaulement

6. MONTAXE COREOGRÁFICO: Aprendizaxe de pequenas coreografías que

inclúan os diferentes pasos aprendidos con percorridos simples polo espazo.

• ESPAZO: O desprazamento en filas, circulo, diagonal, aspas, etc..

7. A POLCA: Orixe desta danza. Ritmo musical e primeiros pasos traballando

dende a diagonal, en parellas e en círculo.

8. OS BRAZOS: Traballo da posición dos brazos na cintura e na primeira posición.

9. OS ZAPATOS DE CARÁCTER: Inicio do estudo da técnica dos zapatos de

carácter con exercicios de ritmo binario nos que se traballen as puntas, os

tacóns e as plantas.

10. Traballo cos zapatos de carácter en exercicios de ritmo binario e ternario

11. Repaso de todos os exercicios aprendidos ao longo do curso.

12. Aprendizaxe e realización dunha polca de xeito individual, en parellas e en

grupo e unha pequena variación cos zapatos de carácter.

13. A COORDINACIÓN: o correcto uso do material aprendido de forma coordinada

(brazos, pernas, tronco e cabeza).

Criterios de avaliacion

3.-Recoñecer a importancia da polca dentro do mundo da danza.

Comprobar que o alumno comprende os contidos teóricos explicados.

4.-Reproducir e interpretar un exercicio axeitado a este nivel, que marque a pauta rítmica e o pulso das danzas tradicionais.

Page 5: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Observar que o alumno executa correctamente, tanto rítmica como tecnicamente os movementos.

5.-Memorizar unha variación coreográfica elaborada con pasos elementais da marcha e da polca, aprendidos nas clases.

Constatar a correcta coordinación de movementos e a súa correcta execución técnica dentro do ritmo.

6.-Realizar pequenas variacións que inclúan desprazamentos.

Observar o sentido respecto ao espacio, as dimensións e direccións. 7.-Realizar correctamente os exercicios de pés, brazos e cabeza cos zapatos de carácter, tanto na barra coma no centro.

Comprobar que os alumnos e alumnas teñan comprendido o carácter e o estilo sen perder a colocación.

8.-Interpretar unha danza individualmente, en parella ou en grupo.

Comprobar a capacidade creativa dos alumnos, así como o estilo e o grao de comprensión coreográfica.

MATERIA: MÚSICA

Contidos

• Son. cualidades do son.

• Son - Ruido. Son - Silenzo.

• Pulso.

• Acento.

• Compás. 2/4 e 3/4.

• Figuras: branca, negra e corchea.

• Silencios: branca, negra e corchea.

• Notas da escala.

• Pentagrama.

• Clave de Sol.

• Partes da figura.

• Termos básicos do Matiz.

Page 6: Acceso ao 2,3,4 ge

 

• Termos básicos do Tempo.

• Cancións melódicas a 1 voz.

• Signos de repetición.

• Formas básicas: Rondó.

• Instrumentos Orff.

• Forma pregunta e resposta.

O punto de partida no tratamento dos contidos desta programación parte da

globalización, de xeito que aparezan continuamente entrelazados.

Criterios de avaliación

- Imitar estruturas melódicas e rítmicas breves coa voz e coa percusión.

- Recoñecer os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical.

- Distinguir e facer uso dos elementos que se utilizan na representación gráfica da

música ( notas, figuras, clave, indicacións de dinámica, de tempo, o compás)

- Recoñecer e aplicar os ritmos e compases traballados a través da lectura musical.

- Diferenciar acústicamente e visualmente os instrumentos orff.

- Interpretar distintas pezas musicais.

- Participar nas actividades da clase.

- Intervir nas actividades de canto colectivo adaptando a súa expresión e entoación o

nivel sonoro do conxunto.

- Coordinar o movemento en grupo.

- Realizar exercicios de percepción auditiva sobre aspectos básicos como ascendente e

descendente, forte e débil , pregunta resposta, grave agudo, ou calquera outro

aspecto da linguaxe traballadas no curso.

- Interpretar as cancións con corrección.

- Realizar exercicios escritos cos contidos deste curso.

- Recoñecer auditivamente e percutir o pulso dunha obra ou fragmento.

- Executar movementos precisos acordes con aspectos rítmicos cunha obra ou

fragmento escoitado.

- Manter o pulso durante períodos breves de silenzo, e durante unha obra.

Page 7: Acceso ao 2,3,4 ge

 

ACCESO A 3º CURSO GRAO ELEMENTAL

MATERIA : DANZA CLÁSICA

Contidos - Execución de exercicios no chan, na barra e no centro para o coñecemento e

percepción do peso do corpo e dos seus puntos de apoio, así como tamén das

resistencias musculares e óseas, para comezar a desenvolver o sentido do equilibrio e

do eixo.

- Traballo das diferentes funcións de cada parte do corpo, para o desenvolvemento do

“en dehors”, do control e elongación do torso, da forza muscular, da flexibilidade do

“plié” para a forza e elasticidade do pé e control da pelve e a coordinación de brazos e

cabeza.

- Relevé: traballo para o fortalecemento de pés e pernas.

- Execución de exercicios potenciar a elasticidade.

- Estudo da técnica dos saltos sobre dúas pernas.

- Traballo da cabeza para os xiros.

- Realización de exercicios para progresar na percepción da respiración na danza.

- Utilización da improvisación para o desenvolvemento da creatividades.

- A expresividade como elemento imprescindible da interpretación.

- Exploración do espazo nos seus planos, nas súas direccións, nos seus niveis e

traxectos, etc., a través de exercicios ou variacións individuais, por parellas ou en

grupo.

- Coñecemento do vocabulario específico deste nivel

Secuenciación Dos Contidos .

Media punta

Barra

Traballaranse os contidos fronte a barra. Estudo da 2ª posición de pernas. Demi-plié en 2ª posición. Battement tendu en 2ª e diante. Battement tendu con cambio de peso a la segunda, cara á barra. Chasse á 2ª cara á barra. Battement tendu con plié descomposto, diante e á 2ª. Battement dégagés á 2ª e diante Relevés en 2ª posición Sautés en 2ª posición

Page 8: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Souplesse delante a 90º. Exercicios de cabeza : iniciación ¼ xiros Battement tendu atrás. Battement tendu con plié ligado. Battement dégagés, jetés e pointés. Equilibrios en 6ª, 1ª e 2ª posición. Souplesse cara á barra. Demi- rond de jambe a terre: de diante á segunda e pecha en primeira e á inversa. Coupé diante e atrás. Exercicio para o inicio do estudo do battement fondu a térre, salindo de 1ª posición. Grand battement diante, iniciando de espaldas á barra. Estudo da 3ª posición. Demi-plié en 3ª posición. Gran-pliés en 1ª, 2ª posición. Relevé en 3ª posición. Battement tendu en cloche a térre. Battement soutenu, diante, á segunda e atrás. Battement jeté detrás. Demi-rond de jambe a térre de atrás á segunda e á inversa. Petit developpé a terre diante e á segunda. Equilibrios en coupé a pé plano Passé ou retiré. Estudo desglosado, con paradas no coupé para asimilar o percorrido. Petit battement, exercicios preparatorios. Grand battement fronte á barra á 2ª. Pas de bourrée estirado

Centro

Realizarase todo o traballo en face. Port de bras, empregando as posicións: preparación, primeira, segunda e quinta. Demi-pliés en 1ª e 2ª posición. Battement tendu diante e á 2ª. Relevés en 1ª e 2ª posición. Sautés en 1ª e en 2ª posición. Estudo do echappé de 1ª a 2ª posición e viceversa. Realizarase todo o traballo en face. Port de bras, estudo do primeiro port de bras (Vaganova) Battement tendu con plié diante e á 2ª. Battement degagés e jetés. Port de bras en todas as posicións. Battement pointé diante e á 2ª. Grand plié en 1ª e 2ª posición Coupé diante e detrás salindo de 1ª posición

Diagonal

Camiñadas con distintas orientacións espaciais. Chassés sauté a 2ª (saltando a 1ª posición) Galop con distintas orientacións espaciais. Camiñadas en rélevé. Paso de polca en face Camiñadas dinámicas (Correr)

Poderá pedirse un exercicio de improvisación.

Criterios De Avaliación.

Coñecer e recoñecer os pasos básicos aprendidos, entendendo o seu vocabulario

técnico.

Este criterio permite comprobar que o alumno aprendeu o nome dos pasos e o

seu significado técnico na danza.

- Realizar os exercicios aprendidos que compoñen a barra que o profesor marque no

momento, empregando o tempo musical esixido neste nivel e a coordinación dos

brazos, pernas e cabeza.

Con este criterio trátase de comprobar a progresión na colocación do corpo,

valorando ademais o control do eixo, o desenvolvemento do en dehors e das da

Page 9: Acceso ao 2,3,4 ge

 

resistencia, para a obtención dunha base sólida e segura que permita ao alumno mais

adiante realizar exercicios máis avanzados.

- Repetir e realizar no centro os exercicios estudados na barra que o profesor marque

no momento.

Con este criterio trátase de comprobar se o alumno tomou conciencia do seu

equilibrio e das direccións no espazo, empregando correctamente o tempo musical e a

coordinación.

- Realizar, seguindo as indicacións do profesor, os exercicios que irán desenvolvendo

a técnica do salto (pequenos saltos nas dúas pernas).

Este criterio pretende comprobar o impulso ao dobrar e estirar as pernas

rapidamente, o control e suxeición do demi-plié para o empurre e a caída do salto, de

dúas pernas, a suxeición do torso, así como a elevación das cadeiras no salto.

- Camiñar e realizar un saúdo improvisado por cada alumno sobre un fragmento

musical

Búscase con este criterio observar as cualidades necesarias para a estética da

danza, como o desenvolvemento físico, a personalidade, musicalidade,

sensibilidade, harmonía e elegancia no movemento e a comunicación co

público.

- Reproducir e interpretar un exercicio de adagio con Port de bras.

Este criterio pretende comprobar a expresión artística, a interpretación e a

sensibilidade musical no movemento.

MATERIA: DANZA DE CARÁCTER

Contidos

Coñecemento da orixe e ubicación da danza rusa, polonesa e a tarantela.

Aprendizaxe progresiva dos distintos movementos de pernas destas danzas,

comezando o traballo fronte á barra. Estudo dos pasos aprendidos na barra no

centro. Estudo de movementos contrastados: staccato e legato. Aprendizaxe do

port de bras específico destas danzas. Aprendizaxe do emprego correcto dos

brazos e das cabezas dacordo co estilo, traballando o èpaulment. Exercicios dende

a diagonal. Adestramento progresivo da memoria a través da aprendizaxe de

novas combinacións de exercicios e fraseos. Estudo de variacións breves, facendo

énfase na intención expresiva, os acentos e matices musicais. Asistencia e

Page 10: Acceso ao 2,3,4 ge

 

participación en manifestacións escénicas relacionadas coa danza. Mantemento

de xeito continuado e rigoroso da disciplina estética e da conduta na clase.

Secuenciación dos contidos

1. RITMO: exercicios de ritmo 2/4 e ¾., traballando a acentuación rítmica con pernas

e palmas, marcando a parte forte do compás no chan.

2. PASOS DE CARÁCTER: pas de basques, saltos sobre unha perna, saltos con

cambio de fronte.

3. BRAZOS: traballo dos diferentes exercicios cos brazos na cintura e empregando a

falda de carácter. Asimilar a importancia das cabezas como elemento expresivo e

de carácter.

4. MONTAXE COREOGRÁFICA: combinación de pasos dos pasos aprendidos cos

seu épaulement, acentos e cabezas correspondentes.

5. PASOS DE CARÁCTER: Traballo da punta e do talón, dos golpes no chan, os pas

de basques, xeonllos flexionados en dedans e en dehors saltos, pivots e

promenades, na barra e no centro. Estudo de movementos contrastados staccato e

legato. Estudo do paso da polonesa co seu ritmo correspondente, traballando de

xeito individual en parellas, en diagonal, filas e círculo.

6. BRAZOS: Aprendizaxe do port de bras específico da danza rusa, partindo sempre

dende puños apoiados na cintura (entre a terminación da última costela e a cresta

ilíaca).

7. MONTAXE COREOGRÁFICA: combinación de pasos dos pasos aprendidos cos

épaulements e o estilo propio da danza rusa.

8. RITMO: exercicios de ritmo 6/8 traballando a acentuación rítmica con palmas e a

pandeireta.

9. PASOS DE CARÁCTER: Traballo de punta e talón a pé plano e saltando, Jetés

devant con piqué a terre a plié e saltando, traballo da posición do coud de pied

derriere, petit jetés derriere, pivots, pas de basque saltado. Traballo na barra e no

centro.

10. A TARANTELA: Orixe e ubicación da tarantela como danza típica de Italia.

Combinación dos pasos aprendidos co traballo da pandeireta.

11. MONTAXE COREOGRÁFICA: Tarantela

12. A COORDINACIÓN E O ESTILO: o correcto uso do material aprendido de forma

coordinada (brazos, pernas, tronco e cabeza).

Page 11: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Criterios de avaliación

1. Asimilar a importancia danza rusa , polonesa e a tarantela dentro do mundo da danza.

Comprobar que o alumno comprende os contidos teóricos explicados.

2. Realizar correctamente os exercicios de pés, brazos, torso e cabeza destas danzas, tanto na barra coma no centro.

Comprobar que os alumnos e alumnas teñen comprendido o carácter e estilo sen perder a colocación.

3. Reproducir e interpretar un exercicio axeitado a este nivel, que marque a pauta rítmica e o pulso desta danza.

Observar que o alumno executa correctamente, tanto rítmica como tecnicamente, os movementos destas danzas.

4. Memorizar unha variación coreográfica elaborada con pasos elementais aprendidos nas clases.

Constatar a correcta coordinación de movementos e a súa correcta execución técnica dentro do ritmo.

5. Amosar unha sensibilidade corporal, acompañando os movementos ritmicamente coa pandeireta (no caso da danza italiana), cos zapatos de carácter (no caso da danza rusa).

6. Realizar pequenas variacións que inclúan desprazamentos.

Observar o sentido respecto ao espacio, as dimensións e direccións.

7. Improvisar e crear danzas sinxelas empleando o ritmo ou o fraseo musical axeitado, creatividade, espacio, recursos técnicos, así como os coñecementos adquiridos.

Observar a capacidade creativa e o estilo do alumnado.

8. Interpretar unha danza individualmente, en parella ou en grupo.

Comprobar a capacidade creativa dos alumnos, así como o estilo e o grao de comprensión coreográfica.

Page 12: Acceso ao 2,3,4 ge

 

MATERIA: MÚSICA

Contidos

• Signos de repetición

• Ademais dos contidos do curso anterior serán:

• Figura: a semicorcheas e a redonda.

• Ritmos: 4 semicorcheas; 1cochea + 2 semicorcheas e viceversa.

• Liñas adicionais.

• Ritmo - Melodía - Harmonía.

• Compás de 4/4.

• Anacrusa.

• Signos de prolongación.

• Ton e semitón.

• Alteracións.

• Graos da escala.

• Termos de expresión, agóxica e dinámica.

• Os 4 grupos de instrumentos musicais clásicos.

• Forma: canon. Rondó.

• Respiración - Emisión.

• Control postural - relajación.

Criterios de avaliación

- Manter o pulso durante períodos breves de silencio, e durante toda unha obra.

- Distinguir e facer uso dos elementos que se utilizan na representación gráfica da

música ( notas, figuras, clave, indicacións de dinámica, de tempo, o compás)

- Participar nas actividades da clase.

- Intervir nas actividades de canto colectivo adaptando a súa expresión e entoación o

nivel sonoro do conxunto.

- Coordinar o movemento en grupo.

- Realizar exercicios de percepción auditiva sobre aspectos básicos como ascendente e

descendente, forte e débil , pregunta resposta, grave agudo, ou calquera outro

aspecto da linguaxe traballadas no curso.

Page 13: Acceso ao 2,3,4 ge

 

- Executar a través de percusión instrumental ou vocalmente estruturas rítmicas dunha

obra ou fragmento.

- Ler e interpretar pezas instrumentais en grupo.

- Coñecer e recoñecer os aspectos da teoría musical.

- Improvisar sobre un patrón ou libremente.

- Recoñecer na audición os distintos parámetros musicais.

- Recoñecer os instrumentos clásicos na audición e na visualización.

- Imitar estruturas melódicas e rítmicas breves coa voz e coa percusión.

- Interpretar as cancións con corrección.

- Realizar exercicios escritos cos contidos deste curso.

Page 14: Acceso ao 2,3,4 ge

 

ACCESO A 4º CURSO GRAO ELEMENTAL

MATERIA: DANZA CLÁSICA

Contidos

Execución de exercicios na barra e no centro para o desenvolvemento das resistencias

óseas e musculares que permitan o estudo da técnica da Danza e o desenvolvemento

do sentido do equilibrio e do eixo.

- Perfeccionamento da coordinación dos movementos de brazos, pernas e cabeza.

Aprendizaxe da axeitada colocación do corpo, presentando emprazamento correcto da

pelve e un control do torso.

- Adestramento do en dehors e da elasticidade nas articulacións.

- Execución de exercicios no centro con desprazamentos que permitan coñecer a

importancia da utilización do espazo e as súas direccións, empregando as diferentes

posicións: efacé, croisé e écarté.

- Aprendizaxe de exercicios para o estudo da técnica do xiro, do adagio e do salto

(sobre un só pé).

- Realización de exercicios para o desenvolvemento da forza, suxeición e elasticidade

do pé, que permitan o inicio do estudo do relevé sobre unha soa perna.

- Utilización da improvisación para o desenvolvemento da creatividade.

- A expresividade como elemento imprescindible da interpretación.

- Exploración do espazo nos seus planos, nas súas direccións, nos seus niveis e

traxectos, etc., a través de exercicios ou variacións individuais, por parellas ou en

grupo.

- Coñecemento do vocabulario específico deste nivel.

Page 15: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Secuenciación Dos Contidos .

Media punta

Barra

Estudo do grand plié en terceira. Souplesse en avant Cambre. Battement tendu diante, segunda e atrás desde terceira. Battement tendu diante, segunda e atrás desde terceira con plié. Battement soutenu diante, segunda e atrás desde terceira. Battement tendu e degagé en cloche. Petit developpé derrière. Rond de jambe en dehors e en dedans en 4 tempos. Fondu a terre diante e á segunda fronte á barra. Frappé a terre diante e a 2ª, desde pé en flex fronte a barra Frappé simple diante e á segunda, desde pé en flex fronte á barra. Equilibrio en retiré diante e detrás. Estudo do attitude devant e á 2ª, partindo de posición estirada. Piqué de unha a dúas pernas (fronte á barra) Relevé en coupé diante e detrás, desde o soussus en 3ª posición. Grand battement diante e á segunda de perfil. Sousus. Soubresaut. Preparación del glissade, fronte á barra. Grand plié en 1ª, 2ª e 3ª de perfil á barra. Souplesse en avant e de lao, de perfil á barra. Cambré de perfil á barra Battement fondu a pe plano de perfil diante e á segunda. Detournés. Rond de jambe en dehors e en dedans en 2 tempos. Battement frappé diante e á segunda de perfil. Battement frappé atrás cara a barra. Fondu atrás fronte á barra. Estudo do tombé (diante). Pas de bourrès por coupé en dehors e en dedans. Developpé diante e á segunda de perfil a 45º Enveloppé diante e á second de perfil a 45º Grand battement atrás cara a barra. Piqué coupé de coté (fronte a barra) Preparación de pirueta desde 3ª posición a pé plano. Glissade á segunda, fronte á barra. Changement de pied, desde 3ª posición. Exercicios para a preparación do assemblé. Echappé sauté desde 3ª a 2ª. Estudo do plié en 4ª posición. Relevé en en 4ª posición. Souplesse de lado cara ao exterior da barra Retiré a relevé, partindo desde relevé 3ª posición. Relevés a coupé e a retire desde 3ª plié Rond de jambe a terre con plié. Grand Rond de jambe en l´air a 45º de diante á segunda. Battement frappé simples en cruz. Ballonés á segunda. Petit battement á segunda, cambiando os coupés diante e atrás. Petit battement sur le coud de pied. Battements fondus a 45º en cruz. Promenade en retiré con ¼ de rotación. Developpé diante e á segunda a 45º de perfil. Developpé atrás cara a barra. Enveloppé diante e á segunda a 45º de perfil. Enveloppé atrás cara a barra. Pas de Chat por coupés. Estudo do tombé (á segunda)

Centro

Exercicio de introducción dos cambios de dirección no espacio, desde 1ª posición, pivotando sobre unha perna. Estudo do efacé e do croisé. 2º port de bras Vaganova. ¼ de rond de jambe en dehors e en dedans (de diante á segunda e de segunda a diante).

Page 16: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Coupé diante e atrás. Relevé en 3ª posición. Soussus Grand plié en 3ª posición. Passé diante e atrás. Battement soutenu a releve ó lao. Petit developpé en cruz. Estudo da 1ª e da 2ª posición de arabesque. Estudo do paso de vals en face, con inclinación de cabeza cara a perna de apoio, con brazos en preparación. Piqué de unha a dúas pernas Soubresaut Changement de pied. Battement jeté atrás. Tombé diante. Preparación de piruetas desde 3ª a pé plano. Changement Glissade á segunda. Assemblé á segunda en dehors e en dedans. Echappés sautés de 3ª a 2ª, cambiando e sen cambiar.

Diagonal Chassés ao éface Preparación e ½ xiro de soutenu en 8t. Chassé a éface e croisé

Poderá pedirse un exercicio de improvisación

Criterios De Avaliación.

Coñecer e recoñecer os pasos básicos aprendidos entendendo o seu vocabulario

técnico.

Este criterio de avaliación permite comprobar que o alumno aprendeu o nome

dos pasos e o seu significado técnico na danza.

- Realizar exercicios que compoñen a barra dunha clase de ballet deste nivel que o

profesor marque no momento,

Con este criterio trátase de comprobar a progresión na colocación do corpo,

valorando ademais a súa coordinación e a potencia muscular para a obtención

dunha base sólida e segura que permita o alumno máis adiante realizar

exercicios máis avanzados.

- Repetir e realizar no centro os exercicios que o profesor marque no momento,

empregando a coordinación, o espazo e as direccións.

Con este criterio trátase de comprobar se o alumno tomou conciencia do seu

equilibrio, da colocación do eixe corporal e das direccións no espazo e da

coordinación nos movementos de brazos, pernas e cabeza.

- Reproducir e interpretar un exercicio en tempo de adagio con Port de bras e

diferentes posicións a térre.

Este criterio pretende comprobar a expresión artística, a interpretación e a

sensibilidade musical no movemento.

Page 17: Acceso ao 2,3,4 ge

 

- Realizar, seguindo as indicacións do profesor, os exercicios que irán desenvolvendo

a técnica do salto (pequenos saltos nas dúas pernas).

Este criterio pretende comprobar o pulo ao dobrar e estirar as pernas

rapidamente, o estiramento e forza do pé e do nocello, o centro e suxeición do

“demi-plié” para o empurre e a caída do salto, a suxeición do torso, así como a

elevación das cadeiras no salto e a coordinación de brazos e cadeira.

- Realizar pequenas variacións que inclúan desprazamentos polo espazo marcados

polo profesor no momento.

Búscase con este criterio observar o sentido do alumno respecto ao espazo, ás

dimensións e ás direccións.

- Camiñar e realizar un saúdo improvisado por cada alumno sobre un fragmento

musical.

Búscase con este criterio observar as cualidades necesarias para a estética da

danza, como o desenvolvemento físico, a personalidade, musicalidade,

harmonía e elegancia no movemento e a comunicación co público.

MATERIA: DANZA GALEGA

Contidos

Estudo da orixe histórica das danzas galegas e a súa clasificación. Práctica e

execución dos pasos básicos das danzas galegas (muiñeira ou xota) por parella ou en

grupo. Recursos técnicos necesarios: paseillos, puntos, picados e voltas.

Interpretación de variantes coreográficas: danzar en espello, danzar ao contrario, abrir

e pechar rodas. Coordinación e colocación de brazos e cabeza. Identificación dos

instrumentos que acompañan ás danzas ( pandeiro, pandeireta, gaita, etc.).

Coñecemento dos traxes e significado sociocultural das danzas galegas máis

representativas. Adestramento permanente e progresivo da memoria. Montaxe de

danzas sinxelas. Estudo das estruturas tradicionais e traballo de guía. Emprego da

improvisación para o desenvolvemento da creatividade. A coordinación e a súa función

no movemento en relación coa intención expresiva. Disciplina, respecto e actitude

positiva nas clases. Asistencia e participación en manifestacións escénicas

relacionadas coa danza. Realización de traballos teóricos, comentarios e debates

sobre actividades propostas. Mantemento de xeito continuado e rigoroso da disciplina

estética e da conduta na clase.

Page 18: Acceso ao 2,3,4 ge

 

Secuenciación dos contidos

1. A DANZA GALEGA. Orixe histórica das distintas danzas. 2. OS BRAZOS. Aprendizaxe de primeiras posicións fixas e estudo dos pitos.

Movementos sinxelos nun mesmo plano do corpo. 3. A MUIÑEIRA I. Explicación teórica. Nacemento e breve introducción á súa historia.

Variantes da muiñeira. Primeiros paseillos, picados e puntos, con posicións fixas de

brazos. 4. A XOTA I. Nacemento e breve introducción, relacionándoa co resto das xotas do

folclore español. Variantes da xota. Primeiros picados e puntos con posicións fixas de

brazos. 5. PRÁCTICA DOS PICADOS CON DESPRAZAMENTOS EN DIAGONAL. Traballo

do trinta e tres en roda e en diagonal.

6. COMPOSICIÓN COREOGRÁFICA. Estudo dos puntos aprendidos en parella e en

grupo a través de estructuras simples. 7. O GUÍA. Traballo dos puntos aprendidos na clase, segundo a estrutura do baile

tradicional, na que un dos alumnos/as é o que guía que movemento se realizará en

cada momento. 8. OS BRAZOS. Aprendizaxe de movementos circulares de brazos, marcando a

pulsación musical cos pitos. Primeiras coordinacións de brazos pernas e cabezas para

os mozos a as mozas. 9. A MUIÑEIRA II. Paseillos, picados e puntos cos seus correspondentes brazos para

os rapaces a as rapazas. 10. A XOTA II. picados e puntos cos seus correspondentes brazos para rapaces e

rapazas.

11. COMPOSICIÓN COREOGRÁFICA. Estudo dos puntos aprendidos en parella e en

grupo a través de estructuras algo máis complexas. 12. O GUÍA. Traballo dos puntos seguindo a estrutura do baile tradicional, na que o

guía improvisa os seus propios puntos. 13. A INDUMENTARIA. Coñecemento dos traxes e significado sociocultural das

danzas galegas máis representativas. 14. A COORDINACIÓN E ESTILO. O correcto uso do material aprendido de forma

coordinada (brazos, pernas, tronco e cabeza) co estilo propio desta danza. 15. O GUÍA. Traballo dos puntos seguindo a estrutura do baile tradicional, na que o

guía improvisa os seus propios puntos.

Page 19: Acceso ao 2,3,4 ge

 

16. A SINCRONIZACIÓN entre os membros do grupo. 17. A MÚSICA. Instrumentos típicos que acompañan esta danza.

Criterios de avaliación

1. Asistir a clase uniformado e aseado e mostrar respecto e interese pola materia.

Con este criterio preténdese comprobar o nivel de disciplina acadado polo alumno/a.

2. Manter o tesón e o esforzo necesarios para acadar os obxectivos técnicos e artísticos plantexados no curso.

Con este criterio, trátase de comprobar a capacidade do alumno para superar os factores subxectivos e ambientais que poidan influírlle no seu rendemento.

3. Coñecer a riqueza e variedade do folclore galego, a súa orixe, indumentaria e ritmos básicos.

Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas tradicionais galegas e recoñeza a través do seu visionado (traxes e pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos.

4. Demostrar o coñecemento básico de distintos ritmos: muiñeira e xota.

Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a.

5. Demostrar o coñecemento dos recursos técnicos de pés e pernas: paseillos, puntos, picados e voltas.

Este criterio pretende observar que o alumno/a interioriza a técnica elemental.

6. Executar sobre un fragmento musical variacións coreográficas marcadas polo profesor e elaboradas con pasos os seus respectivos brazos.

Este criterio de avaliación pretende comprobar a coordinación de movementos e a súa execución técnica dentro do ritmo.

7. Realizar exercicios que inclúan desprazamentos, así como danzas en parella e en grupo e as súas variantes.

Con este criterio búscase observar o sentido do alumno/a con respecto ao espazo, as dimensión e direccións, así como a relación entre os intérpretes e a súa proxección espacial.

8. Memorizar pequenas variacións coreográficas marcadas polo profesor/a.

Con este criterio preténdese comprobar a capacidade do alumno/a para aprender a primeira vista e memorizar un paso, un exercicio ou un conxunto deles.

Page 20: Acceso ao 2,3,4 ge

 

9. Improvisar puntos segundo a estrutura do baile tradicional, na que o alumno será o guía do resto do grupo.

Con este criterio preténdese observar se o alumno indica e executa os movementos empregando o ritmo e o fraseo musical adecuadamente, facendo un correcto uso do espazo.

10. En todos os exercicios se valorará o correcto emprego da respiración, así como a capacidade artística, a sensibilidade e a musicalidade dos alumnos/as.

MATERIA: MÚSICA

Contidos

• Compás de 6/8

• Tresillo y dosillo

• Sincopas

• Notas a contratempo

• A frase cadrada .

• Funcións tonais

• Intervalos (Ascen. Descen., Conx. Disx., simpl. Compost, Arm. MeL, N°)

• Alteracións

• Escala maior e menor diatónica

• Dinámica e agóxica

• Patróns de danzas populares

• A voz: respiración, emisión, entoación, articulación.

• Aspectos interpretativos da canción: afinación, precisión,

dicción e expresión.

• Cánons

• Intrumentos musicais clásicos.

• Principais agrupacións instrumentais

.

Page 21: Acceso ao 2,3,4 ge

 

 

Criterios de avaliación

-Interpretar, vocal ou rítmicamente, pezas escritas.

-Recoñecer e identificar acento periódico dunha obra ou fragmento.

-Entoar unha melodía ou canción tonal con acompañamento. Diferenciar a través da

audición as sonoridades dos instrumentos da orquestra, agrupacións mais

significativas.

-Distinguir e facer uso dos elementos que se utilizan na representación gráfica da

música ( notas, figuras, clave, indicacións de dinámica, de tempo, o compás,)

-Intervir nas actividades de canto colectivo adaptando a súa expresión e entoación o

nivel sonoro do conxunto.

-Realizar exercicios escritos cos contidos deste curso.

-Improvisar estruturas rítmicas sobre un fragmento escoitado.

-Recoñecer e valorar a riqueza do noso folclore.

-Reproducir por escrito fragmentos sinxelos rítmicos e melódicos escoitados.

-Aplicar a linguaxe musical necesaria para realizar análises de audicións

-Recoñecer auditivamente escalas maiores e menores.

XEFATURA DE ESTUDOS