Actividades

13
PROPOSTA DE ACTIVIDADES CURSO: 2011 - 2021

description

Proposta de actividades para o presente curso escsolar

Transcript of Actividades

Page 1: Actividades

PROPOSTA DE

ACTIVIDADES CURSO: 2011 - 2021

Page 2: Actividades

ACTIVIDADES

Tendo en conta que a función deste Equipo é fundamentalmente dinamizadora,

buscamos actividades alternativas ás exclusivamente docentes, nas que o

alumnado poida pasalo ben traballando “en e para o galego”. Por iso

propoñemos as seguintes actividades:

Ambientalidade

OBXECTIVOS:

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das

festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día

das Letras Galegas.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE:

Os murais que se fan nas aulas con motivo das festas tradicionais galegas, en

colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares; e os que se fagan co

tema deste ano, en colaboración co Equipo de Biblioteca; e que adornan os

nosos corredores ao longo de todo o curso escolar, estarán en lingua galega.

(Outono, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas, o Cooperativismo:A

pesca).

Propoñen: Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Actividades

Extraescolares e Equipo de Biblioteca.

Colabora todo o profesorado.

Participa todo o alumnado.

Actividade plurianual

Page 3: Actividades

Postal de Nadal

OBXECTIVOS:

Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade

Escolar.

Uso das novas tecnoloxías.

Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das

festas tradicionais.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE:

Actividade plurianual

Como cada ano por estas datas o EDLG elixe un tema e establece as bases para a

elaboración dunha postal de Nadal que se traballará nas aulas respectivas, para,

despois da súa montaxe en Photoshop e impresión da mesma, enviar ás familias.

Para este curso pretendemos que as bases sexan semellantes as de cursos

anteriores e o tema a tratar estará dentro de “O mar e a pesca”

Organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Colaboran os titores

Participan todas as aulas.

Destínase a toda a Comunidade Escolar do noso Centro.

Page 4: Actividades

Taller de disfraces

OBXECTIVOS:

Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade

Escolar.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

Crear máis espazos de uso do galego.

Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das

festas tradicionais galegas: magosto, Entroido,…

ACTIVIDADE:

De cara a celebración do Entroido, e tendo como tema “O mar e a pesca”, o

equipo docente de Educación Infantil elaborará os disfraces que lucirán os nenos

e nenas desta etapa educativa no desfile do Colexio.

Para elo, e con tempo suficiente, crearanse os talleres de disfraces, que terán

lugar os martes pola tarde, e nos que traballarán de forma conxunta profesoras e

pais/nais destes nenos/as.

Propoñen esta actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o

Equipo de Actividades Extraescolares.

Colaboran profesoras e pais/nais de Educación Infantil.

Page 5: Actividades

Faladoiros OBXECTIVOS:

Dinamizar a nivel oral a lingua galega.

Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa en galego.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,

tanto en galego como en castelán.

Crear máis espazos de uso do galego.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE:

Son unha forma de expresión oral, lúdica e educativa na que o alumno disfruta

preparando e participando nunha serie de actividades que lle permiten ver que o

galego tamén é unha fonte de pracer e diversión.

Traballamos dous faladoiros, denominados: Faladoiro de Outono, que

celebraremos en decembro e Faladoiro de Primavera, que se preparará para a

Semana das Letras Galegas.

A proposta do EDLG, e partindo dun tema dado ou ben con tema libre si así o

acordamos, cada aula prepara unha actividade ( poemas, recitados, cantigas,

bailes, lendas, contos, tradicións,…) para, na data fixada, representar diante dos

seus compañeiros de Ciclo ou de Centro, atendendo a organización que en cada

intre se faga do mesmo.

De cada Faladoiro farase unha montaxe fotográfica e un vídeo no que queda

plasmado a actividade que realiza cada grupo de nenos/as participantes.

Esta actividade supón que os nenos e nenas teñen que:

Levar a cabo un traballo de búsqueda da actividade que van preparar.

Adaptar a mesma a súa idade e aos medios cos que contan para

traballala.

Memorizar o texto e aprender as pautas para a súa representación.

Traballar en equipo co resto do grupo ou da clase.

Facer, en moitos casos, a tradución ao galego.

É esta unha actividade plurianual.

As pautas para a súa celebración correspóndenlle ao Equipo de Dinamización da

Lingua Galega.

Da preparación encárganse os titores. Contamos tamén coa colaboración das

familias

Participa todo o alumnado.

Page 6: Actividades

Teatro Intercentros

OBXECTIVOS:

Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua

galega.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Contribuír á dinamización lingüística.

Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno,

tanto do Concello de Vigo como doutros concellos veciños (Nigrán).

Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.

Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade

Escolar.

Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa

lingua.

Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira

plena competencia en galego.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE:

O grupo de teatro do Centro, formado por tres profesoras do mesmo, prepara

cos seus alumnos/as unha obra que ao longo do curso será representada tanto no

noso Colexio, para nenos/as, profesores/as e pais/nais, como en outros centros

do Concello de Vigo, Nigrán e Baiona.

Trabállase en colaboración co Concello de Vigo, que subvenciona parte da

actividade e coa Escola de Teatro. E asistimos as xornadas organizadas por estes

organismos.

Esta actividade vense realizando dende hai varios anos.

Propón a actividade o Grupo de Teatro do Centro. Conta coa colaboración das

familias.

Colaboran na mesma o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de

Actividades Extraescolares.

Participan un ou varios grupos de alumnos/as, profesoras do grupo de teatro e

pais/nais dos nenos/as participantes.

Page 7: Actividades

Actualización do blog de dinamización da

lingua galega: Dinamiza

OBXECTIVOS:

Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego.

Usar as novas tecnoloxías para difundir experiencias.

Dinamizar a lingua galega

Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade

Escolar.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Promover a lectura como vía de acceso a información.

Potenciar a lectura en lingua galega.

Favorecer a integración dos alumnos/as non galegos no emprego da nosa

Intentar que o alumnado que ten o castelán como lingua vehicular adquira

plena competencia en galego.

Crear máis espazos de uso do galego.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

Intercambiar experiencias e actividades con centros educativos do entorno.

ACTIVIDADE:

Faremos uso das novas tecnoloxías para dar a coñecer as nosas experiencias e

actividades a toda a Comunidade Escolar e a outros Centros Educativos que así

o desexen.

Ao longo do ano actualizaremos o noso blog dinamizador da lingua galega:

Dinamiza coas novas que se produzan e coas actividades realizadas.

Faremos o mesmos co noso apartado da páxina web do Centro.

Propón e elabora a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Participa todo o alumnado do Colexio, que terá aceso a mesma e na que se

publicarán as súas actividades.

Page 8: Actividades

Visita de escritores en lingua galega

OBXECTIVOS:

Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego

como en castelán.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Contribuír á dinamización lingüística.

Promover a lectura como vía de acceso a información.

Potenciar a lectura en lingua galega.

Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,

tanto en galego como en castelán.

ACTIVIDADE:

Nesta ocasión o disfrute consiste na celebración dunha xornada de convivencia

cun escritor en lingua galega, do que de antemán leron unha obra, e que lles

contará as súas vivencias como escritor.

Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co

Equipo de Biblioteca.

Participa o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria.

Page 9: Actividades

Participación en campañas de concienciación

OBXECTIVOS:

Intercambio de experiencias e actividades con centros educativos do

entorno.

Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Contribuír á dinamización lingüística.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

ACTIVIDADE:

Dende hai uns anos os nosos alumnos/as participan no CORRELINGUA, acto

que se convoca anualmente e no que despois de concentrar aos nenos/as dos

distintos colexios no Concello, faise unha andaina reivindicativa en prol da

lingua galega ata o Parque de Castrelos.

Participaremos na elaboración do Manifesto, e na súa lectura no Parque de

Castrelos. Tamén intentaremos facer o mesmo coa pancarta reivindicativa.

Propón a actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Pode inscribirse todo o Centro.

Page 10: Actividades

Semana do cine en galego

OBXECTIVOS:

Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego

como en castelán.

Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Contribuír á dinamización lingüística.

Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,

tanto en galego como en castelán.

Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE:

Proxección diaria, durante unha semana, dun filme en galego, que despois se

traballará na clase.

O EDLG programará actividades para realizar antes e despois de visualizar a

película.

Programado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Participa todo o alumnado do noso Colexio.

Page 11: Actividades

Semana das Letras Galegas

OBXECTIVOS:

Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego

como en castelán.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Contribuír á dinamización lingüística.

Potenciar as actividades que se realicen a nivel de centro con motivo das

festas tradicionais galegas e participar activamente nas actividades do Día

das Letras Galegas.

Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,

tanto en galego como en castelán.

Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE:

Durante esta semana organizaranse varias actividades; unhas que se

programarán coordinadamente entre os distintos Ciclos e Departamentos, e

outras que se prepararán para a súa realización a nivel de aula.

Para as actividades de aula o EDLG encargarase de elaborar unha unidade

didáctica sobre o homenaxeado este ano e facilitará as de outros colectivos que

nos teñan mandado a súa por esas datas

Por outra banda coordinará as actividades conxuntas e tamén facilitará ao

profesorado unha serie de propostas a realizar e os recursos necesarios para

poder levalas a cabo.

Incluirase nesta semana as actividades do Faladoiro de Primavera.

Celebraranse as xornadas de teatro, pola mañá para o alumnado do Centro e pola

tarde para pais e nais.

Montarase a exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado no ano

2011.

Programa e organiza estas actividades o Equipo de Dinamización da Lingua

Galega en colaboración co Equipo de Actividades Extraescolares.

Destinado a toda a Comunidade Educativa.

Page 12: Actividades

Revista Escolar

OBXECTIVOS:

Motivar a adquisición dunha competencia comunicativa tanto en galego

como en castelán.

Estender e optimizar o uso da lingua galega dentro da nosa Comunidade

Escolar.

Uso das novas tecnoloxías para difundir experiencias.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Intentar conseguir un cambio de imaxe da lingua galega de xeito que lle

permita conseguir cotas máis altas no seu prestixio social.

Potenciar a lectura en lingua galega.

Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,

tanto en galego como en castelán.

Garantir que o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu

labor docente.

Crear máis espazos de uso do galego.

Eliminar todo tipo de prexuízos cara ao galego.

Tratar de mellorar a competencia lingüística do galego para que conleve

unha repercusión positiva no seu uso.

ACTIVIDADE:

Está concibida como o órgano de expresión da nosa Comunidade Educativa e

terá carácter anual.

Coordinará esta actividade o EDLG, contando coa colaboración de todo o

profesorado e todo alumnado do Centro.

O seu obxectivo será buscar e seleccionar traballos e noticias relacionadas tanto

con contidos curriculares como con actividades complementarias organizadas

polo Centro.

A nosa revista escolar é Encontros. O tema central deste ano será “O mar e a

pesca” e contará, ademais con todos aqueles traballos, actividades, debuxos, etc.,

cos que os nosos colaboradores desexen participar.

Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Colabora todo o profesorado e alumnado do Centro.

Destínase a toda a Comunidade Educativa.

Page 13: Actividades

Colaboracións

OBXECTIVOS:

Traballar en estreita colaboración con outros organismos normalizadores e

dinamizadores da lingua galega.

Crear máis espazos de uso do galego.

ACTIVIDADE:

Consideramos que para dinamizar a lingua galega fai falla un labor coordinado

de todos os sectores de ámbito social. Por elo estamos dispostos a traballar en

estreita colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do

Concello de Vigo, co Coordinador de zona da Consellería, coa Coordinadora

galega dos EDLG e con todos aqueles equipos que traballen na dinamización e

uso do galego.

Encárgase o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Sesións de Conta contos

OBXECTIVOS:

Motivar a adquisición dunha boa competencia comunicativa en lingua

galega.

Favorecer o uso do galego por parte do alumnado, na vida escolar non

regrada.

Contribuír á dinamización lingüística.

Potenciar a lectura en lingua galega.

Conseguir que todo o alumnado adquira plena competencia lingüística,

tanto en galego como en castelán.

ACTIVIDADE:

É esta unha actividade lúdica que consideramos interesante porque se fomenta

conxuntamente o uso do galego e o da lectura.

Consiste en que os nenos e nenas maiores (Terceiro Ciclo de Primaria) lean e

preparen a representación dun conto (dramatización, Guiñol, …) para os máis

pequenos (Educación Infantil).

Propón o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.