Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra:...

6
Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia Dende o curso 2009-2010 iniciamos unha serie de actividades en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia que permitiron asistir ao alumnado do noso centro aos ensaios xerais de concertos con solistas de prestixio internacional. Estas actividades tiveron continuación durante os seguintes cursos, aumentando a lista de pianistas que tivemos o pracer de escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars Vogt, Christian Zacharias, Pierre-Alain Volondat, Luis del Valle, Vïctor del Valle, Eldar Nebolsin, Alice Sara Ott, Javier Perianes e Marianna Prevalskaya.

Transcript of Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra:...

Page 1: Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars

 

 

 

Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia  

Dende o curso 2009-2010 iniciamos unha serie de actividades en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia que permitiron asistir ao alumnado do noso centro aos ensaios xerais de concertos con solistas de prestixio internacional. Estas actividades tiveron continuación durante os seguintes cursos, aumentando a lista de pianistas que tivemos o pracer de escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars Vogt, Christian Zacharias, Pierre-Alain Volondat, Luis del Valle, Vïctor del Valle, Eldar Nebolsin, Alice Sara Ott, Javier Perianes e Marianna Prevalskaya.

 

Page 2: Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars

 

 

Curso ERASMUS do profesor Lukas Michel (Universidade de Ostrava)  

Entre os días 26 e 28 de setembro de 2012 tivemos un curso de piano impartido por Lukas Michel, profesor de piano da Universidade de Ostrava.

Foto do concerto que o día 20 de setembro de 2011 ofreceu Lukas Michel no auditorio do noso centro xunto có chelista Jan Haliska, tamén profesor da Universidade de Ostrava.

 

 

 

 

Page 3: Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars

 

Curso  ERASMUS  da  profesora  Katia  Veekmans  (Conservatorio  Maastricht)    

 

Entre os días 8 e 10 de maio de 2013 tivemos o pracer de contar de novo para a realización dun curso de piano no noso centro coa pianista Katia Veekmans. A profesora belga, alumna de Lazar Berman, tamén traballou na Royal Academy of Brussels e na Faculty of Music of Utrecht. Katia Veekmans é membro regular de diversos tribunais de concursos internacionais e actuou como solista con múltiples orquestras con destacados directores por toda Europa.

 

 

 

 

 

Page 4: Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars

 

Curso ERASMUS do profesor Ivan Klánský (Academy of Performing Arts-Praga)  

Ivan Klánský é profesor da Academia de Belas Artes de Praga e do Conservatorio da cidade suiza de Lucerna. O pianista checo compaxina a súa labor de solista cunha intensa actividade dentro da música de cámara, no renombrado Guarneri Trio, acumulando na súa carreira máis de 4000 actuacións. Entre os días 9 e 11 de abril de 2013 contamos novamente coa súa participación lectiva impartindo un curso de piano ERASMUS no CSM da Coruña.

Nesta ocasión tamén tivemos o pracer de escoitalo actuando como solista acompañado pola orquestra do CSM da Coruña no Concerto Solidario a favor de Cruz Vermella celebrado o día 11 de abril de 2013.

 

 

 

 

Page 5: Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars

 

 

 

Curso de piano impartido por María Parra Peñafiel  

O día 20 de marzo de 2013 tivemos o pracer de contar coa participación da profesora María Parra impartindo un curso de piano no noso centro. María Parra obtivo o diploma de “Master en Música Española”, como estudios de posgrao, outorgado pola prestixiosa pianista Alicia de Larrocha na Academia Marshall de Barcelona. Tamén estudiou durante tres anos no “Conservatoir Superieur de Paris” cós profesores Jacques Rouvier y Prisca Benoit .

 

 

 

 

Page 6: Actividades coa Orquestra Sinfónica de Galicia · escoitar xunto a esta destacada orquestra: Arcadi Volodos, Yuja Wang, Paul Lewis, Jorge Federico Ossorio, Alexander Yakovlev, Lars

 

 

 

Curso de piano impartido por Boris Berman (Yale University)  

Boris Berman, pianista e pedagogo nacido en Rusia, alumno de Lev Oborin no Conservatorio de Moscú, impartíu un curso de piano no noso centro entre os días 23 e 24 de maio de 2013.

Actualmente Boris Berman é profesor na Yale University, anteriormente impartíu clases nas universidades de Boston, Brandeis e Indiana. Especializado na música de Prokofiev, sobre o que escribíu un libro titulado Sonatas para piano de Prokofiev, é un dos intérpretes pianísticos máis recoñecidos a nivel internacional do panorama actual.