ACTIVIDADES LINGUA GALEGA 6ºportelodefuxu.com/wp-content/uploads/2020/03/d7556db5291f3b97… ·...
Transcript of ACTIVIDADES LINGUA GALEGA 6ºportelodefuxu.com/wp-content/uploads/2020/03/d7556db5291f3b97… ·...
ACTIVIDADES LINGUA GALEGA 6º
Que é un Tríptico?
Un tríptico é un folleto informativo no cal unha folla, tamaño folio, está dividida en tres
partes. É habitual para dar a coñecer un produto ou servizo de forma detallada.
Un tríptico é un espazo para escribir, debuxar ou pintar que se dobra. Está composto de 6
caras y dous pregues e pode ter unha orientación vertical ou horizontal.
CARAS DEL TRÍPTICO:
➢ Portada
• Debe ser atractiva e creativa
• Xerar curiosidade ao abrir o folleto.
➢ Panel frontal interno
Os tres paneis internos son o lugar indicado para facer unha descrición máis detallada das
actividades, produtos e servizos.
➢ Contraportada
• Debe conter a información de contacto.
• Dirección do sitio web.
1.- Elabora un tríptico sobre a cidade de Oporto.
Debe estar dividido nas tres caras do folleto nas que se poden incluír fotos, debuxos,
imaxes...
Portada: estará deseñada por vós e deberá ser atractiva e creativa.
Interior do tríptico: contará con aqueles aspectos que pensedes que poden ser de
interese para un turista. Por exemplo (non ten porque incluírse toda):
• Breve información da cidade.
• Puntos de interese turístico.
• Transportes da cidade.
• Festas populares.
• Oferta gastronómica: pratos típicos, restaurantes...
• Curiosidades.
Contraportada: incluirá a localización e como chegar á cidade, o mapa, a páxina web
do concello ou da oficina de información turística...
Unha vez organizada a información que queredes incluír no voso tríptico, revisade que:
✓ Conteña a información que queredes destacar e se comprenda facilmente.
✓ Este organizado en pequenos parágrafos cos seus correspondentes títulos.
✓ A extensión sexa curta e respectando as marxes.
✓ Non debe ter faltas de ortografía.
Podedes consultar as seguintes páxinas web:
https://www.oporto.net/
https://viajerosonline.org/portugal-oporto-informacion-turistica-y-guia-de-viaje-de-la-ciudad-
de-oporto/
https://es.wikipedia.org/wiki/Oporto
GRAMÁTICA
1. Subliña os demostrativos que atopes nestas oracións.
• De quen son todos aqueles libros? • Pásame ese bolígrafo, por favor.
• Non sei que fai este pano no peto. • A túa casa é esta ou aquela?
2. Completa estas oracións cos demostrativos necesarios segundo a
clase.
Ten en conta o xénero e número.
• ▲ ganso é meu e ♦ de alá é do veciño.
• Non sabia que ♦ vez o fixeras ti.
• ▲ donas non as coñeces, pero ♦ homes, si.
• Gústanme máis ▲ pantalóns ca ♦ da tenda.
3. Completa o cadro dos demostrativos.
Masc.
singular Masc. plural Fem. singular Fem. plural
proximidade
distancia media
afastamento
4. Agrupa os demostrativos segundo o xénero e o número.
5. Volve escribir estas oracións substituíndo os complementos do nome
subliñados polos posesivos correspondentes.
• Teño que ir ao piso de David para amañarlle o ordenador.
• Os amigos de Xurxo e as amigas de Sabela non se coñecen.
• Díxolle o nome dela; era tan estraño coma os apelidos deles.
▲
preto
♦
lonxe
este
aquela
esa
aquelas
eses
aquel
estes
esta
ese
estas
6. Completa estas oracións cos posesivos que cumpran.
• Clara e Paulo teñen dous rapaces: son os fillos.
• Teño unha irmá: é a irmá.
• Levo un patinete: é o patinete.
• Escribiu un poema: é o poema.
• Nós inventaremos un xogo: será o xogo.
COMPRENSIÓN LECTORA
Unha raposa espelida
Unha vez, a raposa ía coa gacela ao bosque a buscar algunha cousa para comer
e chegaron a unha árbore medio morta. A raposa explicoulle á gacela que estaba chea de
mel e que podían comer todo o que quixesen, porque era seu.
O único que tiñan que facer era espantar as abellas que alí traballaban. Coas pólas
máis baixas fixeron unha fogueira e, co fume, as abellas marcharon rapidamente para
non afogar. A raposa e a gacela colleron unha enchente, ata que pasou un león.
–Que facedes aí, comendo o meu mel?
A gacela, que non sabía que a raposa a enganara, preguntou:
–Que podemos facer agora?
–Eu collerei a leña que queda para preparar unha trampa, e ti espántalo co fume
da fogueira –contestou a raposa. Pero o león saltou por enriba da leña acesa, atrapou
a gacela e devorouna mentres a raposa escapaba.
O león buscouna durante moitos días, ata que finalmente atopou o tobo da raposa.
Estaba baleiro, e decidiu agardala dentro, para darlle o seu castigo. Cando volveu
a raposa espelida, dixo:
–Bo día, casiña, volvín! Que pasa que non contestas para darme a benvida?
O león caeu na trampa e, para que a raposa non sospeitase, respondeu afinando a voz:
–Bo día! Bo día!
E así a raposa soubo que a agardaba o león, e díxolle:
–Desde cando, león, falan as casas?
E arrincou a correr tan rapidamente que o león non a deu collido. Correu e correu
ata que a sede a fixo parar para beber auga dun pozo. Meteuse no caldeiro que había alí
enganchado na corda e deixouse caer para chegar á auga. Bebeu ata que non puido máis,
sen pensar como faría para subir. Daquela viu que unha hiena a observaba atentamente
desde a boca do pozo. E a hiena preguntoulle:
–Que fas aí, irmá raposa?
–Acabo de comer un bo anaco de manteiga. Aínda queda moita, pero estou tan farta
que non me cabe máis. Quérela ti?
A hiena mirou cara abaixo e viu que enriba da auga flotaba unha cousa grande e redonda
(que en realidade era o reflexo da lúa), e preguntoulle como podía baixar.
–É moi fácil! Métete no caldeiro que hai no outro cabo da corda.
E a hiena meteuse no caldeiro sen pensalo, de xeito que, polo contrapeso, a raposa puido
subir sen facer case esforzo. Cando estivo arriba, saíu do pozo dun salto e deixou
a hiena dentro do pozo. Que mirase de buscar unha maneira de saír de alí!
E vendo como era de espelida, o león decidiu facerse amigo da raposa e propúxolle que,
daquela en diante, fosen cazar xuntos.
ROSA VILA, Unha raposa espelida (Adaptación)
1. Explica a proposta que lle fai a raposa a cada un dos outros animais.
2. Marca. Como era a raposa?
astuta xenerosa mentireira sincera
3. Indica o personaxe que dixo cada unha destas frases.
Que podemos
facer agora?
Que fas aí,
irmá? Desde cando, león,
falan as casas?
4. Marca a oración que resume mellor o significado global do conto.
Con boa vontade conséguense moitas cousas.
Para ter amigos, débese ser tan astuto coma unha raposa.
Neste mundo só sobreviven os espelidos.
A unión fai a forza.
5. Contesta. Cal é a maneira de actuar da raposa para saír coa súa?
ACTIVIDADES LENGUA CASTELLANA 6º
COMPRENSIÓN LECTORA
1. Lee el texto con la pronunciación, la entonación y el ritmo adecuados.
Fernando Botero, artista
Fernando Botero es un pintor, escultor y dibujante colombiano que nació en Medellín en 1932. Su primer trabajo artístico lo consigue en 1948 como ilustrador del periódico El Colombiano y, al poco tiempo, empiezan sus primeras exposiciones de pintura. En 1952 toma un barco rumbo a Europa y se establece en Madrid, donde estudia en la Academia de Bellas Artes de San Fernando. Durante esta época, tomará contacto con las obras de Velázquez y Goya, que han influido en su obra. Más tarde viaja a Francia e Italia, y estudia en la Academia San Marco de Florencia; pero, de vuelta a su país, su obra es duramente criticada. En 1956 se traslada a México para estudiar el arte precolombino y, especialmente, a los muralistas mexicanos. A partir de entonces, su obra comienza a tener éxito. En la década de los años 70 comienza a crear esculturas, a las que dota de las mismas sensaciones de volumen que a sus pinturas, y su éxito es arrollador. Varias de sus exposiciones fueron sacadas a la calle, tanto en Europa como en EE. UU., y algunas de esas obras han sido donadas o compradas al artista por las ciudades donde fueron expuestas, quedándose allí. Sus obras se caracterizan por retratar gruesos personajes de formas muy redondeadas, lo que ha convertido su obra en inconfundible.
2. ¿De qué trata este texto? Marca.
Es una noticia sobre Fernando Botero.
Es un anuncio de Fernando Botero.
Es una biografía de Fernando Botero.
Es un mensaje de Fernando Botero.
3. ¿En qué comenzó a trabajar Fernando Botero?
■ Averigua si este periódico aún existe y dónde se publica.
4. Copia del texto las academias de arte en las que estudió e indica dónde
estaban situadas.
5. Explica qué ocurre con la obra de Botero en estos dos momentos
de su carrera:
Cuando vuelve de Europa. Cuando se traslada a México.
6. ¿Cuántos años tenía Botero cuando su obra tuvo un enorme éxito?
Menos de 20 Menos de 30. Más de 70. Más de 40.
7. Marca las palabras de significado parecido al de arrollador.
abrumador malogrado aplastante
incontestable
8. ¿Por qué la obra de Botero es fácilmente reconocible? ¿Cómo es?
GRAMÁTICA
ESTUDIAR EL PRESENTE, PRETÉRITO IMPERFECTO, PRETÉRITO PERFECTO
SIMPLE, FUTURO Y CONDICIONAL SIMPLE DE LOS VERBOS SALTAR,
APRENDER Y PARTIR.
1. Copia los infinitivos y escribe a qué modelo de conjugación
pertenecen.
• peinar • arenal • acudir • mirar • comer
2. Añade desinencias y escribe tres formas verbales en cada caso.
• proteg-
• busc-
• describ-
3. Escribe junto a cada forma verbal la persona y el número
correspondientes.
• compré • movimos
• preguntaron • salió
• anuncias • nadabais
4. Indica a qué modo pertenecen estas formas verbales.
• sonrió
• viváis
• permitid
5. Analiza las siguientes formas verbales.
Persona Número Tiempo Modo Verbo
habías cantado
estuviéramos
tendrían
6. Escribe las siguientes formas no personales del verbo admitir.
• Gerundio
• Participio
• Infinitivo compuesto
7. Escribe formas verbales.
• La tercera persona del singular de un tiempo pasado.
• La primera persona del plural de un tiempo futuro.
• La segunda persona del plural del imperativo.
8. Clasifica estos verbos donde corresponda.
• Cantar • salir • anochecer • aplaudir • ir • granizar
Verbos regulares
Verbos irregulares
9. Escribe en cada caso la primera persona del singular del tiempo
que se indica. Después, contesta.
Presente Pretérito
perfecto simple Futuro
dar
saber
pedir
• ¿Qué clase de verbo es cada uno de ellos: regular o irregular? Razona la
respuesta.
10. Escribe el infinitivo al que pertenecen estas formas verbales.
• traduje • anduve
• supe • dije
11. Completa con formas del pretérito imperfecto de indicativo de cada
verbo.
• Sentar No le bien la corbata que se había puesto.
• Llegar La cola de gente hasta el final de la calle.
• Pensar ¿Vosotros ir a la fiesta?
EXPRESIÓN ESCRITA
Inventa una historia a partir de estos personajes, el escenario y la situación según la
puntuación que obtengas en el dado. Deberás tirarlo tres veces; la primera para ver que
personaje formará parte de tu historia, la segunda para conocer el espacio dónde se
desarrollará la acción y, por último, la tercera tirada que indica la acción de tu historia.