ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de...
Transcript of ACTIVIDADES VERÁN 2016 - Concello de Mesía · campamento; ese día, o 22 xullo, cada neno/a de...
ACTIVIDADES VERÁN_2016
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
2
ESCOLAS DE VERÁN E CAMPUS INFANTÍS
ESCOLA DE NATACIÓN: APRENDE A NADAR 1 IDADE Nenos/as que non saben nadar, nenos/as que este
curso estiveran en 3º de educación infantil. HORARIO Días: Luns, martes, mércores e xoves.
Horarios: 13:15 h – 14:00 h. Do 26 de xullo ao 1 de setembro.
INSTALACIÓN Piscina de Xanceda. PREZO 12 €.
ESCOLA DE NATACIÓN: APRENDE A NADAR 2
IDADE Nenos/as que xa saben flotar sen axuda (de manguitos, churros...). Pasarán unha proba.
HORARIO Días: Luns, martes, mércores e xoves. Horarios: 12:30 h - 13:15 h. Do 26 de xullo ao 1 de setembro.
INSTALACIÓN Piscina de Xanceda. PREZO 12 €.
CAMPUS COCA – COLA DE FÚTBOL NIVEL Medio. De 5 a 13 anos. Faranse 2 categorías. HORARIO Os martes. Do 2 ao 30 de agosto.
Horario: 17:30 h - 18:30 h. INSTALACIÓN Campo de fútbol de Xanceda. CARACT. Aprendizaxe técnico con xogos e circuítos.
Competicións de habilidades e partidos. Faranse 2 categorías.
PREZO 12 €.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
3
CAMPUS COCA – COLA DE PÁDEL NIVEL Iniciación. IDADE De 8 a 14 anos. HORARIO Os mércores. Do 27 de xullo ao 31 de agosto.
Horario: 12:30 h - 13:45 h. INSTALACIÓN Pista de pádel de Cabrui. CARACT. Aprendizaxe do pádel con xogos e circuítos.
Competicións de habilidades e partidos. Importante traer raqueta de pádel. Mínimo 4 inscritos, máximo 8.
PREZO 6 €.
CAMPUS COCA – COLA DE TENIS NIVEL Nivel básico. Iniciación. IDADE De 8 a 14 anos. HORARIO Os mércores. Do 27 de xullo ao 31 de agosto.
Horario: 11:00 h - 12:15 h. INSTALACIÓN Pistas de tenis de Xanceda ou Pavillón de Visantoña
se chove. CARACT. Aprendizaxe do tenis con xogos e circuítos.
Competicións de habilidades e partidos. Traer raquetas de tenis adecuadas á idade. Mínimo 6 inscritos, máximo 10.
PREZO 6 €.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
4
CAMPAMENTO DE VERÁN: XOECON (Xogar e conciliar) IDADE Dous grupos de idade: 4 a 8 anos e 9 a 14 anos. HORARIO Do 4 ao 22 de xullo, de 10:30 h a 14:00 h. INSTALACIÓNS Piscinas e Casa da Cultura en Xanceda, e Brañas da
Valga, Pavillón e Campo de Fútbol en Visantoña. Recoller na Casa da Cultura o 1º día o plan de campamento.
CARACT. Talleres culturais, cociña, modelado, probas con ximkanas, actividades predeportivas, rutas, xogos nas piscinas, etc. Saídas ao Aquapark os días 11 e 18 de xullo (10:45 h - 19 h.). OUTRAS ACTIVIDADES: Xogar en inglés. Imparte Academia English in Motion. Bailes. Gran Festa con Inchables: Festa final de campamento; ese día, o 22 de xullo, cada neno/a poderá traer un amigo/a de invitado/a.
PREZO 30 € (incluídas as dúas saídas ao Aquapark). Descontos para irmáns: dous irmáns 50 €, tres irmáns 70 €. Prazas limitadas.
ORGANIZA E SUBVENCIONA
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
5
ACTIVIDADES E ESCOLAS PARA ADULTOS
TENIS NIVEL Básico e medio. A partir de 15 anos. HORARIO Martes e xoves. Do 5 de xullo ao 30 de agosto.
Os martes: 19:30 h - 21:00 h (clase dirixida) Os xoves: horario adaptado (práctica con partidos).
INSTALACIÓN Pistas de tenis de Xanceda ou Pavillón de Visantoña se chove.
PREZO 12 €.
INICIACIÓN AO PÁDEL NIVEL Básico - Iniciación. A partir de 15 anos. HORARIO Martes e xoves. Do 5 ao 28 de xullo.
Os martes: 17:30 h - 19:00 h (clase dirixida) Os xoves: horario adaptado (práctica con partidos).
INSTALACIÓN Pista de pádel de Cabrui. PREZO 6 €.
ACUAGYM => XIMNASIA NA AUGA! NIVEL Básico – medio. De 16 anos en adiante. CARACT. Exercicios físicos de pé dentro da piscina, na zona
que non cubre. Buscamos beneficios coma: favorecer a corrección postural e a circulación, tonificar, mellorar as cualidades físicas e favorecer a relaxación.
INSTALACIÓN Piscina municipal de Xanceda. PREZO 6 €.
INICIACIÓN Á NATACIÓN NIVEL Básico. Aprender a nadar para maiores de idade. HORARIO Luns e mércores, de 14:00 h a 14:45 h.
Comeza o 4 de xullo. INSTALACIÓN Piscina municipal de Xanceda. PREZO 12 €.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
6
XIMNASIA DE MANTEMENTO IDADE De 16 anos en adiante. HORARIO Martes, de 21:30 h a 22:30 h.
Comeza o 5 de xullo.
CARACT. Actividade que mellora a nosa saúde física dunha forma divertida: con xogos, exercicios de tonificación, flexibilidade e con deportes adaptados ao grupo. RECOMENDAMOS facer esta actividade e ademais ANDAR MÍNIMO 1 hora DIARIA para notar os beneficios que nos dá o exercicio físico.
INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 €.
PILATES IDADE De 16 anos en adiante. HORARIO Mércores, de 21:00 a 22:00 h.
Comeza o 6 de xullo. CARACT. Actividade física de tonificación.
Inscrición limitada a 15 persoas. Se se forman 2 grupos, un sería de 19:30 a 20.30 horas en Visantoña.
INSTALACIÓN Casa da Cultura. PREZO 12 €
AERÓBIC - ZUMBA NIVEL Básico – medio. De 16 anos en adiante. HORARIO Mércores, de 22:00 h a 23:00 h.
Comeza o 6 de xullo. CARACT. Actividade física de baile ao ritmo da música, con
pasos e coreografías dirixidas. INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 € .
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
7
CACHIBOL DE VERÁN IDADE A partir de 50 anos. HORARIO Comeza o 5 de xullo.
Os martes de 10:30 h a 12:00 h. En agosto de 11:00 h a 12:30 h.
INSTALACIÓN Pavillón de Olas. CARACT. O deporte para todos/as. Anímate a xogar!!!
Imprescindible cubrir a folla de inscrición na Casa da Cultura para anotarse (polo seguro).
PREZO Actividade gratuíta.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
8
INICIACIÓN Á CESTERÍA IDADE Maiores de 15 anos. Máx. 18 persoas por grupo. HORARIO Mércores de 16.00 a 17.00 h. Comezo o 6 de xullo. INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda ou na parroquia onde se
anote máis xente. CARACT. Iniciación á cestería, aprenderase a facer distintos cestos. PREZO 20 € os dous meses. Material incluído. NOTA Mínimo de 15 persoas. Se se anota máis xente facemos
outro grupo.
PROGRAMA ECO-BAÚL OBRADOIRO: XABÓNS NATURAIS
DATA-HORARIO Sábado 2 de xullo, de 10:30 h a 13:30 h. INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda CARACT. Por medio deste taller práctico iniciarémonos na
formulación e elaboración de xabóns cosméticos con un ph axeitado á nosa pel. Todos eles serán elaborados a partir de materias primas naturais. Cada asistente levará para casa un xabón.
PREZO 5 € INSCRICIÓNS Retomamos o curso de xabóns dado que, na pasada
edición, non puidemos levalo a cabo. Solicitamos que os que xa están anotados chamen a confirmar a asistencia. Os demais podedes anotarvos porque aínda quedan prazas. Inscricións na Casa da Cultura. Máximo de 15 persoas. Imparte: Aloe-ingenieros.
OBRADOIRO: TÉCNICAS DE ELABORACIÓN DE LICORES DATA-HORARIO Martes 12 xullo, de 16:00 h a 19:00 h. INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda CARACT. Por medio deste taller práctico iniciarémonos na
formulación e elaboración de xeito natural de licores de froitas, café e crema. Trataranse distintos métodos: destilación, maceración e infusión.
PREZO 5 € INSCRICIÓNS Na Casa Cultura. Máximo de 15 persoas.
Imparte: Aloe-ingenieros.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
9
XUVENTUDE
SAÍDA DE MULTIAVENTURA: ENCORO DE BECHE E PRAIA IDADE De 12 anos en adiante! DATA Mércores, 6 de xullo CARACT. 10:00 h_Viaxe en autobús á Abegondo. 10:30 h_Mañá de
multiaventura: KAYAK - TIRO CON ARCO - ESCALADA ROCÓDROMO. 14:30 h_Comida por conta propia no merendeiro. 16:00-18:00 h_PRAIA DE GANDARÍO.
PREZO 12 €. Prazas limitadas. NOTA A actividade estará debidamente organizada e controlada
por monitores especializados para que os/as rapaces/as non corran perigo. Máis información ao inscribirse: PRAZAS LIMITADAS POR ORDE DE INSCRICIÓN.
VOLUNTARIADO XUVENIL O Concello de Mesía está inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Se tes entre 16 e 30 anos podes participar como voluntario/a no departamento de Cultura e Deporte. Aos voluntarios pagaránselle dietas de 6,00 €/día (como gastos de desprazamento e manutención). Podedes anotarvos para ser voluntarios/as neste 2016. ÚLTIMAS PRAZAS!
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
10
EVENTOS DEPORTIVOS
IX TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA PATROCINADO POR COCA-COLA
NIVEL Non profesional. Categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non).
DATA Agosto. Horario a acordar entre os/as rivais.
INSTALACIÓN Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia de uso das instalacións para este torneo.
CARACT. Sistemas de competición: por eliminación automática ao mellor de 2 sets. Horarios dos partidos: Cada partido ten unha semana de prazo para xogarse contra quen corresponda por sorteo. Autoarbitraxe.
PREMIOS Trofeos ós/ás gañadores/as. Bebidas COCA-COLA en todos os partidos.
INSCRICIÓNS DATAS INTERESE:
Enviando cadro inscrición por email a [email protected] 1 agosto: límite de inscricións. 2 agosto: sorteo do cadro de competición. 3 agosto: publicación do cadro de competición. 5 -11 agosto: 1ª ronda, comezo do Torneo. 12 - 18 agosto: 2ª ronda. 19 - 25 de agosto: semifinais. 27 de agosto: Finais 17:00 h - 20:00 h.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
11
FESTA DA AUGA 2016 IDADE Todas as idades. Non é necesario saber nadar.
Nen@s acompañados de adultos. DATA 30 de xullo, a partir das 16:00 h. INSTALACIÓN Complexo deportivo de Mata, Xanceda. CARACT. Inchables nas piscinas.
Xogos con probas de auga. Festa da escuma.
PREZO Actividade gratuíta. NOTA Imprescindible anotarse na CdC para avisar se hai
inclemencias meteorolóxicas e se suspende a actividade.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
12
TORNEO INTERPARROQUIAL DO CONCELLO DE MESÍA PATROCINADO POR COCA-COLA
HORARIOS do sábado 16 de xullo: 17:00 h COMPETICIÓN FÚTBOL 8 - CATEGORÍA BASE: 11 – 15 anos
(presentar DNI ou documento acreditativo). 17:00 h COMPETICIÓN FÚTBOL 5 - CATEGORÍA MINI: 5 - 10 anos.
HORARIOS do domingo 17 de xullo: • 12h - 14h e 16h - 19 h
CATEGORÍA ADULTOS: a partir de 16 anos (presentar DNI ou documento acreditativo).
COMPETICIÓN FÚTBOL 11
CARACTERÍSTICAS: Torneo de fútbol no Campo de herba artificial de Visantoña. Xogarase unha liga todos contra todos, por categorías e o mellor puntuado gaña. Presentación dos equipos para cotexar documentos: media hora antes do inicio dos seus encontros. Inscrición ata o 11 de xullo por email dos Equipos por parroquias. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia). Enviar o cadro de inscrición a
• Campión ADULTOS - Trofeo
[email protected] PREMIOS:
• Campión FÚTBOL 8 - Medallas • Campión FÚTBOL 5 - Medallas • Todos: Bebidas COCA - COLA en todos os partidos.
SORTEO: Sorteo do cadro de competición o martes 12 de xullo no Concello. Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook DEPORTE CONCELLO MESÍA o 13 de xullo.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
13
VI CARREIRA CONCELLO DE MESÍA MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA
HORARIOS do sábado 13 DE AGOSTO: 17:30 h - 18:30 h. Recollida de dorsais (para todas as carreiras) 19:00 h. MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESÍA ( 6 kms) 19:05 h. VI CARREIRA CONCELLO DE MESÍA (12 kms) 20:15 h. CARREIRAS DE BASE (resto de categorías) comezando polos cadetes e acabando polos pitufos.
CARACTERÍSTICAS: Saída e chegada: Campo de fútbol de Visantoña. Avituallamento na de 12 km. Alternancia no circuíto de terra e asfalto. Haberá algo para picar ao rematar o evento.
INSCRICIÓNS: Inscricións gratuítas no correo electrónico [email protected] facilitando datos persoais, DNI, data de nacemento completa, a que club pertence ou lugar de onde se ven. (Non esquecer que carreira se elixe). Os menores de idade precisan autorización. Data límite de inscricións: venres 12 de agosto ás 20:00 horas. Teléfono dúbidas: Mª José 630078506.
PREMIOS: Trofeos aos tres primeiros de cada categoría, aos 1º/1ª da Carreira e tamén ao/a corredor/a de maior idade (independentemente sexa feminino ou masculino), e medallas tamén para todos os das categorías de base.
CATEGORÍAS E DISTANCIAS: CATEGORÍAS DE BASE:
Pitufos-as: 0 a 5 anos200 m.; Benxamíns: 6 a 9 anos800 m. Alevíns: 10 a 13 anos1600 m.; Cadetes: 14 a 17anos3000 m.
IV CARREIRA CONCELLO DE MESIA: 12 KMS Senior: 18 a 34 anos
Veteranos-as A: 35 a 44 anos Veteranos-as B: 45 a 54 anos Veteranos-as C: 55 a 64 anos Veteranos-as D: 65 en adiante
MINICARREIRA POPULAR: 6 KMS. Senior: 17 a 34 anos
Veteranos-as A: 35 a 49 anos Veteranos-as B: 50 en adiante
COLABORADORES: Coca-cola, Club de atletismo de Ordes, Casa Grande de Xanceda, Argal, Panadería Visantoña, Panadería Boga, Casa Zapateiro, Pascual, Panadería A Tilleira, “A Fonte” de Mesón do Vento, Restaurante Manteiga, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Restaurante Canaima, Eurofruit, Progando, Atlética a Silva, Carpintería Ramón García, Banco Santander Visantoña
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
14
SAÍDAS PARA O VERÁN
SAÍDAS AO AQUAPARK IDADE: Sen límite. Máximo 50 persoas, por orde de inscrición. Terán
preferencia as persoas empadroadas.
DATA: Luns 11 e 18 de xullo. PREZO: De 0 – 4 anos: gratuíta. De 5 – 17 anos e acompañante de
nenos: 3 €. Adultos: 5 €. O Concello de Mesía subvenciona o transporte.
CARACT.: Saída ás 10:45 h e volta ás 19:00 h na Casa da Cultura. Comeremos no campo. Levar comida da casa así coma crema protectora e viseira/gorro. Os nenos menores de 10 anos, terán que levar acompañante. Inscricións na CdC.
IMOS Á PRAIA IDADE: Todas as idades. Os menores de idade con autorización asinada
polos pais e os menores de 14 anos deben ir acompañados dun adulto.
DATA: Todos os xoves de xullo e agosto: 7, 14, 21 e 28 de xullo e 4, 11, 18 e 25 de agosto.
PREZO: 5 € por persoa e día. Os nenos menores de 12 anos pagarán só 4 €.
CARACT.: Pasar un día relaxado ao lado do mar, gozando da auga e do sol. Sairá un único autobús ás 10:00 h e fará as seguintes paradas: Lanzá, Cumbraos, Xanceda, Mesía, Visantoña e Olas. A volta cara Mesía será ás 19:30 h. As prazas estarán limitadas a 55 persoas cada xoves. Será necesario chamar cada semana para anotarse. No caso de anotarse a todo o mes haberá que aboar o diñeiro por anticipado. INSCRICIÓNS: En Servizos Sociais (teléf. 981 687 238).
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
15
FORMACIÓN
CURSO DE FITOSANITARIOS CARACTERÍSTICAS: Realizarase un curso de Fitosanitarios no momento que se xunte grupo. Nese momento especificaranse as datas. NOTA: O curso conta cun total de 20 prazas. INSCRICIÓNS: Anotarse na Casa da Cultura cubrindo unha folla de inscrición e levando unha fotocopia do DNI.
CURSO DE RENOVACIÓN DE CARNET DE FITOSANITARIOS CARACTERÍSTICAS: Realizarase tamén un curso de renovación de carnés de fitosanitarios de 5 horas. PREZO: Aproximadamente 40 € INSCRICIÓNS: Anotarse na Casa da Cultura.
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS CARACTERÍSTICAS: Curso para obter o carné de manipulador de alimentos. Esta formación en manipulación de alimentos é obrigatoria para todas aquelas persoas que teñen contacto directo cos mesmos en calquera parte do proceso de elaboración, preparación, transporte, servizo, etc. PREZO: 25 € NOTA: Anotádevos e tan pronto se xunte xente poñerase data e horario. INSCRICIÓNS: Casa da Cultura. 981 68 72 41.
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE CARACTERÍSTICAS: Curso para obter o título oficial de monitor de tempo libre da Xunta de Galicia. Duración de 200 horas que se complementan cunha fase práctica de 150 horas. Realizaremos o curso os venres (de 16 a 21 horas) e sábados e domingo (de 9 a 13 e de 16 a 21 horas). AVISO: Maiores de 18 anos interesados en facer o curso de monitor de tempo libre anotarse na CdC. En canto teñamos grupo concretamos datas. Prioridade comezar en Outubro.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
16
AVISOS
HORARIO DE PISCINA DE XANCEDA
A piscina de nen@s abrirá de luns a venres de 15:00 a 21:00 h. e durante a fin de semana no horario habitual: 12:00 - 21:00 h. A piscina grande abrirá todos os días de 12:00 a 21:00 h.
HORARIO DE VERÁN – CASA DA CULTURA
A Casa da Cultura en xullo estará aberta de 10:30 a 14:00 h. Os sábados estará pechada agás aqueles nos que haxa algunha actividade programada. No mes de agosto estará pechada (só abrirá para realizar as actividades programadas para este mes).
ROMARÍA DAS MENTIRAS
O día 31 de xullo terá lugar na parroquia de Xanceda a Romaría das Mentiras, organizada polo grupo de baile Escola de música e baile tradicional de Mesía, coa colaboración do Concello de Mesía. Estade atentos aos carteis para ver canta foliada nos deparará o día. ORGANIZA COLABORA
CITA PREVIA SERVIZOS SOCIAIS
Cando precisen acudir aos Servizos Sociais do noso Concello deberán chamar ao 981 68 72 38 para concertar o día e a hora da súa visita.
NOVOS LIBROS DA BIBLIOTECA
Temos novidades, vide botarlle un ollo! Recordade que debido a que a Casa da Cultura estará pechada en agosto, a biblioteca tamén, polo que todos aqueles que queirades coller libros facédeo antes de agosto.
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
17
INSCRICIÓNS ENTREGAR A FOLLA DE INSCRICIÓN E XUSTIFICANTE DO PAGO DA ACTIVIDADE NA CASA DA CULTURA DE XANCEDA, OU ENVIALO POR MAIL A [email protected] PARA TODAS AS ESCOLAS/ACTIVIDADES DE VERÁN (INCLUÍNDO AS GRATUÍTAS), EXCURSIÓNS E EVENTOS DEPORTIVOS. Imprescindible para acudir as actividades cubertos polo seguro: facer efectivo o importe da actividade nunha entidade bancaria e entregalo xustificante de pago. Non se admiten inscricións telefónicas para as escolas de verán. PRAZO: DENDE O 15 DE XUÑO ATA O 30 XUÑO PARA ESCOLAS DE VERÁN. PREZO: cada actividade ten anotado o seu prezo. Os únicos descontos que se aplican son ós irmáns que participan no campamento. Os empadroados no Concello de Mesía terán preferencia en todas as actividades sobre aqueles non empadroados. O concello resérvase o dereito de modificar a programación en caso de non haber un número mínimo de participantes nas distintas actividades. Avisarase a cada persoa en caso de tomar algunha decisión que afecte á actividade na que estea anotada.
ESCOLAS DE VERÁN: do 4 xullo ao 2 de setembro 2016
HORARIO ESCOLAS MUNICIPAIS DE VERÁN 2016
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES
10:30 CACHIBOL 11:00 CAMP
TENIS
12:30 NADAR 2 NADAR 2 NADAR 2 e
CAMP PADEL NADAR 2
13:15 NADAR 1 NADAR 1 NADAR 1 NADAR 1
14:00 NATACIÓN ADULTOS
ACUAGYM NATACIÓN ADULTOS
16:00
17:30 CAMP FÚTBOL e
PADEL AD.
19:30 TENIS AD. TENIS AD.
21:00 21:30 XIMNASIA MANTEMENTO
PILATES
22:00 AERÓBIC -
ZUMBA
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
18
CALENDARIO VERÁN CONCELLO DE MESÍA 2016
XUÑO 15 Comezo prazo inscrición nas actividades 25 Apertura da piscina municipal 30 Data límite INSCRICIÓNS ESCOLAS e CAMPUS DE VERÁN
XULLO
2 Ecobaúl: Obradoiro de xabón natural Semana do 4 Comezo das Actividades municipais de verán adultos 7, 14, 21, 28 Saídas á praia
Do 4 ao 22 Campamento municipal de verán Xoecon
6 Saída de multiaventura 11 e 18 Saídas ao Aquapark
12 Ecobaúl: Obradoiro de Elaboración de licores 16 e 17 Torneo Interparroquial de fútbol Semana do 26 Comezo das Escolas de Natación infantís,
Campus de Padel e tenis infantís. 30 Festa da auga
AGOSTO
2 Comezo do Campus fútbol.
5 Comezo do IX Torneo Tenis Concello de Mesía
4, 11, 18, 25 Saídas á praia
13 VI Carreira CONCELLO DE MESÍA e Minicarreira popular 27 Finais do IX Torneo de Tenis Concello de Mesía
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
19
FOLLA DE INSCRICIÓN: ACTIVIDADES MUNICIPAIS
VERÁN 2016
Nome _________________________________________________________ DNI __________________________________________________________ Data de nacemento _____________________________________________
Teléfonos (poñer 2 números): ______________________________________ Correo electrónico: ________________________________________________ Enderezo ______________________________________________________ Pai/nai/titor _____________________________________________________ DNI (pai/nai/titor) ________________________________________________ Teléfono/s _____________________________________________________ ACTIVIDADE/S: _________________________________________________ ______________________________________________________________ PREZO: _______________________________________________________ OBSERVACIÓNS: _______________________________________________ ______________________________________________________________________
SI NON Estou empadroado/a no Concello de Mesía. Non teño ningunha enfermidade que me impida facer con normalidade a actividade física á que me anoto. O usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos persoais, e fotografías aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de Concello de Mesía, na forma e para as finalidades indicadas na Política de Protección de Datos Persoais a efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro. Tamén poderá exercitar o dereito de acceso, rectificación, cancelación, e, no seu caso, oposición, dacordo ao establecido na citada LOPD. Con DNI _______________________ DECLARO que todos os datos aquí escritos son certos. (Cubrir o pai/nai/titor en caso de menores de idade).
Mesía, _____de_________________de 2016 Sinatura:
VERÁN 2016 CONCELLO DE MESÍA
20
Teléfonos:
Casa da Cultura..................... 981 687 241 Servizos Sociais..................... 981 687 238 Casa do concello.................... 981 687 001 Fax Casa do Concello ........... 981 687 069 Web: www.concellodemesia.gal
deporte concello mesia xuventude concello de mesia
Colaboran: