Adxectivos

3
ADXECTIVOS INSTRUCIÓNS 1. Faredes unha primeira lectura, silenciosa e individual, do poema de Pimentel que terá como obxectivo deducir e xustificar en que tipo de palabra (substantivo, adxectivo, verbo...) incluiremos as eliminadas no poema. Faremos unha posta en común da conclusión obtida. 2. Faredes unha segunda lectura, tamén silenciosa e individual, e comprobaredes se malia os baleiros podedes identificar: o lugar, os personaxes e a relación entre os personaxes. Escribídeo nesta grella: Lugar: Personaxes: Relación entre os personaxes: 3. Tendo en conta a análise realizada, completade os baleiros cos adxectivos que vos parezan máis adecuados e deducide o ton do poema. 4. Coa lista desordenada de adxectivos que utilizou o poeta distribuíde estes, coa condición de que se manteña a concordancia e a coherencia. Reflexionade sobre se se produce algún cambio no ton. 5. Leremos o poema orixinal e comprobaremos se hai un ton diferente ao conseguido coas versións anteriores. TEXTO INVERNO Deixarás caer as túas ................. roupas sobre este chan ...................... ..... Estamos na máis ...................... .... casa. Pola ...................... .... ventá contemplamos os farrapos deste día ....................... .... A chuvia bórranos -pra ledicia nosa- os ........................ ..,

description

adxectivos

Transcript of Adxectivos

Page 1: Adxectivos

ADXECTIVOS

INSTRUCIÓNS1. Faredes unha primeira lectura, silenciosa e individual, do poema de Pimentel

que terá como obxectivo deducir e xustificar en que tipo de palabra (substantivo, adxectivo, verbo...) incluiremos as eliminadas no poema. Faremos unha posta en común da conclusión obtida.

2. Faredes unha segunda lectura, tamén silenciosa e individual, e comprobaredes se malia os baleiros podedes identificar: o lugar, os personaxes e a relación entre os personaxes. Escribídeo nesta grella:

Lugar:

Personaxes:

Relación entre os personaxes:

3. Tendo en conta a análise realizada, completade os baleiros cos adxectivos que vos parezan máis adecuados e deducide o ton do poema.

4. Coa lista desordenada de adxectivos que utilizou o poeta distribuíde estes, coa condición de que se manteña a concordancia e a coherencia. Reflexionade sobre se se produce algún cambio no ton.

5. Leremos o poema orixinal e comprobaremos se hai un ton diferente ao conseguido coas versións anteriores.

TEXTO

INVERNODeixarás caer as túas ................. roupassobre este chan ...........................Estamos na máis .......................... casa.Pola .......................... ventácontemplamos os farraposdeste día ...........................A chuvia bórranos-pra ledicia nosa-os .........................., os ..........................cabalos do estío.Non queiras pensarque sobre este ceo de mendigoexiste una xoia ...........................Estamos rodeadosdunha natureza ...........................Esta paisaxexa a presentimos algunha vez.Viñemos aquípor un .......................... pracer.E unha .......................... dita

rodéanos agora.Este é o inverno,un .......................... inverno,para nós ...........................A porta está pechada.A casa está envoltapor una chuvia en silencio.Soamente dunha .......................... árboretirouse un paxaro,coma unha bola de sombra,sobre a tarde ...........................Nestos recantos ..........................desta .......................... estanciabrillarán as túas ......................... roupas.¡Aluma este ..........................e .......................... díacos teus seos,coas túas coxas ..........................por unha soedade ..........................!

(Luís Pimentel, Sombra do aire na herba)

Page 2: Adxectivos

Listaxe desordenada de adxectivos. Humilde, luminosos, pequeño, mísera, pulidas, ricas, ditoso, raro, farrapenta, mísero, miserento, brancos, estraña, pobres, gozoso, única, brillante, solitaria, ricas, ditosa, sós, miserenta.

TEXTO

INVERNODeixarás caer as túas ricas roupassobre este chan miserento.Estamos na máis humilde casa.Pola única ventácontemplamos os farrapos deste día ditoso.A chuvia bórranos-para ledicia nosa-os brancos, os luminososcabalos do estío.Non queiras pensarque sobre este ceo de mendigoexiste una xoia brillante.Estamos rodeadosdunha natureza miserenta.Esta paisaxexa a presentimos algunha vez.Viñemos aquípor un raro pracer.E unha estraña ditarodéanos agora.Este é o inverno,un pequeno inverno,para nós sós.A porta está pechada.A casa está envoltapor una chuvia en silencio.Soamente dunha solitaria árboretirouse un paxaro,coma unha bola de sombra,sobre a tarde farrapenta.Nestes recantos pobresdesta mísera estanciabrillarán as túas ricas roupas.¡Aluma este míseroe gozoso díacos teus seos,coas túas coxas pulidaspor unha soedade ditosa!

(Luís Pimentel, Sombra do aire na herba)