ANO XXXI - NÚMERO 223 maio - xuño 2013A XEITO DE CANCELA - 2 - A M E N C E R O 17 de maio de 1863...

40
ANO XXXI - NÚMERO 223 maio - xuño 2013

Transcript of ANO XXXI - NÚMERO 223 maio - xuño 2013A XEITO DE CANCELA - 2 - A M E N C E R O 17 de maio de 1863...

  • ANO XXXI - NÚMERO 223 maio - xuño 2013

  • Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

    Bispo Sarmiento, 35

    MONDOÑEDO (Lugo)

    Teléfono 982 521 014

    Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

    Estrada Ourense - Lugo, km. 14

    32102 - READEGOS - Ourense

    ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

  • A M E N C E R

    editan:REALSEMINARIO CONCILIAR

    DE SANTA CATALINAe

    ASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

    ----------Praza do Seminario, 1

    Apartado, 2

    27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

    director:DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

    subdirector:JUAN J. MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

    redactor xefe:ERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 2º ESO

    consello de redacciónLUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 3º ESOJOSE G. DE OROZCO D., 2º ESOADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

    profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

    depósito legal: LU -1609-82

    número 223maio - xuño

    2013

    taboleiro

    . tapa: rosas para Rosalía

    . taboleiro, 1

    . a xeito de cancela, 2

    . Rosalía de Castro: vida e obra, 3

    . escolma de Cantares gallegos, 7

    . a carón do lume, 11

    . follas novas, 13

    . falamos con... Xesús Alonso Montero, 15

    . colaboracións, 23- Armando Requeixo, Rosalíae os escritores mindoniensesdo tránsito de séculos, 23- Félix Villares Mouteira,Cento cincuenta primaverasde Cantares gallegos, 29

    . chispa, 33

    . colaboraron, 35

    sumario

    - 1 -

    A M E N C E R

    www.mondonedoferrol.org/amencer.htm

  • A XEITO DE CANCELA

    - 2 -

    A M E N C E R

    O 17 de maio de 1863 Rosalía de Castro asinaba adedicatoria do libro Cantares gallegos a Fernán Caballero.Por iso, o Día das Letras Galegas se celebra o 17 de maio.Van xa cento cincuenta anos.

    Nós queremos unirnos ás homenaxes que se lle están afacer a Cantora do Sar en toda Galicia co gallo da publica-ción de Cantares gallegos, a primeira obra en galego deRosalía de Castro e a primeira obra importante doRexurdimento das nosas Letras.

    Somos conscientes de que a nosa homenaxe é moi humil-de e moi sinxela, pero chea de agarimo cara a esta figurasenlleira das Letras Galegas, cara a Rosalía de Castro.

    Con este número tamén rematamos a singradura deAmencer neste curso 2012/2013. O noso traballo noConsello de Redacción , para o que fomos elexidos a comezosde curso, acaba. Nós tentamos levar adiante a tarefa enco-mendada e os froitos están aí: cinco números publicados -tale como tiñamos previsto- ó longo do curso. A partir de agora,toca a outros coller o facho para que siga «amencendo»moitos anos máis, para que a nosa revista Amencer dure,como dixo don Alvaro, mil primaveras máis.

    ¡Boas vacacións de verán!a redacción

  • - 3 -

    A M E N C E RRosalía de Castro: vida e obra

    Rotulou:. BRAULIO CASABELLA AMIEIRO,3º ESO

    Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiagode Compostela no chamado barrio do Camiño Novo, na estrada deConxo. Murguía di: «en la casa del Camino Nuevo que hace esqui-na a la carretera de Conjo». A súa partida de bautismo di literalmen-te: «Folio 159, María Rosalía Rita.- En veinticuatro de Febrero demil ochocientos treinta y seis, María Francisca Martínez, vecina deSan Juan del Campo, fué madrina de una niña que bautice solem-nemente y puse los Santos Oleos, llamandole Maria Rosalia Rita,hija de padres incognitos, cuya niña llevo la madrina, y va sin nu-mero por no haber pasado a la Inclusa; y que asi conste, lo firmo.-Jose Vicente Varela y Montero» (Rubricado). Hai unha nota marxinalque di: «Non entro en la Inclusa».

    Na partida de bautismo hai un erro xa que di que naceu no ano1836, cando a partida está entre as do ano 1837. Cómpre dicir queRosalía foi bautizada na Capela do Hospital Real, onde hoxe en díaestá o Hostal dos Reis Católicos. Na partida tamén se di «hija depadres incognitos» cando seus pais foron María Teresa de la Cruz deCastro y Abadía e Xosé Martínez Viojo.

  • - 4 -

    A M E N C E R Rosalía de Castro: vida e obra

    Os primeiros anos da vida de Rosalía transcorren en Ortoño(Ames) con familiares de seu pai. Pasa despois a Padrón onde apa-rece nun rexistro do Concello de Padrón de 1842 residindo con súanai e coa criada María Martínez. Logo aparece, tamén con súa nai, enSantiago de Compostela onde frecuentou as aulas da Sociedade Eco-nómica de Amigos del País. Tamén estivo no Liceo de la Juventudonde se relacionou con varios escritores: Aurelio Aguirre, EduardoPondal, Manuel Murguía, etc.

    En 1856, vai para Madrid e reside rúa de la Ballesta na casadunha curmán súa, Camen García Lugín. Ó ano seguinte publica noxornal El Museo Universal os poemas «Adiós ríos, adiós fontes» e«Airiños, airiños, aires» e o libro de versos en castelán La Flor. Poe-sías.

    O 10 de outubro de 1858 casou na igrexa de San Ildefonso deMadrid con Manuel Murguía. Rosalía seguirá ó seu home a verémolaen Madrid, Santiago, A Coruña, Lestrove, Vigo, Lugo, Simancas, ataque, desde 1875, reside xa practicamente sempre en Padrón

    O 12 de maio de 1859 Rosalía ten en Santiago a súa primeirafilla, á que lle puxo o nome de Alexandra. En 1862 ten lugar o pasamentode súa nai. O 7 de decembro de 1868 naceu outra filla, Aurea. En1871, estando en Lestrove naceron os xemelgos Gala e Ovidio. En1873 naceu, na Coruña, Amara. Daquela Murguía era o Xefe doArquivo Rexional de Galicia. En marzo de 1875 nace en SantiagoAdriano Honorato, que fina en 1876. Un ano despois, naceu xa mortaValentina.

    Debuxo de:ADRINA CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

  • - 5 -

    A M E N C E RRosalía de Castro: vida e obra

    Ás doce da mañá do 15 de xullo de 1885 finou na Casa da Ma-tanza en Padrón onde residía. Foi soterrada no cemiterio de Adinaque ela cantara nos seus versos e alí permaneceu ata que o 25 dexullo de 1891 os seus restos foron trasladados ó Panteón de GalegosIlustres na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago deCompostela onde repousan na actualidade.

    Sartego onde respousan os restos de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustresen San Domingos de Bonaval

  • - 6 -

    A M E N C E R escolma

    OBRA

    POESÍA:

    a) en castelán:

    . La flor, Madrid 1857

    . A mi madre, Vigo 1863

    . En las orillas del Sar, Madrid 1884

    b) en galego:

    . Cantares gallegos, Vigo 1883

    . Follas novas, Madrid 1880

    PROSA:

    a) en castelán:

    . La hija del mar, Vigo 1859

    . Flavio, Madrid 1861

    . El cadiceño, Lugo 1866

    . Ruinas, Madrid 1866

    . El caballero de las botas azules, Lugo 1867

    . El primer loco, Madrid 1881

    b) en galego:

    . Conto gallego, publicado por primeira vez no Almana-

    que Gallego de M. Castro y López en Bos Aires.

    Escribiron: BRAULIO AMIEIRO CASABELLA, 3º ESOXOAN XOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 3º ESO

  • - 7 -

    A M E N C E Rescolma

    Rotulou:DIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

    Nasín cando as prantas nasen,no mes das froles nasín,nunha alborada mainiña,nunha alborada de abril.

    5 Por eso me chaman Rosa,mais a do triste sorrir,con espiñas para todos,ningunha para ti.que te quixen, ingrato,

    10 todo acabou para min,que eras para min todo,miña groria e meu vivir.¿De qué pois te queixas, Mauro?¿De que pois te queixas, di,

    15 cando sabes que morrerapor te contemplar felís?Duro cravo me encravachescon ese teu maldesir,

    con ese teu pedir tolo20 que non sei que quer de min,

    pois dinche canto dar pudenavariciosa de ti.O meu corazón che mandocunha chave para o abrir,

    25 nin eu teño máis que darche,nin ti máis que me pedir.

    2

    Debuxo de: JOSÉ G. DE OROZCO DONDI , 2º ESO

  • A M E N C E R

    - 8 -

    escolma

    Adiós, ríos, adiós fontes,adiós regatos pequenos,adiós vista dos meus ollos,sei cándo nos veremos.

    5 Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei.

    Prados, ríos, arboredas,10 piñares que move o vento,

    paxariños piadores,casiña do meu contento.

    Muíño dos castañares,noites craras de luar,

    15 campaniñas trimbadorasda igrexiña do lugar.

    Amoriñas das silveirasque eu lle daba ó meu amor,caminiños antre o millo,

    20 ¡adiós para sempre adiós!

    ¡Adiós groria! Adiós contento!¡Deixo a casa onde nacín,deixo a aldea que conoso,por un mundo que non vin!

    25 Deixo amigos por estraños,deixo a veiga polo mar,deixo, en fin, canto ben quero...¡Quen pudera non o deixar...!

    ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...

    Mais son pobre, e mal pecado,30 a miña terra n’é miña,

    que hastra lle dan de prestadoa beira por que camiñaó que naceu desdichado.

    Téñovos que deixar,35 hortiña que tanto amei,

    fogueiriña do meu lar,arboriños que prantei,fontiña do cabañar.

    Adiós, adiós que me vou,40 herbiñas do camposanto,

    donde meu pai se enterrou,herbiñas que biquei tantoterriña que nos criou.

    Adiós Virxe da Asunción,45 branca coma un serafín,

    lévovos no corasón:pedídelle a Dios por minmiña Virxe da Asunción.

    Xa se oien lonxe, moi lonxe50 as campanas do Pomar,

    para min ¡ai! coitadiño,nunca máis han de tocar.

    Xa se oien lonxe, máis lonxe...Cada balada é un dolor,

    55 voume soio, sin arrimo...Miña terra ¡adiós! ¡adiós!

    ¡Adiós tamén, queridiña...adiós pra sempre quizais...!Dígoche este adiós chorando

    60 desde a beiriña do mar.Non me olvides, queridiña,si morro de soidás...Tantas légoas mar adentro...

    ¡Miña casiña! ¡meu lar!

    15

  • A M E N C E R

    - 9 -

    escolma

    17

    Airiños, airiños aires,airiños da miña terra;airiños, airiños aires,airiños, levaime a ela.

    5 Sin ela vivir non podo,non podo vivir contenta,que adonde queira que vaia,cróbeme unha sombra espesa.Cóbreme unha espesa nube

    10 tal preñada de tormentas,tal de soidás preñada,que a miña vida envenena.Levaime, levaime airiños,como unha folliña seca,

    15 que seca tamén me puxoa callentura que queima.¡Ai! si non me levás pronto,airiños da miña terra;si non me levás airiños,

    20 quisais xa non me conesan.

    Que a frebe de min come,vaime consumindo lenta,e no meu corazonciñotamén traidora se ceiba.

    25 Fun noutro tempo encarnadacomo a color da sireixa,son hoxe descoloridacomo os cirios das igrexas,cal si unha meiga chuchona

    30 a miña sangre bebera.Voume quedando muchiñacomo unha rosa que inverna,voume sin forzas quedando,voume quedando morena,

    35 cal unha mouriña moura,filla de moura ralea.

    Levaime, levaime airiños,levaime onde me esperanunha nai que por min chora,

    40 un pai sin min n’alenta,

    Debuxou:ADRIÁN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

  • - 10 -

    A M E N C E R escolma

    un irmán por quen daríaa sangue das miñas venas,e un amoriño a quen almae vida lle prometera.

    45 Si pronto non me levades,¡ai! morrerei de tristeza,soia nunha terra estraña,donde estraña me alomean,donde todo canto miro,

    50 todo me dice ¡extranxeira!

    ¡Ai miña probe casiña!¡ai miña vaca bermella!Años, que balás nos montes,pombas, que arrulás nas eiras,

    55 mozos que atruxás bailando,redobre das castañetas,xas-co-rra-chás das cunchiñas,xurre-xurre das pandeiras,tambor do tamborileiro,

    60 gaitiña, gaita gallega,xa non me alegras dicindo:¡Muiñeira! ¡muiñeira!¡Ai quen fora paxariñode leves alas lixeiras!

    65 ¡Ai con que prisa voaratoliña de tan contenta,para cantar a alboradanos campos da miña terra!Agora mesmo partira,

    70 partira coma unha frecha,sin medo ás sombras da noite,sin medo da noite negra.E que chovera ou ventara,

    e que ventara ou chovera,75 voaría, e voaría

    hastra que alcanzase a vela.Pero non son paxariñoe irei morrendo de pena,xa en lágrimas convertida,

    80 xa en suspiriños desfeita.

    Doces galleguiños aires,quitadoiros de penas,encantadores das augas,amantes das arboredas,

    85 música das verdes canasdo millo das nosas veigas,alegres compañeiros,run-run de tódalas festas,levaime nas vosas alas

    90 coma unha folliña seca.Non permitás que aquí morra,airiños da miña terra,que aínda penso que de mortahei de sopirar por ela.

    95 Aínda penso, airiños aires,que dimpois que morta sea,e aló polo camposanto,donde enterrada me teñan,pasés na calada noite

    100 runxindo entre a folla seca,ou murmuxando medrososantre as brancas calaveras,inda despois de mortiñaairiños da miña terra,

    105 heivos de berrar: ¡Airiños,airiños, levaime a ela!

    Fixeron esta ESCOLMA:JACOBO CHAO LOMBARDERO, 3º ESODIEGO CORNIDE YANES, 3º ESO

  • - 11 -

    A M E N C E Ra carón do lume

    Has de cantarque che hei de dar zonchos;has de cantarque che hei de dar moitos.

    O meu corazón che mandocunha chave para o abrir,nin eu teño máis que darche,nin ti máis que me pedir.

    - Cantan os galos pra o día,érguete, meu ben, e vaite.- Cómo me hei de ir queridiña;cómo me hei de ir e deixarte.

    Miña Santiñamiña Santasa,miña cariñade calabasa.Hei de emprestarvosos meus pendentes,

    hei de emprestarvoso meu collar;

    hei de emprestarcho,

    cara bonita,si me deprendesa puntear.

    Nosa Señora da Barcaten o tellado de pedra;ben o pudera ter de ouro,miña Virxe, si quixera.

    Fun ó muíñodo meu compadre,fun polo vento,vin polo aire.

    Con esta miña gaitiñaás nenas hei de engañar.- Non señan elas toliñas:non veñan ó meu tocar

    Campanas de Bastabales,cando vos oio tocar,mórrome de soidades.

    San Antonio bendito,

    Rosalía en Cantares gallegos fai unha glosa de cantigaspopulares, que nós traemos a esta sección.

    Rotulou:LUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESO

  • - 12 -

    A M E N C E R a caróndo lume

    dádeme un home,anque me mate,anque me esfole.

    Adiós, ríos, adiós fontes,adiós regatos pequenos,adiós vista dos meus ollos,sei cándo nos veremos.

    Eu ben vin estar o mouchoenriba daquel penedo:¡non che teño medo, moucho,moucho, non che teño medo!

    Airiños, airiños aires,airiños da miña terra;airiños, airiños aires,airiños, levaime a ela.

    Anque che son da montaña,anque che son montañesa,anque che son, non me pesa.

    Si o mar tivera barandasfórate ver ó Brasil;mais o mar non ten barandas,amor meu, ¿por dónde hei de ir?

    Ora, meu neniño, ora,¿quén vos ha de dar a teta,si túa nai vai muíño,e teu pai na leña seca!

    Mais ó que ben quixo un día,si a querer ten afición,sempre lle queda unha mágoadentro do seu corasón.

    Teño unha dama nos Portos,

    outra no Ribeiro de Avia;si a dos Portos é bonitaa do Ribeiro lle gana.

    Que a rula que viudouxurou de non ser casada,nin pousar en ramo verdenin beber da iauga crara.

    Castellanos de Castillatratade ben ós galegos;caando van, van como rosas,cando vén, vén como negros.

    Isca de aígaliña maldita,isca de aínon me mate-la pita.

    Isca de aí,galiña ladrona,isca de aípra cas da túa dona

    Aí tes o meu corasón,si o queres matar ben podes,pero como estás ti dentro,tamén si ti o matas, morres.

    Cómo chove miudiño,cómo miudiño chove;cómo chove miudiñopola banda de Laiño,pola banda de Lestrove.

    Miña Santa Margarida,miña Margarida santa,tendes a casa no monte,donde o paxariño canta.

  • - 13 -

    A M E N C E Rfollas novas

    Rotulou:DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

    ROSALÍA

    Dicenque eras moi boa escritora,que eras boa persoacunha ollada encantadora.

    Pro ti e mais eusabemos que eras unha persoaque se sentía soae que amaba a Galicia coma unha avoa.

    Non foitan fácil a túa despedida,pero a Galicia marcáchelacoa túa gran poesía.

    DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

  • - 14 -

    A M E N C E R follas novas

    Maio 2013

    Dicenque Rosalíaé unha autora famosae na súa poesía amosaa Galicia.

    Pro ti e mais eunon nos parecemosxa que ti, Rosalía,es unha gran escritora.

    Non che foitan fácilchegar aí:só había que escribir.Despois disocontenta quedouata o día en que finou.

    ADRIAN CARBALLEIRA

    MONTENEGRO, 4º ESO

    A ROSALÍA

    Dicenque a vida émoi curtaaaaaque pasa sen sequeradarnos conta.

    Pro ti e mais eusabemosque dependede como a aproveites.

    Non foitan curtaa súa vidatendo en contao que fixo por Galicia

    LUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESO

    HOMENAXE A ROSALÍA

    Recordada Rosalía,miña dama das letras galegas,fuches para a nosa literaturacomo a alba para un novo día.

    BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 3º ESO

    Debuxo de:ADRINA CARBALLEIRA MONTENEGRO, 4º ESO

  • - 15 -

    A M E N C E Rfalamos con...

    Rotulou:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 3º ESO

    XESÚS ALONSO MONTERO, Presidente da Real Aca-demia Galega, escritor, investigador, profesor emérito

    «Cantares gallegos foi aalborada, o mencer, o

    lumbrigar do día»

    «Rosalía é a voz inicial, é avoz fundacional»

  • - 16 -

    A M E N C E R falamos con...

    - Vostede ten estudiado a figura e aobra de Rosalía de Castro, ¿desde candoe por que se interesou por Rosalía?

    - Os meus primeiros artigos sobreRosalía datan de 1962. En 1964 fixen a edi-ción de En las orillas del Sar (cun prólogo enotas) en Clásicos Anaya, Salamanca. De1972 data o meu libro Rosalía de Castro (conantoloxía bilingüe) editado por Jucar (Ma-drid). En pouco tempo, varias edicións. Par-te dos meus traballos rosalianos recollinosno violume Páxinas sobre Rosalía de Castro(Xerais, 2004).

    Sendo eu galego e profesor de Litera-tura, era imposible (penso) non interesarmepor Rosalía. O interese fondo, constante,apaixonado débese, ademais, a actitudes éti-cas e cívicas presentes na súa obra poética,

    O interesefondo,

    constante,apaixonado

    débese,ademais,

    a actitudeséticas e cívicas

    presentes nasúa obra

    poética

    Don XESÚS ALONSOMONTERO, profesor emérito daUniversidade de Santiago deCompostela é, desde o pasadovinte de abril, o presidente da RealAcademia Galega. Falamos con elpor dous motivos: polos seustraballos sobre a figura de Rosalíade Castro e por ser recentementenomeado presidente da RealAcademia Galega.

  • A M E N C E R

    -1 7 -

    falamos con...

    case sempre formuladas cunha extraordina-ria sensibilidade artística.

    - ¿Que é o que máis lle impresionada vida de Rosalía?

    - A pantasma que gravitou sobre ela -esobre a súa poesía- polas circunstancias doseu nacemento (filla inconvencional nunhasociedade moralmente mísera)

    - ¿E da súa obra?

    - Cantares gallegos (1863), Follas novas(1880), En las orillas del sar (1884). Se tiveseque escoller poemas, insólitos na época naPenínsula Ibérica: «Cantan os galos pró día»(1863), «A xusticia pola man» (1880), «Tecínsoia a miña tea (1880), Los robles (1884)...

    - ¿Como definiría vostede a Rosalía?

    - Percibíu con sagacidade amentalidade do pobo (mellor, das clases sub-alternas, como diría A. Gramsci) e fixoincursións nos socalcos máis dramáticos doser humano. Aquela percepción e estasincursións, maxistralmente formuladas.

    - ¿Cal é a importancia de Rosalía paraa cultura galega?

    - É a voz inicial, é a voz fundacional

    - ¿Rosalía era plenamente conscien-te do que supoñía escribir en galego

    Percibíu consagacidade amentalidade dopobo e fixoincursións nossocalcos máisdramáticos doser humano

    É a voz inicial, é a vozfundacional

  • A M E N C E R

    - 18 -

    falamos con...

    naquel tempo e ademais sendo muller?

    - Sen dúbida

    - ¿Que supuxo a publicación de Can-tares Gallegos?

    - Cantares gallegos foi a alborada, omencer, o lumbrigar do día. Díxoo moi benCunqueiro: «Cantó la alondra» (Faro de Vigo,17-5-1963). Antes de maio de 1863 o mapaliterario de Galicia (en galego) era un ermo.En efecto, cantou a cotovía e xa todo foi dis-tinto.

    Cantaresgallegos foi a

    alborada, omencer, o

    lumbrigar do día

    Díxoo moi benCunqueiro:

    «Cantó laalondra»

    En efecto,cantou a cotovía

    e xa todo foidistinto

    Rosalía e a súa familia

  • A M E N C E R

    - 19 -

    falamos con...

    - ¿Que salientaría deste libro?

    - Ademais dalgúns poemas (case to-dos), o prólogo, que é un alegato contra alenda negra, feroz realmente (na literatura,na prensa, nos chistes, etc; fóra de Galicia,Galicia e os galegos eramos consideradosinfimamente. A esta lenda negra oponseRosalía, neste libro, en termos conmovedo-res, ás veces moi próximos ós dunha lendarosa.

    - Aínda que este número de Amencerestá dedicado a Rosalía, non podemos pa-sar por alto que vostede acaba de serelexido Presidente da Real AcademiaGalega. ¿Que o moveu a presentarse áfronte dunha candidatura?

    - Hai tres meses nin sequera imaxinabatal situación. Teño cinco libros en elabora-ción, e a eles me debía. Dada a situaciónanómala que viviu a Real Academia Galega(a dimisión do señor Méndez Ferrín), un nú-mero moi cualificado de académicos e aca-démicas instáronme a que liderase unhacandidatura. Penseino moito e, por fin, o meuelemental marxismo tivo a palabra: undébese ó ben público. A Real AcademiaGalega -sábese ben- é a institución máiscomprometida, mesmo por Lei, coa causa dalingua galega. Nesa causa estou desde haimáis de sesenta anos, se ben -e nisto nonson orixinal- desde a miña concepción doacontecer cultural e político.

    Ademaisdalgúnspoemas (casetodos),o prólogo, que éun alegatocontra a lendanegra

    Un número moicualificado deacadémicos eacadémicasinstáronme aque lideraseunhacandidatura

  • A M E N C E R

    - 20 -

    falamos con...

    - ¿Como foi a súa toma de contactocomo presidente da Real AcademiaGalega?

    - Con bastante traballo, viaxes, actos derepresentación... pero con todo isto xa con-taba.

    - ¿Como se sente como novo presi-dente da Real Academia Galega?

    - Coa satisfacción de cumprir unharesponsabilidade moi conscientemente asu-mida.

    - Segundo a súa opinión ¿a Real Aca-demia Galega está realmente en perigo?

    - Se a Real Academia Galega estiveseen perigo é que no país o discurso político,económico e cultural sería absurdo. Non hairazón ningunha para o pesimismo.

    - Desde fóra dá a impresión dunhafonda división no seo da Academia ¿écerto que hai esa división? ¿Que pensafacer para superala e que haxa consensoe paz?

    - Houbo nas eleccións, dúas candida-turas, e, como non estamos no franquismo,houbo notas para unha delas e houbo notas(unhas poucas máis) para a outra. Dilucida-da, democraticamente, a cuestión, estou con-vencido de que os trinta académicos (núme-

    Se a RealAcademia

    Galega estiveseen perigo é que

    no país o dis-curso político,económico ecultural sería

    absurdo

  • A M E N C E R

    - 21 -

    falamos con...

    ro teórico) sentiranse realizados traballandopola «ilustración, defensa e promoción dalingua galega» que a iso obriga o artigoprimeiro dos nosos Estatutos.

    - Fai uns corenta anos, vostedepublicou Informe dramático sobre la Len-gua Gallega ¿como ve, na actualidade asituación da lingua galega?

    - Xusto hai corenta anos, en 1973 (Ma-drid, Akal Editor, colección Arealonga). Seguea haber problemas novos, pero hai conquis-tas case non sospeitables onte: máis de me-dio millón de galegos e galegas, aínda queseus pais na casa non falen o galego, foronen non pequena medida escolarizados nonoso idioma. Sobre esa franxa da poboaciónteñen que actuar as autoridades políticas conprogramas persuasivos e eficaces.

    Estouconvencido deque os trintaacadémicos(número teórico)sentiranserealizadostraballando pola«ilustración,defensa epromoción dalingua galega»que a iso obrigao artigo primeirodos nososEstatutos.

    Casa de Ortoño

  • A M E N C E R

    - 22 -

    falamos con...

    - Hoxe en día, a Lingua Galega, a pe-sar de estar no ensino, de ter máispresenza pública e nos medios de comu-nicación... está perdendo falantes ¿a quecre que é debido? ¿non influiría tantocambio na normativa?

    - O «cambio da normativa» (os cam-bios normativos) non son decisións nos pro-cesos de substitución lingüística. Pérdense,si, falantes -moi expertos en galego, porcerto- que, con outras políticas pedagóxicasserían recuperables.

    Escolleron as preguntas:

    DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 4º ESO

    LUIS TORREIRA GARCÍA, 4º ESO

    O «cambio danormativa» (os

    cambiosnormativos) non

    son decisiónsnos procesos de

    substituciónlingüística

  • - 23 -

    A M E N C E Rcolaboracións

    Rosalía e os escritores mindonienses do tránsito de séculos

    Armando Requeixo

    Como non podía ser doutra maneira, a presenza e o influxo deRosalía de Castro na obra dos escritores mindonienses foi semprenotoria. E isto é así tanto para aquelas voces maiores desta tradición(os Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Lence Santar, Cunqueiro e DíazJácome do pasado) coma para algunha das máis importantessinaturas de hoxe (velaí o caso paradigmático de Marina Mayoral).

    Nas seguintes páxinas percorrerei esas pegadas na obra dalgúnsdos autores amentados, concretamente nos tres que supoñenliterariamente o tránsito do século XIX ao XX: Manuel Leiras Pulpeiro(1854-1912), Antonio Noriega Varela (1869-1947) e mais EduardoLence Santar (1876-1960). Ficará para outra vez a ollada ao herdorosaliano en creador@s posteriores, onde tamén é, sen dúbida, unhacompaña benquerida.

    Rotulou:DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 4º ESO

  • - 24 -

    A M E N C E R colaboracións

    .

    Manuel Leiras Pulpeiro e a 'terra esquencida, que españo-la nunca chamarse debera'

    Leiras Pulpeiro non foi un poeta ao que prestase citar outr@screador@s literarios nin dedicarlles os seus versos. Si o fixo, polocontra, con músicos ou distinguidos persoeiros locais cos que gardoutrato estreito (así Xoán Montes ou Pascual Veiga entre os primeiros eCésar Seco, Indalecio Varela Lenzano, Edelmiro Trillo Señoráns ouEmilio Tapia Rivas entre os segundos), amais de ternos deixadotraducións de escritores referenciais tanto da literatura española coma

    da catalá (tal Manuel del Palacio e MiquelCosta i Llobera)1.

    Secasí, a figura de Rosalíaacompañou a Leiras Pulpeiro dende aprimeira hora, pois non debe esquecerseque o mindoniense tivo grande amizadecon algúns personaxes moi vencelladosá vida da poeta, como Emilio Castelar,prologuista de Follas novas.

    Doutra parte, cando en agosto de1910 o de Mondoñedo concorre aosXogos Florais que en Vigo organizou a

    Sociedad La Oliva fíxoo presentado a poesía "Un galo", á que antepuxocomo lema uns coñecidos versos do poema derradeiro de Cantaresgallegos: "Cantei como mal sabía/ dándolle reviravoltas".

    Pero o vincallo máis evidente da poética de ambos traduciusena alusión que no texto "¡Así!" fai Leiras Pulpeiro da composición "Agaita gallega", tamén dos Cantares gallegos. Como é ben sabido,este poema responde a outro homónimo en castelán que publicaraVentura Ruiz Aguilera en 1960, onde se cuestionaba se o son da gai-ta recollía choros ou cantos do pobo noso. Rosalía responde: "E candoá gaita gallega/ Aló nas Castillas oyas,/ o teu corazón pregunta,/ Ve-rás que che di en resposta/ Qu'a gaita gallega/ Non canta, que chora".

  • A M E N C E R colaboracións

    Pois ben, a poesía de Leiras Pulpeiro -poderosa exaltación da afoutezados galegos e, tamén si, das súas penurias, que non lles restan orgu-llo- remata con estes versos en eco dos rosalianos: "E así son semprepra España/ os patrucios desta "terra/ esquencida, que española/nunca chamarse debera".

    Antonio Noriega Varela: saudoso de doce linguaxe

    Como sucedía con Leiras Pulpeiro, tamén no caso de NoriegaVarela a consideración admirativa da figura de Rosalía é evidente, oque se traduce en constantes alusións á poeta nos seus versos,ademais de referirse a ela en múltiples ocasións no seu epistolario.

    Xa no primeiro dos poemasinseridos en Montañesas (1904), o titula-do "Fale meu bisavó", Rosalía apareceamentada explicitamente cando, facendounha defensa da lingua galega, afea aosmozos do seu tempo que deserten delaou a infravaloren: "A lengua de Rosalía,/rico caudal de harmonía/ que prendou aCastelar,/ moitos n'a saben falar,/ i osmáis non lle teñen pía".

    Con posterioridade, volvería apare-cer a cantora do Sar en poemas de Doermo (1920) como "A Saudade" (onde osentimento que dá título á composición é personificado e anda asídesnortado: "Sol a queima, i auga a molla,/ i anda a probiña sen guía,/buscando quen a recolla,/ desque morreu Rosalía") ou "San Pedro deMezonzo e Rosalía" (no que Noriega emparenta a Rosalía con SanPedro de Mezonzo a través da figura da Virxe: "Cantor da 'Vida edulzura':/ pra che render preitesía/ meu estro, en balde, procura/rezusitar a Ternura/ saudosa de Rosalía") ou mesmo no atribuído "Xuíciodo ano 1931" que publicara en O Gaiteiro de Lugo (onde augurabapara ese novo ano: "I a nosa faliña (pranto/ de Rosalía), o divino,/ doce

    - 25 -

  • A M E N C E R colaboracións

    lenguaxe en que eu canto,/ xa nunca máis será chino/ recastado deesperanto").

    Incluso o modelo das glosas de Cantares gallegos foi imitadopor Noriega Varela, quen en poesías como "Deixa os armiños deHelvecia..." ou "O amor que ha de ser meu...", ambas de Do ermo, emais en "Pra Maruxiña da Ameixoeira" (Vallibria, 508, 2-1-1939),"Pouquiño a pouco..." (Vallibria, 514, 13-1-1940) e "Siti pene enectus"(Vallibria, 515, 20-1-1940) insire por remate das composicións can-tares da tradición oral como xa fixera Rosalía no seu auroral poemario.

    Eduardo Lence Santar e as campaíñas do seu pobo

    O maxisterio de Leiras Pulpeiro e, sobre todo, de Noriega Vareladéixase sentir con forza na obra de Lence Santar. Non é de estrañar,por tanto, que tamén a rosaliofilia dos que o precederon deixara tamén

    nel indeleble pegada.

    Que Lence Santar devocionaba aRosalía queda claro cando nun dosseus primeiros escritos manifestou,á hora de defender o idioma galego,que "N-a lingoa galega traducíronseos ochenta e catro Cánones e Capí-tulos Ecresiásticos recompiladospor San Martín Dumiense d'os Con-cil ios Niceno, Antioqueno,Neocesariense e outros; a CrónecaTroyana; cantou Gonzalo Hermíguez,Macías...; e n-os nosos tempos,Rosalía, Añón, Curros e Lamas..."(Minerva, 2, 3-6-1906).

    E, claro está, tamén nos versos de Lence a airexa rosaliana deitaa súa benéfica sombra aquí e acolá, pois ao igual que ela omindoniense tivo querenza pola literatura de tradición oral, que

    - 26 -

  • A M E N C E Rcolaboracións

    incorporou aos seus textos e, por descontado, atendeu igualmente ádescrición de tipos, paisaxes e outras realidades costumistas que,xunto á escrita de tipo relixioso, circunstancial ou autobiográfica,constitúen a radiografía poética do de Mondoñedo.

    Poderían aducirse máis exemplos, pero para rematar abondarácon reproducir a composición "Lonxe d'a terra" (Las Riberas del Eo,3-12-1932):

    Lonxe d'a terra

    A terra donde eu nacín,A miña patria galegaE a terra mais ditosaQue Dios deu su d'as estrelas.

    ¿Ond'hay vales tan froridos?¿Ond'hay veigas com'as d'ela?¿Ond'hay montañas tan grandes,Tan verdecentes e meigas?

    ¿Ond'hay casiñas tan albas?¿Ond'hay santos milagreirosComo os d'as nosas ermidas,Que curan tod'os enfermos?

    No sopé d'os irtos AndesVoume finando de pena;Meus paíños!...¡meus hirmans...!¡Miña terra! ¡¡Miña terra...!!

    Lonxe, pro moi lonxe d'ela,Xime iste prob'emigrado;¡Cantas bágoas d'os meus ollosEu non levo xa ceivado!

    E moitas mais ceivarei,Que me atopo en terra extrana;¡Sin poder ir a Galicia...!¡Sin poder vivir na patria...!

    - 27 -

  • A M E N C E R colaboracións

    Estou soliño n-o mundoY-emigrado n-Arxentina;Naide se lembra de mín;¡Esta sí qu'é gran desdicha!...

    Campaíñas do meu pobo:Cando sepais que morrín,¡Tocade a loito n-a torre!¡Tocade a loito por mín!

    Que vosos doidos sons,D'esque traspoñan o mar,Chegarán a miña covaY-a miña alma han de alegrar.

    Morrerei logo emigradoY-acoradiño de pena;Pro miñ'alma vivirá,¡Sempre en tí, nazón galega!

    ¡Andará entr'os pinales!¡Andará de veiga en veiga!¡Andará pol-a montañaY-a visital-a mar fera!

    Non insistirei en como o "Adios, rios; adios, fontes" dos Canta-res gallegos funciona como subtexto da musa migratoria de Lence,pois coido que de tan transparente ha resultar obvio para calquera.

    Cancela

    Entendo que é innegable a importancia decisiva que Rosalíativo na vida e obra das tres coroas literarias mindonienses de entreséculos. A autora de Follas novas foi unha lectura de cabeceira detodos tres e o seu exemplo como creadora unha compaña amiga quecamiñou ao seu pé. Como tamén o fixo con autoras e autores nacidosna cidade da Paula que desenvolveron a súa carreira literaria ao longodo século XX. Mais, coma se avanzou ao comezo destas páxinas,ficará para outra ocasión ese estudo de influencias, con certeza nonmenos interesante que o que aquí se deixa apuntado.

    - 28 -

  • A M E N C E Rcolaboracións

    - 29 -

    CENTO CINCUENTA PRIMAVERAS DE"CANTARES GALLEGOS"

    O 17 de maio cúmprense os cento cincuenta anos da publica-ción de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Esta obra supuxo oinicio do Rexurdimento das Letras Galegas despois do longo períododos chamados Séculos Escuros.

    O libro Cantares gallegos, segundo se di no limiar, ve a luz parareivindicar a Galicia e á súa lingua e ademais para defendelas dosataques que sufrían non só por xentes doutros lugares de España senóntamén dalgúns sectores do noso país. Rosalía di que vai cantar abeleza das paisaxes e dos costumes das nosas xentes e engade queo vai facer na lingua do país porque "quere reproducir o verdadeiroespírito do pobo".

    Cantares gallegos consta de trinta e cinco poemas. No primeiro,a autora pídelle a unha moza que cante en lingua galega, algo queacepta en representación do pobo:

    "Cantarte hei, Galicia,teus dulces cantares,que así mo pedironna beira do mare.

    Cantarte hei, Galicia,na lengua gallega,consolo dos males,alivio das penas.(...)Que así mo pediron,que así mo mandaron,que cante e que cantena lengua que eu falo".

  • colaboraciónsA M E N C E R

    Deb

    uxo

    de. A

    DR

    IAN

    OT

    ER

    O C

    AN

    DIA

    , 1º E

    SO

    - 30 -

    Nos trinta e catro poemas seguintes cántase a Galicia desdediversas perspectivas. Así atopamos poemas de carácter descritivoe de carácter costumista. Outros exaltan a lingua galega. Noutrosdenúncianse as situacións de inxustiza e tamén os hai nos que apare-ce o sentimento amoroso. Ademais en Cantares gallegos atopamospoemas nos que aparece a voz máis persoal e máis singular da Can-tora do Sar, poemas nos que confesa a tristeza, o desamparado ou amelancolía. Vexamos: o cantar 2 é un romance no que unha mozaquéixase do comportamento que ten con ela o home ó que ela ama.Cantar 3: é un diálogo, a xeito de romance, entre unha vella esmoleirae unha moza. Cantar 4: O tema deste poema é a separación dosamantes ó amencer, algo que ten unha longa tradición culta e popular.Cantar 5: Nesta composición desenvólvese un diálogo entre unhacostureira e unha santa da que ela é devota. Cantar 6: Trátase dunpoema no que se describe a festa na honra de Nosa Señora da Bar-ca no seu santuario de Muxía. Cantar 7: Unha rapaza abondona a súacasa e vai para un muíño. No folclore galego, o muíño é lugar de troula,de encontro entre namorados. Cantar 8: O tema é a sedución que afigura do gaiteiro ten para as mozas que andan a súa beira. Cantar 9:Trátase dun monólogo no que unha muller tímida expresa o seu desexode amor ante a actitude indiferente do amado. Cantar 10: Neste poe-

  • colaboracións A M E N C E R

    - 31 -

    ma unha rapaza dálle ó seu amado un caravel como prenda de amor,dun amor xa traicionado. Cantar 11: Aquí aflora o mundo interior daCantora do Sar; as campás provocan soidades na súa alma. Cantar12: Nesta composición, o namorado pretende, sen éxito, reparar coapalabra a deshonra da súa amada. Cantar 13: San Antón de Padua éo patrono das mozas casadeiras e neste poema unha moza pídelleque lle de un marido. Cantar 14: Un mozo expresa os seus amorespor unha misteriosa montañesa que aparece e desaparece. Cantar15: Un emigrante, antes de partir para emigración a América,despídese da súa terriña. Cantar 16: Neste poema, un moucho -unhaave de mal agoiro na cultura popular- nunha noite de treboadaaparéceselle a unha muller que, chea de medo, acode á Virxe. Cantar17: Nesta composición, unha muller, que está lonxe da súa terra e quese sente enferma e chea de saudades, pídelle ós airiños da súa terraque a leven a ela. Cantar 18: O tema deste poema é que unha rapazasuspira pola súa terra montañesa. Cantar 19: Nesta composición amuller namorada dun emigrante en América amosa a súa saudadeamorosa e dille ó río que, cando chegue ó mar, siga a súa marcha elle leve ó seu amado as súas bágoas. Cantar 20: Neste poema, anosa escritora recolle e desenvolve unha vella lenda segundo a que aVirxe, compadecida, aleita a un neno mentres falta a nai, que é moipobre. Cantar 21: Unha persoa maior fala do tema do engano dasapariencias e de que hai que afacerse ás sorpresas do tempo novo.Cantar 22: Un rapaz expresa a mágoa que deixaron na súa vida unsvellos amores, aínda que agora está sosegado e tranquilo. Cantar 23:Trátase dun romance no que un mozo galego se despide dunha fidalgacastelá da que estivo namorado e fai unha loanza da terra e da mulergalegas. Cantar 24: O tema é unha carta que un rapaz, que está afacer o servizo do rei, lle manda a súa moza que, por certo, non sabeler. Cantar 25: Neste poema cóntase o conto dun tal Vidal, unpersonaxe despreciado por todos e que, por unha herdanza, seconverte en rico e dálles unha lección ós seus veciños. Cantar 26:Este romance é un diálogo entre unha viúva nova, que vive no monte,e un galán. Cantar 27: É un poema dialogado no que Rosalía trata otema da incomprensión entre un mozo e unha moza. Cantar 28: Aquí aautora amosa a súa indignación polo mal trato recibido polos galegosnas segas en Castela. Cantar 29: Composición con ritmo de muiñeira

  • colaboraciónsA M E N C E R

    - 32 -

    na que unha muller chama polos nenos para que se aseen, tratandona segunda e terceira parte o tema da comida. Cantar 30: Un roman-ce no que unha muller evoca ó seu amado que se foi para lonxe. Can-tar 31: Nesta composición cóntase que unha criada asiste coa súaama a unha festa. Cantar 32: A chuvia rega as veigas do Ulla que paraa persoa que fala son as máis fermosas do mundo. Cantar 33: Unharomeira dille á súa Santa predilecta que non hai nada no mundo quese lle poida comparar fóra da Virxe. Cantar 34: É día de festa e nestacomposición invítase á aurora a saír, ós paxaros a cantar e ós mozosa espertar.

    No poema que pecha o libro (cantar 35), a moza despídesedespois de considerar cumprido o seu labor e tamén se disculpa polasposibles imperfeccións:

    (...) "Eu cantar, cantar, cantei,a gracia non era moita,¡mais qué facer, desdichadasi non nacín máis graciosa!"

    Rosalía de Castro é unha muller pioneira na recuperación dogalego e, todo hai que dicilo, na defensa do pobo galego e mais dasúa cultura. A autora de Cantares gallegos reivindica, na súa obra ecoa súa obra, o papel da muller dentro da sociedade daquela épocae tamén dentro da literatura xa que o rol da creación literaria naqueltempo era patrimonio case exclusivo dos homes. Rosalía é plena-mente consciente do que supón, no intre en que lle toca vivir, o feito deque, sendo muller, escriba e ademais o faga en lingua galega.

    O polígrafo Ramón Piñeiro di: "Rosalía foi consciente de queescribía dende un país marxinado, e o seu libro Cantares gallegos,a pesar das compoñentes costumistas e folclóricas que moitas dassúa páxinas conteñen, non é outra cousa que a ilustración dunhaideoloxía que pretendía, tanto afirmar os valores específicos da pa-tria galega, como denunciar, a través dun berro de indignación, asinxustizas de que eran vitimas as súas xentes".

    Félix Villares Mouteira

  • SOPA DE LETRAS

    por AITOR LÓPEZ FERNÁNDEZ, 2º ESO

    Busca o nome de OITO lugares nos que viviu Rosalía

    LGUARIENORTSAC

    ASAPGBSTYLMÑOO

    MIIAHAALEOGULS

    OMRDABNGRITRNO

    NAORAITSEXCTOT

    TNYOTSTTIHASOE

    ECANISAESLAARA

    VAVNAEGLLEVCÑM

    PSSTOROIAZRUAS

    DUNEOEROSCRDAA

    LESTROVEDORIRN

    OSAEANOLCIRDTR

    EATGBAQUDLINOE

    CORTOÑOIRONIAP

    chispa

    - 33 -

    Rotulou:JACOBO CHAO LOMBARDERO, 3º ESO

    A M E N C E R

  • A M E N C E R chispa

    - 34 -

    Solución á CHISPA do número 222

    ás PREGUNTAS?????????????????

    1.- Tes tres tíos e tías unha; hai un que non é teu tío e éirmán dos teus tíos. ¿Como pode ser?

    - Son o pai e a nai

    2.- Un matrimonio ten nove fillos, todos os fillos teñenunha irmá ¿cantos fillos son?

    - Son dez (dez fillos + unha irmá de todos)

    á SOPA DE LETRAS:

  • colaboraron

    De 2º de ESO

    José G. de Orozco DondiAitor López Fernández

    de 4º de ESO

    Armando RequeixoFélix Villares Mouteira

    Debuxou a tapa:ADRIAN OTERO CANDIA, 1º ESO

    A M E N C E R

    - 35 -

    Adrián Carballeira MontenegroDiego García LópezDavid Otero LópezLuís Torreira García

    de 3º de ESO

    Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide YanesJuan José Montouto Chaves

    De 1º de ESO

    Adrián Otero Candia

  • ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

  • CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

    ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

    ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

    CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

    Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

  • Publicidade

    Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

    A revista AMENCER está subvencionada por: