As pombas de carboeiro
-
Upload
arousa-norte -
Category
Documents
-
view
51 -
download
2
Transcript of As pombas de carboeiro
As Pombas de Carboeiro é un metarrelato no que un frade trata de convencer coa súa historia a un batallón do exército napoleónico para que os soldados non sacien a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro. A través do seu relato descubrirán a historia de amor protagonizada por Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán); amor que por razóns de sangue non lles será permitido, e que dará a orixe á estirpe de pombas que habitan en Carboeiro. A dramaturxia e a música deste orixinal e fascinante espectáculo transcorrerán acompañados da banda de música municipal de cada concello, que acompañará os actores Inacio Vilariño e Benxamín Otero interpretando as partituras deste último.
A técnica de representación da historia, na que se mesturan a lingua, os contos, os cantos, as lendas e os romances, é a do kamishibai, unha arte xaponesa baseada en imaxes impresas en cartolina nunha xanela de madeira que leva unha bicicleta. A lingua narrada mesturarase coa teatralidade, coa maxia, cos monicreques e, por suposto, coa música en directo. A nova edición do programa de dinamización lingüística pretende crear espazos de uso, aprendizaxe e interacción en galego, ligados ao lecer, á cultura xuvenil e ás novas tecnoloxías da comunicación (TIC). A través das súas actividades, destinadas a distintos tipos de público, búscase ligar a imaxe da lingua galega aos valores positivos e modernos da sociedade actual.
Ao mesmo tempo, refórzase o uso do galego entre galegofalantes e proporciona modelos lingüísticos de referencia aos cativos de orixe castelanófona.
A RDL é unha iniciativa impulsada polo Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na que a día de hoxe participan xa perto de 150 entidades de toda Galicia, co obxectivo prioritario de estableceren e consolidaren vías estables de colaboración, cooperación e coordinación entre as administracións local e autonómica.
Coa súa constitución no ano 2011, a Xunta de Galicia deu un paso máis na promoción planificada do noso idioma. Ampliar os usos da lingua galega, incrementar o seu prestixio social e favorecer a súa visibilidade nos distintos ámbitos sociais son os seus principais propósitos.
A partir dunha planificación lingüística conxunta, a RDL está a definir estratexias básicas comúns en todo o territorio e compartindo experiencias, materiais e información entre os seus diferentes membros.
06/04/2013 Vedra. Casa da Terceira Idade. 19:00 h 28/04/2013 Cambados. Auditorio da Xuventude. 21:00 h 04/05/2013 O Carballiño. Auditorio Municipal. 20:00 h 05/05/2013 O Rosal. Auditorio Municipal. 18:30 h 11/05/2013 Negreira. Auditorio Sociocultural. 20:00 h 12/05/2013 Melide. Pazo do convento (en caso de choiva, trasladarase ao Pazo de Congresos).18:00 h
As datas seguintes iranse actualizando na páxina web oficial do programa, onde se pode
obter toda a información sobre ‘FalaRedes’: www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013
Tamén nas Redes Sociais:
@FalaRedes (Twitter)
Programa FalaRedes (Facebook)