As tecnologías da información e da comunicación

17
As tecnoloxías da información da comunicación. Iria Prieto Domínguez

Transcript of As tecnologías da información e da comunicación

Page 1: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnoloxías da

información da

comunicación.

Iria Prieto Domínguez

Page 2: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Índice

As tecnoloxías da información: evolución histórica......................................................3Telecomunicacións........................................................................................................5Intelixencia artificial......................................................................................................6Tecnoloxía multimedia..................................................................................................8Internet: A globalización.............................................................................................11A web 2.0.....................................................................................................................13Aplicacións sociais das TIC........................................................................................15Valoración crítica das posibilidades e riscos das tecnoloxías da información............17

Iria Prieto Domínguez 2

Page 3: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

As tecnoloxías da Información e da Comunicación.

As tecnoloxías da Información e a Comunicación, tamén coñecidas como TIC, son o conxunto de tecnoloxías desenroladas para xestionar información e enviala dun lugar a outro. Abarcan un abanico de solucións moi amplo. Inclúen as tecnoloxías para almacenar información e recuperala despois, enviar e recibir información dun sitio a outro, ou procesar información para poder calcular resultados e elaborar informes.

As tecnoloxías da información: evolución histórica.

Ao longo da historia os dispositivos electrónicos que nos permiten obter información, foron evolucionando de maneira considerable. O primeiro dispositivo que nos permitiu a computación, foi un pau tallado, datado de fai miles de anos. Logo, encóntrase o mecanismo de Anticitera, que data do comenzo do primeiro século a.C., esta calculadora mecánica é considerada, xeralmente, como a computadora análoga máis antiga e o mecanismo de engrenaxe máis antigo. Ata séculos despois, século XVI, non se inventou a primeira calculador mecánica, capaz de realizar operacións aritméticas básicas.

Os primeiros ordenadores, comenzaron a aparecer a comenzos da década de 1940, a electromecánica Zuse Z3, terminada no ano 1941, foi o primeiro ordenador programable do mundo, e seguindo os estándares modernos, unhas das primeiras máquinas que poderías ser consideradas unha computadora completa. Logo da Zuse Z3, desenrolouse durante a Segunda Guerra Mundial por parte do Reino Unido, o primeiro ordenador electrónico dixital, a Colossus, utilizada para desencriptar mensaxes alemáns. Aínda que era programable, solo foi deseñada para realizar unha única tarefa. Na súa contra, carecía da posibilidade de almacenar o seu programa nunca memoria, a súa programación realizábase usando enchufes e interruptores para alterar o seu canleado interno. O primeiro ordenador electrónico dixital que era capaz de almacenar programas, foi a Máquina Experimental de Pequena Escala de Manchester, que executou o seu primeiro programa o 21 de xuño de 1948. Un gran avance nas tecnoloxías da información foi a invención dos transistores, a finas da década de 1940, nos Laboratorios Bell, que permitiu unha nova xeración de ordenadores deseñados, con un consumo da enerxía reducido de maneira considerable. O primeiro ordenador que tiña a capacidade de almacenar programas e estaba dispoñible comercialmente foi a Ferrari Mark I, que contiña 4050 válvulas e tiña un consumo enerxético de 25 kilowatts. En comparación, a Máquina Experimental de Pequena Escala de Manchester, consumía solo 150 watts na súa versión final.

Crecemento do número de ordenadores dende o ano 2003

Iria Prieto Domínguez 3

Page 4: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

En canto, ao almacenamento de datos, os primeiros almacenamentos datan da Segunda Guerra Mundial, pero a súa memoria é volátil e eliminábase ao desconectar a computadora da fonte de enerxía. O primeiro ordenador con almacenamento non volátil foi a memoria de tambor, instalada na computadora Ferrari Mark I. En 1956, IBM introduciu o primeiro disco duro no ordenador 305 RAMAC. En 1960 surxiron as bases de datos para abordar o problema de almacenar e recuperar grandes cantidades de datos de maneira precisa e rápida. En 1969, o Departamento dos Estados Unidos por medio da Axencia de Desenrolo de Proxectos Avanzados, estableceu unha rede de comunicación electrónica revolucionario, que crecería durante a seguinte década para converterse na actual Internet. O primeiro conmutador electrónico industrial apareceu nese mesmo ano e o primeiro dixital, a mediados da década dos 70. Nesa mesma década, Sony comenzou a producir comercialmente máquinas de vídeo. En 1971 inventouse o microprocesador. En 1974 foi desenrolado protocolo TCP/IP de interconexión. Un ano despois inventouse o microordenador e o primeiro microordenador con éxito comercial foi presentado en abril de 1977 por Apple II. No mesmo ano, Microsoft comenzou a producir os sistemas operativos para microordenadores. A partir desta época as tecnoloxías da información pasan a formar partes e a unirse cas telecomunicacións, xa que todas as fontes de información pasan a ter outra función, ademais da de informar, a de comunicar. A que as persoas teñan a posibilidade de informarse e de comunicarse á vez.

Iria Prieto Domínguez 4

Page 5: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Telecomunicacións.

Una telecomunicación é toda transmisión e recepción de sinais de calquera natureza, tipicamente electromagnéticas, que conteñen signos, sons, imaxes ou, en definitiva, calquera tipo de información que se desexe comunicar a certa distancia.

A telecomunicación tamén se lle pode denominar como a disciplina que estuda, deseña, desenrola e explota aqueles sistemas que permiten ditas comunicacións, de forma análoga. A enxeñería de telecomunicacións resolve os problemas técnicos asociados a esta disciplina.

As telecomunicacións son unha infraestrutura básica do contexto actual. A capacidade de poder comunicas calquera orden militar ou política de forma casi instantánea foi radial en moitos acontecementos históricos na Edad Contemporánea, o primeiro sistema de telecomunicacións moderno aparece durante a Revolución Francesa. Pero ademais, a telecomunicacións constitúe hoxe en día un factor social e económico de gran relevancia. Así, estas tecnoloxías adquiren unha importancia propia si valoramos o súa utilidade en conceptos coma a globalización ou a sociedade da información e do coñecemento, que se complementan coa importancia das mesmas en calquera tipo de actividade mercantil, financeira, bursátil ou empresarial. Os medios de comunicación de masas tamén se valen das telecomunicacións para compartir contidos ao público, de gran importancia á hora de entender o concepto da sociedade de masas.

A telecomunicación inclúe moitas tecnoloxías como a radio, a televisión, o teléfono e a telefonía móbil, as comunicacións de datos, as redes informáticas ou a Internet. Gran parte das tecnoloxías que naceron para satisfacer as necesidades militares ou científicas, converxeron noutras enfocadas a un consumo non especializado, chamadas tecnoloxías da información e da comunicación, de gran importancia na vida diaria das persoas, das empresas ou das institucións estatais e políticas.

Iria Prieto Domínguez 5

Page 6: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Intelixencia artificial.

O término “intelixencia artificial” foi acuñado formalmente en 1956 durante a conferencia de Darthmounth, máis para entonces xa se estuvera traballando nelo, durante cinco anos, os cales se propuxeran moitas definicións distintas, que en ningún caso lograron ser aceptadas totalmente pola comunidade investigadora. A IA (Intelixencia Artificial) ñe unha das disciplicas máis novas, xunto coa xenética moderna.

A intelixencia artificial comenzou en 1943, Warren McCulloch e Walter Pitts presentaron o seu modelo de neuronas artificiais, o cal se considera o primeiro traballo do campo, aínda cando todavía non existía o término. Os primerio avances importante comenzaron a principios do ano 1950, co traballo de Alan Turing, a partir do cal a ciencia pasou por diveras situacións.

Na seguinte década, en 1955, Herber Simon, Allen Newell e J.C. Shaw desarrollan o primeiro lenguaxe de programación orientado á resolución de problemas, o IPL-11. Un ano máis tarde desarrollan o Logic Theorist, o cal foi capaz de demostrar teoremas matemáticos. Nesa mesma década, en 1956, John McCarthy, Marvin Minsky e Claude Shannon inventaron o término intelixencia artificial na Conferencia de Dartmouth, un congreso no cal se fixeron previsións triunfalistas a dez anos que xamais se cumpliron, o que provocou o abandono, casi total, das investigacións durante quince anos. En 1957, Newell e Simon continuaron o seu traballo no desenrolo do General Problem Solver (PGS). O GPS era un sistema orientado á resolución de problemas. En 1958, John McCarthy desenrola no instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o LISP. O seu nome deriva de LISt Processor. O LIPS foi o primeiro lenguaxe para procesamento simbólico.En 1959, Rosenblatt introduciu o Perceptrón. A finais da década dos 50 e comenzos da década dos 60, Robert K. Lindsay desenrola “Sad Sam”, un programa para lectura de oracións en inglés e a inferencia de conclusión a partir da súa interpretación.

Na década dos 60, exactamente en 1963, Quillian desenrola as redes semánticas como modelo de representación do coñecemento. Un ano despois, Bertrand Raphael constrúe o sistema SIR ( Semantic Information Retrieval), o cal era capz de inferir coñecemento baseado na que información que se lle subministraba. A mediados dos anos 60, aparecen os sistemas expertos, que predicen a probabilidade dunha solución baixo unhas condicións. Entre os anos, 1968 e 1970, Terry Winograd desarrollou un sistema Shdlu, que permitía interrogar e dar órdenes a un robot que se movía dentro dun mundo de bloques.

Na década dos 70, Shank e Abelson desenrolo os guións, pilares de moitas técnica actuais na Intelixencia Artificial e a informática en xeral. En 1974,

Iria Prieto Domínguez 6

Page 7: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Edward Shortliffe escribe a súa teses con MYCIN, un dos Sistemas Expertos máis coñecidos, que asistiu a médicos no diagnóstico e tratamento de infeccións no sangue.

En 1981, Kazuhiro Fuchi anuncia o proxecto xaponés da quinta xeración de ordenadores. En 1986, McClelland e Rumelhart publican Parallel Distributed Processing ( Redes Neuronais).

Por último, en 2009 xa hai en desenrolo sistemas intelixentes terapéuticos que permiten detectar emocións para poder interactuar con nenos autistas.

Iria Prieto Domínguez 7

Page 8: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Tecnoloxía multimedia.

O término multimedia utilízase para referirse a calquera obxecto ou sistema que utiliza múltiples medios de expresión físicos ou dixitais para representar ou comunicar información. De ahí a expresión multimedios. Os medios poden ser variados, desde textos e imaxes, ata animacións, sons e vídeos. Tamén se poden calificar como multimedia os medio electrónicos e outros medios que permiten almacenar e presentar contido multimedia.

Características

As presentacións multimedia poden verse nun escenario, proxectarse, transmitirse ou reproducirse localmente nun dispositivo por medio dun reprodutor multimedia. Unha transmisión podo ser unha presentación multimedia en vivo ou gravada. As transmisións poden usar tecnoloxía tanto analóxica como dixital.

Os xogos e simulacións multimedia poden usarse en ambientes físicos con efectos especiais, con varios usuarios conectados á rede, ou ocasionalmente cun computador sen acceso á rede, un videoxogo ou un simulador. No mercado destacan as aplicacións Adobe Director e Flash.

A tecnoloxía multimedia encóntrase en varias áreas: arte, educación, entreteñemento, enxeñería, medicina, matemáticas, negocios e na investigación científica.

O sistema de mensaxería máis destacable das tecnoloxías multimedias, é o MMS, permite enviar e recibir mensaxes que conteñen contidos multimedias. Este sistema encóntrase, actualmente, en todos os teléfonos móbiles.

A multimedia é moi usada na industria do entreteñemento, para desenrolar especialmente efectos especiais en películas e a animación para os personaxes de caricaturas.

Tipos

Os tipos de tecnoloxías multimedia son moitos e moi variados, entre eles encóntrase os textos, os gráficos, as imaxes, as animacións, os vídeos e o son. Coa tecnoloxía multimedia tamén se pode definir unha mensaxe clave, coñecer ao público, desenrolar un guión, crear un prototipo ou crear un produto.

Iria Prieto Domínguez 8

Page 9: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Tipoloxía

Os diferentes tipos de multimedia pódense clasificar dependendo da finalidade da información ou do medio no cal será publicada.

Clasifícanse en:

• Educativa: é importante recalcar que a multimedia educativa é previa a

que o ordenador aparecera, e pódese considerar coma un proceso non lineal.

• Publicitaria: É o uso de diferentes medios enfocados a unha campaña

publicitaria.

• Comercial: Neste tipo de multimedia encontramos unha gran variedade

de produtos, como, bases de datos, promocións, catálogos, simuladores, páxinas web ou publicidade en xeral.

Iria Prieto Domínguez 9

Page 10: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

• Informativa: Está relacionada cos elementos multimedia que ofrecen

información, como, noticias, prensa, revistar e diarios. Esta información preséntase na maioría dos casos en forma masiva e mantense actualizada case ao segundo.

Iria Prieto Domínguez 10

Page 11: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Internet: A globalización.

A Globalización é unha palabra contemporánea para unha teoría que frecuentemente é debatida nos medios e nos círculos políticos e académicos. Unha definición do término é que representa a dominación global da cultura occidental e os valores económicos, mentres que outros a interpretan con maior benignidade coma un punto de quebre ds fronteiras culturais e económicas, Internet é visto por algúns comentaristas socioeconómicos como unha forza de condución central para crear unha comunidade global unificada.

Sen a tecnoloxía, a globalización probablemente non sería un tema para discutir. En particular, a tecnoloxía das comunicacións, nas que Internet xoga un papel principal, este revolucionou a forma na que as persoas traballa, expandindo a base de coñecemento global e proporcionando unha variedade de maneiras de unir ás persoas e as culturas. Internet proporciona unhas plataforma na que as compañías que están a miles de millas de distancia poden comunicarse compartindo información. Nun nivel social e cultural, proporciona acceso á música sen importar se estás en Pekín, en Londres ou en Nova York. Ademais as persoas poden facer novos amigos ao redor do globo por medio das redes sociais.

Internet cambiou radicalmente o mundo dos negocios, permitindo que as compañías melloren as súas extensións corporativas e incremente a súa produtividade, simplemente debido á velocidade do acceso á información e ás transaccións electrónicas. Permite que unha compañía con base en Estado Unidos teña un centro de chamadas de servizo ao cliente en Bangladesh, con

Iria Prieto Domínguez 11

Page 12: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

persoal altamente cualificado pero con costos de salario menor. Por outro lado, o crecemento en Internet utilizado polos negocios tamén abren novos mercados para os profesionais de tecnoloxía de información dos Estados Unidos e os enxeñeiros, cuxa experiencia é buscada fora do mercado local.

Internet alterou a estrutura dos medios masivos. A maioría das cadeas de noticias eran locais ou nacionais antes da revolución de Internet e unicamente un par de compañías, coma a CNN, tiñan transmisións en outros países. Agora as noticias de toda las cadeas están dispoñibles constantemente, en calquera lugar do mundo, e son actualizadas conforme ocorren os eventos. Algúns ven o aspecto dos medios masivos da globalización de Internet como algo negativo, porque se dixo que os países anglo-falantes dominan os medios e esta popularizou a cultura estadounidense a expensas das culturas locais.

Zona da Terra Usuarios de Internet (%)Asia 42.2Europa 24.1Norte América 15.1América Latina 10.5África 3.9Oriente Medio 2.9Oceanía 1.2

Iria Prieto Domínguez 12

Page 13: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

A web 2.0.

O término Web 2.0 comprende aqueles sitios web que facilitan o compartir información, o deseño centrado no usuario e a colaboración na World Wide Web. Un sitio Web 2.0 permite aos usuarios interactuar e colaborar entre si como creadores de contido xerado por usuarios nunha comunidade virtual, a diferenza de sitios de web estáticos donde os usuarios limítanse á observación pasiva dos contidos que se crearon para eles. Exemplos da Web 2.0 son as comunidades web, os servizos web, as aplicacións Web, os servizos de red social, os servizos de aloxamento de vídeos, as wikis, blogs, mashups e folcsonomías. E a Evolución das aplicacións estáticas a dinámicas onde a colaboración do usuario é necesaria. O término asociado estreitamente con Tim O'Reilly, debido á conferencia sobre a Web 2.0 de O'Reilly Media en 2004. Aínda o término suxire unha nova versión da World Wide Web, non se refire a unha actualización das especificacións técnicas da web, senón máis ben a cambios acumulativos na forma na que desenroladores de software e usuarios dinais utilizan a Web. O feito de que a Web 2.0 é cualitativamente diferente das tecnoloxías web anteriores foi cuestionado pola creador da World Wide Web, Tim Berners-Lee, quen calificou ao término como “tan so unha xerga”, precisamente porque tiña a intención de que a Web incorpórase estos valores no primeiro lugar. En conclusión, a Web 2.0 permítenos realizar traballo colaborativos entre varios usuarios ou colaboradores. Ademais, as ferramentas que ofrece a Web 2.0 non so permite mellorar os temas na aula de clase, senón tamén poden utilizarse para traballo en empresas. O traballo colaborativo está tomando moita importancia nas actividades que realicemos en Internet.

A Web 2.0 orixinou a democratización dos medios facendo que calquera teña as mesmas posibilidades de publicar noticias que un periódico tradicional. Grupos de persoas crean blogs que ao día de hoxe reciben máis visitasque as versións online de moitos periódicos. A Web 2.0 reduciu considerablemente os costes de difusión da información. Ao día de hoxe podemos ter gratuitamente a nosa propia emisora de radio online, o noso periódico online, o noso canal de vídeos e moitas máis aplicacións e páxinas. Ao aumentar a producción de

Iria Prieto Domínguez 13

Page 14: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

información aumenta a segmentación da mesma, o que equivale a que os usuarios podas acceder a contidos que tradicionalmente non se publican nos medios convencionais.

Creación

Tim Berners- Lee e Robert Cailliau crearon a web arredor de 1990, durante estas dúas últimas décadas sufriu unha evolución extraordinaria e asombrosa, aparecendo en 2004 o concepto de Web 2.0, fruto da evolución da tecnoloxía.

Antes da chegada das tecnoloxías da Web 2.0 utilizábanse páxinas estáticas programadas en HTML que non eran actualizadas con frecuencia. O éxito das .com dependía de webs máis dinámicas (ás veces chamadas Web 1.5) onde os sistemas de xestíón de contidos servían páxinas HTML dinámicas creadas ao vo dende unha base de datos actualizada.En ambos sentidos, o conseguir visitas e a estética visual eran considerados como factores.

O término foi utilizzado por primeira vez por Dancy DiNucci en 1999, no seu artículo “Fragmented future”, aínda non foi ata 2004 cando Tim O'Reilly o fixo popular. En 2005, Tim O'Reilly definiu o concepto de Web 2.0. Un mapa mental elaborado por Markus Angermeier reusme a relación do término Web 2.0 con outros conceptos. Na súa conferencia, O'Reilly, Batelle e Edouard resumiron os principio clave que creen que caracterizan ás aplicacións Web 2.0: a comunidade como plataforma, efectos de red conducidos por unha “arquitectura de participación”, innovación e desenroladores independentes, pequenos modelos de negocio capaces de redifundir servizos e contidos, o perpetuo beta, software por encima un solo aparato . En xeral, cando mencionamos o término Web 2.0, referímonos a unha serie de aplicacións e páxinas de Internet que utilizan a intelixencia colectiva (concepto de software social) para proporcionar servizos interactivos na rede.

Características

A Web 2.0 caracterízase principalmente pola participación do usuario como contribuidor activo e non so como espectador dos contido da Web (usuario pasivo). Esto queda reflexado en aspectos como: o auxe dos blogs, o auxe das redes sociais, as webs creadas por usuarios, usando plataformas de auto-edición, o contido agregado polos usuarios como valor clave da Web, o etiquetado colectivo, a importancia do long tail, o beta perpetuo e as aplicacións dinámicas.

Iria Prieto Domínguez 14

Page 15: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Aplicacións sociais das TIC.

As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) son incuestionables e están ahí, forman parta da cultura tecnoloxía que nos rodea e coa que debemos convivir. Amplían as nosas capacidades físicas e mentais. E as posibilidades de desenrolo social. Incluímos no concepto TIC non soamente a informática e as tecnoloxías asociadas, telemática e multimedia, senón tamén os medios de comunicación de todo tipo, os medios de comunicación social (“mass media”) e os medios de comunicación interpersonais tradicionais con soporte tecnolóxico como o teléfono, o fax...

Unha das aplicacións máis utilizadas das TIC está relacionada cos sistemas de posicionamento global, GPS, e coa cartografía dixital. Esta tecnoloxía basease na información emitida pola rede de satélites xeostacionarios na órbita sobre a terra. Inicialmente, foron desenrolados con fines militares pero pouco a pouco chegan ao público en forma de receptores e navegadores GPS de coche ou incluídos na PDA. Tamén podemos realizar visitas virtuais a outros puntos do planeta aos que non podamos viaxar, con sitios web como Google Maps e Google Earth. Estas aplicacións permítenos coñecer mellor o planeta dende o punto de vista xeográfico e cartográfico, planificar rutas de viaxe e engadir información.

Seguindo o ritmo dos continuos avances científicos e un marco de globalización económica e cultural, contribúen á rápida obsolescencia dos coñecementos e á emerxencia de novos valores, provocando continuas transformacións nas nosas estruturas económicas, sociais e culturais, e incidindo en case todos os aspectos da nosa vida, o acceso ao mercado de traballo, a sanidade, a xestión económica, o deseño industrial e artístico, a educación...

O seu gran impacto en todo los ámbitos da nosa vida fai cada vez máis difícil que podamos actuar eficientemente prescindindo de elas. Os seus principais achegas que nos facilitan a realización dos nosos traballos porque , sexan estos os que sexan, sempre requiren unha certa información para realizalo, un determinado proceso de datos e a menudo tamén a comunicación con outras persoas e isto é precisamente o que non ofrecen as TIC.

Tamén nos proporcionan un fácil acceso a todo tipo de información, sobre calquera tema e en calquera formato (textual, icónico, sonoro), especialemnte a través da televisión e Internet pero tamén mediante o acceso ás numerosas coleccións de discos en soporte CD-ROM e DVD, sobre turismo, temas legais, datos económicos, enciclopedias xerais e temáticas de todo tipo, películas e vídeos dixitais e bases de datos fotográficas.

Dispoñemos de programas especializados, procesadores de textos, editore gráficos, follas de cálculo, xestores de bases de datos, editores de presentacións multimedia e de páxinas web, que nos axudan especialmente a

Iria Prieto Domínguez 15

Page 16: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

expresarnos e desenrolar a nosa creatividade, realizar cálculos e organizar a información, o correo electrónico, os servizos de mensaxería inmediata, os blogs e as wiki...

O almacenamento de grandes cantidades de información de pequenos soportes de fácil transporte (pendrive, discos duros portátiles, tarxetas de memorias). Un pendrive podo almacenar arredor de un mil millóns de caracteres, un volume equivalente a mil libros de centos de páxinas e a miles de fotografías de calidade media. Un disco duro portátil de 200 Gbytes, pode almacenar moitos películas con boa calidade de imaxe e, a automatización de tarefas mediante a programacións das actividades que queremos que realicen os ordenadores, que constitúen o cerebro e o corazón de todas as TIC.

De todos os elementos que integran as TIC, sen dúbida o máis poderoso e revolucionario é Internet, que nos abre as portas dunha nova era, a Era Internet, na que se ubica a actual Sociedade da Información. Internet proporciónanos un terceiro mundo no que podemos facer case todo o que facemos no mundo real e ademais permítenos desenrolar novas actividades, moitas delas enriquecedoras para a nosa personalidade e forma de vida. E as que agora as persoas podemos repartir o tempo da nosa vida interactuando en tres mundos, o mundo presencial, da natureza física, constituído por átomos, rexido por leis do espazo, no que hai distancias entre as cousas e as persoas, o mundo intrapersoal da imaxinación e o ciberespazo, da natureza virtual, constituído por bits sen distancias.

Iria Prieto Domínguez 16

Page 17: As tecnologías da información e da comunicación

As tecnologías da información e da comunicación.

Valoración crítica das posibilidades e riscos das tecnoloxías da información.

Posibilidades

As novas tecnoloxías evolucionaron moito. Nun principio os ordenadores solo eran utilizados para un ámbito de traballo. Actualmente podemos utilizar os ordenadores coma un medio de comunicación grazas a Internet, xa que elimina as barreiras xeográficas, como por exemplo, sen estar nun sitio concreto podes estar informado do que ocorre nese sitio ou noutras partes do planeta. Tamén, mediante as redes sociais podes relacionarte con persoas de distintos lugares e enriquecer a túa cultura.

Posto que os ordenadores avanzaron moito, estes poden ser usados dende os máis maiores ata os máis pequenos. Hoxe en día está moi xeneralizado o uso da tele-enseñanza.

As grandes aportacións das TIC foron os fácil acceso que nos deron a inmensas fontes de información. Outra das máis importantes é o proceso rápido e fiable de todo tipo de datos. Outros importantes son, os canais de comunicación inmediata, a capacidade de almacenamento, a automatización de traballos, a interectividade e a dixitalización de toda a información.

Riscos

Para poder usar esta tecnoloxía é necesario dispoñer dos medios pero isto pode causar unha diferenciación social distinguindo ricos de pobres. Ademais as novas tecnoloxías son as principais causas do sedentarismo. Outro dos principais inconvenientes é que, segundo varios estudos comprobouse que moitos adolescentes aíslanse socialmente e non saen das súas casas ata chegar o punto de depender dos aparatos electrónicos.

Existe unha enfermidade polo mal uso das novas tecnoloxías. Asegúrase que os afectados por esta enfermidade, todavía sen recoñecer, no se dan conta do seu problema e que ten que ser o seu entorno o que poña medios. Pódese chegar á dependencia do móbil, playstation, ordenador... Estar pendente de xogar en calquera momento, utilizalos fáganlle falta ou non, é máis, en canto non se usan as persoas con esta enfermidade mostran ansiedade e mal xenio, tamén se pode observar que a persoa está a gusto cos aparatos electrónicos e por último non se saben comunicar en público, solo o saber facer por escrito.

Iria Prieto Domínguez 17