bases

2
IX Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2013 IX CERTAME LITERARIO IES SANXENXO Nacín para escribir. A palabra é o meu dominio sobre o mundo. Clarice Lispector Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a través da Biblioteca do centro, convoca o IX CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes bases: Primeira. Participantes e categorías A Terceiro ciclo de Primaria C Segundo ciclo de Secundaria B Primeiro ciclo de Secundaria D Bacharelato Segunda. Fases do certame . Fase de selección: realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por categorías ata o 11 ABRIL ao enderezo electrónico: [email protected] O alumnado participante inscribirase na Biblioteca do seu centro antes da data sinalada. 2º. Fase de realización. Terá lugar no IES Sanxenxo o VENRES 19 ABRIL 2013 Terceira. Características do texto de redacción Tema: será elixido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización. Lingua: galega ou castelá. Modalidade: prosa ou verso. Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da categoría como única identificación para garantir o anonimato. Cuarta: Premios Establécense dous premios por categoría: PRIMEIRO PREMIO: 100 € SEGUNDO PREMIO: 50 € Os premios consistirán nun talón económico cambiable nas librerías do concello de Sanxenxo. A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.

description

ies sanxenxo

Transcript of bases

Page 1: bases

IX Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2013

IX CERTAME LITERARIO IES SANXENXO

Nacín para escribir. A palabra é o meu dominio sobr e o mundo. Clarice Lispector

Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o IES de Sanxenxo a través da Biblioteca do centro, convoca o IX CERTAME LITERARIO de acordo coas seguintes bases: Primeira. Participantes e categorías A Terceiro ciclo de Primaria C Segundo ciclo de Secundaria B Primeiro ciclo de Secundaria D Bacharelato

Segunda. Fases do certame

1ª. Fase de selección : realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por categorías ata o 11 ABRIL ao enderezo electrónico: [email protected]

O alumnado participante inscribirase na Biblioteca do seu centro antes da data sinalada.

2º. Fase de realización . Terá lugar no IES Sanxenxo o VENRES 19 ABRIL 2013

Terceira. Características do texto de redacción

Tema: será elixido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización.

Lingua : galega ou castelá.

Modalidade : prosa ou verso.

Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da categoría como única identificación para garantir o anonimato.

Cuarta: Premios Establécense dous premios por categoría:

� PRIMEIRO PREMIO: 100 € � SEGUNDO PREMIO: 50 €

Os premios consistirán nun talón económico cambiable nas librerías do concello de Sanxenxo.

A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.

Page 2: bases

IX Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2013

Quinta. Xurado

A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores da área de linguas, arte e humanidades e ex-alumnos premiados en edicións anteriores.

As súas deliberacións serán secretas e a súa decisión inapelable, da que se redactará a acta correspondente.

Sexta. Traballos seleccionados

Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación.

Sétima. Aceptación das bases

A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descualificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.

Máis información : http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/ Teléfono: 986 724 108 Enderezos electrónicos : [email protected] bibliote [email protected]

Sanxenxo, 15 de marzo de 2013