Biblioxornal 26

4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 1º TRIMESTRE 2012 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 26 Guerra, Paz e Cine A procura da paz, o rexeitamento da guerra e as súas consecuencias, a loita contra a carreira armamentista, a resolución pacífica de conflitos entre outros aspectos tivo o seu reflexo no mundo do cine dende os seus comezos ata a actualidade. A continuación imos recomendar unha serie de películas que tratan esta temática e que van agrupadas baixo tres epígrafes. I. A guerra e as súas consecuencias GALLIPOLI (1981) Peter Weir. Narra a participación de dous amigos australianos na I Guerra Mundial. En 1915 deciden alistarse e tócalles loitar contra os turcos en Gallipoli. ARMAS AO OMBRO (Shoulder Arms) (1918) Charles Chaplin [46 minutos.] Cine mudo en branco e negro. O soldado número 13, Charlot, do exército norteamericano defende a fronte cos seus compañeiros. UN VERMELLO, DIVISIÓN DE CHOQUE (The Big Red One, 1980). Samuel Fuller.Ás ordes do seu sarxento, catro soldados de infantería recorren os campos de batalla de media Europa na II Guerra Mundial. JOHNNY COLLEU O SEU FUSIL (Dalton Trumbo's Johnny Got His Gun, 1971) Dalton Trumbo. Un mozo combatente da Primeira Guerra Mundial desperta totalmente confuso nun hospital, confinado de por vida, cego, xordomudo e coas pernas e os brazos amputados a causa dunha explosión sucedida durante un bombardeo. Ao principio non é consciente do que lle sucedeu e en que condiciones está, pero pouco a pouco comeza a decatarse... A DELGADA LIÑA VERMELLA (The Thin Red Line 1998) Terrence Malick. II Guerra Mundial, Illa de Guadalcanal, 1942. Un grupo de homes da compañía de fusileiros do exército "C de Charlie" combate contra o exército xaponés pola conquista dun estratéxico outeiro. Este grupo forma parte das tropas enviadas para relevar ás unidades de infantería de mariña esgotadas polo combate. A VIDA É FERMOSA (La vita è bella, 1997). Roberto Benigni. Uns anos antes de que comece a Segunda Guerra Mundial, un mozo chamado Guido chega a unha cidade da Toscana (Arezzo) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, a pesar de que é a prometida do fascista Ferruccio, casa con ela e ten un fillo. Ao estoupar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará o imposible para facer crer ao seu fillo que a terrible situación que están padecendo é tan só un xogo.

description

Boletín con suxestións de filmes sobre a guerra e a paz para conmemorar a Xornada Escolar da Paz.

Transcript of Biblioxornal 26

Page 1: Biblioxornal 26

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

1º TRIMESTRE 2012 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 26

Guerra, Paz e Cine A procura da paz, o rexeitamento da guerra e as súas consecuencias, a loita contra a carreira armamentista, a resolución pacífica de conflitos entre outros aspectos tivo o seu reflexo no mundo do cine dende os seus comezos ata a actualidade. A continuación imos recomendar unha serie de películas que tratan esta temática e que van agrupadas baixo tres epígrafes. I. A guerra e as súas consecuencias

GALLIPOLI (1981) Peter Weir. Narra a participación de dous amigos australianos na I Guerra Mundial. En 1915 deciden alistarse e tócalles loitar contra os turcos en Gallipoli. ARMAS AO OMBRO (Shoulder Arms) (1918) Charles Chaplin [46 minutos.] Cine mudo en branco e negro. O soldado número 13, Charlot, do exército norteamericano defende a fronte cos seus compañeiros. UN VERMELLO, DIVISIÓN DE CHOQUE (The Big Red One, 1980). Samuel Fuller.Ás ordes do seu sarxento, catro soldados de infantería recorren os campos de batalla de media Europa na II Guerra Mundial. JOHNNY COLLEU O SEU FUSIL (Dalton Trumbo's Johnny Got His Gun, 1971) Dalton Trumbo. Un mozo combatente da Primeira Guerra Mundial desperta totalmente confuso nun hospital, confinado de por vida, cego, xordomudo e coas pernas e os brazos amputados a causa dunha explosión sucedida durante un bombardeo. Ao principio non é consciente do que lle sucedeu e en que condiciones está, pero pouco a pouco comeza a decatarse... A DELGADA LIÑA VERMELLA (The Thin Red Line 1998) Terrence Malick. II Guerra Mundial, Illa de Guadalcanal, 1942. Un grupo de homes da compañía de fusileiros do exército "C de Charlie" combate contra o exército xaponés pola conquista dun estratéxico outeiro. Este grupo forma parte das tropas enviadas para relevar ás unidades de infantería de mariña esgotadas polo combate. A VIDA É FERMOSA (La vita è bella, 1997). Roberto Benigni. Uns anos antes de que comece a Segunda Guerra Mundial, un mozo chamado Guido chega a unha cidade da Toscana (Arezzo) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, a pesar de que é a prometida do fascista Ferruccio, casa con ela e ten un fillo. Ao estoupar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará o imposible para facer crer ao seu fillo que a terrible situación que están padecendo é tan só un xogo.

Page 2: Biblioxornal 26

ANTES DA CHUVIA (Before the Rain, 1994) Milcho Manchevski. O filme está estruturado en tres historias que teñen como transfondo a guerra. Dúas situadas en Macedonia e unha, en Londres. Os seus protagonistas viven varias historias de amor determinadas pola violencia da guerra. Na primeira historia, un novo monxe macedonio esconde a unha moza albanesa musulmá perseguida pola comunidade cristiá; na segunda, a directora dunha axencia de noticias vive unha relación sentimental conflitiva cun fotógrafo de orixe macedonio que decide volver ao seu país. Este último personaxe protagoniza a terceira historia, centrada no regreso á súa casa, onde vivirá o horror da guerra a través da moza albanesa do primeiro episodio.

EN TERRA DE NINGUÉN (No Man's Land, 2001) Danis Tanovic. Guerra de Bosnia, 1993. Dous soldados de bandos distintos, un bosníaco e un serbio, atópanse atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén. Un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas disponse a axudalos, desobedecendo as ordes dos seus superiores. Os medios de

comunicación non tardan en converter o asunto nun show mediático de carácter internacional. Mentres a tensión bélica crece e a prensa espera pacientemente novas noticias, os dous soldados tentarán por todos os medios saír con vida de tal situación. O GRAN DITADOR (The Great Dictator, 1940) Charles Chaplin. Un humilde barbeiro xudeu ten un parecido asombroso co ditador de Tomania, un tirano que culpa aos xudeus da crítica situación que atravesa o país. Un día, os seus propios gardas confúndeno co barbeiro e lévano a un campo de concentración. Ao mesmo tempo, ao pobre barbeiro confúndeno co tirano.

LONGO DOMINGO DE NOIVADO (Un long dimanche de fiançailles, 2004). Jean-Pierre Jeunet . Cando a I Guerra Mundial (1914-1918) achégase a súa fin, para unha moza francesa está a piques de comezar a máis cruel das batallas. Mathilde recibiu a noticia de que o seu prometido Manech é un dos cinco soldados feridos que, tras ser sometidos a un consello de guerra, foron enviados á terra de ninguén que hai entre o exército francés e o alemán, o cal supón unha morte case segura. Mathilde, que se nega a aceptar esa situación, emprende unha extraordinaria viaxe para coñecer o destino do seu prometido. As noticias que vai recibindo sobre Manech son desacougantes. Aínda así, animada por unha fe e unha esperanza inquebrantables e tamén por un gran optimismo, segue a súa investigación até o final. A medida que se achega á verdade sobre os desafortunados soldados e o seu brutal castigo, vese máis enleada nos horrores da guerra e nas marcas indelebles que deixa nos que a

viven. OS GRITOS DO SILENCIO (The Killing Fields, 1984) Roland Joffé. Sydney é un xornalista do "The New York Times" enviado a Cambodia en 1972 como correspondente de guerra. Unha vez alí, coñece a Dith Pran, un nativo que lle serve de guía e intérprete durante a guerra. En 1975, ao caer o goberno cambodiano, retíranse do país e toda a familia de Pran emigra a Norteamérica agás el, que decide quedar co xornalista para seguir axudándolle. Ambos viven refuxiados na embaixada francesa, pero cando deciden abandonar Cambodia, o exército revolucionario prohibe saír do país a Pran, que é recluído nun campo de concentración.

A VIDA E NADA MÁIS (La vie et rien d'autre, 1989). Bertrand Tavernier. A acción ten lugar nos arredores de Verdún, a partir de outubro de 1920. Narra a historia do maior Dellaplane (Phillip Noiret), encargado da procura e identificación de militares franceses desaparecidos durante a I Guerra Mundial. No seu camiño crúzanse dúas mulleres: Irene de Courtil (Sabine Azema) e a mestra Alice (Pascal Vignal). A primeira anda en busca do seu marido e a segunda en busca do seu amante, ambos desaparecidos na guerra. Contrata á segunda como axudante de correspondencia e sente pola primeira unha crecente simpatía. A película narra o absurdo da guerra e o ronsel de desolación que deixa, perceptible dous anos despois da súa finalización.

P á x i n a 2 N ú m e r o 2 6 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 1 2

Page 3: Biblioxornal 26

P á x i n a 3 N ú m e r o 2 6 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 1 2

A CHAQUETA METÁLICA (Full metal Jacket, 1987) Stanley Kubrick. Un grupo de recrutas prepárase en Parish Island, centro de adestramento da mariña norteamericana. Alí está o sarxento Hartmann, duro e implacable, cuxa única misión na vida é endurecer o corpo e a alma dos novatos, para que poidan defenderse do inimigo. Pero non todos os mozos están preparados para soportar os seus métodos. Se "Sendas de gloria" era unha película antimilitarista, "A chaqueta metálica" propón unha reflexión dupla por antimilitarista e antibélica. Dividida en dúas partes, a primeira -excelente- retrata o durísimo adestramento dos recrutas (unha escola infernal onde se reduce a vontade individual á súa mínima expresión). A segunda parte -máis convencional pero igual de demoledora- ocúpase da loita no campo de batalla durante a guerra en Vietnam. Kubrick, de novo despregando un talento sen igual, volve propor outra visión desconsoladora e implacable na súa reflexión sobre o ser humano, entregando unha feroz alegación contra a alienación do home como soldado e o despropósito da guerra.

II. A guerra nuclear e os seus efectos no mundo posterior O DÍA DESPOIS (The Day After 1983) Nicholas Meyer. Ambientada en plena guerra fría, narra os devastadores efectos dun holocausto nuclear na vida dos habitantes do pequeno pobo norteamericano de Lawrence, Kansas. Os seus habitantes facían vida normal, moitos deles alleos á crecente tensión entre a Unión Soviética e os Estados Unidos -xunto ao resto dos países da OTAN- por un conflito en Berlín. Pero cando a guerra estala, a proximidade de Lawrence a unha base de mísiles nucleares americanos asinará a sentenza de morte á maioría dos seus habitantes… A HORA FINAL (On the Beach, 1959). Stanley Kramer. Un holocausto nuclear acabou con practicamente todos os seres humanos, exceptuando un grupo de persoas de Australia. Gregory Peck é o comandante dun submarino que trata de buscar sobreviventes, mentres a nube radioactiva, que xa destruíu o hemisferio norte, achégase ao último enclave humano. CANDO O VENTO SOPRA Animación. (When the Wind Blows, 1986) Jimmy T. Murakami. Jim e Hilda Bloggs son unha parella de xubilados que viven nunha remota zona rural de Gran Bretaña pouco antes do inicio dunha guerra nuclear. Profundamente patriotas, teñen absoluta confianza no seu goberno e informáronse sobre todo o que é

necesario facer no caso de que o inimigo ataque ao seu país. Jim leu os folletíns oficiais sobre a bomba atómica, e inicia a construción dun refuxio que os protexerá en caso dunha explosión nuclear. TELÉFONO VERMELLO? VOAMOS CARA MOSCÚ (Dr. Strangelove, or How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb, 1964) Stanley Kubric. Convencido de que os comunistas están a contaminar os Estados Unidos, un xeneral ordena, nun acceso de tolemia, un ataque aéreo nuclear por sorpresa contra a Unión Soviética. O seu axudante, o capitán Mandrake, trata de atopar a fórmula para deter o bombardeo. Pola súa banda, o Presidente dos EE.UU. ponse en contacto con Moscova para convencer ao goberno soviético de que o ataque non é máis que un estúpido erro. Mentres tanto, o asesor do Presidente, un antigo científico nazi, o doutor Strangelove, confirma a existencia da “Máquina do Xuízo Final”, un dispositivo de represalia soviético capaz de acabar coa humanidade para sempre.

III. Os conflitos étnicos, relixiosos, socias... entre comunidades, a violencia terrorista e a do Estado...

GANDHI (1982). Richard Attenborough. Despois de defender os dereitos dos cidadáns africanos en Sudáfrica, Gandhi, considerando que tamén os hindús son cidadáns de segunda clase na súa propia terra, incítaos a sublevarse contra o Imperio Británico mediante a doutrina da non-violencia.

Page 4: Biblioxornal 26

P á x i n a 4 N ú m e r o 2 6 – 1 º t r i m e s t r e 2 0 1 2

FAI O QUE DEBAS (Do the Right Thing, 1989) Spike Lee. En Bedford Stuyvesant, un dos barrios máis humildes de Brooklyn, viven varias familias de raza negra, algúns hispanos, unha parella de comerciantes vietnamitas e unha familia italoamericana que ten unha pizzería. Mookie, un mozo que traballa de repartidor de pizzas, coñece ben aos veciños e é testemuña privilexiada non só da vida cotiá do barrio, senón tamén das tensións e do racismo dalgúns dos seus habitantes. O BOXEADOR (The Boxer, 1997) Jim Sheridan. Irlanda do Norte, Belfast. Danny Flynn sae da cadea tras cumprir unha sentenza de catorce anos pola súa participación en actividades do IRA. Coa firme

determinación de comezar unha nova vida, reabre no seu barrio un vello ximnasio para adestrar a novas promesas do mundo do boxeo, sen ningunha clase de discriminación política ou relixiosa. Ao mesmo tempo, renova a relación coa súa antiga noiva, unha

muller cuxo marido está no cárcere. Pero as vellas pantasmas do pasado volverán. WEST BEIRUT (West Beyrouth (À l'abri les enfants), 1998). Ziad Doueiri. Baixo o punto de vista de dous musulmáns que viven nunha situación cómoda, típica de calquera familia media, o director ofrece a visión da guerra civil que sufriu o Líbano, un dos países musulmáns máis Occidentais, aberto e tolerante. Os dous protagonistas namóranse dunha moza cristiá refuxiada. Xuntos deciden revelar unhas fotos que fixeron á nova tía dun deles, desgraciadamente a tenda de fotos cae no outro lado da cidade, controlado polo bando rival ao sector que eles pertencen. Os mozos crecerán mentres a guerra destrúe todo ao seu

redor... A ESTRATEXIA DO CARACOL (La estrategia del caracol, 1993) Sergio Cabrera. Os veciños dun dos barrios máis pobres de Bogotá loitan para evitar a demolición da casa onde viven, que é propiedade dun millonario sen escrúpulos. Aínda que a súa loita contra a especulación e a corrupción parece perdida de antemán, poñen en práctica

unha orixinal estratexia ideada por don Jacinto, un vello anarquista español. O ANXO DE BUDAPEST (El ángel de Budapest, 2001) Luis Oliveros. Budapest, 1944 (II GM: 1939-1945). Adolf Eichman dirixe a deportación masiva de xudeus húngaros ao campo de exterminio de Auschwitz. Anxo Sanz-Briz (Zaragoza, 1910-Roma, 1980), un diplomático da embaixada española en Budapest, utilizou todos os medios ao seu alcance para salvar o maior número de vidas posible. Para iso, emitiu miles de visados e pasaportes que garantían a inmunidade dos seus portadores, que chegaron a burlar en ocasións ás autoridades xermanas e aos seus colaboradores húngaros. A súa actividade cesou cando, en decembro de 1944, lle ordenan regresar a España. Lograra salvar a

case 5.000 xudeus. Desde entón, coñéceselle como O Anxo de Budapest. CAMIÑO A GUANTÁNAMO (The Road To Guantanamo, 2006). Michael Winterbottom, Mat Whitecross. Película que denuncia a situación dos presos islamitas encarcerados na base norteamericana de Guantánamo, en Cuba. En setembro de 2001, catro novos amigos británicos de orixe paquistaní foron ao seu país para asistir á voda dun deles e, de paso, gozar dunhas vacacións percorrendo o país. Despois de moitas vicisitudes, foron capturados por tropas norteamericanas e trasladados á base norteamericana de Guantánamo, onde permaneceron máis de dous anos e foron sometidos a innumerables humillacións e torturas. Finalmente, O 5 de marzo de 2004 foron trasladados ao Reino Unido. En Londres, tras ser interrogados, foron postos en liberdade sen cargos. AMAR PERIGROSAMENTE (Beyond Borders, 2003). Martin Campbell. O cómodo mundo de Sarah

Jordan (Angelina Jolie), unha inxenua americana residente en Londres, cambia cando Nick Callahan (Clive Owen) aparece nun baile para recadar fondos e fai unha apaixonada alegación a favor dos nenos famentos de África. Atraída por Nick e a súa causa, Sarah abandona as comodidades da súa residencia londiniense para viaxar ao continente africano, decidida a ver a realidade do mundo e experimentar a paixón que Nick espertou nela. Pero Sarah non tarda en darse conta da dura realidade da vida de Nick cando ve as condicións nas que traballa. Asombrada polo perigo ao que se enfronta todos os días, Sarah comprométese cada vez máis con este home feiticeiro e absolutamente entregado ao seu traballo. Sarah regresa a Londres e dedícase a recadar fondos mentres tenta

resucitar o seu matrimonio...