BIOLOXÍA 2º BACHARELATO SECUENCIACIÓN E ......B3 BLOQUE 3. XENÉTICA E EVOLUCIÓN (continuación)...

17
1 BIOLOXÍA 2º BACHARELATO SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS * Se non dese tempo de tratar tódolos contidos antes da sesión de avaliación, o exame realizaríase á volta das vacacións de Nadal. Avaliación UNIDADES DIDÁCTICAS Refer. Libro texto Temporalización Probas avaliac. Tema / U.D. Bloque Contidos Mes Sesións AVAL. B1 BLOQUE 1. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMIA DE VIDA 1 B1.1. Compoñentes químicos da vida. Concepto de bioelemento. Tipos, propiedades e funcións dos bioelementos. 1 Set 5 X X B1.2. Os enlaces químicos e a súa importancia en bioloxía. B1.3. Biomoléculas: concepto, clasificación e técnicas de separación. B1.4. Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades fisicoquímicas da auga que a fan unha molécula imprescindible para a vida. Funcións dos sales minerais. B1.5. Fisicoquímica das dispersións acuosas. Difusión, osmose e diálise. 2,3, 4,5 B1.6. Biomoléculas orgánicas: concepto, clasificación, estrutura, propiedades e funcións biolóxicas de glícidos, lípidos, prótidos e ácidos nucleicos. 2,3,4,5 Out/Nov 20 B2 BLOQUE 2. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR 6 B2.1. A célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos. Teoría celular. 6 Nov 15 X * B2.2. Evolución dos métodos de estudo das células. Preparación e procesamento das mostras para a observación ao microscopio óptico e electrónico. B2.3. Morfoloxía celular. Composición, estrutura, funcións e propiedades das envolturas e dos orgánulos celulares. 7,8 B2.4. Modelos de organización celular en procariotas e eucariotas. Células animais e vexetais. 6 B2.5. Observación microscópica de células procariotas e eucariotas tanto animais como vexetais. B2.10 Importancia da membrana nos fenómenos de transporte. Tipos de transporte. Endocitose e exocitose. 7 7 B2.6. Ciclo celular. 12 Dec 6 B2.7. División celular. Mitose en células animais e vexetais. B2.8. Meiose. Necesidade biolóxica da meiose para a reprodución sexual. Importancia da reprodución sexual na evolución dos seres vivos. B2.9. Observación de células en mitose. Estudo das fases da división celular.

Transcript of BIOLOXÍA 2º BACHARELATO SECUENCIACIÓN E ......B3 BLOQUE 3. XENÉTICA E EVOLUCIÓN (continuación)...

  • 1

    BIOLOXÍA – 2º BACHARELATO

    SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DOS CONTIDOS

    *Se non dese tempo de tratar tódolos contidos antes da sesión de avaliación, o exame realizaríase á volta das

    vacacións de Nadal.

    Avaliación

    UNIDADES DIDÁCTICAS Refer.

    Libro

    texto

    Temporalización Probas

    avaliac. Tema /

    U.D. Bloque Contidos Mes Sesións

    AVAL.

    B1 BLOQUE 1. A BASE MOLECULAR

    E FISICOQUÍMIA DE VIDA

    1

    B1.1.

    Compoñentes químicos da vida. Concepto de bioelemento. Tipos, propiedades e funcións dos bioelementos.

    1 Set 5 X

    X

    B1.2. Os enlaces químicos e a súa importancia en bioloxía.

    B1.3. Biomoléculas: concepto, clasificación e técnicas de

    separación.

    B1.4.

    Biomoléculas inorgánicas. Estrutura e propiedades fisicoquímicas da auga que a fan unha molécula imprescindible para a vida. Funcións dos sales minerais.

    B1.5. Fisicoquímica das dispersións acuosas. Difusión,

    osmose e diálise.

    2,3,

    4,5 B1.6.

    Biomoléculas orgánicas: concepto, clasificación, estrutura, propiedades e funcións biolóxicas de glícidos, lípidos, prótidos e ácidos nucleicos.

    2,3,4,5 Out/Nov 20

    B2 BLOQUE 2. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA,

    ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR

    6

    B2.1. A célula como unidade estrutural e funcional dos

    seres vivos. Teoría celular.

    6

    Nov 15

    X*

    B2.2.

    Evolución dos métodos de estudo das células. Preparación e procesamento das mostras para a observación ao microscopio óptico e electrónico.

    B2.3.

    Morfoloxía celular. Composición, estrutura, funcións e propiedades das envolturas e dos orgánulos celulares.

    7,8

    B2.4. Modelos de organización celular en procariotas e

    eucariotas. Células animais e vexetais. 6

    B2.5. Observación microscópica de células procariotas e

    eucariotas tanto animais como vexetais.

    B2.10

    Importancia da membrana nos fenómenos de transporte. Tipos de transporte. Endocitose e exocitose.

    7

    7

    B2.6. Ciclo celular.

    12 Dec 6

    B2.7. División celular. Mitose en células animais e vexetais.

    B2.8.

    Meiose. Necesidade biolóxica da meiose para a reprodución sexual. Importancia da reprodución sexual na evolución dos seres vivos.

    B2.9. Observación de células en mitose. Estudo das fases

    da división celular.

  • 2

    Avaliación

    UNIDADES DIDÁCTICAS Refer.

    Libro

    texto

    Temporalización Probas

    avaliac. Tema /

    U.D. Bloque Contidos Mes Sesións

    AVAL.

    B2 BLOQUE 2. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA

    E FISIOLOXÍA CELULAR (continuación)

    8

    B1.7.

    Encimas: concepto, clasificación, propiedades e funcións. Catálise encimática. Activación e inhibición encimática. Alosterismo.

    9

    Xan 14 X

    B1.8. Vitaminas: concepto, clasificación e funcións.

    B2.11 . Introdución ao metabolismo: catabolismo e anabolismo.

    B2.12 Reaccións metabólicas: aspectos enerxéticos e de

    regulación.

    B2.13 Respiración celular: o seu significado biolóxico.

    Orgánulos celulares implicados no proceso respiratorio

    10 B2.14 Diferenzas entre as vías aerobias e anaerobias.

    B2.15 As fermentacións e as súas aplicacións. Observación do

    proceso de fermentación mediante lévedos.

    B2.16

    Fotosíntese: localización celular en procariotas e eucariotas. Etapas do proceso fotosintético. Balance global. 11

    B2.17 Importancia biolóxica da fotosíntese.

    B2.18 Quimiosíntese. B3 BLOQUE 3. XENÉTICA E EVOLUCIÓN

    9

    B3.13

    Xenética mendeliana. Teoría cromosómica da herdanza. Determinismo do sexo e herdanza ligada ao sexo e influída polo sexo.

    13

    Feb 15

    X

    B3.1. Xenética molecular. Importancia biolóxica do ADN como

    portador da información xenética. Concepto de xene. 14

    B3.2. Replicación do ADN. Etapas da replicación. Diferenzas

    entre o proceso replicativo entre eucariotas e procariotas.

    B3.3. ARN: tipos e funcións. 5

    B3.4. Fluxo da información xenética nos seres vivos.

    14 B3.5.

    Expresión dos xenes. Transcrición e tradución xenéticas en procariotas e eucariotas. O código xenético na información xenética.

    B3.6. Resolución de problemas de xenética molecular.

    B3.7. Regulación da expresión xénica.

    10

    B3.8. Mutacións: tipos. Axentes mutaxénicos. 15

    Mar

    5 B3.9. Mutacións e cancro.

    B3.10 Implicacións das mutacións na evolución e na aparición

    de novas especies. 16

    11

    B3.11 Enxeñaría xenética. Principais liñas actuais de

    investigación. Organismos modificados xeneticamente.

    15 5

    B3.12

    Proxecto xenoma: repercusións sociais e valoracións éticas da manipulación xenética e das novas terapias xénicas.

  • 3

    Avaliación

    UNIDADES DIDÁCTICAS Refer.

    Libro

    texto

    Temporalización Probas

    avaliac. Tema /

    U.D. Bloque Contidos Mes Sesións

    AVAL.

    B3 BLOQUE 3. XENÉTICA E EVOLUCIÓN

    (continuación)

    12

    B3.14 Evidencias do proceso evolutivo.

    16 Mar 6

    X

    B3.15 Darwinismo e neodarwinismo: teoría sintética da

    evolución.

    B3.16 Xenética de poboacións. Frecuencias xénicas e a

    súa relación coa evolución.

    B3.17

    A mutación e a recombinación xénica como procesos que xeran cambios e adaptacións. Principios da selección natural.

    B3.18 Evolución e biodiversidade.

    B3.19 Proceso de especiación. Modelos de especiación.

    B4 BLOQUE 4. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS

    E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA

    13

    B4.1. Microbioloxía. Concepto de microorganismo.

    Microorganismos con organización celular e sen ela.

    17

    Abr 11

    B4.2.

    Virus, outras formas acelulares e partículas infectivas subvirais. Bacterias. Fungos microscópicos. Protozoos. Algas microscópicas.

    B4.3. Observación microscópica de protozoos, algas e

    fungos.

    B4.4. Métodos de estudo dos microorganismos.

    Esterilización e pasteurización. 18

    B4.5. Realización de experiencias de cultivo de

    microorganismos.

    B4.6. Microorganismos nos ciclos xeoquímicos. 17

    B4.7. Microorganismos como axentes produtores de

    doenzas.

    18 B4.8. Biotecnoloxía. Utilización dos microorganismos nos

    procesos industriais: produtos elaborados por biotecnoloxía.

    B4.9. Realización de experiencias con microorganismos

    fermentadores.

  • 4

    :

    Avaliación

    UNIDADES DIDÁCTICAS Refer.

    Libro

    texto

    Temporalización Probas

    avaliac. Tema /

    U.D. Bloque Contidos Mes Sesións

    AVAL. (conti

    nuación)

    B5 BLOQUE 5. O SISTEMA INMUNITARIO.

    A INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS

    14

    B5.1. Concepto actual de inmunidade. Sistema inmune.

    Defensas internas inespecíficas

    19

    Maio 10 X

    B5.2. Inmunidade específica: características e tipos (celular

    e humoral). Células responsables.

    B5.3. Identificación de células inmunes mediante a súa

    observación.

    B5.4. Mecanismo de acción da resposta inmune. Memoria

    inmunolóxica.

    B5.5.

    Antíxenos e anticorpos. Estrutura dos anticorpos. Formas de acción. A súa función na resposta inmune.

    B5.6. Reacción antíxeno-anticorpo: tipos e características.

    B5.7.

    Inmunidade natural e artificial ou adquirida. Soros e vacinas. A súa importancia na loita contra as doenzas infecciosas.

    20 B5.8. Disfuncións e deficiencias do sistema inmune.

    Alerxias e inmunodeficiencias.

    B5.9 Sistema inmune e cancro.

    B5.10 A SIDA e os seus efectos no sistema inmune.

    B5.11 Doenzas autoinmunes.

    B5.12 .Anticorpos monoclonais e enxeñaría xenética. 15

    B5.13

    Transplante de órganos e problemas de rexeitamento. Reflexión ética sobre a doazón de órganos, medula e sangue.

    20

  • 5

    RELACIÓN: CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, COMPETENCIAS CLAVE, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE, AVALIACIÓN E TEMAS TRANSVERSAIS

    1ª Avaliación BIO 2º BAC Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

    Te

    ma/U

    D

    Identif. contido

    Identif criteri

    Identific estándar

    Competenc. clave

    Estándares de aprendizaxe Grao mínimo consec.

    Peso cualific.

    Instrumentos Temas transversais

    Prob escrit

    Prob oral

    Trab ind

    Trab grup

    Cade clas

    Rúb

    Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

    BLOQUE 1. A BASE MOLECULAR E FISIOQUÍMICA DA VIDA

    1

    B1.1 B1.2 B1.3

    B1.1

    BB1.1.1 CAA

    CMCCT

    Describe técnicas instrumentais e métodos físicos e químicos que permiten o illamento das moléculas e a súa contribución ao grande avance da experimentación biolóxica.

    80%

    90%

    10%

    X X

    BB1.1.2. CAA Clasifica os tipos de bioelementos relacionando cada un coa súa proporción e coa súa función biolóxica.

    100% X X

    BB1.1.3. CMCCT

    CD

    Discrimina os enlaces químicos que permiten a formación de moléculas inorgánicas e orgánicas presentes nos seres vivos.

    100% X X

    B1.4 B1.5

    B1.2

    BB1.2.1. CAA Relaciona a estrutura química da auga coas súas funcións biolóxicas. 100% X X

    BB1.2.2. CMCCT Distingue os tipos de sales minerais, e relaciona a composición coa función. 100% X X

    BB1.2.3. CMCCT

    CAA, CD

    Contrasta e realiza experiencias dos procesos de difusión, osmose e diálise, e interpreta a súa relación coa concentración salina das células.

    80% X X

    2 3

    4 5

    B1.6

    B1.3

    BB1.3.1. CAA

    CSIEE

    Recoñece e clasifica os tipos de biomoléculas orgánicas, e relaciona a súa composición química coa súa estrutura e coa súa función.

    100% X X

    BB1.3.2. CSIEE

    CMCCT

    Deseña e realiza experiencias identificando en mostras biolóxicas a presenza de moléculas orgánicas.

    80% X X

    BB1.3.3. CAA, CD

    CMCCT

    Contrasta e relaciona os procesos de diálise, centrifugación e electroforese, e interpreta a súa relación coas biomoléculas orgánicas.

    80% X X

    B1.4 BB1.4.1. CMCCT

    CD

    Identifica os monómeros e distingue os enlaces químicos que permiten a síntese das macromoléculas: enlaces O-glicosídico, enlace éster, enlace peptídico e enlace O-nucleosídico.

    100% X X

    B1.5 BB1.5.1. CCL Describe a composición e a función das principais biomoléculas orgánicas. 100% X X

    BLOQUE 2. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR

    6

    B2.1 B2.2 B2.3 B2.4

    B2.1 BB2.1.1. CAA, CD

    CMCCT

    Compara unha célula procariota con unha eucariota, e identifica os orgánulos citoplasmático presentes nelas.

    100%

    90%

    10%

    X X

    B2.3 B2.4 B2.5

    B2.2

    BB2.2.1. CSIEE Esquematiza os orgánulos citoplasmáticos e recoñece as súas estruturas. 100% X X

    BB2.2.2. CSIEE

    CAA

    Analiza a relación entre a composición química, a estrutura e a ultraestrutura dos orgánulos celulares, e a súa función.

    100% X X

    B2.10 B2.6 BB2.6.1. CAA

    CCL

    CSIEE

    Compara e distingue os tipos e os subtipos de transporte a través das membranas, e explica detalladamente as características de cada un.

    100% X X

    7

    B2.6 B2.3 BB2.3.1. CCL

    CD

    Identifica as fases do ciclo celular, e explica os principais procesos que acontecen en cada unha.

    100% X X

    B2.7 B2.8 B2.9

    B2.4

    BB2.4.1. CAA, CD

    CMCCT

    Recoñece en microfotografías e esquemas as fases da mitose e da meiose, e indica os acontecementos básicos que se producen en cada unha.

    100% X X

    BB2.4.2. CAA

    CSIEE

    Establece as analoxías e as diferenzas máis significativas entre mitose e meiose.

    100% X X

    B2.8 B2.5 BB2.5.1. CAA

    CCL

    CMCCT

    Resume a relación da meiose coa reprodución sexual, o aumento da variabilidade xenética e a posibilidade de evolución das especies.

    100% X X

  • 6

    LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS

    CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia

    2ª Avaliación BIO 2º BAC Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

    Te

    ma/U

    D

    Identif. contido

    Identif criteri

    Identific estándar

    Competenc. clave

    Estándares de aprendizaxe Grao mínimo consec.

    Peso cualific.

    Instrumentos Temas transversais

    Prob escrit

    Prob oral

    Trab ind

    Trab grup

    Cade clas

    Rúb

    Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

    BLOQUE 2. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR (continuación)

    8

    B1.7 B1.6 BB1.6.1. CAA

    CMCCT

    Contrasta o papel fundamental dos encimas como biocatalizadores, e relaciona as súas propiedades coa súa función catalítica.

    100%

    90%

    10%

    X X

    B1.8 B1.7 BB1.7.1. CAA

    CCEC

    Identifica os tipos de vitaminas asociando a súa imprescindible función coas doenzas que preveñen.

    90% X X

    B2.11 B2.12

    B2.7 BB2.7.1. CAA

    CSIEE

    CCL

    Define e interpreta os procesos catabólicos e os anabólicos, así como os intercambios enerxéticos asociados a eles.

    100% X X

    B2.13 B2.8 BB2.8.1. CAA CMCCT

    Sitúa, a nivel celular e a nivel de orgánulo, o lugar onde se produce cada un destes procesos, e diferencia en cada caso as rutas principais de degradación e de síntese, e os encimas e as moléculas máis importantes responsables dos devanditos procesos.

    100% X X

    B2.14 B2.15

    B2.9

    BB2.9.1. CMCCT Contrasta as vías aerobias e anaerobias, e establece a súa relación co seu rendemento enerxético.

    90% X X

    BB2.9.2. CCEC

    CSC

    Valora a importancia das fermentacións en numerosos procesos industriais, e recoñece as súas aplicacións.

    100% X X

    B2.16 B2.10

    BB2.10.1 CAA

    CSIEE Identifica e clasifica os tipos de organismos fotosintéticos. 90% X X

    BB2.10.2 CAA Localiza a nivel subcelular onde se leva a cabo cada fase, e destaca os procesos que teñen lugar.

    100% X X

    B2.17 B2.11 BB2.11.1 CSC

    CCEC

    Contrasta a importancia biolóxica da fotosíntese para o mantemento da vida na Terra.

    100% X X

    B2.18 B2.12 BB2.12.1 CCEC Valora o papel biolóxico dos organismos quimiosintéticos. 80% X X

  • 7

    2ª Aval (contin.) BIO 2º BAC Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

    Te

    ma/U

    D

    Identif. contido

    Identif criteri

    Identific estándar

    Competencias clave

    Estándares de aprendizaxe Grao mínimo consec.

    Peso cualific.

    Instrumentos Temas transversais

    Prob escrit

    Prob oral

    Trab ind

    Trab grup

    Cade clas

    Rúb

    Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

    BLOQUE 3. XENÉTICA E EVOLUCIÓN

    9

    B3.13 B3.10 BB3.10.1. CAA

    CMCCT

    Analiza e predí aplicando os principios da xenética mendeliana, os resultados de exercicios de transmisión de caracteres autosómicos, caracteres ligados ao sexo e influídos polo sexo

    100%

    90%

    10%

    X X

    B3.1 B3.1 BB3.1.1. CCL

    CSC

    CCEC

    Describe a estrutura e a composición química do ADN, e recoñece a súa importancia biolóxica como molécula responsable do almacenamento, a conservación e a transmisión da información xenética.

    100% X X

    B3.2 B3.2 BB3.2.1. CAA

    CMCCT

    Diferencia as etapas da replicación e identifica os encimas implicados nela.

    100% X X

    B3.3 B3.4 B3.5

    B3.3 BB3.3.1. CAA

    CMCCT Establece a relación do ADN co proceso da síntese de proteínas. 100% X X

    B3.3 B3.5 B3.6

    B3.4

    BB3.4.1. CAA Diferencia os tipos de ARN e a función de cada un nos procesos de transcrición e tradución.

    100% X X

    BB3.4.2. CAA

    CMCCT

    Recoñece e indica as características fundamentais do código xenético, e aplica ese coñecemento á resolución de problemas de xenética molecular.

    100% X X

    B3.5 B3.6 B3.7

    B3.5

    BB3.5.1. CD

    CMCCT

    Interpreta e explica esquemas dos procesos de replicación, transcrición e tradución.

    100% X X

    BB3.5.2. CMCCT Resolve exercicios prácticos de replicación, transcrición e tradución, e de aplicación do código xenético.

    100% X X

    BB3.5.3. CAA

    CD

    Identifica e distingue os encimas principais relacionados cos procesos de transcrición e tradución.

    100% X X

    10

    B3.8 B3.6

    BB3.6.1. CCL Describe o concepto de mutación e establece a súa relación cos fallos na transmisión da información xenética.

    100% X X

    BB3.6.2. CAA

    CSC

    Clasifica as mutacións e identifica os axentes mutaxénicos máis frecuentes.

    100% X X

    B3.9 B3.10

    B3.7

    BB3.7.1. CAA

    CSC

    CCEC

    Asocia a relación entre a mutación e o cancro, e determina os riscos que implican algúns axentes mutaxénicos.

    100% X X

    X

    BB3.7.2. CAA

    CSC

    CCEC

    Destaca a importancia das mutacións na evolución e na aparición de novas especies.

    100% X X

    11

    B3.11 B3.8 BB3.8.1.

    CSIEE

    CSC

    CCEC

    Resume e realiza investigacións sobre as técnicas desenvolvidas nos procesos de manipulación xenética para a obtención de organismos transxénicos.

    80% X X

    X

    B3.12 B3.9 BB3.9.1. CSC

    CCEC

    Recoñece e indica os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano e as súas aplicacións en enxeñaría xenética, e valora as súas implicacións éticas e sociais.

    80% X X

    X

  • 8

    LENDA COMPETENCIAS LENDA TRANSVERSAIS CCL Comunicación lingüística CL Comprensión lectora CMCCT Competencia matemática e competencias básicas en ciencia a tecnoloxía EOE Expresión oral e escrita CD Competencia dixital CA Comunicación audiovisual CAA Competencia aprender a aprender TIC Tecnoloxías da información e comunicación CSC Competencias sociais e cívicas EMP Emprendemento CSIEE Sentido de iniciativa e espírito emprendedor EC Educación cívica CCEC Conciencia e expresións culturais PV Prevención da violencia.

    3ª Avaliación BIO 2º BAC Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

    Te

    ma/U

    D

    Identif. contido

    Identif criteri

    Identific estándar

    Competencias clave

    Estándares de aprendizaxe Grao mínimo consec.

    Peso cualific.

    Instrumentos Temas transversais

    Prob escrit

    Prob oral

    Trab ind

    Trab grup

    Cade clas

    Rúb

    Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

    BLOQUE 3. XENÉTICA E EVOLUCIÓN (continuación)

    12

    B3.14 B3.11 BB3.11.1. CSIEE

    CCL Argumenta evidencias que demostran o feito evolutivo. 90%

    90%

    10%

    X X

    B3.15 B3.12 BB3.12.1. CAA Identifica os principios da teoría darwinista e neodarwinista, e compara as súas diferenzas.

    90% X X

    B3.16 B3.13

    BB3.13.1. CMCCT Distingue os factores que inflúen nas frecuencias xénicas. 80% X X

    BB3.13.2.

    CAA

    CMCCT

    CSIEE

    Comprende e aplica modelos de estudo das frecuencias xénicas na investigación privada e en modelos teóricos.

    70% X X

    B3.17 B3.14 BB3.14.1. CSC

    CCEC

    Ilustra a relación entre mutación e recombinación, o aumento da diversidade e a súa influencia na evolución dos seres vivos.

    100% X X

    B3.18 B3.19

    B3.15 BB3.15.1. CCEC

    CAA

    Distingue tipos de especiación e identifica os factores que posibilitan a segregación dunha especie orixinal en dúas especies diferentes.

    80% X X

    BLOQUE 4. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS 13

    B4.1 B4.1 BB4.1.1. CSIEE Clasifica os microorganismos no grupo taxonómico ao que pertencen. 100%

    90%

    10%

    X X

    B4.2 B4.3

    B4.2 BB4.2.1. CSIEE Analiza a estrutura e a composición dos microorganismos e relaciónaas coa súa función.

    100% X X

    B4.4 B4.5

    B4.3 BB4.3.1. CD

    CMCCT

    Describe técnicas instrumentais que permiten o illamento, o cultivo e o estudo dos microorganismos para a experimentación biolóxica

    70% X X

    B4.6 B4.4 BB4.4.1. CCL

    CMCCT

    Recoñece e explica o papel fundamental dos microorganismos nos ciclos xeoquímicos.

    80% X X

    B4.7 B4.5 BB4.5.1. CSC

    CD

    Relaciona os microorganismos patóxenos máis frecuentes coas doenzas que orixinan.

    90% X X

    B4.8 B4.9

    B4.6

    BB4.6.1.

    CAA

    CCEC

    CSC

    CMCCT

    Analiza a intervención dos microorganismos en numerosos procesos naturais e industriais, e as súas numerosas aplicación.

    90% X X

    BB4.6.2. CCEC

    CSC

    CMCCT

    Recoñece e identifica os tipos de microorganismos implicados en procesos fermentativos de interese industrial.

    100% X X

    BB4.6.3. CD

    CMCCT

    Valora as aplicacións da biotecnoloxía e a enxeñaría xenética na obtención de produtos farmacéuticos, en medicina e en biorremediación, para o mantemento e a mellora do medio.

    90% X X

    X

  • 9

    3ª Aval (contin.) BIO 2º BAC Estándares de aprendizaxe avaliables /Indicadores de logro Criterios de cualificación e instrumentos de avaliación Temas transversais

    Te

    ma/

    UD

    Identif. contido

    Identif criteri

    Identific estándar

    Competencias clave

    Estándares de aprendizaxe Grao mínimo consec.

    Peso cualific.

    Instrumentos Temas transversais

    Prob escrit

    Prob oral

    Trab ind

    Trab grup

    Cade clas

    Rúb

    Obs. CL EOE CA TIC EMP EC PV

    BLOQUE 5. O SISTEMA INMUNITARIO . A INMUNOLOXÍA E AS SÚS PROPIEDADES 14

    B5.1 B5.1 BB5.1.1. CAA

    CSIEE

    Analiza os mecanismos de autodefensa dos seres vivos e identifica os tipos de resposta inmune.

    100%

    90%

    10%

    X X

    B5.2 B5.3

    B5.2 BB5.2.1. CCL Describe as características e os métodos de acción das células implicadas na resposta inmune.

    100% X X

    B5.4 B5.3 BB5.3.1. CAA Compara as características da resposta inmune primaria e secundaria. 100% X X

    B5.5 B5.4 BB5.4.1. CCL

    CAA

    Define os conceptos de antíxeno e de anticorpo, e recoñece a estrutura e a composición química dos anticorpos.

    100% X X

    B5.6 B5.5 BB5.5.1. CAA Clasifica os tipos de reacción antíxeno-anticorpo e resume as características de cada un.

    80% X X

    B5.7 B5.6 BB5.6.1. CAA Destaca a importancia da memoria inmunolóxica no mecanismo de acción da resposta inmune e asóciaa coa síntese de vacinas e soros.

    100% X X

    B5.8 B5.9

    B5.7 BB5.7.1. CCL

    CSIEE

    Resume as principais alteracións e disfuncións do sistema inmune, e analiza as diferenzas entre alerxias e inmunodeficiencias.

    100% X X

    B5.10 B5.8 BB5.8.1. CAA

    CD, CCL Describe o ciclo de desenvolvemento do VIH. 100% X X

    X

    B5.11 B5.9 BB5.9.1. CSIEE

    CSC

    CCEC

    Clasifica e cita exemplos das doenzas autoinmunes máis frecuentes, así como os seus efectos sobre a saúde.

    90% X X

    B5.12 B5.13

    B5.10

    BB5.10.1 CSC

    CCEC

    Recoñece e valora as aplicacións da inmunoloxía e da enxeñaría xenética para a produción de anticorpos monoclonais.

    80% X X

    BB5.10.2 CAA

    CSC

    CCEC

    Describe os problemas asociados ao transplante de órganos, e identifica as células que actúan.

    90% X X

    BB5.10.3 CSC

    CCEC

    Clasifica e entende os tipos de transplantes, e relaciona os avances neste ámbito co impacto futuro na doazón de órganos, medula e sangue.

    90% X X

    X

  • 10

    METODOLOXÍA. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

    1.- Estratexias metodolóxicas xerais

    Perseguirase unha aprendizaxe significativa, que implique partir da competencia inicial do

    alumnado, e que este vaia construíndo aprendizaxes por si mesmo, de forma que vaia modificando

    progresivamente os seus esquemas de coñecemento. Polo tanto, os contidos deben cumprir unha

    serie de condicións:

    a) Ser potencialmente significativos, tanto dende o punto de vista da estrutura lóxica da disciplina

    (ou área) coma no que concirne á estrutura psicolóxica do alumnado.

    b) O proceso de ensino-aprendizaxe debe conectar coas necesidades, intereses, capacidades e

    experiencias da vida cotiá dos alumnos e as alumnas. Neste sentido, a información que recibe o

    alumnado ha de ser lóxica, comprensible e útil. Amenizar ocasionalmente as explicacións con

    anécdotas científicas relacionas co tema, réstalle solemnidade á Ciencia e axuda a acercala á

    realidade do alumno/a.

    c) Deben potenciarse as relacións entre as aprendizaxes previas e as novas.

    d) Os alumnos e as alumnas deben ter unha actitude favorable para aprender significativamente.

    Así pois, han de estar motivados para relacionar os contidos novos con aqueles que adquiriron

    previamente.

    e) As interaccións de profesorado e alumnado e do alumnado entre si facilitan a construción de

    aprendizaxes significativas. Ao mesmo tempo, favorecen os procesos de socialización entre os

    alumnos e as alumnas.

    f ) É importante que os contidos escolares se agrupen en torno a núcleos de interese para o

    alumnado e que se aborden en contextos de colaboración e dende ópticas con marcado carácter

    interdisciplinar.

    Propiciarase a construción dunha imaxe da Ciencia, particularmente da Bioloxía, non estática,

    entendendo que a provisionalidade das súas conclusións e teorías é unha das súas características

    fundamentais.

    Perseguirase unha metodoloxía activa, combinando o traballo individual e cooperativo e

    fomentarase a aprendizaxe por proxectos.

    Levaranse a cabo o maior número posible de prácticas de laboratorio, e dotarase ao alumnado de

    ferramentas que lle permitan iniciarse nos métodos de investigación mediante a preparación de

    actividades nas que un dos obxectivos sexa o desenvolvemento de procedementos. Neste tipo de

    actividades fomentarase a pescuda de información en documentos de procedencia diversa: libros,

    revistas científicas e de divulgación, prensa, etc. Propiciarase tamén o uso das TIC como

    ferramenta para a indagación e para a presentación de traballos: documentos de texto, gráficos,

    táboas, imaxes, etc.

    Seguiranse, se fose necesario, estratexias didácticas adaptadas á diversidade do alumnado. Así,

    empregaríanse materiais e recursos didácticos adaptados a alumnado que, polas súas

    circunstancias especiais, os precisasen.

    Ao alumnado explicaránselle ao principio de curso moi claramente as normas básicas de

    convivencia, tanto a nivel de Centro como de aula, intentando que comprenda e valore a súa

  • 11

    necesidade. Neste senso, estimularanse as actitudes positivas do alumnado e trataranse de corrixir,

    canto antes, as de carácter transgresor.

    2.- Secuencia habitual de traballo na aula

    As clases impartiranse principalmente na aula e seguindo como guía o libro de texto,

    principalmente no que respecta á parte teórica. Complementarase o libro con outros materiais:

    presentacións dos temas en formato Power Point, boletíns de exercicios, prensa, vídeos, etc.

    Ao principio de cada tema farase unha sondaxe para determinar os coñecementos previos do

    alumnado, e, en función dos resultados desta sondaxe concreta, así como dos da avaliación inicial,

    trataranse con maior ou menor profundidade os distintos aspectos, en consonancia co exposto

    anteriormente.

    Ao tratarse de alumnado de bacharelato, a avaliación realizarase principalmente empregando

    como instrumento avaliador probas escritas.

    3.- Decisións metodolóxicas específicas

    Non se contempla, en principio, a necesidade de levar a cabo medidas deste tipo. En caso de que

    se desen nalgún estudante circunstancias que as precisases, por exemplo problemas de saúde, ou

    descoñecemento do idioma, empregaríanse, dentro do posible, materias e recursos didácticos que

    facilitasen aos estudantes a consecución dos obxectivos propios do bacharelato.

  • 12

    AVALIACIÓN: Inicial, continua, final, extraordinaria. Materias pendentes

    1.- Avaliación inicial

    En que data se realizará?

    Na primeira semana de curso.

    En que consistirá?

    Proba oral para o grupo en xeral e escrita para cada estudante.

    Como se informará á familia?

    A través do Departamento de orientación ou titor/a, pero só no caso de que se detecten

    circunstancias relevantes.

    Cales serán as consecuencias dos resultados?

    Adaptarase o proceso didáctico á realidade do alumnado, reforzando os aspectos que se considere

    oportuno. No caso de que algún estudante non cursara a materia de bioloxía-xeoloxía en 1º de

    Bacharelato ou a tivese aínda pendente, procederase tal e como se expón no apartado de

    “continuidade entre materias de bacharelato”. É probable que estes estudantes presenten nalgúns

    temas unha diferenza significativa en canto aos coñecementos previos en relación co alumnado

    que si cursou e superou esa materia. Tratarase de paliar estas posibles dificultades prestando unha

    atención personalizada a estes estudantes ao longo do curso.

    2.- Avaliación continua

    Con que temporalización se farán probas escritas?

    As probas escritas serán o instrumento de avaliación máis empregado, dado o seu carácter máis

    obxectivo á hora de asignar unha cualificación e por tratarse de alumnado de bacharelato, no que,

    a diferenza do alumnado de ESO, non parece tan necesario insistir nos aspectos procedementais e

    actitudinais en relación aos contidos conceptuais.

    Realizaranse 2/3 probas por avaliación. Tratarase que cada proba inclúa contidos relativos a temas

    relacionados entre si. Ver apartado de contidos.

    Como se cualificarán as probas, traballos individuais ou colectivos, traballo no caderno,

    observación?

    As probas escritas realizaranse seguindo o modelo das ABAU.

    No impreso do exame informarase ao alumnado do valor asignado a cada unha das preguntas en

    relación á cualificación total da proba.

    Teranse en conta tamén na cualificación da proba a presentación e as reiteradas faltas de

    ortografía.

    Se o profesor/a apreciase claramente que durante a realización dunha proba escrita un estudante

    está copiando, retiraríaselle o exame e adxudicaríaselle nesa proba unha cualificación de 0.

    En canto á observación, considerarase a actitude fronte a tódolos membros da clase, a

    participación na dinámica da aula, o interese amosado pola materia e as faltas reiteradas de

    puntualidade non xustificadas.

    Como se fará a media de cada unha das avaliacións?

    Realizarase unha media ponderada entre as probas escritas realizadas na avaliación, en función

    dos contidos incluídos en cada unha delas.

    Só se fará a media aritmética daquelas probas escritas cuxa cualificación sexa igual ou superior a

    3.

    A cualificación da avaliación obterase en base aos procedementos e instrumentos citados

    anteriormente. Con carácter xeral o peso dado a cada un deles será o seguinte: 90% probas

    escritas e 10% observación do traballo/actitude do estudante na aula.

  • 13

    Que aspectos se van a valorar dentro da observación do traballo na aula?

    Valoraranse positivamente actitudes de cooperación, solidariedade, tolerancia, capacidade de

    autocrítica, etc. Valoraranse negativamente, e tratarán de corrixirse, as actitudes de

    desconsideración e falta de respecto aos demais. Teranse en conta tamén as faltas reiteradas de

    puntualidade.

    Como se recuperará unha proba non superada?

    Contémplase a posibilidade de aprazar unha proba escrita, realizándoa nunha data diferente á

    establecida, sempre é cando se deran circunstancias que imposibilitaran a realización da mesma,

    por exemplo, por enfermidade do estudante ou causa similar, debidamente xustificada.

    As probas escritas nas que a cualificación sexa inferior a 3 deberán repetirse no correspondente

    exame de recuperación da avaliación.

    Como se recuperará unha avaliación non superada?

    Realizarase unha proba escrita por avaliación na que se incluirán tódolos temas que foron obxecto

    de exame.

    A proba sempre se realizará despois da sesión de avaliación, co obxecto de non interferir cos

    exames doutras materias.

    A devandita proba representará o 90% da nota da avaliación, se o alumno ten que recuperar toda a

    avaliación, correspondendo o 10% restante ás observacións. Se o alumno só ten que recuperar

    unha parte da avaliación, a proba representará a mesma porcentaxe que supuxo o exame

    correspondente na nota da avaliación.

    3.- Avaliación final

    Quen debe ir á avaliación final?

    Os estudantes con tódalas avaliacións suspensas e os que teñan unha ou dúas avaliacións

    suspensas e ao realizar a media das cualificacións obtidas durante o curso esta sexa inferior a 5.

    O exame final farase por avaliacións e para poder superalo deberá obterse unha cualificación

    media entre as avaliacións de 5 ou superior. Será necesario, para poder facer a media, ter unha

    nota mínima de 3 nas cualificacións parciais por avaliación.

    Terán tamén opción a realizar esta proba os estudantes que perderan o dereito á avaliación

    continua, así como aqueles que por circunstancias xustificadas non puidesen realizar tódalas

    probas ordinarias.

    En que consistirá a proba?

    Nunha proba escrita, ou oral se o estudante estivese incapacitado para a proba escrita.

    Que estándares se van avaliar?

    Tódolos que se inclúen na programación didáctica, aínda que se lles dará máis ou menos peso na

    proba, en función do valor asignado na mesma.

    Como se elaborará a cualificación final?

    Realizarase unha media das cualificacións obtidas nas diferentes probas escritas realizadas ao

    longo do curso.

    4.- Avaliación extraordinaria

    Que tipo de proba se vai aplicar?

    Realizarase unha proba escrita (ou oral, en caso necesario) que incluirá basicamente preguntas

    correspondentes a aqueles estándares de aprendizaxe aos que se lle asignou na programación un

    maior peso. No exame figurará o valor asignado a cada pregunta.

    Como se cualifica?

    A cualificación realizarase só en base ao resultado da proba citada anteriormente.

  • 14

    5.- Recuperación de materias pendentes de cursos anteriores

    Tal e como se recolle no artigo 36 do Decreto 86/2015 da Consellería de Cultura, Educación e

    Ordenación Universitaria, polo que se establece o currículo de educación secundaria obrigatoria e

    do bacharelato en Galicia, a superación da materia de Bioloxía de 2º de bacharelato estará

    condicionada pola superación da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato.

    Para a superación da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato establécense os

    seguintes procedementos:

    a) O alumnado que, tendo cursado a materia de 1º, non a teña superada, terá a opción de superala

    mediante a realización de probas escritas referidas á totalidade do currículo. A materia dividiríase

    en dúas partes e realizarase un exame da primeira parte durante a 1ª avaliación e un exame da

    segunda parte durante a 2ª, tentando non interferir cos exames de avaliación do curso actual. Se

    fose necesario, realizaríase unha proba global na 3ª avaliación, e outra na convocatoria

    extraordinaria de setembro, en ambos casos, segundo o calendario proposto dende a Xefatura de

    Estudos.

    b) O alumnado que non cursou a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato, e desexe

    cursala materia de Bioloxía de 2º, deberá superar ao inicio de curso unha proba escrita que versará

    sobre os contidos incluídos no currículo da materia de 1º, e que se consideren básicos para poder

    seguir con aproveitamento o currículo da materia do 2º curso. No caso de non superar esta proba,

    procederase da forma descrita no apartado anterior.

    Os estudantes implicados serán informados oportunamente sobre as características das probas así

    como de que non poderán obter unha cualificación final positiva na materia de Bioloxía de 2º

    mentres non superen os procedementos citados anteriormente.

    Para a recuperación das materias de Cultura Científica e Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato

    as materias dividiranse en dúas partes e entregaranse ao alumnado dous cuestionarios, que deben

    resolver un na 1ª e outro na 2ª avaliación. Os cuestionarios deberán ser entregados correctamente

    resoltos e dentro dos prazos establecidos. Unha vez entregados e corrixidos os cuestionarios

    realizarase unha proba escrita sobre os contidos tratados nos devanditos cuestionarios. Os

    cuestionarios representarán o 50% da cualificación e a nota da proba escrita o 50% restante.

    Tratarase de que as datas de entrega dos cuestionarios, así como da realización das probas escritas,

    non coincidan cos exames de avaliación do curso actual.

    Se fose necesario, realizaríase un exame global na 3ª avaliación, segundo o calendario establecido

    pola Xefatura de Estudos. No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria de xuño, os

    estudantes terán a posibilidade de presentarse a unha proba escrita na convocatoria extraordinaria

    de setembro.

    ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

    A diversidade do alumnado pode manifestarase en diferentes aspectos: motivación, capacidades,

    estilos e ritmos de aprendizaxe, nivel socio - cultural, coñecemento da lingua, relacións

    interpersoais, etc. Hai que considerar tamén posibles casos de minusvalías motrices, auditivas e

    visuais. Responderase a cada unha destas posibles circunstancias poñendo a disposición do

    alumnado, sempre que sexa posible, tódolos recursos educativos necesarios, tanto de tipo humano

    como material.

    No presente curso non se contempla a necesidade de aplicar ningunha medida deste tipo.

  • 15

    MEDIDAS DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 PARA O CURSO

    2020/2021

    Plan de reforzo e recuperación

    Durante o terceiro trimestre do pasado curso, como consecuencia da suspensión das clases

    presenciais pola declaración do estado de alarma, na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de

    Bacharelato desenvolvéronse actividades de ampliación que versaban sobre os contidos dos temas

    que estaba previsto tratar na terceira avaliación, dándolle prioridade a aqueles que gardaban máis

    relación co currículo de 2º de bacharelato.

    Todos os alumnos matriculados na devandita materia aprobaran as dúas primeiras avaliacións e no

    terceiro trimestre realizaron satisfactoriamente as actividades de ampliación propostas.

    Considérase que acadaron os obxectivos xerais correspondentes ás dúas primeiras avaliacións, e os

    correspondentes á terceira avaliación traballáronos mediante as actividades de ampliación que

    realizaron no terceiro trimestre. Estes alumnos superaron a Bioloxía e Xeoloxía de 1º de

    Bacharelato na convocatoria ordinaria de xuño e con excelentes cualificacións.

    A avaliación inicial, que se realizará durante a primeira semana do curso escolar, tratara de

    identificar as dificultades do alumnado, así como as súas necesidades de atención educativa e

    comprenderá as seguintes accións:

    a) Análise dos informes de avaliación individualizados do curso anterior.

    b) Detección das aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso 2019/2020 así como a súa

    correspondencia coa falta do desenvolvemento das correspondentes competencias clave.

    c) Coñecemento personalizado do alumnado e da súa situación emocional co fin de tomar as

    decisións profesionais de actuación por parte do profesorado.

    Dada a extensión e a dificultade do temario da materia de Bioloxía de 2º de bacharelato, a menor

    duración do período lectivo e a realización das probas ABAU, só procede reforzar, se fose

    necesario, aqueles contidos da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato que se

    considere que son imprescindibles para poder adquirir as aprendizaxes de 2º.

    Adaptacións á docencia semipresencial e /ou non presencial

    Ante a posibilidade de que se produza a necesidade de alternar determinados períodos de docencia

    presencial con outros de docencia non presencial durante o próximo curso 2020/2021 faise

    imprescindible establecer adaptacións na organización do currículo e na metodoloxía didáctica. A docencia non presencial require identificar aqueles aprendizaxes imprescindibles para a adquisición das

    competencias clave, así como o deseño de tarefas globais e as estratexias e instrumentos de avaliación mais

    adecuados para a consecución deste obxectivo.

    No suposto de ensino non presencial, a comunicación docente-estudante establecerase

    preferentemente a través da aula virtual do centro, na que se impartirán os contidos e se

    propoñerán as actividades e as tarefas a realizar polo alumnado, de tal xeito que se garanta a

    adquisición das aprendizaxes básicas e a avaliación continua. Estas actividades e tarefas deberán

    realizarse segundo as indicacións dadas polo profesor/a e entregarse dentro do prazo establecido.

    Ao inicio do curso haberá que asegurarse de que todo o alumnado da materia está dado de alta na

    aula virtual do centro e matriculado no curso da materia, para así poder acceder aos contidos e ás

    actividades propostas polo profesor/a.

    No caso de que non fose posible establecer a comunicación vía aula virtual, contémplase a

    conexión co alumnado a través doutros medios, como o correo electrónico, cuxa dirección será

    solicitada aos alumnos nos primeiros días do curso. Así mesmo, preguntaráselles se dispoñen de

    ordenador e de conexión a internet na casa, co obxecto de tratar de paliar canto antes as posibles

    desigualdades entre alumnado neste aspecto.

  • 16

    A comunicación coas familias establecerase preferentemente a través do espazo Abalar. Se non

    fose posible a comunicación por esta vía, contactaríase telefonicamente ou por correo electrónico.

    Tratarase de manter na medida do posible a temporalización establecida na programación.

    A avaliación realizarase en base a:

    - Actividades entregadas a través da aula virtual. Terase en conta ademais da resolución correcta

    das actividades a entrega das mesmas dentro do prazo establecido.

    - Probas que, dado que non é previsible que a ausencia do alumnado sexa prolongada, se

    realizarán preferentemente de forma presencial, cando o alumno se reincorpore ao centro. Se non

    fose posible realizalas de xeito presencial, levaríanse a cabo por vía telemática (a través da aula

    virtual, videoconferencia, ...). Estas probas terán o mesmo valor dado ao exame equivalente no

    ensino presencial.

  • 17

    CONTINUIDADE ENTRE MATERIAS DE BACHARELATO

    Tal e como se recolle no artigo 36 do Decreto 86/2015 da Consellería de Cultura, Educación e

    Ordenación Universitaria, polo que se establece o currículo de educación secundaria obrigatoria e

    do bacharelato en Galicia, a superación da materia de Bioloxía de 2º de bacharelato estará

    condicionada pola superación da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato.

    Para a superación desta materia (Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato) establécense os

    seguintes procedementos:

    a) O alumnado que, tendo cursado con anterioridade a materia de 1º, non ten superada aínda a

    mesma, terá a opción de superala mediante a realización de probas escritas referidas á totalidade

    do currículo. Dividiríase a materia en dúas partes, realizando un exame durante a 1ª avaliación e

    outro durante a 2ª, tentando non interferir cos exames do curso actual Se fose necesario,

    realizaríase unha proba global na 3ª avaliación, e outra na convocatoria extraordinaria de

    setembro, en ambos casos, segundo o calendario proposto dende a Xefatura de Estudos.

    b) O alumnado que non tivese cursado previamente a mencionada materia de 1º deberá superar ao

    inicio de curso unha proba escrita que versará sobre contidos incluídos no currículo da materia de

    1º, e que sexan básicos para poder seguir con aproveitamento o currículo das materias do 2º curso.

    En caso de non superar esta proba, procederase da forma descrita no apartado anterior.

    Os estudantes implicados serán informados oportunamente sobre as características das probas, así

    como de que non poderán obter unha cualificación final positiva na materia de Bioloxía de 2º

    mentres non superen os procedementos citados anteriormente.