Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

6
COMO SE FAI UNHA RESEÑA LITERARIA? A moitos e moitas de vós animeivos a facer unha reseña do libro que lestes no primeiro trimestre como maneira de darlle a volta a ese "Non Apto", como unha forma de "aprobar" o voso traballo, ao que lle debedes corrixir, iso si, os erros sinalados seguindo o patrón de autocorrección. En todo caso, é unha proposta extensiva a todo o alumnado dos tres cuartos, que se fará obrigatoria a partir de agora para que as recomendacións de boca a orella queden tamén por escrito. Este modelo de recensión é válido especialmente para a narrativa e a banda deseñada, e habería que adaptalo para para outros xéneros como a poesía ou o ensaio. Debería constar das seguintes partes: 1. A REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA É preciso presentar brevemente o libro que imos comentar dando o título, o nome do autor e a editorial. Tamén se pode indicar a data na que foi publicado e se aparece nunha colección concreta da editorial. Circunstancias como se o libro foi exitoso, se foi levado ao cinema ou se hai unha versión en cómic son cuestións que se deben comentar nesta introdución. Por último, este momento pode ser un bo lugar, non o único, para identificar o xénero narrativo: se estamos ante unha novela negra, histórica, romántica, cómica, de terror, xuvenil, etc. ROMÁN CERQUEIRO LANDÍN

description

Boletín de Lecturas para 4º da ESO. Materia: Lingua Galega e Literatura. IES de Porto do Son. Segundo trimestre do curso 2010-2011. Inclúe unha breve guía para a elaboración de reseñas literarias por parte do alumnado.

Transcript of Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

Page 1: Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

COMO SE FAI UNHA RESEÑA LITERARIA?

A moitos e moitas de vós animeivos a facer unha reseña do libro que lestes no primeiro trimestre como maneira de darlle a volta a ese "Non Apto", como unha forma de "aprobar" o voso traballo, ao que lle debedes corrixir, iso si, os erros sinalados seguindo o patrón de autocorrección. En todo caso, é unha proposta extensiva a todo o alumnado dos tres cuartos, que se fará obrigatoria a partir de agora para que as recomendacións de boca a orella queden tamén por escrito.

Este modelo de recensión é válido especialmente para a narrativa e a banda deseñada, e habería que adaptalo para para outros xéneros como a poesía ou o ensaio. Debería constar das seguintes partes:

1. A REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA

É preciso presentar brevemente o libro que imos comentar dando o título, o nome do autor e a editorial. Tamén se pode indicar a data na que foi publicado e se aparece nunha colección concreta da editorial. Circunstancias como se o libro foi exitoso, se foi levado ao cinema ou se hai unha versión en cómic son cuestións que se deben comentar nesta introdución. Por último, este momento pode ser un bo lugar, non o único, para identificar o xénero narrativo: se estamos ante unha novela negra, histórica, romántica, cómica, de terror, xuvenil, etc.

ROMÁN CERQUEIRO LANDÍN

Page 2: Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

" A opinión persoal, orixinal e argumentada, é o contributo máis importante dunha reseña"

Esta é realmente a túa achega máis importante á hora de facer unha reseña. Agora é cando debes comentar se che gustou e por que, que che gustou máis ou aquilo que non che convenceu de todo ou que foi o que máis che sorprendeu da historia, dos personaxes... Sempre tes que xustificar, con razóns, as afirmacións que fagas sobre o libro, e se llo recomendas a un bo/a amigo/a, non esquezas indicar os motivos da túa suxestión. Finalmente, queres dar unha cualificación do libro no seu conxunto? Por que non?

4. A PUBLICACIÓN

Tanto se se trata dun traballo para o instituto como dunha recomendación que lle fas a un/unha amigo/a polo correo electrónico ou unha entrada no blogue da biblioteca ou da materia, a corrección debe primar en toda redacción, tanto ortográfica como gramatical sen esquecer o uso dun léxico coidado, o emprego de sinónimos, etc. A publicación da reseña na rede ofrece moitas posibilidades que hai que ter en conta: incluír no artigo unha imaxe da portada do libro e/ou do autor e facer unha ligazón á súa bibliografía. Se a historia foi levada ao cinema, un vídeo insertado dende youtube sempre pode servir de bo colofón á túa reseña.

2. A HISTORIA

3. A VALORACIÓN PERSOAL

Falar da novela ou dos contos en si é primordial nunha recensión. Cómpre dedicar unhas liñas a resumir o seu argumento. Non é necesario contar polo miúdo todo o que acontece, non podemos desvelar os segredos da historia aos seus lectores potenciais, abonda con presentala minimamente ao igual ca os personaxes. Ademais, indicaremos cal é o tema principal e outros temas secundarios da obra, así estaremos ofrecendo unhas boas pistas ao lector que se anime a mergullarse nas súas páxinas.

OS EXEMPLOS

Botádelle unha ollada ás reseñas que compañeiros e compañeiras vosas fixeron de títulos como Cabeza de medusa, Trece anos de Branca e Unha estrela no vento, ou sobre un autor, como Marcos Calveiro. A editorial Xerais chegou a facerse eco de dúas recensións de alumnos de segundo. Quen sabe se neste curso volverán fixarse en nós?

Blogue da biblioteca

etikeles.blogaliza.org 2

Page 3: Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

A PROPOSTA DE LECTURAS

Os autores e títulos propostos neste primeiro apartado forman parte dos contidos da materia para este curso, en concreto, da literatura galega do período que vai de 1900 a 1975:

Novelas: • Blanco-Amor, Eduardo, A esmorga, Galaxia. • Neira Vilas, Xosé, Memorias dun neno labrego, Ediciós do

Castro. • Otero Pedrayo, Ramón, Os camiños da vida, Galaxia.

Relatos: • * Castelao, Cousas, Galaxia. • * Castelao, Retrincos. Un ollo de vidro, Galaxia. • Cunqueiro, Álvaro, Os outros feirantes, Galaxia. • Dieste, Rafael, Dos arquivos do trasno, Galaxia. • Fole, Ánxel, Á lus do candil, Galaxia. • Méndez Ferrín, Xosé Luís, O crepúsculo e as formigas, Xerais.

Poesía: • Ferreiro, Celso Emilio, Longa noite de pedra, Ed. do Castro. • * Manuel Antonio, De catro a catro, Galaxia.

Teatro: • * Castelao, Os vellos non deben de namorarse, Galaxia.

3

Page 4: Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

PARA SABER MÁIS BANDA DESEÑADA

• * Cava e Segui, As serpes cegas, BD Banda. • * Montero, David, Sen mirar atrás, Demo Editorial. • * Portela, Carlos, A conta atrás, Faktoría K. • * Prado, Miguelanxo, Stratos, El Patito Editorial. • * Prado, Miguelanxo, Trazo de xiz, Norma Editora. • Satrapi, Marjane, Persépole, Rinoceronte Editora. • Spiegelman, Arti, Maus, Inrevés.

LITERATURA XUVENIL

• Alapont, Pascual, O inferno de Marta, Xerais. • Aleixandre, Marilar, Cabeza de Medusa, Xerais. • Aleixandre, Marilar, Rúa Carbón, Xerais. • Aneiros, Rosa, Eu de maior quero ser, Sotelo Blanco. • Bradbury, Ray, Fahrenheit 451, Xerais. • Carballude, Pepe, S.O.S, Galaxia. • Castro, Francisco, Un bosque cheo de faias, Everest. • Fernández Paz, Agustín, Corredores de sombras, Xerais. • Fernández Paz, Agustín, Noite de voraces sombras, Xerais. • Fernández Paz, Agustín, O único que queda é o amor,

Xerais. • Lourenzo González, Manuel, Irmán do vento, Xerais.

4

A banda deseñada en galego ofrece lecturas de calidade e autores de referencia no xénero

www.prazadasletras.org

www.culturagalega.org/lg3

bvg.udc.es

www.culturagalega.org/bd

www.bdbanda.com

http://www.netvibes.com/

tikeles

Page 5: Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

Lembra que o asterisco (*) indica que o título marcado debe acompañarse da lectura dun ou dous libros máis, segundo o caso.

• Mayoral, Marina, Chamábase Luís, Xerais. • Moreno, Mª Victoria, Anagnórise, Galaxia. • Peón Torres, Fátima, Camposanto, col. Nova 33, Fund. Caixa Galicia. • Salinger, J.D., O vixía no centeo, Xerais. • Sierra i Fabra, Jordi, Do outro lado do espello, Xerais. • Sierra i Fabra, Jordi, Nun lugar chamado guerra, Galaxia. • Tolkien, O hobbit, Xerais. • Uhlman, Fred, O reencontro, Galaxia. • Vila Sexto, Carlos, As sete mortes, Galaxia.

• Agnello Hornby, Simonetta, A Mennulara, Galaxia. • Alcalá, Xavier, A nosa cinza, Galaxia. • Alonso, Fran, Tráiler, Xerais. • Aneiros, Rosa, Resistencia, Xerais. • Borrazás, Xurxo, Criminal, Sotelo Blanco. • Calveiro, Marcos, Settecento, Xerais. • Cormac McCarthy, A estrada, ed. Faktoría K. • Fernández Ferreiro, Xosé, Agosto do 36, Xerais. • Gómez, Lupe, Fisteus era un mundo, A Nosa Terra. • Miranda, Xosé, Morning Star, Xerais. • Murado, Miguel Anxo, Mércores de cinza, Galaxia. • Murado, Miguel Anxo, Ruído. Relatos de guerra, Galaxia. • Orwell, George, A revolta dos animais, Edicións Positivas. • Reigosa, Carlos, Pepa A Loba, Xerais. • Reimóndez, María, O club da calceta, Xerais. • Reimóndez, María, Pirata, Xerais. • Rivas, Manuel, O lapis do carpinteiro. Xerais. • Riveiro Coello, Antón, A esfinxe de Amaranto, Galaxia. • Riveiro Coello, Antón, As rulas de Bakunin, Galaxia. • Schmitt, Eric-Emmanuel, O señor Ibrahim e as flores

do Corán, Faktoría K. • Séchu Sende, Made in Galiza, Galaxia. • Süskind, Patrick, O perfume, Sotelo Blanco. • Villar, Domingo, A praia dos afogados, Galaxia. • Villar, Domingo, Ollos de auga, Galaxia.

NARRATIVA NAS COLECCIÓNS DE REFERENCIA

5

www.filix.org/

Page 6: Boletín de lecturas para 4º da ESO (2º trimestre do curso 2010-2011)

POESÍA E TEATRO

• * Lado, María, Casa Atlántica, Casa Cabaret, Xerais.

• * Pereiro, Lois, Poemas 1981/1992, Edicións Positivas.

• * Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade, Edicións Positivas.

• * Núñez Singala, Manuel, Comedia bífida, Galaxia.

LETRAS GALEGAS 2011

Acróstico

Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise Sabendo que debería ter sabido impedirme a min mesmo descubrir que só fun un interludio atroz entre dous mundos de silencio Só puiden evitar vivindo á sombra inocularlle para sempre a quen amaba doses letais do amor que envelenaba a súa alma cunha dor eterna Sustituíndo o desexo polo exilio iniciei a viaxe sen retorno deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna aniquilación chea de nostalxia

Lois Pereiro

Deseño de Séchu Sende

loispereiro.blogaliza.org/

gl.wikipedia.org/wiki/Lois_Pereiro

http://www.galiciae.com/nova/31085.html