Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores...

16
Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela A Coruña T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org nº 89 - xaneiro 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores...

Page 1: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela

A Coruña

T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org

nº 89 - xaneiro 2015 A profesión que sentes, o colexio que queremos

Boletín do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Jesús Rodríguez Rodríguez, Colexiado de Honra do Ceesg

O pasado 22 de xaneiro, coincidindo co 14º aniversario do Ceesg, anunciamos

o nomeamento de Jesús Rodríguez Rodríguez como Colexiado de Honra

do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Dende hai moitos anos, Suso é un estreito colaborador do colexio, tanto en

iniciativas nacidas no seo do colexio como a través doutras propostas das que

el mesmo nos fai partícipes dende a Universidade de Santiago, dende Nova Es-

cola Galega ou dende a Asociación de Veciños de Cabreiros (Xermade). Esta

mención honorífica supón un recoñecemento expreso do seu labor e contri-

bucións ao desenvolvemento desta profesión.

Será na próxima asemblea do Ceesg, que se celebrará en Lugo o vindeiro 28

de febreiro cando se celebre o acto de nomeamento, facéndolle entrega dun

agasallo ao homenaxeado. Será un acto público que terá lugar no Centro de

Convivencia Maruja Mallo, ás 16:30 h.

Suso Rodríguez, profesor na Facultade de Ciencias da Educación na Universida-

de de Santiago, únese así aos outros Colexiados e Colexiadas de Honra do

Ceesg, que seguen promovendo a nosa profesión alá por onde van: Xosé M.

Cid, Mariló Candedo e Ana Iglesias.

Dende o Ceesg, todos os nosos parabéns para Suso.

Tema do mes

Page 3: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

En reunión de Xunta de Goberno do Ceesg, a 27 de xaneiro de 2015, e tendo finalizado o prazo de presentación de Candi-daturas á Xunta de Goberno do Ceesg o día 15 de xaneiro, a Candidatura única presentada resulta proclamada válida pola Xunta de Goberno do Ceesg. Na web están publicadas as súas liñas estratéxicas para o goberno do Ceesg no período 2015-2019.

actualidade

2015-

Eleccións Ceesg 2015

Proclamación de candidaturasProclamación de candidaturasProclamación de candidaturasProclamación de candidaturas

CANDIDATURA Á XUNTA DE GOBERNO DO CEESG

ELECCIÓNS 28/02/2015

Presidencia - Mónica Serrano Soto, colexiada 3795

Vicepresidencia - Aurelio Prado Rodríguez, colexiado 3089

Secretaría - Maite Sío Docampo, colexiada 3850

Tesourería - Alfonso Tembrás López, colexiado 0103

Vogalía - Daniel Alves Rivera, colexiado 3979

Vogalía - Antón Bouzas Álvarez, colexiado 0968

Vogalía - Beatriz Caneda Zamar, colexiada 3901

Vogalía - Leticia Castro Torres, colexiada 3892

Vogalía - Teresa Delgado López, colexiada 3686

Vogalía - Natalia Domínguez Galán, colexiada 0398

Vogalía - Eva López Soto, colexiada 0924

Vogalía - Andrea Maroñas Bermúdez, colexiada 0118

Vogalía - Priscila Maximino Bento, colexiada 3999

Vogalía - Eva Moldes Casal, colexiada 3195

Vogalía - Belén Piñeiro Álvarez, colexiada 3286

Vogalía - Sofía Riveiro Olveira, colexiada 3389

Vogalía - Laura Vilaboy Romero, colexiada 3873

Lugar, data e hora das elecciónsLugar, data e hora das elecciónsLugar, data e hora das elecciónsLugar, data e hora das eleccións

As eleccións terán lugar coincidindo coa Asemblea Xeral do Ceesg, o vindeiro 28 de febreiro no Centro de Convivencia Maruja Mallo, Lugo (Rúa Carril das Hortas, s/n) Ver ubicación

Horario de votación: de 9:30 a 11:30 h.

Page 4: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Realizado o pasado 3 de febreiro o sorteo para a elección de membros da mesa electoral, a súa composición resulta ser a seguinte:

Titulares:

Presidenta: colexiada 0410

Secretaria: colexiada 3878

Vogal 1º: colexiado 3902

Vogal 2ª: colexiada 3989

Suplentes primeiros:

Suplente 1ª presidenta: colexiada 3652

Suplente 1ª secretaria: colexiada 3866

Suplente 1ª vogal 1º: colexiada 0214

Suplente 1ª vogal 2ª: colexiada 3536

Suplentes segundos:

Suplente 2º presidenta: colexiada 3551

Suplente 2ª secretaria: colexiada 4776

Suplente 2ª vogal 1º: colexiada 3764

Suplente 2ª vogal 2ª: colexiada 3329

Eleccións Ceesg 2015

Membros da mesa electoralMembros da mesa electoralMembros da mesa electoralMembros da mesa electoral

Instruccións para o voto por correoInstruccións para o voto por correoInstruccións para o voto por correoInstruccións para o voto por correo

• Dende o Ceesg, enviarémosche por correo postal a papeleta e sobre oficiais de voto.

• Comproba previamente que esteas incluída/o no censo electoral (enlace ao censo electoral)

• Envíanos unha carta certificada incluíndo os teus datos persoais no remite e poñendo en destinatario:

COLEXIO DE EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA

ELECCIÓNS CEESG 2015

R/ Lisboa nº 20 baixo C

15707 Santiago de Compostela

A carta deberá conter dentro:

�Fotocopia do teu carné de colexiada/o ou DNI.

�Sobre oficial de votación con papeleta oficial de voto, pechado, para garantir o segredo do teu voto (a papele-ta deberá indicar o voto á candidatura presentada: favorable, desfavorable ou en branco)

Serán computados os votos recibidos por correo que cumpran con estes requisitos e teñan entrada na sede do Ceesg ata o día anterior ao día de celebración das eleccións.

Recordámosche que neste proceso electoral á xunta de goberno o teu voto é persoal e indelegable.

Asistencia á Asemblea Xeral e Eleccións do CeesgAsistencia á Asemblea Xeral e Eleccións do CeesgAsistencia á Asemblea Xeral e Eleccións do CeesgAsistencia á Asemblea Xeral e Eleccións do Ceesg

Estamos organizándonos para o transporte compartido dende diferentes localidades.

Se non tes como achegarte, ou sobran prazas no teu coche, podes informarnos a través dos formularios habilitados a este efecto na web do Ceesg.

Poñeremos en contacto ás persoas que saian dende a mesma localidade (ou próximas).

Enlace aos formularios

Page 5: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg

Todas as persoas colexiadas están convocadas a participar na Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg. Será o

vindeiro 28 de febreiro no Centro de Convivencia Maruja Mallo (Rúa Carril das Hortas, s/n - Lugo) - Ver

ubicación

ORDE DO DÍA

SESIÓN DA MAÑÁ

A hora de comezo está prevista para as 09:30 h. en primeira convocatoria, 10:00 h en segunda.

♦ Aprobación da acta da anterior Asemblea, Asemblea Xeral de data 8 de febreiro de 2014.

♦ Aprobación, se procede, das memorias técnica e económica 2014.

♦ Auditoría de contas. Elección do método de auditoría de contas da Xunta de Goberno saínte

(2011-2015).

♦ DESCANSO (previsto de 11:30-12:00 h. coincidente co escrutinio de votos e proclamación da

candidatura gañadora. As eleccións terán lugar previamente e de xeito paralelo á asemblea, de

9:30 a 11:30 h.)

♦ Presentación da nova candidatura. Liñas estratéxicas 2015-2019.

♦ Presentación dos plans de traballo dos Grupos e Orzamento 2015.

♦ Propostas e preguntas.

SESIÓN DE TARDE

16:30h – 18:00h Acto de Nomeamento do colexiado de honra 2015.

A memoria técnica e económica 2014, así como o resto de documentación concernente á sesión da mañá

estará á vosa disposición na sede do Ceesg e na web ceesg.org, nos días previos á celebración da Asemblea.

Ante a importancia dos temas a tratar esperamos a máxima asistencia.

Recorda que estamos organizándonos para o transporte

compartido dende diferentes localidades (ver información) e

que se non podes acudir, podes delegar o teu voto en

calquera outra persoa colexiada asistente (esta deberá

achegar a túa delegación de voto asinada, xunto cunha

fotocopia do teu DNI ou carné de colexiada/o).

Page 6: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

3º Concurso tfg.eduso Rematado xa o prazo de presentación dos concurso da 2ª edición do

concurso (o resultado farase público o vindeiro 2 de outubro,

coincidindo co Día Mundial da Educación Social), lanzamos xa a 3ª

edición para que o alumnado que teña presentado e defendido o

traballo no mes de xaneiro poida presentar xa o seu traballo ao

concurso.

O prazo de presentación de traballos será ata o 22 de xaneiro de 2016,

de xeito que tamén o alumnado que o presente en setembro ou

outubro poida participar.

Mantense a división en dúas modalidades diferentes: Educación Social

ESTENDIDA (para aqueles traballos que investiguen acerca dos

ámbitos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación

Social ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías

novidosas e inclusivas)

Poderán concorrer ao concurso os traballos que se presenten no actual curso académico en calquera das

universidades galegas, incluíndo os centros UNED galegos, que sexan presentados en galego, e acaden unha

nota mínima de 8,5.

As bases do concurso poden descargarse xa na web do ceesg.

AMIGAS DO CEESG

PARA ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SOCIAL

Page 7: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Bibliografía feminista Son de Fiar, por Fiadeiras

Novo grupo de traballo sobre Saúde. Neste 2015 é intención do colexio poñer en funcionamento un novo grupo de traballo sobre Saúde.

Todas as persoas que queirades participar deste novo grupo de traballo, poñédevos en contacto do Ceesg no

teléfono 981552206 ou no mail [email protected].

Convocaremos unha reunión das persoas interesadas proximamente.

O Grupo de Traballo Fiadeiras, abriu recentemente unha nova

páxina no seu blogue, denomínase Bibliografía Son de Fiar, e

aí recompilan libros feministas de interese para a nosa profe-

sión, a Educación social.

Enlace á web

22 de xaneiro de 2015

14º aniversario do noso colexio

Page 8: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

formación

I Encontro lusogalaico de Educación Social. Vigo, marzo 2015.

Sábado 14 de marzo

11:00h - Recepción e distribución de material

11:30h - Sesión apertura

Sofía Riveiro Olveira | CEESG

Sílvia Lapa Oliveira Azevedo | APTSES

12:00h - Conversa de apertura

A Educación Social como Profesión:

vellas e novas identidades dun que facer en construción

Xosé Antonio Caride Gómez | Catedrático de Pedagoxía Social da

Universidade de Santiago de Compostela

Moderador Alberto Fernández de Sanmamed | Presidente de Honra

do CGCEES

14:00h - Xantar

16:30h - Mesa Dialogada

Realidade Profesional: ámbitos e funcións no ámbito Luso-

Galaico. Fortalezas e debilidades da profesión

Sofía Riveiro Olveira | CEESG

Sílvia Lapa Oliveira Azevedo | APTSES

Xavier Puig Santularia | Presidente do CGCEES Maria José Calderón | Oficina Europea AIEJI (pte. confirmación)

Moderador João Paulo Delgado | Coordinador Licenciatura en Edu-

cación Social na Escola Superior de Educação do Instituto Politéc-

nico do Porto.

18:00h - Visitas, Recursos e Experiencias Socio-Educativas

(Dentro do encontro están programadas unha serie de visitas a cinco

recursos de Vigo, onde poder coñecer o traballo das educadoras e dos

educadores sociais “in situ” en diferentes ámbitos. As-os asistentes ó

encontro deberán escoller unha destas experiencias na recepción)

20:00h - Tempo Libre

(coñecer a cidade)

21:00h - Compartindo Xantares, Conversas e Músicas

Cea con actuación.

Domingo - 15 Marzo 2015

09:30h - Conferencia

O presente e Futuro entre o Luso e o Galaico:

Retos da Profesión

Xosé Manuel Cid Férnandez | Profesor da Universidade de Vigo -

Campus de Ourense

Mª Doleres Candedo Gunturiz | Profesora da Universidade da Coru-

ña Adalberto Dias de Carvalho | Catedrático da Facultade de Letras

da Universidade do Porto

Moderador Ana Raquel de Noronha | Instituto de Estudos Superio-

res de Fafe - Escola Superior de Educação

11:30h - Conversa de Clausura

A importancia da ética profesional na formación de axentes de

transformación social

Maria das Dores Formosinho | Profesora da Universidade Portuca-

lense Infante D. Henrique - Porto

Carlos Sánchez Valverde-Visús | Educador social, coordinador da revista RES e profesor na Universidade de Barcelona.

Moderadora Fátima Correia | APTSES

13:15h - Sinatura de Convenio de Colaboración entre APTSES e SIPS

(Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social)

13:30h - Recompilación de conclusións e propostas.

O Colexio de Educadoras e Educado-res Sociais de Galicia (Ceesg) xunto coa Associaçao dos Profissionais Téc-nicos Superiores de Educaçao Social de Portugal (Aptses), deseñamos este encontro de debate e reflexión coa finalidade de coñecernos máis e me-llor, crear vínculos de traballo común e facer da educación social unha pro-fesión máis forte e consolidada, transformando fronteiras en realida-des. Para iso, entendemos que o me-llor é coñecer o terreo, polo que tamén propoñemos varias visitas a contornas ou entidades susceptibles de atoparmos educación social.

ORGANIZAN:

Page 9: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

As persoas participantes poderán presentar pósteres de ex-periencias, ámbitos ou proxectos relacionados có ámbito profesional da Educación Social, que serán expostos no reci-bidor do Verbum durante todo o encontro. OBXECTIVO Dar a coñecer a Educación Social a ambos lados da frontei-ra. NORMAS DE PRESENTACIÓN O formato para o póster ten que ser en A1 e en vertical. Ao finalizar o encontro as persoas poderán descolgar e recu-perar as suas obras, e recibirán un certificado de presenta-ción de traballo por parte da organización do encontro. PRAZO As persoas interesadas deberán enviar unha proba, incluindo a autoría e a dirección de correo electrónico de contacto, en formato dixital antes do 14 de febreiro de 2015, para [email protected].

Verbum | Casa das Palabras Av. de Samil, n.º 17 36212 Vigo

Inscricións

Pósteres Lugar

A inscrición debe facerse a través do formulario dispoñible ao efecto en www.elgeducacionsocial.org, onde tamén se indica o número de conta para efectuar o pago da matrícula.

ATA 21 DE FEBREIRO: ATA 10 DE MARZO:

Page 10: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Encontro de Infancia e Educación Social.

Ante os cambios lexislativos que se aveciñan no ámbito da protección á infancia, dende o Ceesg e dende o Grupo de Traballo sobre intervención socioeducativa na infancia e adolescencia (Escaravellando) vemos necesario afondar nas implicacións que ditos cambios terán no traballo das educadoras e educadores sociais, e no funcionamento dos recursos de atención a nenos e nenas en situación de desamparo ou desprotección.

dirixido a... ⇒ Educadoras/es Sociais e outros profesionais

que traballen no ámbito da infancia.

⇒ Estudantes de titulacións do eido social e educativo.

⇒ Persoas interesadas no ámbito da infancia.

lugar, data, horario A Coruña.

Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña)

Venres, 17 de abril de 2015, mañá e tarde.

⇒ Colexiadas/os e estudiantes: 10 €

⇒ Non colexiadas/os: 20 €

prezo

Do 1 de marzo ao 15 de abril a través da web

do Ceesg.

inscricións

PROGRAMA E MÁIS

DETALLES

MOI PRONTO EN

WWW.CEESG.ORG

Page 11: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Memorias dunha educadora social

Noncalar.Nonconsentir.Nonsentirculpa.

Estas sonalgunhasdas cuestionsqueasmulleresdebemos ter presentes, xa dende nenas. Comoeducadora social, cada vez que entro na auladalguncentroescolarparaimpartirobradoirosdeIgualdadeconadolescentes,semprepasapolaminamente a mesma idea. A s veces comentoo aoalumnado, outras veces, penso interiormente esintoundesgarroqueserepitedeformacontinuano meu interior. E un pensamento que resultaduro, queima nas orellas e doe no corazon polacertezadasverbasqueconten.Peromoitasvecesarealidadesuperaa#iccion.Naminacabezaresoaaseguinte frase: “moitas das nenas e dasmulleresqueestamoshoxeaquıprobablementesufriremosalgunepisodiodeviolenciamachistaaolongodasnosasvidas”.

Esta bomba resultadevastadora para moitasdas rapazas e alguns dosrapaces. De repente, osilencio apoderase dogrupoedespoisdunanacono que intercambianolladas incredulas,manifestan a sua desaprobacion ante o queconsideran unha esaxeracion de magnitudesestratosfericas. “Que querera dicir esta tıa coniso?”;“Eunonsonparva”;“Eunonmevoudeixar”;“Quenaguanta a violencia e porquequere”; “Algofaran paramerecer o que lles pasa”… Son algunsdos comentarios que se lanzan na defensa domundoque conecemos, coma se non fose posıbelmudalo;comaseadesigualdadesocial,economica,laboral, cultural, educativa… que vivimos asmulleresnonexistise.

Estescomportamentossonpropiosdequennon quere ver arealidade que se llepresenta, quizabesnun intento deautoproteccion.

Absurdo. Inutil. Perigoso. O avestruz agocha acabeza,mais os depredadores seguen estando aoseu derredor. En relacion a violencia de xenero

comportamonos tal que ası, pois desvelar aspropiasexperienciassupondoresufrimento.“Nosnonsomosmulleresmaltratadas,esassonoutras,pobrinaselas”.Senembargo,todasecadaunhadenos,mulleresenenasdomundo,podemoscontarepisodiosvitaisqueparecensaıdosdunhapelıculade denuncia social. Todas vivimos en violenciamaisoumenosgrave,maisoumenosparalizante,… mais ou menos o que queiramos, porque aviolencia non se gradua, sıntese. Nos mesmas asentimos.

Todas temos experiencias e hoxe non queremosgardalas. E tempo de non calar o que sentimos ecomo nos sentimos por dentro, de compartir osmachismosquenosamolannavidacotiaedendefaianos.Falarsobreaaquiloquenosoprime,falarsobreoquenos impidesercomonospete.Nonamodo de couceo vitimista, senon como suxeitosconscientes do contexto propio e da forza vitalparamudaraquiloquenongusta.

Os “micromachismos”envolven o cotia coasuapresenzasutil,maisnon por iso menosimportante. O efectoqueteneneigualmentedevastador,poisanulanos desexos, as aspiracions, as decisions, osdivertimentosdametadedahumanidade, sempreamesmametade. Non hai nada demicro no seufondo, as veces tampouco na sua forma. Oobxectivo e omesmo,manter asmulleres dentrodos lımites que a sociedade patriarcal considerapropios do sexo feminino. Unha vezmais, ¿comomedimos o impacto da violencia na nosa vida?¿Porquenosreferimosaelacomoalgo“micro”?E

Fiadeiras

Grupo de Traballo en Igualdade

@fiadeiras_ceesg

https://www.facebook.com/fiadeiras

bloguES

Page 12: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

violencia. A vida diaria esta impregnada deideoloxıa e contido machista. Se fago memoria,podorecompilarduciasde situacionsnasquemesentınagredida,invadida,minimizada.

Recordo un amigo do meu pai, cando eu erapequena e os acompanaba ao bar, el sempreintentabafalarmeetocarme,istoeraalgoquenonme gustaba. Unha vez queme #ixenmaior, xa naadolescencia, el continuaba metendose comigo,comentando detalles do meu corpo e facendopreguntas indiscretas sobre a mina sexualidade.Isosi, facıaodunxeitosutil, “micro”sequeremos,deformaqueparecıaquesoeueraconscientedoverdadeiro signi#icado que tina o seucomportamento. O resto do mundo observabadendeanormalidadeabsoluta.

Recordo a masturbacion dunhomedianteminaedungrupode amigas namentresxogabamos nun parqueproximoanosacasa.

Recordo momentos nos quenon fun consideraba dona demin.Profesionaisdasanidade,

amizades, familia… calquera, intentaba decidirsobre o meu corpo e as minas decisions.Empregando argumentos como “neste momentononestasbenparatomarestadecision”,“omellorserıaquenono#ixeras”,“istoseraomellorparati,xa o veras”, sen tan sequera escoitar o que tiqueres.

Recordo a verba marimacho. A sua presenzaacompanoume ao longo da mina infancia eadolescencia sempre que intentaba facer algo oucomportarme dunha forma que non eratipicamentefeminina.Semeemporcabanobarro,eramarimacho; seme divertıa construındo unhacabananomonte, eramarimacho; semanifestabaomeudesgustopolacorrosaouostonspastel,eramarimacho;sexogabaaofutbolemeapaixonabanos deportes, era marimacho; marimacho,marimacho,marimacho.

Recordo deixar de practicar deporte por non terequipo no que xogar. Primeiro, no caso do futbolnon habıa posibilidade de con#igurar un equipomixtopoloquea unicaoportunidadeeraadestrarcos meus companeiros sabendo que nunca ıapoder xogar un partido. Como non era moiestimulante,decidın cambiaraoutrodeporteque

parecıaacolleralgomellorasrapazas,ovoleibol.Apesar dos anos de triunfos e derrotas candochegaronosdezaseisoequipodesfıxosepor faltamozas, e as poucas que quedamosnon recibimosalentoparacontinuar.

Recordo o dıa que decidın que as saias,especialmenteas“mini”,noneranparamin.Estabapaseandoconminanaipolobarrioeun“machote”#ixo varios comentarios lascivos sobre o meucorpo, sobre amina roupa.Minanai puxoo gritonoceo,ameazounoconpartilleaboca,peroodanoxaestabafeito.Quizabesporistononmegustanasminisaiasninosmicromachismos.

RecordoacudiraGardaCivilparadenunciarunhaagresionsexualqueaconteceunarua.Oshomesdeverde#ixeronmesentirmaisculpabeldoquexamesentıa coas suas preguntas e comentarios: “pero,¿seguro que non o conecıas?”, “¿que facıas a esashoras?…”¿Porquenonretellanacachola?

Recordo ir ao bar coa mina parella. Sentarnosnunhamesaparapasarunboratoefalarsobremile unha cousas entre risas. No momento que seachegaacamareiraoucamareirodolocalpedimosasnosasconsumicions,cadaquenasua,quetemosbocapropia.Uncafeeunhacana.¿Adivinadesparaquen e sempre o cafe? ¿E que nonmeescoitaronpediracana?

Recordo deixar de xogar comeu vecino porque pretendıasaciar a sua curiosidadeadolescenteexplorandoomeucorpo. Rozarche o cu, amagode tocarche un peito,… maiseu, ¡non tina o forno parabolos!

Page 13: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Recordo leccions culinarias sobre o arroz que sepasa.“Buscaparella”,“casate”,“ten#illase#illos”…Conversastriviaisnasquecalquerapersoasemetena tua intimidade cunha pregunta sinxela perodirecta“¿elogoaticandochetoca?”.¿Falamosdaloterıa?Nonsei,nonxogomoito.

Recordo traballarnunha empresaonde se valorabamais a minapresenza fısicaqueomeutalentoe competencia

paraasfuncionquetinaencomendadas.Orımmelsempreeoprimeiro.

Recordo o cuestionamento da mina identidadecomo feminista que me somerxe nunhapermanente loita argumental contra os prexuızossociaiseasetiquetasquechecolgandiariamente.“Aquı esta a feminista!” “E ti que opinasfeminista?” Incluındo comentarios dirixidos a tuaparella…“Pobrino,oquetenqueaguantar”.

Todos estes recordos e moitos outros que nonvenen ao caso, estimularonamina capacidadedeindignacion co mundo patriarcal. Ao mesmotempo,agromouenminuncompromiso#irmecoadefensa dos dereitos das mulleres e das nenas.Comoeducadoraincorporoasclavesdofeminismopara mellorar a mina practica profesional eparticipo dun colectivo no que intercambiamosconecementos edeconstruımosomundoquenosrodea. Comomuller, pelexo cada minuto por serfeliz, por sentirme libre e por tomar as minasdecisions.

Nósfalamos,nósqueremos,nósdecidimos.

8demarzode2014

hp://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Extracto do texto publicado no blog de Fiadeiras

con mo�vo do lanzamento da campaña

“Micromachismos, moito máis que micro”. Este

relato é o texto de referencia que propoñían

como punto de par�da para iniciar esta

campaña de sensibilización.

Page 14: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

O meu primeiro contrato como educador foi no ano 1986, no concello da Pobra do Caramiñal, como educador especializado nos servizos sociais. A maior parte da miña carreira profesional desenvólvese en ACLAD, entidade que presta atención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas, onde levo traballado máis de 20 anos.

Os primeiros seis anos traballei no centro de dia e despois na comunidade terapéutica. Tamén desde hai anos colaboro no desenvolvemento de diversas actividades de prevención.

Desde hai algo máis de quince años traballo na C. T. Julio Portela. Trátase dun dos recursos que a asociación para a que traballo pon a disposición da rede de atención a persoas con problemas relacionados co consumo de drogas.

Sería moi longo explicar o que é unha “comunidade terapéutica”. Dun xeito moi resumido, podo contarvos que é un “recurso residencial” no que os usuarios e as usuarias (con)viven durante un período de tempo de máis ou menos seis meses. Trátase dun recurso de “deshabituación”: a través da participación activa na xestión de la vida cotiá (alimentación, limpeza, ...) e nos diversos espazos de actividade que se lles propoñen, búscase (re)establecer unha serie de hábitos normalizados e de respostas máis saudables aos problemas que plantexan a convivencia, as relacións coa parella e/ou a familia, a xestión do tempo, a vida na comunidade, ... etc.

Paralelamente ao comezo da miña actividade en ACLAD, entro a formar parte da Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia desde onde tiven a oportunidade de participar moi activamente na construción da nosa profesión. Máis tarde participo desde diversas responsabilidades no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e, dende aí, noutros momentos deste longo proceso de consolidación da profesión: congresos, creación do Consello xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais Estatal, ... etc.

A Educación Social tamén ocupa un espazo importante no meu día a día, buscando manterme activo e actualizando os meus coñecementos, aportando tamén, na medida das miñas posibilidades.

Participar na construción da nosa profesión, compartir os meus coñecementos nos foros que teño ao meu alcance (congresos, grupos de traballo, encontros, revistas,... etc.), superando as dificultades que me supón escribir sobre o que pensamos e o que facemos... como dicía no principio este xeito de pensar “condiciona” a miña forma de facer “Educación Social”.

Alfonso Tembrás López

Educador social Colexiado nº 0103

QuE fas ti pola educación social?

Para ler e reflexionar...

Xela volveuse vampira!! (Fina Casalderrey e Noemí López). 2007. Xunta de Galicia. Baía Edicións. Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. Inclúe DVD con sesión de contacontos. Este libro está incluído na colección “contos da igualdade”, que pretende romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil do Ano dos III Premios da Edición de Galicia (2007).

Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg

Page 15: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Actuacións

Reunión coa Subdirección Xeral de Promo-ción da Autonomía Persoal. Presentamos o I Encontro lusogalaico de Educación Social, para valorar posibles colaboracións.

3º Concurso TFG.eduso. Ábrese o prazo para a presentación de tra-ballos de fin de grao durante o curso 2014-2015. Estará aberto ata o 22 de xaneiro de 2016.

Asistencia á presentación de COPESPA. Esti-vemos na presentación oficial do Colexio Profe-sional de Educadoras/es Sociais do Principado de Asturias, en Oviedo, acompañándoos no co-mezo da súa andadura.

Xuntanzas do Foro de Inmigración. Reunímo-nos as entidades da zona de Santiago para se-guir informando das actuacións discriminatorias que se dan cara o colectivo migrante, e tamén o Foro Galego de Inmigración en pleno se reuniu para a valoración do actos do 18 de de-cembro na Coruña e Lu-go, e para organizar a II Semana galega de loita contra as fronteiras.

Servizo xurídico do Ceesg. O Servizo xurídico do Ceesg estivo dispoñible na sede do Ceesg para aquelas persoas colexiadas que necesi-ten orientación xurídi-ca en calquera mate-ria.

Reunión de Xunta de Goberno e proclama-ción de candidaturas válidas. Na xuntanza, ultímanse detalles da celebración da asemblea e das eleccións, e tamén se proclama válida a candidatura presentada.

Reunión coa UNED Pontevedra. Encontro coa Directora do centro, no que valoramos po-sibles colaboracións no ámbito formativo.

Bibliografía Son de Fiar. Fiadeiras abre unha nova sección na súa web, onde recompila libros feministas de interese para a profesión.

Encontro: Compostela aberta á Universidade e ao Ensino. Asistimos a un encontro dirixido a docentes, pais/nais, profesores/as universita-rios, e persoas interesadas pola educación.

Nomeamento do Colexiado de Honra. Facemos público o nomeamento de Jesús Rodríguez Rodríguez como Colexiado de Honra do Ceesg, e anunciamos o acto público do seu nomeamento, que será o vindeiro 28 de febreiro en Lugo.

Reunións de preparación de candidatura. Cé-dese o local para o traballo interno das persoas que compoñerán unha candidatura ás eleccións do Ceesg 2015.

Reunión do grupo aBeira. Para seguir avanzando no modelo de informe socio-educativo.

ANIVERSARIO DO CEESG Cumprimos 14 anos!

Page 16: Boletín do Ceesg - Colexio de Educadoras e Educadores ...ceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-02-2015-boletin89g.pdf · 15707 Santiago de Compostela A Coruña ... encontro

Para ver a información completa e actualizada sobre ofertas de emprego, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg

Educador/a social. Para centro de protección de menores. Chantada. Técnica/o de Servizos Sociais. Para o programa de Educación Familiar. O Barco de Valdeorras.

Novas Dos boletíns

EMPrEgO

AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Axudas para estudos universitarios no curso académico 2014/15 de se-gundo e posteriores cursos nas universidades do Sistema universitario de Galicia. 09/02/15

Consellería de Traballo e Benestar: Axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito das entidades locais. DOG 12/01/15

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclu-sión social perceptoras da Risga. DOG 12/01/15

Consellería de Traballo e Benestar: Axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación. DOG 13/01/15. Corrección o 26/01/15

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE). DOG 15/01/15

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:: Subvencións a concellose ás súas entidades públicas, e a agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utiliza-dos para a realización de actividades culturais. DOG 15/01/15

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para accións for-mativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempre-gadas. DOG 16/01/15

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para programas integrados de emprego durante 2015 e 2016. DOG 16/01/15

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. DOG 27/01/15

Consellería de Traballo e Benestar: Subvencións para persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas. DOG 27/01/15

Consellería de Traballo e Benestar: Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e for-mación dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inser-ción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacio-nal de garantía xuvenil. DOG 27/01/15

LEXISLACIÓN E NORMATIVA Presidencia da Xunta de Galicia: LEI 13/2014, do 22 de decembro, pola que se modifica a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias. DOG 07/01/15

Universidade de Vigo: Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo. DOG 07/01/15

EMPREGO Concello de Noia: Oferta de emprego público 2014. Técnico en cultura. Técnico en cultura. Axente de desenvolvemento local. DOG 13/01/15

FORMACIÓN Escola Galega de Administración Pública: Plan de formación do persoal da Administración da Comunidade Autónoma, das entidades lo-cais de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia e do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas para o ano 2015. DOG 29/01/15

Formación I Congreso Internacional Calidade e Excelencia Educativa: Os Retos da Educación no Século XXI.

Descrición: Este Congreso pretende que tanto os membros da sociedade, coma os profesionais da comunidade educativa e o estudantado, e todos aqueles outros colectivos interesados na educación, encontren un marco de formación, coñecemento e discusión que contribúa a incrementar o nivel da calidade na nosa sociedade e na comunidade educativa. Participarán especialistas de diversos países do noso ámbito cultural, con ampla expe-riencia nos temas a abordar. Organiza: Fundación Familias Mundi, Universidade da Coruña e 180o Unidade de Psicoloxía. Datas: 18 e 19 de febreiro de 2015. Lugar: Santiago de Compostela. Prezo: Diferentes taxa segundo a situación. A cota para colexiadas/os do Ceesg terá un 25% respecto da cota xeral. Máis información: http://www.congresocompostela.com

IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar. CIATEF 2015. Descrición: Neste congreso daranse cita prestixiosos investigadores de todo o mundo do campo da atención temperá e a intervención dos trastornos no desenvolvemento e da educación en contextos familiares. Ata o 20 de febreiro poden presentarse comunicacións orais ou poster. Organiza: Unidade de Atención Temperá e Grupo de Investigación ESCULCA, da Universidade de Santiago de Compostela. Datas: do 11 ao 12 de setembro de 2015. Lugar: Santiago de Compostela. Prezo: Diferentes prezos segundo a situación (profesionais, investigadoras/es, persoas en desemprego, estudan-tes) Tamén hai a opción de inscribirse en obradoiros soltos. Ás taxas de inscrición aplicaráselle un desconto do 20% ás persoas colexiadas no Ceesg. Máis información: http://www.usc.es/congresos/ciatef15