Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos...

24
Boletín do Ceesg

Transcript of Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos...

Page 1: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

Boletín

do Ceesg

Page 2: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

2

Neste boletín: Tema destacado: 5 minutos para 5 momentos únicos. Sofía Riveiro

Olveira.

CGCEES:

Convenio entre CGCEES e UOC.

Actualidade:

Agradecemento ao profesor Vara.

19xAlertaFeminista.

Comunicado en relación aos centros educativos.

Periodicidade do Boletín do Ceesg.

5º Concurso TFG.eduso

Formación

Bolsa de proxectos de formación do Ceesg.

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os.

Emprego

BloguES: Na procura da luz. Ricardo J. Sánchez Cano

https://organizados.wordpress.com/

Para ler e reflexionar: La educación social. Una mirada didáctica.

(Artur Parcerisa, Núria Giné, Anna Forés)

Actuacións

Documentos profesionalizadores

Avisos

Boletín do Ceesg

Nº 115 - xuño-xullo 2017

Page 3: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

3

Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795

Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089

Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103

Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979

Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968

Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901

Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892

Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398

Andrea Maroñas Bermúdez Secretaria Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118

Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999

Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286

Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195

Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389

Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873

2015 - 2019

XUNTA DE GOBERNO

Noelia Rodríguez Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3408

Beatriz Miranda Borrajo Vogal Colexiada nº 4769

Page 4: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

4

TEMA DESTACADO 5 minutos para 5 momentos únicos

MOMENTO 1. A FESTA

Graciñas por convidarnos á festa, por convidar ó Colexio profesional de educación social de Galicia, porque hoxe é un día de celebración, é un momento fantástico para coñecernos e recoñecernos como educadoras/es sociais que somos, para bailar, para cantar, para facer todo o que se fai nunha festa. A escusa xa a tedes, e é que vos acabades de graduar, así que, gozade da festa e bailade connosco tamén.

Como en toda festa que se prece, hai momentos para as lentas, para as máis cañeiras, para bailar o solto e o agharrado, para facer algunha coreografía, ou para bailar ó noso aire. O caso é manternos en movemento, alegres, e que nada nos estrague este momento.

É momento de divertirse e de pasalo ben, así que... bailemos, nós, que podemos, lembrando sempre que, sen esquecer o apelido “social” da nosa “educación”, qué sentido ten a revolución se non podemos bailar!, como diría Emma Goldman (feminista lituana). Bailemos nós que podemos, na festa da educación social.

MOMENTO 2. A FAMILIA

Graciñas por convidar á familia, ás familias, ás persoas que sen ser familia de sangue, hoxe están aquí, porque as apreciades e queredes compartir cos seres queridos este momento. Familia tamén acaba sendo o grupete de colegas que despois de 4 anos vos coñecedes ben, que tedes vivido moito e que seguides pensando que nada na vida vos separará, como á familia. Familia tamén é o profesorado, que vistes durante máis ou menos materias ó longo da carreira. É aquí, os distintos e diversos universos familiares; é aquí, nós, a familia da educación social colexiada que tamén vos espera e vos quere.

Hoxe poderemos darlles opción ás nosas familias a que entendan un pouco mellor que é esa profesión que escolleron as súas fillas e fillos, que hai máis coma elas e que parece algo serio.

Familias!, somos educadoras sociais e é algo moi serio, por iso existe un Colexio Profesional que vela pola defensa da profesión e a calidade da mesma, vixiando, denunciando e aplaudindo tamén as boas prácticas e investigando novos campos e novos escenarios para a nosa profesión.

Familias, o voso apoio é fundamental para o noso desenvolvemento tanto persoal como profesional. Graciñas por estar do noso lado.

Sofía Riveiro Olveira

Vogal do Ceesg

Colexiada nº 3389

Discurso pronunciado o día 10 de xuño de 2017 no Acto de graduación

de Educación Social da Universidade de Santiago

Page 5: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

5

MOMENTO 3. O RITUAL

Chamámoslle Acto de Graduación, pero realmente estades a cumprir cun ritual como moitos outros ós que nos sometemos ó longo da nosa vida. Seguramente en algunha materia puidestes teorizar sobre a socioloxía e a antropoloxía da educación, onde se falaba dos rituais.

Pois hoxe, cumpriredes un deles, e daredes un paso cara o mundo profesional e laboral moi importante. Xa sodes maiores e podedes sentarvos á mesa das persoas maiores. Pero lembrade que hai outro ritual non menos importante polo que pasar, que é a colexiación, para facer desta nosa profesión unha profesión forte, coñecida, recoñecida; que sexa quen de defender os dereitos humanos, desde o humanismo e os valores; que sexamos quen de poñer en valor a educación ó longo de toda a vida; que poidamos chegar a estar onde temos que estar, ó lado das persoas, acompañándoas no seu proceso socioeducativo ata onde nos digan.

Os rituais realízanse principalmente polo seu valor simbólico, como o de xuntarnos todas estas persoas hoxe aquí, non por unha cuestión relixiosa, pero si pola crenza de que pechamos un ciclo e abrimos outro. Tranquis, non estades soas, estamos nós; pois colexiarse, ademais do valor simbólico, ten o valor numérico, político, normativo, que poidamos ter voz con toda a forza do movemento que vimos creando, que multipliquemos, pois como dicía a nosa paisana Concepción Arenal, “as forzas que se asocian para o ben non se suman, multiplícanse”.

MOMENTO 4. ESCARNIO E MALDIZER

A cantiga de escarnio e maldicir, subxénero da lírica galego-portuguesa, inclúe tanto sirventeses morais e políticos, sátiras literarias e maledicencias persoais, como tenzóns, prantos e parodias; en resumo, os textos que non encaixan como cantigas de amigo e de amor encaixan nas de escarnio e maldicir. Un clérigo e trobador do século XIII tamén escribía destas cantigas, como por exemplo, a que vos queremos traer aquí: Airas Nunes, que seguro que vos sona, dicía así...

“Porque no mundo mengou a verdade, punhei un día de a ir buscar; e, u por ela fui a preguntar, Disseron todos: “Alhur la buscade, ca de tal guisa se foi a perder, que non podemos en novas haver nen ja non anda na irmaidade”.

Ogallá non mingüe non mundo a verdade, ogallá non se volva a pechar ningún centro social máis, ogallá poidamos facer da autoxestión social e cultural un xeito de vida, ogallá se abran as portas para que saian libros e liberdades, como as do Escarnio e Maldizer, onde promover a cultura universal, para todas as persoas. Nós, que algo sabemos de participación, de desenvolvemento comunitario, de igualdade, de inclusión social, de xestión cultural, sabemos ben que “Bloco a bloco desfanse os muros. Pero... se nos tiran espazos, multiplicamos

Page 6: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

6

solidariedade”.

“Que a liberdade deixe de ser o dereito a obedecer e volte ser o desafío a toda forma de poder. Que o desexo de vivir non se conforme co que xa existe e vaia ao asalto para arrebatar o que nunca foi”. Así o expresan as persoas que ata a semana pasada viñeron autoxestionando o centro social Escarnio Maldizer, aquí ó lado, na zona vella de Santiago de Compostela, onde acudían as veciñas e veciños ás actividades que alí se organizaban.

E ante todo este barullo, hoxe, ás 21 horas, concéntranse en solidariedade con este centro social, con este colectivo, neste momento tamén histórico. E ante isto, houbo moitas voces. Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor da educación social, quen dixo que “Quen sabe amar, non sabe pegar”.

Non á violencia, sí á cultura, sí ós centros que fan comunidade.

MOMENTO 5. A LEI

Vimos de dicir non á violencia e temos que admitir que a lei é violencia. Nós como educadoras e educadores sociais somos a antítese de “a letra con sangue entra” e a lei é sangue, pero precisamos dunha lei que regule a nosa profesión, que regule ás persoas profesionais que ofrecemos servizos socioeducativos a outras persoas. Somos gardiáns e gardiás dos dereitos fundamentais e non todo o mundo pode ter ese “privilexio”, nin sabe nin pode. Hai que gañalo! Daquela, consigamos esa lei para un futuro mellor para vós, que sodes nós, e para quen vén detrás. Asinade, que tedes exemplares, o dereito de petición á regularización da profesión de educación social.

E 5 vivas para rematar:

1. Viva a festa da Educación Social. 2. Viva este momento único. 3. Viva o noso futuro profesional. 4. Viva a madriña e o padriño da promoción. 5. Viva vós.

5 Vivas, 1 Noraboa e a bailar!

Se queredes, con música de Víctor Jara que tamén cantaba iso de “a vida é eterna en 5 minutos”.

Page 7: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

7

Convenio entre o CGCEES e a UOC

CGCEES

O Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales e a

Universitat Oberta de Catalunya asinaron un convenio marco de colaboración

que recolle os obxectivos comúns que perseguen as dúas institucións en favor

da visualización e extensión da profesión de Educación Social.

No acto, ao que acudiron diversos cargos de ambas institucións, analizouse a

situación actual da profesión en termos de regularización, así como a

necesidade do traballo común dos e das profesionais coas universidades,

ademais dos temas estratéxicos comúns.

Josep A. Planell, Reitor da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e Xavier Puig,

Presidente do CGCEES.

Page 8: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

8

Agradecemento ao profesor Vara Palabras pronunciadas o día 10 de xuño de 2017 no Acto de graduación de Educación Social

da Universidade de Santiago en homenaxe ao profesor Antonio Vara Coomonte.

O 18 de maio as Redes Sociais choraron a perda dun profesor que, sen dúbida, cambiounos a carreira. Laura Sánchez, ex alumna de Antonio Vara dicía o seguinte:

Aporía: problema sen solución mecánica.

Creo que calquera que te coñecese un pouco, hoxe estará a pasar por unha aporía, qué idealismo pensar que durarías toda a vida, querido por todos profesor Vara, se tiveses a casualidade de nacer na India ten por seguro que a túa caste sería a de Brahmán. De ti aprendemos tanto, que o cambio depende de onde ti queiras chegar e que empeza por un mesmo, telo que buscar en ti.

Que as circunstancias se impoñen ao home, pero este pode cambialas, aínda que como podemos observar, non todas. Que o educador ha de ser educado, terceira tese de Marx sobre Feuervach e que toda educación é un condicionamento.

Que dentro da conformidade está o medo á liberdade e que debemos voar máis alto que Juan Salvador Gaviota.

Aprendemos que se queremos cambiar o noso destino, debemos ter vontade pero que á súa vez é unha aporía. Fuches para nós como Don Gregorio para o pequeno gorrión na lingua das bolboretas, e como Moncho, agora, debemos afrontar a partida do mestre que reorienta o erro e non manipula. Oxalá que moitos dos do teu gremio tamén aprendesen o oficio por imitación, se parecesen un pouco a ti e tivesen que pasar un rito de iniciación: que se ao pasar hora e media de clase non quedamos con gañas de máis, como nos pasaba contigo, non puidesen exercer.

Transmitíchesnos que aínda que a sociedade nos marca un camiño cunha

ACTUALIDADE

Page 9: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

9

orde preestablecida, o camiño ten fisuras e non hai por que coller o camiño recto e que como adultxs debemos educar desde a autonomía, contra as estruturas que oprimen, pois só nos emancipamos se podemos.

Ensináchesnos que nacemos nun sistema de reprodución social, e que a sociedade non é unha suma de individuos, que están en xogo outras variables, como o afecto, pero a maior afecto, menos autonomía.

E sobre todo ensináchesnos que: A FELICIDADE CONQUÍSTASE, NON VÉN DADA.

Un minuto de silencio con todo o que nos achegaches sería incoherente, así que profe, este minuto de aplauso vai por ti, GRAZAS VARA.

Page 10: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

10

O pasado 19 de xuño sumámonos á iniciativa promovida polos movementos

feministas que convocaron o #19XAlertaFeminista ante a aprobación do próxi-

mos PGE para 2017, e seguir denunciando que estes orzamentos non atenden

as necesidades sociais e agravan os problemas de desigualdade entre homes e

mulleres con consecuencias desastrosas para a vida das mulleres.

Foi unha proposta colectiva, sen padroazgos, tutelas nin protagonismos. Xur-

dida das mulleres e é levada adiante por elas.

A idea era facernos presentes e visibles o 19 de xuño, semana na que se pre-

vía a aprobación da última versión dos Orzamentos Xerais para o 2017, para

pedir aumentar a 120 millóns de euros a asignación orzamentaria destinada á

igualdade e á loita contra a violencia machista.

Sen recursos e orzamentos os poderes públicos empezan a ser responsábeis

das violencias machistas. Por iso esiximos a urxente asignación de partidas

orzamentarias para combater as violencias machistas.

Se os poderes públicos, e á fronte deles o Goberno central, non habilita de

inmediato recursos e orzamentos para facer fronte ao terrorismo machista

que segue asasinando a mulleres e criaturas, van ter que asumir a responsabi-

lidade que lles corresponde.

Xa non podemos aguantar nin un asasinato máis e porque, ademais, non se

mostra interese en acabar co machismo, nin cos privilexios que sustenta o pa-

triarcado, porque os asasinatos de mulleres normalizáronse, porque mañá

podemos ser calquera de nós, ou as nosas fillas, nais, veciñas ou amigas, por

iso unímonos ás mulleres e organizacións de mulleres para sumarnos a esta

iniciativa a nivel estatal.

#19xAlertaFeminista

Page 11: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

11

O Ceesg súmase ás reivindicacións que a comunidade educativa vén realizan-do nas últimas semanas, en relación á reorganización de centros educativos promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O decreto publicado no DOG do pasado 4 de xullo establece o peche do CEIP Emilio Navasqües en Cruceiro do Ro (Outes) ao fusionalo con outro centro; o peche do CPI Monte Caxado das Pontes, e a eliminación da oferta da ESO no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia e no CPI da Ribeira no Porriño, agora recon-vertidos en CEIP. Estes cambios teñen efectos tanto no profesorado (reubicación) como no alumnado (pola necesaria reubicación, e pola existen-cia de alumnado con necesidades específicas de atención educativa que po-den ver o seu avance truncado debido a estes cambios) e nas súas familias (polos cambios de horarios que poden afectar á conciliación)

O escurantismo destas accións, tomadas de xeito unilateral sen consulta pre-via coa comunidade educativa, e coincidindo co remate do curso escolar, non fai máis que reforzar a postura de quen vemos nestas medidas un ataque ao propio ensino público.

Todas e todos temos DEREITO a unha EDUCACIÓN DE CALIDADE, e o aumento de número de nenas e nenos por aula provoca precisamente o contrario. O sistema educativo actual non pasa polo seu mellor momento. Os casos de fra-caso escolar, e o aumento de problemáticas sociais fan necesario tomar medi-das precisamente no sentido contrario, de xeito que a administración educati-va debe tomar medidas que vaian máis alá de respectar a ratio mínima esta-blecida legalmente, procurando unha atención educativa que responda ás ne-cesidades do alumnado. Como medida para promover unha mellora educati-va, o Ceesg leva moito tempo demandando a creación de postos de educado-ras/es sociais dentro do sistema educativo, algo que xa se acadou noutras co-munidades autónomas, pero que Galicia segue tendo como materia penden-te.

Comunicado en relación á reorganización de centros

educativos

Pancartas nun centro afectado de As Pontes

Page 12: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

12

O Boletín do Ceesg naceu no ano 2001 cun número especial que daba a

benvida ao colexio ás persoas que o integraban, despois de tan só uns meses

de funcionamento. No ano 2003 comezou a súa periodicidade mensual de

forma estable, e a pesar de sufrir importantes cambios no formato, contidos e

deseño, a periodicidade sempre se mantivo.

A partir de agora, o Boletín do Ceesg pasará a ter unha periodicidade

bimensual. Isto axudaranos a centrar os esforzos do colexio nas tres liñas

estratéxicas actuais: a Lei de Educación Social, a regularización da profesión

e o emprego.

O Boletín é unha das principais canles de comunicación coas persoas

colexiadas, e vai recollendo case sen querelo a historia da Educación Social en

Galicia dende que botou a andar a publicación. Aquí recóllense todas as

actuacións, comunicados, formacións e calquera información relevante para a

profesión. Por iso o seguimos considerando un servizo fundamental, e non

deixará de recoller todo o que nos afecta e as colaboracións das persoas

colexiadas que queiran tomalo como vehículo para a facer chegar a súa voz a

todo o colectivo de educadoras e educadores sociais.

Periodicidade do Boletín do Ceesg

do Ceesg Boletín

do Ceesg

Boletín

do Cee

sg

Boletín

Xuño

-Xul

lo

Agosto-Setembro

Outubro-Novembro

Page 13: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

13

Ábrese unha nova edición do Concurso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social TFG.eduso, que pretende dar recoñecemento e visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de grao de Educación Social.

O prazo de presentación de traballos é do 1 de agosto ao 1 de decembro.

Nesta convocatoria poderán participar as persoas que presentasen o seu tra-ballo de fin de grao durante o curso 2016/2017 en calquera universidade gale-ga, incluídos os centros UNED galegos, usando a lingua galega –deste requisi-to están dispensado o alumnado da UNED- e que acadasen unha nota mínima de 8. Mantéñense, como nas edicións anteriores, dúas categorías diferentes: Educación Social ESTENDIDA (para aqueles traballos que investiguen acerca dos ámbitos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Ver información completa na web do Ceesg

5º Concurso TFG.eduso

Page 14: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

14

FORMACIÓN Bolsa de proxectos de formación Nesta andadura do Ceesg (2015-2019), cremos necesario retomar a iniciativa que as compañeiras da anterior Xunta de Goberno levaron a cabo, de creación dunha bolsa de Actividades de Formación.

Esta iniciativa vén xustificada polo feito de considerar como imprescindible a formación das educadoras e educadores sociais, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e de poder enfrontarse de forma exitosa ao exercicio do seu quefacer profesional.

Sabemos que hai moitas e moitos profesionais da Educación Social con ampla experiencia en ámbitos específicos do social, que poderían ser grandes formadoras/es para outras educadoras e educadores. Polo que, a nosa idea, é que dende o Ceesg se lles brinde a oportunidade de iniciarse ou consolidar a súa traxectoria profesional na docencia; así como facilitar a implicación na formación das educadoras e educadores sociais.

Deste modo, abrimos unha convocatoria a través da cal as persoas interesadas poidan impartir formación relacionada con calquera ámbito da educación social, que se incluirá no plan de formación do Ceesg 2018.

O prazo de envío de propostas está aberto ata o día 1 de novembro.

Descargar convocatoria

Descargar ficha de solicitude

EDUCACIÓN

SOCIAL

Page 15: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

15

Información detallada

destas accións

formativas en

www.ceesg.org

Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os

Terapia Gestalt. Santiago de Compostela. Novembro 2017 a decembro 2018 Pañña. Centro de Psicología Humanista. . Máis información

IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a Violencia de Xénero. Santiago de Compostela. 24 e 25 de novembro Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Máis información

Congreso internacional cannabis e derivados: saúde, educación e lei. Catoira. 24 e 25 de novembro Máis información

Terapia Familiar Sistémica. Santiago de Compostela. Outubro 2017 a xuño 2018 180º Psicoloxía. Máis información

Page 16: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

16

EMPREGO

Coordinador/a de entidade. Galicia Estas son as ofertas de

emprego publicadas o mes

pasado na web do Ceesg.

Para ver a información

completa e actualizada,

recorda consultar

frecuentemente a web do

Ceesg

Técnica/o de apoio social. A Coruña

Profesor/a de reforzo escolar. A Coruña

Técnica/o de proxectos. Ourense

Educador/a social. Ourense

Educador/a social. Vigo

Preparador/a laboral. Ferrolterra

Coordinador/a. Santiago

Animador/a sociocultural. Vigo

Monitor/a de tempo libre. O Grove

Educador/a social. Ribeira

Page 17: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

17

Educador/a familiar. Arzúa

Dinamizador/a de museo. Ribeira

Técnica/o de intermediación. Santiago

Page 18: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

18

Na procura da luz

Como tantas veces, un mércores coma este, teño a sensación ambivalente de ser parte dun xogo de intereses. Toca descansar, é a hora de saír... de consumir. Á vez, sinto que o corpo non dá para mais. É necesario buscar un remanso de paz. Parar. Reparar. Sestear. Ler mais, durmir mais aínda ? Recuperar tempo para as relacións abandonadas. Buscar a luz que nos chama. Nun intento de recuperar a memoria, de recuperar textos no blogue indago un post de fai dez anos: Bandeirazo de saída (enlace). Recordo que ao escribilo, foi determinante e evocadora a tira de “El ROTO”. Hoxe nun exercicio de comparacións imposibles, de reflexos no tempo, busquei a mesma tira do mesmo día de saída -mércores de semana santa- dez anos despois. Un xogo de espellos para recrearme na memoria. Este é o resultado. Deixo a xuízo dos lectores as comparacións.

Vivimos nun mundo no que quizais, talvez, non poñamos en valor o “peso” das nosas relacións. Máis que saír en estampida -como fai dez anos nos propoñía EL ROTO- hoxe encamíñome a buscar a luz nas relacións. Como un mantra, primeiro a relación, despois todo o demais. Deséxovos un feliz descanso.

Ricardo J. Sánchez Cano

Educador social.

Como pez en el agua

@josukano

BloguES

Page 19: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

19

PARA LER E

REFLEXIONAR

La educación social. Una mirada didáctica. Relación, comunicación y secuencias educativas. Artur Parcerisa Aran, Núria Giné Freixes, Anna Forés Miravalles.

Edita: Graó Ano: 2010

No ano 1999 publicouse a primeira edición de Didáctica na educación social. O tempo transcorrido e os cambios que se produciron na educación social e na sociedade no seu conxunto animaron aos autores para escribir este libro que complementa o anterior. Partindo do convencemento de que as achegas da didáctica son fundamentais para a educación social, afóndase no concepto de educación social; aplícanse os coñecementos didácticos ao deseño, desenvolvemento e avaliación de accións socioeducativas; trátanse cuestións centrais ao redor da relación educativa (a comunicación, o acompañamento, a atención á diversidade e a resiliencia); e analízanse distintos tipos de traballo socioeducativo (individual, grupal, comunitario e tamén no medio aberto e con relación á institución escolar). A presentación de casos serve de ilustración e pretende axudar á reflexión. A didáctica proporciona coñecementos que orientan sobre o modo de analizar e deseñar procesos educativos e contornas favorecedores da aprendizaxe e do desenvolvemento da persoa. Para complementar o libro anterior tentouse expoñer e exemplificar eses coñecementos co fin de que os lectores e lectoras dispoñan de elementos que lles poidan axudar na apaixonante tarefa de acompañar procesos de aprendizaxe na educación social.

Publicación dispoñible na

Page 20: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

20

Reunión do xurado do Concurso TFG.eduso

ACTUACIÓNS

O xurado da cuarta edición do concurso de traballos de fin de grao arredor da educación social mantivo a xuntanza na que emitiu o fallo sobre o mesmo. As/Os estudantes gañadoras/es terán a cota de alta no Ceesg e a primeira cota semestral gratuíta, e o seu traballo será publicado.

As integrantes do xurado, nesta edición foron Yolanda Rodríguez (U.Vigo), María Díaz de Robles (UNED A Coruña), Cristina Ceinos (USC), Laura Cruz (UDC) e Andrea Maroñas (Ceesg)

II Xornadas sobre a Lei de Educación Social Unhas 25 persoas de 9 entidades colexiais de educación social démonos cita a última fin de semana de xullo en Santiago de Compostela para traballar sobre o texto da Lei de Regularización da Educación Social. Da anterior xornada saíu o borrador de texto, e esta serviu para analizar a bibliografía recompilada respecto ás distintas áreas que abarca a lei, cohesionar os contidos e avanzar na redacción do articulado final en espazos técnicos moi específicos e de gran complexidade e casuística.

Reunión da Xunta de Goberno Ademais de analizar o estado de contas e da organización da II Xornada sobre a Lei de Educación Social, comezamos a deseñar a estratexia ante algunhas situacións de precariedade laboral que se están a vivir en centros de menores.

Page 21: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

21

E tamén... Participación na Mesa Local de Coordinación

Interinstitucional fronte á violencia de xénero.

Apoio ao comunicado do colectivo “Paraguay resiste” e asistencia á contracción poético-musical en denuncia da deportación de Dani Vera.

Asistencia á palestra ‘Reprodución asistida: o dereito a decidir sobre a súa maternidade.

Participación e colaboración coas XIII Xornadas interxeracionais rurais de Cabreiros “Aprendendo cos nosos maiores”

Participación no Consello Galego de Benestar Social, e incorporación á súa comisión de traballo sobre incorporación de cláusulas sociais nas contratacións públicas.

Xuntanza co alcalde de Santiago de Compostela.

Participación nas xuntanzas do Foro Galego de Inmigración.

Participación na reunión sobre o Plan de Educación Específico para o Rural.

Reunión de constitución do novo grupo de traballo sobre infancia e adolescencia, e primeira reunión.

Asistencia á presentación do proxecto ‘Un día de cine’. Arte e pedagoxía en código aberto.

Xuntanza coa Secretaría Xeral de Igualdade e visita ao Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero.

Participación nos actos de graduación da promoción de Educación Social 2013-2017, das Universidade de Santiago e da Universidade de Vigo—Campus Ourense.

Participación e apoio aos actos ‘Polo dereito a vivir dignamente’ organizado polo Foro de Inmigración.

Asistencia á presentación do libro ‘Por una nueva ciudadanía: incidencia política y tercer sector’

Organización da Xornada: A educación aliménta(nos), alternativas de consumo, impulsada pola Eira do Ceesg.

Apoio á campaña 19XalertaFeminista.

Servizo de asesoramento xurídico para colexiadas/os.

Clausura do espazo de reflexión e debate “Relendo a Vida” , organizado pola Biblioteca Municipal e o CIM de As Pontes , coa presentación de ‘Machismos, de micro nada’, a cargo de Fiadeiras.

Participación no conversatorio ‘Achegámonos. Compartir experiencias migratorias, construír comunidade’

Reunión da Comisión Ética e de Benestar Profesional.

Encontro con Arela, que nos presentou o seu programa Convive.COMigo.

Participación na reunión da Mesa de traballo sobre persoas sen teito do Concello de Santiago.

Participación en reunión informativa sobre a Casa das Mulleres, convocada polo Concello de Santiago.

Reunións de traballo de: Xunta de Goberno, Área de Comunicación e Participación Colexial, Fiadeiras, e Saúde.

Apoio ao proxecto pedagóxico do Grupo de Desenvolvemento Rural DELOA.

Page 22: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

22

Código Deontolóxico do educador e a educadora social.

Normas deontolóxicas xerais. O/A educador/a social en relación cos

suxeitos da acción socioeducativa.

Artigo 5

«O/A educador/a social deberá coñecer a

situación concreta do ámbito máis próximo,

sexa familia ou grupo, tanto se a acción

socioeducativa se realiza con eles no seu

conxunto, como se se leva a cabo con algún

dos seus membros.»

DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES

Page 23: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

23

AVISOS

Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg.

A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e

resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores.

Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en

ambas linguas.

Debe axuntarse fotografía da/o autora/autor.

Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.

Peche puntual da oficina do Ceesg. A semana do 14 ao 18 de agosto a oficina do Ceesg estará pechada

por festividades locais e vacacións do persoal.

Periodicidade do Boletín do Ceesg A partir de ahora, el Boletín del Ceesg pasará a tener una periodicidad

bimensual. Esto los ayudarán a centrar los esfuerzos del colegio en las

tres líneas estratégicas actuales: la Ley de Educación Social, la

regularización de la profesión y el empleo. Por lo tanto, el próximo

boletín se publicará en octubre (boletín de agosto septiembre 2017)

Page 24: Boletín do Ceesgceesg.org/files/documentos/docs/boletin-01-08-2017-boletin115g.pdf · Traemos aquí a de Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, lalinense, grande coñecedor

24

Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)

15707 Santiago de Compostela

981552206

ceesg.gal

Colexio de Educadoras e

Educadores Sociais de Galicia

@GaledusoCeesg

Boletín do Ceesg

http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/

Fiadeiras Ceesg

Geix Ceesg

Escaravellando Grupo de

Infancia e Adolescencia

aBeira Ceesg

A Eira do Ceesg