BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de...

12
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA X lexislatura Número 30 16 de decembro de 2016

Transcript of BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de...

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

X lexislaturaNúmero 3016 de decembro de 2016

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios

1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións1.3.5.4. Mocións tramitadas

Rexeitamento da iniciativa

ı 1619 (10/MOC-000001)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, LuisSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa exclusión social e a pobreza.(Moción a consecuencia da Interpelación nº 375, publicada no BOPG nº 6, do 3.11.1016, e debatidana sesión plenaria do 22.11.2016) 6097

ı 1624 (10/MOC-000002)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, AntónSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para garantir que ningunha persoa ou fa-milia sexa desafiuzada da súa vivenda habitual en Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelaciónnº 480, publicada no BOPG nº 7, do 4.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)

6097ı 1660 (10/MOC-000004)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, NoelaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Go-berno central en relación co desemprego e a precariedade laboral. (Moción, a consecuencia da Inter-pelación nº 649, publicada no BOPG nº 10, do 9.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)

60971.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

Aprobación con modificacións

ı 1211 (10/PNP-000108)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaFernández Prado, Martín, e catro deputados/as máisSobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dunha estratexia de infraestrutura verde que creeunha rede de espazos naturais e seminaturais 6097

ı 1397 (10/PNP-000129)Grupo Parlamentario Popular de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

6094

X lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

Romero Fernández, Cristina Isabel, e cinco deputados/as máisSobre a creación polo Goberno galego dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos aCompostela que aglutine diferentes servizos de interese para eles 6098

Aprobación por unanimidade sen modificacións

ı 1272 (10/PNP-000117)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, Antón, e Cal Ogando, MarcosSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa trami-tación da Proposición de lei aprobada polo Parlamento de Galicia referida á transferencia da titu-laridade e xestión da autoestrada AP-9 á Xunta de Galicia 6099

Rexeitamento da iniciativa

ı 477 (10/PNP-000020)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e cinco deputados/as máisSobre a elaboración e aprobación pola Xunta de Galicia do Plan Retorna para fomentar a volta daspersoas mozas emigradas, así como a súa dotación orzamentaria 6099

ı 927 (10/PNP-000079)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e cinco deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións quedebe levar a cabo en relación coa tramitación da Proposición de lei orgánica de transferencia da ti-tularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia, así como o rescate de au-toestradas con fondos públicos 6099

ı 944 (10/PNP-000082)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Burgo López, María de la ConcepciónSobre a recuperación polo Goberno galego do programa de gratuidade dos libros de texto en todosos cursos de educación primaria e educación secundaria obrigatoria 6100

ı 1050 (10/PNP-000097)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a recuperación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da xestióndirecta dos comedores escolares, así como a actuación que debe levar a cabo para o establece-mento dun único modelo de comedor escolar para toda Galicia 6100

ı 1254 (10/PNP-000113)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e dous deputados/as máis

6095

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

Sobre o artellamento polo Goberno galego dos instrumentos e das modificacións lexislativas ne-cesarias para dotar Galicia dun sistema integral de protección as persoas denunciantes de prácticasde corrupción, ilícitas e fraudulentas 6100

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIóN 1ª, INSTITUCIONAL, DE ADMINISTRACIóN XERAL, XUSTIzA E INTERIOR

Rexeitamento das iniciativas

ı 1288 (10/PNC-000125)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla, e cinco deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento da Lei9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100

ı 1426 (10/PNC-000141)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a continuación polo Goberno galego, no marco dos orzamentos xerais da Comunidade Au-tónoma de Galicia para o ano 2017, do diálogo social e a negociación colectiva no ámbito do em-prego público autonómico 6101

1.3.7. Outras propostas de resolución e acordos1.3.7.1. Declaracións institucionais

ı Declaración institucional do Parlamento de Galicia, do 13 de decembro de 2016, relativa á peticióndo indulto de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez 6101

2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior,organización e funcionamento2.3. Réxime e goberno interior2.3.2. Acordos e resolucións dos órganos da Cámara en materia de réxime e goberno interior 2.3.2.2. Creación de órganos parlamentarios2.3.2.2.1. Solicitude de creación de comisións

Acordo desestimatorio

ı 966 (10/SCI-000002)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoSolicitude de creación dunha comisión de investigación para analizar e avaliar os resultados parao sistema financeiro galego da fusión das antigas caixas de aforros galegas e as causas e respon-sabilidades da súa transformación nunha institución bancaria de carácter privado, investigar avenda de Novagalicia Banco e a situación do crédito en Galicia, establecendo un prazo máximo deconclusións dos seus traballos de 6 meses, partindo do traballo realizado na IX lexislatura, e abrindoun novo período de comparecencias e solicitudes de documentación 6102

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

6096

X lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

O Pleno do Parlamento, na sesión do 13 de decembro de 2016, adoptou os seguintes acordos:

1. Procedementos parlamentarios1.3. Procedementos de control e impulso1.3.5. Mocións1.3.5.4. Mocións tramitadas

Rexeitamento da iniciativa

- 1619 (10/MOC-000001)Grupo Parlamentario de En MareaVillares Naveira, LuisSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa exclusión social e a pobreza.(Moción a consecuencia da Interpelación nº 375, publicada no BOPG nº 6, do 3.11.1016, e debatidana sesión plenaria do 22.11.2016)BOPG nº 22, do 30.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 21 votos a favor, 38 votos en contra e 13 abstencións.

- 1624 (10/MOC-000002)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, AntónSobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para garantir que ningunha persoa ou fa-milia sexa desafiuzada da súa vivenda habitual en Galicia. (Moción a consecuencia da Interpelaciónnº 480, publicada no BOPG nº 7, do 4.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)BOPG nº 21, do 29.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 34 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención.

- 1660 (10/MOC-000004)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, NoelaSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Go-berno central en relación co desemprego e a precariedade laboral. (Moción, a consecuencia da Inter-pelación nº 649, publicada no BOPG nº 10, do 9.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)BOPG nº 21, do 29.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 34 votos a favor, 38 votos en contra e ningunha abstención.

1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno

1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

Aprobación con modificacións

- 1211 (10/PNP-000108)Grupo Parlamentario Popular de Galicia

6097

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

Fernández Prado, Martín, e catro deputados/as máisSobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dunha estratexia de infraestrutura verde que creeunha rede de espazos naturais e seminaturaisBOPG nº 18, do 23.11.2016

Sométese a votación e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, por 59 votosa favor, ningún voto en contra e 14 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

—Ao desenvolvemento dunha Estratexia de infraestrutura verde que cree unha rede de espazosnaturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade, proporcionar ser-vizos ecosistémicos e incrementar a resiliencia dos ecosistemas.

—A ampliar a rede galega de espazos naturais protexidos durante a presente lexislatura co obxec-tivo de achegarse á media estatal en canto a porcentaxe de superficie protexida.

—A recuperar para o uso social e ambiental os espazos de dominio público marítimo-terrestre dolitoral especialmente marismas e humidais, seguindo as determinacións do plan de actuación doPlan de Ordenación do Litoral.

—A incluír os espazos urbanos e periurbanos como parte central da Estratexia de infraestructuraverde.»

- 1397 (10/PNP-000129)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaRomero Fernández, Cristina Isabel, e cinco deputados/as máisSobre a creación polo Goberno galego dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos aCompostela que aglutine diferentes servizos de interese para elesBOPG nº 21, do 29.11.2016

Sométese a votación e resulta aprobada, con modificacións respecto do texto orixinal, por 53 votosa favor, 14 votos en contra e 6 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:

—Á creación dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos a Compostela, que aglutinediferentes servizos de interese para os peregrinos e que inclúa, entre outros: entrada única nosmuseos, facilidades no transporte público, descontos en actividades culturais, de ocio e restau-ración, en comercios e tendas de produtos galegos e de artesanía de Galicia e nos mercados deabastos.

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

6098

X lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

—A que presente no Parlamento de Galicia, nun prazo de 3 meses, un programa ben estruturadoda implantación da tarxeta do peregrino, no que se teñan en conta para a súa elaboración, entreoutros colectivos, as asociacións de comerciantes, hostaleiros, etc., e no que se establezan as se-guintes cuestións: onde e como conseguila; órgano responsable da súa distribución; financiamento;ámbito de aplicación...»

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 1272 (10/PNP-000117)Grupo Parlamentario de En MareaSánchez García, Antón, e Cal Ogando, MarcosSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa trami-tación da Proposición de lei aprobada polo Parlamento de Galicia referida á transferencia da titu-laridade e xestión da autoestrada AP-9 á Xunta de GaliciaBOPG nº 18, do 23.11.2016

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 73 deputados edeputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a exixir ao Goberno do Estado que non obstaculicea tramitación da Proposición de lei, respectando así a vontade democrática expresada polo Parla-mento galego.»

Rexeitamento da iniciativa

- 477 (10/PNP-000020)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e cinco deputados/as máisSobre a elaboración e aprobación pola Xunta de Galicia do Plan Retorna para fomentar a volta daspersoas mozas emigradas, así como a súa dotación orzamentariaBOPG nº 7, do 04.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 35 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención.

- 927 (10/PNP-000079)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e cinco deputados/as máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións quedebe levar a cabo en relación coa tramitación da Proposición de lei orgánica de transferencia da ti-tularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia, así como o rescate de au-toestradas con fondos públicosBOPG nº 15, do 16.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 34 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención.

6099

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

- 944 (10/PNP-000082)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaÁlvarez Martínez, Luis Manuel, e Burgo López, María de la ConcepciónSobre a recuperación polo Goberno galego do programa de gratuidade dos libros de texto en todosos cursos de educación primaria e educación secundaria obrigatoriaBOPG nº 15, do 16.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 34 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención.

- 1050 (10/PNP-000097)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a recuperación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da xestióndirecta dos comedores escolares, así como a actuación que debe levar a cabo para o establece-mento dun único modelo de comedor escolar para toda GaliciaBOPG nº 18, do 23.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 20 votos a favor, 39 en contra e 14 abstencións.

- 1254 (10/PNP-000113)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e dous deputados/as máisSobre o artellamento polo Goberno galego dos instrumentos e das modificacións lexislativas ne-cesarias para dotar Galicia dun sistema integral de protección as persoas denunciantes de prácticasde corrupción, ilícitas e fraudulentasBOPG nº 19, do 24.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 34 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas

COMISIóN 1ª, INSTITUCIONAL, DE ADMINISTRACIóN XERAL, XUSTIzA E INTERIOR

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 15 de de-cembro de 2016, adoptou os seguintes acordos:

Rexeitamento das iniciativas

- 1288 (10/PNC-000125)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla, e cinco deputados/as máis

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

6100

X lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento da Lei9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de GaliciaBOPG nº 18, do 23.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

- 1426 (10/PNC-000141)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel, e Vilán Lorenzo, PatriciaSobre a continuación polo Goberno galego, no marco dos orzamentos xerais da Comunidade Au-tónoma de Galicia para o ano 2017, do diálogo social e a negociación colectiva no ámbito do em-prego público autonómicoBOPG nº 21, do 29.11.2016

Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016Eva Solla FernándezVicepresidenta 2ª

O Pleno do Parlamento, na sesión do 13 de decembro de 2016, adoptou os seguintes acordos:

1.3.7. Outras propostas de resolución e acordos1.3.7.1. Declaracións institucionais

Declaración institucional do Parlamento de Galicia, do 13 de decembro de 2016, relativaá petición do indulto de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

O Pleno da Cámara, na súa sesión do día 13 de decembro de 2016, adoptou, por asentimento, oseguinte acordo:

Declaración institucional do Parlamento de Galicia a favor do indulto de Carlos Rivas e Serafín Ro-dríguez

O texto aprobado é o seguinte:

«Dende hai máis de dous anos convócanse en Vigo mobilizacións e concentracións para pedir o in-dulto de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, traballadores que hoxe nos acompañan, que foron con-denados a tres anos de prisión ao aplicárselles o artigo 315.3 do Código Penal, atentando contraos dereitos da clase traballadora, cando estaban a participar nun piquete informativo legal nunhafolga do sector do transporte en 2008.

En decembro de 2013, o Consello de Ministros denegoulles a Carlos e Serafín a concesión de indultoque solicitaran as centrais sindicais CIG, UGT e CCOO, xunto co aval de milleiros de sinaturas da ci-dadanía galega, o que motivou unha nova petición de indulto, que recibiu o apoio unánime do Par-lamento de Galicia en febreiro de 2014.

6101

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

Carlos Rivas e Serafín Rodríguez seguen condenados e pendentes de que se resolva a segunda pe-tición de indulto, polo que o Parlamento de Galicia reitera a súa solidariedade con eles e coas súasfamilias e pronúnciase a favor de que o Consello de Ministros tome en consideración inmediata-mente a petición de indulto parcial para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez coa finalidade de evitar oseu ingreso en prisión.»

2. Elección e composición do Parlamento, réxime e goberno interior,organización e funcionamento

2.3. Réxime e goberno interior2.3.2. Acordos e resolucións dos órganos da Cámara en materia de réxime e goberno interior 2.3.2.2. Creación de órganos parlamentarios2.3.2.2.1. Solicitude de creación de comisións

Acordo desestimatorio

- 966 (10/SCI-000002)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGrupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoSolicitude de creación dunha comisión de investigación para analizar e avaliar os resultados parao sistema financeiro galego da fusión das antigas caixas de aforros galegas e as causas e respon-sabilidades da súa transformación nunha institución bancaria de carácter privado, investigar avenda de Novagalicia Banco e a situación do crédito en Galicia, establecendo un prazo máximo deconclusións dos seus traballos de 6 meses, partindo do traballo realizado na IX lexislatura, e abrindoun novo período de comparecencias e solicitudes de documentaciónBOPG nº 16, do 17.11.2016

Sométese a votación a solicitude de creación da comisión de investigación, e resulta rexeitada por31 votos a favor, 39 en contra e ningunha abstención.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016Miguel Ángel Santalices VieiraPresidente

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

6102

X lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

6103

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 30. 16 de decembro de 2016

ESTRUTURA DO BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS 1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI 1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIóN E COMPOSICIóN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNOINTERIOR, ORGANIzACIóN E FUNCIONAMENTO2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIóN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIóNS E CORRECCIóNS DE ERROS4.1. INFORMACIÓNS

4.2. CORRECCIóNS DE ERROS

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia 6100 ... o sistema financeiro galego da fusión

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727