Carta aos libreir@s

2
VISITA A CULTURGAL Club De lectura “Tinta Viva” 1 ES SÁNCHEZ CANTÓN 2 DECEMBRO 2011 Á PROCURA DOS LIBREIROS Prezados libreiros: Como sabedes, somos un grupo de alumnado do IES Sánchez Cantón. Temos un club de lectura no centro que se chama “Tinta Viva” e coma membros deste club non podemos deixar de sentir curiosidade pola vosa profesión e preocupación polo futuro das librarías. Agora estamos nun período de crise que non sabemos cando rematará. Se isto supón un problema para todos os tipos de traballos, é de supoñer que vós, os libreiros, tamén estaredes afectados. Sabemos que a venda de libros decaeu e supoñemos que estades a pasar por unha situación moi difícil e non queremos nin imaxinar que o futuro das librarías poida estar en perigo. Preguntámonos cales serán as vosas inquedanzas e se pensades que esta difícil situación ten arranxo. Queremos darvos as grazas por estar hoxe connosco, e non só por estar hoxe senón pola vosa dedicación ás librarias, vendendo eses libros tan marabillosos, aínda que non todo o mundo os aprecie. Non aceptamos que o voso futuro estea en perigo. Que sería de nós se non existiran as librarías? Si, poderiamos seguir vivindo con aparente normalidade, pero os nosos preciosos libros desaparecerían, e xa non poderiamos gozar das súas follas nin do olor das súas páxinas, nin das cores das ilustracións. Teriamos que ler sempre nun aparello electrónico plano onde todo é virtual. Non é que pensemos que non teñen vantaxes pero non é o mesmo. Por iso queremos desexarvos sorte; é un desexo un pouco egoísta porque sobre todo pensamos en nós e en todo o que perderíamos. A verdade é que estamos moi preocupados polo que vos poida pasar; sodes os nosos libreiros de toda a vida, esas persoas que imaxinamos lendo e lendo todo o día, coa gran sorte de ter sempre libros novos entre as mans. Queremos que continuedes nas nosas cidades, que nunca vos convirtades en lenda porque aínda que agora a xente teña eses aparellos súper "guais" seguimos precisando da vosa axuda, do voso consello. Non creades que non! Cremos que despois de todo non debedes ter medo a nada, e tranquilos, non permitiremos que vos

description

carta aos libreiros en Culturgal. Pontevedra. club de lectura IES Sánchez Cantón

Transcript of Carta aos libreir@s

VISITA A CULTURGAL

Club De lectura “Tinta Viva”

1

ES SÁNCHEZ CANTÓN

2 DECEMBRO 2011

Á PROCURA DOS LIBREIROS

Prezados libreiros:

Como sabedes, somos un grupo de alumnado do IES Sánchez

Cantón. Temos un club de lectura no centro que se chama “Tinta Viva” e coma membros deste club non podemos deixar de sentir

curiosidade pola vosa profesión e preocupación polo futuro das librarías. Agora estamos nun período de crise que non sabemos cando

rematará. Se isto supón un problema para todos os tipos de traballos, é de supoñer que vós, os libreiros, tamén estaredes afectados.

Sabemos que a venda de libros decaeu e supoñemos que estades a pasar por unha situación moi difícil e non queremos nin imaxinar que

o futuro das librarías poida estar en perigo. Preguntámonos cales serán as vosas inquedanzas e se pensades que esta difícil situación

ten arranxo.

Queremos darvos as grazas por estar hoxe connosco, e non só por estar hoxe senón pola vosa dedicación ás librarias, vendendo eses

libros tan marabillosos, aínda que non todo o mundo os aprecie. Non

aceptamos que o voso futuro estea en perigo. Que sería de nós se non existiran as librarías? Si, poderiamos seguir vivindo con aparente

normalidade, pero os nosos preciosos libros desaparecerían, e xa non poderiamos gozar das súas follas nin do olor das súas páxinas,

nin das cores das ilustracións. Teriamos que ler sempre nun aparello electrónico plano onde todo é virtual. Non é que pensemos que non

teñen vantaxes pero non é o mesmo. Por iso queremos desexarvos sorte; é un desexo un pouco egoísta porque sobre todo pensamos en

nós e en todo o que perderíamos.

A verdade é que estamos moi preocupados polo que vos poida pasar; sodes os nosos libreiros de toda a vida, esas persoas que imaxinamos

lendo e lendo todo o día, coa gran sorte de ter sempre libros novos entre as mans. Queremos que continuedes nas nosas cidades, que

nunca vos convirtades en lenda porque aínda que agora a xente teña

eses aparellos súper "guais" seguimos precisando da vosa axuda, do voso consello. Non creades que non! Cremos que despois de todo non

debedes ter medo a nada, e tranquilos, non permitiremos que vos

VISITA A CULTURGAL

Club De lectura “Tinta Viva”

2

ES SÁNCHEZ CANTÓN

2 DECEMBRO 2011

extingades como os dinosauros, iso si que non!. Porque veredes, aínda nos peores momentos, ou precisamente neses momentos duros

e difíciles estamos seguros de que sempre virá algunha persoa interesada en atopar unha aventura nova na que adentrarse... E quen

mellor ca vós para servir de guía.

Como compartimos un aprezo moi especial polos libros pregámosvos

que nos aceptedes este pequeno agasallo. É unha reproducción do cadro que dá a benvida á nosa biblioteca. Como é unha homenaxe á

lectura e aos mundos infinitos que ela nos brinda pensamos que ninguén o merece máis ca vós.

Grazas e coidádevos moito.