Carta do capitán Jacinto Dabán, un dos “Mártires de Carral” · Carta do capitán Jacinto...

5
MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión | Carta do capitán Jacinto Dabán, un dos “Mártires de Carral”, unha hora antes da súa execución. Entre os fondos documentais que se gardan no Museo de Pontevedra áchase a carta que o día 26 de abril de 1846 o capitán Jacinto Dabán escribiu ás súas irmás, só unha hora antes de ser fusilado en Carral (A Coruña). Contaba con vinte e tres anos. El, xunto con outros oficiais que tamén foron fusilados, participou no levantamento liberal progresista encabezado militarmente polo coronel Miguel Solís que se proclamou en Lugo o 2 de abril contra o goberno Narváez co que se producira un recorte de dereitos e liberdades e unha centralización administrativa 1 . As tropas sublevadas foron derrotadas finalmente en Cacheiras, nas proximidades de Santiago de Compostela, o día 23 de abril polas do xeneral De la Concha, moi superiores. Na triste misiva, na que o militar se despide, alúdese ó reparto dalgúns cartos e obxectos persoais e sinálase a posibilidade que tivo de fuxir, pero non o quixo facer para non ser, 1 Con Narváez presidente do Consello de Ministros proclámase unha nova Constitución en 1845 que substitúe á de 1837, que era máis progresista; redúcese a participación electoral; recórtase a liberdade de expresión e imprenta (Lei de imprenta de 1845) e prodúcese no mesmo ano unha reorganización dos concellos e deputacións provinciais, poñendo fin á democracia municipal.

Transcript of Carta do capitán Jacinto Dabán, un dos “Mártires de Carral” · Carta do capitán Jacinto...

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Carta do capitán Jacinto Dabán, un dos “Mártires de Carral”,

unha hora antes da súa execución.

Entre os fondos documentais que se gardan no Museo de Pontevedra áchase a carta que o

día 26 de abril de 1846 o capitán Jacinto Dabán escribiu ás súas irmás, só unha hora antes de

ser fusilado en Carral (A Coruña). Contaba con vinte e tres anos.

El, xunto con outros oficiais que tamén foron fusilados, participou no levantamento liberal

progresista encabezado militarmente polo coronel Miguel Solís que se proclamou en Lugo o

2 de abril contra o goberno Narváez co que se producira un recorte de dereitos e liberdades

e unha centralización administrativa1.

As tropas sublevadas foron derrotadas finalmente en Cacheiras, nas proximidades de

Santiago de Compostela, o día 23 de abril polas do xeneral De la Concha, moi superiores.

Na triste misiva, na que o militar se despide, alúdese ó reparto dalgúns cartos e obxectos

persoais e sinálase a posibilidade que tivo de fuxir, pero non o quixo facer para non ser,

1 Con Narváez presidente do Consello de Ministros proclámase unha nova Constitución en 1845 que substitúe

á de 1837, que era máis progresista; redúcese a participación electoral; recórtase a liberdade de expresión e

imprenta (Lei de imprenta de 1845) e prodúcese no mesmo ano unha reorganización dos concellos e

deputacións provinciais, poñendo fin á democracia municipal.

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

segundo di, como o patrón Araña. Refírese con esta expresión ó dito popular que describe as

persoas que embarcan a outras nunha aventura pero son logo os primeiros en volverse

atrás.

Velaquí a transcrición desta carta na que sorprende a serenidade con que este militar tan

novo afronta a súa execución:

Queridas hermanas: Estoy en el último momento de mi vida, en capilla. Es preciso que se conformen ustedes. No hay remedio, cuando reciban ésta ya no habrá más que un recuerdo de mí.

Don Juan Lillo tiene seis onzas y 20 reales, le dejé el bolsillo para que socorriera a algún necesitado y lo que le quedase se lo entregase a ustedes para las tres en mi memoria.

El relox se lo di para que lo entregue en memoria mía a mi adorada M.

Mi baúl estará cuando reciban esta en esa que lo mandé por la Coruñesa la posadera de Santiago recogerlo todo y mandarlo a mi hermana Luz para que haga de ello el uso que le parezca.

Dentro de una cartera en el Baúl hay un abonaré de Cobas 20 mil (?), hacérselo presente a Luz para que responda a los cargos que vengan.

He podido escaparme por dos veces pero no lo he querido, para que no se dijera era el patrón Araña, sin embargo algunos que lo han hecho.

Son las seis de la tarde, adiós, dentro de una hora estaré en la eternidad.

Vuestro hasta la última hora

Jacinto

Dez anos despois estes militares serían homenaxeados e condecorados. Incluso se aprobou a

realización dun monumento para recordalos. Ía ser en Santiago de Compostela. Pero esta

obra non se chegaría a realizar.

En 1904 a Liga Gallega de A Cruña, grupo político rexionalista e liberal, levantaría o seu

propio monumento en memoria dos que denominou “Mártires da Liberdade”, non en

Santiago, senón en Carral, pois alí foran fusilados logo dun xuízo moi rápido.

Anverso e reverso do Monumento erixido en Carral, publicados en La Revolución Gallega de 1846 e en

Los Mártires de Carral.

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

Francisco Tettamancy Gastón, membro da Liga Gallega de A Cruña, foi un dos promotores

do monumento de Carral e de soster o carácter galeguista do levantamento. El foi o autor de

La Revolución Gallega de 1846, editada en 1908, e de Los Mártires de Carral, de 1912. No

Museo consérvanse os exemplares destas obras con dedicación manuscrita do autor a Casto

Sampedro.

Nos dezasete capítulos de La Revolución Gallega o autor vai expoñendo todos os pasos desde a

alocución de Solís ata a realización do monumento en 1904, con varios apéndices documentais. En Los

Mártires de Carral céntrase no propio xuízo.

Dedicatoria a Casto Sampedro no seu exemplar de La Revolución Gallega de 1846.

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

O fusilamento dos xenerais ou xefes vencidos foi o desenlace dos pronunciamentos levados

a cabo no s. XIX. Na imaxe a tumba do Capitán Jacinto Dabán que figura nas publicacións de

Tetamancy. A acta de defunción tamén foi recollida. Di así:

“...en el Cementerio de la Iglesia parroquial de San

Esteban de Paleo, Arzobispado de Santiago,

provincia de la Coruña, y en día veintiseis de Abril

de mil ochocientos cuarenta y seis, se dió sepultura

al cadaver de D. Jacinto Dabán en el número

cuatro, Capitán Comandante del Regimiento de

Infantería Zamora núm. 8, que entre otros Jefes y

Capitanes ha sido afusilado a resultas del

Pronunciamiento hecho en el mes de Abril del

mismo año. Se confesó y no hizo disposición alguna,

sin mas Sacramentos por no dar lugar ni tiempo. Y

para que conste firmo la presente como actual Cura

Párroco de la mencionada Iglesia y de San Pedro de

Quembre en Carral en el mismo día mes y año.-

MATEO PEREIRA”

Tumbas de Dabán e Ferrer no cemiterio de

Paleo

Tanto os liberais moderados como os liberais progresistas2 buscaron apoiarse en militares

que se puxeron ó servizo dos seus partidos. Os progresistas, que coa restrición do corpo

electoral levada a cabo co goberno Narváez, reducindo ó 1 % da poboación o número de

electores, non tiñan a posibilidade de gobernar, tratarían de conseguir o poder mediante a

insurrección popular e un levantamento militar3. Pero nesta ocasión a situación aínda non

era propicia e non acharon no exército o apoio suficiente.

O pronunciamento de Solís en Lugo, que remataba coa invocación: “Gallegos: españoles

todos: ¡Viva la Reina libre!, ¡Viva la Constitución!, ¡Fuera extranjeros!, ¡Abajo el Dictador

Narváez!, ¡Abajo el sistema tributario!”, fracasou.

2 Os liberais dividíronse en dous grupos en 1833: os moderados e os progresistas. Ambos partidos serán os

predominantes na vida política española entre 1833 e 1868.

3 Daquela o sufraxio era censitario, estaba restrinxido so ós que contaban con propiedades e rendas elevadas.

Ambos partidos estaban de acordo niso, pero o corpo electoral que admitían os progresistas era moito máis

amplo. Agora quedaban privados do apoio electoral das clases medias urbanas que non poderían votar. O

proletariado ou o campesiñado xa non tiñan dereito ó voto.

MUSEO DE PONTEVEDRA. Difusión

|

O capitán Jacinto Dabán, igual que os compañeiros fusilados, recibiría a denominación de

Benemérito de la Patria, así como a Cruz del Valor y Constancia e a de San Fernando, pola lei

do 12 de decembro de 1855 decretada polas Cortes e sancionada pola raíña Isabel II. Nesta

lei promulgada durante o bienio progresista mandábase levantar un monumento en

Santiago onde se colocarían as cinzas dos militares coas honras debidas.

Un novo goberno de carácter moderado deixaría en 1856 sen efecto esta lei para ser de

novo restituída en 1869 despois do triunfo da revolución de 1868.

José Manuel Castaño García