CastrolandíN

17
Paula Fandiño (3ºA)

Transcript of CastrolandíN

Page 1: CastrolandíN

Paula Fandiño (3ºA)

Page 2: CastrolandíN

Castrolandín: o lugar onde vivo

Esta é a aldea de Castrolandín, que está situada a menos de 1 quilómetro de Cuntis. É moi coñecida porque por riba dela hai un castro do mesmo nome. Nela viven aproximadamente unhas 100 persoas e está a unha altitude duns 198 metros.Moitos turistas que acoden ás augas termais de Cuntis, decídanse a subir ó castro desta aldea. Tamén hai visitas guiadas para visitar o castro e para saber máis deste gran valor arqueolóxico e histórico de Cuntis.No que se refire ás festas desta aldea, só se celebra a festa do San Xoán, que se fai na chan do castro.

Page 3: CastrolandíN

O elemento do patrimonio cultural e artístico máis importante de Castrolandín é o castro. Este xacemento, que está situado a menos dun quilómetro da vila de Cuntis, remóntase á Idade de Ferro. As excavacións, que comezaron durante o ano 2004, son realizadas por un equipo do Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais da Universidade de Santiago.Éste é un castro mediano, que estaría habitado aproximadamente por unhas 100 persoas. Foi levantado nos inicios do século II antes de Cristo, e abandonado no século I despois de Cristo, e xamais volveu a ser ocupado. Daquela comezouse a formar unha pequena aldea no pé da ladeira do castro, que nos seus tempos foi un asentamento romano: o que actualmente é aldea de Castrolandín.

Castrolandín: O Castro

Page 4: CastrolandíN

O castro de Castrolandín non é só un xacemento, é un lugar moi especial para os veciños de Castrolandín. Aquí celebran os veciños desta aldea a festa do San Xoán. Esta festa tradicional galega estaba prohibida nos anos 40, pero en Castrolandín volveuse recuperar no ano 2000 grazas á Fundación Terra Termarum, que animou ós veciños para facela, como antes se facía, na croa do castro.Din os veciños máis vellos da aldea que en Castrolandín aínda viven os mouros. Hai lendas que falan sobre mouros e tesouros que se agochan en Castrolandín. Cóntase que na Areeira, onde actualmente se atopa un piñeiral, se vía unha galiña con pitos de ouro que desaparecían cando os quería coller, cóntase tamén que o castro é oco por dentro, en el hai enterrado un pote de ouro, e que unha viga, tamén de ouro, atravesa o castro…

Castrolandín: O Castro no San Xoán

Page 5: CastrolandíN

Este é un dos moitos hórreos que se poden atopar na aldea de Castrolandín. Este pertence a un home chamado Camilo e está construído desde fai polo menos corenta anos. Tódolos hórreos de Castrolandín teñen en común que foron construídos hai máis de vintecinco anos, son de pedra con madeira integrada nas paredes, o seu tellado é de tella, teñen unhas escaleiras de pedra, as portas son grandes e de madeira e nos extremos dos seus tellados teñen cruces ou outros adornos.A maioría das casas desta aldea teñen un hórreo, que xeralmente usan para gardar o millo ou outros produtos agrícolas. Agora, en Castrolandín, existen polo menos dous ou tres hórreos abandonados na aldea, pois cada vez menos xente se dedica a cultivar millo ou outros produtos agrícolas para gardalos no hórreo.

Castrolandín: Hórreos

Page 6: CastrolandíN

Xusto no centro de Castrolandín, atópase unha fonte moi característica. Foi construída fai 59 anos, no ano 1949.Esta fonte, con dous chorros de auga e dous pilóns, usábase para lavar a roupa, por iso ten as pedras inclinadas, unha en cada pilón.A fonte, que é de pedra, presenta, tallado na pedra, o símbolo da Falange franquista e a data da súa construción.Na actualidade, a fonte úsase para coller auga, que vén desde o depósito que abastece de auga á aldea, que está situado na entrada do castro.Esta fonte sempre foi un lugar de reunión para as persoas da aldea, e aquí se fan as xuntanzas e reunións da Comunidade de Veciños.

Castrolandín: A fonte

Page 7: CastrolandíN

Esta é a lagoa que se formou artificialmente no río da Patela, máis coñecido neste tramo co nome das Campaíñas, pois nest fermoso sitio antes había moitas campaíñas, que son unhas plantas que na primavera botan unha flor de cor violeta. O río cae formando unhas fervenzas espectaculares. A lagoa fixérona porque veñen no verán mozos e mozas a bañarse nestas augas. Este río é moi importante no ámbito paisaxístico, pero tamén no ámbito da arquitectura popular, pois ten uns muíños que actualmente están inaccesibles porque o camiño que vai a eles foi descoidado e atópase cheo de silvas e outras plantas invasoras.O camiño que leva a este espazo natural está cerca da entrada do castro.

Castrolandín: As Campaíñas

Page 8: CastrolandíN

En Castrolandín é moi común que haxa soutos nos montes que aínda non invadiu o eucalipto.Os maiores soutos están na Patela e na Areeira. Tódolos habitantes da aldea, nos meses de setembro e outubro, van a buscar castañas para degustalas nas súas casas. Sen dúbida ningunha, das especies autóctonas galegas, o castiñeiro é a que máis abunda despois dos fentos. Existen castiñeiros con moitos anos de antigüidade nalgunhas casas.Este castiñeiro pertence ó souto que hai na Patela, que, a pesar de que a xente poida ir alí para coller castañas, é unha propiedade privada.

Castrolandín: Os soutos

Page 9: CastrolandíN

Esta casa pertence a unha familia que leva o apelido de Sande. Foi construída fará aproximadamente uns vintecinco ou trinta anos. Para realizar a vivenda empregouse pedra e no tellado puxéronse tellas. Esta foi unha das casas máis prestixiosas, porque a xente que aquí habitaba tiña unha boa posición social e tiña moitas leiras arredor da casa. Tamén tiñan na súa propiedade un extenso souto.Esta casa ten unha planta baixa, un primeiro andar, un faiado e unha pequena bodega subterránea.

Castrolandín: As casas

Page 10: CastrolandíN

Esta casa, que está situada no

medio da aldea, pertence a unha

familia coñecida co nome de

Guerra, pois así é o seu apelido. Xa

fai moitos anos desde que esta

vivenda foi construída, pois tivo que

ser restaurada. Está feita de pedra e

o seu tellado é de tella.

Ten unha mesa exterior, diante da

porta do garaxe, que crea un mellor

ambiente no exterior da casa;

ademáis, á nomeada mesa, no verán

dálle a sombra unha parra que se

sitúa por encima da mesa.

Castrolandín: As casas

Page 11: CastrolandíN

Esta casa, a pesar de que me gusta, non me parece que vaia ben co medio porque é unha construción demasiado grande. Ten un tellado de lousa inadecuado para esta zona. A vivenda está feita con pedra. Ten unha piscina e moitas árbores plantadas arredor da casa. O garaxe que ten é subterráneo e accédese a el mediante un portal ó que se entra por outra cancela. Na fachada principal hai un balcón e na traseira hai outro. Diante do portal do garaxe hai unha pequena lagoa con rás. A casa ten unha chemenea moi peculiar, pois, aparte de ser de pedra, conta cuns motivos decorativos na súa superficie.

Castrolandín: As casas

Page 12: CastrolandíN

Na maioría das casas da aldea de Castrolandín, atoparás unha pequena veiga para plantar produtos que se consomen diariamente coma as patacas, o repolo ou mesmo o millo. Hai veigas moi extensas, coma a da foto, que están dedicadas normalmente a plantacións de millo. Nas leiras pequena s, plántanse xeralmente patacas, leitugas, repolos, verzas, tomates, pementos, cenorias… Nalgúns casos, plántanse fresas. En canto a árbores froiteiras, plántanse as típicas, coma o laranxeiro, o limoeiro, a maceira…Nas veigas donde hai herba, sempre se fan as tarefas típicas: segar, empacar ou ensilar, estender a herba…

Castrolandín: A Agricultura

Page 13: CastrolandíN

Esta muller chámase Esther e ten 73 anos. Desde os 15 anos, que aprendeu a palillar, realiza esta actividade por conta propia, pois a maioría dos encaixes que fai, gárdaos ela e utilízaos para decorar a casa ou para regalar nunha ocasión especial.Dixo, que cando comezara a realizar esta actividade, lle custara moito facelo rápido e sen trabucarse moito; pero co tempo e ca práctica puido facelo de forma rápida. Tamén conta que o aparello que utiliza llo regalaron fai xa moitos anos, e que cando llo deran lle fixera moitísima ilusión, e dende aquela palilla normalmente; polo menos fai un encaixe cada mes. Para seguir co costume de palillar, apréndeulle a unha das súas fillas a practicar esta tarefa, que segundo ela é moi laboriosa.

Castrolandín: Oficios artesanais

Page 14: CastrolandíN

Este lugar foi, nos seus tempos, o sitio de reunión máis coñecido da aldea., no que os vellos e os non tan vellos, acudían todas as tardes para falar e entreterse.Este lugar coñécese co nome de: “As Cabeceiras”. Agora deixou de ser frecuentado porque as persoas xa non se reúnen tanto, e a xente nova da aldea, que vai diminuíndo cada vez máis, vaise reunir á vila.A pesar de que “As Cabeceiras” era o lugar máis común de reunión, existían outros como a fonte, no que aínda hoxe a xente se reúne, aínda que só sexa para reunións da Comunidade de Veciños, ou a Areeira.

Castrolandín: As Cabeceiras

Page 15: CastrolandíN

Non é que teña un lugar especial, pero si tivera que escoller algún, escollería este como o meu curruncho preferido. Este lugar ten un pequeno valo polo que se pode ver un regatiño. Escollín este sitio porque me transmite moita paz e é un lugar moi natural, a pesar de ser pequeno e simple. Gústame este lugar porque recordo que fará dous ou tres anos, algúns rapaces do pobo viñamos aquí nas tardes de verán para xogar, xa que cerca hai unha cancha de baloncesto na que xogabamos; pasabámolo moi mal cando se nos pinchaba a pelota, o que acontecía frecuentemente.

Castrolandín: O meu

curruncho

Page 16: CastrolandíN

Esta muller chámase Mercedes, vive na aldea de Castrolandín e ten 86 anos. É a persoa máis vella da aldea, aínda que hai outras que se lle acercan, todas elas mulleres. Vive coas súas irmás e o marido dunha delas. Sempre se dedicou ás tarefas domésticas e á agricultura.

Agora, o que máis lle gusta facer é gozar da súa familia e compartir o seu tempo, axudándolle ós seus netos. Nunca casou, e polo conseguinte non ten fillos. Tamén dixo que lle gustaba ir á misa dos domingos, aínda que hai días nos que non pode ir.

Castrolandín: unha

persoa

importante

Page 17: CastrolandíN