Cequeril

14
CEQUERIL Jonatan Iglesias (3 Jonatan Iglesias (3 º º A A ) )

Transcript of Cequeril

Page 1: Cequeril

CEQUERIL

Jonatan Iglesias (3Jonatan Iglesias (3ººAA))

Page 2: Cequeril

A parroquia de Cequeril

A parroquia de Santa María de Cequeril é a única do Concello de Cuntis que ten gran parte do seu territorio ao sur do río Umia, limitando co concello de Moraña e da Estrada. A aldea de Cequeril está a uns 7 quilómetros da capital do concello e está a 360 m de altitude.É unha parroquia cun relevo accidentado, montañoso, co río Umia encaixado formando espectaculares paisaxes.Ten uns 200 habitantes, a maioría anciáns e hai máis mulleres que homes. A poboación non deixa de diminuír nos últimos anos, repartida nos 10 núcleos rurais, todos eles moi pequenos: O Agro do Monte, Cequeril, A Corga de Abaixo, A Corga de Arriba, A Cruz, A Igrexa, Mato, A Penela, Sebil e Vilar de Mato son as entidades de poboación dest a parroquia. É a segunda parroquia en tamaño do Concello, despois de Arcos.

Page 3: Cequeril

A Igrexa

de Santa María

Esta é a igrexa parroquial. Todos os domingos a unha do mediodía os veciños de Cequeril, Vilar de Mato é Sevil asisten á misa. Os días 21 e 22 de agosto celébranse as festas.Aquí parece que había un templo románico (s. XIII) derrubado no Barroco. Dentro do templo hai un retábulo con pezas valiosas, coma un santiago Apóstolo e un relicario cos ósos das santas Honorata e Liberata.No cemiteiro, con tumbas de finais do XIX e comezos do XX, destacan os mausoleos familiares, onde se plasma a mestría dos canteiros da zona.

Page 4: Cequeril

Os petroglifos

Na parroquia de Cequeril téñense atopado moitos petroglifos. Destaca o outeiro dos Campiños (á dereita), con círculos con cruces no interior, e a Laxe dos Homes (á esquerda), con gravodos con formas de homes e mulleres, e cabezas.Ata hai un ano estes mesmos petroglifos non se vían, era como se non existisen porque estaban todos tapados de toxos e silvas. A Xunta decidiu hai uns meses decidiu arranxar o camiño, facendo un paseo onde se plantaron castiñeiros e se limparon de maleza os petroglifos.

Page 5: Cequeril

A ponte do Ramo

A Ponte do Ramo atravesa o río Umia, servindo de unión entre Cequeril e Sebil, e o resto do Concello. Din que esta ponte construírona os romanos, aínda que sufriu moitas reformas posteriores. A obra actual parece ser do século XVIII, ampliada na súa parte superior para construír a estrada que une Cuntis e Campo Lameiro.A ponte está moi ben conservada, aínda que está algo destrozada nun bordo, polos coches que petan contra el.Na ponte, segundo un estudo, celebrábase ata hai pouco tempo un rito de tradición pagá: un bautismo prenatal, `’enxembrar’ na comarca de Cuntis, que xa fora prohibido polo arcebispo de Santiago en 1747. A finalidade era evitar abortos ou que o fillo morrese ao pouco de nacer.Un pouco máis abaixo fixeron unha minicentral, que lle afecta ao río, ós pescadores e ós veciños de Sevil, ós que lle quitaron fincas para construíla.

Page 6: Cequeril

A antiga

escola

Na antiga escola de Cequeril viven uns veciños sen recursos, pero agora os do Concello Cuntis queren arranxar a escola e non se sabe que vai ser desa familia.

Tamén se utiliza para facer reunións de veciños e para facer cursiños que propón o concello para a xente, por exemplo un de manualidades. Polo menos serve para algo.

A foto de abaixo é de 1966, cando aínda había escola en Cequeril.

Page 7: Cequeril

A fonte

do Freixo

Esta fonte está situada nun lugar de Cequeril, chamado Mato. A auga vén dun manancial que está situado ó lado dos petroglifos, baixa polo monte, cruza a estrada e cheega á fonte.O banco que vemos fíxoo un home maior, que no verán vai para alí e séntase nel.A auga esa e potable e no verán a xente vai todas as mañás a buscar auga en botellas para levar para a casa, porque é unha auga moi fresca. Onde está a auga estancada, fai tempo houbo peixes, e os veciños dese lugar botábanlle de comer.

Page 8: Cequeril

A fonte

para regar as veigas

A fonte que estamos a ver usábase para regar as veigas, pero xa fai moitos anos que non se utiliza.

A fonte está feita de pedra, son dúas pedras unha enriba da outra e no medio delas o picho, por onde sae a auga.

A auga viña por debaixo da terra, desde un pozo que había máis arriba da fonte. O pozo aínda segue tendo auga, pero non se utiliza para regar as veigas como antes.

É moi posible que retiren a fonte de alí, porque hai alguns veciños que viven por alí e dixeron que como non se utilizaba era mellor sacala de alí, pero outros veciños están en contra.

Page 9: Cequeril

A carpintería

Este antigo taller de carpintería está situado no cruce da estrada que vai cara Moraña. Leva xa uns cantos anos pechado, aínda que dentro conserva as ferramentas do oficio. O dono do taller aínda vai de vez en cando para facer algunha cousa para a súa casa.

Page 10: Cequeril

O antigo

palco

No lugar onde se celebra a festa do 20 de agosto aínda se mantén en pé este palco, onde antigamente de colocaban as orquestras. Agora xa non se utiliza porque xa veñen as orquestras co camión.O palco, de cemento e bloques é moi feo, e ademias está moi malas condicións. Ao seu penoso esrtado contribúen os vándalos que o estragan porque si.

Page 11: Cequeril

As casas

Esta casa non me gusta porque está moi descuidada, mesmo ten algún cristal roto. Está feita de pedra pero con engadidos e con portas, ventás e o balcón que non lle quedan ben. Cunha boa restauración podería ser unha fermosa casa de labrego.

Page 12: Cequeril

As casas

A min esta casa paréceme moi bonita porque é de pedra e foi restaurada case totalmente.

Esta casa está así desde fai un ano máis ou menos. Antes era unha casa desas vellas que estaba a caer coma moitas outras. Un señor comprouna e decidiu amañala.

Esta casa como podedes ver é moi grande, feita de cachotes de pedra. Pola parte que estamos a ver na imaxe ten un porche moi grande e pola outra ten un garaxe tamén grande. A casa non está rematada, fáltalle facer unha entrada.

Page 13: Cequeril

Vilar

de Mato

A aldea de Vilar de Mato forma un conxunto de arquitectura rural de valor. As casas dispóñense en liña, ás beiras dunha antiga vía romana. Arredor das casas están as veigas cultivadas. Ao fondo, debaixo dos eucaliptos descorre o río Umia. No conxunto destacan negativamente algunhas das casas construídas fóra do núcleo, os tellados de uralita no centro, os cercados con postes de cemento e os casetos das fincas. Na aldea hai que destacar tamén a gran cantidade de hórreos, algúns abandonados.

Page 14: Cequeril